encomún nº 129

24
EC EnComún // Crónica del Sur de Lugo Quincenal comarcal gratuito www.encomun.es Lemos Sarria Chantada Quiroga Entrevista JON GONZÁLEZ, artista plástico chantadino Año 6 - nº 129 Segunda Quincena Junio 2011 PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA ON LINE 1º NIVEL BÁSICO: PREINSCRIPCIÓN ATA 14 XULLO/ LISTA ADMITIDOS: 15 XULLO/ MATRICULA 18-27 XULLO DEMAIS CURSOS (SÓ ALUMNOS NOVOS): PREINSCRIPCIÓN ATA 4 SETEMBRO/ LISTA ADMITIDOS 15 SETEMBRO/ MATRÍCULA 16-23 SETEMBRO ALUMNOS OFICIAIS APROBADOS XUÑO, E APTOS XUÑO THAT’S ENGLISH: MATRÍCULA ATA O 15 XULLO Acceso on line en www.eoimonforte.org ou https://www.eoidigital.com/preinsxunta Recollida dos impresos de taxas, e entrega para formalización de matrícula: Secretaría E.O.I. - Rúa Calvo Sotelo 65- Monforte de Lemos 27400 - Tlfno./Fax: 982 41 03 00 VITICULTURA HEROICA OS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA LOGRAN ESTA PRESTIXIOSA MARCA EN EXCLUSIVA EN TODA ESPAÑA Vantaxes para a comercialización dos nosos viños Viño e turismo: reforzamento desta fórmula de futuro A pé de rúa: a marca estimula o horizonte económico desta zona SOCIEDADE O Club Lemos celebra a gala da Escola de Fútbol Compra con premio en Chantada: o CCA dinamiza a vila con sorteos e o Concurso de Tapas Efemérides na escola: anos do Colexio de Currelos homenaxean a Lois Pereiro

Upload: encomun

Post on 08-Apr-2016

245 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Crónica del Sur de Lugo

TRANSCRIPT

Page 1: EnComún Nº 129

ECEnComún // Crónica del Sur de Lugo

Quincenal comarcal gratuito ww

w.e

ncom

un.e

s LemosSarriaChantadaQuiroga

EntrevistaJON GONZÁLEZ, artista plástico chantadino

Año 6 - nº 129 Segunda Quincena Junio 2011

PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA ON LINE1º NIVEL BÁSICO: PREINSCRIPCIÓN ATA 14 XULLO/ LISTA ADMITIDOS: 15 XULLO/ MATRICULA 18-27 XULLO

DEMAIS CURSOS (SÓ ALUMNOS NOVOS): PREINSCRIPCIÓN ATA 4 SETEMBRO/ LISTA ADMITIDOS 15 SETEMBRO/ MATRÍCULA 16-23 SETEMBROALUMNOS OFICIAIS APROBADOS XUÑO, E APTOS XUÑO THAT’S ENGLISH: MATRÍCULA ATA O 15 XULLO

Acceso on line en www.eoimonforte.org ou https://www.eoidigital.com/preinsxuntaRecollida dos impresos de taxas, e entrega para formalización de matrícula:

Secretaría E.O.I. - Rúa Calvo Sotelo 65- Monforte de Lemos 27400 - Tlfno./Fax: 982 41 03 00

VITICULTURA HEROICAOS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA LOGRAN ESTA PRESTIXIOSA MARCA EN EXCLUSIVA EN TODA ESPAÑA

Vantaxes para a comercialización dos nosos viños Viño e turismo: reforzamento desta fórmula de futuro A pé de rúa: a marca estimula o horizonte económico desta zona

SOCIEDADEO Club Lemos celebra a gala da Escola de Fútbol

Compra con premio en Chantada: o CCA dinamiza a vila con sorteos e o Concurso de Tapas

Efemérides na escola: anos do Colexio de Currelos

homenaxean a Lois Pereiro

Page 2: EnComún Nº 129

2 � EC // Nº 129 Junio 2011

EnComúnDepósito Legal: LU 150-06

Editora: InÉditor Grupo Towers S.L.CIF: B-15953052C/ Orense 7- Galerías San Antón 1ºbMonforte de Lemos 27400 - Lugo Imprime: Recoprint Rábade S.L.Editor: Gonzalo López TorresDirectorio Monforte:

Redacción: 982 402129 [email protected]@encomun.esCoordinación: 982 [email protected] Chantada:[email protected]

Dpto. Comercial: 618 971 [email protected] al Director: C/Orense 7- Galerías San Antón 1ºbMonforte de Lemos 27400 - Lugomail: [email protected]

Os viticultores piden axuda e demandan soluciónsProtección de espazos de cultivo

A Deputación de Lugo conti-núa a desenvolver a experiencia pioneira en Galicia para dimi-nuír os danos producidos por fauna salvaxe na agricultura, que levou a cabo no municipio da Fonsagrada no ano 2009. Dado o éxito acadado e os be-neficios obtidos, o organismo provincial decidiu estender a iniciativa aos Concellos de Castroverde, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna, nos que a afluencia de animais é maior que noutros municipios, cau-sando danos moi cuantiosos aos agricultores da zona.Pero os técnicos provinciais es-tán a estudar tamén a posibili-dade de aplicar este sistema nas localidades da Ribeira Sacra nas que os animais causan impor-tantes danos na cepa das vides. Concretamente, o TECOR de Quiroga xa solicitou a colabora-ción do INLUDES para paliar esta lacra que cada vez máis está a afectar aos produtores de viño da zona sur da provincia, o que

lles provoca perdas económicas cuantiosas, tal e como indicou a Federación de Caza de Lugo. Así por exemplo, Juan Mateo, presidente do coto de Monte-furado (Quiroga), explicou que dende este TECOR xa teñen solicitada a axuda ao organismo provincial. “Nós solicitamos para facer sementeiras, para que os xabaríns deixen as viñas e as hortas nas que fan destrozos e se centren un pouco nos sitios onde sementamos o trigo; e ta-mén desbroces para os corzos, coellos, perdices e toda a fauna en xeral”. Mateo tamén explicou que os danos soen ser múltiples, “nes-tes momentos ainda non é moi-

to, pero en canto as uvas come-cen a coller un pouco de cor iso é un desastre, non hai viña que non sexa paseada todas as noi-tes, hai que telas cerradas, con alambrada, e ainda así levan-tan a alambrada, van ás hortas, arrancan as patacas, os pemen-tos, un desastre nos prados e en todos os lados, aínda que a nós aféctanos principalmente ás vi-ñas e ás hortas”.Pola súa parte, o animal que provoca máis danos soe ser o xabarín, posto que arranca as viñas, mórdeas e tamén as tira. “O valor dos danos que pro-ducen é incalculable, porque hai viñas das que ao remate da temporada non podemos re-

coller nada, e todo o mundo protesta; pedimos batidas, pero aínda así non se fai nada. A ver se agora, tendo aos animais en-tretidos en algo que lles guste, con sembrados específicos para eles, no monte comunal e o máis alonxado posible das vi-ñas, deixan de provocar tantos danos”.No caso da Fonsagrada, a so-lución adoptada consistiu pre-cisamente en iso, en sementar con diferentes tipos de millo e trigo varias parcelas, de tal xeito que a súa aplicación favoreceu a apetencia do xabarín, evitando que actuara nas fincas de parti-culares e nas vías de circulación. En España tan só contan cunha

iniciativa semellante tres pro-vincias, que son as de Toledo, Soria e Zamora.Outros servizosNoutro orden de actuacións, a Deputación provincial ven de facer balance do servizo presta-do polos parques de bombeiros da zona norte. Concretamente, os parques de bombeiros de Ba-rreiros, Viveiro e Vilalba, que atenderon un total de 20 emer-xencias acontecidas en once concellos da zona norte da pro-vincia durante o pasado mes. Son datos que reflicte o primei-ro informe de actuación de ditas instalacións contraincendios, logo de que o Consorcio Pro-vincial de Bombeiros lograse a súa posta en marcha o pasado 1 de maio. Os 66 profesionais interviron así nos seguintes mu-nicipios: Barreiros (1), Foz (4), Burela (2), Mondoñedo (1), Alfoz (2), Riotorto (1), Vilalba (1), Abadín (2), Xermade (2), Viveiro (3) e Cervo (1).Das 20 intervencións realiza-das, 10 foron extincións de incendios en vivendas, locais, vehículos ou servizos munici-pais, 3 excarcelacións, 2 rescate de persoas, e as restantes co-rresponderon a actividades de prevención tales como limpeza de estradas ou a actuacións de-bido a inundacións. O informe de actuación tamén reflexa que o tempo de resposta medio por emerxencia foi de 8 minutos, mentres que os de intervención e ocupación foron de 3 horas. Ademais, os 12 vehículos ad-quiridos polo Consorcio (4 por instalación) realizaron un total de 1.464 quilómetros. Os par-ques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba prestan servi-zo as 24 horas dos 365 días do ano, e dan cobertura ao 100% da zona norte da provincia, atendendo así a 25 concellos.

Redacción Monforte

Como reducir os danos por fauna salvaxe nas viñas

A Deputación prevé estender a experiencia ás localidades da Ribeira Sacra nas que o xabarín tamén destroza viñedos

Á esquerda, un agricultor acondicionando o terro para a fauna salvaxe. Á dereita, actuación dos bombeiros de Vilalba durante un accidente. DL

A solución pasa por sementar millo e trigo en parcelas paraos animais

Page 3: EnComún Nº 129
Page 4: EnComún Nº 129

4 � EC // Nº 129 Junio 2011

TODO TIPO DE LIMPIEZA

EMPRESA DE SERVICIOS

Roberto Baamonde, 120 - 122 Entlo. A

Tlfno 982 40 32 12 / 620 360 561 (permanente)

AUTORIZADA POR LA XUNTA DE GALICIA

AS-1779

¡Pide presupuesto y compara!

���������

www.encomun.es

Flashes

O grupo de Monforte de Le-mos “Acampada Monforte” do Movemento Democracia Real Xa (Movemento 15-M) tamén saiu á rúa o 19 de xuño. O per-corrido para protestar, neste caso fundamentalmente con-tra o pacto do euro, comezou ás sete da tarde na estación de autobuses de Monforte, para posteriormente proseguir pola rúa Doutor Casares, o paseo de Malecón e a rúa do Comer-cio ata a praza de España, para rematar na zona da Compañía pasando antes polo Cardenal, onde finalmente se leu un manifesto. O anuncio da con-vocatoria tivo lugar uns días antes por parte dos organiza-dores monfortinos, momen-to no que Mon López, xunto aos seus compañeiros, leu un comunicado e insistiu en que se trataría dunha protesta “pa-cífica rechazando en todo mo-mento os actos violentos”. Ademais, Monforte recibiu o 28 de xuño a marcha dos in-dignados do sur de Galicia de camiño a Madrid. Acamparon no Parque dos Condes e aten-deron as consultas e comenta-rios dos veciños.

Movemento social na comarca

O Concello de Monforte xa ten en marcha o novo sistema de recollida de lixo, consistente en poñer e quitar todos os días os cubos do lixo. Deste xeito, dende a súa posta en marcha o pasado luns día 20 de xuño, cada día arredor das sete da tarde o persoal do servizo de limpeza coloca ditos depósitos polas rúas da cidade, e recólle-

nos pasadas as once da noite. O funcionamento deste servizo, inexistente en Galicia, reque-rirá un período de adaptación, tal e como xa indicou no seu momento o alcalde da cidade, Severino Rodríguez. E é que a poucos días da súa posta en marcha, negocios como o Res-taurante Morín, demandaron unha mellor atención.

