kalakia 35

8
35 agosto´09 Achegámonos ao mundo do deseño galego da man de Fabián Ben Facemos unha primeira escoita do novo disco de Carlos Núñez Seve Fernández Calaza analiza o futuro do audiovisual galego na rede Arturo Mosquera preséntase a todos nós á súa maneira Penetramos en galego no último traballo do Nobel Orhan Pamuk K olectivo critic Arte 07 06 08 03 04

Upload: a-peneira-xornal

Post on 13-Mar-2016

245 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Magazine cultural Kalaika

TRANSCRIPT

Page 1: Kalakia 35

35 agosto09

Achegámonos aomundo do deseñogalego da man de

Fabián Ben

Facemos unhaprimeira escoita do

novo discode Carlos Núñez

Seve FernándezCalaza analiza o

futuro do audiovisualgalego na rede

Arturo Mosquerapreséntase a todosnós á súa maneira

Penetramos engalego no últimotraballo do Nobel

Orhan Pamuk

K o l e c t i v o c r i t i c A r t e0706 0803 04

Page 2: Kalakia 35

agosto

092

Nova Galega deDanza_Tradicción_Falcatruada

Por se alguén aínda non os coñece, cómpre dicir que NovaGalega de Danza é unha compañía integrada por músicos ebailaríns, que sorprenderon a propios e estranos co seu últimoespectáculo, Tradicción (recentemente recoñecido co Premioda Crítica), e que agora preséntano en formato de audio parapechar a triloxía iniciada en 2003 coa montaxe Alento e conti-nuada en 2007 con Engado.

Son un total de once temas que nos ofrecen unha achegaao noso folclore dende unha plataforma sonora tinxida de mo-dernidade e vangarda, da sabia man de Pedro Lamas e Jaco-bo de Miguel, arreglistas e autores da banda sonora de Tradic-ción.Ao seu carón, músicos como os propios Jacobo e Pe-dro, ao carón de Xabier Díaz, Suso Iglesias, Toño Domín-guez, Ricardo Rozas, Juan Collazo ou Miguel Queixas.

Eva Montanari_Cantas pingas nacidade!_OQO

OQO Editora xa fai tempo que deixou de sorprender-nos cos seus traballos e só agardamos a ver como fan pa-ra mellorar a cada paso que dan. E nunca nos deixan malsabor de boca, senón todo o contratio. Tal é o caso desteCantas pingas na cidade! con texto e imaxes de Eva Mon-tanari, no que se recrea cunha especial carga poética aaventura que emprenden as pingas que preceden a unhapequena chuvieira.

A autora, que tamén é ilustradora, propón un traballoplástico de carácter escultórico con diferentes materiaisque se impón de forma espectacular e ocupa rotundamen-te a dobre páxina deseñada en función da verticalidadedas figuras humanas que representan unha batería de per-sonaxes fantásticos mimetizados coa cidade.

Lukas Santiago_O Neixón. Historia viva duncastro_Documental

Coa colaboración do Concello de Boiro e do Institutode Estudos Galegos Padre Sarmiento, vén de presentarsea que podemos considerar como a primeira longametraxedocumental arqueolóxica galega, na que se nos presentao castro do Neixón. Unha viaxe en torno a un espazo quefica vivo a pesares do paso do tempo como lugar da memo-ria colectiva.

Esta longametraxe, lonxe de presentar o castro doNeixón coma un fósil do pasado, procura a confluencia datradición e maila modernidade a traveso da arqueoloxía ea cultura popular, amosándonos unha manchea de olladasque conflúen neste curruncho da ría de Arousa.

A CoruñaFestival Noroeste Pop-Rock, coa actuación de La Unión, Hombres G, Ra-phael, No Way Out, The Hives...16 ao 18 de agosto (consultar programación).Praia de Riazor.

PontevedraRepresentación de Tren dos soños, a cargo de Els Comediants.9 de agosto ás 22:30 horas.Praza da Ferrería.

OurenseRecital de Joao Afonso Um redondo vocábulo27 de agosto, ás 22:30 horas.Praza Maior

O Grove_PontevedraConcerto de Alberto Pérez4 de setembro ás 23:00 horas.Náutico.

