marrocos: unha viaxe polas cidades histÓricas

4
MARROCOS: UNHA VIAXE POLAS CIDADES HISTÓRICAS, KASBAHS E DESERTO DE MERZUGA (do 30 de marzo ao 10 de abril) DIA 30 de marzo (venres): A CORUÑA-MADRID-CASABLANCA- RABAT Presentación no aeroporto da Coruña para voar con destino a Casablanca (vía Madrid). Chegada e asistencia polo guía de fala hispana. Traslado a Rabat e xantar na zona costeira. Tarde adicada á visita guiada a Rabat. Na vella medina visitaranse: a Kasbah dos Odayas, da dinastía Almohade, a Torre de Hasan II, o chellah construído polos Merinides e finalmente o Mausoleo de Mohamed V, abó do actual rei de Marrocos. Cea e aloxamento no hotel RABAT. DÍA 31 de marzo (sábado): RABAT-FEZ: beleza imperial Almorzo buffet no hotel e traslado a FEZ. Cidade declarada Patrimonio da Humanidade. Comezaremos cunha panorámica desde un dos outeiros que circundan a cidade para visitar despois as portas de chumbo (bronce) do Palacio Real, e xa a pé entraremos na medina pola porta Bab Buxelud para visitar Medersas (centros de estudos coránicos): Medersa bu Inania e Attarine. Xantar na medina de Fez. Tarde adicada aos Karabanserais e aos barrios dos artesáns. Destacan o dos curtidores (Chuara), o dos luthiers (perto da praza Smine), o dos obxectos de coiro e especialmente babuchas (Ain Allu), da henna (perto do anterior), das especias (el Attarin), dos carpinteiros (Nejjarine), dos tetuaníes (Tsetauí), e dos orfebres (rúa Merinides). Aloxamento no hotel LES MERINIDES. DÍA 1 de abril (domingo): FEZ- VOLUBILIS- MEKNES- FEZ 1

Upload: lugopatrimonio-lugopatrimonio

Post on 26-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

MARROCOS: UNHA VIAXE POLAS CIDADES HISTÓRICAS, KASBAHS E DESERTO DE MERZUGA (do 30 de marzo ao 10 de abril)

TRANSCRIPT

MARROCOS: UNHA VIAXE POLAS CIDADES HISTÓRICAS, KASBAHS E DESERTO DE MERZUGA

(do 30 de marzo ao 10 de abril)

DIA 30 de marzo (venres): A CORUÑA-MADRID-CASABLANCA-RABATPresentación no aeroporto da Coruña para voar con destino a Casablanca (vía Madrid).Chegada e asistencia polo guía de fala hispana.Traslado a Rabat e xantar na zona costeira. Tarde adicada á visita guiada a Rabat.Na vella medina visitaranse: a Kasbah dos Odayas, da dinastía Almohade, a Torre de Hasan II, o chellah construído polos Merinides e finalmente o Mausoleo de Mohamed V, abó do actual rei de Marrocos.Cea e aloxamento no hotel RABAT.

DÍA 31 de marzo (sábado): RABAT-FEZ: beleza imperialAlmorzo buffet no hotel e traslado a FEZ.Cidade declarada Patrimonio da Humanidade. Comezaremos cunha panorámica desde un dos outeiros que circundan a cidade para visitar despois as portas de chumbo (bronce) do Palacio Real, e xa a pé entraremos na medina pola porta Bab Buxelud para visitar Medersas (centros de estudos coránicos): Medersa bu Inania e Attarine.Xantar na medina de Fez.Tarde adicada aos Karabanserais e aos barrios dos artesáns. Destacan o dos curtidores (Chuara), o dos luthiers (perto da praza Smine), o dos obxectos de coiro e especialmente babuchas (Ain Allu), da henna (perto do anterior), das especias (el Attarin), dos carpinteiros (Nejjarine), dos tetuaníes (Tsetauí), e dos orfebres (rúa Merinides).Aloxamento no hotel LES MERINIDES.

DÍA 1 de abril (domingo): FEZ- VOLUBILIS- MEKNES- FEZAlmorzo buffet no hotel. Traslado a VOLÚBILIS e visita do sitio arqueolóxico.Volúbilis é unha antiga cidade romana. O seu xacemento arqueolóxico é posibelmente o mellor conservado desta área do norte de África. Foi incluído na lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco.Xantar en Meknes e visita guiada á cidade.A Unesco ten designado a Meknes como parte do Patrimonio da Humanidade polo seu carácter representativo dun complexo urbano e arquitectónico dunha capital do Magreb do século XVII que combina de forma harmónica elementos de deseño e planificación islámicos e europeos.Visita da Mellas, Bab el Mansur e Medina. Aloxamento no hotel LES MERINIDES.