Novo servizo de recollida do lixo

O Movemento 15-M tamén saiu a protestar polas rúas de Monforte

���

Organizacións� Eladio Fernández Pérez ven de relevar a Julio Corti-ñas como novo presidente da Federación de Asociacións a favor das Persoas con Disca-pacidade Intelectual, Fadem-ga FEAPS Galicia.

Julia Rodríguez, do Partido Popular de Monforte, amo-souse fai uns días favorable a reducir nun 50% o número de cargos políticos que cobran do erario público no Concello monfortino, así como o nú-mero de asesores que traballan ao servizo do grupo de gober-no como persoal de confianza.Segundo explicou, “na actual situación de crise sería irres-ponsable non actuar de acor-do a criterios de austeridade”. “Cando as familias e as em-presas monfortinas padecemos as consecuencias da actual si-tuación económica, impónse a necesidade de racionalizar o gasto para destinalo a actua-cións prioritarias”, engadiu.A voceira do Partido Popular asegurou que “o PP adopta esta posición que garante a gobernabilidade da nosa cida-de, pero mantendo un criterio claro de control do gasto que permita levar a cabo proxectos que os monfortinos necesitan e que, neste momento de crise, van a ser difíciles de afrontar”.Para os populares resulta ne-cesario facer unha profunda revisión das asignacións de ca-rácter político, xa que se ben é entendible que un alcalde dunha cidade de case 20.000 habitantes teña dedicación exclusiva, “non se xustifican outras dúas dedicacións ex-clusivas e dúas persoas de con-fianza cobrando do Concello”.

Cambios nogoberno local

Julia Rodríguez esixe maior austeridade no Concello

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, ven de reunirse co alcalde de Sober, Luis Guitián, para tratar dis-tintos aspectos que afectan ao municipio. Tras esta reunión, Arias comprometeuse a xes-tionar a desafectación de parte dos terreos do colexio público Virxe do Carme de Sober para permitir a construción de vi-vendas de promoción pública no solar. Na mesma liña, a delegada territorial e o alcalde acordaron avanzar na cesión ao concello por parte do Insti-tuto Galego da Vivenda e Solo dos locais que lle correspon-den dentro da promoción de vivendas sociais construídas na intersección da rúa Cine coa rúa Cuartel. Arias e Fernán-dez Guitián barallaron tamén algunhas propostas encami-ñadas á mellora da xestión de residuos na localidade, entre as que figura a compostaxe. Na xuntanza, entre outros as-pectos, a delegada informou ao rexedor municipal sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta para mellorar as condicións de explotación dos viñedos no concello.

Visita da delegada territorial a Sober

Raquel Arias adquire varios compromisos co concello de Sober

PL& Calzados

INÉS DE CASTRO 10B

MONFORTE DE [email protected]

Page 5: EnComún Nº 129

EC // Nº 129 Junio 2011

Política

José Ramón Gómez Besteiro e os 24 deputados que forman parte da nova Corporación provincial tomaron posesión do seu cargo no Pleno de in-vestidura celebrado o pasado mércores día 22. Este é xa o se-gundo mandato que lidera Gó-mez Besteiro como presidente da entidade provincial.Durante o seu discurso, Gómez Besteiro fixo un chamamento á unidade da provincia, a través da consigna “fagamos lucensis-mo, no senso de estimularnos e potenciarnos uns aos outros precisamente porque somos diferentes”, ao tempo que in-dicou que “grazas ao pobo de Lugo estamos vivindo un mo-mento histórico e decisivo no futuro da nosa provincia: his-tórico, porque o cambio con-tinúa na provincia; decisivo, porque, dende os primeiros pasos, estamos configuran-do un cambio que xa non ten volta atrás”. Con todo, o recén nomeado presidente da Depu-tación avogou por sumar esfor-zos. Asimesmo, non dubidou en recoñecer o traballo realiza-do polos anteriores deputados, felicitou tamén aos novos alcal-des e aos anteriores integran-tes da corporación provincial, así como ao Partido Popular polos resultados obtidos. De igual xeito, tamén se referiu ao debate sobre a existencia das Deputacións e suxeriu novos camiños. “Cando un sabe cal é a súa misión non ten medo aos cambios organizativos como, por exemplo, a plantexar un novo sistema de elección di-recta nesta Administración ou moitos outros”, explicou.

Pola súa parte, o novo pro-grama de goberno, “coa mes-ma autoesixencia”, procurará o equilibrio demográfico. As principais liñas xirarán en tor-no á reforzar a cooperación cos Concellos, o emprego, a aper-tura de residencias e centros de día da Deputación, a creación da empresa provincial de turis-mo, a cobertura contraincen-dios do 100% do territorio, e a creación da Autoridade Por-

tuaria en Lugo. Asimesmo, o equipo de goberno provincial traballará, según declarou Bes-teiro na súa toma de posesión, para ampliar o campus univer-sitario, axeitar novos usos para os antigos hospitais, acadar a declaración oficial dos Cami-ños de Inverno e do Mar como rutas xacobeas e a Ribeira Sacra como Patrimonio da Humani-dade, instar á posta en servizo da autovía –que non corredor– Ferrol-Barreiros, a integración do INLUDES na Deputación e a redución de asesores dos grupos políticos, entre outras diversas actuacións.

O equipo de goberno entrante, presidido por Gómez Besteiro, constitúe a novena corporación da etapa democrática, cos pre-cedentes da liderada por Luis Cordeiro, que ocupou o seu cargo durante un mandato, e por Francisco Cacharro Pardo, que exerceu como presidente da Deputación durante seis. Segundo declarou Gómez Bes-teiro, este mandato supón “a segunda fase do cambio”, en alusión ao cambio político e de xestión iniciado no organismo provincial hai catro anos por socialistas e nacionalistas. A nova corporación pasa a estar formada por 11 Deputados do PSOE, 2 do BNG, e 12 do PP. Seguindo esta distribución, en-tre os integrantes da corpora-ción provincial atópanse algúns alcaldes da comarca de Lemos e arredores, tales como Miguel Ángel Sotuela (Ribas de Sil) e José Manuel Arias (Bóveda).Finalmente, logo do escrutinio e da proclamación de Gómez Besteiro como máximo manda-tario provincial, todos os mem-bros da corporación recibiron os atributos que os acreditan como deputados: medalla, di-ploma e insignia de ouro da provincia. Todos os deputados asinaron no Libro de Ouro.O acto de investidura contou cunha gran afluencia de pú-blico. Ademais da corporación e dos familiares do Presidente, tamén asistiron numerosos al-caldes, o delegado do Goberno en Galicia, a delegada territo-rial da Xunta, e o Secretario Xeral do PSdeG, entre outros.

Redacción Monforte

Page 6: EnComún Nº 129

6� EC // Nº 129 Junio 2011

Abeledos, 134 bajo - Teléfonos 982 40 32 56 - 27400 Monforte de Lemos

María José Martín DíazOdontólogo

Especialista Universitario en Cirugía OralAvda. de galicia, 38 1º A / 27400 Monforte de Lemos Tlf. 982 40 52 86

www.dramariajosemartin.com

���������

Conde, 17 27400 MONFORTE DE LEMOS

Tel. y Fax: 982 41 17 06 / 982 41 15 46

C/Chantada, 10 - Tlf. y Fax 982 400 113

Ctra. A Vide, s/n - Tlf. 982 403 902

MONFORTE DE LEMOS (Lugo)

Materiales de Construcción

Servicios Funerarios

La gloria“Val de Lemos”

Para que todo sea más fácil en momentos difíciles

SERVICIO PERMANENTE - SALAS TANATORIO - INCINERACIÓN - ASISTENCIA NACIONAL E INTERNACIONAL -

ATENCIÓN PERSONALIZADA

EN RÚA OTERO PEDRAYO, Nº 14 - BAJO (EDIFICIO 3 TORRES)MONFORTE. TLFNO. 982 410 303

www.encomun.es

PL& Calzados

INÉS DE CASTRO 10B

MONFORTE DE [email protected]

Cultura e dinamización socialSociedade

JON GONZÁLEZ, Creatividade en Chantada

� Jon González é un chanta-dino de adopción nacido en Mondragón, Guipúscoa, hai 28 anos. Estudou Bacharelato artístico e despois Belas Artes. Traballou, entre outras cou-sas, como deseñador gráfico en Vitoria, emprego como cá-mara, creativo e realizador en Televinte Chantada, e tamén impartiu diversos cursos de deseño dixital e cómic. Actual-mente traballa para a marca de roupa Don’t Pray for Me de Santiago realizando debuxos para camisetas. Estes días ten en marcha unha exposición na Casa da Cultura da vila do Asma.

Na súa exposición podemos ver múltiples temáticas e téc-nicas, pero ten un peso espe-cial o manga ¿ Por que ?De pequeno, coma todo neno, gustábame moito ver debuxos animados, pero foi cando se emitiu a serie Dragon Ball na televisión, tendo oito anos máis ou menos, cando me decidín por este estilo de de-buxo. Desde entón e ata hoxe, fun debuxando e bebendo de diferentes autores xaponeses e evolucionando no meu estilo. Para min o manga ten algo es-pecial que non teñen os outros cómics. Chámalle ‘x’... Fálenos un pouco das técni-cas que utiliza. Destacan al-gunhas anovadoras, como é a dixital. ¿En que consiste?A tinta é a técnica que máis

uso, xa sexa en rotulador ou en pincel. Pero fágome a calquera: acrílicos, óleos, acuarelas, pas-teis… Respecto á técnica dixi-tal, primeiro fago o debuxo a lapis ou a tinta, pásoo co escá-ner ao ordenador, e logo pín-too con diferentes programas. Utilizo unha tableta gráfica que ten un lapis que facilita os trazos e opacidades das cores, como si fora un pincel ou cal-queira outra ferramenta. ¿Que protagonismo ten a vila de Chantada na mostra?A verdade é que non lle pui-den dar todo o protagonismo que quixera, xa que Chantada é un pobo que me deu moito. Sen embargo, e saíndome un pouco do meu típico estilo, fixen unhas obras de lugares representativos facéndoas o máis fieis posibles á realidade, pero sempre nas técnicas que caracterizan o cómic e que tanto uso, como a tinta chi-nesa e o pincel. As túas obras están á venda. No contexto de crise, ¿cal é a estratexia dun artista ou creativo? ¿Pódese vivir disto?Penso que a estratexia dun artista sería darlle ao público o que quere, tanto en gustos coma en prezos, deste xeito se-guro que vendes, pero en certo modo, a nós, que xeralmente preferimos facer o que nos gusta, doe un pouco no orgu-llo ter que “venderse”. Gañarse a vida disto é tarefa complica-da, sempre hai que tirar dunha ou dúas cousas máis.