Chantada_LugoRepresentación de Imaxinarium plus, a cargo de Expresións Produccións.19 de agosto ás 22:30 horas.Parque Eloisa Rivadulla.

Vilagarcía_PontevedraExposición: La Divina Comedia de Salvador Dalí.Ata o 23 de agosto.Sala de Exposicións Antón Rivas Briones.

A CoruñaExposición George Nelson, arquitecto, autor, diseñador e mestre.Ata o 27de setembro.Fundación Barrié.

Vigo_PontevedraExposición colectiva Living tigether. Estratexias para a convivencia’.Ata o 20 de setembro.Museo de Arte Contemporáneo (MARCO).

Viveiro_LugoConcerto de Berrogüetto11 de agosto ás 23:30 horas.Praza Maior.

PontevedraExposición Os pintores de Artal, con obras de Sorolla, Fortuny, Madrazo,Rusyñol...Ata o 19 de setembro.Sede da Fundación Caixa Galicia.

Page 3: Kalakia 35

agosto09

3

Opasado 1 de xullo de 2009 in-augurouse o proxecto exposi-tivo Diálogos, no Pazo da Cul-tura de Pontevedra, que per-

manecerá aberta ao público ata o vindeiro30 de Agosto de 2009. Preséntase en Diá-logos unha peza de vídeo, resultado dotaller de tipografía experimental “O ollo narúa, sinais de identidade” realizado enSantiago coa colaboración do Centro Ga-lego de Arte Contemporánea, nas instala-cións do mesmo. A exposición “En tornoda Baskerville”, na que o libro “A imprentaen Galicia no século XIX” editado polaXunta de Galicia é intervido individual-mente por cada deseñador asociado áDAG, quedando como resultado outro li-bro distinto e/ou mesmo un obxecto com-pletamente diferente.

O groso de Diálogos é unha exposi-ción sobre marcas de recente creación enGalicia, resultado dunha convocatoriaaberta a tódolos deseñadores galegos,onde é clara a calidade e diversidade, quevai dende logotipos institucionais a logoti-pos para pequenos comercios ou certa-mes de moda. O elenco de deseñadores éamplo e a mostra recolle traballos desta-cados do panorama gráfico galego, conlogotipos, marcas e identidades gravadasna retina de moitos e moitas galegos e ga-legas, selo indiscutible dunha latentemarca e identidade galega.

Como colofón ao proxecto Diálogos, aDAG realizou en Pontevedra o 10 de xulloo primeiro Pecha Kucha Night en Galicia:exposición de proxectos creativos nunformato 20 imaxes x 20 segundos. De ori-xe xaponés e cuxo nome se traduce comoNoite de leria. A temática foi moi diversa,ao igual que as disciplinas dos participan-tes: deseño gráfico e industrial, arquitec-tura, paisaxismo, danza, fotografía... OPKN contou con grande afluencia de pú-blico amenizados por “Cuando zarpa elamor” mestres de cerimonia que puxerono broche final cunha dj session.

A Asociación Galega de Deseñadores(DAG) continua traballando

no impulso do deseño en Galicia e na creación dunespazo de diálogo entre deseñadores e público

fabián_ben

Diálogos co deseñofeito en Galicia

Page 4: Kalakia 35

agosto

094

Carlos nunca chegou a coñecer ao seu bisavó, pero si moitaslendas acerca da súa misteriosa desaparición en Brasil, on-de emigrou como tantos outros galegos a principios do sé-culo XX. E a pesar de non telo visto nunca, a identificación

con el foi inevitable, posto que o seu bisavó era músico, coma el.Que o mataron por unha cuestión de celos, dicíanlle, pero a Car-

los non lle convencía esa versión. Anos despois confirmou as súassospeitas ao descubrir, tras unha serie de investigacións, que aquel ho-

me non só non foi asasinado, senón que gozou dunha vida plena comomúsico alá nas Américas. Iso non sorprendeu en absoluto a Carlos,

pois uns anos antes tocara por primeira vez en Brasil e xa se sentiuatafegado ante as posibilidades dese inmenso país. "Cando toca-

mos alí por primeira vez", comenta Carlos, "démonos conta inme-diatamente de que había un poderío tremendo".

