lípidos na dieta humana

28
LÍPIDOS NA DIETA HUMANA Carmen Campos Campos Andrea Nimo Mallo 2ºA BAC

Upload: naturaxiz

Post on 15-Apr-2017

244 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lípidos na dieta humana

LÍPIDOS NA DIETA HUMANA

Carmen Campos Campos

Andrea Nimo Mallo

2ºA BAC

Page 2: Lípidos na dieta humana

ÍndiceIntrodución.

Que son os lípidos?

Tipos de graxas nas dietas.

Colesterol.

Lipoproteínas.

CM

VLDL

IDL

LDL

HDL

Colesterol “bo” e colesterol “malo”.

O colesterol e os problemas cardiovasculares.

Page 3: Lípidos na dieta humana

Introducción: Que son os lípidos?As graxas ou lípidos son compostos orgánicos formados por carbono, osíxeno e hidróxeno, insolubles en auga e solubles en líquidos orgánicos. Algúns son substancias apolares, e polo tanto son totalmente hidrófobas, e outros son substancias anfipáticas, con parte da molécula hidrófoba e parte hidrófila.

Tradicionalmente os lípidos clasifícanse en saponificables e non saponificables. Os ácidos graxos e as moléculas que os conteñen denomínanse lípidos saponificables. A outra parte dos lípidos que non son nin conteñen ácidos graxos chámanse lípidos insaponificables.

Page 4: Lípidos na dieta humana
Page 5: Lípidos na dieta humana
Page 6: Lípidos na dieta humana

Tipos de graxas nas dietas SaponificablesAs graxas máis importantes dende o punto de vista nutricional son os

triglicéridos, os fosfolípidos e o colesterol. Son nutrintes que aportan enerxía ao organismo, constitúen a reserva no texido graxo ou adiposo e colaboran na regulación da temperatura corporal.

Triglicéridos: formados por un glicerol unido a tres ácidos graxos. Almacenan enerxía.

Fosfolípidos: conteñen fósforo (parte hidrófila) e dúas cadenas de ácidos graxos (parte hidrófoba). Forman unha bicapa que constitúe a base da membrana celular.

Page 7: Lípidos na dieta humana

Colesterol: lípido esteroide con varias funcións, como estabilizar a membrana celular e formar hormonas esteroideas (estróxeno, testosterona, cortisona...).

Ácidos graxos

Son as unidades básicas dos lípidos saponificables, e consisten en moléculas formadas por unha larga cadea hidracarboada (CH2) cun número par de átomos de carbono (2-24) e un grupo carboxilo (COOH) terminal. A presenza de dobres enlaces no ácido graxo reduce o punto de fusión. Os ácidos graxos son substancias anfipáticas, xa que o grupo carboxilo é polar, e polo tanto hidrófilo, e a cadea alifática é hidrófoba. Estos, divídense en saturados e insaturados.

- Saturados: Non presentan dobres enlaces entre os carbonos da cadea hidrocarboada. Teñen temperaturas de fusión elevadas e, a temperatura ambiente, son sólidos. Os máis destacados son o palmítico e o esteárico. Entre estas, podemos atopar a manteiga de porco, os embutidos, os queixos curados, etc.

Page 8: Lípidos na dieta humana

Insaturados: Son aqueles que teñen un dobre enlace entre os carbonos da cadea hidrocarbonada. A súa temperatura de fusión é máis baixa ca a dos saturados e, por iso, a temperatura ambiente son líquidos. Segundo o número de insaturacións, diferénzanse dous grupos: os monoinsaturados e os poliinsaturados.

+Os monoinsaturados só teñen un dobre enlace; o máis importante é o oleico.

+Os poliinsaturados teñen varios dobres enlaces.

Nos mamíferos, tres ácidos poliinsaturados (o linoleico, o linolénico e o araquidónico) non poden ser sintetizados polo organismo; non obstante, a súa presenza é necesaria para o seu funcionamento, polo que teñen que ser inxeridos na dieta; estes ácidos denomínanse ácidos graxos esenciais.

Page 9: Lípidos na dieta humana
Page 10: Lípidos na dieta humana

As graxas TRANS: Son graxas monoinsaturadas que foron procesadas e son perxudiciais para a saúde porque ocasionan cambios nos radicais libres. Entres estas están o aceite de palma, as margarinas e as manteigas que conteñen graxas hidroxenadas.

Page 11: Lípidos na dieta humana

Ácidos graxos esenciais

Denomínanse “graxas boas” e son o Omega 3 e o Omega 6. Son un grupo de ácidos graxos que o organismo non pode sintetizar e que teñen que ser inxeridos a través dos alimentos ou de complementos. Diferénzanse dos non esenciais en que estos últimos pode obtelos o organismo a partir de carbohidratos, proteínas ou alcoles.

