introducciÓn

3
INTRODUCCIÓN: PRESENTACIÓN DO COOPERATIVISMO Existen varias alternativas para atopar emprego ou para cambiar de traballo. A mais utilizada é buscar emprego por conta allea, esperar que alguén nos contrate. O que tratamos de facer neste curso é sensibilizar aos participantes de que, ter unha iniciativa propia, emprender....é unha opción a valorar, onde poderás crear o teu propio posto de traballo e axudar a xerar emprego para outros. Crear unha empresa e todo o proceso emprendedor, non deixa de ser unha tarefa complicada e non exenta de traballo e obstáculos. Pero á larga, os riscos que implica serán compensados polos beneficios empresariais e a satisfacción persoal. Toda iniciativa emprendedora nace cunha idea empresarial que poder xurdir de: experiencias profesionais previas, observación do entorno, coñecementos e informacións de que dispoñemos, necesidades propias ou externas, a imaxinación e a creatividades, costumes,........... Logo de acadar unha idea de negocio e madurala, o seguinte paso podería ser a elaboración dun plan de empresa. Este é un documento escrito onde se vai a analizar os diferentes factores e obxectivos, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo, das distintas áreas da empresa. Esta ferramenta empresarial vai a axudar a planificar e prever problemas e preparar alternativas, analiza a viabilidade do proxecto, marca as estratexias e plan a seguir, e tamén será unha excelente carta de presentación da túa idea de negocio. Tendo este traballo realizado, estaríamos en disposición de elixir unha forma xurídica para a empresa y poñela en marcha. É aquí onde explicaremos o por que dunha cooperativa. A cooperativa de traballo é unha sociedade constituída por persoas que se asocian para a realización de actividades económicas e sociais de interese común. As cooperativas a diferenza do resto de empresas manexan unha serie de valores e principios que queremos compartir con vós:

Upload: sergio-artime

Post on 09-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

introducción de "guia de cooperativismo en galicia"

TRANSCRIPT

Page 1: INTRODUCCIÓN

   

INTRODUCCIÓN: PRESENTACIÓN DO COOPERATIVISMO  Existen varias alternativas para atopar emprego ou para cambiar de traballo. A mais

utilizada é buscar emprego por conta allea, esperar que alguén nos contrate.

O que tratamos de facer neste curso é sensibilizar aos participantes de que, ter unha

iniciativa propia, emprender....é unha opción a valorar, onde poderás crear o teu propio

posto de traballo e axudar a xerar emprego para outros.

Crear unha empresa e todo o proceso emprendedor, non deixa de ser unha tarefa

complicada e non exenta de traballo e obstáculos. Pero á larga, os riscos que implica

serán compensados polos beneficios empresariais e a satisfacción persoal.

Toda iniciativa emprendedora nace cunha idea empresarial que poder xurdir de:

experiencias profesionais previas, observación do entorno, coñecementos e

informacións de que dispoñemos, necesidades propias ou externas, a imaxinación e a

creatividades, costumes,...........

Logo de acadar unha idea de negocio e madurala, o seguinte paso podería ser a

elaboración dun plan de empresa. Este é un documento escrito onde se vai a analizar os

diferentes factores e obxectivos, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo, das distintas

áreas da empresa. Esta ferramenta empresarial vai a axudar a planificar e prever

problemas e preparar alternativas, analiza a viabilidade do proxecto, marca as

estratexias e plan a seguir, e tamén será unha excelente carta de presentación da túa idea

de negocio.

Tendo este traballo realizado, estaríamos en disposición de elixir unha forma xurídica

para a empresa y poñela en marcha.

É aquí onde explicaremos o por que dunha cooperativa.

A cooperativa de traballo é unha sociedade constituída por persoas que se asocian para a

realización de actividades económicas e sociais de interese común.

As cooperativas a diferenza do resto de empresas manexan unha serie de valores e

principios que queremos compartir con vós:

Page 2: INTRODUCCIÓN

ADHESIÓN VOLUNTARIA E ABERTA.

As persoas que integran estas organizacións o farán de xeito voluntario,

aceptando as responsabilidades de ser socio/a, sen discriminación de sexo,

social, racial, política ou relixiosa.

XESTIÓN DEMOCRÁTICA POR PARTE DOS/AS SOCIOS/AS.

Todas as persoas socias participarán activamente na toma de decisións dos

órganos de xestión da cooperativa.

PARTICIPACIÓN ECONÓMICA DOS SOCIOS.

Os socios contribuén equitativamente ao capital das súas cooperativas e

xestionan os beneficios de maneira democrática.

AUTONOMÍA E INDEPENCIA.

Os/as socios/as nunca perderán o control democrático e a súa autonomía como

cooperativa.

EDUCACIÓN, FORMACIÓN E INFORMACIÓN

Todos/as membros/as dunha cooperativa dispoñerán de educación e formación

para contribuír eficazmente ao desenvolvemento, consolidación e crecemento

das súas empresas.

COOPERACIÓN ENTRE COOPERATIVAS

O traballo conxunto a nivel autonómico, estatal e internacional das cooperativas

fortalecerá o movemento cooperativo para favorecer aos seus asociados.

INTERESE POLA COMUNIDADE

As cooperativas traballan para conseguir o desenvolvemento sostible das súas

comunidades mediante políticas aprobadas polos/as seus/súas socios/as.

Lembrarvos que as cooperativas son empresas de responsabilidade limitada,

onde os/as socios/as non responderán polas débedas sociais cos seus bens

Page 3: INTRODUCCIÓN

particulares, senón unicamente co que aportaran ao capital social.

De igual xeito, este tipo de sociedades, contarán cunha serie de incentivos

laborais e fiscais que animarán aos/as socios/as a constituírse como

cooperativas.