guia veran 2012

2
Daniel Kehlmann La medición del mundo Nos tempos nos que Humboldt per- correu o noso planeta, gran parte da Terra quedaba aínda por explorar, o cal, unido ao seu carácter intrépido e temerario, levouno a protagonizar as máis desatinadas aventuras: navegar polo Orinoco, explorar selvas virxes, probar velenos, escalar volcáns ou medirse con monstros mariños e con caníbales non menos aterradores. Carl Friedrich Gauss, ao que se coñeceu como o «príncipe das matemáticas», non queda curto en termos de excentricidade: brillante matemático, Gauss é tamén un apaixonado das mulleres, un auténtico galán que, iso si, é capaz de abandonar o leito conxugal en plena noite nupcial para anotar unha fórmula matemática. En lugar de enxalzar a estes personaxes históricos, o autor móstranolos en todas as súas facetas: coas súas grandezas, pero tamén cos seus erros, as súas pequenas teimas e as súas debilidades, e consegue deste xeito unha perspectiva humana inédita destes dous grandes nomes da historia. Paul Auster Sunset Park Miles Heller ten vinte e oito anos e aos vinte desanoou os lazos que o unían ao mundo que ata entón coñecera en Nova York. Rodou por lugares e traballos pouco cualificados. Ago- ra vive en Florida e traballa para unha empresa, ao servizo dos bancos da zona, que se encarga de baleirar as vivendas dos desafiuzados que en plena crise non puideron seguir pa- gando a súa hipoteca, e prepáraas para unha nova venda. Miles non ten ambicións, vive co mínimo, sen des- exos e sen futuro. E seguiría así se non fose por unha moza menor de idade, Pilar Sánchez. Como pode ir ao cárcere pola súa relación con ela, volve a Nova York para esperar alí a maioría de idade da moza. A súa vol- ta é o retorno ao pasado e aos seus segredos; ao seu pai, un brillante edi- tor; á súa nai, unha actriz, e á súa madrasta. Pero é tamén a volta ao mundo. Julia Navarro Dime quién soy Un xornalista recibe a proposta de in- vestigar a vida da súa bisavoa, Amelia Garayoa, unha muller da que só sabe que fuxiu abandonando ao seu home e ao seu fillo pouco antes de que estalase a guerra civil española. Para rescatala do esquecemento deberá reconstruír a súa historia desde os cimentos, en- caixando, unha a unha, todas as pezas do inmenso e extraordinario puzzle da súa vida. Marcada por catro homes que a cambiarán para sempre, a historia de Amelia é a dunha antiheroína presa das súas propias contradicións que cometerá erros que non terminará nunca de pagar e que acabará sufrindo, en carne propia, o azoute desapiadado tanto do nazismo como da ditadura soviética. Dime quién soy é unha novela que soborda intriga, política, espionaxe, amor e traizón. Desde os anos da Segunda República española ata a caída do Muro de Berlín, pasando pola Segunda Guerra Mun- dial e a Guerra Fría, constitúe un apaixonante retrato do século XX. Asa Larsson Aurora boreal O corpo de Viktor Strandgård, o predica- dor máis famoso de Suecia, xace mutilado nunha remota igrexa en Kiruna, unha cida- de do norte mergullada na eterna noite po- lar. A irmá da vítima atopou o cadáver, e a sombra da sospeita cérnese sobre ela. Des- esperada, pide axuda á súa amiga da ado- lescencia, a avogada Rebecka Martinsson, que actualmentevive en Estocolmo e que regresa á súa cidade natal disposta a pescu- dar quen é o culpable. Durante a investiga- ción só conta coa complicidade de Anna-Maria Mella, unha inte- lixente e peculiar policía embarazada. En Kiruna moita xente ten algo que agachar, e a neve non tardará en tinguirse de sangue. Roald Dahl Voando só Voando só é a apaixonante autobiografia dun dos mellores escri- tores de todos os tempos, contada con axilidade e emoción. Narra os acontecementos máis fascinantes da súa vida, marcada polas ansias de aventura: as incribles experien- cias como piloto de combate na Segunda Guerra Mundial, o pracer de voar, a ca- maradaría en tempos difíciles e a exótica beleza das súas viaxes por África. Manuel Rivas Todo é silencio En Noitiá, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanta influencia que estiveron moi preto de controlalo to- do: o poder social, as institucións, a vida das súas xentes. Fins, Leda e Brinco exploran a costa á procura do que o mar arroxa tras algún naufraxio, o mar é para eles un espazo de conti- nuo descubrimento. O destino destes mozos estará marcado pola sombra odiosa e fascinante do omnipresente Mariscal, dono de case todo en Noitiá. Manuel Rivas, cunha prosa incisiva que tanto é mar en calma como embra- vecido, dá forma a un universo fronteirizo no que os silencios van moldeando a cada un dos protagonistas. Unha novela que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o estraño trasgo da condición humana. Henning Mankel El retorno del profesor de baile En decembro de 1945, un avión británico aterra en Bucken- burg (Alemaña) e del descende un home cunha pequena bolsa negra que se dirixe á prisión de Hamelin, onde están encerra- dos doce criminais de guerra alemáns: a súa misión consiste en executar a eses perigosos asasinos. Cincuenta e catro anos despois, en 1999, Herbert Molin, un policía sueco xa xubilado que vive apraciblemente na súa granxa, situada na aldeíña de Härdjedalen, morre de xeito brutal. Un antigo compañeiro de Molin, o mozo Stefan Lindman, decide viaxar a Härdjedalen para pescudar o ocorri- do, a pesar de que non está en moi boas condicións de saúde.

