memoria final de curso 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións,...

60
qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd fghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 CEIP A GÁNDARA DE NARÓN CURSO 2018-2019 Eva Mª Bouza Rey- DIRECTORA

Upload: others

Post on 19-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty

uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd

fghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx

cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq

wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui

opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg

hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc

vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq

wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui

opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg

hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc

vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq

wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui

opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

CEIP A GÁNDARA DE NARÓN

CURSO 2018-2019

Eva Mª Bouza Rey- DIRECTORA

Page 2: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

2

ÍNDICE

1. LOGRO DE OBXECTIVOS E PROBLEMAS ATOPADOS…...……………..3

2. XORNADA ESCOLAR. ……........………..……………………..……………….8

3. MEMORIAS.

3.1. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA...........………………..8

3.2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTAR……...............20

3.3. EQUIPA DE TIC………………………………………………........…...……...24

3.4. EQUIPA DE BIBLIOTECA…………………………………........…...….…….26

3.5. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN…………………………...…........…32

3.6. EQUIPA DE CONVIVENCIA…………………………………............……….40

3.7. COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA………………........…….44

3.8. EDUCACIÓN INFANTIL …………………………………............……………46

3.9. EDUCACIÓN PRIMARIA 1º E 2º NIVEL………………............…………….49

3.10. EDUCACIÓN PRIMARIA 3º E 4º NIVEL ……………............…………..…51

3.11. EDUCACIÓN PRIMARIA 5º E 6º NIVEL ……………..............……………54

3.12. MEMORIA DE PROA (CONTRATO PROGRAMA)……..........………..…58

3.13. PLAN DE FORMACIÓN DE PROFESORADO.......................……………59

4. RELACIÓNS COAS FAMILIAS……………………………..........…………….60

5. RESEÑA ECONÓMICA………………………........………….…………………60

Page 3: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

3

A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis,

departamentos e comisións creadas ao efecto. Foi aprobada polo Claustro o día

27 de xuño de 2019 e informado o Consello Escolar o día 28 do mesmo mes.

1.- LOGRO DE OBXECTIVOS E PROBLEMAS ATOPADOS.

Renovación de recursos audiovisuais : A principios de curso instalouse

unha nova pizarra dixital na aula 117 do primeiro andar, doada por unha

editorial. Cambiouse o ordenador da sala de profesores por estar obsoleto

e cambiouse tamén un dos ordenadores de uso de alumnado da biblioteca

xa que deixou de funcionar. Montouse tamén un aula para inglés no

primeiro andar, na aula 109, e dotouse dun ordenador e un proxector novo,

xunto cuns altofalantes. Hai que seguir renovando algúns dos equipos que

xa están mais vellos e presentan deficiencias de funcionamento. No mes

de setembro mercamos polo sistema de renting unha nova fotocopiadora

en cor, xa que a que tiñamos era moi lenta e xa estaba fora de garantía.

Instalamos así mesmo unha copiadora pequena no mostrador de

administración para uso da administrativa cando ten que entregar copia

das solicitudes presentadas polos pais, para que non teña que desprazarse

ao local de reprografía e introducir un código numérico para facer esas

copias, logrando así un resultado máis rápido nas xestións administrativas.

Mercouse así mesmo un teléfono inalámbico para as aulas de E. Infantil

porque o anterior deixou de funcionar e un móbil de tarxeta para facer

chamadas e recibilas para o profesorado que foi á excursión de sexto.

Traballo Cooperativo: Continouse neste curso o traballo de xeito

cooperativo sendo cada vez maior o número de profesorado que aplica

este método nas súas aulas. O alumnado cada vez pide máis traballos

deste tipo.

Traballo por Proxectos: Neste curso continuamos un plan de

Formación en Centros asesorados polo CFR. É o segundo ano de

formación. Como froito dese curso realizamos de xeito conxunto dous

proxectos no colexio. O primeiro foi un Mercadillo Solidario para recadar

fondos para unha ONG que se dedicase a protexer o medioambiente. A elixida foi

Page 4: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

4

ADEGA. A actividade realizouse entre os meses de novembro e decembro,

realizándose o mercadillo o día 21 de decembro con gran éxito de público. Foi un

traballo moi ben acollido polo alumnado e as familias.

O segundo proxecto realizado foi no terceiro trimestre e consistiu na

elaboración dunha serie de contos onde os protagonistas eran dous irmáns

Carme e Miguel. A idea partiu dunha obra de teatro interpretada por 6º B e

a colección de contos atopase custodiada na biblioteca escolar dentro do

apartado Producións Propias.

Contratos-Programas: Continouse cos Contratos-Programas na

modalidade PROA, concedido cun presuposto de 400 €. Foi impartido por

un profesor externo Xacobe Ágreda Casal que se incorporou ao colexio a

partir do 11 de febreiro e foi coordinado polo profesor Enrique Blanco

Guillén.

Rede wifi do centro: A pesar de que estamos dentro do programa

escolas conectadas o sinal wifi do centro non é todo o potente que se

precisaría. Hai aulas de infantil que teñen pouca cobertura. Reclamamos a

colocación dun punto wifi a maiores para mellorar a cobertura e instalárono

no segundo trimestre pero aínda así o sinal non é moi potente e nas aulas

de E.Infantil quéixanse que as veces non teñen internet.

Carga horaria da Dirección do centro: Cando comezamos o curso

contabamos cun/ha profesor/a máis que creemos que viña para evitar que

a directora tivese que facerse cargo dunha titoría, xa que o curso anterior

estivera exercendo como titora e directora ademais de responsable da

Biblioteca Escolar e xa manifestara ante Inspección Educativa que era

demasiada carga de traballo o que lle impedía facer satisfactoriamente

ningunha das funcións. O curso organizouse así e os horarios elaboráronse

en base a ese profesor a maiores. A sorpresa foi cando o día 11 de

setembro xubílase unha compañeira e non mandan a ninguén para cubrir

esa xubilación porque segundo dixeron en Persoal Docente o cadro de

persoal do centro estaba completo e esa persoa que nós creemos que

estaba para liberar de docencia á directora era en realidade para cubrir a

praza da xubilación. Polo que comezado o curso houbo que reorganizalo

todo de novo, distribución de titorías e elaboracións de novos horarios.

Page 5: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

5

Todo iso creou un malestar entre o profesorado e volveu a deixar a

directora cunha sobrecarga de tarefas o mesmo que no curso anterior, xa

que volvía a ser titora de 5º B, directora e encargada da biblioteca.

Aulas masificadas: A situación do centro fai que as aulas estean

completas a vinte e cinco alumnos/as por aula. Cando hai alumnado

repetidor incrementase a ratio. Isto fai que se aumente o traballo das

titorías, aumenta o tempo das avaliacións e hai menos tempo para a

atención individual do alumnado. Ademais o alumnado con necesidades de

apoio ten menos tempo de reforzo.

Obras realizadas polo Concello: Comezamos o curso pasado cunha

caldeira nova instalada pola Xunta, pero as tubaxes tiñan puntos de óxido e

filtraban humidades. Neste curso romperon as xuntas de varias tubaxes e

inundouse unha aula de infantil. O concello procedeu a cambiar todas as

xuntas, pero as tubaxes seguen sendo vellas e teñen fugas por algunha

zonas. Seguen sen amañar as deficiencias do ximnasio. Os teitos están

feitos de pranchas de escaiola que están soltas. O cabreado eléctrico

tamén presenta deficiencias de colocación. Un dos radiadores do ximnasio

foi cambiado a mediados de curso porque estaba estragado, pero seguen

sen protección e o profesorado de E.F. manifesta que son perigosos así, o

mesmo que as columnas que non teñen suficiente protección. Cambiaron

as canastras de baloncesto exteriores pero non as porterías de fútbol.

Tampouco pintaron ningunha parte máis polo que hai zonas do colexio sen

pintar co bloque ao aire entre elas o ximnasio e a aula de psicomotricidade.

O tellado tamén necesita ser reparado xa que hai zonas con goteiras nos

días de choiva.

No patio de E. Infantil hai que reparar unha arqueta que está solta e que os

nenos moven co conseguinte perigo. Tamén manifestan as profesoras de

educación infantil que hai unha zona de cortiza no patio que está

deteriorada e que deberían quitar o areeiro porque a area está sucia e os

gatos fan nela as súas necesidades. A figueira segue sen podar e no

outono enchese de avespas polos figos.

Page 6: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

6

Necesitaríamos que reparasen os baños de nenos de E. Infantil xa que

están vellos e moitos nenos pequenos manifestan que non queren usalos

porque perden auga, teñen unha antigüidade de vinte e oito anos.

Tamén hai un baño de profesores no 2º andar que non pechan as portas.

Todas estas deficiencias comunícanse ao concello ao longo do curso pero

van reparando sen cambiar, polo que volven a estragarse.

Relacións con outras institucións: O colexio colaborou e participou en

diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en

actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación Vial

da policía Local de Narón. Participamos nas saídas ciclistas e nos talleres

de bicicletas. No festival INTERCENTROS e en Teatro con G das Equipas

de Normalización Lingüística. Así como con numerosas institucións sobre o

Alzheimer, cancro, transplante de órganos...

Colaboramos co CFR recibindo no noso centro a visita de vinte

profesores/as, dez de Gales e dez romaneses o venres 7 de xuño.

Ensinámoslles o noso colexio e o noso xeito de traballar. Marcharon

manifestando que lles gustara moito.

Alumnado:

Comezamos o curso con 48 alumnos/as de 4º de E. Infantil, 24 en cada

aula. En 4º A de E. Infantil deuse de baixa unha nena en novembro, de alta

outra en xaneiro de 2019, e un alumno de nacionalidade romanesa que

Page 7: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

7

deixou de asistir ao colexio no mes de novembro, foi dado de baixa

definitivamente no mes de marzo de 2019. Mentres que no 4º B de E.

Infantil comezaron e remataron os mesmos. Polo que pasan para 5º de E.

Infantil 47 alumnos/as e se incorporarán dous novos, o que fai un total de

49 quedando unha praza vacante.

No 5º nivel de E. Infantil comezamos con 49 alumnos/as. 25 na aula A e

24 na B. No mes de xaneiro do 2019 incorporouse un novo alumno no

grupo B, quedando as dúas aulas con 25. Pasan para 6º de E. Infantil os

50, non quedando ningunha praza libre.

En 6º de E. Infantil comezamos con 47 alumnos/as repartidos do

seguinte xeito: 25 no grupo B e 23 no grupo A. No mes de xaneiro

incorporouse un neno que xa fora anteriormente alumno do colexio

quedando os grupos con 25 e 24 respectivamente. O curso que ven

estarán todos/as en 1º de E. Primaria e incorporarase unha alumna nova

con n.e.e. polo que non quedará ningunha vacante.

O número total de alumnado de E. Infantil do centro foi de 146

alumnos/as.

As aulas de E. Primaria estiveron todas ao completo agás 4º B que

comezou con 24 alumnos pero que no mes de xaneiro completouse coa

chegada dunha alumna que xa estivera anteriormente no colexio,

quedando así con 25 alumnos. Houbo tres aulas de 5º de E. Primaria que

comezaron e remataron con 22 alumnos/as por aula. E nas aulas de 2º de

E. Primaria estaba o número ao completo 50, pero distribuídas en 26 en 2º

B e 24 en 2º A. Isto foi debido a que houbo repetidores e quedaron así

repartidos. Tamén hai que dicir que un dos alumnos de 3º B renunciou á

súa praza de cara ao curso que ven polo que as vacantes que hai en

primaria son unha para 4º de E.P. e 9 para 6º de E. Primaria.

O número total de alumnado de E. Primaria neste curso foi de 316

alumnos/as.

O alumnado total do colexio foi de 463 alumnos/as entre E. Infantil e

E. Primaria.

Page 8: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

8

2- XORNADA ESCOLAR.

No horario da xornada escolar seguiuse o programado na programación

xeral. O horario quedou da seguinte maneira:

1ª sesión : 9:00 a 9:50

2ª sesión: 9:50 a 10:40

3ª sesión: 10:40 a 11:30

Recreo: 11:30 a 12:00

Tempo de lectura: 12:00 a 12:20/ Titoría.

4ª sesión: 12:20 a 13:10

5ª sesión: 13:10 a 14:00

O tempo de lectura decidiuse neste curso que fora impartido polos/as titores

correspondentes en cada curso, quedando os especialistas para facer

substitucións no caso que faltase o/ a titor/a.

