lajartiño13

22

Upload: illa-tecnoloxia

Post on 24-May-2015

1.202 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lajartiño13
Page 2: Lajartiño13

2

Lagartiño 2013

ÍndicePortada Adriana Cores

Editorial 2 Carmén Loureiro

As torturas mediavais 3 Alumnado 2º

Plantas da Arousa 6 Rita Poza Cores

Entrevista a Manuel Gago 8 Miriam Rial

Cinco desenlaces.... 10 Alumnado de 1º

Namorando 12 Lingua galega 3º

Proxecto dereitos humanos 13 Biblioteca

Londres , unha viaxe..... 14 Alumnado de 4º

O dereito humano a auga 15Alumnado de 1º

Unha Illa de ximnastas 16Alumnado de 3º PDC

As novas tecnoloxías e nós 18Alumnado de 3º A

Tiñamos máis.... 20

Contraportada

REDACCIÓN - EQUIPO Normalización lingüistica

OS DEREITOS HUMANOS ANDAN TORTOSOs dereitos humanos non camiñan dereitos,

utopicamente falando, os dereitos humanos existennas páxinas do libro dos Dereitos Humanos,

pero fora do libro:Os Dereitos Humanos están tortos.

Manuel PachecoUn ano mais toca repensar o que deu de si este curso 2012-2013. Certamente, non é para felicitarnos se o miramos a nivel social, político e económico.Cada día nos levantamos coa alma en vilo á espera do que nos deparará a sorte, da nova sorpresa que aparecerá no prato do almorzo para facernos conscientes de cómo embeben paulatina e progresivamente os nosos dereitos.Hai anos tivemos o privilexio de escoitar unha inesquecible conferencia de Saramago no pazo da Cultura de Pontevedra. Levaba por título � Tocan a morte polo Dereito�. Daquela aínda non tiña comezado esta crise canceríxena que vai devorando o precario e tardío estado do benestar social que con tanto esforzo logramos tecer; pero ese título foi premonitorio e as palabras de Saramago foron tan atinadas que aínda hoxe soan nas nosas cabezas coma eses vibratos arrepiantes das badaladas das campás.Mais, que facer? ¿Como enfrontar dende a educación este proceso de ruína e ruindade que nos abafa? As respostas fáciles non serven. É preciso analizar os tres mecanismos naturais instintivos ante o perigo: loita- foxe – faite o morto.Facerse o morto, e dicir, �pechar os ollos� ante o que está a ocorrer, é unha temeridade que nos arrisca a ser levados pola corrente como as follas mortas do último outono. Cando nos demos conta estaremos indefensos no mar infindo da multitude solitaria e insolidaria.O medo é a estratexia da que se valen algúns depredadores humanos para producir en nós a �indefensión aprendida�, que nos fai aceptar mansamente medidas que noutrora nin se atreverían a mencionar. Como o ratiño que deixa de moverse e acepta docilmente a inanición e a morte, cando comproba que vaia onde vaia, no recinto que lle está asignado, recibe descargas eléctricas. A idea e inocular a crenza de que fagas o que fagas, non vas poder cambiar a situación, así que tanto ten, abandona ou foxe.Mais nós non queremos fuxir, nin mirar para outro lado, así que non queda outra que loitar. A pregunta é como facelo sen caer nas trampas da violencia, as medias verdades, as manipulación dos medios, os líderes oportunistas … e os fatalismos, sementados, alimentados e cultivados coa fin de paralizarnos.Educar na resistencia á frustración; no coñecemento de nós, das nosas fortalezas e debilidades; alimentar a estima e o respecto por as persoas que nos rodean; apostar pola cohesión dos grupos nos que desenvolvemos diariamente as nosas vidas; exercer o pensamento crítico para xulgar o que vai mal e o que vai ben, con criterios obxectivos e probas consistentes; promover procesos creativos que nos permitan acadar mais e mellores solucións aos problemas con que nos retan as circunstancias. E sobre todo, cultivar a empatía para poñernos no lugar dos que o están a pasar peor, imaxinando como nos gustaría ser tratados de estarmos no seu caso. En definitiva, coidar de nós, das persoas próxima e das que non o están tanto, do patrimonio natural e cultural que recibimos … por iso merece a pena educarnos educando, por iso esta comunidade do IES da Illa de Arousa se move cada día e, neste ano de �dereitos que andan tortos�, se empeñou en levar a diante un Proxecto de centro sobre os Dereitos Humanos, promovido dende a Biblioteca e secundado por todas as persoas que a compoñemos.A mellor ferramenta que podemos ofrecer neste intre é unha educación de calidade que nos faga conscientes dos nosos dereitos e firmes defensores da súa vixencia. Debémosllo ás xeracións pasadas que loitaron por eles, a costa, moitas veces , de suor e sangue; debémosllo ás xeracións futuras que terán que soportar as consecuencias dos nosos acertos ou erros; e por suposto, a nós, por necesidade de supervivencia, xustiza e dignidade.