O xerme de Alborada do Brasil, deixando de lado a escusapoética da desaparición do seu bisavó, é o vínculo que existe

entre a cultura tradicional brasileira e a galega, un vínculotan estreito como descoñecido que abre para el unhas po-sibilidades musicais asombrosas. "Pero entón non estabapreparado para abarcar iso", continúa Carlos, "A música épara min unha viaxe que naceu en Galicia. A música celtafoi o primeiro paso. Construímos un xénero, pois ninguénsabía que un galego puidese tocar con músicos escoce-ses, irlandeses ou bretóns. Logo de conseguir esa identi-ficación, deixou de ser novidade e adentreime no flamen-co, nas bandas sonoras, na música xaponesa. E despoisdecidín que xa estaba preparado para ir a por Brasil".

Para a súa Alborada do Brasil Carlos Núñez necesitoucatro anos. O último deles moi intenso, de gravación nopropio país brasileiro. Os músicos autóctonos (primeirasespadas como Carlinhos Brown ou Adriana Calcanhoto)móstranse fascinados ante esa relación Galicia-Brasil

que descoñecían. "Eles non saben case nada de Galicia",cóntanos Carlos, "asóciana ao imperialismo europeo, como

eles lle chaman. Para o brasileiro común Galicia non existe, aín-da que compartamos palabras como orballo ou vagalume e instru-mentos como a gaita, que é igual á que levaron ás súas terras osportugueses do século dezaseis".

O novo disco de Carlos Núñez confirma que en Brasil vive es-condida unha parte de nós. As pezas encaixan á perfección,a pesar dos quilómetros de distancia. Os temas que o com-pón sorprenden pola súa naturalidade, xa que o pobo bra-sileiro, ademais de ser moi musical, está afeito mesturalotodo. "Aínda así", confésanos Carlos, "os propios brasilei-ros alucinaban coas cousas que nos atrevemos a facer,

aínda había mesturas que para eles resultaban impensables e nós fi-xémolas".

Como nos conta Carlos Núñez, os artistas brasileiros teñen un ins-tinto incrible para cheirar o éxito. Fóra de dúbidas está que o propio Carlos taménten moito de visionario. "Estou convencido de que pode lograrse un boom similarao da música celta" afirma con seguridade, "Esa ponte que temos con Brasil é unfuturo marabilloso, e quero crer que xa é presente". Un presente que para CarlosNúñez, o maior embaixador da música galega no mundo, é unha nova etapa desaviaxe marabillosa en busca das nosas raíces.

"Esa ponte que temos conBrasil é un futuro

marabilloso, e quero crerque xa é presente"

sergio_lagartija

Page 5: Kalakia 35

Si, claro que si. Compostela estáa encher as súas rúas, prazas,parques e xardíns de creativi-dade. É a segunda edición do

Festival dos Abrazos. Como que que éiso? Pois 130 propostas artísticas queabarcan disciplinas tan dispares comomúsica, danza, circo, teatro, obradoiros,proxeccións audiovisuais, performancese arte dixital, desde pequenas interven-cións de rúa a grandes concertos.

Como que cando? Agora mesmo. Xaempezaron o 1 de agosto. Ah! Que atacando. Pois seica ata o día 29. Cásequetodo o mes, vamos. Durante este tempo,un total de 30 lugares da cidade acolleránas actividades, conxugándose propostasartísticas de creadores galegos e interna-cionais, de grandes concertos (como chedixen) a fugaces intervencións de rúa, damestura de procedencias e culturas á en-samblaxe de estilos e disciplinas.

É un festival aberto e innovador. Defeito empregan unha especie de lema, unslogan para resumir o seu traballo, que éCreacción en aberto. E iso significa quenon hai límite ningún. Nin para presentarpropostas artísticas nin para acoller ámeirande cantidade de xente posible, ninpara nada: o mundo nas nosas mans.

Xa che dixen onde: por toda a cidade.Non, non che falo do de sempre, fálochedoutros espazos menos habituais, máisíntimos. Da “cara b” de Compostela, luga-res ás veces infrautilizados. Fáloche dapraza da Oliveira, a de Feixoo ou a dosGatos, pero tamén de parques e xardíns,lugares cotiás da cidade.

