gontade

13
GONTADE GONTADE Noelia Iglesias (3ºB)

Upload: heladio-anxo-fernandez

Post on 24-May-2015

701 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Gontade

GONTADEGONTADE

Noelia Iglesias (3ºB)

Page 2: Gontade

Gontade é unha aldea con dezaseis veciños, pertencente a parroquia de San Mamede de Piñeiro. Está formada por casas bonitas que destacan no conxunto, pero tamén por casas antigas e abandonadas dende fa i tempo.

Unha cualidade da miña aldea é que hai moita auga xa que aquí temos bastantes fontes.

A casa máis fea que hai en Gontade é unha casa abandonada. Antes está casa estaba habitada por xente que marchou dela, cando foi traballar para Arxentina. A casa que máis destaca no conxunto, está feita de pedra, ten xardín , e unha piscina.

Gontade está situada na ladeira do monte Xesteiras. A miña aldea ten bastantes árbores. Entre eles destacan: piñeiros, eucaliptos, carballos e castiñeiros.

As casas están divididas en dous grupos: Nun grupo hai dez casas e noutro seis casas. No meu lugar aínda se traballa na agricultura e hai algúns animais como vacas, ovellas e galiñas.

Gontade

Page 3: Gontade

A casa da esquerda é unha casa antiga restaurada. Esta casa non é que me guste moito, pero é a que mellor encaixa no grupo de casas da aldea, porque é antiga é esta feita con pedra do país, aínda que lle fixeron algunhas reformas e puxerónlle doutra pedra.

A casa da dereita non me gusta porque por un lado ten uralita pegada na parede para que non lle entre a humidade. Polo outro lado está pintada.

As casas

Page 4: Gontade

A casa da esquerda é a que máis me gusta da aldea, aínda que non encaixa moito no coxuntos das outras casas, porque é unha casa nova que aínda hai pouco que está feita. Como se pode ver a pedra non é igual que a das casas antigas. O tellado está feito de pizarra, non con tellas do país, como teñen a maioría das casas da aldea.

A casa da dereita é unha das casa abandonadas, en ruínas. Os seus donos marcharon hai moito tempo para Arxentina e non regresaron.

As casas

Page 5: Gontade

Este hórreo está feito de pedra e madeira. O tellado ten tella do país. Nas dúas puntas do tellado ten dous remates moi bonitos, un é unha cruz que está por riba da porta do hórreo.

A pedra fíxoa o avó da miña bisavoa, o mesmo que fixo o pozo, polo tanto debe de ter máis de dous séculos, igual que o pozo. As madeiras fixoas meu bisavó (chámanse duelas do hórreo). O hórreo serve para gardar o millo, despois de que se colleita, porque o millo cando se recolle, non está ben curado. No hórreo cúrase ben para despois poder moelo no muíño.

O hórreo

Page 6: Gontade

A fonte de arriba é a do Souto. Fíxoa un veciño que xa fai anos que morreu, chamábase Enrique Torres. Está fonte está abandonada. Antes era onde viñan lavar a roupa as mulleres da aldea, xa que nas casas non había auga. Tamén ían buscar auga para beber, cociñar e lavar.

Agora queren restaurala , xa que é a única fonte antiga que temos na aldea. Na pedra onde está o cano ten gravados o xugo e as frechas do escudo da Falange.

Ten catro pías, como se ve na foto, e dous lavadoiros para lavar a roupa.