Na Illa de Arousa a 23 de Xuño de 2013

Page 3: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

3

É sabido por todo o mundo que as alumnas e alumnos que este

ano cursan 2º da ESO son un grupo humano moi xeitoso. Son traballadores (sempre hai algunha nota de cor, como non), obedientes (quen algunha vez non se desmelenou?) e dá gusto traballar con eles (algún aínda non ten moi claro o significado deste verbo, pero todo se andará).Tamén, a estas alturas do curso, todos sabemos que este ano traballamos os DEREITOS HUMANOS, nas diferentes materias e dun xeito interdisciplinar, sempre que se deu a ocasión.Así que sumando as dúas anteriores premisas máis a materia de Historia deunos coma resultado: OS INSTRUMENTOS DE TORTURA MEDIEVAIS. Era visto.Que ser humano non fantaseou algunha vez con algún profe como protagonista dunha historia de terror e vítima dun aparello enrevesado e diabólico? Os profes xamais imaxinan tormentos varios cando corrixen exames e len barbaridades dignas dunha peli de Mortadelo e Filemón, despois de ter explicado un millón de veces esa cuestión: lóxico, pensaredes, eles non son moi humanos.Pois dito e feito. Propúxoselles a idea de viaxar á Idade Media, inventar unha historia

correctamente ambientada onde o protagonista tivera que ser sometido a tormento nunha máquina elaborada con tal fin. Ademais da investigación histórica, estaba a tecnolóxica, xa que construíron a súa maqueta correspondente. En Cidadanía aprenderon que dereitos humanos se vían directamente atacados.Como produto final, o derradeiro día de clase, exporanse para que toda a comunidade educativa poida “gozar deles”. Nun gran mural colocarán a historia, os dereitos humanos e o nome do instrumento e ao seu carón a maqueta. Lástima que a nosa máquina do tempo estea prestada, porque o divertido sería ver como se torturaba de verdade, sentir os berros agónicos, cheirar a carne queimada, olelo sangue é que me entusiasmo .

AS TORTURAS

MEDIeVAiS NO

IES

Page 4: Lajartiño13

4

Lagartiño 2013

Cuna de XudasTenedor do herexe

Aplasta craneos

Cinturónde

castidade

Potro español

Touro de Falaris

Carro de reos

Potro

Xaula

Page 5: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

5

Flauta do alborotador

Empalado

Sambenito

Garrucha

Picota en tonel

Serra

Silla de interrogatorios

Ferramentasvarias

Doncela de ferro

Violón dascomadres

A rata

Page 6: Lajartiño13

6

Lagartiño 2013

Llantén: Serve para cando temos catarro e se a ferves 3 minutos cunha taza de auga tres veces ó día desaparece o catarro e sénteste como máis liberado. Tamén para as feridas malas de quitar. Se sangras e a pos na ferida para no momento sen necesidade de puntos e desinfecta e limpa.

Dente de león : Pódese comer a flor na ensalada, tamén faise mermelada e é moi boa inda que non ten moito sabor. Moitas das súas propiedades tenas na raíz.

PLANTAS DE AROUSA

( Benita )

A nosa informante para a realización deste traballo foi Benita García Dios, natural de Arousa. Con 12 anos comezou a traballar na conserveira. Foi sindicalista. Ademais foi axudante de comadrona e coidou persoas maiores.

Anda moito en bicicleta. Moi afeccionada ás plantas tanto polo seu valor terapéutico como nutritivo.

Page 7: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

7

Malvavisco: Cómese a flor e máis uns “quesitos” que aparecen se lle quitas as follas.Estas poden meterse na tortilla ou ferver como as verduras. As follas trátanse como as espinacas, na tortilla máis brandas que nas ensaladas.