Ao parecer, ao longo de todo o mes, apraza da Quintana será o lugar de refe-rencia dalgunhas das actuacións musi-cais máis sobresaíntes: o día 18 a Or-questra Sinfónica de San Petersburgocon cousas do romanticismo ruso; e o 22a Fanfare Ciocarlia con música balcáni-ca... Tamén a igrexa de Bonaval acollerá,por primeira vez en Galicia nos seus 500

anos de vida, ao Coro da Capella de SanPetersburgo.

Non, non todo vai ser música clásicanin xente de fóra, xa cho dixen. Poderáscoñecer novas achegas musicais gale-gas, tanto na música de raíz como na bus-ca de novas vías para o pop e o rock, conEmilio José ou o proxecto de Fon Románcon Suso Saiz, Trash of Dreams... Ou jazzco Bill Goodwin Quartet, no que participanAbe Rábade e Paco Charlín. João Afon-so; o fado portugués; as músicas tradicio-nais escandinavas, con Stochkolm Lis-boa Project; a música andalusí e flamen-ca; o ancestral son da txalaparta renova-do xunto á voz nómade do deserto conOreka TX e Aziza Brahim; o canto yoikdos lapóns; o guzheng, unha especie decítara chinesa; o tombak e o tar, instru-mentos de percusión e corda persas, coBarbod Ensemble... Como que non chesonan ningún? Pois agora tes a oportuni-dade de coñecelos, xa sabes.

Non, isto só é unha breve reseña, pe-ro hai moito máis. Non che dixen que son130 espectáculos...? Pois xa sabes, haique sair da casa para coñecer o mundo,chaval. E se queres máis informaciónbusca en www.festivaldosabrazos.org.

Claro que si. Vémonos polas rúas deCompostela.

agosto09

5

x.x._muñoz

Festival dos Abrazos,a outra faciana de Compostela

Page 6: Kalakia 35

agosto

096

No outono de 1678, un rapaz de dezaoito anos deu unportazo nunha escola de música de Roma. Despois dun-ha forte discusión co seu profesor sobre os recitativos,

o xove Alessandro marchou para sempre das clases prometen-do orgulloso que crearía unha obra lonxe dos cánones, “unhaobra que cantarán os duques da igrexa e os mariñeiros dosportos”. Así llo escribiu a súa nai, que aínda vivía en Nápoles,nunha carta datada en Novembro dese ano.

A primeira ópera de Alessandro Scarlatti, viu a luz en Fe-breiro de 1679. Era unha comedia irreverente con só catro in-térpretes. Coma os Beatles. Tivo que ser estreada en segredo,

no salón do palacio dun arquitecto famoso e ás costas da Igre-xa, que non toleraba comedias en tempo de Cuaresma. Máistarde convertiríase nun éxito absoluto de público e crítica.

A ópera xa nunca sería o mesmo e por suposto, as arias deScarlatti foron cantadas por príncipes e por borrachos. Aquelrapaz rebelde que fabricaba a destempo música inadecuada,mesturou por vez primeira o talento armónico coa emocióndas historias sinxelas. Nin en Liverpool nin hostias. O pop na-ceu en Roma, a mediados do Barroco. Que ironía.

*Andrés Mahía é guionista

mentiras andrés_mahía*

O P

OP

Aquí está parte do futuro do au-diovisual galego. Na súa difu-sión na rede, ordeada nun pro-xecto masivo que estea ao al-

cance de todos.No texto en proxecto da nova Orde

ministerial para a vindeira Lei do cine noEstado español, redactado polo equipodo novo director xeral do ICAA, IgnasiGuardans, dise que as axudas ao cine va-lorarán tamén a difusión (as súas descar-gas) en Internet. Isto, en principio, valora-ría o novo medio de difusión masivo froitodos novos tempos e da sociedade tecno-lóxica na que nos atopamos, e, polo miu-

do supón un recoñocemento á nova reali-dade: o audiovisual mudou e a difusión ta-mén.

Isto xa se facía ata hai ben pouco enGaliza, pero dende outra perspectiva me-nos interesada: a difusión e coñecementoordenado do panorama audiovisual gale-go, accesible de balde na rede.

