meco 2012
TRANSCRIPT
Queridas familias:
Como noutros anos polo tempo do Entroido,
fixéronme o encargo de disfrazar ao noso
e ao alumnado do colexio. Estou seguro que xa
teñen ganas de repetir a experiencia.
Tamén esta vez preciso a vosa axuda.
Todos os días vos irei indicando que prenda teñen que
traer posta ao día seguinte os vosos/as fillos/as.
Cada día traerán unha prenda nova, xunto coas
anteriores.
Grazas pola vosa colaboración.
XAQUIN
O Entroido chega
con pouca calor
o luns poño
un gorro de pintor.
Os grandes artistas
tamén se manchan
o martes traerei
unha camisa emborranchada.
Xa chega o xoves
o papel rematei
e a cara pintarei.
O mércores un pincel traerei
con coidado e con esmero
un lindo cadro pintarei.