entrevista xavier queipo

11
Xavier Queipo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados XAVIER QUEIPO (Santiago de Compostela, 1957). Licenciado en Bioloxía e en Medicina, traballa en Bruxelas. Como escritor ten colaborado en diferentes revistas literarias (“Revista das Letras”, Grial ”...) e conta cunha inxente produción narrativa con obras como Ártico e outros mares (Premio da Crítica Española, 1990), O paso do noroeste (Premio de Novela García Barros, 1996), Extramunde (Premio Xerais de Novela, 2011). Recentemente acaba de publicar a obra 55 (2014). Tamén ten publicada poesía (Nos dominios de Leviatán / Glosarios...) así como tamén bastante literatura infanto-xuvenil (O espello e o dragón / Saladina...) lunes 2 de marzo de 2015

Upload: asnosasletras

Post on 18-Jul-2015

90 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Entrevista Xavier Queipo

Xavier Queipo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

XAVIER QUEIPO (Santiago de Compostela, 1957). Licenciado en Bioloxía e en Medicina, traballa en Bruxelas. Como escritor ten colaborado en diferentes revistas literarias (“Revista das Letras”, “Grial”...) e conta cunha inxente produción narrativa con obras como Ártico e outros mares (Premio da Crítica Española, 1990), O paso do noroeste (Premio de Novela García Barros, 1996), Extramunde (Premio Xerais de Novela, 2011). Recentemente acaba de publicar a obra 55 (2014). Tamén ten publicada poesía (Nos dominios de Leviatán / Glosarios...) así como tamén bastante literatura infanto-xuvenil (O espello e o dragón / Saladina...)

lunes 2 de marzo de 2015

Page 2: Entrevista Xavier Queipo

O primeiro premio foi o “Premio Nacional da Crítica española”, por Ártico, que foi o que me convenceu de que podía seguir adiante, que non tiña que ter medo de competir e que se cadra o que eu tiña que contar resultaría de interese. Logo cada premio é un estímulo, e máis aqueles que son resultado da votación dun colectivo como o “Arcebispo San Clemente” (por Extramunde) ou aqueles que significan un recoñecemento dos teus propio compañeiros, como o da “Asociación de escritores en Lingua galega” pola tradución do Ulyses ou o de escritor máis destacado de 2011, concedido pola “Asociación galega de editores”.

Xavier Queipo

1. Os premios literarios axiña marcharon da man da súa obra... (García Barros, Xerais...) Que supuxeron para a súa obra? Compromiso maior coa nosa literatura, medo ante novos retos....?

2. Tamén podemos ver que na primeira década da súa produción literaria esa era inxente... pero a partir do 2000 xa se foi espaciando. Cales son as causas? Madurez, unha maior reflexión....

Non debe estrañar. Hai varios factores que levan a esa situación. Por unha banda eu estivera “gardando materiais na gabeta” até que se me deu a oportunidade de publicar por primeira vez e cando me deron o premio da crítica española, os editores comezaron a pedir material, e eu xa tiña unha parte dese material a disposición. Por outra eu traballaba nun posto de menor responsabilidade do que agora me ocupa, que consome moitas horas e deixa menos tempo para a escrita. De todos gustaríame que botásedes unha ollada á lista que aparece en Galipedia http://gl.wikipedia.org/wiki/Xavier_Queipo , pois non atino a ver un descenso significativo na produción se non é nos últimos catro anos.

3. Aquí na Estrada deixou Vostede unha pegada co Paso do Noroeste, gañadora no ano 1996 do “Premio de Novela Manuel García Barros”. Que supuxo este premio para Vostede e para a súa obra literaria futura?

Moito. En primeiro lugar dicir que non o puiden recoller por estar embarcado nos mares de Terranova, e coido que así anticipo información para unha pregunta posterior. En segundo lugar explicar que ese libro conseguiu que me adxudicaran dúas etiquetas, unha positiva, coido eu, como escritor do mar (dende o mar, dende terra xa hai outros), a segunda máis negativa, como unha especie de traidor, por ter escollido como heroes do mar a un capitán e a un cirurxián franceses e non galegos (velaquí unha manifestación absurda de sectarismo e dun dogmatismo umbilical). Quédome sen ningunha delas, unha por parcial, pois tamén escribo doutras cousas, como se evidencia ao longo da miña obra, que se unha cousa é, é variada en temas e rexistros, e a outra, inxusta polo sectaria e porque de seguro que non é necesario que o heroe dunha novela sexa galego para que esta sexa 100% unha novela do sistema literario galego.

