guia veran bac 2012

2
biblioaponte.blogspot.com.es O bosque dos raposos aforcados Arto Paasilina Oiva Juntunen é un delincuente de pouca monta que consegue roubarlle varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. A vida sorrille a este novo rico mentres os seus cómplices están no cárcere, pero cando saen e lle van reclamar a súa parte do botín, Oiva prefire fuxir ás recónditas paraxes da Laponia finlandesa antes de entregarlles un só gramo do seu prezado metal amarelo. Mi familia y otros animales Gerald Durrell Divertidísimo relato, o primeiro dunha triloxía de experiencias vividas pola familia do autor na illa de Corfú. Ideal para ler en verán. Sidecar Alberto Lema Dúas historias de amor e aprendizaxe que reflicten o mundo da xuventude de hoxe en día. Unha divertidísima obra sobre a posición de clase nas relacións sentimentais. Pensar e rir a un tempo. A Biblioteca do IES de Ponteceso deséxavos un feliz e refrescante verán... CHEO DE BOAS LECTURAS Este verán… Refréscate coa lectura !!! Guía de lectura para BACHARELATO IES de Ponteceso Verán 2012 Visita a biblioteca e ato- parás moito máis… PARA TODOS OS GUSTOS !!!

Upload: biblioaponte-biblioteca-ponteceso

Post on 29-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Guía de lecturas para o veran do IES de Ponteceso. 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Guia veran Bac 2012

biblioaponte.blogspot.com.es

O bosque dos raposos aforca‐dos 

Arto Paasilina 

Oiva Juntunen é un delincuente de  pouca monta  que  consegue roubarlle  varios  quilos  de  ouro ao goberno de Noruega. A vida sorrille a este novo rico mentres os seus cómplices están no cárcere, pero cando saen e  lle van  reclamar a  súa parte do botín, Oiva prefire fuxir  ás  recónditas  paraxes  da  Laponia  finlandesa antes  de  entregarlles  un  só  gramo  do  seu  prezado metal amarelo. 

Mi familia y otros animales 

Gerald Durrell 

Divertidísimo  relato,  o  pri‐meiro  dunha  triloxía  de  ex‐periencias vividas pola fami‐lia do autor na  illa de Corfú. Ideal para ler en verán. 

 

Sidecar 

Alberto Lema 

Dúas  historias  de  amor  e aprendizaxe  que  reflicten  o mundo  da  xuventude  de  hoxe en día. Unha divertidísima obra sobre  a  posición  de  clase  nas relacións  sentimentais.  Pensar e rir a un tempo. 

A Biblioteca do IES de Ponteceso deséxavos un feliz

e refrescante verán... CHEO DE BOAS LECTURAS

Este verán…

Refréscate coa lectura !!!

Guía de lectura

para BACHARELATO

IES de Ponteceso

Verán 2012

Visita a biblioteca e ato-parás moito máis…

PARA TODOS OS GUSTOS !!!

Page 2: Guia veran Bac 2012

Lecturas emocionantes...

O xardín das pedras flotantes 

Manuel Lourenzo González 

Este   é o  relato dun amor extraordi‐nario entre dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a  Ida‐de Media e nos conduce até a actuali‐dade.  Unha  historia  fermosa  gober‐nada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas cróni‐cas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa preci‐sión da maquinaria dun reloxo.  

Farenheit 451 

Ray Bradbury 

O  título  fai  referencia  á  temperatura  á  que arde   o papel e cóntanos a historia dun bombeiro nunha sociedade totalita‐ria  e  carente  de  esperanza  .  Non  se trata  de  bombeiros  normais,  senón  de persoas    que  detectan  a  existencia  de libros    para queimalos. 

Eu de maior quero ser 

Rosa Aneiros 

Ainhoa, Cris, Fran, María e Miguel son cinco universitarios que viven nun  piso da rúa Casa Reais na Cidade Vella compostelá e que están 

a punto de finalizar  a carreira. 

Saga: “Los hijos de la tierra” 

J.M. Auel 

El Clan del Oso Cavernario 

El Valle de los caballos 

Los Cazadores de Mamuts 

Las llanuras del tránsito 

Los refugios de piedra 

O Caderno Dourado 

Doris Lessing 

Publicada por primeira vez en 1962 e considerada unha das grandes novelas do século XX, O caderno dourado conta a histo‐ria de Anna Wulf, unha escritora inmersa nunha crise persoal que describe   as súas experiencias en catro cadernos de cor diferente: o caderno negro para a súa vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a vida emocional e o azul para todo o 

cotián.  

Simiocracia 

Aleix Saló 

Corrosivo  cómic    que  fala  das causas  da  crise  económica  e  dos seus efectos. Non deixa indiferen‐

Verónika decide morir   

Paulo Coelho  

Verónika  teno  todo  pero  non  é feliz.  A  novela  fálanos  da  impor‐tancia  de  cada  segundo  na  nosa existencia, da alternativa de seguir adiante ou de abandonalo todo. 

  

A pensión Eva  

Andrea Camilleri   

Durante  os  anos  da  Segunda Guerra  Mundial,  os  cuartos  da Pensión  Eva,  na  vila  siciliana  de Vigatà,  convértense  en  refuxio dos  seus  habitantes.  Ademais, esa  estraña  "pensión"  é  unha presenza  misteriosa  para  Nenè, un rapaz que, ata que logra pene‐trar na casa, non esperta á vida completamente. A pensión Eva  é  unha  novela  de  iniciación  á  vida,  á  descuberta  do sexo, do amor e da amizade nos tempos duros e sen espe‐ranza da guerra.   

 La elegancia del erizo 

 Muriel Barbery 

 No  nº  7  da  rúa Grenelle,  ,  nada  é  o que parece. Dous dos seus habitantes agochan un segredo   Renée, a portei‐ra,  leva  moito  tempo  finxindo  ser unha muller común. Paloma ten doce anos e oculta unha  intelixencia extra‐ordinaria.