As plantas teñen moitos usos: medicinais, culinarias, decoración,... Benita come moitas destas herbas dende ben pequena. Non toma medicamentos, nin compra champú, usa as plantas.

recollido por Rita Poza Cores

Romeu: Serve para facer champú e quita todas as enfermidades. Tamén cócese un pouco de romeu e botáselle mel para tomalo en infusión.

Celidonia: Cura o herpes aplicando a herba ata que apareza un líquido amarelo.

Llantén grande: Non é tan vistosa e está todo o ano.

Salicornia: Ten un 40% de proteínas e sabe ben.

Pirixel de mar: Sabe mal.

Estrugas: Son boas para o pelo, crece máis, brila. Tamén para o reúma, a tos, para as potas con verdura... Para botalo no pelo hai que coce-las follas.

Page 8: Lajartiño13

8

Lagartiño 2013

-Como é que sendo periodista chegaches ata aquí?E é que a el xa desde pequeno gustáballe o tema das pedras, en un momento da súa vida tivo que escoller e o que el fixo foi xuntar a súa paixón co seu traballo e desa forma podía seguir as escavación e seguir sendo periodista.

-Onde empezaches a escavar?Empecei a escavar en Neixón na comarca do Barbanza, escavou xunto con outra xente unha cabana moi antiga do século sétimo que tiña

enterrando xusto diante da porta un caldeiro da bronce.

-Que che levou a facer estes estudos?O que me levou a facer estes estudos foi a paixón por coñecer a nosa historia, o noso pasado e o divertido que é porque está cambiando continuamente, é como un libro de misterios sen finE cando estas nun pavimento e comezas a limpalo volve a cheirar durante uns segundos dunha forma parecida a como cheiraba fai dous mil anos.

Entrevista a Manuel

Gago

INTRODUCIÓN:O pasado mes de maio, no auditorio da Illa de Arousa os alumnos e o profesorado do IES Illa de Arousa fomos a unha conferencia de arqueoloxía feita por Manuel Gago, periodista e profesor. Despois da charla uns alumnos de primeiro A: Jenni, Miriam, Miguel, Asier e Silvia fixéronlle unha entrevista.

Page 9: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

9

-Que se sente ao estar rodeado de cousas tan antigas?E o sentimento que se sente son as ganas de coñecer máis. E tenche que levar a facer preguntas; como chegou isto ata aquí?, que fai aquí?

-Sempre che gustou este mundo?Sempre estivo metido en ese mundo xa desde pequeno e o que antes era unha simple afeción agora como un segundo traballo que comparte cos mellores historiadores de Europa.

-Cantos anos levas coa investigación?E afirmou que levaba arredor dos trinta e un anos coa investigación

-Nas túas investigacións atopaches algún obxecto que che parecese sobresaínte?Si, afirmou moitas veces atópanse obxectos que non te esperabas en absoluto.

-Que é o que se che ven a cabeza cando ves restos tan antigos?E sempre intenta pensar na xente que había no seu tempo detrás

-Levas moitos obxectos descubertos?Leva miles de obxectos descuberto pero, hai que ter en conta que non todos valen.

-Sentes moita satisfacción ao descubrir os obxectos?Afirmou que si pero que se sente máis o descubrir os lugares, porque che leva a pensar que é o que sucedeu aí. Miriam 1ºA

Page 10: Lajartiño13

10

Lagartiño 2013

[…], vingaríase de todos os que lle molestaran: pais, can, avoa... A Carapuchiña azul tiña a teima de pensar en alto ( falar o que pensa ) e, nunha destas viaxes xunto a avoa fíxoo:-Afogarei á avoa coa carapucha, cortareille o rabo ao can, roubareille os cazadores e escaparei de casa, jajajajjaa!!O bo do can, que o escoitara todo, chamou os personaxes doutros contos para que lle axudaran: a Cincenta, a Brancaneves, os sete ananos, os tres porquiños e a moitos príncipes e princesas de diversos

contos. O can sabía o que lle pasaba a Carapuchiña, tíñalle que cambiar de cor a carapucha! Branco, moi transparente, negro, peor, o vermello era perfecto, a cor do amor! Puxéronse todos a coser e, nunha persecución coa carapucha, lograron alcanzala e poñerlla por detrás. E, a Carapuchiña, (agora vermella), foi boa para sempre , pero, a carapucha azul, quedou no olvido é, temos un novo problema.-Eh!, coidado co can!