+Omega 3: teñen un enlace dobre entre os carbonos 3 e 4 (comezando polo extremo metilo, o oposto ao grupo carboxilo). Atópase no peixe axul, en frutos secos como noces e aguacates; en semillas (calabaza, lino e cáñamo); en ovos de galiña, lácteos e carnes orgánicas.

+Omega 6: teñen un dobre enlace entre os carbonos 6 e 7. Atópase en semillas e aceites (aceite de xermen de trigo, semillas de calabaza, de cáñamo e sésamo). Tamén se atopa en froitos secos.

Page 12: Lípidos na dieta humana
Page 13: Lípidos na dieta humana
Page 14: Lípidos na dieta humana

InsaponificablesOs esterois: Pertencen a un grupo de lípidos insaponificables

( non conteñen ácidos graxos) denominados esteroides.

A estrutura dos esterois é a dun núcleo de esterano que ten catro aneis fusionados: tres deles con seis carbonos e un con cinco; no carbono 3 leva un grupo hidroxilo e unha cadea alifática de oito carbonos no carbono 17. O máis importante é o colesterol.

Existen moitos máis tipos de lípidos, mais nesta ocasión non os trataremos posto que non teñen relación coa dieta.

Page 15: Lípidos na dieta humana

EsteranoEsterol

Page 16: Lípidos na dieta humana

Graxas procesadas. Non consumir alimentos ricos en graxas hidroxenadas ou trans que bloquean o uso de graxas esenciais que se atopan las margarinas, patatas fritas, bolería, biscoitos, pasteis, tartas, chocolates, frituras, etc.

Consumo excesivo de graxas saturadas de carnes graxas, embutidos, queixos moi maduros, lácteos e ovos.

Aceites recalentados que deben protexerse da luz e da calor gardándoos nun armario interior de cociña ou nun refrixerador.

Graxas que se deben evitar na alimentación

Page 17: Lípidos na dieta humana

ColesterolO colesterol é un lípido esteroide que se atopa nos texidos corporais e no plasma sanguíneo dos vertebrados. ¾ partes é producido polo mesmo organimo, mentres que o resto provén dos alimentos inxeridos.

É esencial para formar a membrana plasmática, reguladora da entrada e saída de substancias na célula. Tamén participa na formación de vitamina D (esencial no metabolismo do calcio), de hormonas sexuais (estróxenos, proxesterona e testosterona) e esteroideas (cortisol e aldosterona), etc.

Como este lípido é insoluble en auga, só existe en forma de macromoléculas chamadas lipoproteínas (solubles), que fixan e transportan grandes cantidades de colesterol.

Page 18: Lípidos na dieta humana

Lipoproteínas

Page 19: Lípidos na dieta humana

Como os lípidos teñen menor densidade que as proteínas, canta maior proporción de lípidos teña unha lipoproteína, menor será a súa densidade. Entón, podemos clasificar as lipoproteínas da seguinte maneira:

Page 20: Lípidos na dieta humana

Quilomicróns (CM): son as de menor densidade, están fabricadas polos enterocitos (células da mucosa intestinal) e encárganse do transporte do colesterol. Do intestino saen condutos linfáticos que levan os CM cos lípidos procedentes da absorción intestinal. Estes condutos conflúen no conduto torácico, que se une ao torrente sanguíneo cerca da entrada da vena cava superior, onde o contido da linfa pasa á circulación sanguínea sistémica.

O sangue osixenado sae do corazón pola arteria aorta e reparte o contido por texidos de todo o corpo que absorben o colesterol sen que este pasara antes polo fígado. Quedan restos de lípidos nos CM que pasan a chamarse remanente de quilomicróns que, finalmente, chegan ao fígado pola arteria hepática, onde o colesterol que quedaba se absorbe.

Page 21: Lípidos na dieta humana

A partir de hidratos de carbono, principalmente, o fígado fabrica colesterol e ácidos graxos, cos cales fabrica triglicéridos e fosfolípidos, que son exportados nas lipoproteínas de moi baixa densidade (VLDL).

Durante o seu percorrido polo sangue, o contido lipídico e algo de colesterol transfírense aos texidos (e tamén ás HDL), polo que as VLDL aumentan de densidade e convírtense progresivamente en lipoproteínas de densidade intermedia (IDL), que serían remantentes de VLDL, e lipoproteínas de baixa densidade (LDL), remanentes de IDL.

Nesta cadea de conversión, a proporción de colesterol aumenta e o resto de contido lipídico disminúe, ao mesmo tempo que a fracción proteica aumenta. Entón, o LDL reparte o colesterol e os lípidos aos texidos e as proteínas que quedan son destruidas polos macrófagos.

As proteínas de alta densidade (HDL) teñen poucos lípidos, pero moita afinidade polo colesterol, polo que o recollen dos texidos e das arterias e van ao fígado para eliminalo.

