entrevista ledicia costas

9
Ledicia Costas Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Ledicia Costas (Vigo, 1979) é esencialmente unha narradora que se deu a coñecer na literatura para as idades máis temperás e moi especialmente a partir da publicación da súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta (“Premio Merlín de Literatura Infantil” e “Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015”). Tamén coa súa obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta acadou o “Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015”. Recentemente acaba de publicar Esmeraldina, a pequena defunta. lunes 8 de mayo de 2017

Upload: asnosasletras

Post on 21-Jan-2018

237 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Entrevista ledicia costas

Ledicia Costas

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Ledicia Costas (Vigo, 1979) é esencialmente unha narradora que se deu a coñecer na literatura para as idades máis temperás e moi especialmente a partir da publicación da súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta (“Premio Merlín de Literatura Infantil” e “Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015”). Tamén coa súa obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta acadou o “Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015”. Recentemente acaba de publicar Esmeraldina, a pequena defunta.

lunes 8 de mayo de 2017

Page 2: Entrevista ledicia costas

Ledicia Costas

1. Foi Ledicia Costas unha escritora moi precoz... a que cre que se debeu tal precocidade? Xa dende cativa tivo interese por inventar, crear e escribir historias?

Supoño que a precocidade veu dada pola lectura. Fun unha nena moi lectora. Devoraba libros. Primeiro na escola, e logo durante a miña época de secundaria. Gustábanme moito os xogos de palabras, acudía constantemente ao dicionario... O paso de ler a escribir foi moi natural. Descubrín que unha das cousas que máis me feliz me facía era inventar historias.

Ledicia Costas visitando o IES Manuel García Barros

2. Cando estamos a estudar a literatura galega contemporánea vemos que comezou sendo un mundo de homes -dende logo que Rosalía foi unha clara excepción daquel mundo- para a muller ir cobrando un peso cada vez más salientábel... puido isto influír abondo na nosa normalización literaria?

Por desgraza, aínda queda moito que avanzar. Lamento moito cando persoas do mundo da política o da cultura (todos eles homes), me fan comentarios do tipo aínda es unha nena nisto da literatura, ou oxalá se me pegue a túa “guapura”, ou a ver cando as mulleres deixades de escribir sobre temas tan sensibles e dades o salto. A un home xamais lle farían este tipo de comentarios, que son bastante habituais. É certo que as mulleres publicamos cada vez máis e que imos gañando forza. Iso si: para conseguir a metade temos que traballar o dobre. Isto é así na literatura e na sociedade.

lunes 8 de mayo de 2017

Page 3: Entrevista ledicia costas

Ledicia Costas

3. Con todo, coidamos que esta normalización aínda non debe estar moi acadada cando xorden, e seguen a existir, obras colectivas como poden ser Narradoras, ou revistas como Festa da palabra silenciada... non?

Narradoras foi unha fantástica iniciativa comandada por Fran Alonso. A idea era configurar unha obra que visibilizase a 25 narradoras galegas. Algunhas estabamos aínda empezando. Outras eran xa escritoras consagradas. Creo esta iniciativa foi magnífica. Un xeito de dicirlle á sociedade de comezos do século XXI: as mulleres tamén existen no sistema literario galego e teñen moito que dicir. A Festa da palabra tiña unhas connotacións distintas. Se ben é certo que tamén había unha sección de creación literaria onde moitas escritoras tivemos a fortuna de colaborar, a Festa en si era unha publicación de teoría feminista. María Xosé Queizán foi pioneira en tantas cousas... E temo que non, que a normalización non está, nin moito menos, acadada.

4. Moitas veces temos oíndo que as escritoras e os escritores, especialmente ao se referiren á literatura infantil e xuvenil, se definen como “creadores/-as de soños”... -Vostede mesma o fixo o ano pasado no noso centro-. Até que punto ao se mergullar nesta literatura se disfraza a realidade para chegar aos soños?

O que dixen exactamente é que son filla de dous creadores de soños. Isto vén ao fío de que eu fun a primeira muller da miña familia, tanto por parte materna como por parte paterna, que accedeu á universidade. Os meus pais, dous traballadores incansables que non tiveron a oportunidade de acceder a estudos superiores, sempre me inculcaron a importancia da cultura. Valoraban isto por riba de todas as cousas e eu seguín ese ronsel da mellor forma que souben. Estoulles moi agradecida.