3.1- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

INTRODUCIÓN

Ao longo deste curso escolar 2018-19, este equipo en colaboración cos outros

equipos do colexio: convivencia, actividades complementarias e extraescolares,

biblioteca, TICs… realizamos moitas actividades, celebracións e conmemoracións

co obxectivo xeral de promover o uso da lingua galega, tanto de forma oral como

na escrita.

Un ano máis, como xa é costume, colaboramos con outros centros públicos da

contorna deste Concello a través do Certame de Intercentros, que este ano xa

celebramos a edición XXX.

Ademais do xa mencionado, levamos tamén varios anos con actividades que

contribúen á celebración do Magosto, Samaín, Nadal, Día da Paz, Día de Rosalía,

Entroido, Día do Libro, Letras Galegas principalmente, así como a outras que se

viñan celebrando (concurso da postal, do calendario, carriño viaxeiro coa

intencionalidade de que o alumnado apreciase a importancia de coidar a lingua

galega).

Page 9: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

9

CELEBRACIÓN DE FESTAS TRADICIONAIS.

Magosto e Samaín

Nestas celebracións participou todo o alumnado do centro. Empregando as TICs,

prensa e material da biblioteca, buscaron información sobre a historia desta

tradición. Elaboráronse traballos como murais, debuxos … que foron expostos

nos corredores do colexio.

Dende o equipo aportamos información e actividades (contos, encrucillados, sopa

de letras, adiviñas, trabalinguas, etc.) sobre a festa tradicional do Magosto e

tamén do Samaín.

No Magosto asáronse castañas e todo o alumnado saíu ao patio á degustación.

No Samaín decorouse o colexio con morcegos, arañas e diferentes debuxos

desta temática. Nas clases e corredores expuxéronse cabazas que decoraron os

alumnos/as.

Page 10: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

10

Dende este equipo e en colaboración co equipo de Biblioteca, fixemos unha

recompilación de libros, contos, cómics, etc sobre esta temática e adaptada por

niveis para que o noso alumnado tivese acceso a eles dun xeito máis rápido e

fácil.

Festa de Nadal

Para a celebración do Nadal decoráronse as aulas e os corredores do centro cos

murais e traballos realizados polo alumnado dos distintos niveis de infantil e

primaria.

Adoitábase celebrar un festival onde os nosos alumnos e alumnas cantan, bailan,

recitan, fan teatro … etc. Pero este curso como novidade e por mor do grupo de

traballo do profesorado sobre as Tarefas Integradas decidiuse cambiar o festival

por un MERCADILLO SOLIDARIO e deixar a celebración do festival ao que por

certo están convidadas as familias dos rapaces para un día da semana das

Letras Galegas.

O Mercadillo foi un gran éxito, non só polo recadado que foi doado a unha ONG,

senón tamén na participación do alumnado na realización de traballos manuais

para vender, organización do mesmo, etc así coma a participación das familias e

membros do Concello, tales como a Alcaldesa e Concelleira de ensino, entre

outros.

Seguiuse co costume da realización dun concurso para escoller o debuxo que

sería impreso na postal do cole para logo enviar ás familias, así coma o debuxo

que unha vez seleccionado é impreso decoraría o calendario 2019.

Page 11: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

11

Houbo unha grande participación por parte de todo o alumnado.

Postal 2018 Resultou gañadora do deseño da postal de Nadal o alumnado

da aula de Educación infantil de 3 anos A.

Calendario 2019. O debuxo elixido para ser introducido no calendario 2019

do centro foi o da alumna de 5º A, Patricia López Pazos.

Aínda que só resultaron gañadores dous debuxos, estiveron expostos no corredor

da entrada do centro todos os dos demais participantes.

Page 12: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

12

Día da Paz

Durante todo o curso, desde o departamento de orientación léronselles contos aos

alumnos sobre temas de convivencia e intentouse resolver os conflitos mediante a

mediación e o diálogo.

Dende o Equipo de Dinamización en colaboración co Equipo de Actividades

complementarias e extraescolares, celebramos o Dia da Paz, despois do recreo

(coa que se pretendeu que todos alumnos e alumnas de infantil e primaria,

reflexionasen sobre os temas fundamentais que interveñen na paz e nos

conflitos).

No acto, tras a lectura dun manifesto pola paz cantouse unha canción no

vestíbulo do colexio por parte de todo o alumnado e profesorado.

Decorouse un sombreiro de copa con debuxos e lemas alusivas á Paz situado no

corredor da entrada do centro.

Dende o equipo había programado tamén un mural conmemorativo para esta

data, na que terían que participar todos os niveis do centro pero por mor de falta

de tempo non se puido levar a cabo.

Entroido

Nas aulas fixéronse actividades relacionadas co Entroido,

receitas, costumes antigas desta festa, etc.

Os alumnado fixo rimas en galego

dos mandados do Entroido,

rematamos esta festa coa queima

do Meco.

Os nenos e nenas remataron o

venres vindo todos disfrazados

con roupas vellas e outros

materiais, a temática elixida foi superheroes/heroínas,

aínda que sempre aplicando a súa imaxinación e

creatividade.

Page 13: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

13

Día de Rosalía

Despois de buscar e

seleccionar vídeos,

cancións e historia

sobre a grande

escritora Rosalía de

Castro subiuse á

web do centro para

que toda a

comunidade tivese

acceso á mesma.Resumimos tamén toda esa información nun mural.

Día do libro

En todos os niveis, dende infantil ata sexto de primaria dedicouse un tempo á

lectura de diferente tipoloxía. Ademais disto, entre todo o alumnado elaboramos

un mural en conmemoración desta data, onde cada clase tiña que elixir un libro

que recomendase ler e escribilo nunha folla dunha árbore instalado no corredor

da entrada para que todos puidesen ver esas recomendacións.

Page 14: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

14

Letras Galegas

Este ano o día das Letras Galegas dedicouse a Antón Fraguas Fraguas e o

alumnado, axudado polos mestres e mestras, traballaron a súa vida e obra con

diversas actividades.

Dende o Equipo facilitamos información, actividades varias e outro material sobre

o autor homenaxeado coa intención de afondar no coñecemento e divulgación da

súa obra.

Coa colaboración do Equipo de Actividades complementarias e extraescolares no

festival das Letras Galegas, fixéronse todo tipo de actuacións e representacións,

empregando a lingua galega e centrando o festival arredor deste autor. Nos

paneis da entrada do colexio estiveron expostos os carteis enviados pola

Consellería sobre a vida do autor así coma outros facendo homenaxe á súa vida e

obra feito polo alumnado. Asemade, en colaboración co Equipo de Biblioteca

leváronse a cabo os “CARRIÑOS VIAXEIROS”, con libros da biblioteca de diversa

tipoloxía e temática.

Contos “ Carme e Miguel” a través do traballo cooperativo.

Co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega, tanto escrita como oral, e

aproveitando que a meirande parte do profesorado está inmerso na formación do

traballo cooperativo, decidiuse elaborar diferentes tipos de contos na nosa lingua

e usando diferentes técnicas ( con textos, con pictos..etc). Cada clase

Page 15: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

15

encargaríase de facer un destes contos. Expuxéronse logo todos no corredor da

entrada do colexio, para que toda a comunidade educativa poida facer uso deles.

Coñecemento do noso patrimonio cultural e social

Realizáronse saídas e actividades ofertadas polo Concello de Narón, obras

teatrais, contacontos e diferentes visitas realizadas adaptadas ao alumnado dos

distintos niveis.

Respecto á situación do profesorado.

Aínda que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega está composta por catro

persoas, que son as encargadas de planificar as actividades e de facer un

seguimento do cumprimento dos obxectivos programados, a participación do

profesorado do claustro foi positiva, promovendo en todas as actividades

realizadas nas aulas o uso do galego.

Respecto á situación do alumnado.

Este ano participouse no XXX Certame Intercentros e por acordo de todo

profesorado, decidiuse elaborar murais e contos ilustrados, relacionados co

persoeiro homenaxeado ou coa tradición, arte, costumes, flora,… galega.

Page 16: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

16

Tamén se participou no apartado de expresión oral con dúas obras de teatro: O

malhumor e Carme e Miguel, representadas polo alumnado de 6º A e 6º B

respectivamente, e dirixidas pola orientadora do centro.

Esta foi unha tarefa común na que participou todo o alumnado e profesorado,

fomentando o galego e o traballo en equipo.

Visita de autores de literatura galega.

Este ano o alumnado do colexio recibiu a visita de varios autores e contaontos

para todas as etapas e ciclos coma por exemplo: Iago López, Ana Meilán…

Page 17: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

17

Colaboración con outros centros do Concello

Como cada ano celebrouse entre todos os centros do Concello de Narón o

Certame Intercentros organizado polo Concello de Narón. Neste Certame, que

este ano acadou a edición XXX participaron todos os colexios e institutos da zona,

onde os alumnos e alumnas de diversos cursos realizaron distintas actividades,

integramente en galego: obras de teatro, monólogos, bailes, cantigas, regueifas,

exposición de murais e recollida de premios.

Este certame, que este curso foi organizado polo CEIP de Piñeiros, fai que todos

os anos, os centros pertencentes a este concello estean en continua interrelación

e persigan un mesmo obxectivo: a potenciación da lingua galega, na expresión

oral, escrita e ilustrativa, por medio dos traballos

realizados.

Edición do nº 27 xornal ALFAR

Coa implicación de toda a comunidade educativa,

editouse, integramente en galego, o xornal

correspondente ao ano 2019. Nel, os nenos e

nenas de todos os ciclos e niveis e coa axuda

dos mestres e mestras, realizaron diversos

traballos de creación ou investigación.

Con isto, déuselle ao alumnado a posibilidade de que publicasen os seus traballos

e así promover o uso do galego nos textos escritos.

Como en cursos anteriores, colaboraron todos os departamentos do colexio na

elaboración da revista.

Utilización das TICs

Establecéronse quendas para a utilización da aula de informática onde o profesor

correspondente lles ensinaba a utilizar Internet, polo que atoparon moitos

recursos para facer uso didáctico deles, sobre todo, na páxina da Xunta e a Web

do colexio. Alí puideron atopar, na sección de lingua galega, moitos recursos

como: xogos, contos, etc, e traballar con eles dun xeito divertido.

Page 18: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

18

Tamén, a utilización das TICs, serviulles para buscar información sobre o escritor

homenaxeado este ano na semana das Letras Galegas,e así puideron coñecer e

traballar a súa obra.

Enquisas

Como todos os cursos coa realización da matrícula para o alumnado de novo

ingreso fáiselle a cada unha familia unha pequena enquisa sobre en que lingua

desexa que sexa educado o seu fillo ou filla. A maioría contestan que en castelán,

xa que estamos nunha zona onde o uso do castelán e moi frecuente.

Para a elaboración do Plan seguimos utilizando ás enquisas feitas xa que a

situación non variou.

AVALIACIÓN

Os obxectivos recollidos na P.X.A. ao principio de curso foron acadados

satisfactoriamente.

Temos que dicir que houbo algunhas actividades programadas que non puidemos

realizar sobre todo por falta de tempo ou coincidir con outras.

Non se programou nada para o día da Prensa aínda que as titoras si fixeron

actividades nas súas aulas. Por exemplo. Durante todo o curso recibiuse o xornal

“A voz de Galicia” para o alumnado de 6º de primaria e todos os días lían e facían

actividades sobre el.

Con respecto á participación e implicación tanto por parte do alumnado, como dos

mestres e familias foi moi boa, quedando reflectida nas actividades anteriormente

descritas. Aínda que ás veces debido a coincidir para a mesma conmemoración

con actividades doutros equipos decidiuse non facer todas. As actividades que

requiriron da participación doutros colexios e outras institucións tamén resultaron

satisfactorias.

Como en cursos anteriores, un dos problemas que nos atopamos é que a

dotación económica non é suficiente e temos que, unha parte importante dos

gastos, cargalas no presuposto xeral do colexio.

Page 19: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

19

MOSTRAS DO MATERIAL ELABORADO

- Calendario curso 2019.

- Revista escolar.

Todos os traballos así como información variada foi subida á web do colexio e

foi impresa no xornal.

RESUMO ECONÓMICO (gastos das actividades ao longo do curso).

Magosto e Samaín: 20€ (material funxible).

Nadal: 33.06 € (material funxible) + 161,66 € (calendario escolar e tarxeta

Nadal 2019)

Día da Paz: 15 € (material funxible).

Día de Rosalía: 13.15€ (material funxible)

Día do libro: 11,85€ (material funxible)

Contos cooperativos: 7,90€ ( material funxible)

Entroido: 42,33 € (material funxible, material tecnolóxico e material meco)

e 65,90€ ( xogos tradicionais).

