historia dunha empresa - autos gonzález · 2010. 3. 27. · floriani e mendiño de redondela e ao...

8
HISTORIA DUNHA EMPRESA Ion Ríos Rodríguez 1º Bach-B

Upload: others

Post on 23-Feb-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: HISTORIA DUNHA EMPRESA - Autos González · 2010. 3. 27. · Floriani e Mendiño de Redondela e ao IES de Ribadavia entre outros. O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos

HISTORIA

DUNHA

EMPRESA

Ion Ríos Rodríguez 1º Bach-B

Page 2: HISTORIA DUNHA EMPRESA - Autos González · 2010. 3. 27. · Floriani e Mendiño de Redondela e ao IES de Ribadavia entre outros. O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos

2

ÍNDICE

1.- Inicios Páx. 3

2.- Expansión da empresa Páx. 4

3.- Outras actividades Páx. 5

4.- A empresa na actualidade Páx. 6

5.- Fontes consultadas e agradecementos Páx. 8

PRÓLOGO

Neste pequeno estudo imos descubrir unha empresa familiar que foi

evolucionando ao longo do tempo, mudando e mellorando pero

mantendo sempre presentes os principios cos que se fundou, prestar un

servizo de calidade aos seus viaxeiros e facer máis doada a

comunicación das persoas por medio das viaxes en autobús.

Son moi diferentes aqueles vehículos cos que se comezou e os actuais

pero todos eles agochan tras de sí multitude de historias e paisaxes que

viviron cos seus viaxeiros que non sempre foron exclusivamente persoas,

tamen foron animais que iban ás feiras, mais todo cambia, aqueles

autocares deixaron paso a outros máis modernos equipados cas máis

avanzas tecnoloxías (video, aire acondicionado, WC, butacas reclinables,

etc).

Agardamos que no futuro esta historia que aquí se relata poida ter

continuidade nas xeracións vindeiras.

Page 3: HISTORIA DUNHA EMPRESA - Autos González · 2010. 3. 27. · Floriani e Mendiño de Redondela e ao IES de Ribadavia entre outros. O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos

3

1.- Inicios

Para falar dos inicios da empresa hai que remontarse aos anos 60 e

situarse nun pequeno pobo da provincia de Ourense, chamado Arnoia.

Alí dous irmáns, Fidel e

Antonia e os seus

cónxugues, Emilia e Manolo

respectivamente, posuían

un pequeno negocio de

panadería, tenda de

comestibles, servizo de taxi

e un autobús. Naquel

tempo tanto Fidel coma

Manolo facían de todo, dende conducir ata atender a tenda de

comestibles pasando por mecánicos, panadeiros... Xa antes ca eles, o

pai de Fidel, tamén chamado Fidel Martínez posuía un autobús dos que

se coñecían como “mixtos”, xa que estaban divididos en dúas partes,

unha para as persoas e outra para os animais, que eran utilizados para ir

ás feiras.

Pouco a pouco foron mercando autobuses ata acadar unha flota de seis

vehículos. A empresa chamouse Transportes Fidel Martínez.

En Arnoia tiñan un pequeno garaxe no que únicamente collían dous

autobuses, ao lado da súa casa,

pero posteriormente adquiriron en

Ribadavia unhas instalacións de

taller e garaxe, dende onde

realizaban o transporte escolar aos

colexios de Ribadavia e Crecente,

e todo tipo de servizos

Page 4: HISTORIA DUNHA EMPRESA - Autos González · 2010. 3. 27. · Floriani e Mendiño de Redondela e ao IES de Ribadavia entre outros. O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos

4

discrecionais (excursións, funerais, desprazamentos de equipos

deportivos, viaxes internacionais con emigrantes galegos e

portugueses...).

En 1982 prodúcese un fito moi importante na historia da empresa, a

morte accidental de

Gonzalo González, un

amigo de Fidel e

Manolo que posuía

unha empresa

chamada Autos

González que despois

do acontecido uniríase

á empresa familiar de

Fidel e de Manolo.

Créase Autos González SL, da que forman parte do accionariado a viuva

de Gonzalo e os cuñados Fidel e Manolo entre outros, a empresa conta

xa con 20 autobuses.

2.- Expansión da empresa

Anos despois de fundar Autos González SL adquírese a empresa

Autocares González SL propiedade de Modesto González, irmán do

defunto Gonzalo González,

antigo propietario de Autos

González.

No ano 2001 a empresa

desembarca na área de

Vigo adquirindo dúas

pequenas empresas:

Page 5: HISTORIA DUNHA EMPRESA - Autos González · 2010. 3. 27. · Floriani e Mendiño de Redondela e ao IES de Ribadavia entre outros. O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos

5

• Autocares Barreiro: empresa adicada á prestación de servizos

discrecionais, posuía tamén a concesión da liña Redondela-Vilar e

algunhas rutas do IES Pedro Floriani de Redondela. Era unha

empresa colaboradora de Autocars Juliá de Barcelona para a cal

realizaba numerosos circuitos por España e Europa.