Xavier Queipo (con gorro azul de la) como axente de control en altamar

lunes 2 de marzo de 2015

Page 3: Entrevista Xavier Queipo

Dende que en 1982 abandonei Compostela non deixei de viaxar polo mundo adiante, primeiro con base en Vigo fun profesor axudante na Universidade do Porto, viaxei a Dinamarca para representar ao estado español no Consello Internacional de Exploración do Mar, logo de por mar a Terranova, St. Pierre at Miquelon, Noruega e as illas de Svalbard. Máis tarde en viaxe de estudos a Thailandia, Macao, Hong-Kong e Guanzhou. Xa con base en Bruxelas, dende 1989, fixen escala en todos os países que daquela compoñían a Unión Europea a 12 e despois a 15, recalando outra vez en Noruega, varias veces nos Estados Unidos (Boston, Chicago, La Jolla), en Canadá (Halifax, St. Johns) e México (Ensenada, na baixa California). Visitei Cuba, Florida e Xamaica. Traballei en Australia, Turquía e nos novos países da Unión Europea, agora 28. Este resumo non é para abraiar senón para dar conta de que as viaxes, unhas de pracer (as menos) e outras de traballo (as máis) constitúen unha das características da miña vida. Despois está o abraio de Oriente, a curiosidade por outras culturas e outras linguas (de adolescente e xa entrado na Universidade, as lecturas de antropoloxía constituían unha das miñas afeccións favoritas) levoume a lecturas regulares de ensaios e literatura doutros sistemas literarios. Non resulta, pois, estraño que o meu mundo, as miñas experiencias e as miñas querenzas tamén se sitúen afastadas das fronteiras do meu país, que non é lugar de residencia física senón de vacacións e referentes, as máis das veces nostálxicos.

Xavier Queipo

4. 4.- Vemos que nas súas novelas hai unha ampla predilección polos espazos lonxanos (Ártico, África, o noroeste cara Xapón e China...) Por que esta viaxe por espazos lonxanos literariamente falando?

5. Como se pode adiviñar dende a obra Papaventos, José Saramago é un referente seu, ou non?

Saramago foi un referente importante, en particular as novelas A Jangada de Pedra e Memorial do Convento ou Ensaio sobre a cegueira. Despois cando pasou a escribir nun português “españolizado” comezou a me interesar menos, até que nos últimos títulos xa se converteu nunha decepción. Hai outros autores que eu considero máis influíntes como Borges, Cortázar, Kafka, Ionesco, Sarduy, Auster, Murakami, Octavio Paz, Cunqueiro, Beckett, Manuel Antonio, Carpentier, Lezama... moitos outros

lunes 2 de marzo de 2015

Page 4: Entrevista Xavier Queipo

Dende 2007 entrei a formar parte do Dichterscollectif van Brussel/Colectivo de poetas de Bruxelas (http://www.passaporta.be/en/passa-porta-lab/brussels-poetry-collective, https://www.facebook.com/pages/Brussels-Dichterscollectief-Collectif-de-po%C3%A8tes-bruxellois/302771533132665?ref=aymt_homepage_panel). O colectivo quedou desactivado en 2012 por mor do éxito do seu coordinador (David Van Reybrouck, “Premio Médicis” de Ensaio por Congo). Recuperámolo a mediados de 2014 e xa estamos de novo en acción con dous espectáculos próximos, un sobre poesía erótica do Festival Passaporta de literatura internacional en Marzo, e, xa de inmediato, arredor de “como saír da crise/We traders”, unha exposición e unha performance sobre os nosos textos que se desenvolverá no Centro de Belas Artes de Bruxelas en Abril, baixo o impulso do “Instituto Goethe de Cultura Alemana”. Dende o primeiro instante en todos os espectáculos nos que participei que foron moitos lin os meus textos en galego e apareceron na pantalla en francés e holandés e moitas veces tamén en inglés. Un poema en galego estivo dúas semanas exposto na Gran Place de Bruxelas, o corazón de Europa. O galego é considerado unha lingua máis desta cidade, que ten a honra ser unha babel de linguas, con máis dun cento rexistradas nas súas rúas. Eu vivo nun barrio moi mesturado, con gran presenza africana, e así nas tendas e nas rúas escóitase lingala, kikongo, congo, swahili, togolés, portugués caboverdiano, mais tamén as asiáticas como tailandés, vietnamita, xaponés, urdú, bengalí, malaí, parsi, por non falar das linguas europeas todas sen excepción, dende Ortegal a Istanbul, dende Malta ao Cabo Norte. En canto á nosa literatura, máis alá deste respecto pola lingua, non é moi coñecida, como acontece por descontado con moitas outras literaturas cun escaso número de lectores. Somos o país que somos e temos os medios que temos e sen vimbios (cartos) non se poden facer cestos.