Letras Galegas: 46,66 € (material funxible) ,63€ (Bolanda edicións) e 65€

(Ir Indo).

Intercentros: 182,47 € (cartón pluma intercentros)

Xornal Alfar nº XXVII: 140 € (impresión dos xornais, tóner e material

funxible).

Todos os gastos que superaron a subvención da Consellería para

normalización, foron asumidas polos gastos xerais do centro.

TOTAL GASTOS: 867,98€

A directora A coordinadora

Eva Mª Bouza Rey Mª Carmen Sanmartín Couto.

Page 20: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

20

3.2- EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTRIAS E

EXTRAESCOLARES.

1. INTRODUCIÓN.

A presente memoria ten como finalidade recoller e analizar as actividades que o

Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias deste centro organizou e

desenvolveu ao longo deste curso 2018-2019.

Ademais das inicialmente contempladas na Programación Xeral Anual, ao longo

do curso apareceron ofertas de actividades que, polo interese educativo que

presentaban, incorporáronse ás actividades xa previstas.

Membros do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares no

presente curso académico 2018/2019:

- Mª Jesús Felpeto Rey (4º E.P)

- Purificación Pernas García. ( Música)

- María del Carmen Julías Casás. (E.I.)

- Sandra Gómez Mariño (5º E.P.)

- Emma Mª Salgueiro Veiga (ING.) Coordinadora.

2. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS ORGANIZADAS POLO PROPIO CENTRO

EN HORARIO LECTIVO

A continuación exponse un resumo das actividades, conmemoracións ou festividades

que foron desenvolvidas durante o presente curso académico:

a) Conmemoracións:

Samaín

Data de celebración: dende o luns 29 de outubro ata o venres 2 de novembro.

Actividades realizadas:

Exposición de cabazas e mazarocas: organizouse entre os días 29 de

outubro e o 2 de novembro na entrada do colexio. Pedíuselles ao alumnado

de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria que trouxeran

da casa cabazas e mazarocas xa decoradas. Os alumnos de 5º e 6º curso

tiveron que traelas baleiras para facer a actividade de decoración nas aulas.

Decoración das portas con motivos desta conmemoración.

Page 21: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

21

Magosto

Data de celebración: venres 2 de novembro.

Actividades realizadas:

Degustación de castañas asadas: celebrouse o magosto no patio do

colexio. A duración da degustación de castañas estaba prevista de 12:00 a

13:30 horas, aínda que se acurtou un pouquiño pola choiva (rematou ás

13:00h). A ANPA achegou o zume e asou as castañas.

Nadal

Os alumnos/as de relixión confeccionaron un Belén.

Adornáronse as portas das aulas con motivos de Nadal.

Visita de Papá Noel polas aulas: o xoves día 20 de decembro os nenos/as

entregaron as cartas a Papá Noel e a cambio este deulles unhas chuches. Esta

visita estivo organizada pola ANPA.

Árbore de Nadal: cada curso elaborou adornos para poñer nunha grande

árbore de Nadal, que se colgou do pasamáns do 1º andar do colexio. Este ano

cada neno/a elaborou unha campá.

Este curso, en vez do Festival de Nadal, o día 21 de decembro celebrouse un

mercadillo solidario, enmarcado dentro dun plan PFPP (Plan de Formación

Permanente do Profesorado). Neste proxecto participou todo o colexio e foi o

alumnado o que tivo o maior protagonismo, xa que tiveron que organizar todo

eles coa supervisión dos mestres. Invitáronse ás familias e ás autoridades

locais e foi un éxito.

Día da Paz:

Data de celebración: Mércores, 30 de xaneiro.

Actividades propostas:

Elaborouse un sombreiro de copa xigante invertido baixo o lema

“Abracadabra, que a paz se faga”. O obxectivo foi que cada curso puxera

un arame decorado con debuxos relacionados coa paz (pombas, símbolos

da paz, mans, bicos, bolboretas...). Estivo exposta no vestíbulo durante

varios meses, quitándose posteriormente por cuestións de espazo.

Page 22: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

22

Canción da paz: Todo o alumnado cantou a canción de Mamá Cabra “O

mundo é grande” dentro do colexio e unhas cancións africanas ensaiadas

previamente coa mestra de música.

Entroido

Data de celebración: dende o luns 25 de febreiro ata o venres 1 de marzo.

Actividades realizadas:

Mandatos do Meco: Este curso celebramos a semana do Entroido no que cada

día os nenos/as traían unha parte dun traxe de superheroe ou superheroína,

que se lle sumaba á do día anterior ata chegar ao xoves, que completaban o

disfrace.

Decoración do vestíbulo e corredores do colexio.

Festa do Entroido: o venres 1 de marzo celebramos o Entroido cun desfile de

disfraces polo patio do colexio. Antes do desfile, nas aulas, levouse a cabo a

degustación das larpeiradas típicas destas datas. Pedíuselles ás familias a

colaboración para traer doces típicos de Entroido.Dado que chovía, non

puidemos queimar o meco ese día e tivemos que cambiar a data para o

seguinte día sen choiva.

2. FESTIVAIS

Festival de Nadal:

Como xa se indicou anteriormente, aínda que inicialmente estaba previsto que se

celebrara este festival o día 21 de decembro de 2018 (solicitamos ao Pazo da Cultura

a reserva para dito día a principios de setembro), finalmente cambiouse por un

Mercadiño solidario, logo da votación no claustro e posterior aprobación.

Festival do Día das Letras Galegas

Data de celebración: mércores 15 de maio.

Actividades realizadas:

Festival das Letras Galegas: realizado no Pazo da Cultura coa

asistencia das familias dos nenos/as. As entradas foron entregadas polo

Page 23: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

23

pazo, para controlar que non se colleran máis entradas das permitidas

(unha soa entrada por familia, debido a temas de aforo). Este ano a

figura homenaxeada foi Antón Fraguas.

Actividades de fin de curso

Data de celebración: Venres, 21 de xuño.

A ANPA contratou á empresa “La Guagua” para realizar as seguintes actividades con

todos os grupos do colexio. O horario foi o seguinte:

De 9:30 a 10:15 Conto para Educación Infantil.

De 10:30 a 11:15 Conto para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

De 12:00 a 13:15 Gymkhana e malabares para 4º, 5º e 6º de Educación

Primaria.

O resto do tempo, cada curso organizou o último día á súa maneira. Non se seguiu o

horario normal, e os especialistas estiveron apoiando nos diferentes cursos de

Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria..

3. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: VISITAS, EXCURSIÓNS E SAÍDAS

Respecto ás actividades complementarias ou saídas que se levaron a cabo nos

distintos niveis e ciclos educativos foron organizadas polos distintos ciclos en función

das súas preferencias ou da relación que tiveran cos contidos educativos a tratar nese

momento. Ditas saídas aparecen reflectidas en cada unha das memorias dos ciclos.

4. PROPOSTAS DE MELLORA .

A ter en conta:

No magosto, tratar de que o alumnado vaia pasando a ver o proceso de

asado das castañas.

Sempre ter un plan B na organización das actividades, por se chove.

Facer unha proba de son os días previos ao Festival das Letras Galegas

para comprobar que todo funciona correctamente.

Page 24: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

24

Nos festivais, as inclusións de última hora provocan trastornos na

organización e desenvolvemento do mesmo, polo que o recomendable sería

ter todas as actuacións definitivas cun mínimo de antelación.

Deberíase saber dende principio de curso que grupos son os que van a

actuar en cada festival, para que sexan equitativos en tempo e número de

actuacións.

Programar a festa de fin de curso con diferentes actividades coordinadas

polo equipo de actividades complementarias e extraescolares, a maiores

das actividades que poida organizar a ANPA.

A xefa de estudos A coordinadora

Asdo.: María Jesús Felpeto Rey Asdo: Emma Mª Salgueiro Veiga

3.3- MEMORIA DO EQUIPO DINAMIZADOR DE TIC.

No curso 2018/19 os membros do equipo foron:

Carlota Pena Freijomil ( 3º E.P.)

Ana Ayala Rodríguez (E.I.)

Dolores Sagrario González López (Relixión) Coordinadora

José Bernardo Montero Doce . (E.F.)

Houbo menos reunións que en cursos anteriores, pero as persoas do equipo

estiveron máis involucradas a nivel individual en traballos con TIC.

3.3.1-Consecución dos obxectivos marcados:

1. Conseguido o obxectivo do manexo por parte do profesorado das dúas

fotocopiadoras novas.

2. Aínda que se sumou algún profesor máis a dar clase na Aula de

Informática, esta segue estando infrautilizada e quedan horas en que está

libre.

3. Non se ampliou a Bibliografía sobre TIC da Biblioteca. Detectouse un baixo

uso deste tipo de libros; así é que, probablemente, busquemos no futuro

Page 25: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

25

mercar materiais en soporte dixital (vídeos, música, xogos …) en lugar de

buscar o dixital como temática finalista.

4. A aula de 2º A foi dotada dunha pizarra dixital que regalou unha editorial.

Mercouse un ordenador para a sala de profesores, e outro ordenador para

a biblioteca, é está pedido outro para o vindeiro curso. Tamén a aula de

inglés foi dotada dun proxector e un ordenador novos.

5. En relación ao PFPP: PROXECTOS de TRABALLO COOPERATIVO, dicir

que logrou, ademais da formación, que moitos mestres utilizásemos

multitude de soportes dixitais nos nosos proxectos de aula (de fotografía,

de vídeo, de presentacións …), ademais de implicar aos alumnado e ás

familias no manexo de TIC.

6. Continuouse a xestionar a WEB do Colexio (as profesoras Ana Ayala e

Dolores González, integrantes do E.D. de TIC foron as encargadas de

renovar contidos: menús do comedor, algunhas das revistas escolares (O

Alfar) de anos anteriores, vídeos e fotos de festividades e excursións…)

7. Imos conseguindo lentamente que o profesorado do centro se anime a

meter traballos dos nenos na páxina web do colexio.

8. Non conseguimos o obxectivo de dotar a todas as aulas do centro con

pizarras dixitais.

3.3.2- Como propostas de mellora temos as seguintes:

- Solicitar ás administracións (Xunta, Deputación ou Concello) estas

dotacións: varias pizarras dixitais de dobre uso que completen o

equipamento nas aulas, un novo ordenador para a Sala do Profesorado

(un dos actuais está obsoleto), dous ordenadores para a Biblioteca (de

acceso ao alumnado, debido á gran demanda observada) .

- A mellora na cobertura de Internet nos puntos cegos que aínda existen no

colexio. Ademais sería desexable que as obras necesarias se realicen fora

do horario lectivo.

- Crear un sinxelo manual de uso para o profesorado do novo aparato de

escaneado e fotocopiado chegado ao centro no mes de setembro.

- Continuar, ao marxe de novas iniciativas, con estes aspectos: a formación

en Proxectos de Traballo Cooperativo, a xestión da Web do centro, o fomento do

Page 26: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

26

uso da aula de Informática, as charlas para o alumnado de 5º e 6º sobre os usos

correctos/perigosos de Internet.

A Coordinadora A Xefa de Estudos

Asdo: Dolores Sagrario González López Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey

3.4. EQUIPA DE BIBLIOTECA

Durante o presente curso escolar 2018-2019 o equipo de biblioteca estivo

formado polas seguintes profesoras :

• Mª Elena Pérez Fernández ( 2º EP)

• Anilda Vidal Sanjurjo (6º E.P.)

• Mª Belén Bellón Navarro (E.I.)

• Dolores Basoa López (E.I.)

• Belén Belén Casanova Mayo (3º E.P.)

• Eva Mª Bouza Rey (coordinadora) (5º E.P.)

Este curso a encargada da biblioteca seguía a ser a directora do centro, polo que

horas que aparecían no horario como traballo en biblioteca (dúas semanais)

moitas veces, non podían realizarse por xurdir algún contratempo ou necesidade

na dirección do centro que precisaban atención inmediata. A catalogación de

fondos realizouse a maior parte do tempo polas tardes por non dispoñer de

horario suficiente na xornada de mañá e quedan fondos sen catalogar para o

vindeiro curso.

O resto de equipo de biblioteca tiña no seu horario unha hora semanal dispoñible

para o traballo nela, consistente na revisión dos fondos e na introdución nas

fichas bibliográficas da colocación dos exemplares así como completar co nome

do/a ilustrador/a no caso que o houbera. Dado que nunha primeira catalogación

estes datos estaban se cubrir, e a persoa que sabía onde estaba cada libro

Page 27: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

27

xubilouse no curso pasado, polo que moitas veces resultaba difícil atopar un libro

que constaba que se atopaba na biblioteca pero había que revisar todos os

andeis para dar con el.