Page 22: Lípidos na dieta humana

As LDL teñen menos afinidade polo colesterol que polas proteínas de texido conectivo das paredes das arterias, polo que poden desprender alí o seu colesterol e, desta maneira, formar placas. Por isto se fala de “colesterol malo”. En cambio, as HDL teñen máis afinidade polo colesterol que as LDL, polo que o extraen dos texidos e das placas formadas polo colesterol das LDL e lévano ao fígado para eliminalo.

É dicir, as HDL retiran o colesterol deixado polas LDL das arterias, evitando unha posible aterosclerosis, por iso se denomina “colesterol bo”.

Pero é un erro crer que unhas sexan beneficiosas para a saúde e outras non. Según estudos científicos actuais, o único indicador de boa saúda que hai que ter en conta é o “colesterol total” (xunto con outros factores), que sería menor de 200 mg/dL.

“Colesterol bo” e “colesterol malo”

Page 23: Lípidos na dieta humana

O colesterol e os problemas cardiovasculares

Hai moita controversia neste tema.

Tradicionalmente, críase que un nivel alto de colesterol supoñía padecer enfermidades cardiovasculares e mesmo cerebrais pero, actualmente, hai moitos estudos que desminten este pensamento.

Page 24: Lípidos na dieta humana

Para coñecer máis debemos engadir novos conceptos:

LDL-P: nº total de partículas que transportan o colesterol.

LDL-C: colesterol LDL total que é transportado.

HDL-P: nº total de partículas que recollen o colesterol sobrante.

HDL-C: colesterol HDL total que é recollido.

Cando falamos de colesterol alto ou baixo nas análises referímonos ao HDL-C e ao LDL-C, centrándonos máis no LDL-C (que non o miden, senón que o calculan). Sen embargo, teríamos que prestar máis atención ás LDL-P (veremos o porqué máis adiante).

A aterosclerosis comeza cando o colesterol se infiltra (porque unha LDL “a puxo” aí) baixo as paredes dunha arteria, o que desencadea inflamacións que poden derivar na acumulación de placa e, consecuentemente, na obstrucción da arteria.

Page 25: Lípidos na dieta humana

Entón, o noso sistema inmunolóxico detecta o problema e acuden macrófagos para “arreglalo” (polo que estes fagocitos aumentan de tamaño). Se estes problemas se repiten constantemente, o crecemento dos macrófagos pode ser tan excesivo que chegan a “reventar”, volcando o contido nas paredes arteriais (derivando na formación de placa). É dicir, o propio sistema inmunolóxico empeora a situación ao loitar contra unha inflamación constante.

Aínda que non se se coñezan todos os factores, si se sabe que as LDL-P son moi importantes xa que, se hai moita LDL-C en poucas LDL-P, hai menos probabilidade de que estas volquen o contido nas arterias (se o fan os macrófagos adoitan actuar sen ningún problema colateral) que se hai moitas LDL-P e pouco LDL-C.

Xeralmente as LDL-P son de pequeno tamaño, entón o corpo necesitará máis para transportar o colesterol necesario, polo que aumenta o número destas partículas.

Page 26: Lípidos na dieta humana

Triglicéridos: outro factorO aumento destes (que tamén son transportados por lipoproteínas) aumenta, á súa vez, a produción de LDL-P. Polo tanto, se se reducen os carbohidratos refinados minimizarase o risco de formación de placa.

Como sabemos que as graxas adoitan xenerar partículas LDL de maior tamaño (menos daniñas) e os carbohidratos refinados, LDL máis pequenas (máis perigosas), son estes os maiores culpables dos problemas cardiovasculares (sen ter en conta outros factores).

Logo, os carbohidratos que causan problemas metabólicos (obesidade…) son os mesmos que contribúen a enfermidades cardiovasculares, e non o colesterol, como pensabamos.

Page 27: Lípidos na dieta humana

Vídeos resumen: as graxas nas dietas

Page 28: Lípidos na dieta humana

Bibliografíahttp://www.plancuidatemas.aesan.msssi.gob.es/conocelagrasa/tipos-de-grasas.htm

http://www.alimentatubienestar.es/importancia-de-las-grasas-en-la-alimentacion/

http://www.sanitas.es/sanitas/seguros/es/particulares/biblioteca-de-salud/dieta-alimentacion/nutricion/san005036wr.html

http://anatomia1bach.weebly.com/uploads/8/8/5/7/8857465/tema_2.pdf

https://es.wikipedia.org/wiki/L%C3%ADpido

https://nxbio2bac.wordpress.com/acidos-graxos/

http://www.metabolismo.biz/web/3-transporte-del-colesterol/https://es.wikipedia.org/wiki/Lipoprote%C3%ADna#Quilomicroneshttp://bibliotecadigital.ilce.edu.mx/sites/ciencia/volumen3/ciencia3/140/html/sec_7.htmhttp://www.monografias.com/trabajos16/lipoproteinas-sanguineas/lipoproteinas-sanguineas.shtmlhttp://www.fitnessrevolucionario.com/2013/08/02/mitos-y-verdades-sobre-el-colesterol-y-las-enfermedades-cardiovasculares/