guia veran 08

2
DE 12 A 14 ANOS Grippe, María: Los escarabajos vuelan al atardecer. Ed. SM Tres rapaces coidan as plantas dunha quinta deshabitada e deciden explorala. Cada exploración termina cun enigma. Ademais, descobren un paquete de cartas do século XVIII. Narran a historia de amor entre Emile e Andreas, que termina traxicamente por culpa dun maleficio Aleixandre, Marilar: A banda sen futuro Ed. Xerais Non é doado facer amigos nin novo instituto ós dezaseis anos, e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que seus pais a obrigan a ir á clase. Só Poch, o cantante morto de Derribos Arias, é quen de comprendela e manter longas conversas con ela… Connolly, John: El libro de las cosas perdidas. Ed Oniro. No seu dormitorio do faiado, David, chora a morte da súa nai. Está enfadado e só, coa única compañía dos libros dos seus estantes.Mentres se refuxia neles, descobre que o mundo real e o mundo imaxinario empezaron a mesturarse. Fora a guerra esténdese por Europa e David aterra de golpe nunha terra que é produto da súa imaxinación, pero aterradoramente real... Gallego, Laura: Dos velas para el diablo. Ed. SM "Hoy día, ya nadie cree en los ángeles. Sin embargo, hay gente que sí cree en los demonios. Pero los ángeles existen y han existido siempre. ¿Que cómo lo sé? Porque mi padre era uno de ellos. El problema es que, cuando los ángeles te dan la espalda, ¿en quién puedes confiar?" DE 14 A 16 ANOS Sierra i Fabra, Jordi: En un lugar llamado guerra. Ed. Galaxia Se foses un mozo e inexperto xornalista, atreveríaste a ir de correspondente a Tudzbestán, un afastado e descoñecido país, no que se está desenvolvendo unha feroz guerra entre os nativos e os rusos? Funke, Cornelia: Muerte de tinta. Ed. Siruela No fulminante final desta triloxía sobre o Mundo de Tinta, hai sombras negras en Umbra..., Dedo Polvoriento desapareceu. Meggie e os seus pais viven pacificamente esquecendo os pesadelos que pasaron no Castelo de Noite, aínda que cando escurece e Meggie mira impaciente pola fiestra …. Vázquez Freire, Miguel: Anxos en tempo de chuvia. Ed. Xerais Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, se coma un detective que anda na procura de pegadas, non so as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia El señor de los ladrones (Cornelia Funke) Á morte dos seus pais, Próspero e Bo, chegan a Venecia fuxindo da súa tía, que intenta separalos. Non teñen que comer nin onde vivir. Atopan a un grupo de nenos que baixo o liderado do Señor dos ladróns (un mozo que oculta a súa identidade baixo unha máscara) gañan a vida con pequenos roubos. Un detective gordinflón, contratado pola súa tía, búscalles por toda a cidade... Este libro é, ademais, unha forma fabulosa de visitar Venecia. LECTORES ADULTOS Ruíz Zafón, Carlos: El juego del angel. Ed. Planeta Na turbulenta Barcelona dos anos 20 un novo escritor obsesionado cun amor imposible recibe a oferta dun misterioso editor para escribir un libro como non existiu nunca, a cambio dunha fortuna e, tal vez, moito máis. "A próxima vez que queiras salvar un libro, non te xogues a vida... Levareite a un lugar segredo onde os libros Mendoza, Eduardo: El asombroso viaje de Pomponio Flato. Ed. Seix Barral No século I de nosa era, Pomponio Flato viaxa polos confíns do Imperio romano en busca dunhas augas de efectos portentosos. O azar e a precariedade da súa fortuna lévano a Nazaret, onde vai ser executado o carpinteiro do pobo, convicto do brutal asasinato dun rico cidadán. Moi ao seu pesar, Pomponio vese inmerso na solución do crime, contratado polo máis extraordinario dos clientes, descubrindo un gran segredo. Díaz, Junot: La maravillosa vida breve de Oscar Wao Ed. Mondadori A vida nunca foi fácil para Oscar Wao, un dominicano doce, obeso e algo desastroso que vive coa súa nai e a súa irmá nun gueto de Nova Jersey. Oscar soña con converterse nun J.R.R. Tolkien dominicano e, por encima de todo, con atopar o amor da súa vida. Pero poida que nunca alcance as súas metas debido a unha estraña maldición presente na súa familia desde fai xeracións Premio Pulitzer 2008

Upload: biblio-marques

Post on 30-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Vázquez Freire, Miguel: Anxos en tempo de chuvia. Ed. Xerais Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, se coma un detective que anda na procura de pegadas, non so as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia DE 12 A 14 ANOS DE 14 A 16 ANOS

TRANSCRIPT

Page 1: guia veran 08

DE 12 A 14 ANOS Grippe, María: Los escarabajos vuelan al atardecer.

Ed. SM Tres rapaces coidan as plantas dunha quinta deshabitada e deciden explorala. Cada exploración termina cun enigma. Ademais, descobren un paquete de cartas do século XVIII. Narran a historia de amor entre Emile e Andreas, que termina traxicamente por culpa dun maleficio

Aleixandre, Marilar: A banda sen futuro Ed. Xerais

Non é doado facer amigos nin novo instituto ós dezaseis anos, e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que seus pais a obrigan a ir á clase. Só Poch, o cantante morto de Derribos Arias, é quen de comprendela e manter longas conversas con ela…

Connolly, John: El libro de las cosas perdidas. Ed Oniro. No seu dormitorio do faiado, David, chora a morte da súa nai. Está enfadado e só, coa única compañía dos libros dos seus estantes.Mentres se refuxia neles, descobre que o mundo real e o mundo imaxinario empezaron a mesturarse. Fora a guerra esténdese por Europa e David aterra de golpe nunha terra que é

produto da súa imaxinación, pero aterradoramente real... Gallego, Laura: Dos velas para el diablo. Ed. SM

"Hoy día, ya nadie cree en los ángeles. Sin embargo, hay gente que sí cree en los demonios. Pero los ángeles existen y han existido siempre. ¿Que cómo lo sé? Porque mi padre era uno de ellos. El problema es que, cuando los ángeles te dan la espalda, ¿en quién puedes confiar?"