ACTIVIDADES REALIZADAS:

• Petición de axuda por parte do Profesor Gandarín:

SOCORRO!!!!

Acabásenos o tempo!! Precisamos da vosa axuda. O planeta está sufrindo. Os

bosques onde viviamos os meus amigos e máis eu están desaparecendo. Os

mares onde nadaban os meus amigos peixes están cheos de plásticos. O aire

onde voaba cos meus amigos paxaros está cheo de fumes que nos impiden

respirar.

O noso futuro e o voso está unido. Fagamos algo xuntos para poñer remedio ao

desastre que se aproxima.

Se pensamos e actuamos xuntos encontraremos

unha solución.

CONTO CON TODOS VÓS!!! AXÚDADEME!!!

Está carta foi a desencadéante do Proxecto dun Mercadillo Solidario para recadar

fondos destinados a unha ONG que se dedicase a mellorar e protexer o

medioambiente. Esta actividade realizouse por parte de todo o colexio durante os

meses de novembro e decembro, concluíndo cun mercadillo no día 21 de

decembro, onde o alumnado recadou a cantidade de 2400 € que foron entregados

a ONG galega ADEGA.

• Ampliación dos fondos bibliográficos : Os criterios seguidos para a

adquisición de novos exemplares foi a de ampliar fondos para as dúas

exposicións programadas: O fútbol na biblioteca escolar e libros sobre mulleres e

nenas para celebrar no mes de marzo O mes das mulleres. Para iso mercáronse

diferentes exemplares que trataban sobre esa temática. Procuramos así mesmo

Page 28: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

28

dotar á biblioteca de varios exemplares dos libros marcados como lectura do Plan

Lector nos diferentes cursos:

A señorita Bubble de Ledicia Costas para 6º.

Muriel de María Canosa, Kusuma de Héctor Cajaraville e Olock –Lolo de Elvira

Menéndez para 5º .

Vaia Tropa! de Antón Cortizas , A batalla da pequena Chamán Curi Coca de

Rosa Aneiros e Una terrible palabra de nueve letras de Pedro Mañas para 4º.

Ota quere voar de Ánxela Loureiro e O raposo e a mestra de Manuel Rivas para

3º.

Fantasmas no corredor de Agustín Fernández Paz, Dragonalia de Carlos

Reviejo, Narices de Ana Rábano, O arranxacontos de Paula Merlán para 2º.

O cociñeiro Martiño de Iago López para 1º.

Ademais recibimos unha subvención de Bibliotecas escolares no mes de xaneiro

para ampliar os fondos da biblioteca inclusiva, e tamén mercamos exemplares

recomendados por ese motivo.

• Colocación de andeis novos: Dos cartos recibidos na subvención tamén

usamos parte para cambiar os andeis da zona dedicada aos libros de primeiros

lectores. Mercamos catro andeis novos e retiramos dous que estaban

deteriorados. Dous dos que estaban en mellor uso recolocáronse para poesía e

biografías por que así se liberaba espazo nos andeis antigos para seguir

colocando narrativa.

• Adquisición dun carriño expositor: Cos cartos da subvención tamén se

mercou un carriño con baldas superiores para a exposición de libros. Consta de

catro rodas que permiten o seu desprazamento pola biblioteca sen esforzo. É de

cor madeira claro e verde, polo que da un toque mais alegre e permite ver e

escoller calquera dos libros expostos máis ao nivel dos usuarios.

• Equipo de alumnado axudantes de biblioteca: Durante o presente curso

escolar tivemos un certo número de alumnas e alumnos, principalmente de 5º de

Primaria, aínda que tamén os había de cursos inferiores que prestaron axuda na

biblioteca durante algúns recreos. Encargábanse de colocar nos andeis os libros

Page 29: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

29

devoltos, separar os exemplares que tiñan algún dano coa fin de reparalos se era

posible, e tamén orientaban aos seus compañeiros onde estaban os libros que

viñan a buscar.

• Continuación da reserva do uso dos ordenadores da biblioteca durante o

recreo: Establécense dúas quendas de uso de 15 minutos cada unha en cada un

dos dous ordenadores da biblioteca. Este curso un dos ordenadores tivo moitos

fallos de funcionamento e ao final estragouse de todo polo que mercamos un

novo para substituílo. Aínda está sen colocar polo que nestes dous últimos meses

so podían usar un.

• Préstamos de lotes de libros para as aulas: Cada titor ten un número de

usuario de biblioteca, este curso saíron varios lotes de libros para ler nas aulas co

carné do titor. Isto permitiu renovar os fondos da biblioteca de aula e poder ter

durante máis tempo libros en préstamo. Esta é unha actividade que se vai pouco

a pouco consolidando.

• Visitas de escritores: Durante este curso recibimos a visita dos escritores:

María Canosa, Héctor Cajaraville, Elvira Menéndez, Ánxela Loureiro, Antón

Cortizas, Paula Merlán, Ledicia Costas e Iago López. Tamén o alumnado de 3º de

E.P. acudiu ao colexio de Sta. Xoana de Lestonac para ver a representación

musicada da obra :O raposo e a Mestra de Manuel Rivas e falar co autor.

• Outras actividades na Biblioteca:

1. Maxia a cargo de unha avoa maga que actuou para o alumnado de E.Infantil

e o mago Kiko, facilitado pola Ed. Santillana que actuou para E.Infantil e 1º e

2º de E. Primaria. Actividades que resultaron moi do agrado dos nenos e

nenas.

2. Os avós cóntanos seus oficios: Dentro do Proxecto realizado por 6º de E.

Infantil sobre os avós, foron varios os que pasaron pola biblioteca para contar

como eran os oficios nos que traballaron, entre eles moitos a piques de

desaparecer como o de zoqueiro.

Page 30: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

30

• Exposicións temporais: Durante o presente curso escolar realizáronse dúas

exposicións temporais coa seguinte temática:

1. Mes de outubro: O fútbol na Biblioteca Escolar

Este ano vai de fútbol. Pasa pola biblioteca e segue vivindo aventuras

protagonizadas por futbolistas. Coñeces O soño de Iván... As aventuras e

misterios de Futbolísimos...Descubriches Ás Fieras Fútbol-club? Non o

dubides, o mundo do fútbol agarda por ti na Biblioteca Escolar.

Esperamos a vosa visita.

2. Mes de marzo: Mes das mulleres.

Por ese motivo na biblioteca escolar seleccionamos una serie de libros

que falan sobre elas. Pioneiras, investigadoras... Que significa ser

Feminista? Por que o 8 de marzo é o día das mulleres? Descubre na

Biblioteca Escolar todo isto e moito máis sobre mulleres que foron

abrindo camiño. Agardámosvos.

• Os carriños da Lingua: En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua

Galega preparáronse catro carriños con libros escritos nesa lingua. Cada carriño

contaba con trinta títulos diferentes adaptados as idades do alumnado aos que

ían dirixidos. Rotaron polas diferentes aulas do colexio para usar na Hora de ler.

Esta actividade realizouse no mes de maio e xuño e a permanencia dos carriños

foi de dúas semanas por aula. Os carriños eran para E. Infantil, outro para 1º e 2º

de Primaria, outro para 3º e 4º de primaria e un para 5º e 6º de primaria. Os títulos

que contiñan eran de narrativa, poesía, teatro, cómic e biografías.

Page 31: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

31

• Producións propias: Catalogamos todos os anos un exemplar da revista

escolar O Alfar, este ano a edición XXVII elaborada por todo o alumnado do

centro.

No terceiro trimestre e dentro do Proxecto Carme e Miguel, o alumnado do centro

escribiu e ilustrou diferentes contos onde os protagonistas eran uns irmáns

mellizos, Carme, unha nena con dislexia e Miguel, un neno con TDHA e déficit de

atención. Eses contos están expostos no corredor da entrada e pasarán a formar

parte dos fondos da biblioteca.

APERTURA E USO DA BIBLIOTECA:

• Neste curso escolar a biblioteca estivo aberta para préstamos durante todos os

recreos da semana xa que a partir do segundo trimestre establecéronse quendas

rotatorias entre tres profesores, mentres que durante o primeiro trimestre a persoa

encargada da biblioteca era a única que facía esas gardas e so abría a biblioteca

os días que non chovía.

• Traballos na biblioteca: Dentro do horario escolar cada curso ten unha hora

semanal para traballar dentro da biblioteca, e para empregar os recursos que nela

había.

• As profesoras encargadas da vixilancia e préstamos foron Eva Mª Bouza

Rey polo que sempre estaba de garda nos recreos nos que a biblioteca

permanecía aberta durante o primeiro trimestre. A partir do mes de febreiro

entraron a facer gardas de biblioteca por quendas os profesores David López

Fernández e Jorge Blanco Lagos, o que permitiu que a encargada descansase

algúns días.

ACTIVIDADES PENDENTES PARA O CURSO QUE VEN:

• Formación de usuarios na Biblioteca Escolar, tanto para o profesorado como

para o alumnado. Aínda hai moitos profesores e alumnos que non saben moverse

na biblioteca para atopar a información que precisan.

• Aumentar fondos bibliográficos e dixitais para a realización dos traballos por

Proxectos.

Page 32: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

32

• Formar a máis profesorado no programa de xestión MEIGA.

• Apadriñamentos lectores:

Durante este curso estivemos barallando a posibilidade de facer esta actividade

que ao final non se levou a cabo por falta de tempo xa que ao deixalo para o

terceiro trimestre acumuláronse as actividades quedando esta adiada para o

vindeiro curso.

A xefa de estudos A coordinadora

Asdo.: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo.: Eva Mª Bouza Rey

3.5- MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN .

1.COMPOSICIÓN:

Este curso as compoñentes do Departamento de Orientación foron as seguintes :

- Silvia Sabín Mesa : Coordinadora do 3º ciclo.

- Purificación Inmaculada Pernas García : Coordinadora do 2º ciclo

- Rocío Cano Corredoira: Coordinadora do 1º ciclo

- Marina Rubio Jérez: Coordinadora de Educación Infantil.

- Mª Dolores Fontela Martínez : Especialista de P.Terapéutica.

- Patricia Vázquez Lojo: Pedagoxía Terapéutica.

- Nuria María Pita Fernández: Especialista de AL.

- David López López: especialista de AL( compartido) e con centro base

neste centro.

- Mª Carmen Ogaza Rojas : Orientadora.

Page 33: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

33

2.- OBXECTIVOS

2.1- Obxectivos xerais referidos ó centro :

Traballamos para acadar os seguintes obxectivos:

- Posta en práctica e seguimento do Plan de Atención á Diversidade aprobado

en xuño do 2013.

- Colaborar na Planificación e Organización educativa do centro no relacionado

co alumnado con necesidades educativas especiais.

- Potenciar a cooperación entre o centro e as familias.

- Colaborar cos equipos de dinamización do centro: co equipo de dinamización

da Convivencia Escolar, de Normalización Lingüística e Actividades

Extraescolares.

2.2- Obxectivos xerais referidos ó alumnado :

Podemos considerar que traballamos en tódolos obxectivos propostos, aínda que,

o grado de consecución non foi en todos igual de satisfactorio.

Estamos bastante satisfeitos do logrado cos seguintes obxectivos:

- Identificar as necesidades do alumnado con n.e.e e atención ás demandas de

orientación que presentaron.

- Levar á práctica detección temperá de necesidades educativas.

- Valorar durante o curso o alumnado que presentou dificultades, para deseñar

programas de reforzo e sempre que foi posible horario de apoio.

- Apoio ao alumnado que presentaba dificultades específicas de aprendizaxe.

- Reunión coa PT e Orientadora do I. E. S para falar do alumnado que se vai

incorporar ao instituto.

- Integración do alumnado no seu grupo e prevención do acoso escolar.

-Traballo cooperativo. Na maioría das aulas estase a traballar dinámicas e

estruturas de traballo cooperativo e empézase a notar unha melloría neste

sentido.

- Iniciación ao traballo por proxectos. Todo o alumnado participou nun proxecto

antes de Nadal e a maioría en proxectos ao longo do curso.

Page 34: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

34

Segue sendo necesario afundir en:

- Avaliación por competencias.

- Sesións de titoría semanais en tódalas clases.

- Desenvolver estratexias de aprendizaxe que favorezan a lectura, ortografía,

comprensión lectora e resolución de problemas.

