índice

6
ÍNDICE CONTINENTE AFRICANO……… 2 Xeografía……… 3 Economía……… 4 Política……… 5 Divisións políticas ………6

Upload: evalopezfortes

Post on 11-Jul-2015

224 views

Category:

Technology


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: íNdice

ÍNDICE

CONTINENTE AFRICANO……… 2

Xeografía……… 3

Economía……… 4

Política……… 5

Divisións políticas ………6

Page 2: íNdice

CONTINENTE AFRICANO

África

é o segundo continente en poboación e extensión, despois de Asia, con 922 millóns de habitantes (14.2% mundial no

2005) ocupando 30.244.050 km², incluíndo as illas adxacentes, o que representa o 20,3% da superficie da Terra. Ten

51 estados.

Os romanos déronlle o nome de Africa terra (terra dos Afri) ao norte do continente, na que estableceron a provincia

romana de África. A orixe do nome pode ser o fenicio 'afar (po), a tribo Afridi da rexión de Cartago, o grego aphrike (sen

frío), ou ben o latín aprica (caloroso), África coñécese popularmente como o continente negro, por ser esa a cor da

maioría da súa poboación.

África, particularmente a zona central leste, está considerada segundo os científicos a orixe da humanidade e da

árbore Hominidae(homínidos), polo descuberta alí dos restos máis antigos dos antecesores humanos, datados

darredor duns sete millóns de anos, como poden ser Sahelanthropus tchadensis, Australopithecus africanus, A.

afarensis, Homo erectus, H. habilis ou H. ergaster; e o Homo sapiens atopado en Etiopía duns 200,000 anos.[1]

África está atravesada polo ecuador terrestre, abrangue numerosas áreas climáticas e ten 53 estados incluíndo

territorios que non están no continente[2]

.

Page 3: íNdice

Xeografía

Mapa de África en 1890.

Separado de Europa polo mar Mediterráneo, e unida á Asia polo Istmo de Suez, ten o mar Vermello ó norleste,

o océano Índico ó leste e sur, e o océano Atlántico ó oeste e sur. Está atravesado polo ecuador.

O punto máis ao norte é Ras ben Sakka (Marrocos) 37°21' N, mentres o punto máis ao sur é Cabo Agullas (Sudáfrica)

34°51'15″ S. Entre eles hai unha distancia de 8.000 km.

O punto máis occidental é Cabo Verde 17°33'22" W, mentres que o máis oriental é Ras Hafun (Somalia) 51°27'52" E,

habendo entre eles unha distancia de 7400 km. África conta con 26.000 km de costa.

O relevo africano pódese considerar formado por dúas grandes altiplanicies:

a ecuatorial, montañosa que ocupa todo o S. e E. do continente, cunha altitude media de 1.200m., remata no

macizo de Etiopía no NE.

a planicie do Sahara e Sudán, máis baixa, arredor de 400m. de elevación media no Sahara, que ocupa todo o

centro e a maior parte do N, interrompida polos montes Ahaggar e Tibesti (máis de 3.000 m).

Page 4: íNdice

Economía

Mapa de África indicando o índice de desenvolvemento humano (2004).

máis de

0.950 0.900-

0.949 0.850-

0.899 0.800-

0.849 0.750-0.799

0.700-

0.749 0.650-

0.699 0.600-

0.649 0.550-

0.599 0.500-0.549

0.450-

0.499 0.400-

0.449 0.350-

0.399 0.300-

0.349 menos de

0.300 n/d

África é o continente máis pobre do mundo, onde están os dous terzos de portadores do virus VIH da Terra, cheo de

conflitos armados tribais, con epidemias e terroríficas miserias que causan o subdesenvolvemento dos países

africanos. Poucos estados conseguiron ter relativa estabilidade, como África do Sur.

Despois, na súa condición de ex colonia, a maiorías dos países africanos manteñen relacións particulares co resto do

mundo, e en particular coa UE; mais existe unha entidade chamada Unión Africana, unión parella á europea, da que

forman parte tódolos estados do continente agásMarrocos.

Page 5: íNdice

Política

Na África rexístranse moitos conflitos de carácter político, como o da costa do Marfil e o do Sudán, e tamén moitas

situación irregulares, como en Angola, mais pódese dicir que a maiorías dos países teñen

gobernos democráticos electos. As únicas excepcións son a de Somalia, que nin sequera posúe un estado organizado.

Outro problema co que conta a política africana son os numerosos fraudes nas eleccións, coñecidos tanto internamente

como pola comunidade internacional. Por outro lado, aínda subsisten situacións nas que o presidente ou o partido

gobernamental están no poder durante decenas de anos, como son os casos da Líbia e do Cimbabue.

En xeral, os gobernos africanos son repúblicas presidencialistas, agás de tres monarquías existentes no

continente: Lesoto,Marrocos e Suacilandia.

Page 6: íNdice

Divisións políticas

África está repartida en 53 países independentes, 17 dependencias e con territorios non recoñecidos. A lista dos países

de África atópase no final da páxina, mais, a parte deses estados existen territorios especiais no continente.