hª da arte… ·  · 2018-02-04para coñecer e apreciar o patrimonio artístico europeo e mundial...

26
Hª DA ARTE

Upload: vannga

Post on 24-Mar-2018

215 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Hª DA ARTE

É unha materia de 2º de Bacharelato. Do Departamento

de Xeografía e Historia.

Pódese escoller como troncal en Humanidades e como

optativa en calquera modalidade.

Ten 4 horas semanais.

Pode ser obxecto de exame na selectividade Ver

ponderacións.

Para disfrutar mellor das obras de arte.

Para coñecer e defender o noso patrimonio artístico.

Para coñecer e apreciar o patrimonio artístico europeo e mundial.

Para viaxar e ter autonomía á hora de planificar as visitas.

Porque da unha formación cultural moi completa.

Polo seu interese para as carreiras de “Letras” ou para os estudos de Turismo.

Pode ser útil para moitas carreiras de “Ciencias” xa que, entre outras, estúdase en Arquitectura, Deseño industrial e outras Enxeñarías.

¿Por que escollela?

Grecia A arquitectura. As ordes. O templo e o teatro. A Acrópole de Atenas. A evolución da escultura.

1.- Raíces da arte europea: o legado da arte clásica

A visión do clasicismo en Roma A arquitectura. A cidade. Tipoloxías construtivas. A escultura. O retrato. O relevo histórico. A arte de Hispania e Gallaecia.

A arte paleocristiá e bizantina Achegas da 1ª arte cristiá: a basílica. A nova iconografía. A arte bizantina. Época de Xustiniano: Santa Sofía e San Vital.

.

2.- Nacemento da tradición artística occidental: a arte medieval

O prerrománico Arte visigoda e asturiana. A arte mozárabe.

A arte islámica Orixes e trazos distintivos. A arte hispanoárabe.

A arte románica como a primeira definición de Occidente A arte no Camiño de Santiago. A catedral de Santiago: arquitectura. A portada románica: Praterías e Pórtico da Gloria. As artes plásticas: a escultura e a pintura mural, función didáctica. Innovacións cara o gótico: os mosteiros cistercienses en Galicia.

A arte gótica como expresión da cultura urbana O sistema construtivo. A catedral gótica e outras tipoloxías urbanas. As artes plásticas: escultura, pintura e retablos, vidreiras.

O Trecento italiano. Giotto.

A contribución dos primitivos flamengos: Jan Van Eyck

3.- Desenvolvemento e evolución da arte europea no mundo moderno

O Quattrocento italiano: a reformulación da linguaxe clásica O Humanismo renacentista.

A arquitectura. Brunelleschi. A renovación da escultura. Donatello. Novos sistemas de representación na pintura. Massacio.

O Cinquecento: clasicismo e manierismo na arte italiana O templo, o pazo e a vila. A escultura. Miguel Anxo. A evolución da pintura. Leonardo, Miguel Anxo, Rafael e Tiziano.

O Renacemento en España: O Escorial, O Greco

Unidade e diversidade do Barroco A linguaxe artística ao servizo do poder civil e eclesiástico. Orixes do Barroco: Italia. Arquitectura, escultura e pintura. Bernini e Caravaggio. A arquitectura clasicista de Francia. A pintura en Flandres e Italia. España: urbanismo e arquitectura. A imaxinaría. Gregorio Fernández. O Século de Ouro da pintura española. Velázquez

O barroco galego: Arquitectura civil e relixiosa. Domingo de Andrade, Fernando Casas Novoa

Simón Rodríguez.

4.- O século XIX: a arte dun mundo en transformación

A personalidade independente de Goya

A Revolución Industrial e o impacto dos novos materiais na arquitectura: do Eclecticismo ao Modernismo. Nacemento do urbanismo moderno.

As artes plásticas: do Romanticismo ao Modernismo: O Impresionismo: Manet, Monet.

O Posimpresionismo: Cezanne, Van Gogh e Gauguin

5.- A ruptura da tradición: a arte na primeira metade do século XX

As vangardas nas artes plásticas: Fauvismo: Matisse. Expresionismo: Munch. Cubismo e as súas variantes: Picasso. Os inicios da abstracción: Kandinsky, Mondrian. Dadá e surrealismo: Marcel Duchamp e Dalí. Novas formas na escultura.

A renovación da linguaxe arquitectónica Renovación da linguaxe arquitectónica: arquitectura funcional e orgánica: Le Corbusier e Wright. O urbanismo no século XX.

A arquitectura de Galicia. As artes plásticas.

6.- A arte do noso tempo: a universalización da arte

Da nova arquitectura ás instalacións O estilo internacional na arquitectura. A arquitectura posmoderna. A transvangarda, o novo realismo. O posmodernismo. Do happening ás instalacións.

As artes plásticas O expresionismo abstracto e o informalismo: Pollock e Tapies. A abstracción postpictórica. A pop art: Andy Warhol e Roy Lichtenstein. O hiperrealismo. Arte conceptual. Últimas tendencias.

Perspectiva da arte en Galicia na 2ª metade do s. XX O estilo internacional: Albalat e a fábrica da coca-Cola. A arquitectura posmoderna. O deconstrutivismo: a Cidade da Cultura de Santiago. A escultura: Leiro.