Xavier Queipo

7. Bruxelas, “Grupo de poetas de Bruxelas”... Como se ve dende a lonxanía a nosa literatura contemporánea?

6. Vostede mesmo recoñeceu que desde Venenos escribiu un teatro que ten certos riscos... A que se refire? Riscos de posta en escena ou obras selectivas?

É certo e xa o dixen en moitas ocasións, que eu escribo como un xeito de terapia, para aforrar o psicanalista e para botar fóra todos os medos, teimas, obsesións ou fantasmas do subconsciente. O libro pertence sempre a quen o escribe, o que o le xa o deforma coa súa percepción/interpretación/ritmo de lectura e dalgún xeito escribe outro libro distinto. Trátase dun proceso nin sempre lineal, unhas veces asimétrico e case sempre biunívoco. Se así non fose, se non houbese unha interacción, o lector pecharía o libro e diría “até aquí cheguei e aí te quedas”. Como todos os escritores e, por extensión, como todos os artistas, teño un ego moi forte (o artista que diga o contrario mente coma un vellaco), pois teño a ousadía de dicir, teño algo que dicir, teño algo que mostrarvos, sexa unha novela ou un poema, unha fotografía ou unha canción, unha escultura ou un edificio singular.

lunes 2 de marzo de 2015

Page 5: Entrevista Xavier Queipo

Xavier Queipo

8. Tamén achamos abondo a presenza do mar nas súas obras... vostede que naceu “terra dentro”, como entendermos esta tendencia?

O meu traballo levoume a longas estadías no mar. Primeiro como biólogo a bordo de navíos de pesca en Terranova, Noruega e as illas de Svalbard (1984-1985). Daquela vivín máis días no mar que na terra. Despois houbo outro período entre 1989 e 1996 cando como axente especializado en control en altamar, traballei coas mariñas de guerra de Irlanda, Portugal e o Reino Unido ou coas gardas costeiras de Holanda, Bélxica ou Dinamarca. Aí visitaba en altamar barcos de moitas nacións europeas e aínda barcos rusos, cubanos, xaponeses, americanos, canadenses, feroeses, coreanos... Comprenderedes que o mar teña deixado gran pegada en min, un rapaz de Compostela que apenas se sabía nadar e se confrontaba co Océano inmenso.

9. A súa obra máis recente, 55, celebra os seus 55 anos. Sen embargo, en lugar de ter 55 relatos, como sería normal, ten 56. Que significa ese relato extra? Significa este relato que aínda quedan moitos anos-relatos que vivir-escribir?

10. A comezos deste século da súa pluma tamén comezou a xermolar a lírica... Por que intuímos que nestes intres esta pluma se inclina de novo máis cara á narrativa?

Gustaríame que desterrásedes a verba “normal” do voso vocabulario e a usásedes só para estatística (distribución normal). O antónimo de normal sería anormal e iso é un insulto, ou se o preferides o xermolo dunha ideoloxía que rexeita ao diferente, que expulsa ao estranxeiro, que menospreza ao excéntrico. Podedes subsituíla por “frecuente”, que non ten ningunha connotación negativa. Dito isto, o libro tiña 55 relatos e estaba planeado que saíra tendo eu 55 anos. Non puido ser así e saíu tendo eu 56 e por iso engadín un relato máis (o limiar). Eu aínda teño moito por contar, pois felizmente a miña vida, xa non curta, é pródiga en experiencias e sentimentos, en descubertas e proxectos de futuro.

Unha cousa é o que se escribe e outra o que se publica, que nin sempre teñen unha relación biunívoca. É verdade que en Galiza non teño publicado poesía –agás algunhas colaboracións esporádicas- mais en Bélxica si colaborei e colaboro en proxectos poéticos, como a Constitución Europea dos poetas (ver ligazón), ou nas actividades do “Colectivo de poetas de Bruxelas”. Teño, en verdade moitas páxinas de poesía non-lírica escritas e sen publicar por non ter atopado tempo abondo para agrupalas en “poemarios”. Eu son escritor e síntome á vontade escribindo, sexa poesía, ensaio, narrativa ou teatro (que se cadra é o xénero que teño ensaiado menos).

