gozando no laxeiro 1ª avaliación

13
Club de lectura Gozando no Laxeiro” Este é un club de lectura diferente; ás veces, lemos o mesmo libro e comentámolo entre todos e todas; outras, un distinto para presentárllelo aos demais desexando que se animen a lelo. Abofé que tivo éxito. Velaquí as nosas suxestións da primeira

Upload: trafegandoronseis

Post on 19-Jul-2015

95 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

Club de lectura “Gozando no Laxeiro”Est e é un c lub d e l e c tu ra

d i f e r en t e ; á s v e c e s , l emos o mesmo l i b ro e c omen támo lo en t r e todo s e todas ; ou t ra s , un d i s t i n to para pr e s en tá r l l e l o ao s d ema i s d e s exando que s e an imen a l e l o . Abo f é que t i v o éx i t o . Ve laqu í as no sas suxe s t i ón s da pr ime i ra ava l ia c i ón .

Page 2: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

Anabel, Manuel, Marcos, Adrián, Alejandro, Miguel, Isaias, Javier, María e Verónica.

Page 3: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

Cada l e c t o r apar e c e p r e s en tándovo s a l e c tu ra que r e comendou .

Poded e s v e r as d ema i s l e c tu ras que gozou cada a lumno po i s apar e c en na fo to xun to a e l e s .

A me l l o r l e c t o ra f o i Verón i ca , e po r e la empezamos .

Page 4: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

O Gran Reino Esta novela encantoume: a

verdade é que non quería acabar

de ler o libro do que me estaba a

gustar.

Destaco a personaxe de Gala,

superdotada, brillante, pero

tamén manipuladora e enferma.

As súas amigas vana deixando de

lado e ela mergúllase na lectura e

vai perdendo as ganas de inxerir

alimentos.

Recoméndollo a quen lle

interesen os problemas

psicolóxicos, a anorexia , as

relacións humanas…

Verónica Vázquez, 3º PDC

Page 5: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade. F.Cimadevila e Iván Valladares.

Gustoume moito! Peter vai pasar o Nadal co seu tío co que vivirá aventuras sorprendentes na Cidade dos Tellados. Destacaría os seguintes personaxes: Rivka, unha nena gata; Gabriel, que se converte no cruel Duncan, por mor dun poderoso bastón que lle rouba a personalidade; e Jim,Jim un gato que está por todas partes.O que máis me agradou foi o final, porque os pais de Peter deciden que quede a vivir co seu tío. O que menos me gustou foi cando secuestran ao protagonista.Recoméndollelo a todas as persoas que lles guste a fantasía.

Anabel Ramos, 3º PDC

Page 6: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

Todos somosMarcos Calveiro

Este é un libro de misterio e tristeza; unha historia que podería pasarlle a calquera.Conta a historia de Natalia, unha rapaza que desapareceu sen deixar pegadas; pero, sobre todo, é a historia de como viven a súa familia, amigos e a sociedade a súa ausencia. O que máis me gustou foi a relación entre a inspectora e Antón; aos dous aféctalles moito o caso. O que menos, foi o final, gustaríame que rematase doutra maneira, pero aínda así recoméndovolo a todos.

María Iglesias, 3ºPDC

Page 7: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

A chamada da selva Jack London

Desenvólvese arredor dun can que vai pasando por diversos donos ata que decide ser libre. Isto último foi o que máis me gustou: que o can fixese realidade a chamada da selva. O que menos, foi que me pareceu un libro moi cruel pois o animal pasa de vivir tranquilamente nunha granxa a soportar as duras condicións da busca do ouro en Alaska.Destacaría a relación tan estreita que tivo co seu último dono John Thornton.Recomendado para lectores non moi sensibles ante as desgrazas dos demais.

Marcos Sampayo, 3ºPDC

Page 8: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

Pel de lobo Xosé Miranda

Gustoume porque este libro se desenvolve nunha zona rural, coa que me sinto moi identificado.Un cazador e o seu fillo Xosé son chamados para cazar dous lobos, un negro e un branco que teñen atemorizados a toda a xente do Incio. Conseguirano?Os personaxes que máis me chamaron a atención son Ana e Aurora, de carácter moi diferente e cun papel fundamental na historia.Se queres coñecer algo máis sobre o mundo dos lobishomes le este libro no que se relatan varias lendas sobre eles.

Isaias Medala, 3º ESO A

Page 9: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

Intercambio cun inglés Chistine Nöstlinger

É este un libro con momentos de alegría e humor, aínda que tamén ten outros tristes. Como moi ben indica o título, Jasper vai pasar uns días na casa dun neno para que este mellore o seu inglés. Jasper é diferente, non se ducha, non limpa a súa habitación, leva sempre consigo unha saco cheo de pedras… Pouco a pouco descobren o seu drama… De lectura fácil, recoméndollelo a todos aqueles que non estean habituados a ler.

Manuel Pérez, 3ºPDC

Page 10: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

O corazón de Xúpiter Ledicia Costas

Este libro cativoume dende o primeiro momento. Encantoume que Mar se fixese amiga de Isla; esta semellaba estar interesada en Anxo e, non obstante, non quere nada con el; porén non me gustou nada a relación que se estableceu entre Carballo e a protagonista, chegando mesmo ao acoso.Recoméndollelo a todos porque trata dun tema de actualidade: os perigos en Internet. Non debemos fiarnos e estar sempre alerta.

Adrián Vázquez, 3ºPDC

Page 11: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

Vaiche boa! Paul JenningsEste libro é un conxunto de relatos que están relacionados pola temática do humor ou misterio.Os relatos que máis me gustaron foron O esqueleto do retrete, que fai pasar ao protagonista un medo terrible. Outro, que tamén destacaría foi a Caixa voadora de pulseira no que o enganador pasa a ser o enganado.Quizais o que menos me convenceu foi O blues do faro porque se me fixo longo.É un libro de fácil lectura e divertido que lle recomendo a todos os lectores.

Miguel da Cunha, 3ºPDC

Page 12: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

Unha estrela no vento

Recinto Gris

Ledicia Costas

Este libro conseguiu emocionarme cos problemas que sofre, Nube, unha nena diferente. Destacaría o uso da forza e a maldade para atemorizar á xente. O que menos me gustou foi o final pois pareceume surrealista. Recoméndovo xa que ten moita intriga.

Alejandro, 3ºPDC

Gustoume moito porque trata temas moi diversos:racismo amistade, amor ou violencia. Destacaría a relación entre Reina e Miguel ou a deste co seu curmán Abel. O que menos me gustou foi a traizón do Maqui.Lédeo todos que é unha lectura amena e rápida.

Javier Castro, 3ºPDC

Page 13: Gozando no Laxeiro 1ª avaliación

Animádevos e gozaredes coma nós!