folleto marxes filmicas 2014, finlandia

2

Upload: museo-etnoloxico-ribadavia

Post on 01-Apr-2016

225 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Folleto coa sinopse dos filmes a proxectar no ciclo de 2014: Marxes fílmicas adicado a producións cinematográficas de Finlandia. En colaboración co Cineclube Padre Feijoo de Ourense, a Federación de Cineclubes de Galicia e o Instituto Iberoamericano de Finlandia

TRANSCRIPT

Page 1: Folleto marxes filmicas 2014, Finlandia
Page 2: Folleto marxes filmicas 2014, Finlandia

A TEORÍA DE KORSO (KORSOTEORIA)

(2012, Finlandia) 30 min. Dirección: Antti Heikki Pesonen. Guión: Antti Heikki Pesonen | Cámara: Aarne Tapola | Montaxe: Hanna Kuirinlahti |Escenografía: Maura Pusa | Música: Antti Pouta | Reparto: Armi Toivanen, Santeri Mäntylä, Asko Sahlman, Max Ovaska, Juha Kukkonen, Sanna-Kaisa Palo. Producción: Tia Kalenius | Distribución: Instituto Iberoameri-cano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en �nés con subtítulos en castelán.

Sinopse:Elli traballa nun almacén e está a buscar unha vida mellor lonxe de Finlandia. Non obstante, isto é máis doado dicilo que facelo. A película mostra a vida cotiá nun suburbio �nlandés aderezada con dose dun humor negro e agridoce. Gañou o primeiro premio á mellor idea no concurso "Nordic Talents" de Copenhaguen. Ademais, esta mediometraxe gañou premios no festival alemán "Sehsüchte" (mellor película e mellor actor), no Artova Film Festival en Finlan-dia (mellor curtametraxe de �cción) e no Festival de Cine de Támpere de Finlandia (Premio Risto Jarva, Premio Especial do Concurso Nacional e a Mención de Honra do Xurado Novo).

UNHA SEMANA TRANQUILA (HILJAINEN VIIKKO)(2012, Finlandia) 18 min. Dirección: Jussi Hiltunen. Guión: Jussi Hiltunen | Reparto: Antti Luusuaniemi, Rosa Salomaa, Niilo Syväoja, Sampo Sarkola. Producción: Kaarle Aho / Making Movies yo | Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia| Exhibición: dixital (DVD) VOS en �nés con subtítulos en castelán.

Sinopse:Curta que trata de dúas persoas que non se coñecen, pero que teñen que compartir a culpa por unha vítima inocente asasinada nun tiroteo fronte a unha discoteca. Gañou o premio á mellor curta de �cción e do xurado novo en Támpere International Short Film Festival.

A CARGA DO MEU CORAZÓN (SYDÄMENI TAAKKA)(2011, Finlandia) 45 min. Dirección: Iris Olsson, Yves Niyongabon. Guión e rodaje: Iris Olsson | Montaxe: Oskari Korenius, Iris Olsson | Son: Kimmo Vänttinen, Toni Teivaala. Producción: Claes Olsson & Iris Olsson / Nordic Film Pool | Distribución: Instituto Iberoame-ricano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en �nés con subtítulos en castelán.

Sinopse:Un grupo de homes está sentado diante dun cubo de auga limpando ósos. Unha nai de familia sen pernas reza durante o día na igrexa, pola tarde cos seus �llos e pola noite soa, envolvida na escuridade. Outros aldeáns reúnense á luz das velas para recordar os seus seres queridos. Algúns choran, a maioría non. O �lme fala dos superviventes da guerra ruandesa entre tutsis e hutus, que han de continuar vivindo, despois do inferno. Tamén se centra na xeración seguinte, que espera para crear paz no medio das ruínas. En outubro de 2012, a película gañou o Premio do Xurado Novo no Festival DOK de Leipzig.

UNHA CLASE ESPECIAL (OMAA LUOKKAANSA)(2010, Finlandia) 67 min. Dirección: Iiris Härmä. Guión: Iiris Härmä | Montaxe: Tuula Mehto-nen | Rodaxe: Hannu-Pekka Vitikainen. Producción: Visa Koiso-Kanttila, Guerilla Films 2010 en colaboración con YLE Yhteistuotannot |Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en �nés con subtítulos en castelán.

Sinopse:Emotivo documental no que se observa o último ano dunha extraordinaria clase e a súa profe-sora, Ulla. A clase fórmana once mozos con problemas de aprendizaxe para os cales estudar non está relacionado co entusiasmo, senón coa soidade, a frustración e o acoso escolar. Ulla ensinou teatro a nenos e mozos durante moito tempo, pero este ano, que tamén é o último como profesora, é moi especial. Ela revolucionará o currículo desta clase e achegarase aos once mozos dun xeito moi creativo. Este �lme ten gañado o “Church Media Foundation 2010”