Upload: biblio-marques

Post on 31-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

guia de lectura veran 2012

TRANSCRIPT

Page 1: guia veran 2012

Daniel Kehlmann La medición del mundo Nos tempos nos que Humboldt per-correu o noso planeta, gran parte da Terra quedaba aínda por explorar, o cal, unido ao seu carácter intrépido e temerario, levouno a protagonizar as máis desatinadas aventuras: navegar polo Orinoco, explorar selvas virxes, probar velenos, escalar volcáns ou medirse con monstros mariños e con caníbales non menos aterradores. Carl Friedrich Gauss, ao que se coñeceu como o «príncipe das matemáticas», non queda curto en termos de excentricidade: brillante matemático, Gauss é tamén un apaixonado das mulleres, un auténtico galán que, iso si, é capaz de abandonar o leito conxugal en plena noite nupcial para anotar unha fórmula matemática. En lugar de enxalzar a estes personaxes históricos, o autor móstranolos en todas as súas facetas: coas súas grandezas, pero tamén cos seus erros, as súas pequenas teimas e as súas debilidades, e consegue deste xeito unha perspectiva humana inédita destes dous grandes nomes da historia. Paul Auster Sunset Park Miles Heller ten vinte e oito anos e aos vinte desanoou os lazos que o unían ao mundo que ata entón coñecera en Nova York. Rodou por lugares e traballos pouco cualificados. Ago-ra vive en Florida e traballa para unha empresa, ao servizo dos bancos da zona, que se encarga de baleirar as vivendas dos desafiuzados que en plena crise non puideron seguir pa-

gando a súa hipoteca, e prepáraas para unha nova venda. Miles non ten ambicións, vive co mínimo, sen des-exos e sen futuro. E seguiría así se non fose por unha moza menor de idade, Pilar Sánchez. Como pode ir ao cárcere pola súa relación con ela, volve a Nova York para esperar alí a maioría de idade da moza. A súa vol-ta é o retorno ao pasado e aos seus segredos; ao seu pai, un brillante edi-tor; á súa nai, unha actriz, e á súa madrasta. Pero é tamén a volta ao mundo.

Julia Navarro Dime quién soy Un xornalista recibe a proposta de in-vestigar a vida da súa bisavoa, Amelia Garayoa, unha muller da que só sabe que fuxiu abandonando ao seu home e ao seu fillo pouco antes de que estalase a guerra civil española. Para rescatala do esquecemento deberá reconstruír a súa historia desde os cimentos, en-caixando, unha a unha, todas as pezas do inmenso e extraordinario puzzle da súa vida. Marcada por catro homes que a cambiarán para sempre, a historia de Amelia é a dunha antiheroína presa das súas propias contradicións que cometerá erros que non terminará nunca de pagar e que acabará sufrindo, en carne propia, o azoute desapiadado tanto do nazismo como da ditadura soviética. Dime quién soy é unha novela que soborda intriga, política, espionaxe, amor e traizón. Desde os anos da Segunda República española ata a caída do Muro de Berlín, pasando pola Segunda Guerra Mun-dial e a Guerra Fría, constitúe un apaixonante retrato do século XX.

Asa Larsson Aurora boreal O corpo de Viktor Strandgård, o predica-dor máis famoso de Suecia, xace mutilado nunha remota igrexa en Kiruna, unha cida-de do norte mergullada na eterna noite po-lar. A irmá da vítima atopou o cadáver, e a sombra da sospeita cérnese sobre ela. Des-esperada, pide axuda á súa amiga da ado-lescencia, a avogada Rebecka Martinsson, que actualmentevive en Estocolmo e que regresa á súa cidade natal disposta a pescu-dar quen é o culpable. Durante a investiga-

ción só conta coa complicidade de Anna-Maria Mella, unha inte-lixente e peculiar policía embarazada. En Kiruna moita xente ten algo que agachar, e a neve non tardará en tinguirse de sangue. Roald Dahl Voando só Voando só é a apaixonante autobiografia dun dos mellores escri-tores de todos os tempos, contada con axilidade e emoción. Narra os acontecementos máis fascinantes da súa vida, marcada polas

ansias de aventura: as incribles experien-cias como piloto de combate na Segunda Guerra Mundial, o pracer de voar, a ca-maradaría en tempos difíciles e a exótica beleza das súas viaxes por África. Manuel Rivas Todo é silencio En Noitiá, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanta influencia que estiveron moi preto de controlalo to-