Xavier Queipo (con gorro azul de la), actuando de axente de control en altamar

lunes 2 de marzo de 2015

Page 6: Entrevista Xavier Queipo

12. Varias das súas obras foron traducidas ao irmán portugués... Necesita a nosa literatura traducións a este idioma ou máis ben habería que buscar outros mundos, outros idiomas?

Xavier Queipo

Eu non son filólogo senón simplemente usuario da lingua. Deixo que sexan os expertos na evolución das linguas, na sociolingüística e na filoloxía os que definan a norma. Despois eu podo usala ou non, torcela ou retorcela até o máximo, mais unha norma é necesaria, aínda que sexa para rachala. O que non poden existir son varias normas ao mesmo tempo. Esa cacofonía lingüística é motivo de rexouba permanente (e coido en pensar que xustificada) polos inimigos da nosa lingua. Os lectores portugueses non son quen de ler o galego como non o eran de ler o brasileiro (e viceversa), por iso antes da “norma común” (que é ben recente) os libros traducíanse do português ao “protugués do Brasil”. Coido que pasar os textos ao português é tan necesario como facelo ao castelán ou a outras linguas, do mesmo xeito que os libros noruegueses se traducen ao dinamarqués e viceversa.Eu teño xa unha boa parte dos meus textos poéticos traducidos ao francés, inglés neerlandés e algúns aínda en turco ou en alemán. Teño libros traducidos ao castelán, ao francés e ao italiano e algúns textos narrativos ao inglés.

11. Firme defensor do plurilingüísmo... está neste a solución normalizadora do noso idioma?Eu practico un multilingüismo pragmático, ou sexa uso das varias linguas que falo nos lugares e circunstancias que eu considero axeitados, quer na fala, quer na escrita. Sen deixar de ser escritor galego teño textos orixinalmente escritos en português, castelán, francés ou inglés, ou nunha mestura caótica de todos eles e algún máis. O que semella demostrado cientificamente é que o uso dende a nenez de varias linguas aumenta a capacidade para aprender mellor outras linguas. Non teño a receita para a normalización do galego se non é usalo en todos e cada un dos momentos onde sexa posíbel. Ler, escribir, falar e facer o amor en galego, velaí a fórmula que eu adoito na vida diaria.

Xavier Queipo co escritor belga, Frank de Crits

lunes 2 de marzo de 2015

Page 7: Entrevista Xavier Queipo

14. Por certo, esta tradución foi posibelmente a tradución máis premiada dunha obra ao noso idioma. Non cre Vostede que na nosa literatura aínda hai unha eiva moi grande canto á tradución de clásicos estranxeiros ao noso idioma e temos que recorrer á tradución castelá?

Xavier Queipo

Non o creo. Hai traducións magníficas de grandes clásicos e se non hai máis é por unha cuestión de mercado, non de falta de capacidade, pois hai moi bos tradutores profesionais. A realidade é a que é; en galego le pouca xente e non é doado facer unha inversión se logo só se van vender 500 ou 1000 exemplares no máximo. Moitos dos lectores da nosa contorna, que serían os destinatarios desas traducións, teñen unha cultura literaria elevada e xa leron os grandes clásicos ben nas súas linguas orixinais, ben en castelán. Cada tradución dun clásico é unha aventura económica que nin sempre conta coas axudas necesarias. Dito doutro xeito, non é negocio, e coido en pensar que as editoriais están aí no mercado para vender libros e ter beneficios.

13. A primeira vez que Ulises de James Joyce foi traducido a unha lingua peninsular foi ao galego na revista “Nós”. Que ten a tradución na que Vostede participou que non tiver aquela dos anos vinte?

A tradución primeira do Ulises ao galego é un mito. Otero Pedraio traduciu só un equivalente a un 2% do libro, non as case mil páxinas completas, o que algunha xente non sabe e pensa que foi unha tradución completa. Hai quen diga que hai versións en castelán doutros fragmentos que son anteriores á de Otero, mais ese non é o asunto que interesa agora. A importancia da noticia do Ulises publicada por Vicente Risco e a da tradución de Otero foi demostrar que a xeración “Nós” estaba ao día das novidades editoriais europeas e saudaba esa novidade coa tradución duns fragmentos ao galego.A tradución nosa (Eva Almazán, María A. Seisdedos, Antón Viale e Xavier Queipo) é completa e daquela abordou todos e cada un dos problemas (que non son poucos) como a reiteración das referencias cruzadas á Biblia e a varias obras de Shakespeare (entre outros), a musicalidade especial de certos capítulos, a mestura de linguas, o capítulo que está escrito facendo unha recreación da evolución da lingua inglesa, etc. Otero non abordou todos eses retos, senón que se dedicou a traducir os fragmentos que lle resultaron máis acaídos. É verdade que el contaba con menos ferramentas das que nós e por iso non estou quitando mérito ao seu traballo, senón indicando que non se pode falar de diferenzas pois Otero non traduciu o Ulises, senón uns fragmentos que constitúen unha parte mínima do texto.