O CCA fomenta o consumolocal

� A asociación de comer-ciantes de Chantada ten xa en marcha a súa campaña de verán como unha estra-texia máis de promoción do sector. O sorteo dun vale semanal por valor de cen euros entre os clientes que merquen nos estable-cementos asociados durará ata as festas patronais. A pesares de que a conxuntu-ra económica parece afectar tamén ás axudas que re-ciben este tipo de colecti-vos para manter o nivel de actividade que ven sendo habitual, segundo declarou o presidente dos comer-ciantes chantadinos, José Manuel Lage, “hai certas campañas moi exitosas que sí se deben manter para fa-vorecer o consumo local”.Pero, tal e como se veu fa-cendo nos dous últimos anos, o CCA de Chantada promove tamén o Concur-so de Tapas encamiñado a dinamizar a actividade hostaleira. Dará comezo este sábado, 2 de xullo, e participarán unha docena de establecementos da vila. Haberá ademáis novidades, xa que será un xurado espe-cializado, no canto do xura-do popular, quen decida cal é a mellor tapa tradicional e a mellor tapa innovadora. Sen embargo, ademáis dos hostaleiros, a clientela reci-birá premios por cada seis tapas consumidas dentro do concurso. Nesta oca-sión creouse como novida-de a categoría de “mellor tapa dixital”, que se votará a través de Facebook, e ta-mén o “Pequechef”, unha actividade para que os máis pequenos aprendan a co-ciñar unha tapa sinxela. O concurso de tapas desenvol-verase de xoves a domingo durante todo xullo.

Jon González con algunha das súas obras e camisolas . Ada López

Arranca o Concurso de Tapas en Chantada, mentres os clientes do comercio teñen premios

Redacción L.Gallardo

Page 7: EnComún Nº 129
Page 8: EnComún Nº 129

8 � EC // Nº 129 Junio 2011

Marca “Viticultura Heroica”: promoción e identidade para a zonaA fondo

O viño da Ribeira Sacra, e todo o que conleva a viticultu-ra desta zona en xeral, está a ser noticia nas últimas semanas. De sobras son coñecidos os caldos desta Denominación, así como as emblemáticas feiras do viño de lugares como Sober, Pantón ou Chantada. Neste senso, dan-do un paso máis na promoción da zona e do viño, hai poucos días o concello de Sober acolleu a presentación da marca colecti-va que distinguirá a produción de viño nas zonas de montaña e forte pendente, así como a inauguración dun novo mira-dor en Doade. No primeiro dos casos, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, acompa-ñado polos directores xerais de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, e de Inno-vación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon, presentou a marca colec-tiva que distingue a produción vinícola nas rexións europeas con características de montaña ou forte pendente, e que será coñecida como Viticultura He-roica. Segundo explicou Juárez, esta iniciativa xurdiu da espe-cial relevancia que a viticultura

de montaña ten no mapa vití-cola galego, dado que abrangue unha parte importante na pro-dución dos viños de calidade. “Nestas zonas, o viñedo ten configurado un entorno pai-saxístico singular, convertén-dose nun factor determinante que lle aporta unhas peculia-ridades moi pouco comúns e

que dificulta as condicións de produción; porén, esta activida-de vitícola de montaña é indis-pensable para evitar a erosión e salvagardar unha parte do terri-torio que conxuga importantes implicacións”, engadiu o con-selleiro. Este tipo de viticultura caracterízase por desenvolverse

en terreos con pendentes moi pronunciadas, con desniveis superiores ao 30%, en altitudes por riba dos 500 metros, ou en socalcos (bancais ou terrazas). Unha produción de viño moi característica que abrangue boa parte de tres das cinco zonas vitivinícolas de Galicia ampa-radas con Denominación de Orixe, unha delas, a da Ribeira Sacra.

MIRADOIRO EN DOADEPero a promoción da viticultu-ra da Ribeira Sacra non remata aquí. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañada polos alcaldes de Monforte e Sober, Severino Rodríguez e Luis Fernández Guitián; así como do xerente da adega Regina Viarum, Iván Gómez, foi a encargada de in-augurar o miradoiro da Vía Appia, situado na propia adega Regina Viarum, na parroquia

soberina de Doade. Trátase dun panel informativo asenta-do nunha estrutura de madeira de pino e convenientemente tratado para a súa exposición

no exterior, cunha estrutura deseñada o máis acorde posible ás características do entorno e da propia adega. Tal e como explicaron durante a inaugura-

ción, “o obxectivo foi crear un servizo máis para veciños e vi-sitantes, e servir para completar a rede de miradoiros que hai ao redor do Sil”. Trátase dun xei-to máis de potenciar a zona e ofrecer información de intere-se a quen o demande. Mentres tanto, Raquel Arias aproveitou a ocasión para “animar a todos a traballar xuntos pola Ribeira Sacra, conxugando viños, pai-saxe e turismo”. É de destacar que dende este púnto divísanse lugares como Pena do Castelo, Penas do Viso, Serra de Vilare-llos, Aldea de Paradela, a ponte da Abeleda e o embarcadoiro, o río Sil ou a vila de Castro Caldelas. O miradoiro natural estará aberto todos os días du-rante o verán, e de xoves a do-mingo durante o inverno. Á súa inauguración tamén asistiron representantes do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, e do Consello Regulador.

Redacción Monforte

Viticultura Heroica: a marca do futuro para o noso viñoSober acolleu a presentación desta nova marca, e inaugurou un novo mirador nun espacio vitícola

Inauguración en Doade (Sober) do miradoiro da adega Regina Viarum, que contou coa presenza, entre outros, da delegada territorial da Xunta en Lugo e os alcaldes de Monforte e Sober. EC

A distinción concedida ao viño implica un importante paso na promoción da identidade vitivinícola da zona

O obxectivo do novo miradoiro de Sober é o de potenciar a zona e ofrecer información

Presentación en Sober da marca Viticultura Heroica que distinguirá a produción de viño nas zonas de montaña e forte pendente. XG

Page 9: EnComún Nº 129

EC // Nº 129 Junio 2011

Seguindo a liña da Viticultura Heroica, entre as zonas caracte-rísticas deste tipo de viticultura atópase o concello de Pantón; que tamén conta ademais, e dende fai anos, cunha conso-lidada Feira do Viño. Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Rural caracterizou case 6.000 hectáreas vitícolas loca-lizadas en zona de montaña, o que supón un 17% sobre o viñedo total galego. E dentro dese tanto por cento dúas das áreas vitícolas máis coñecidas pola súa fermosura paisaxística son as localizadas nos canóns dos ríos Miño e Sil, pertencen-tes ás denominacións de orixe Ribeira Sacra e Valdeorras.

Para o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, a marca colectiva Viticultura Heroica que distin-gue a produción de viño nas zonas de montaña e forte pen-dente supón “a conxugación de toda unha serie de factores moi importantes e positivos que servirán para destacar aínda máis dentro do sector”. A día de hoxe, o concello de Pantón conta con sete adegas incluídas na Denominación de Orixe. “Para todas elas esperemos que esta marca supoña un impulso moi claro, xa que todo o que se faga en beneficio dun sector tan importante para Pantón como

é o da viticultura, será ben reci-bido”, engadiu. Asimesmo, con vistas á Feira do Viño de Pan-tón, José Luis Álvarez sinalou que “aínda que un viño conte con certo renome, partir dunha marca colectiva axudará a coller máis prestixio”.

En Pantón son varias as adegas que a día de hoxe seguen pe-lexando por entrar na Deno-minación de Orixe. Pero unha das que xa forma parte da De-nominación dende o ano 1996 é a adega Casa Moreiras, con Juan Vázquez Prieto ao frente. Para este adegueiro, pertencer

á marca colectiva Viticultura Heroica supón “un recoñece-mento á imaxe da Ribeira Sa-cra, pero tamén ao que é a uva

mencía e godello”. “Tal e como o seu propio nome indica, trá-tase dun recoñecemento a este tipo de viticultura realizada en bancais e tan dificultosa. É unha viticultura complicada, aínda que hoxe xa contamos con grandes avances como poden ser os carrís, pero que-da moito por facer, como por exemplo adecentar camiños e vías de comunicación”.Na opinión de Vázquez, a mar-ca colectiva Viticultura Heroi-ca “dará a coñecer o traballo

que se está facendo, e servirá ao mesmo tempo para valorar aínda máis os viños da Ribeira Sacra”. Finalmente, en relación á Feira do Viño, Vázquez Prieto destacou que con isto Pantón dará unha imaxe de produto moi coidado dende a propia orixe da viña.

O tren turístico Aba Sacra é un bo exemplo de como conxugar estes dous ámbitos, e máis can-do se trata de percorrer paisaxes tan espectaculares como as da Viticultura Heroica. Deste xei-to, as abas (ladeiras) de Doade e Amandi, no concello de Sober, contan dende o pasado 17 de xuño cun innovador proxecto turístico que está a desenvol-verse polas paisaxes dos Canóns do Sil. Segundo explicou o hos-taleiro e promotor do proxecto, Antonio Rodríguez Álvarez, “trátase dun tren turístico, tipo Tschu-Tschu, sobre rodas neu-máticas composto por unha máquina tractora que evoca as locomotoras Mikado que Renfe empregaba alá pola década dos anos 50-60 do século pasado, e tres vagóns panorámicos cunha capacidade para 66 viaxeiros”. O proxecto en sí xestouse fai un ano cando a empresa Iberdrola vaciou o río Sil, o que supuxo un importante descenso de vi-sitantes a este singular anaco de Galicia. “A partir dese momen-to pensamos en alternativas que

puideran atraer aos turistas, pero sempre nacidas da inicia-tiva privada, que é a que xera riqueza e postos de traballo”, engadiu Antonio. En canto ao proxecto en sí, a empresa titular do tren pretende ofertar viaxes ao “homo viator”; ao estilo do século XIX, ofrecendo unha viaxe para o coñecemento do entorno e, ao mesmo tempo, experiencias sensibles aos senti-dos. “Non se trata de transpor-tar viaxeiros, senón de mostrar-lle a experiencia da viticultura heroica, a rudeza dos traballos e o encanto da paisaxe huma-nizada”. En canto ás rutas, o tren Aba Sacra realizará tres: a Ruta do Viño, tamén chamada Ruta Heroica, na que saíndo de diante da Cantina de Doade (Sober), o tren atravesará os bancais de Doade e Amandi; a Ruta do Románico, na que se visitarán as principais mostras do románico rural da provincia de Lugo; e a Ruta dos Mirado-res, na que o tren percorrerá os Balcóns Naturais do Cañón do Sil. A maiores, en todas as rutas haberá tempo para unha de-gustación de viño de Amandi e rosca de Sober. En relación aos horarios, de momento o tren realizará dúas viaxes, unha pola mañá e outra pola tarde, cun prezo de pasaxe de 14 euros. As reservas poden realizarse a través da páxina web: www.avistasacra.com, chamando aos teléfonos: 982 18 26 19 / 650 770 179, ou no Restaurante a Cantina de Doade.