do: o poder social, as institucións, a vida das súas xentes. Fins, Leda e Brinco exploran a costa á procura do que o mar arroxa tras algún naufraxio, o mar é para eles un espazo de conti-nuo descubrimento. O destino destes mozos estará marcado pola sombra odiosa e fascinante do omnipresente Mariscal, dono de case todo en Noitiá. Manuel Rivas, cunha prosa incisiva que tanto é mar en calma como embra-vecido, dá forma a un universo fronteirizo no que os silencios van moldeando a cada un dos protagonistas. Unha novela que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o estraño trasgo da condición humana. Henning Mankel El retorno del profesor de baile En decembro de 1945, un avión británico aterra en Bucken-burg (Alemaña) e del descende un home cunha pequena bolsa negra que se dirixe á prisión de Hamelin, onde están encerra-dos doce criminais de guerra alemáns: a súa misión consiste

en executar a eses perigosos asasinos. Cincuenta e catro anos despois, en 1999, Herbert Molin, un policía sueco xa xubilado que vive apraciblemente na súa granxa, situada na aldeíña de Härdjedalen, morre de xeito brutal. Un antigo compañeiro de Molin, o mozo Stefan Lindman, decide viaxar a Härdjedalen para pescudar o ocorri-do, a pesar de que non está en moi boas condicións de saúde.

Page 2: guia veran 2012

maléficos sureños de Gualmar. A morte do aspirante ao trono celta complicará a situación, pero o Consello de Sabios recibirá unha noticia que provocará un xiro inesperado nos acontecemen-tos. No extremo do mundo, onde dúas civilizacións se dan a man, o perigo e a paixón axexan ás fillas do home máis poderoso do Imperio. Daphne Kalotay Invierno Rojo Cando decide poxar o seu magnífico ajuar de ámbar, Nina Revskaya, outrora a gran estrela do ballet Bolshói, cre que ao fin baixou o pano da súa vida. Na súa residencia de Boston, con todo, verase asaltada polos recordos da súa patria e os feitos que lle romperon o corazón medio século atrás. En Rusia descubriu a maxia do escenario. En Rusia namorouse dun poeta. En Rusia sufriu a persecución estalinista. E en Rusia foi onde un terrible descubrimento indicou unha traizón mortal que empuxou a Nina a fuxir a Occidente. Agora dúas persoas queren remover o seu pasado. Son Drew Brooks, a tenaz empregada da casa de poxas, e Grigori Solodin, un catedrático de literatura rusa. Ambos están dispostos a resolver o enigma que expoñen unhas cartas, varios poemas e un colar de orixe descoñecida. Agustín Fernández Paz O único que queda é o amor

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilus-trado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián. Todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que

se mantén máis alá da morte. E sempre, os libros como compa-ñeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

Charles Dickens El guardavías y otros cuentos de fantasmas No 200 aniversario do nacemento de Charles Dickens non podemos deixar de recomendar a lectura dun autor clásico coma este, a través deste libro de rápida lectura, formado por

unha colección de breves relatos, nos que se recoñece a importancia dos ele-mentos macabros e sobrenaturais da súa obra, e nos que se retrata a mente crimi-nal, dende o punto de vista de aberra-ción da conduta, non como problema xudicial, elementos que sempre fascina-ron a Dickens, como se pode apreciar en El manuscrito de un loco e Una con-fesión encontrada en una prisión de la época de Carlos II, incluídos no presen-te volume. Inclúense tamén historias de pantasmas; en todas elas Dickens fai

cómplice ao lector, séntao a carón dun bo lume, e faille be-ber das fontes do auténtico relato de tradición oral. Joseph Conrad: La línea de sombra Recrea os acontecementos que rodea-ron, en 1888, o primeiro destino do propio autor, o mozo Conrad como capitán do Otago, en viaxe entre Bangkok e Singapur. Durante a traves-ía, unha calma chicha e unha epidemia a bordo converten o longo período de calma, nun inferno de silencios, fe-bres, pantasmas de capitáns tolos, do que sae o novo capitán convertido xa nun adulto que mediu as súas forzas cun elemento digno de ser retado: a mar. Un relato aparentemente lineal e

sinxelo oculta a trama tortuosa do tránsito da mocidade á madurez, no que a anécdota mariña funciona case como unha alegoría. Pablo Núñez Las hijas del César As fillas do César chegan a Lucus Au-gusti, a actual Lugo, para levar a cabo unha perigosa misión. Alí atoparán a dous pobos galaicos enfrontados: os seus aliados das Sete Aldeas e os

Coas vacacións por diante, esta é unha boa

ocasión para comezr a ler un bo libro. Aquí

vos propoñemos algúns, que podedes atopar

na nosa biblioteca

Boas vacaciónsBoas vacaciónsBoas vacaciónsBoas vacacións

Lecturas de verán 2012

Biblioteca CIFP Ferrolterra

Podes consultar esta e outras guías na web do instituto, http://www.edu.xunta.es/centros/iesferrolterra/ en animación á lectura, dentro da sección da biblioteca.