A fonte de abaixo, chámanlle a fonte da Penaranda. Esta é unha fonte moi boa, con auga abundante. Está no camiño que vai para o Xesteiras

As fontes

Page 7: Gontade

O pozo de Gontade

Antes collíase auga neste pozo, o único de Gontade, porque antigamente non había auga da traída, entón collían aquí auga para cociñar, lavar e para os animais.Para facelo, tiveron que ir ó monte Xesteiras, buscar as pedras cun carro tirado por bois e tíñanas que cargar á man. Unha vez que as tiñan na casa, traballábanas á man con ciceis e un martelo, ata darlle a forma que querían, así foi como fixeron os aneis do pozo.Este pozo foi obra do avó da miña bisavoa ( chamábase Manuel Magán) que era moi bo canteiro. Tivo que facer o buraco do pozo, todo á man, cun pico unha picaraña e unha pá. O pozo ten once metros de fondo. Unha vez feito o buraco, colocoulle os aneis de pedra. Despois fixolle unha tapa de madeira . O ferreiro fixolle un arco de ferro, onde lle colocou unha roldana enganchanda cuns arames. Logo, pasou unha corda pola roldana e colgoulle un caldeiro de cinc, que pesaba moito. Así, cando soltaba a corda, o caldeiro ía parar ó fondo do pozo. Despois cando tiraba da corda, saía o caldeiro cheo de auga.

Page 8: Gontade

Este aparello que vemos na foto é un arado antigo, que servía para labrar a terra. Tiraban por él dúas vacas e ía unha persoa detrás agarrándoo, así era como se facían os regos que antigamente eran nomeados como sucos. Así traballaban a terra para despois sementala.

Este arado está feito de madeira e na punta ten un ferro en forma de pá. Despois deste arado fixeron outro mellor, que era todo de ferro pero tamén tiña que ser tirado por vacas, era parecido ó que teñen agora os tractores.

Este arado de madeira fíxoo o meu bisavó que era carpinteiro. Chamábase Ramón Torres.

Un arado antigo

Page 9: Gontade

Este pote está feito de ferro e pesa moito. Antes cocíanlle aquí a comida ós porcos.

Noutro coma este, máis pequeño, era onde facían a comida antigamente, facíana nunha lareira de pedra e poñíanlle por abaixo uns ferros en forma de triángulo que se chamaba trespés porque tiña tres pés. Por abaixo facíanlle o lume para quentar o pote.

Un pote antigo

Page 10: Gontade

En Gontade temos esta carballeira, que ten moitos carballos e moi antigos, pois teñen máis de dous séculos.

Chámase carballeira do Porto do Laxo porque o conxunto de casas a carón dela chámase Porto do Laxo, pero é todo a mesma aldea, Gontade.

Está moi descoidada, os carballos levan moitos anos sen derramar, por iso non se ven ben. A ver se agora os derraman e limpan un pouco a carballeira.

A carballeira

do Porto do Laxo

Page 11: Gontade

No monte Xesteiras hai moitos piñeiros e eucaliptos que son explotados pola Comunidade de Montes de Gontade.

Aquí nesta foto vese a madeira cortada de eucalipto. Tamén se ven os piñeiros que están verdes.

A explotación da madeira

Page 12: Gontade

Este é o monte Xesteiras.Como se ve, ó seu pé está a aldea de Gontade.

Este Monte mide 710 m de altura. Desde o seu cume ten moi boas vistas, vese todo Cuntis, Santiago e moitos máis sitios. No cume hai varias antenas , coma a de Retegal, (que é a de Radio Televisión de Galicia). Tamén hai outras de móbiles, unha caseta onde antes miraban dende alí se había lume nalgún sitio do monte. Ten moitos piñeiros e eucaliptos. Tamén destacan algúns outeiros moi grandes.

O monte Xesteiras

Page 13: Gontade

A Pedra da Aguia e a Casa dos Soldados son dúas formacións rochosas moi espectaculares que se atopana subindo cara o cume do Xesteiras.

A pedra da Aguia din que ten forma de aguia. Está cerca das antenas. Fai de marco onde se divide o monte Xesteiras, entre San Mamede, Couselo e Portela.

A Casa dos Soldados é outro outeiro grande que está cerca da pedra Daguia. Chámase así porque ten moitos buracos é pódese entrar dentro da pedra por un deles.

A Pedra

da Aguia

e a Casa dos Soldados