DE 14 A 16 ANOS

Sierra i Fabra, Jordi: En un lugar llamado guerra. Ed. Galaxia Se foses un mozo e inexperto xornalista, atreveríaste a ir de correspondente a Tudzbestán, un afastado e descoñecido país, no que se está desenvolvendo unha feroz guerra entre os nativos e os rusos?

Funke, Cornelia: Muerte de tinta. Ed. Siruela No fulminante final desta triloxía sobre o Mundo de Tinta, hai sombras negras en Umbra..., Dedo Polvoriento desapareceu. Meggie e os seus pais viven pacificamente esquecendo os pesadelos que pasaron no Castelo de Noite, aínda que cando escurece e Meggie mira impaciente pola fiestra ….

Vázquez Freire, Miguel: Anxos en tempo de chuvia. Ed. Xerais

Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, se coma un detective que anda na procura

de pegadas, non so as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia El señor de los ladrones (Cornelia Funke)

Á morte dos seus pais, Próspero e Bo, chegan a Venecia fuxindo da súa tía, que intenta separalos. Non teñen que comer nin onde vivir. Atopan a un grupo de nenos que baixo o liderado do Señor dos ladróns (un mozo que oculta a súa identidade baixo unha máscara) gañan a vida con pequenos roubos. Un detective gordinflón,

contratado pola súa tía, búscalles por toda a cidade... Este libro é, ademais, unha forma fabulosa de visitar Venecia.

LECTORES ADULTOS Ruíz Zafón, Carlos: El juego del angel. Ed. Planeta

Na turbulenta Barcelona dos anos 20 un novo escritor obsesionado cun amor imposible recibe a oferta dun misterioso editor para escribir un libro como non existiu nunca, a cambio dunha fortuna e, tal vez, moito máis. "A próxima vez que queiras salvar un libro, non te xogues a vida... Levareite a un lugar segredo onde os libros

Mendoza, Eduardo: El asombroso viaje de Pomponio Flato. Ed. Seix Barral No século I de nosa era, Pomponio Flato viaxa polos confíns do Imperio romano en busca dunhas augas de

efectos portentosos. O azar e a precariedade da súa fortuna lévano a Nazaret, onde vai ser executado o carpinteiro do pobo, convicto do brutal asasinato dun rico cidadán. Moi ao seu pesar, Pomponio vese inmerso na solución do crime, contratado polo máis extraordinario dos clientes, descubrindo un gran segredo.

Díaz, Junot: La maravillosa vida breve de Oscar Wao Ed. Mondadori

A vida nunca foi fácil para Oscar Wao, un dominicano doce, obeso e algo desastroso que vive coa súa nai e a súa irmá nun gueto de Nova Jersey. Oscar soña con converterse nun J.R.R. Tolkien dominicano e, por encima de todo, con atopar o amor da súa vida. Pero poida que nunca alcance as súas metas debido a unha estraña maldición presente na súa familia desde fai xeracións

Premio Pulitzer 2008

Page 2: guia veran 08

COMIC Batman año uno

Batman Año Uno recrea o mito de Batman. O cómic, con guión do gran debuxante Frank Miller, narra dúas historias simultáneas: por un lado, un xoven Bruce Wayne que adopta a personalidade de Batman e dá os seus primeiros pasos como home morcego, e por outro a chegada do tenente James Gordon á corrupta policía de Gotham City. O relato móstranos como Batman inicia a súa misión e comete os

primeiros erros e aprende deles, e como Gordon intenta manterse íntegro, enfrontado ao crime que infesta a cidade…

Ibáñez, Francisco: Guía para la vida del estudiante de hoy en día

Esta guía pretende adestrar ós moz@s en todos aqueles coñecementos básicos para a súa educación escolar: «Como comportarse en clase», «Os estatutos do copión», «A lei de Murphy do estudante», «Os tipos de profesores», «Técnicas de estudo». Unha guía que fará as delicias do estudante e provocará sarpullidos en pais e profesores.

Corto Maltés: La balada del mar salado (Hugo Pratt) Primeira historia do personaxe creado por un dos máis

grandes do cómic de todos os tempos, Hugo Pratt. Atopamos a Corto flotando abandonado nunha balsa e rescatado polo seu ‘amigo’ o pirata Rasputín. Secuestros, fugas, batallas, amor, a illa escondida, o mítico pirata ‘el monje’… Todo isto no medio da I Guerra Mundial. A personalidade de Corto e a súa forma de ver as cousas atráenos desde un principio e xa non nos deixa, nin nesta nin nas súas

seguintes aventuras. Thom (Andrés Meixide)

Thom é un granxeiro do medio Oeste americano emigrado a Galicia, que sofre os mesmos problemas que os granxeiros galegos, comparte aventuras cos animais da granxa e suspira polos rañaceos de Nova York. Sempre andan todos metidos en líos, nos que abundan as situacións humorísticas sacadas da realidade máis actual

.

LECTURAS DE VERÁN 2008

Disfruta da praia, disfruta do

verán… e disfruta ca lectura. Felices vacacións!!