Manuel Antonio 1ºB

( ) Un día xurdiu unha macabra idea na malvada mente da nena. O plan consistía en coller a merenda que todos os días lle tiña que levar á avoíña e darlla ó can que todos os días ía xunto dela cando pasaba polo piñeiral. Cada día efectuaba o seu malvado plan. A avoíña non comía nada e o can estaba enfermo pois Caparuchiña , antes de darlle a merenda, botáballe veleno. Os pais de Carapuchiña comezaron a sospeitar, xa que a súa filla ía encantada levarlle a comida á avoa. Decidiron seguila e descubriron o do envelenamento do animal. Despois de que Carapuchiña marchase e sen

ser vistos, foron á casa da avoa que estaba a punto de morrer e á que lle deron alimento. Cando a avoa estivo recuperada, os pais regresaron á casa; pero cando cruzaron o piñeiral o can escoitou o que comentaban sobre o veleno e deuse conta do que sucedía. Rapidamente chamou ó seu amigo Manolo, o oso, para que o axudara. Cando Carapuchiña voltou xunto ó can a traerle comida, Manolo saiu de detrás dunha árbore e meteulle un bo susto, de maneira que nunca volveu ser mala e que dende ese día comezou a vestir de moitísimas cores.

Jennifer Fernández Novás 1ºA.

Cinco desenlaces para unha

CARAPUCHIÑAAZUL

Page 11: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

11

… Tiña pensado que ó día seguinte cando o can se achegase a el , darlle algo de comida e así amarralo a una árbore , para que pasase frio.Asi o fixo. Colleu un doce da merenda da avoíña e chamou polo can . Xa case o tiña amarrado cando nese momento chegaron varios cazadores e viron o que quería facer .

Estes colleron a Carapuchiña e deixárona amarrada á árbore, como ía facerlle ó can , só durante un pouco tempo . Carapuchiña colleu tanto medo que pensou que as bestas do bosque a ían comer . Dende aquela , grazas ao susto que os cazadores lle deron , foi máis boa e mostraba máis cariño ós demais .

Carlos Pouso Dacosta, 1ºB

...uns dias despois Carapuchiña xa argallara o seu plan.Ía matar a súa avoíña!Para non ter que levarlle a merenda nunca mais!E para iso necesitaba a axuda dun can de presa, que xa llo pedira ao seu veciño para despezar á avoa.De camiño casa da avoiña atopouse cun vendedor de motoserras, que lle dixo:-Nena, queres unha motoserra que están de oferta?

-Con 50€ chégame?

-Pois si.Toma a mellor que teño.Carapuchiña seguiu andando e de repente o San Bernardo que non era un can senon que era un axente da C.I.A intentouna deter por intento de asasinato.Nun principio non foi capaz, pero Carapuchiña ao ir cargada non podia mais e rendeuse.Despois o axente levouna ao carcere e non volveu a sair.E asi é como se acabou coa maldade en toda a vila.

Manuel Otero 1ºB

… Tiña pensado utilizar o can como transporte para non ter que camiñar. Agarrou o animal e

subíu encima.O canciño, desnutrido, non aguantou máis e caeu de costado. A nena caeu ao solo e petou coa cabeza nunha árbore. Carapuchiña perdeu o coñecemento.O can fixo o posible por levantarse e ir pedir axuda. Non era capaz, pero xusto nese intre, pasaban por alí os cazadores para darlle de comer

ó San Bernardo. O pobre canciño berrou. Os cazadores acudiron alí deseguida. O can explicoulles todo e non dubidaron nin un segundo en levar a Carapuchiña ó hospital. Xa alí a nena recobrou o coñecemento. O doutor díxolles que se ía recuperar. A nena non se acordaba de nada, pero dende aquel día volveuse boa e sempre lle levaba a merenda a súa avoa.

Iago Romero Vidal, 1ºB

Page 12: Lajartiño13

12

Lagartiño 2013

Na clase de Lingua e Literatura galegas, en 3º ESO, ideamos un obradoiro de cantigas medievais para poñer en práctica o aprendido sobre litertura medieval. A actividade consiste en elaborar as nosas propias cantigas, seguindo a temática e a forma que utilizaban os trobadores pero ambientadas na Arousa. Velaquí a proba das habilidades poéticas e da imaxinación d@s nos@s alumn@s:

Namorando

Sedia m’eu na fonte de Palmeira,conocino, alí, naquela beira.Namoreime na fontana

Sediam’eu, alí, marabillada,conocino estand’eu desesperada.Namoreime na fontana

Conocino, alí, naquela beira,e sentiam’eu moi senlheira.Namoreime na fontana

Conocino estand’eu desesperada,alí, na Praia da Area Secada.Namoreime na fontana

Alba Serantes e Manuel Oubiña

Por culpa daquela nortada,non puido volver de Cortegada.Quedín soínha xunta ao mar,oíndo o norte asubiar.