Xavier Queipo (primeiro pola dereita portando a pancarta) nunha manifestación contra as nucleares. 1979(80)

lunes 2 de marzo de 2015

Page 8: Entrevista Xavier Queipo

16. E aproveitando isto, vimos nunha entrevista súa que dicía “a invisibilidade do tradutor é unha quimera”...Que pretende dar a entender con este comentario?

Xavier Queipo

Quero dicir nin máis nin menos o que dixen. Como estou contra das tradución literais (palabra por palabra, expresión por expresión), o que traduce ten sempre que por algo da súa parte para adaptar o texto e facelo comprensíbel para o público lector dunha terra e dun tempo. Por regresar ao Ulises, se facedes unha comparación entre os fragmentos traducidos por Otero e os mesmos fragmentos traducidos agora, darédevos de conta que mudou o vocabulario, a orde das palabras, o ritmo e a musicalidade do texto. Pasa algo semellante cos directores das grandes orquestras que interpretan música clásica ou os grupos que fan versións de cancións doutros grupos: a voz, o ritmo, os arranxos, fan distintas as versións, pois na literatura acontece o mesmo.

15. E claro, o mesmo ocorre co caso inverso do galego a outros idiomas, feito que levaría a unha maior universalización da nosa literatura...

Unha cousa é o que nos gustaría e outra a realidade. Unha literatura dunha lingua pouco falada como o galego, o letón, o esloveno ou o maltés (por poñer exemplos europeos) dificilmente é traducida a unha lingua máis estendida (inglés ou chinés como paradigma) a non ser que se dean circunstancias excepcionais (un xornalista que traballa en castelán en “El Pais”, en “La Vanguardia”, en “El Mundo”, en “El Público”, en “ABC” ou en “La Voz de Galicia”, ten abertas as portas ás traducións a partir do castelán e a partir dos grupos de comunicación nos que están integrados os xornais nos que exercen o seu traballo alimenticio). Non é unha cuestión de vontade do escritor senón un traballo das editoriais (que non o fan) e dos axentes literarios (que coido que en Galiza ou interesados pola literatura galega non hai, ou cando menos eu non coñezo ningún).

Xavier Queipo tras unha clase a nenos turcos en Bruxelas

lunes 2 de marzo de 2015

Page 9: Entrevista Xavier Queipo

CUESTIONARIO

lunes 2 de marzo de 2015

Page 10: Entrevista Xavier Queipo

As ruínas de AyutthayaUn monumento

salientábel?

Entre os finados, Álvaro Cunqueiro

e o seu Se o vello Sinbad volvese ás

illas e, entre o

s vivos, Cid Cabido e

o seu Grupo abeliano.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Mourelle de la Rúa e David Melgueiro,

navegantes

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Murasaki Shikibu, La

novela de G

enji.Un/ha autor/-a e u

nha

obra litera

ria estra

nxeiros?

Robinson Crusoe

Un personaxe literario co que

se identifique?

O que soño, o que leo, o que sinto, o que penso e o

que lembro.

Cal é a súa fonte de inspiración

Samsara, de Pan Nalin (2001)

Unha película de cine?

Unha obra teatral?

Macbeth,de Shakespeare e Macbeth de Ionesco

lunes 2 de marzo de 2015

Page 11: Entrevista Xavier Queipo

Unha vida tranquila

Un anceio por realizar?

Vivir na cidad e descansar no rural; Praia nos solpor es

do verán e montaña no outono.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Alaska, para vistar e A serra dos Ancares, para descansar.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A xornada de Omagua e

El Dorado, deu

magníficas novelas.

Un feito histórico?

Vivir nunha sociedade

democrática, non nun

estado onde só se pode

votar.

Unha utopía?

Calquera onde a atención non se vexa

perturbada

Un lugar axeitado para a lectura?

O jazz, “Try your wings” na voz de Blosson Dearie

Un tipo de música? Unha canción?

Estranxeiro, Severo Sarduy e galego Manuel Antonio.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Pasear e conversar

Outro entretemento ademais da lectura?

lunes 2 de marzo de 2015