5. Cando con vinte e poucos anos viu publicada a súa primeira obra Unha estrela no vento que sentiu? Imaxinou daquela un posíbel éxito literario coma o que posteriormente chegou?

Cando vin publicada a miña primeira novela, alá polo ano 2000, eu non sabía nada do funcionamento interno do sistema literario galego. Sentíame unha extraterrestre con aquel libro entre as mans. Iso si: unha extraterrestre ben feliz. Das poucas cousas claras que tiña por aquel entón era que quería ser escritora. E para iso tiven que escribir moitos libros.

Retrato realizado pola alumna Andrea Rodríguez Eiras

lunes 8 de mayo de 2017

Page 4: Entrevista ledicia costas

Ledicia Costas

6. Os premios literarios van da man de Ledicia Costas... Até que punto estes premios poden axudar e non a encaixar a unha escritora?

Os premios literarios a min mudáronme a vida, con todas as da lei. Sobre todo os de ámbito nacional. Facerse visible fóra de Galicia é imprescindible, e se contas coa sorte de gañar algún premio o impulso é grande, iso é innegable. Aparecen oportunidades coas que xamais contaras. Mais non se pode esquecer que todos os premios teñen unha compoñente de fortuna. Non é bo obsesionarse cos premios. O traballo hai que seguir facéndoo día a día.

7. Dende logo que falarmos de Ledicia Costas non é so falarmos da Escarlatina, a cociñeira defunta... mais, que supuxo para Ledicia o recoñecemento e o éxito desta obra?

Supuxo varias cousas. Pero para min, sobre todo, o mellor agasallo que me ten dado a literatura: lectoras e lectores entusiasmados. Creouse unha comunidade arredor do libro que non deixa de medrar. Supoño que dentro duns anos analizarei isto con máis perspectiva. Agora aínda estou no medio dunha especie de onda expansiva.

8. Escarlatina, a cociñeira defunta é posibelmente a obra máis premiada da nosa literatura contemporánea xa sexa como premio ou como recoñecementos (Premio Nacional de Lit. Infantil e Xuvenil de España / Premio Fervenzas Literarias / Premio Xosé Neira Vilas da AELG / Premio Merlín). Para cando esta obra na pantalla?

Facer cine neste país é unha insensatez. Mais vivan os insensatos! Os apoios son escasísimos e o desembolso económico que implica un proxecto deste calibre, disparatado. Mais en Galicia estamos rodeados de talento. Que llo pregunten a Alberto Vázquez, cos seus Psiconautas. Nunca entenderei por que moitas veces nos valoran máis fóra que na propia casa. Oxalá poidamos ver a Escarlatina no cine algún día. Soñar é humano.

lunes 8 de mayo de 2017

Page 5: Entrevista ledicia costas

Ledicia Costas

9.- Ah, e tras esta obra anterior, a súa pluma meteuse a fondo con outra personaxe, a Esmeraldina de Esmeraldina, a pequena defunta. Que semellanzas e diferenzas teñen estas dúas personaxes?

Esmeraldina e Escarlatina son o mesmo personaxe. Só que unha está viva e a outra está morta. Son as dúas caras da mesma moeda. Supoño que se pode interpretar como que Escarlatina é a evolución do personaxe. Aí radicou a meirande dificultade do segundo libro: tiven que ir cara a atrás no tempo e conseguir que todo encaixase, posto que Esmeraldina é anterior no tempo, malia ser escrito despois de Escarlatina. Este supuxo un reto dos máis interesantes que asumín nunca a nivel creativo.

10.- Até que punto esta última obra se puido ver un tanto á sombra da tan laureada primeira?