Redacción Monforte

O turismo e a Viticultura Heroica camiñan xuntos grazas á iniciativa do tren turístico Aba Sacra

Page 10: EnComún Nº 129

10 � EC // Nº 129 Junio 2011

Marca “Viticultura Heroica”: promoción e identidade para a zonaA fondo

A subzona de Chantada será unha das beneficiadas pola promoción resultante da marca Viticultura Heroica

� O Centro de Investigación, Estudo, Salvagarda, Coordina-ción e Valoración da Viticul-tura de Montaña (CERVIM), deu un paso máis no respaldo e promoción da viticultura de montaña coa creación da nova marca que referencia a Viti-cultura Heroica. Tal e como explicaron dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, “o logo non será unha marca comercial, senón unha marca de pertenza á viticultura de montaña”. Xa na súa presentación, o presidente do CERVIM, Roberto Gau-dio, explicou que “esta marca pretende valorizar a paisaxe, a cultura e a viticultura”. E para poder empregar esta marca nos viños é necesario ser socios do CERVIM, e en España, só a Denominación de Orixe Ri-beira Sacra ten catalogados os seus viñedos como viñedos de montaña dentro desta entidade. Así por exemplo, a subzona de Chantada é unha das áreas que forman parte deste grupo de vi-ñedos.

MÁIS VISIBILIDADE DOS VIÑOS NO MERCADO GRAZAS A ESTA DIFEREN-CIACIÓN, E MÁIS ACHE-GAMENTO AO APOIO DE EUROPAPara José Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regu-lador, “esta marca servirá para garantir ao consumidor un-has condicións de produción, unha localización que tenderá a diferenciarnos e a chegar ao consumidor cunhas fórmulas e tipoloxías distintas; é dicir, a marca axudará en principio á venda do produto pola súa di-ferenciación”. É preciso ter en conta que son viños que se pro-ducen en Europa nunhas con-dicións determinadas como son as de forte pendente, tal e como ocorre na subzona de Chanta-da e en moitas outras da D.O. “Entendemos que todos os que estamos nesas condicións, ao traballar nesa diferenciación, pois tamén deberíamos vender-lle ao consumidor esa imaxe e ese territorio no que estamos ubicados”. Non obstante, en relación ás

feiras do viño, como as de Chantada, Sober, ou mesmo Pantón, José Manuel Rodríguez non ve claras as súas repercu-sións. “Eu coido que isto non é algo para circunscribilo a un evento como pode ser unha feira determinada, senón ao co-mercio a nivel nacional; quero dicir que isto enmárcase máis dentro dunha liña de vender un logo, de vender unha imaxe co-lectiva de cara ao exterior e de cara ao mercado xeral, dun viño que se produce nunhas caracte-rísticas determinadas, e como é neste caso, nunha paisaxe ini-gualable”. Ao mesmo tempo, trátase de reclamar maior apoio dende Europa para este tipo de viticultura, e de distinguir unha cultura de produción. A todo isto contribúe tamén o Conse-llo Regulador da Ribeira Sacra con tres obxectivos primordiais: garantindo a orixe do produto, asegurando a calidade do mes-mo e promocionando os viños producidos ao amparo da D.O.

IMPORTANCIA DO TRA-BALLO CONXUNTO PARA A PROMOCIÓN DA ZONAEn relación a outro tipo de ac-tividades, como a posta en mar-cha do tren Aba Sacra que fará percorridos turísticos por estas zonas, o presidente do Consello Regulador afirmou que se trata de iniciativas máis que positi-vas. “Todo o que esté dirixido a achegar este territorio da Ri-beira Sacra á xente, e a darlle a coñecer a realidade dos nosos viñedos, das nosas xentes e de-mais, todo iso é positivo de cara a vender o colectivo; a Ribeira Sacra é un territorio onde hai moitas máis cousas que viño, onde hai paisaxes, hai arte, his-toria, arquitectura e unha in-tensa gastronomía, entre outras moitas cousas”, concluíu Rodrí-guez.O sector vinícola galego adqui-re especial relevancia nas zonas de Denominación de Orixe, de aí a importancia dunha marca colectiva que o impulse aínda máis. Segundo o Rexistro Vití-cola de Galicia, o potencial pro-dutivo estabilizouse en arredor de 33.000 hectáreas, distribuí-das entre algo máis de 700.000 parcelas e 200.000 titulares do viñedo.

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, no mirador dunha adega. EC

Alejandro Miranda, Enxeñeiro

“Na miña opinión, que se lle outorgue unha marca como esa servirá para darlle publicidade aos viños da zona, e tamén para promocionar un pouco máis o turismo. E logo, supoño que como unha cousa leva a outra, tamén axudará a crear postos de traballo grazas ao recoñecemento que supón.”

Valoración a pé de rúa

Elena Dos Santos, Estudante

“Eu creo que este tipo de recoñecementos sempre son positivos porque outorgan maior proxección de cara a mercados exterio-res, e non só iso, senón tamén de cara ao turismo. E por supos-to tamén é un orgullo para os nosos viticultores; recoñécese a dura labor que supón traballar neste tipo de terreos.”

Carlos Arias, Enxeñeiro

“A min paréceme ben a creación dunha marca colectiva. Sen embargo, máis que marcas, creo que deberían contribuír con outro tipo de axudas económicas, sobre todo para a supervi-vencia deste tipo de cultivos. Traballar en viñedos de montaña sempre é máis complicado, e todo tipo de axudas son ben re-cibidas.”

Redacción Monforte

Page 11: EnComún Nº 129

EC // Nº 129 Junio 2011

Flashes

���

� A Xunta ven de anunciar a licitación por procedemento aberto con pluralidade de criterios do contrato de obras da restauración e posta en valor do Camiño Francés ao seu paso polo tramo de Barbadelo (Sarria). A actuación centrarase nos espazos públicos en torno á igrexa da parroquia, o albergue de peregrinos e o nú-cleo de Barbadelo. Todas estas accións estarán financiadas cun importe total de 266.077 euros. O prazo de execución é dun

máximo de doce meses e dun mínimo de oito meses. As obras es-tarán dirixidas á ordenación destes espazos e á solución de deter-minados problemas existentes na actualidade. Destaca a mellora da pavimentación do acceso á igrexa de Barbadelo, soterramento de liñas aéreas de instalacións, adecuación do contorno do al-bergue actuando sobre a pavimentación, canalización de augas pluviais, ou recuperación da fonte e lavadoiro, entre outras obras.

Dolos visitou unha adega e unha queixería para coñecer o potencial destes sectores

� O comisario europeo de Agricultura e Desenvolve-mento rural, Dacian Ciolos,acompañado polo consellei-ro do Medio Rural, Samuel Juárez, visitou o pasado 17 de xuño Galicia, materializando o seu obxectivo de coñecer dous dos sectores máis impor-tantes da nosa comunidade, o leiteiro e o vitivinícola, a través de dous encontros na comarca de Chantada. Unha queixería e unha adega da Denomina-ción de Orixe Ribeira Sacra foron o centro desta viaxe na que estivo acompañado polo director xeral de Agricultu-ra da Comisión Europea, o chantadino José Manuel Silva.Nesta visita, o responsable co-munitario e o conselleiro do Medio Rural achegáronse en primeiro lugar ata a queixe-ría Casa Macán, situada no concello lugués de Taboada e referencia dentro do sector lácteo galego como exemplo de aposta pola valorización do produto.Casa Macán é unha das em-presas galegas con maior

produción (75.000 litros dia-rios), representando un 30% do total do queixo amparado pola Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e o 38% da de Tetilla. Pechou o exercicio de 2010 cunha facturación de 7,5 millóns de euros, superan-do unha produción total de 1.800 Tm de queixo. A em-presa de Eladio Rigueira co-mezou unha rápida evolución en 1998.O percorrido do comisario e o conselleiro completouse coa visita á adega e viñedos Vía Romana, situada no concello de Chantada. Esta empresa fundouse en 1997 seguindo unha tradición familiar de adegueiros. Situada nunha casa señorial do século XVI no pobo de Belesar, posúe 12 hectáreas de viñedo da varie-dade Mencía. A adega, dotada con tecnoloxía para o trata-mento suave da uva, ten capa-cidade para 400.000 botellas. Os seus caldos foron recoñeci-dos co certificado de calidade ISO 9001:2000.

O primeiro dos cursos da USC analizará o desenvolvemento económico da zona centro e sur de Lugo nos sectores primario e servizos

M.R.

� Como cada verán, a Uni-versidade achégase a Sarria co desenvolvemento dunha serie de cursos da denominada ‘uni-versidade de verán’.Este ano serán dúas as activida-des formativas que a Universi-dade de Santiago organiza na vila dirixindas tanto a estudan-tes como ao público en xeral. Unha delas tratará o Camiño de Santiago- do 26 ao 28 de xullo- , e a máis inmediata- que se desenvolverá do 18 ao 21 de xullo- versará sobre ‘El Desarrollo Económico de la zona Centro- Sur de la provin-cia de Lugo: Sectores Forestal, Agropecuario y de Servicios’.

-

Este primeiro curso, dirixi-do por José Federico García Fernández e Manuel Gómez Díaz, terá 75 prazas e profun-dará dende diversas perspecti-vas sobre o potencial do sector primario da man de varios expertos. Dende o punto de vista puramente económico reflexionarase sobre o bino-mio produtividade-competi-tividade na zona para un des-envolvemento sustentable. O factor traballo humano e as súas características nesta área será outra das temáticas cen-trais, xunto coa importancia da investigación e a Universi-dade dentro do futuro do sec-tor gandeiro galego. O leite e a carne, principais produtos nesta zona, terán o seu prota-gonismo cunha útil reflexión arredor do abaratemento dos custes de producción, e a re-levancia da cooperación dos produtores na trasnformación e comercialización do leite.

Un tema tan importante coma o reprantexamento das estruturas agrarias para a via-bilidade das explotacións e a análise de exemplos concretos de empresas forman parte da programación. O peso do sec-

tor forestal e as novas propos-tas de políticas neste ámbito completan o curso xunto coa reflexión sobre as oportunida-des da agricultura ecolóxica e do horizonte emprendedor na zona sur e centro de Lugo.

Redacción Sarria

- Edredones - Sábanas Telas para sábanas y mantelerías

c/ INÉS DE CASTRO, 9TLFNO. 982 41023027400 MONFORTE

TAPIZ HOGARZ ZAFIRO TOURSel mundo a tu alcance en

av. de galicia n° 5 27400 monforte tfno 982416358

e-mail monfortelem����������� ��

Page 12: EnComún Nº 129

12� EC // Nº 129 Junio 2011

Club Lemos: celebración da primeira tempada da escola de fútbolSociedade

O Lemos aposta polo futuro: balance do estreno das categorías infantís O Club Lemos ven de rendir

homenaxe aos seus xogadores nunha clara aposta polo futuro do equipo. Deste xeito, na cea de fin de tempada celebrada no restaurante Don Manuel, e tal e como explicou o seu presidente, Antonio Feijoo, “trátase de re-compensar e premiar o esforzo, o traballo realizado e o interese amosado polos integrantes da escola de fútbol”; unha iniciati-va posta en marcha polo equipo local por primeira vez esta tem-pada, “un proxecto de cantei-ra co que se pretende reforzar

o equipo dende as categorías máis inferiores, que previsible-mente comezarán a competir xa en setembro”, engadiu Feijoo. Con todo isto, ao final da cea procedeuse á entrega dos galar-dóns, en primeiro lugar coa en-trega dunha pequena placa ao futbolista do Deportivo, Die-go Seoane, e acto seguido, ao promotor da canteira do clube e director deportivo, José Ma-nuel Martínez, quen comezou con este proxecto o pasado mes de xaneiro. Posteriormente, procedeuse á entrega de trofeos

aos compoñentes do conxunto xuvenil, así como dos diplomas aos 22 cativos da escola de fút-bol. Pola súa parte, non faltaron á cea varios futbolistas do primei-ro equipo, como Alami, Fran, Varela ou Brian. Asimesmo, tamén asistiron ao acto a maio-ría dos ex presidentes do clube, como por exemplo Mariano Rodríguez Cedrón, Manolo Ferreiro e Juan Carlos Aira; así como os ex directivos Cuesta e Fernando Pereira. Patrocinado-res e colaboradores máis direc-

tos foron outros dos que non quixeron perderse a cita. Asistiu así o xerente de talleres Pardo, Manuel González Álvarez; un empresario monfortino que tamén apostou decididamente polo equipo xuvenil e que ves-tirá a vindeira temporada a to-dos os equipos da canteira. Pero tamén acudiron representantes da Fundación Educativa Torre de Lemos, coa súa presidenta Esther Rodríguez Camino á ca-beza; e distintas personalidades da política, como os voceiros do PP e do PSOE de Monfor-

te, Julia Rodríguez e José Tomé. Cabe destacar finalmente a pre-senza do monfortino Richi, fut-bolista do Fabril, quen tamén se decidiu a apoiar o clube e o proxecto da canteira asistindo á cea.�

O pasado venres 17 de xuño xogadores do Lemos, directiva, corpo técnico e socios celebraron unha cea no restaurante Don Manuel en Monforte para poñer punto e final á tempada. Á cita acudiron preto de 180 persoas, co especial protagonismo dos máis pequenos do equipo, sentados todos xuntos a unha mesma mesa. Pola súa parte, presidiron a celebración o presidente da entidade, Antonio Feijoo, acompañado polo futbolista ourensá do Deportivo e fillo de Paco Seoane, ex adestrador do Lemos, Diego Seoane, e coa presenza dos membros do corpo técnico do clube e representantes institucionais do Concello. Ao remate da cea, todos eles participaron na entrega de premios aos 22 compo-

ñentes da escola de fútbol, que recibiron un diploma e un obsequio, e a varios xogadores do conxunto xuvenil, que recibiron cadanseu trofeo. EC

PL& Calzados

INÉS DE CASTRO 10B

MONFORTE DE [email protected]

Page 13: EnComún Nº 129

EC // Nº 129 Junio 2011

� Coa chegada do verán volve a cita cos reloxos en Monfor-te. A colección particular de Domingo Pérez Somoza incre-menta ano tras ano os seus fon-dos, e nesta ocasión incorpora chamativas curiosidades que se suman á histórica colección de reloxos do coleccionista mon-fortino. O presente e o futuro destes instrumentos vense ago-ra representados na exposición aberta no número nove da monfortina rúa Cardenal.

SINGULARES TESOUROSO conxunto adquirido por este amante dos reloxos supera xa o centenar de pezas cuxa impor-tancia reside non tanto na an-tigüidade dalgún dos reloxos, senón na súa peculiaridade e representatividade de cada unha das etapas históricas, con instrumentos antigos ou fieis réplicas de pezas coma o Con-greve, o primeiro reloxo cinéti-co patentado. O funcionamen-to e deseño chamativo destes instrumentos confire un valor único á exposición.

RÉPLICASO Congreve representa un fito na historia da reloxería polo seu modo de funcionamento, no que unha bola acciona o es-cape, e supuxo unha alternati-va mecánica no seu momento, pouco despois do 1800. Pero nesta curiosa mostra existen representacións doutros reloxos rodantes, do nocturlabio –an-tigo instrumento astronómi-co– e representacións de todos os sistemas coñecidos para a medición do tempo con moitas repeticións de auténticas pezas de museo.

SISTEMAS ORIXINARIOS A BASE DE AUGA, LUME OU AREAOs primerios xeitos de aproxi-marse á medición do tempo son os reloxos de sol, dos que existe nesta colección unha cumprida representación. Sen embargo, coa noite e coa nubosidade os reloxos de sol mudan nun sis-tema imperfecto que foi provo-cando a procura de melloras a través da historia. O home ne-

cesitou dende o primeiro mo-mento medir o tempo dalgún xeito, e por iso se inventaron tamén as clepsidras, utilizadas xa nas civilizacións grega e ro-mana como unha alternativa aos reloxos de sol, medindo intervalos de tempo a través do paso da auga dunha a outra va-sixa. Na colección de Domingo Pérez existe unha orixinal clep-sidra elaborada con alfareiría de Gundivós.Os reloxos de area para indicar fraccións de tempo tamén están presentes na mostra, así coma os de lume, con curiosos in-dicadores como a combustión de aceites aromáticos ou subs-tancias aromáticas no corpo da candea ou, simplemente, con marcas de escalas de tempo.

APARICIÓN DA MECÁNI-CA DO TEMPOA partir do século X aparecen os primeiros reloxos mecáni-

cos, o que son as primeiras máquinas de medir o tempo, como poden ser o reloxo Foliot ou Volante. O primeiro reloxo de péndulo data de 1656, e dita mecánica está moi representada na colección a través de pezas de sobremesa ou de parede. O reloxo de péndulo marca un momento clave ao mellorarse a precisión. Con isto aparecen as dúas agullas, aportando unha exactitude boa para a época, pero escasamente funcional para transportar nun barco. O sector da navegación necesita-ba unha hora máis precisa, e así invéntase o reloxo volante espiral.

PRESENTE E FUTURO1950 é a data na que se popula-riza o reloxo de cuarzo, nacen-do o reloxo de pila que perdura deica hoxe, representado nesta exposición por exquisitas mo-dernidades e curiosidades que

tamén nos transportan ao fu-turo. As últimas tecnoloxías ao servizo da reloxería incorpó-ranse este ano á exposición que Domingo Pérez terá en funcio-namento todo o verán.Reloxos misteriosos nos que é difícil visualizar a maquina-ria mestúranse con pezas de deseño nas que o entramado mecánico aparece totalmente visible, acadando grande prota-gonismo. Os xogos de luces, así como auténticas orixinalidades para marcar a hora completan os instrumentos máis antigos e históricos. Estéticas únicas, escapes centrífugos, alusións ao ferrocarril tan importante nesta cidade e moitos outros tesouros configuran este pequeno mu-seo particular do reloxo.A afección de Domingo Pérez por este mundo foise conso-lidando ao longo do tempo, fundada nunha vinculación profesional e familiar ao sector

da reloxería. Mercadiños, feiras sectoriais ou Internet son a fon-te de adquisión destes obxectos. Ningún destes reloxos está á venta, pero o propietario facili-ta habitualmente a consecución de pezas novas similares feitas por encargo debido ao interese que moitas veces suscitan entre os visitantes da exposición.

ÉXITO DE PÚBLICOA boa resposta do público é un feito que destaca o promotor da mostra, porque quen máis e quen menos goza coñecendo reloxos que nunca antes viran. Domingo Pérez é dos que afir-ma que as coleccións non aca-ban nunca de completarse, e es-tuda a posibilidade de trasladar este conxunto de pezas a outros lugares e salas de exposición. E é que, como reza a propia expo-sición, “unha vida sen reloxos é algo que ao home de hoxe lle resulta impensable”.

Redacción L.Gallardo

.

Page 14: EnComún Nº 129

14 � EC // Nº 129 Junio 2011

�O Colexio de Currelos cele-brou este curso o seu 25 ani-versario e fíxoo cun xantar no que estiveron presentes moitos ex alumnos e antigos mestres, xunto cos membros da actual comunidade educativa. Re-uníronse arredor dunhas 200 persoas que reflexionaron so-bre a historia deste pequeno centro educativo que abría as súas portas en 1985.

AQUELES 180 ALUMNOSNaquel momento, o colexio de Currelos, localidade situada ao norte do concello do Saviñao e segunda do municipio en nú-mero de habitantes despois de Escairón, albergaba uns 180 alumnos, cifra que dista moito dos 32 rapaces que asisten na actualidade ás aulas en Curre-los. O colexio púxose en mar-cha pola necesidade de con-centrar os numeroros escolares da zona norte do Saviñao, en moitos casos habitantes de nú-cleos moi distantes da vila de Escairón.

POLÍTICA DE AFORROActualmente imparten as cla-ses cinco mestres, e o director, Anxo Carro, apunta que non temen demasiado que a admi-nistración puidese algún día prantexarse o peche deste cen-tro por escasez de alumnos, xa que “se queremos manter vivo o rural, non se pode pensar que se vaia recortar en cousas como a sanidade e a educa-ción nestes pequenos núcleos rurais”. Pensando na necesi-dade de racionalizar recursos, a comunidade educativa des-ta escola leva anos aforrando, concienciada da necesidade de non despilfarrar nin a luz, nin a auga, nin o combustible que precisan para funcionar. Neste

obxectivo participan todos e procúrase que os sistemas de peche sexan o máis herméti-cos posibles; si se precisa facer obras, particípase nelas, e as luces non permanecen pren-didas nin un segundo máis do necesario. Para o director do centro, isto contribúe moito a que este colexio de educación infantil e primaria non supoña demasiados gastos á Adminis-tración.

OITO RAPACES POR AULA DEBIDO Á DESPOBOACIÓNO cambio máis significati-vo que se tería producido no centro en todos estes anos é precisamente o descenso do alumnado, que obrigou a que na actualidade distintos cursos estean agrupados na mesma aula e sexa un profesor o que imparta a materia en distintos niveis ao mesmo tempo. Dis-tribúense nunha media de oito rapaces por aula. Lonxe de ser unha desvantaxe, este aspecto pode ser incluso enriquecedor tanto para mestres como para alumnos, uns vense obrigados a estar se cabe máis preparados, e outros vense na obriga de fa-miliarizarse cunha aprendizaxe de niveis superiores.

HOMENAXE ÁS TRABALLADORAS MÁIS VETERANASDula Moreiras, a cociñeira do colexio, é a persoa que máis antigüidade ten no centro, desenvolvendo o seu traballo no mesmo dende o momento da súa creación. 16 anos levaba tamén a mestra Carmen Ma-riño, que recibe a xubilación este ano, que foi tamén home-naxeada nos pasados días.

UN COLEXIO RURALPara Carro, o carácter marca-damente rural deste tipo de

centros diferénciaos doutros situados en cidades e vilas máis grandes en que “as relacións humanas adoitan ser máis in-tensas”, algo que é a todas luces positivo. Este mestre pasou por uns 20 centros nos que non se atopou nada parecido nes-te senso. As dificultades máis reseñables ás que se enfronta a dirección dun centro destas características sexan quizáis o traballo administrativo, ao que

non pode dedicárselle tanto tempo ao contar con moitas horas de docencia. “Cada vez hai máis cousas que facer”, apunta Anxo Carro, pero o bo ambiente ao que todos contri-buímos fai que ao final tra-ballo vaia saínda cara adiante. A organización de actividades fóra das aulas e a propia exis-tencia dun colexio contribuén a dinamizar, en moitos sensos, o pobo de Currelos.