- Traballar na resolución de conflitos, mellorar as habilidades sociais, os aspectos

emocionais das persoas e os modelos de comunicación. Debemos intentar

traballar máis á asertividade en lugar da agresividade ou a inhibición.

- Axudar a mellorar a autoestima do alumnado.

- Técnicas de relaxación que axuden a enfrontarse ao alumnado a distintas

situacións problemáticas.

2.3-Obxectivos referidos ó profesorado :

- Recollemos información nas sesións da avaliación de E.Infantil e Primaria ó

longo de todo o curso co obxectivo de detectar as necesidades que se

presentaban no centro.

- Participamos en varias reunións entre titores, especialistas de PT, de AL,

profesorado de apoio e orientadora en tódolos grupos ó longo do curso para facer

un seguimento do alumnado de apoio.

- Reunímonos coa especialista que traballa co alumnado de etnia xitana para

coordinar actividades.

- Reunións co coordinador de Proa e coa persoa que fai o acompañamento para

facer seguimento do alumnado.

- Intentamos colaborar con todo o profesorado na resolución das necesidades

que ían formulando e apoiamos a súa actuación na medida do posible,

proporcionándolle materiais e estratexias metodolóxicas para favorecer a súa

labor docente e titorial.

2.4- Obxectivos referidos ás familias:

- Mantivéronse contactos periódicos de forma individual coas familias que o

solicitaron e noutras ocasións con familias que nos parecía necesario falar con

elas, para darlles información e asesoramento.

Page 35: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

35

- Fomentamos o achegamento das familias ó departamento de Orientación para

poder axudar nas dúbidas e problemas que puideran ter con respecto ós seus

fillos.

Consideramos fundamental seguir traballando neste sentido para mellorar os

casos nos que aínda non hai unha boa colaboración.

3.-TRABALLO REALIZADO NO C.E.I.P “ A GÁNDARA”:

3.1-Constitución do departamento :

Reunímonos a principios de curso para informar a tódolos compoñentes das

nosas obrigas como membros do departamento de orientación .

3.2-Elaboración do Plan de Orientación :

A partires do Plan de Orientación presentado o curso pasado deseñamos o Plan

deste curso eliminando o que xa tiñamos conseguido e aumentando o que

queriamos traballar neste curso.

3.3-Organización de apoios ó alumnado con necesidades educativas especiais :

- Elaboración dos horarios de apoio das especialista de Pedagoxía Terapéutica e

de Audición e Linguaxe, tendo en conta as necesidades educativas detectadas

nos nosos alumnos. Estas necesidades en casos xa estaban detectadas de

cursos pasados e noutros casos houbo que facer probas específicas ao longo do

curso. As especialistas de PT ofreceron ao longo do curso apoio a 54 alumnos e

as especialistas de AL a 53 alumnos. Todo este alumnado foi valorado e o os

diagnósticos eran diversos : Discapacidade, Trastorno de Conduta, Trastorno

Xeneralizado do Desenvolvemento, Trazas do espectro Autista, Déficit de

Atención con ou sen Hiperactividade, Déficit cognitivo, Trastorno específico da

Linguaxe, Trastorno nas área de Lingua, Trastorno na área de matemáticas,

Trastorno na fala, Mutismo selectivo, Dislalias, e alumnado que presenta

deficiencias polas súas condicións persoais ou de ambiente familiar

desfavorecido. De todo o alumnado atendido as especialistas de PT e de AL

elaboraron un informe para o Departamento de Orientación.

- Este apoio por parte das especialistas de PT/AL foi en moitos casos fóra da

aula.

O motivo era para facer agrupamentos con alumnado de distintas clases,

segundo as necesidades que presentaban, ou por ter que traballar aspectos

Page 36: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

36

concretos con diferentes metodoloxías e materiais que entorpecerían a labor do

profesorado dentro da aula.

Noutras ocasións o apoio realizouse dentro da aula.

- Ademais deste apoio por parte das especialistas de PT/AL, o resto do

profesorado facía apoio nas horas de libre disposición . Os titores apoiaban na

aula do mesmo nivel e os especialistas nas aulas onde había máis necesidades.

3.4-Medidas encamiñade á prevención, detección e resolución de dificultades

- Presentación dos protocolos de actuación e avaliación elaborados no centro no

caso de: Trastorno de conduta, Autismo, Dislexia, Déficit de Atención con/sen

Hiperactividade, Trastorno da linguaxe e Altas capacidades.

-Valoración de 43 alumnos ao longo do curso, que presentaban problemas de

articulación, por parte das especialistas de A.L respondendo á solicitude das

titoras.

- Aplicación do test Bady-G infantil a todo o alumnado de 6º de E. Infantil. En

casos que presentaron resultados baixos neste test pasouse o test individual

“Columbia”.

- Petición ao Equipo de Orientación Específico da Coruña para colaborar no

diagnóstico de dous alumnos de Trastorno Grave de Conduta.

- Aplicación dos Badys ao alumnado de Primaria de 2º e 5º . Nos casos que

presentaron resultados baixos aplicouse o test Wisc-IV ou DSM-IV a alumnos/as

de 5º curso e a alumnos de 2º de xeito individual .

- Aplicación do test DST-J a 10 alumnos/as que podían presentar trazas de

disléxia.

- Aplicación do test Tale, de xeito individual a todo o alumnado de 2º curso e ó

alumnado que acudía a apoio de 1º e 3º curso de E. Primaria.

- Aplicación de probas de comprensión lectora ó alumnado de 2º e 5º curso de

E.Primaria.

- Aplicación do test “ MOXO” ( avaliación do Déficit de Atención e

Hiperactividade) a dous alumnos de 2º curso de E. Primaria.

- Reunións co profesorado implicado para informar dos resultados dos test.

Page 37: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

37

- Información individual a tódolos pais dos alumnos a quen se lles aplicaron as

probas , para que souberan os resultados dos seus fillos, así como para recibir

pautas a traballar para mellorar os resultados cando eran baixos .

- Elaboración de 7 certificacións para solicitar becas ò alumnado con n.e.e.

- Elaboración e revisión de 60 informes psicopedagóxicos.

- Sociograma en todas as aulas de E. Primaria.

- Colaborar na elaboración de 4 Adaptacións Curriculares.

- Información á Inspección Educativa das novas necesidades educativas de cara

ao vindeiro curso.

- No caso de alumnado con n.e.e as especialistas PT/AL elaboraron distintos

materiais: material para traballar coa tablet, adaptación de lecturas , modificación

de temas para facelos máis visuais, traballo coa pizarra dixital, fichas diversas,

elaboración de contos con pictogramas para traballar na hora de lectura.

- O alumnado con necesidades educativas especiais que estaba recibindo apoio

por parte das especialistas de PT e /ou AL, en varias ocasións fixo os exames en

pequeno grupo coas especialistas ou con profesorado de apoio nas horas de libre

disposición.

3.5-Atención ás demandas de orientación que se presentaron :

- Seguimento de todo o alumnado con necesidades educativas de E.Infantil e

Primaria.

- Modificación dos horarios do profesorado de Pedagogía Terapéutica e de

Audición e Linguaxe ó longo de todo o curso, debido a: novas necesidades

detectadas nas avaliacións, melloría dalgúns alumnos, modificacións dos grupos

polo seu funcionamento e polas necesidades de apoio de novo alumnado.

3.6- Medidas encamiñadas a favorecer o traballo en equipo:

- Continuouse no centro con aprendizaxe cooperativo en moitas aulas.As

actividades cooperativas foron :

- Dinámicas encamiñadas a favorecer as relacións dentro do grupo :

Page 38: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

38

Mundo de cores.

A maleta.

Os cumpridos.

A pelota ( con múltiples variables, adaptándose ao que se quería traballar:

que dixeran como se sentían, situacións de alegría, tristeza e outras emocións)

- Estruturas máis empregadas:

Lectura compartida.

1-2-4.

Folio xiratorio.

Lapis ó centro.

Os 4 sabios.

- Elaboración dos Plans de Equipo, Seguimento e Avaliación dos mesmos

nalgunhas aulas que se facía Traballo Cooperativo.

- Iniciación o traballo por proxectos.

Elaborouse un Proxecto que implicou a todo o profesorado e alumnado do centro

e que rematou cun “ Mercadillo Solidario” que se celebrou en Nadal cun resultado

moi satisfactorio.

Na maioría das aulas participaron no seguinte Proxecto : “Carme e Miguel” e

elaboráronse contos de forma cooperativa.

- Co obxectivo de fomentar a boa convivencia, o traballo en equipo, os valores e a

expresión oral no alumnado, varias persoas do Departamento ensaiaron :

cancións, bailes e dúas obras de teatro. Unha das obras xiraba en torno ao tema

de dislexia e déficit de atención e outra sobre escenas de mal humor. As dúas

representáronse no festival das Letras Galegas do colexio, en Intercentros do

Concello de Narón e no teatro Jofre polo tema de Teatro con G de Normalización

Lingüística.

- Coa intención de fomentar no alumnado os valores dentro das aulas e o

respecto polas diferenzas contáronse en tódalas aulas varios contos inventados

cos seguintes temas :

- O autismo: Conto de “ Alma”.

- A dislexia: Conto de “ Carme e Miguel”.

- A violencia de xénero: Conto de “ Damián e Elvira”.

Page 39: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

39

A partires deses contos elaborábanse actividades para mellorar as relacións entre

o alumnado.

- Formáronse nenos /as de 5º e 6º para ser mediadores. Actuaron a partires do

segundo trimestre.

- Tamén se levou a cabo durante os recreos e nalgunhas sesións da hora de

lectura actividade de xadrez con alumnado de 3º,4º e 5º de E. Primaria.

3.7- Formación do profesorado:

- Participar no Plan de Formación Permanente do Profesorado ( PFPP) “Traballo

por proxectos de forma cooperativa”, que tivo dúas partes : Un curso que se

celebrou no CFR de Ferrol e un seminario que se celebrou no colexio.

- Participar no Grupo de Traballo de Orientadores de “ Ferrolterra”.

- Algúns membros do departamento asistiron ao “IX Congreso Nacional e

Iberoamericano de Dislexia e Outras Dificultades Específicas de Aprendizaxe“ que

se celebrou en Palma de Mallorca no primeiro trimestre.

- Tamén algún compoñente do departamento asistiu ao curso “ Competencia

Comunicativa: Ler para escribir, escribir para ler” que se celebrou en Ferrol.

4.- PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO :

- Mellorar na avaliación por competencias.

- Seguir levando á práctica o Plan de Atención á Diversidade que se elaborou e

mellorar o que se considere necesario.

- Empregar a caixa de suxestións para que todo o profesorado, alumnado ou pais

(de xeito anónimo ou non) poidan manifestar os seus problemas e cousas que se

poidan mellorar.

- Afundir nas sesións de titoría semanais en tódalas clases.

- Traballar para acadar unha boa convivencia no colexio, buscando unha

comunicación axeitada entre o profesorado, profesorado-alumnado e profesorado-

familias.

- Intentar que todo o profesorado se implique dalgún xeito en tódolos proxectos

do centro: Plan de Convivencia, Plan Lector, Tic, Avaliación por competencias,

Traballo por proxectos, Traballo cooperativo etc .

Page 40: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

40

- Seguir coas reunións ó longo do curso entre especialistas, titores e orientadora

de cara ó seguimento do alumnado con necesidades educativas especiais.

- Deseñar obxectivos a acadar co alumnado que presenta n.e.e para traballar

conxuntamente entre titores, especialistas e profesorado de apoio.

- Deseñar adaptacións curriculares para o alumnado que o necesite .

- Deseñar medidas axeitadas de avaliación e adaptación de exames para o

alumnado con n.e.e, tendo en conta os protocolos de actuación facilitados.

- Aumentar a formación de todo o profesorado en temas como: aprendizaxe

cooperativo, a dislexia, intelixencias múltiples, proxectos, modificación de

conduta, déficit de atención, avaliación por competencias … para traballar

axeitadamente co alumnado.

- Afundir no emprego das Tics para a atención á diversidade e para mellorar a

comunicación entre a comunidade educativa.

- E sobre todo, traballar na mellora das habilidades sociais: formarse en

prevención de acoso escolar , disciplina positiva, detección de malos tratos ou

abusos.

- É necesario traballar a relaxación en tódalas aulas, a mediación como mellor

forma de resolución de problemas, a necesidade de xerar expectativas positivas ,

a escoita, a empatía, e sobre todo a asertividade na relación cos demais.

A Xefa de Estudos A Orientadora

Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo : Mª Carmen Ogaza Rojas

3.6- EQUIPA DE CONVIVENCIA.