Esmeraldina superou as miñas expectativas no que se refire ao público lector. Para min o máis importante era non defraudar a un lectorado que me demandaba outro libro cun entusiasmo inusitado. Escribín Esmeraldina con iso dándome voltas na cabeza todo o tempo. Chegar ás escolas e comprobar que a paixón lectora se mantiña coa mesma intensidade foi (e está sendo) moi emocionante. Mais é certo que Escarlatina é un monstro (un monstro bo). Os dous libros forman parte dun todo, dun universo que é imposible desvincular do personaxe da cociñeira defunta. Iso véxoo como unha oportunidade.

lunes 8 de mayo de 2017

Page 6: Entrevista ledicia costas

Ledicia Costas

11.- “Quería falar da morte desde un lado canalla”... e non sería mellor falarlles ás nosas lectores e aos nosos lectores noveis dende un lado máis sensíbel? Con todo, cómpre recoñecermos que ese lado tampouco estivo tan mal dende o momento que foi unha obra das máis lidas, non?

Creo que nos podemos dirixir aos cativos de moitas maneiras. E iso é o que a min me interesa como escritora: atopar vías alternativas para me comunicar co lectorado máis novo. Creo que a chave está en conseguir un equilibrio. Eu non quería escribir un libro de lágrima fácil, que supoño que sería o esperable. Quería facer unha obra onde o humor tivese unha presenza radical. Humor macabro, si. Pero humor, á fin e ao cabo. Gústame o canalla, o atrevido, o valente, o rompedor, o distinto. E con esas premisas, escribo.

12.- No 2015 vemos por primeira vez nas librarías unha novela para maiores(?) Un animal chamado néboa e ao momento un premio (Antón Losada Diéguez)... Un incentivo para tamén se mergullar na novela para adultos?

Levaba desde a adolescencia escribindo relatos. Foi Manuel Bragado quen me animou a que escribise unha obra onde eses relatos tivesen un nexo temático. A el teño que agradecerlle a existencia d’Un animal chamado néboa. A novela para adultos téñoa a medio escribir. Está esperando quenda. Agardo que lle chegue este verán, cando dispoña de algo máis de tempo.

13.- E para rematarmos, que papel cre Vostede que xoga, ou debería xogar, a tradución da nosa literatura a outros idiomas para a nosa normalización literaria?

Os autores e autoras galegas necesitamos ser traducidas, iso é unha realidade. Formamos parte dun estado que en teoría é plural. A realidade, na práctica, é outra. Se non te traducen, fóra de Galicia non existes. Es unha especie de marciana que ten que explicar por que escribe nunha lingua distinta ao español. O duro é ter que explicalo tanto fóra como dentro da casa. Non é fácil, mais nos últimos anos asistimos a unha reactivación das traducións. Oxalá ese fenómeno siga medrando.

Ledicia Costas co alumnado de Literatura Galega do s.XX

lunes 8 de mayo de 2017

Page 7: Entrevista ledicia costas

CUESTIONARIO

lunes 8 de mayo de 2017

Page 8: Entrevista ledicia costas

Notre Dame

Un monumento

salientábel?

De catro a catro, de

Manuel Antonio.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Un/ha autor/-a e unha obra literaria

Atreyu, de La historia interminable

Un personaxe literario

co que se identifique?

O traballo

Cal é a súa fonte de inspiración?

El castillo ambulante, de Miyazaki.

Unha película de cine?

Unha obra teatral?

Das últimas que vin gustoume “Instroducing The Star” de Strate e

Esbert

Mishima, Bolaño , Chirbes , Coetzee, Augusten Burroughs...

Un/ha autor/-a?

Los incursores, de

Mary Norton.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

O mestre de ”A Lingua das bolboretas”, Don Gregorio/ señora

Trunchbull, de “Matilda”.

lunes 8 de mayo de 2017

Page 9: Entrevista ledicia costas

Que me lean en moitos

lugares do mundo. Chegar

ata lugares impensables

desde o galego.

Un anceio por realizar?

Urbano, malia odiar o cemento. Praia, non sendo eu moi fan do sol.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

Río de JaneiroA miña cama

O voto femininoUn feito histórico?

Cada vez creo menos

nas utopías e máis

n o s p r o x e c t o s

realizables a base de

traballo.

Unha utopía?

Eu son lectora caseira

Un lugar axeitado para a lectura?

Indie, que sempre queda coolBohemian Rhapsody

Un tipo de música? Unha canción?

Non sei se me identifico, máis ben os admiro: Neil Gaiman ou Angela Sommer-Bodenburg.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Viaxar ben acompañada.

Outro entretemento ademais da lectura?

lunes 8 de mayo de 2017