• REVIA: O seu nome completo era Redondela-Vigo de Autocares

SL, estaba situada no municipio de Redondela e adicábase

principalmente a cubrir a ruta entre Redondela e Vigo, ruta que na

actualidade é unha das máis importantes da empresa.

3.- Outras actividades

Dende o ano 1986 Autos González é propietaria da firma Viaxes

Compostela, unha axencia de viaxes

fundada en Santiago de Compostela

pero que foi trasladada a Ourense

polos novos propietarios para que

servira de apoio e complemento á

actividade do transporte. Ademáis da súa actividade como axencia típica

de viaxes, créase un departamento especializado na organización de

Viaxes de Grupos (deportivos, culturais, escolares, etc).

No ano 2002 amplíase a

actividade ao alugueiro de

vehículos de luxo con condutor

especialmente pensados para

servizos de bodas, traslados

VIP a aeroportos e toda clase

Page 6: HISTORIA DUNHA EMPRESA - Autos González · 2010. 3. 27. · Floriani e Mendiño de Redondela e ao IES de Ribadavia entre outros. O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos

6

de desprazamentos de alto nivel, como pode ser tamén o traslado de

directivos importantes de empresas ou artistas de renome.

Dentro desta rama da empresa posúense vehículos moi prestixiosos

como poden ser un Rolls-Royce, un Daimler Benz Limousine, dous

Mercedes Clase S e duas monovolúmenes Mercedes Viano entre outros,

todos eles equipados cas máis altas prestacións.

4.- A empresa na actualidade.

Autos González SL dedícase principalmente á prestación de servizos de

transporte de viaxeiros por

estrada, de caracter regular e

discrecional, prestando principal

atención neste último para

ofrecer aos seus clientes un

elevado nivel de confort e

seguridade. A súa principal

zona de influencia son as

provincias de Ourense e Pontevedra aínda que non é de extrañar

atoparse cun autocar da empresa polo resto de España e incluso de

Europa.

Na actualidade posúe unha flota formada por medio cento de autocares e

unha decena de turismos, todos eles das mellores marcas do mercado

(Mercedes Benz, Setra, Irizar, etc) ofrecendo os máis avanzados

sistemas de seguridade e comodidade para o cliente, tal e como avalan

os certificados de calidade BUREAU BERITAS ISO 14001 e ISO 9001

concedidos á empresa.

Page 7: HISTORIA DUNHA EMPRESA - Autos González · 2010. 3. 27. · Floriani e Mendiño de Redondela e ao IES de Ribadavia entre outros. O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos

7

En servizos regulares posúe entre outras a liña Redondela-Vigo,

Fornelos-Vigo, Castelo de Soutomaior-

CUVI, Ribadavia-Pazos e Ourense-A

Ponte entre outras. Tamén realiza

transporte escolar aos institutos Pedro

Floriani e Mendiño de Redondela e ao

IES de Ribadavia entre outros.

O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos seus traslados

nesta empresa, ao igual que o Pabellón Club de Fútbol, debido á

profesionalidade de todo o seu equipo humano.

Autos González participa tamén na sociedade GALISUIS, empresa de

transporte con domicilio en Ourense que se dedica á realización da ruta

internacional entre Galicia e Suiza.

Actualmente un dos fundadores, Fidel, é o presidente do Consello de

Administración e o outro fundador, Manolo, o vogal e o responsable do

taller. A continuidade da empresa está asegurada grazas á segunda

xeración que leva anos traballando, por exemplo levando adiante a base

de Vigo.

Aquí pode verse reflectido o afán emprendedor dalgunhas persoas que

son capaces de facer que de pouco ou nada surxa unha gran empresa

como o que actualmente é o Grupo Autos González, formado por Autos

González SL, Autocares González SL e Viaxes Compostela SA entre

outras sociedades.

Page 8: HISTORIA DUNHA EMPRESA - Autos González · 2010. 3. 27. · Floriani e Mendiño de Redondela e ao IES de Ribadavia entre outros. O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos

8

5.- Fontes consultadas e agradecementos.

A realización deste traballo non sería posible sen a colaboración

desinteresada de Autos González SL en xeral e en especial de Basilio

Iglesias, xefe de tráfico na base de Vigo que contactou cos que coñecían

estes datos e tamén de Antonio, membro do Consello de Administración

da empresa, que facilitou o coñecemento da historia, así como algunhas

das fotografías aquí recollidas.