O colexio de Currelos: 25 anos de función educativa no rural

Instalacións do colexio de Currelos, en funciomanento dende o ano 1985. Abaixo, un grupo de alumnos do curso 85/86. CEIP Currelos

��Usuarios do centro médico do Saviñao, o colectivo veciñal e o PSOE solicitan a restitución da praza de médico que leva máis dun mes sen ser cuberta polo Sergas nese ambulatorio “aprovei-tando un concurso de traslados” que levou a dous facultativos a outros centros, sendo substituído tan só un deles e quedando Es-cairón con tres médicos. Co mantemento desta situación, as sos-peitas de que a Consellería quere suprimir esa praza cobran máis

forza entre os usuarios. Actualmente o Saviñao ten 4 facultativos (tres en Escairón e 1 en Currelos) para máis de 4.500 habitantes, cos que tal e como xustificou a Consellería se cumpriría a ratio de 1.100 tarxetas por facultativo. Sen embargo, municipios como Sober e Pantón, con 2.251 e 2535 tarxetas sanitarias respectiva-mente, quedan igualmente con 4 médicos. Numerosos veciños están a presentar reclamacións ante o Sergas.

Veciños do Saviñao piden que se restitúa unha praza de médicoFlashes

���

O descenso do alumnado obrigou á concienciación da comunidade educativa no aforro para poder manter en activo un centro que é dinamizador do pobo

Duras críticas aos catro soldos políticos do Saviñao�A nova de que o Concello do Saviñao pase de dúas a catro dedicacións no man-dato que ven de iniciarse foi moi mal acollida en moitos sectores representa-tivos do municipio como son o PSOE, que votou en contra no pleno municipal, ou a Asociación Veciñal do Saviñao.Para os socialistas do Savi-ñao “é un despropósito que se dupliquen as liberacións, cando en todo o Estado se están reducindo pola situa-ción económica”. Coa nova situación pasarán de dous a catro os soldos políticos no Saviñao. Desta maneira, e segundo a información do PSOE, as 4 liberacións do Concello van supor anual-mente 136.000 euros no capítulo de altos cargos, un 6% do presuposto to-tal anual e un 16% dos recursos xerados en 2010 no Saviñao. As dúas novas liberacións corresponden ás concelleiras Mónica Ló-pez e Beatriz Rois, ás que hai que sumarlle as que xa percibían o alcalde, Joaquín González, e o tenente de al-calde, Juan Carlos Armesto.

Tamén a Asociación Ve-ciñal do Saviñao quíxose pronunciar ao respecto, e comparou o municipio cos de Chantada e Monforte, moito maiores en habitan-tes “e con só dúas dedica-cións exclusivas” polo que consideran que “aquí ou fallan as contas, ou estamos no país das marabillas”, apuntan. Ao colectivo ve-ciñal parécelle un “órdago” e unha “escandalosa afrenta á xustiza social” ao crearse unha profesión dos repre-sentantes municipais.

Redacción�������

Page 15: EnComún Nº 129

EC // Nº 129 Junio 2011

Un ano máis, o Concello de Bóveda xa está a organizar a que será a novena edición da feira Outrora en Rubián. De sobra é coñecido que cada 14 e 29 de mes durante todo o ano celébranse as feiras gandeira, agrícola e con mercadillo da zona, pero cada 14 de xullo os veciños de Rubián retroceden no tempo para celebrar unha xornada de feira ao estilo máis antigo, recuperando así o que era a feira tradicional de finais do século pasado ata mediados deste. Unha iniciativa que sur-xiu do propio Concello dende o departamento de Cultura.

ARTESANÍA, OFICIOS ANTIGUOS E GASTRO-NOMÍA TRADICIONALDeste xeito, como cada ano o evento dará comezo arredor das nove e media da mañá, para abrir o recinto ao público ás dez. Coa capela Ecce Homo de Rubián como punto de re-ferencia, ao redor os visitantes poderán disfrutar de todo tipo de postos de artesanía e de-mostracións de oficios antigos. Os responsables municipais de Cultura explicaron que este ano haberá, entre outras moitas cousas, “talla en madeira, telar e todo o que ten que ver coa ar-tesanía textil, como pode ser o

encaixe de bolillos e os borda-dos, artesáns de coiro e de ces-teiría que farán demostracións nos propios postos, oficios tra-dicionais como o de panadeiro, ferreiro, tamén postos de xoie-ría tradicional, drapería, vidro, esmalte, oleiría, e, por suposto, elaboración de produtos arte-sanais que teñen que ver máis coa gastronomía, como licores, marmeladas naturais, mel ou roscas”. Unha serie de produtos que tamén se poderán degustar. Ademais, é de destacar que den-de a organización sempre esixen produtos que sexan pouco ela-borados, “tal e como se vendían nas feiras de antes”.

FILLOAS Á PEDRA, NOVI-DADE DESTE ANOUnha das novidades deste ano radica en que xa está confir-mada a asistencia dun posto para facer filloas á pedra, que compartirá xornada con outros postos máis asiduos como o do afiador. A maiores de todo isto tamén se desenvolverán acti-vidades paralelas, como obra-doiros para nenos, pero que estarán abertos á participación de todos os que o desexen, así como un concerto de música de cámara a cargo de Mijail Mo-riatov; títeres, xogos populares, e a festa da auga e da espuma para os máis cativos.

Pola súa parte, ao longo de todo o día serán as coplas e os can-tares de cego os que animen a veciños e visitantes a degustar os produtos gastronómicos tí-picos da zona; ao igual que a música da Banda Municipal de Bóveda, as gaitas e os integran-tes da escola municipal de baile

amosando as tradicións folcló-ricas da zona. E como en edi-cións anteriores, non faltará á tardiña a recreación etnográfica da malla do centeo que se facía antigamente, así como o isco no guizo ou tradicional pancetada. Ambientada recreando un mer-cado tradicional, a feira remata-rá pola noite cun espectáculo de música.

POSTA EN VALOR DO PA-TRIMONIO INMATERIALEntre os obxectivos deste even-to figuran os de recuperar o significado do antigo mercado tradicional de finais do século XIX ata mediados do XX, así como o de rescatar e manter as tradicións populares locais, entendidas como identidade do propio municipio de Bóve-da, e en concreto de Rubián; e promocionar a artesanía de toda zona sur de Lugo, e mes-mo de Galicia. Pero a maiores, con esta feira Outrora tamén se busca a recuperación de tradi-cións como os xogos populares; e á vez amosar profesións, usos e costumes asociados á vida do rural galego interior. En defini-tiva, todo o que sexa potenciar o interese turístico e cultural do municipio, cunha fórmula que semella funcionar, xa que ano tras ano aumenta tanto a afluencia de visitantes como a participación de artesáns.

A feira do século pasado regresará ao municipio de Bóveda o vindeiro 14 de xullo

Durante a xornada haberá degustacións, obradoiros, música, e por suposto, pan-cetada e a tradicional recreación da malla

Page 16: EnComún Nº 129

16 � EC // Nº 129 Junio 2011

Flashes

Máis de 70.000 euros de aforro grazas ao novo reaxuste

O pasado 23 de xuño cele-brouse unha sesión extraordi-naria do pleno da corporación do Concello de Quiroga. Na orde do día ían varios pun-tos, entre eles, as dedicacións de determinados membros da corporación, nomeamentos de tenentes de alcalde, dos mem-bros da Xunta de Goberno e de concellerías delegadas.En canto ás dedicacións, su-primíronse dúas dedicacións exclusivas; a do alcalde e a dun tenente de alcalde, sendo a re-tribución anual total de am-bos de 83.540,76 euros, e de-signouse unha soa dedicación parcial (dez horas á semana) correspondente á concellería de xuventude, cunha retribu-ción anual de 11.782,32 euros. Ambas retribucións inclúen a aportación á Seguridad Social e os soldos.“Coa supresión destas dúas de-dicacións exclusivas, o Conce-llo de Quiroga aforra un total de 71.758,44 euros, sendo esta supresión unha medida de aus-teridade para os vindeiros catro

anos”, explicaron dende o Con-cello.Asimesmo, nomeáronse mem-bros da Xunta de Goberno a tres concelleiros: Ana María Núñez García, José Enríquez Álvarez e José Ángel Rodríguez Raposo. E tamén se nomearon tres tenentes de alcalde: primei-ro tenente de alcalde, Ana Ma-ría Núñez García; segundo te-nente de alcalde, José Enríquez Álvarez, e terceiro tenente de alcalde, José Ángel Rodríguez Raposo. Por outra parte, sen prexuizo das delegacións e das atribucións na Xunta de Go-berno, tamén se efectuaron as seguintes delegacións: Deportes e piscinas no concelleiro José Enríquez Álvarez; Atención ao cidadán no concelleiro José Án-gel Rodríguez Raposo, Cultura na concelleira María Dolores Sánchez Durán, Xuventude na concelleira Rosa María Arza Rodríguez, Medio Rural no concelleiro Manuel Mondelo Rodríguez, Educación, Benes-tar e Igualdade na concelleira Ana María Núñez García, e por último, Turismo e Eventos no concelleiro José Luís Rivera Castro.

Redacción Monforte

O Concello de Quiroga ten abertas ao público as piscinas municipais dende o pasado día 23 de xuño. Este servizo funcionará no seu horario ha-bitual de todos os veráns, de doce do mediodía a oito do serán ininterrompidamente. Pola súa parte, todos os que queiran utilizar este servizo deberán aboar a entrada co-rrespondente, que se mantén como en anos anteriores: os maiores de 15 anos pagarán 1,50 euros, de 8 a 15 anos aboarán un euro, e os meno-res de 8 anos terán a entrada gratuíta.Pero tamén se poderán solici-tar bonos para toda a tempada con prezos que van dende os 30 euros para os maiores de 15 anos e de 21 euros para os menores.

Festa de San XoánA apertura das piscinas muni-cipais coincidiu coa celebra-ción da noite de San Xoán. Deste xeito, tamén dende o Concello de Quiroga prepa-rouse unha pequena celebra-ción para a noite do xoves 23. Na mesma, como non podía ser menos, houbo sardiñada de balde para todos os asisten-tes a partir das oito e media da tarde, así como unha fogata. E para os máis cativos, dende as sete da tarde tiveron lugar di-vertidos xogos.

Servizosdo Concello

O servizo de Ludoteca, ofer-tado gratuitamente dende o departamento de Educación do Concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación

de Lugo, ven de celebrar cun-ha festa de despedida do curso 2010/2011. Así, o pasado mar-tes 21 de xuño, os pequenos e pequenas que participaron destas actividades puideron deleitarse cunha gran meren-da na ludoteca municipal, sita

no baixo da Casa de Cultura de Quiroga. Esa tarde, os par-ticipantes nas actividades da Ludoteca desfrutaron dunha gran merenda a partir das cin-co da tarde e ata as sete, xa que ademais da merenda houbo xogos para que os rapaces pui-

deran aproveitar de cheo ese último día. Pola súa parte, a ludoteca municipal voltará en outubro co comezo do curso 2011/2012, pero ata entón, todos os rapaces e rapazas en idade escolar que pasen as súas vacacións no val e arredores po-

derán acudir aos campamentos de verán que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto. Es-tes contarán con actividades tan variadas como deportes, xogos, informática, inglés, e variados obradoiros en horario de mañá de luns a venres.