No audiovisual galego ata hai benpouco había unha canle de difusión novae extraordinaria: o proxecto web FLOCOS,de difusión e achegamento á unha amplavariedade de proxectos audioviuais, nuncontexto moi amplo de accesibilidade,pois a internet non ten fronteiras. Esteproxecto FLOCOS servía de base de difu-sión da ampla e heterodoxa proposta au-

diovisual galega, de filmes e curtas cunhadifícil difusión fóra dos circuitos conven-cionais (sexan festivais ou fugaces pasesna televisión). En FLOCOS estaban aí, paraquen os quisexe ver, estudar ou reflexio-nar, non limitados a un pase, senón paramoito tempo.

A perdurabilidade e a sinxeleza erandúas das virtudes desta prometedora pá-xina. E tamén, moi destacada, a súa difu-sión de balde, co apoio de organismos pú-blicos, sen temor de que esa difusión esti-vera limitada a un tipo de cine comercialou a intereses privados ou comerciais.

Hoxe en día, vaise seguir valorandono audiovisual galego tan só a presenciaen festivais, o posible estreo en salas ou opase en televisión dos centos de proxec-tos que existen, ou, se cadra, tamén sevai contar cun espazo na rede coma FLO-COS, ou, se queren, tróquenlle o nome, pe-ro co mesmo espíritu.

Pois parece que non. Semilla que vol-tamos aos tempos en que a difusión pare-ce ollar ao pasado, e non ver as posibili-dades de difusión de obras, que, non o es-quezamos, son subvencionadas en partegrazas ao apoio das Institucións, nomea-damente, e antes do cambio de governo,pola Axencia Audiovisual Galega.

Se se enfeblece, e non se consolida, adifusión do audiovisual galego polos no-vos medios de futuro na rede, cun proxec-to sostible, que sirva coma motor e poten-ciador dun cine que se quere chamar ga-lego, os perxudicados somos todos nós,interesados no futuro da creación audiovi-sual galega, e os cineastas, sepultadosno ostracismo que supón a continuidadesen riscos, é dicir, a volta a unha difusiónanecdótica e feble.

Audiovisual na rede:presente e futuroseve_fernández_calaza

Page 7: Kalakia 35

agosto09

7

Band of Brothers (Irmáns de sangue) narra a historiada Compañía Easy, un pelotón de paracaidistas doexército norteamericano que durante a II Guerra

Mundial participou no desembarco de Normandía, na re-conquista de Holanda, na batalla das Ardenas e na tomado “Niño da Aguia ”, o refuxio de montaña de Hitler.

Durante 10 episodios vemos como a guerra afecta,transforma e mata a este grupo de mozos. Non sabemoscase nada de seu pasado, porque a penas teñen. E estándemasiado ocupados esquivando a morte como para pen-sar no futuro. Así que ao público os acontecementos,igual que lles ocorreu aos protagonistas, se nos veñen en-riba.

Hai feitos ante os que é difícil ficar indiferente. Nes-te caso, o realismo debería intimidarnos. Pero a violen-cia exerce o seu poder de fascinación e o discurso audio-visual remata por ser vítima dos seus propios mecanis-

mos.Non é a primeira vez que ocorre. Todas as películas

antibelicistas sacan ao soldado que levamos dentro. E es-ta miniserie é mellor que calquera delas.

*Jacobo Paz é guionista

4:3 jacobo_paz *

Band

of b

roth

ers,

CURR

AHEE

!queres darte a coñecer? [email protected]

1984. Sentado. Gatiños.Punk rock. Faber Cas-tell. 03:00 p.m. Photos-hop CS. Build. James

Jean. Escaneo malo. Fanzinesde fotocopias. Rusia. Cortesnas mans. Cortes nas pernas.Debuxar mulleres. Catro dedos.Tatuaxes de animais. Roncar.

Heavy metal. Adult comics. Auto-escola. Juxtapoz. Toallas porno.

Aspirina. Flikc-r. Polaroids noctur-nas. Triángulo. Brecha na fronte. Tinta

baixo as unllas. Inexpresiva. Dente deprata. Navalla. Big Muzzie. 24. Choco.

Helvética. Misfits. Pisar un cristal. Animaistatuados. Duty. Mr.A. Veermeer. Fideos.Self-initiated. Gallows. Rayito. Retratos de

rúa. Pelo longo. Ella-mostacho.Dutch. Calaverosa. Badabing!Lowbrow. Mad Wad. Moleski-ning the room. Mobles novos.Subir escaleiras. Freehand. Go-

ogle maps. Sick girls. Warp. Bruxa. Pirámidesde cristal. Vodka limón. Cruces na auga.