Non puido voltar o meu amigo,aquel que sempre durmía comigo.Quedín soínha xunta ao mar,oíndo o norte asubiar.

Non puido volver de Cortegada,e morreu naquela marexada.Quedín soínha xunta ao mar,oíndo o norte asubiar.

Aquel que sempre durmía comigo,nunca máis hei de ver o meu amigo.Quedín soínha xunta ao mar,oíndo o norte asubiar.

Noelia Suárez e Ana Otero

Page 13: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

13

Sediam’eu na fonte de Palmeira, buscando por ti, tristeira.E por que non vés, meu amigo?

Estaba eu na Praia de Camaxe,agardando que pasase a oleaxe.E por que non vés, meu amigo?

Sediam’eu entre as árbores do Carreirón,esperando por ti, meu coraçom.E por que non vés, meu amigo?

Estand’eu na Punta do Faro.Por fin che vin, meu namorado.E por que non vés, meu amigo?

Lydia Fdez. e Nicolás González

O Proxecto que traballamos este cur-so leva por título Dereitos Humanos. Tráta-se dunha serie de actividades que levare-mos a cabo ao longo do curso, escollendo como eixo central os Dereitos Humanos e o seu incumprimento. Este proxecto está coordinada pola biblioteca do centro e conta coa participación dunha gran maio-ría do profesorado. Deseñamos as seguin-tes actividades:

• Actividades compartidas, nas que participa todo o centro: exposición “Un mundo inxusto”, proxección de audiovi-

suais, traballando a violencia de xénero, Semana da Paz, Festival dos Dereitos...

• Actividades propias de cada ma-teria, integrando o tema dos Dereitos na programación curricular: Dereitos lingüís-ticos, Arte e Dereitos Humanos, Liberdade de Expresión, escolma de obras nos clubs de lectura bibliarousa...

• Festival Fin de Curso no que se expoñerán os diferentes materiais elabo-rados ao longo do curso e celebraremos xogos, exposicións, xincanas

Proxecto Dereitos

Humanos

Page 14: Lajartiño13

14

Lagartiño 2013

Domingos mortos de sono sete meses traballando24.000 croasáns vendidos na Arousae trescentas flores de Pascua.Ninguén cría que o conseguiriamosPero aquí estamos!Conta atrás nas axendas,só quedan tres semanas, dúas, unha… queda un só día. Venres cinco por fin!Maletas, bolsas, mochilas de cores, Nervios, alegría, emoción. Londres cidade de película,rúas ateigadas, tráfico imposible,mil imaxes, un millón de fotos.

A Torre de Londres, Buckingham Palace, Camdem…maratón con Juliana,Museo Británico, Trafalgar Square, The London Eye,shopping, shopping… Hotel por fin! noites sen durmir, carreiras no hall, habitacións abarrotadas seguratas nos corredores e Isidoro cantando as mañanitas do Rei David, Teresa facendo de enfermeira. E chegou o finalcon susto, con estrés, con tristeza

Londres unha viaxe cara á

felicidade

Page 15: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

15

O alumnado de 1º ESO, na clase de Ciencias Naturais, fixemos un traballo sobre o dereito humano á auga.

O 28 de xullo de 2010 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas recoñeceu explícitamente o dereito humano á auga e ao saneamento, reafirmando que unha auga potable limpa e o saneamento son esenciais para a realización de todos os dereitos humanos.

Pero, sabías que …?