Redacción Monforte

O servizo de Ludoteca de Quiroga, que voltará no mes de outubro, celebrou o fin de curso cun gran festa

Abertas aopúblico as piscinas municipais de Quiroga

���

O pleno do Concello de Quiroga asigna áreas e dedicacións

Clausura das Escolas Deportivas� Remata o curso e tamén rematan moitas das actividades paralelas. Deste xeito, no concello de Quiroga veñen de clausurarse hai uns días as Escolas Deportivas Municipais do curso 2010-2011, nun acto celebrado no pavillón polideportivo da localidade. Nesta tradicional festa de fin de temporada disputáronse varios partidos, entre eles, un curioso choque que enfron-tou a pais e a fillos ás sete da tarde. Ao mesmo tempo, arredor das sete e media, tiveron lugar varios sorteos e a entrega de premios aos integrantes das escolas deportivas. Un pequeno recoñecemento a todos os participantes dun programa paralelo ao escolar co que se pretende sobre todo fomentar o deporte.

Actividades para todos os gustos

O Concello de Quiroga vén de sacar á rúa a programación cultural para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Tal e como indicaron, as actividades recollidas en dito programa son o resultado do traballo realizado polo Concello de Quiroga coa coordinación entre os distintos servizos municipais encargados cada un deles dun sector po-boacional: muller, xuventude, educación, infancia e terceira idade. Así, nos meses de verán, obradoiros, teatro de rúa, ani-mación infantil e actividades lúdicas e deportivas conforman a actividade deste trimestre. Cabe salientar os campamen-tos de verán para os nenos e as nenas en idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, que se desenvolverán de luns a venres, entre as dez da mañá e as dúas da tarde en distintas instala-cións municipais. Estes cam-pamentos de verán inclúen ac-tividades artísticas, deportivas e formativas. Ademais do carác-ter lúdico-deportivo, os cursos de verán teñen como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Esta activi-dade conta coa colaboración da Consellería de Educación a través do Programa de Apertu-ra de Centros Escolares fóra de horario lectivo.

Pero nesta programación a mú-sica, en todos os seus estilos, ocupa un lugar importante, con numerosas actuacións ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro. Así, dende xuño a setembro terán lugar 12 actua-cións do programa Música na Rúa, que leva moitos anos fun-cionando con éxito. Por outra banda, haberá concertos para a xuventude, con grupos xuvenís como Utopía, Santa Compaña e Letal Chains.A maiores de todo isto, “as festas de verán con actuacións folcló-ricas, animación infantil, teatro de rúa e actuacións musicais de distintos estilos, etc, contribui-rán a complementar os moitos atractivos turísticos de Quiroga como lugar de vacacións para toda a familia”.Por outra banda, a promoción de produtos típicos, que está presente no Concello de Qui-roga ao longo de todo o ano, ensalza neste tempo o mel, que será o protagonista na celebra-ción da XX Mostra do Mel de Quiroga o vindeiro día 10 de agosto.Polo que respecta ás activida-des deportivas hai que destacar algunhas como a ruta polo val de Quiroga en mountainbike, o campionato de baloncesto 3x3, o torneo de tenis, o torneo “Futsal Cup” e tamén o sendei-rismo e as rutas que se fan pola natureza.

Redacción Monforte

Programación cultural para o verán no concello de Quiroga

Page 17: EnComún Nº 129

EC // Nº 129 Junio 2011

Flashes

Ideas emprendedoras

Un ano máis, o instituto de ensino secundario Daviña Rey entregou os premios destina-dos a xóvenes emprendedores da comarca; uns galardóns que levan o nome de José Luis Lo-sada, profesor xa falecido do centro monfortino. A entrega de distincións tivo lugar no sa-lón de actos do instituto e esti-vo presidida polo seu director, Vicente Docasar. Este ano os galardóns “Xóvenes emprede-dores José Luis Losada” foron para cinco antigos alumnos do centro, todos eles cun proxecto emprendedor en marcha. Os premiados foron David Rodrí-guez e Jesús López, que monta-ron a súa propia firma de elec-tricidade, denominada Daysu; Rubén de Vicente Prada, que cursou estudos da rama sanita-ria no centro e agora leva a súa propia clínica de odontoloxía;

Manuel Fernández, propietario do restaurante Manuel Bistró en Monforte; Roberto Pérez, que tras unha etapa como em-pregado por conta allea creou a firma Agrícola Lemos; e Alber-to Díaz, creador da empresa de comunicación Mordisco Films. Neste último caso, o encarga-do de recoller o premio foi o seu irmán Jesús, tamén estu-dante do Daviña Rey, xa que o premiado non puido asistir. Os ex alumnos recibiron unha pequena placa como símbolo de recoñecemento. Asimesmo, ademais de premiar aos xóve-nes emprendedores, dende o instituto tamén quixeron re-coñecer a labor realizada por varias empresas da zona, pola súa contribución á creación de riqueza e emprego na zona sur da provincia. Neste senso, os galardoados foron por un lado, a firma Inelcom, asentada en Sarria dende o 2005 e adicada ao sector das comunicacións.

Ademais, recibiu un premio So-lidaridad Solar, a empresa que ten en marcha o parque solar de Seteventos, e por último, Alcor, unha firma monfortina especia-lizada no sector da seguridade e a cuxo frente está Carlos So-moza.

Ao final do acto e aproveitando a ocasión, o director do cen-tro, Vicente Docasar, explicou que dende o instituto van a poñer en marcha unha inicia-tiva denominada “SILdarei”; consistente nun programa de inserción laboral. “Trátase de axudar a buscar traballo aos alumnos do Daviña Rey, será como o noso Inem particular, cunha base de datos dos alum-nos, sempre actualizada; un ser-vizo que daremos aos alumnos e ás empresas a través da páxina web”; un proxecto realizado na súa totalidade polos profesores do centro.

Redacción Monforte

EC

A asociación organizadora do Festival do Castro de 2011, en Pantón, xa ten en marcha unha nova edición do festival, que conta con voluntarios na organización, residentes nos concellos de Monforte, So-ber, O Saviñao e A Pobra do Brollón, entre outros. Na úl-tima reunión comezáronse a valorar os distintos grupos que poderían recalar no festival, así como as actividades previstas para toda a xornada festiva, que este ano recaerá no vindei-ro día 20 de agosto.Dende a organización aposta-rán por repetir fórmulas exito-sas das pasadas edicións como os pasarrúas, Feira de Arte-sanía, Campeonato de Birlos, Xantar Popular con Café Con-certo e Xogos de malabares.Por outra parte, dentro da campaña prevista para a reali-zación do Festival do Castro de 2011, e no marco da Feira do Viño de Pantón, que tivo lugar hai unhas semanas, os organi-zadores tamén dispuxeron dun posto no recinto feiral para a venda de camisetas de edicións de anos anteriores, chisqueiros e a camisola da asociación.Finalmente, é de destacar que este ano o Festival do Castro contará coa presenza do gru-po checo United Flavour, que aproveitará para presentar o seu novo disco, “ATTITU-DE”. Unha actuación que dará carácter internacional a esta celebración de Pantón.

O Festival do Castro de Pantón será o vindeiro día 20 de agosto

���

O IES Daviña Rey entrega os premios ‘José Luis Losada’

� O vindeiro día 2 de xullo o Concello de Pantón organiza unha ruta de sendeirismo polo río Cabe. Trátase dunha activi-dade libre e gratuíta que conta cun percorrido de 10 quilómetros de distancia e cun traxecto que partirá de A Famulia (Espa-santes), pasando por Prado, As Adegas, San Román, A Abelaira, Budián, As Tercias, O Cotillón, Areas, Baldueiro, e de novo a Famulia. Para todos aqueles que desexen particpar nesta actividade a saída realizarase ás nove e media da mañá da praza do Concello de Pantón en coches particulares. Ao remate, terá lugar unha visita (opcional) ao Campo do Santo Cristo de San Fiz de Cangas, e ás oito da tarde unha actuación de maxia. Para apuntarse poden chamar aos teléfonos 982.456.377 e 982.456.279

A estudante do IES Río Cabe de Monforte, Lorena Nogue-rol Lois, de 17 anos de ida-de, ven de facerse co primei-ro posto do que foi a terceira edición da Olimpiada Galega de Economía; unha cita que reúne a estudantes de 2º de Bacharelato de Galicia para medirse entre eles, e que este ano se celebrou na Facultade de Economía e Empresas da Universidade de A Coruña.

Agora, os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, Lorena compe-tirá en Castellón co resto de gañadores de España. Pero de momento xa conseguiu li-brarse de pagar a matrícula do primeiro ano de Economía ou Administración e Dirección de Empresas, o que ela prefira.Cabe destacar que esta alum-na é un claro exemplo a seguir, ao igual que a súa compañeira de instituto, Olalla Díaz Para-da, quen tamén se presentou á mesma proba.

Unha alumna do Río Cabe gana a Olimpiada Gale-ga de Economía

Page 18: EnComún Nº 129

18 � EC // Nº 129 Junio 2011

Flashes

Concerto baixo a lúa e cea con queimada folk, os puntos fortes para este verán

O Concello de Ribas de Sil xa ten en marcha a programa-ción cultural para este verán. De feito, o programa prepara-do xa botou a andar no mes de xuño coas actividades culturais que se programaron coa Festa da Cereixa e cunha obra de tea-tro o pasado 25 de xuño. “Pero digamos que a partir de agora, como continuación a esta pro-gramación, temos durante os meses de xullo e agosto os tra-dicionais obradoiros e activida-des de verán cos pequenos do concello, que inclúen diversas actividades en horario de luns a venres de dez e media da mañá a unha e media do mediodía to-dos os días”, explicou o tenen-te de alcalde, Roberto Castro. Estas actividades consistirán en xogos deportivos, saídas á praia fluvial, viaxes lúdico-culturais, manualidades, rutas de sen-deirismo e tamén obradoiros de pintura, de cadros de area, etc. “Non teñen custe, é dicir, son actividades completamen-te gratuítas, e é o Concello o que se encarga da organización, loxística, persoal de apoio e cus-tes materiais necesarios. E son ademais actividades que contan sempre coa participación de en torno a 40 rapaces, especial-mente entre mediados de xullo e mediados de agosto, que soe ser sempre a temporada de máis afluencia de xente”. Asimesmo, para todos os xoves dos meses de xullo e agosto están progra-mados obradoiros de manua-lidades en horario de once da mañá a unha da tarde.

ACTIVIDADES EN XULLOConcretamente, para o mes de xullo está prevista o día 16 unha experiencia que se fará por pri-meira vez este ano. “Algunha vez temos traído un concerto de música clásica, pero sempre o facíamos na igrexa, e o ano pasado con cargo ao programa Camiños de Cultura, fixemos

un pequeno experimento na praza do Concello, con uns mi-crófonos de ambiente. E a ver-dade é que a experiencia funcio-nou moi ben e a xente marchou encantada, porque ademais ha-bía unha fonte botando auga, o concerto de violíns non era de música clásica exactamente, senón maís ben tipo boleros, es-tábamos á luz da lúa, e ao final o resultado foi espectacular”, sinalou Castro. “De ahí que agora lle chamemos así: Con-certo de música clásica baixo a lúa”. Dita actividade terá lugar na praza do Concello ás dez e media da noite.Para o día 24 de xullo ás oito da tarde está prevista a orga-nización dun teatro de títeres, no anfiteatro da praia fluvial. Cómpre sinalar que os dous es-cenarios máis habituais empre-gados para desenvolver as acti-vidades do Concello de Ribas de Sil son o anfiteatro da praia fluvial e o escenario que hai na praza do Concello. “No verán sempre tentamos achegar as ac-tividades á xente, por iso busca-mos lugares por onde transitan maioritariamente, que son estes dous”.Xa o día 30 de xullo, hai pro-gramado un concerto infantil a cargo de Ana Leira e o seu grupo. “Interpretarán cancións para os máis pequenos ten-tando interactuar co público e recuperando aquelas cancións máis tradicionais”. Farase na praza do Concello ás nove da noite. Estas dúas últimas acti-vidades están financiadas polo programa Camiños de Cultura da Xunta de Galicia, que parti-cipa asumindo o custe do 60%, tendo que asumir o Concello o 40% restante.