1.- Composición.

Mª del Mar Rey Lago (E. Infantil).

Marina Valencia González ( E.Infantil).

Nuria Gutiérrez González (1º ciclo e coordinadora).

Rocio Cano Corredoira (1º ciclo)

Page 41: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

41

Mª Dolores Carpente Carpente (2º ciclo )

Begoña Redondo Carballo (3º ciclo)

Mª Carmen Ogaza Rojas ( orientadora).

2.- Traballo desenvolvido.

-Elaboramos e aprobamos o Plan de Convivencia tendo en conta os aspectos que

considerabamos necesario mellorar do pasado curso:

1. Estableceuse en cada aula un horario semanal de titoría. Nesa sesión

intentouse traballar a partires de libros seleccionados diferentes temas:

emocións, trastornos, habilidades sociais.

2. Realizáronse Técnicas de relaxación en todas as aulas.

3. Actuaron de mediadores nos recreos o alumnado voluntario de 5º e 6º.

4. Entregamos anexos, en cada nivel, elaborados no centro sobre: Dislexia,

Autismo, Déficits de Atención, Hiperactividade, Trastornos de conduta,

Trastorno da Linguaxe e Hemiparexia.

5. Intentamos facer prevención de “bulling” e de calquera outro tipo de abuso,

caixa de suxestións para que manifestaran anonimamente o que vían, ao

longo do curso se lle preguntou ao alumnado como se sentían na casa e

no cole e por que.

6. Afondouse no traballo Cooperativo na maioría das aulas e realizouse un

Proxecto de centro que implicou a todo o alumnado e rematou cun

Mercadillo Solidario.

No primeiro trimestre seleccionouse o tema a tratar en todas as aulas

mediante unha votación organizada polo alumnado do 1º ciclo, e saíu

elixido a loita contra a contaminación dos plásticos nos mares.

Dentro das aulas do primeiro e segundo ciclo elaborouse material para

vender no mercadillo.

O terceiro ciclo encargouse da organización, publicidade e invitacións.

Ao final fíxose en Nadal o mercadillo e a cantidade recadada (2.400

euros) foi entregada á Asociación “ Adega”.

O mercadillo foi aberto ao público con gran éxito.

Na maioría das aulas fíxose algún outro proxecto no segundo /terceiro

trimestre.

Page 42: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

42

7. Continouse controlando a limpeza do patio polo alumando de 1º , 2º e 3º

de E. Primaria.

8. Continuamos traballando nas distintas datas sinaladas ao longo do curso:

a Violencia de xénero, Día da Paz, Día da Árbore, Muller Traballadora,

Autismo e Acoso escolar.

9. Mercáronse libros relacionados cos distintos temas propostos:

“ De mayor quiero ser…feliz” nº 1 e 2 de Anna Morató García. Ed.

Beascoa.

“ Medusa se ha vuelto a enfadar”. Ester Asnina. Editorial Parramón.

“ La magia de una sonrisa”. Ester Alsina. Editorial Parramón.

“ El emocionómetro del inspector Drilo” de Susanna Isern. Editorial

nubeOcho.

“ Wonder todos somos únicos”de R.J.Palacio de Editorial S.A.U

3º.- Avaliación do traballo realizado:

1.- Continuar traballando as emocións e diferentes trastornos a través de

contos.

Seleccionáronse varios contos sobre as emocións . As persoas titoras traballaban

estes contos con diferente temática. Un dos máis empregados no 1º e 2º ciclo foi

o: “ De mayor quiero ser… feliz”.

A orientadora contou algún sobre : A Dislexia e Hiperactividade

( Carme e Miguel), Violencia de Xénero ( Damián e Elvir) Acoso Escolar

(“Pedro”), Autismo ( Alma).

2.- Técnicas de relaxación.

Realizouse en todas as aulas. É necesario retomalo o vindeiro curso e poder

facelo máis a miúdo.

3.- Mediadores en 5º e 6º curso.

Houbo un grupo grande de voluntarios para facer de mediadores. Fixeron moitas

mediacións ao longo do curso.

4.- Entregar anexos en cada nivel elaborados no centro sobre: Dislexia,

Autismo, Déficits de Atención, Hiperactividade, Trastornos de conduta, Trastorno

da Linguaxe e Hemiparexia.

Page 43: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

43

Consideramos que a información facilitada nos anexos é interesante e pode

axudar a deseñar estratexias con ese alumnado e tamén na súa avaliación. Falta

facer un seguimento dos mesmos.

5.- Prevención de “bulling” e de calquera outro tipo de abuso: Caixa de

suxestións: Como se senten na casa e no cole e por que. Poden escribir e/ ou

debuxar caras

En cada aula había unha caixa de suxestións para que os nenos/as puideran

poñer alí as queixas ou comentarios de como se sentían. Ao longo do curso

intentouse varias veces que todos escribiran algo.

A valoración de todo o realizado foi positiva, pero sempre se necesita seguir

traballando nisto.

6.-Seguir traballando e formándose na aprendizaxe cooperativo e iniciámonos

no traballo por proxectos.

A experiencia do traballo por proxectos foi tamén moi positiva e preténdese

continuar no vindeiro curso con el.

7.- Continuar co control da limpeza do patio.

O control dos patios por parte dos cursos 1º, 2º e 3º de Primaria resultou

satisfactorio. Continuarase realizando no vindeiro curso.

8.- Continuar traballando nas distintas datas sinaladas ao longo do curso: a

Violencia de xénero, Día da Paz, Día da Árbore, Muller Traballadora, o Acoso

escolar.

9.- Adaptación de exames para alumnado con dificultades específicas de apoio

educativo.

4º .-Propostas para o vindeiro curso:

- Continuar coas sesións de titoría semanais para facer un seguimento dos

problemas que se presentan, traballando as habilidades sociais. Propoñer que,

polo menos, unha vez cada quince días, todos os alumnos e alumnas da clase

escriban nun papel como se atopan . Este papel meterano na caixa da clase para

así, poder axudarlles o máximo posible.

- Continuar traballando técnicas de relaxación en todas as aulas.

- Continuar formando mediadores desde o inicio do curso.

- Seguir coa limpeza do patio.

Page 44: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

44

- Seguir coa caixa de suxestións para que todo o profesorado que queira, pais

ou alumnado poida manifestar propostas, dicir cousas que non funcionan e que se

poidan mellorar, co obxectivo de mellorar a convivencia do centro.

- Falar ao inicio do curso das características do alumnado disléxico, autista, con

síndromes ou déficit de atención para saber mellor como tratalo.

- Incidir na importancia de que todo o profesorado se implique nas actividades

propostas para que estas sexan efectivas.

- Presentar as actividades nos diferentes niveis habitualmente.

- Continuar traballando en aprendizaxe Cooperativo e Proxectos.

- Continuar coa adaptación de exames para alumnado con dificultades

específicas de apoio educativo.

- Aumentar a participación de toda a comunidade educativa na ornamentación

estética e conservación dos espazos comúns.

- Baúl de xogos para o recreo co obxectivo de que o alumnado poida xogar a

outras cousas que non sexa o fútbol.

A Xefa de Estudos A Coordinadora

Mª Jesús Felpeto Rey Nuria Gutiérrez González

3.7- COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA.

3.7.1.Compoñentes :

- Xefa de estudios: Mª Jesús Felpeto Rey.

- Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas.

- Presidenta: Eva Mª Bouza Rey.

- Pedagoxía Terapéutica:Mª Dolores Fontela Martínez e Patricia Vázquez Lojo

- Audición e Linguaxe: Nuria Pita Fernández e David López Fernández.

-Equipo Dinamización da Lingua Galega: Mª Carmen Sanmartín Couto

- Coordinadora Infantil: Marina Rubio Jerez

-Coordinadora 1º e 2º curso: Rocío Cano Corredoira.

-Coordinadora 3º e 4º curso: Purificación Pernas García.

Page 45: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

45

- Coordinadora 5º e 6º curso:Silvia Sabín Mesa.

- Coordinadora de biblioteca: Eva Mª Bouza Rey.

3.7.2.Desenvolvemento do Plan de traballo: Este curso a comisión continuou

traballando a posta en marcha do Plan de Atención á Diversidade. Iniciamos o

curso compartindo cos mestres estratexias e pautas xerais para compensar as

dificultades, que se puxeron de manifesto coas distintas probas realizadas aos

nenos/as e as probas de avaliación individualizadas pasadas nos cursos pasados

aos nenos e nenas de 3º de E.P. As estratexias estiveron baseadas en

metodoloxías de aprendizaxe cooperativa xa que teñen un gran potencial para a

aprendizaxe e ademais manteñen unha gran relación coas competencias básicas.

Estes dous aspectos formaron parte dos obxectivos do Plan de Formación

Permanente de Profesorado do centro xunto co traballo por Proxectos.

Concretáronse as pautas, avaliación e detección dos nenos/as con necesidades

de apoio específicas incluídos os nenos/as con TDAH. Nas seguintes reunión

fixéronse recordatorios de ditas pautas, especialmente sobre o déficit de atención,

os nenos/as con problemas de conduta e con hiperactividade. Como todos os

anos lembrouse o Plan de Atención Titorial e presentouse como unha fonte de

recursos para facer fronte as dificultades que se puideran presentar ao longo do

curso incluídos os nenos/as con problemas de conduta. Recordamos a

importancia de traballar as técnicas de estudio. Fomentouse o coidado do aspecto

do interior do edificio expoñendo nos taboleiros e lugares habilitados, os traballos

feitos polos nenos/as. En diferentes reunións puxemos en coñecemento o

protocolo de detección e prevención do acoso escolar. A finais de curso

nomeouse un instrutor para determinar se había acoso no caso dun neno de 4º de

E.P. O instrutor determinou que non era acoso pero propuxo unha serie de

medidas encamiñadas a que a situación denunciada non fora a mais, entre as

medidas adoptadas está a remodelación das aulas de 5º de primaria do curso que

ven onde se mesturarán os dous grupos de 4º deste curso. Puxemos en

funcionamento en todas as aulas as caixas de suxestións para que o alumnado

teñan canles anónimos (ou non segundo o neno/a desexe) para manifestar

medos, dúbidas, ou calquera tema que queira. Tamén se aplicaron outras

medidas para previr ditas situacións como os mediadores. Outro protocolo

importante que se deu a coñecer foi o de protección de datos e de actuacións

Page 46: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

46

ante emerxencias. Revisouse o Protocolo de funcionamento de comedor escolar

establecendo novas normas.

Queda pendente: Artellar mecanismos de seguimento para mellorar o

funcionamento dos distintos Plans de dinamización do centro. Intentar buscar

solucións en colaboración coa Xefatura de Estudos, co Equipo de Dinamización

da Convivencia nos conflitos relacionados coa conduta, a través de distintas

técnicas de resolución de conflitos (especialmente a través da Mediación) e

aplicando o Normas de organización e funcionamento (N.O.F.) do centro que

haberá que revisar o curso vindeiro.

A Xefa de Estudios Presidenta

Mª Jesus Felpeto Rey Eva Mª Bouza Rey

3.8- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Os membros da equipa de Educación Infantil durante o curso 2018-19 foron:

Ed. Infantil 3 anos A: Ana Ayala Rodríguez.

Ed. Infantil 3 anos B: Mª del Carmen Julias Casas.

Ed. Infantil 4 anos A: Mª del Mar Rey Lago.

Ed. Infantil 4 anos B: Fátima María Muíños Rodríguez.

Ed. Infantil 5 anos A: Mª Dolores Basoa López.

Ed. Infantil 5 anos B: Mª Belén Bellón Navarro.

7ª plaza de Educación Infantil : Marina Rubio Jerez.

8ª plaza de Educación Infantil: Marina Valencia González.

Relixión: Dolores González López.

Lingua Estranxeira: Emma Mª Salgueiro Veiga.

Audición e Linguaxe: David López Fernández.

Educación Física : Enrique Blanco Guillén y Bernardo Montero Doce.

Educación Musical: Purificación Pernas García.

Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas

Coordinadora: : Marina Rubio Jerez.

Page 47: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

47

Fixéronse as reunións de Ciclo correspondentes, nas que se trataron os

seguintes temas:

- Composición de Ciclo e elección de coordinadora. Reparto nas equipas de

dinamización.

- Calendario e preparación das saídas extraescolares para este curso.

- Acordos sobre as necesidades materiais do ciclo e gasto de presuposto

asignado.

- Programación da participación nas diferentes festas e conmemoracións no

colexio (Samaín, Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas…)

- Eleccións de ítems para os boletíns de información trimestral.