Na África Subsahariana rural, millóns de persoas comparten fontes de auga doméstica cos - animais e dependen de pozos sen protección que son foco de enfermidades infecciosas.A distancia media que camiña unha - muller en África e en Asia para recoller auga é de 6 quilómetros.O uso medio de auga por persoa e día na maioría dos países de Europa é de 200/300 litros - de auga. En países de África como Mozambique é de menos de 10 litros. As persoas que teñen unha fonte a máis de 1 quilómetro disponen de menos de 5 litros dunha auga moitas veces insalubre.A auga non potable e un saneamento deficiente son a 2ª causa de morte infantil no mundo.- A día de hoxe cerca de 700 millóns de persoas procedentes de 43 países diferentes non - disponen de auga suficiente e potable.No ano 2025, 1800 millóns de persoas vivirán en países con escaseza absoluta de auga.- Na África Subsahariana concéntrase o maior número de países con insuficiencia de auga.-

O DEREITO HUMANO Á

AUGA

Page 16: Lajartiño13

16

Lagartiño 2013

Unha illa de ximnastas

Coñecemos un pouco mellor o Club Ximnasia Arousa

O Club Arousa é un club de ximnasia rítmica. Ten a súa sé n’A Illa de Arousa, un concello situado ao suroeste de Galicia, na provincia de Pontevedra.

O club comezou a realizar esta actividade no ano 2000, con apenas unhas 20 nenas en nivel de escolas de iniciación. Hoxe en día son máis de 60, distribuidas nas seguintes categorías: escolas de iniciación, escolar, promoción, base e federado. As idades das deportistas comprenden dos 4 ata os 20 anos.

O Club conta cun adestrador, ximnasta tamén na categoria de federado. Participa en competicións tanto a nivel galego como nacional.

Se unha nena está interesada na Ximnasia Rítmica, comeza participando nas actividades extraescolares, que hai un día á semana. Nesas sesións, a adestradora decide que deportistas teñen a flexibilidade, elasticidade e forza que necesita unha ximnasta para entrar no club. As rapazas incluidas nas categorías de promoción adestran todos os días menos os martes, que o club adica a actividades extraescolares, e os domingos, día de descanso para todas.

Neste deporte utilízanse varios aparatos, cada um coas súas dificultades: a corda, a cinta, as mazas, o aro e a pelota. Tamén existe a modalidade de mans libres (sen ningún

aparato), que é na que comezan as máis pequenas.

Sara Mougán coa cinta

O aparato de cordaPaula Fernández coas mazas

O adestrador coa pelota

Page 17: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

17

Unha vez que integran o Club, as deportistas incorpóranse ás diferentes categorías de promoción: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, junior ou cadete e senior. As ximnastas de promoción son ls que van por toda Galicia a participar en torneos e competicións. O club Ximnasia Arousa conta con campioas galegas en conxunto e en individuais, o cal é un grande éxito tendo en conta que é un Club pequeno.

As ximnastas de base e federado poden chegar a ser campioas de España. Para iso, teñen que pasar unha primeira fase, no campionato galego e, dependendo da puntuación, pasar

ou non ao Campionato de España, que habitualmente se celebra en Zaragoza.

Lara Cousido, Arancha Rial, Marta Leiro e Ana Martínez 3ºPDC.

Entrevistamos a Lara Cousido, unha das ximnastas que participa nos torneos que se celebran por Galicia.

En que campionatos participas?-Compito nos da provincia de Pontevedra, despois no galego, que se celebra en Ourense e que é o máis importante, por riba do Provincial.

A que idade comezaches na ximnasia rítmica? -Aos 7 anos anoteime ás actividades extraescolares, e nese mesmo ano entrei no club.

Cantos anos levas no club?- Con este, oito anos.

Por que che gusta a ximnasia rítmica?-Porque é un deporte moi elegante no que fas varios aparatos; e tes que ir a torneos, e a min iso gústame porque son bastante competitiva.

Que aparato é o tu prferido?-A cinta. Porque é moi bonita, e loce moitísimo no tapiz.

Jenny Fernández co aro

Lara Cousido

Page 18: Lajartiño13

18

Lagartiño 2013

Un videoxogo é un conxunto de obras artísticas, literarias e científicas creadas por un autor ou en colaboración por varios autores ou colectivamente baixo a dirección dunha persoa natural ou xurídica. Estas obras son programadas posteriormente e compiladas grazas ao software sen ser considerado o videoxogo como un programa de ordenador nin como unha obra audiovisual, tendo un tratamento diferenciado .

Hai un debate sobre os videoxogos. As persoas que están en contra deles pensan que estes fomentan:

-Tendencia cara a violencia: Algúns nenos non teñen a capacidade de entender a diferencia entre aquilo que observa na pantalla e o que é real; por iso hai nenos que se volven violentos, ou polo menos, iso din, pode que sexa outro o motivo, pero leva a culpa o videoxogo.