Unllas vermellas. Rede. Fala e chospe.Ruídos nocturnos. Cheiro a papel. Butthe-

ad. Rompe fiestras. Portada satinada. Tro-quela galletas. Monstros. Pintura de parede. Dor

de estómago. Nariz roto. Afreelance.es. Pinturas Jovi.Xullo chove.

www.afreelance.es www.flickr.com/misterarthur

Arturo Mosquera,autorretrato dun deseñador

Page 8: Kalakia 35

8agosto

09ka

laikia

@ap

eneir

a.co

m 98

6.66

0.98

6 w

ww

.ape

neira

.com

Dire

cción

: Guil

lermo

Rod

rígue

z Co

ordin

ador

: Dieg

o Girá

ldez

Dese

ño: M

anriq

ue Fe

rnán

dez

DP: V

G 12

53-2

008

ISSN

: 188

9-46

4X

orhan_pamuk

Malia que esteamos na sección CriticArte, isto non éunha crítica ao uso, é unha reseña, a crónica dunacontecemento que nos pode dar idea de ata quepunto a nosa lingua se vai abrindo camiño paseni-

ño, moi quediñamente, no panorama literario.Días atrás asistimos á presentación pública, xa traducida

ao galego, da nova novela do premio Nobel turco Orhan Pa-muk, titulada O museo da inocencia e editada por Galaxia den-tro da súa colección Biblioteca Compostela de Narrativa Euro-pea.

Dito así, en frío, non parece que o acontecemento merezagrandes titulares. Premios Nobel hainos todos os anos, e quepresenten novos títulos non ten por que resultar estraordinario.No caso que nos ocupa había certa expectación con esta novanovela de Pamuk por ser a primeira que sae do prelo dendeque, en 2006, lle fora concedido o recoñecido galardón.

O realmente excepcional no panorama literario deste cu-rruncho do mundo é que O museo da inocencia, traducida aonoso idioma por Bartug Aykan e María Alonso Seisdedos, poidaser lida en galego antes que en ningunha outra lingua europea,agás o alemán. É este un dato significativo e relevante que nosfala da importancia que, paseniño, está a acadar o noso idiomano mundo literario.

Non queremos encher o peito con un orgullo mal pondera-do, pero pensemos que non fai tanto tempo eramos os últimose agora somos cáseque os primeiros. Dato para reflexionar so-bre a evolución habida nestes tempos.

Ao longo das máis de 700 páxinas da novela, Pamuk debu-lla unha historia de amor ambientada no Istambul do derradeirocuarto do século pasado, que ten como protagonista a Kemal,fillo dunha familia acaudalada. O mozo reúne unha serie de ob-xectos que lle aportan algún tipo de lembranzas de Füsun, un-ha humilde rapaza de dezaoito anos á que Kemal converte noseu obxecto predilecto de adoración. O malo é que ela perten-ce a unha clase social humilde, distinta da súa, o que fai impo-sible a materialización dese amor, polo que perante a insatis-facción da paixón amorosa, a colección vai crecendo día a díaata se converter nun museo ao amor non acadado e ao tempoperdido.

Sónalles a historia? Efectivamente: é a historia de desamoreterna, a protagonizada por tantas e tantas parellas na literatu-ra universal, no cinema, no teatro, dende Romeo e Xulieta atantos e tantos duetos inconclusos... É o que teñen os temasuniversais, que se repiten insistentemente. Pero non por isoperden vixencia nin interese.

O escritor turco aproveita a ocasión para presentar unhacrítica do sentimento amoroso como sinal de posesión e racharunha lanza en favor da muller liberada do rol de obxecto pura-mente sexual, ao tempo que reflicte a diferencia de clases (ou-tro tema eterno) nun momento histórico no que Turquía se en-frontou a cambios sociais moi profundos.

Por todo isto e por tantas cousas máis que non collen nestepequeno espazo, a novela de Pamuk parece unha lectura máisque recomendable para ocupar os tempo de lecer neste atípicoverán. Haberá que prestarlle atención á súa evolución.

m._fdez.

O galegoanticipado