- Elección de material e libros de texto para o vindeiro curso.

- Elaboración da memoria.

- Formulación de melloras ante os problemas que van xurdindo no ciclo

Neste Ciclo fixéronse as saídas programadas:

1º trimestre: Os nenos/as de 3, 4 e 5 anos foron ao teatro. Esta actividade

é programada polo Concello no Auditorio de Narón.

2º trimestre: Dúas saídas a Aldea Nova en 5 anos.

3º trimestre: Excursión á Granxa-Belelle (3 e 4 anos). Excursión a Aldea

Nova (5 anos).

No primeiro trimestre levamos a cabo a nivel de centro un Mercadillo, froito da

formación recibida no CFR e a través do grupo de traballo Tarefas integradas.

Para o seu desenvolvemento participou todo o ciclo de Ed. Infantil, e as familias

colaboraron activamente. Tamén tivemos unha sesión de maxia para toda a Ed.

Infantil e primeiro ciclo de Ed. Primaria (actividade ofrecida por unha das editoriais

escollidas en infantil).

Fixéronse as reunións xerais de pais de principio de curso, a reunión xeral de pais

ao final de curso fíxose só no final de ciclo (5 anos).

As titorías foron os martes de 16:00 a 17:00, con aqueles pais que o solicitaron.

Page 48: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

48

O número total de alumnos en Educación Infantil foi de 145 alumnos. Aínda que

no mes de outubro deuse de baixa unha alumna na aula de 3 anos A e no mes de

xaneiro incorporouse outro alumno na aula de 4 anos B e unha alumna en 3 anos

A. No mes de novembro, un alumno da aula de 3 anos A non volveu a asistir ó

centro, non houbo ningunha comunicación por parte da nai. Finalmente deuse de

baixa do centro escolar.

Nas clases de 5 e 4 anos houbo varios alumnos que recibiron atención

individualizada por parte do Departamento de Orientación precisando de AL.

Na maioría dos casos non foros tratados o tempo necesario.

Cabe destacar tamén que algún neno de Educación Infantil presenta

problemas graves de conduta.

Neste curso continuamos coas mesmas dificultades que no derradeiro ano,

para poder desenvolver a nosa tarefa docente :

Excesiva ratio en Educación Infantil.

Falta de persoal de limpeza no horario lectivo.

Cando chove non se pode saír ao recreo.

Aulas e espazos comúns moi reducidas en relación á ratio

O firme da zoa dedicada ao fútbol non é o axeitado para o patio de infantil.

É prexudicial para a saúde dos nosos alumnos polo po que se levanta,

alerxias, esvaran os nenos constantemente … etc.

Por todo isto solicitamos que se fagan as xestións oportunas encamiñadas a

solucionar estas dificultades e poder levar a cabo a nosa labor docente dun xeito

máis racional e digno.

Este curso promocionan todos os alumnos/as de 6º de Ed. Infantil. En total: 49

alumnos.

A Xefa de Estudios A Coordinadora

Page 49: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

49

Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo:Marina Rubio Jerez.

3.9- EDUCACIÓN PRIMARIA 1º E 2º NIVEL.

A equipa está formada por:

- Rocío Cano Corredoira (Coordinadora).

- María del Carmen Sanmartín Couto (1ºB)

- Nuria Gutierrez González (2ºA)

- María Elena Pérez Fernández (2ºB)

- Nuria Pita Fernández (A.L.).

- Dolores Sagrario González López (Relixión).

- Enma Salgueiro Veiga (Inglés)

Esta equipa mantivo as reunión necesarias ao longo do curso para cumprir co

Plan de traballo establecido ó comezo do mesmo e tomar decisións relativas aos

seguintes aspectos:

SEGUIMENTO E CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

Os membros desta equipa colaboraron e acordaron os distintos materiais a

empregar na aula, traballo que foi concretado polos titores de cada nivel, en

función das necesidades do mesmo. Tamén colaboraron na realización das

avaliacións iniciais e dos diferentes aspectos que se solicitaron dende o

Departamento de Orientación: tests, probas de lectura e/ou escritura,

matemáticas, sociogramas, entre outros; así como coas iniciativas que foron

propostas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Durante este curso académico 2018/2019, no 1º curso de Educación Primaria

contamos con 50 alumnos/as dos cales, 47 promocionan a 2º de Primaria con

todas as materias aprobadas. Porén hai un alumno que non promociona e dous

que si o fan, pero con dúas materias suspensas (lingua castelá e lingua galega).

Pola súa banda, en 2º de Educación Primaria, contamos tamén con 50 alumnos e

alumnas. Todos eles promocionan, aínda que catro o fan coa materia de lingua

galega suspensa.

Tendo en conta estes datos, pódese dicir que os obxectivos mínimos dos niveis

foron acadados amplamente pola maioría do alumnado.

Page 50: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

50

REUNIÓNS COAS FAMILIAS.

Tal como así queda recollido na lexislación vixente, durante o mes de setembro

do ano 2018, cada unha das titoras deste ciclo, mantivemos unha reunión

conxunta con todas as familias do noso alumnado, co fin de informalas dos

aspectos esenciais de funcionamento e organización que ían guiar o traballo ao

longo do curso: materiais, equipo docente, elementos básicos de traballo na aula,

saídas, avaliación, merendas... A maiores, levamos a cabo entrevistas individuais

co fin de manter una colaboración óptima coas familias e un intercambio

bidireccional de información, para que o proceso de ensino/aprendizaxe dos seus

fillos e fillas resultase o mellor posible, os martes en horario de 16.00 a 17.00

horas.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

Ao longo do curso, as integrantes desta equipa participamos en todas as festas e

datas de obrigada conmemoración que se programaron dende os diferentes

grupos de traballo do centro, dende Convivencia, Dinamización da lingua galega,

Biblioteca ou Actividades Complementarias e Extraescolares.

25 de Novembro de 2018: Día internacional contra a violencia de xénero.

30 de Xaneiro de 2019: día escolar da non violencia e da paz.

8 de Marzo de 2019: día internacional da muller.

23-26 de Abril del 2019: semana do libro.

13-17 de Maio de 2019: semana das letras galegas.

Ademais celebramos o Magosto coas tradicionais castañas, un mercadillo

solidario no Nadal co fin de recadar fondos para unha asociación que loita pola

defensa do medio ambiente (ADEGA), o Entroido coa temática dos superheroes e

superheroínas, festival das Letras Galegas, no Pazo da Cultura, certame

intercentros...

SAÍDAS E OBRADOIROS

O longo do curso leváronse a cabo varias saídas e obradoiros.

1º TRIMESTRE

- Visita ás instalacións do Pazo da Cultura (1º EP)

Page 51: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

51

- Taller de hábitos de alimentación saudable a cargo do Concello, no centro

(1º e 2º EP)

- Obra de teatro “A nena e o grilo máis aló” no Pazo da Cultura (1º e 2º EP).

- Taller de animación a lectura a cargo de Iago López co seu libro “O

cociñeiro Martiño” (1º EP)

2º TRIMESTRE

- Visita a Aldea Nova onde realizamos unha mañá temática de hábitos

saudables (1ºEP)

- Circuíto de Educación Viaria no centro coa colaboración da Policía Local

de Narón (1º e 2ºEP)

- Visita ao Centro de maiores Manuela Pérez Sequeiro e a Biblioteca

Municipal de Narón (2ºEP)

3º TRIMESTRE

- Visita a Aldea Nova onde realizamos unha mañá temática de hábitos

saudables (2ºEP)

- Taller de Ciencia Divertida na ludoteca (2º EP).

- Taller de animación a lectura a cargo de Paula Merlán co seu libro “O

arranxa contos” (2º EP).

- Taller de receitas saudables con froita contando coa participación das

familias do alumnado (2º EP).

- Actuación de maxia (1º e 2º EP)

A xefa de estudos A coordinadora

María Jesús Felpeto Rey Rocío Cano Corredoira

3.10- EDUCACIÓN PRIMARIA 3º e 4º NIVEL.

Con data do 25 de xuño do 2019 reunímonos os profesores de 3º e 4º

nivel de Primaria para a elaboración da memoria de final de curso.

COMPOÑENTES :

Purificación Pernas García ( MÚS) (coordinadora de Ciclo)

Page 52: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

52

Carlota Pena Freijomil (3º A)

Belén Casanova Mayo (3º B)

María Jesús Felpeto Rey (4º A)

Mª Dolores Carpente Carpente (4ªB)

Mª Dolores Fontenla Martínez (P.T.)

Enrique Blanco Guillén (E.F.)

Mª Carmen Ogaza Rojas ( Orientadora)

REUNIÓNS DE PAIS

A principio de curso realizáronse reunións de pais no 3º e 4º nivel para

explicar as liñas xerais a seguir e as saídas programadas para o curso.

SAÍDAS REALIZADAS E OUTRAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

Realizáronse as saídas programadas a principio de curso, ademais de

outras que fomos engadindo a medida que se foron ofertando.

1º TRIMESTRE:

- Os nenos de 3º e 4º nivel asistiron á Mostra de teatro organizada polo

Concello .

- Os nenos de 3º nivel realizaron una excursión ao Museo de Belas Artes da

Coruña e os de 4º nivel visitaron o Museo etnográfico da Capela e realizaron unha

visita polos arredores..

2º TRIMESTRE:

- Os nenos de 3º viaxaron a Coruña para visitar “A Casa dos Peixes” e os de

4º visitaron O Museo do Humor de Fene.

3º TRIMESTRE

- Os nenos do 3º nivel realizaron una visita ao Museo Caldoval en

Mugardos onde realizaron como actividade complementaria á visita talleres

de mosaicos. Pola súa banda os nenos de 4º nivel visitaron Aldea Nova en

Narón ,onde realizaron diversos talleres sobre Ciencia

divertida.

Page 53: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

53

- Os nenos de 3º e 4º nivel participaron tamén na Volta

Ciclista,organizada polo Concello,ademais de outras actividades de

Educación Vial.

PARTICIPACIÓN NAS FESTAS:

Os nenos do 3º e 4º nivel participaron xunto co resto do Colexio na

celebración das distintas festas e conmemoracións:

Magosto : Ademais de participar co resto do Colexio na festa celebrada no

patio, os nenos de 3º elaboraron bonecos con mazarocas, axudados polos

profesores.

Samaín: Os nenos adornaron cabazas para a exposición do Colexio.

Nadal: Os nenos de 3º e 4º nivel participaron na celebración dun mercadillo

solidario elaborando na clase de plástica diversos agasallos para vender e

recadar fondos para a ONG ADEGA.

Día da Paz: Todo o Colexio cantou a canción de Mama Cabra : “O mundo é

grande”.

Ademais cantaron e bailaron as cancións africanas : “Simamaca e Sisisi

Dolada”.

Entroido : Celebramos una festa ,disfrazándonos de personaxes heroes e

comemos lambetadas típicas do Entroido.

Día das Letras Galegas: Os nenos de 3º e 4º nivel participaron no certame

Intercentros organizado polo Concello coa elaboración de murais centrados nas

grandes mulleres .

Por último despedimos o Curso coa festa de Final de Curso ,organizada

pola ANPA do Colexio.

CONSECUCIÓN DE OBXECTIVOS.

En canto á consecución de obxectivos os resultados foron satisfactorios nos

dous niveis xa que a maioría dos nenos acadaron os obxectivos fixados a

principio de curso e aqueles que tiveron dificultades recibiron apoio por parte dos

especialistas e por parte do profesorado que tiña horario libre para completar o

traballo dos especialistas en P.T. e A.L. De 3º A promociona un alumno con C.S.,

C. N. e ING. suspensas , outro con matemáticas e outro con inglés. De 3º B

Page 54: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

54

promociona un alumno con C.N., C.S, e L.G. suspensas e outro con inglés. De

4ºA promocionan dous alumnos con matemáticas suspensas, outro con C.N., C.S.

e inglés e outro con C.S. e inglés. De 4º B promociona un neno con L.G.

suspensas e outro con C.N. e C.S.

A xefa de estudos A coordinadora

Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo: Mª Purificación Pernas García

3.11- EDUCACIÓN PRIMARIA DE 5º E 6º NIVEL.

Titores de 5º durante o presente curso:

- Sandra Gómez Mariño (5ºA e coordinadora de nivel)

- Eva Mª Bouza Rey (5ºB)

- Jorge Blanco Lagos (5ºC)

Titores de 6º durante o presente curso:

- Anilda Vidal Sanjurjo (6ºA e coordinadora de nivel)

- Mª Begoña Redondo Carballo (6ºB, substituta durante todo o curso de

Lucía Vellón Fernández por baixa maternal. Esta última incorporouse o 26

de xuño.