-Obesidade: A utilización dos videoxogos relacionouse co problema da obesidade nos nenos. Canto máis tempo están os nenos sentados xogando con consolas, menos probable será que saian a realizar exercicio e practicar algún deporte.

-Illamento Social: Hai niños que prefiren quedarse en casa xogando que sair cos seus amigos. Ao final van reducindo as súas saídas ata case non ter relación con ninguén.

-Mal Desempeño Escolar: Os nenos que xogan moitas horas con videoxogos, poden descoidar os estudos. Existe unha correlación entre o tempo utilizado para xogar con videoxogos e o éxito. Xogando é fácil que o tempo se pase rápido e que non sexamos conscientes do tempo que botamos diante da pantalla.

No outro punto do debate están as persoas que están a favor. Estas pensan que os nenos e adolescentes comezaron a interactuar cada vez máis naturalmente coas novas tecnoloxías; as mesmas que asustan e que xeran tanto fascinación como preocupación por parte dos adultos responsables da educación dos nenos.Na actualidade, o uso de videoxogos supera calquera outro medio de entretemento. Nenos e adolescentes, certamente, prefiren os videoxogos, xa que implica tanto desenvolver as súas habilidades en relación á tecnoloxía e os medios electrónicos, así como desenvolver destrezas para encontrar a lóxica oculta do xogo.

A miña opinión? Creo que os videoxogos son bos. Como en todo, depende da dose e do tempo que lles adiques. Porque eu xogo e non estou gordo nin abandonei aos meus amigos. E total, aínda que sexa verdade todo iso da obesidade ou a agresividade, seguiremos xogando igual.

Manuel Estévez, 3ESOA

As novas tecnoloxías e nós

Videoxogos, bos ou malos?

Page 19: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

19

As novas tecnoloxías e nós

Teléfonos móbiles, antigos ou modernos?

Actualmente, en España, un 95% da xente ten teléfono móbil. Segundo a Wikipedia, actualmente as persoas novas e a maior parte dos adultos ata os 45 anos aproximadamente, utiliza os teléfonos móbiles de terceira xeración (tecnoloxía 3G) e as persoas máis vellas somente necesitan o teléfono móbil para chamar e recibir chamadas, é dicir, comunicarse falando.

Hoxe en día, case a metade dos nenos entre os 6 e 10 anos posúe un aparato de telefonía móbil, cifra que se eleva a preto dun 80% en preadolescentes. As persoas maiores utilizan os teléfonos móbiles unicamente para chamar e recibir chamadas, a diferencia da xente nova, que usa os dispositivos móbiles celulares de terceira xeración porque están de moda e teñen moitas aplicacións interesantes, como o whatsapp. A pesar de que os móbiles antigos non están de moda son mellores que os novos en algúns sentidos.

Na miña opinión, os teléfonos modernos son mellores que os antigos porque teñen moitas aplicacións interesantes e gratuitas que poden descargarse en moi pouco tempo e serven tamén como cámara e algúns case como ordenador, porque teñen conexión a Internet.

A favor dos teléfonos antigos podemos argumentar que non teñen case ningún tipo de fallo porque son máis sinxelos de fabricar. A batería dúralles moito máis porque como só se usan para chamar e recibir chamadas a pila pode aguantar ata unha semana sen recargar. En contra dos teléfonos de primeira xeración podemos dicir que só serven para chamar e recibir chamadas. Non contan con aplicacións, nin xogos, tampouco cámara de fotos, nin lanterna… A favor dos móbiles modernos podemos dicir que teñen aplicacións interesantes como a xa citada do whatsapp (que consiste en mandar mensaxes instantánea e gratuitamente a outras personas). Teñen conexión a Internet, boas cámaras e, o mellor de todo é que se vas de excursión, por exemplo, teñen incorporada a cámara e fan que non precises nin cargar cunha cámara de fotos nin con portátil.En contra dos teléfonos 3G podemos argumentar que se estragan facilmente, a batería aguanta moi pouco e veñen con bastantes defectos de fábrica porque son máis complicados de deseñar. Este tipo de móbiles, ademais, é máis propenso a ser roubado porque valen moito diñeiro.

Daniel Otero Treviño, 3ESOA

Page 20: Lajartiño13

20

Lagartiño 2013

TIÑAMOS MÁIS.........

Page 21: Lajartiño13

Arousa-Xuño 2013

21

Page 22: Lajartiño13