DÍA 2 de abril (luns): FEZ- MEKNES- ERFUDAlmorzo no hotel. Saída deica a cidade de Midelt: panorámica e explicación do guía. Xantar en Midelt.Continuación deica Erfud, pasando por zonas paisaxística moi fermosas no Val de Ziz.Parada en Erfud, onde nos achegaremos á historia da cidade desde o seu mesmo centro.Cea e aloxamento no hotel XALUCA MAADID.

DÍA 3 de abril (martes): ERFUD- MERZUGA

1

Almorzo no hotel. Saída deica a zona de fósiles de Erfud. Xantar en Rissani. Visita desta cidade.Continuación cara á zona de Merzuga e deserto. Chegada ao campamento.Atardecer no deserto. Cea e aloxamento en tenda nómade dobre en BivuacXALUCA BELLE ETOILE.

DÍA 4 de abril (mércores):MERZUGA- UARZAZATEAmencer no deserto. Contemplación da saída do sol.Almorzo buffet en haima.Saída cara a Uarzazate moi cedo, pasando por Tinghir. Xantar en Todra e visita aos seus canóns. Seguiremos ruta polo Val do Dades e Val das rosas. Chegada a Uarzazate.Cea e aloxamento no hotel MERCURE.

DÍA 5 de abril (xoves): UARZAZATE E AS SÚAS FERMOSAS KASBAHSAlmorzo no hotel. Visita á kasbah Taurirt desprazándonos polo seu interior. Xantar en Ait Ben Haddu e visita á súa kasbah.Ás portas do deserto de pedra, nunha singular paisaxe formada por varias edificacións fortificadas de adobe, descansa a kasbah de Ait Ben Haddu como unha quimera do tempo.Ait Ben Haddu é Patrimonio da Humanidade, declarado pola Unesco no ano 1987.Cea e aloxamento no hotel MERCURE.

DÍA 6 de abril (venres): UARZAZATE- MARRAKECHAlmorzo buffet no hotel. Saída cara a Marrakech. Xantar na MedinaVisita guiada á Mesquita da Kutubia e xardíns. Construída por orde do califa Abd al-Mumin Ibn Ali durante a segunda metade do s. XII é unha das máis importantes mesquitas do Magreb. Obtén o nome dun duplo oficio, o de libreiros-calígrafos (Al-Kutbiyyine) que se instalaron nos seus arredores a finais do s. XII.As tumbas Saadies: necrópole real ricamente decorada, onde está soterrado o sultán Ahmed el-Mansur el-Dahbi, "O Vencedor, O Dourado". O palacio da Bahía: exemplo dunha rica residencia de principios do século pasado. Este palacio está composto por unha sucesión de departamentos e patios. Rematado en 1900, A Bahía foi construída polo Chambelán Ahmed Ibn Mussa. Ao solpor a praza Djem Fna: historia e visita.Aloxamento no RIAD BAHIA SALAM.

DÍA 7 de abril (sábado): MARRFAKECH (VAL DE URIKA E ARREDORES)Almorzo no hotel. Saída cara ao Val de Urika, unha excursión sensacional desde a perspectiva paisaxística. No decurso do camiño visitaremos unha casa bereber para coñecer a súa distribución interior e saborear un auténtico té á menta. Xantar nun restaurante da zona.Visita aos zocos gremiais e ás funduks do zoco de Marrakech.Aloxamento en Marrakech no RIAD BAHIA SALAM.

DÍA 8 de abril (domingo): MARRAKECH- ESSAUIRA "A BELA MOGADOR".Almorzo no hotel. Traslado a Essauira e chek in.Coñeceremos esta cidade familiar e exótica á súa vez, coas súas murallas fortificadas, o porto pesqueiro, mesmo os axiridos das gaivotas que sobrevoan sen descanso.O Skala de Ville, un impresionante bastión mariño construído nos acantilados. Unha colección de canóns europeos dos s. XVIII e XIX que bordean a pasarela e desde onde se

2

goza dunha excelente panorámica. O Skala de Port ofrece máis canóns e panorámicas á illa de Mogador e ao porto pesqueiro.Xantar no porto pesqueiro.Aloxamento na cidade de Essauira, hotel ATLAS MEDINA ESSAUIRA.

DÍA 9 de abril (luns): MARRAKECHAlmorzo buffet no hotel. Traslado a Marrakech.Visita á nouvelle ville e outros barrios de Marrakech, incluída a medersa de Marrakech e o Palacio El Badi.Regreso para xantar no hotel.Para finalizar a nosa viaxe por Marrocos que mellor que gozar dunha fantástica cea nun Palacio do s. XVII da Medina, con Orquestra árabe Andalusí durante a velada.Finalizada a cea, regreso ao hotel e aloxamento no RIAD BAHIA SALAM.

DÍA 10 de abril (martes): MARRAKECH- MADRID- A CORUÑAAlmorzo no hotel. Á hora indicada traslado ao aeroporto de Marrakech. Asistencia nas formalidades do aeroporto e voo de regreso. Chegada e fin dos servizos.

3