Profesores especialistas en ambos cursos:

- Silvia Mª Sabín Mesa ( Inglés en 5ºB, 5ºC, 6ºA e 6ºB)

- Emma Mª Salgueiro Veiga (Inglés 5ºA)

- José Bernardo Montero Doce (EF en 5ºB,5ºC e 6ºB)

- Enrique Blanco Guillén (EF en 5ºA e 6ºA)

- Purficación Pernas García ( Música)

- Dolores González López ( Relixión Católica)

Ao longo do curso mantivéronse reunións periódicas para tratar os

diferentes puntos recollidos na Programación Xeral Anual, os diferentes asuntos

que foron xurdindo, e, tamén, para a revisión de temas puntuais concernentes a

todo o colexio, e outros temas que se detallan.

Page 55: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

55

1.- SAÍDAS, FESTAS E PARTICIPACIÓNS EN ACTIVIDADES

a) SAÍDAS:

Fixéronse as saídas previstas no Plan de Centro, agás a final de quinto de

primaria. A maiores realizáronse outras que foron xurdindo ao longo do curso e

consideramos interesantes, e que se relacionan a continuación:

- O 24 de outubro o alumnado de 5º fixo unha saída en bicicleta,

organizada polo concello ao Mosteiro do Couto.

- Os días 17 e 18 de outubro os alumnos de 5º visitaron EXPONAV e unha

exposición en “ A fundación A Banca”.

- No primeiro trimestre o alumnado de 6º visitou o museo MUNCYT en A

Coruña.

- Asistimos ás xornadas de teatro organizadas polo Concello e o 13 de

novembro vimos a obra “CRECER” da Compañía El Callejón del Gato.

- O 22 de novembro o alumnado de 5º e 6º fixo unha saída en bicicleta

organizada polo concello a favor da Igualdade.

-O 22 de xaneiro o alumnado de 6º visitou o IES Terra de Trasancos

nunha xornada de portas abertas.

-O 15 de marzo o alumnado de 5º asistiu a unha charla sobre os

transplantes de órganos, organizada por ALCER.

- O día 3 de abril o alumnado de 6º realizou unha saída a Santiago para

visitar O Parlamento e A Xunta de Galicia.

-Os día 10 de abril o alumnado de 5º realizou unha excursión a Santiago

de Compostela, para visitar a catedral (nela en concreto “O Pórtico da Gloria”) e

unha exposición sobre máquinas inventadas por Leonardo da Vinci no Mosteiro

de San Martín Pinario.

-O día 29 de abril o alumnado de 6º participou no Certame Intercentros no

apartado de Expresión Oral. As dúas obras representadas por 6º B e 6º A

acadaron cadanseu premio Accésit.

- Ao longo de todo o curso, cada quince días, o alumnado de 6º asistiu a

unhas charlas sobre igualdade e convivencia cunha monitora do concello, na hora

de libre disposición, comezando o 26 de outubro e rematando a finais de maio.

Foi beneficioso para o alumnado no seu desenvolvemento persoal e social.

Page 56: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

56

-O 3 de maio o alumnado de 5º e 6º fixo unha saída en bicicleta

organizada polo concello.

-O 2 de xuño o alumnado de 5º levou a cabo un obradoiro de bicicletas

organizado polo concello.

-O 11 de xuño o alumnado de 6º participou no certame Teatro con G”

celebrado no Teatro Jofre, en Ferrol, representando dúas obras de teatro.

- A excursión de finais de curso de 5º de E.P. estaba nun principio

programada para Viveiro cunha viaxe en tren. Houbo que cambiala porque FEVE

non nos garantía prazas para todos no tren. A seguinte proposta foi ao Parque

Acuático de Cerceda para o mércores 19 de xuño pero houbo que suspendela

porque esa semana chovía. Queda pendente de facer unha saída conxunta a

comezos do curso que ven.

- O alumnado de 6º realizou unha viaxe de Fin de Etapa a Madrid entre os

días 28 e 31 de maio. Asistiron 39 alumnos/as e acompañaron tres profesores:

Anilda Vidal, Mª Belén Bellón e José Bernado Montero.

b) FESTAS E PARTICIPACIÓNS

Participamos en:

-Tódalas celebracións conxuntas do Centro: Samaín, Magosto, Nadal (coa

realización dun mercadillo), Día da Paz, Entroido, Letras Galegas e Fin de Curso.

Tamén participamos no Certame Intercentros .

- Nun obradoiro de Nutrición e outro de Igualdade os nenos de 5º en un de

Igualdade os de 6º ao longo do curso.

- O 26 de novembro visitounos a escritora Ledicia Costa, o 10 de abril visitounos a

escritora María Canosa, o 26 de abril visitounos a escritora Elvira Méndez e o 21

de maio o escritor Héctor Cajaraville.

-28 de febreiro unha charla sobre os transplantes de órganos organizada

por ALCER.

2.- REUNIÓNS DE PAIS

As reunións cos pais desenvolvéronse tal e como estaban programadas no

Plan de Centro.

Page 57: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

57

Nas reunións iniciais deuse información dos obxectivos a acadar, das

normas de funcionamento, das saídas e respondeuse ás preguntas que

xurdían.

Na reunión final de 6º curso déronselles aos pais recomendacións de

traballo para o verán.

As reunións individuais celebráronse tódolos martes en horario de 16 a 17

horas dun xeito regular e, con certa flexibilidade de horario, cando era

necesario por parte dos pais

A orientadora do IES Terra de Trasancos acudiu un día ao colexio para ter

unha toma de contacto cos alumnos de 6º.

3.- ACCIÓN TITORIAL

Realizáronse sesións sempre que foron necesarias, principalmente cando

xurdía algún problema e cumpría tratalo de xeito xeral entre toda a clase, ou

noutros casos, en pequeno grupo, só cos alumnos implicados.

4.- RESULTADOS ACADÉMICOS

Durante este curso cinco alumnos de 5º e seis de 6º, participaron no plan

PROA, asistindo a clases de acompañamento no colexio polas tardes dúas veces

á semana. Observamos que nalgúns casos o aproveitamento de ditas clases foi

satisfactorio, apreciándose melloría no seu rendemento académico; pero noutros

casos non ocorreu así, debido, principalmente á falta de interese deses alumnos e

á pouca implicación por parte das familias.

Consideramos que para un maior aproveitamento desta actividade, debería

comezar no mes de outubro.

O grao de consecución de obxectivos, tanto de etapa coma os das

diferentes áreas, foi en xeral satisfactorio para a maioría dos alumnos. En 5º

nivel, dun total de 66 alumnos promocionan a totalidade, pero pasan dúas nenas

para sexto con algunha materia pendente. Unha con C.N. e C. S. e outra con

C.N., C.S. e inglés

Hai que sinalar que en 6º nivel, dun total de 50 alumnos, promocionan á

ESO a totalidade, aínda que acceden a Ed. Secundaria 8 alumnos con algunha

materia pendente, dous deles por imperativo legal. De 6º A pasan catro nenos

con inglés suspenso, e unha nena por imperativo legal. De 6º B pasan dous nenos

Page 58: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

58

con C.S. e un neno con C.N., C.S. e Inglés e unha nena con C.N. , C.S., L.G.,

L.C. e inglés , estes dous últimos por imperativo legal.

Os mestres destes dous niveis queremos facer constar que hai un exceso

de contidos en tódalas áreas, en relación ó número de sesións ( necesitaríanse

máis sesións para cada materia, e non as hai).

A Coordinadora de 5º A Coordinadora de 6º

Asdo.: Sandra Gómez Mariño Asdo.: Anilda Vidal Sanjurjo

A Xefa de Estudos A coordinadora de 5º e 6º

Asdo.: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo: Silvia Mª Sabín Mesa

3.12- PROA 2019

Coordinador do programa: Enrique Blanco Guillén.

Profesor externo que impartiu as clases: Xacobe Ágreda Casal.

Alumnado participante: 5 alumnos/as de 5º de primaria e 6 alumnos/as de 6º de

primaria.

Un alumno e unha alumna de 6º de primaria cambiaron o seu turno (martes e

xoves) para o de 5º de Primaria (luns e mércores) xa que lles resultaba imposible

ir neses días por tema de actividades extraescolares.

O horario de traballo foi de luns a xoves de 16 a 18 horas e os luns de 9 a 14

horas para apoio dentro das aulas de 5º e 6º de primaria.

Os resultados obtidos foron satisfactorios e o único que pedimos é que comece

antes para mellorar aínda máis os resultados.

Desexamos continuar co programa o curso que ven.

O coordinador

Asdo: Enrique Blanco Guillén.

Page 59: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

59

3.13- PLAN DE FORMACIÓN DO PROFESORADO.

Durante o presente curso escolar levamos a cabo un PFPP titulado: O traballo

por Proxectos de xeito cooperativo, no que estivemos implicados a maior parte

do profesorado, 24 persoas no Seminario e 20 nun curso. A duración do

seminario foi de 20 horas e 15 horas o curso. Estivo coordinado por Mª Carmen

Ogaza Rojas.

Parte do equipo de profesorado de E.Infantil e algúns de E.Primaria participaron

nun curso do método ABN de matemáticas o 14 de decembro de 2018, celebrado

na Coruña.

A profesora encargada da biblioteca participou no mes de marzo nun curso “A

autonomía na procura de información en liña e o éxito escolar”.

Parte do departamento de orientación asistiu ao “9º Congreso Nacional e

Iberoamericano de Dislexia y otras dificultades específicas de aprendizaje” en

Palma de Mallorca no primeiro trimestre.

Os cinco profesores/as funcionarios en prácticas superaron o curso de Lingua

Galega e a formación inicial en igualdade, así como o obradoiro de metodoloxías

activas e as estratexias para programación de funcionarios en prácticas.

Un profesor e unha profesora superaron o nivel C1 e C2 de Lingua Galega na

Escola Oficial de Idiomas, ademais o profesor superou tamén o nivel B1 de

Lingua inglesa, e participou nos encontros do profesorado de apoio. Unha

profesora do departamento de Orientación participou nun curso celebrado en

Ferrol sobre Competencia Comunicativa:Ler para escribir, escribir para ler,

ademais de facer un Obradoiro para a mellora da competencia comunicativa en

Lingua inglesa (nivel básico).

Outra profesora realizou tamén os cursos de “Atención a urxencias sanitarias”,

“Convivencia positiva e prevención de conflitos”, “Novas ferramentas para a

ensinanza da E. Artística” e “Personalización da ensinanza e inclusión educativa”.

Outra profesora participou nas Xornadas de Formación do Programa Piteas nun

curso sobre Metodoloxías activas de Santillana.

Page 60: MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019 · diferentes actividades promovidas por outras institucións, principalmente en actividades programadas polo Concello desde o Equipo de Educación

MEMORIA FINAL DE CURSO 2018-2019

60

4. RELACIÓNS COAS FAMILIAS.

Fixéronse as xuntanzas que marca a lei, unha a principio do curso e ao

final nalgúns cursos. Tamén se fixeron as que cada titor ou titora coidou

necesarias de maneira individual ou colectiva.

Os titores/as de educación Infantil mantiveron unha reunión informativa o

día 26 de xuño para os pais dos nenos/as de novo ingreso de infantil de 3

anos para o curso 2019-2020.

Cos pais/nais do alumnado con algún tipo de dificultades de aprendizaxe

ou de conduta, fixéronse varias xuntanzas cos profesores implicados, a

orientadora e nalgún caso algún membro do equipo directivo.

Mantívose boa relación coa directiva da ANPA ao longo do curso.

Ademais das reunión mantivéronse informados aos pais a través de

distintos medios: circulares en soporte de papel, información colgada na

páxina do colexio, vía teléfono ou a través dos taboleiros do centro.

5.- RESEÑA ECONÓMICA.

Remanente do ano 2018…………………………………….………18.575,40 €

Ingresos Biblioteca Inclusiva (2018)………………………………….400,00 €

TOTAL REMANENTE……………………………………………… 18.975,00 €

Ingresos da Consellería…40% Gastos funcionamento…..……. 13.288,00 €

Ingresos da Consellería 30% Gastos funcionamento……………..9.966,00 €

TOTAL DE INGRESOS…………………………………… ………42.229,40 €

Total de Gastos a 27-06-19…………………………………………..18.658,81

SALDO EN CONTA A 27-06-19……………………………………23.543,59 €

A Secretaria

Asdo: Carlota Pena Freijomil.