AGOSTO A TOPEXa para o mes de agosto, a primeira das actividades está prevista para o día 13 coa ce-lebración dunha cea popular ás nove da noite. “É unha cea que facemos de xeito interrumpido, hai anos que se fai e outros que

non, en función da data. E bue-no, tense feito paella, outra vez tortilla, tamén churrasco, pero este ano está aínda por decidir que é o que se fará. Iso sí, esta cea terá como novidade a orga-nización dunha queimada folk ás once da noite. Chamámoslle así porque é unha especie de escenificación do conxuro da queimada con música e am-bientación meigalla, e un pouco tamén en recordo e homenaxe á meiga de Torbeo que recente-mente foi moi coñecida a nivel estatal debido á reportaxe do programa Cuarto Milenio”.Pola súa parte, os días 14, 15 e 16 de agosto terán lugar as festas patronais coas súas co-rrespondentes verbenas. Pero é de destacar por exemplo que o día 14 faranse uns xogos in-fantís especiais, e ese día será tamén o día da xuventude, con obradoiros e hinchables. O día 15 terá lugar a tradicional pro-cesión en San Clodio, e o 16 destacan os tradicionais fogos artificiais ás doce e media da noite, “que se levan facendo durante máis de 50 anos con-secutivamente, e que acaparan unha parte moi importante do orzamento destinado á organi-

zación das festas, pero que ao mesmo tempo son un reclamo moi efectivo para traer xente de outros concellos a disfrutar dun espectáculo que soe durar unha media hora, e no que hai fogos que non lle teñen nada que envexar aos de outras cidades, como por exemplo Monforte”.No mesmo mes, para o día 20 está programado no anfiteatro da praia fluvial unha actividade de contacontos, onde se mistu-ra a música e distintos perso-naxes que se crean con globos e escuma. Un espectáculo pensa-do especialmente para os máis pequenos.

ACTOS EN SETEMBRORematadas as actividades máis fortes, xa no mes de setembro, grazas ao proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lu-gar o día 10 na praza do Conce-llo a representación da obra “As Alegres comadres de Windsor”, a cargo da compañía Achádego Teatro. “E despois, os sábados e domingos de setembro e outu-bro, de once da mañá a unha da tarde, terá lugar unha campaña de animación á lectura, coa que se pretende aproveitar o feito de que os pequenos xa comezan a

estar máis na casa, e polo tan-to fomenten a práctica funda-mental da lectura”. O Concello contribúe así cunha pequena campaña de fomento da lec-tura, con agasallos de libros e con diferentes actividades que fomentan este hábito.

“INOPERANCIA DA XUN-TA” PARA RESOLVER AS AXUDAS CULTURAISRoberto Castro tamén apuntou que de momento este é o pro-grama de actividades, pero que agardan contar con máis. “O que ocorre é que tamén temos unha serie de actividades plani-ficadas con subvencións, pero mentres non teñamos coñece-mento desas subvencións, real-mente non se poden programar porque son actividades que ao mellor supoñen un esforzo in-versor por parte do Concello moi grande, e que poderían ser cofinanciadas. Sen embargo, ante a inoperancia da Xunta, que non nos dá contestado nin dá sacado as liñas de axudas que sacaba todos os anos, estamos coas máns atadas. Mentres non chegue ese apoio non podemos adiantar máis”, concluiu Cas-tro.

Redacción Monforte

���

A programación de verán do Concello de Ribas do Sil conta con multitude de actividades para os meses de xullo, agosto, setembro e tamén outubro

Obras na Casa da Cultura de Ribas do Sil� A Deputación de Lugo ven de aprobar a contratación da obra de ampliación da Casa da Cultura de Ribas do Sil por valor de 233.420 euros, e un prazo de execución de catro meses. Este Concello conta xa coa estrutura dun novo edificio, situado ao carón das dependencias locais, e distribuído en dúas prantas e un soto. Coa achega da Deputación, remataránse as actuacións mediante a instalación dos servizos básicos de luz, agua e calefacción, e adquirirase o equipamento necesario. Unhas novas instalacións que terán capacidade para 100 persoas e ofrecerán un amplo espazo para levar a cabo numerosos actos culturais e sociais. Segundo indicou o tenente alcalde, Roberto Castro, “as obra comezarán en breve e estarán rematadas moi pronto”.

A temporada na que o concello de Ribas do Sil rexistra máis afluencia de xente soe ser durante os meses de verán. Arquivo EC

Page 19: EnComún Nº 129

EC // Nº 129 Junio 2011

tempuscentro médico-estético

tu belleza desde la salud

cavitación

implantes

láser médico

982 40 52 19

O BNG foi a forza máis vota-da no Concello de A Pobra do Brollón, mantendo polo tanto o goberno con José Luis Maceda Vilariño ao fronte. Nas pasadas eleccións municipais, acadaron catro concelleiros, sen embargo, os independentes conseguiron tres, o Partido Popular dous, e o Partido Socialista outros dous; uns resultados que fixeron que a día de hoxe aínda non esté

constituído o equipo de gober-no neste concello, e se atopen en negociacións.Tal e como indicou Maceda, “seguimos coas negociacións, que aínda están en camiño, e valorando distintas posibilida-des, como a de ver se é posible formar un goberno de maioría, ou sinxelamente gobernar en minoría e con pequenos acor-dos puntuais”. Ata o de agora non hai data fixada, “vamos con tranquilidade e tratando de chegar a un acordo o antes po-sible”, sinalou Maceda.

goberno

Flashes

���

Redacción - Monforte

O alcalde de Brollón tamén baralla gobernar en minoría con pactos puntuais

-

O Concello de A Pobra do Brollón aínda non ten pechada ao cen por cen a programación cultural para este verán. Sen embargo, son xa varias as activi-dades confirmadas.Deste xeito, o vindeiro día 6 de agosto terá lugar o Novo Circo ás dez da noite, un espectáculo de Pablo Trasno. Asimesmo, o vindeiro 21 de agosto, tamén ás dez da noite, na área de San-gueiros organizarase un espectá-culo de maxia a cargo do Mago Teto.Por outra parte, ao igual que todos os anos, xa están prepara-das unha serie de viaxes á praia durante os meses de xullo e agosto. Dentro deste programa de saídas, os días previstos serán o 10 de xullo á praia de Samil, o 17 de xullo a Miño, o 24 de xullo a Viveiro e o 31 de xullo á praia de Gandarío. Mentres tanto, durante o mes de agosto, o día 7 está prevista unha viaxe

á praia de Miño, e xa por últi-mo o día 21 a Samil. Son viaxes que contan cun número de pra-zas limitado, polo que todos aqueles que estén interesados en participar deberán apuntar-se na biblioteca do concello, en horario de mañá ou de tarde, e sempre antes da unha e media do mediodía do venres anterior á excursión. O prezo desta acti-vidade é de 10 euros cada viaxe.De igual forma, tamén está pre-vista unha saída ao Aquapark, aínda que, tal e como sinalaron dende o concello, de momento non hai data fixada.Segundo explicaron dende o Concello, están previstas máis actividades, tanto para nenos como para adultos, sen embar-go, a programación aínda non está pechada debido aos resulta-dos das eleccións, xa que o equi-po de goberno se atopa en fase de negociacións.Con todo isto, agardan poder contar cunha oferta máis am-pla, incluíndo varias actividades e tamén as festas que durante os meses de verán teñen lugar.

Redacción - Monforte

� o salón de plenos do Concello de A Pobra do Brollón acolleu a presentación do libro Os últimos brindeiros de Forgas, escrito por Xosé Luis Foxo Ribas, en home-naxe aos Irmáns Álvaro e José Veloso Valcárcel, e ao seu traballo realizado nos cantares das vodas. Os irmáns Veloso foron dous cantores populares da aldea de Forgas de Abaixo que mantiveron viva ata o día de hoxe a vella tradición dos brindos ou cantares

improvisados, tamén frecuentes noutros lugares como Quiroga, O Incio ou O Cebreiro. Á presentación do libro acudiron, entre outros, José Veloso (o seu irmán Álvaro faleceu o pasado mes de novembro), e Amparo Parada Aira, antiga pandeireteira e tam-borileira que participou no traballo de documentación sobre as tradicións musicais, así como Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta.

EC

Circo, espectáculo de maxia e viaxes á praia son algunhas das actividades

A Asociación de Veciños de Salcedo, en Brollón, ven de re-unirse a pasada fin de semana, para tratar de poñer en marcha as actividades que levarán a cabo durante o mes de agosto. Nesta primeira reunión aínda non se concretaron datas, senón que se barallaron distintas actividades que poderían poñerse en mar-cha. Así por exemplo, unha das que con total seguridade se vai a desenvolver, será a Festa da Ma-lla, pero outras, como rutas de sendeirismo, actividades para os máis cativos ou obras teatrais, aínda están sen concretar.A Asociación de Veciños de Salcedo é unha das máis acti-vas. Neste senso, o ano pasado levaron a cabo multitude de iniciativas durante o denomina-do Agosto Cultural. Represen-tacións teatrais, proxeccións de películas, un obradoiro de baile galego, outro de coiro, e tamén un xantar popular e unha ex-posición permanente, confor-maron o programa da edición anterior.Pero a celebración máis destaca-da do mes é sen dúbida a Festa da Malla. Unha festa que se leva a cabo na aira do Concello e que reúne a deceas de persoas. Ademais, habitualmente conta con pinchos e coa actuación dalgún grupo musical que ame-niza a xornada.Dende a Asociación sinalaron que en breve, a comezos do mes de xullo, agardan poder contar cun programa de actos defini-tivo, que por suposto integrará gran variedade de actividades tanto para os pequenos como para os maiores.

A asociación veciñal traballa na elaboración do programa de actividades

Page 20: EnComún Nº 129

20 � EC // Nº 129 Junio 2011

Recoñecemento para os deportistas da comarcaDeportes

Éxitos para o Club Ciclista ChantadinoJosé Ramón Caamaño, cuarto posto en Portugal�O Club Ciclista Chantadino continúa colleitando éxitos. O último, despois de desprazarse a terras portuguesas para dis-putar a 3ª Volta ao Concello de V.N de Famlicao, nunha proba na que tomaron a saí-da 110 corredores sobre un percorrido de 80 km moi se-lectivo, tanto polo perfil como polas condicións metereolóxi-cas con máis de 35º de tempe-ratura. Durante toda a carreira os compoñentes do clube esti-veron moi activos, acadando José Ramón Caamaño o cuar-to posto en master 30, e sendo o primeiro español en cruzar a liña de meta, amosando así o bo momento de forma no que se atopa.Asimesmo, hai que destacar a actuación do corredor Luis Alberto Bernárdez (Luba), tras conseguir a victoria na XXIV

III Open de Golf Terra Sa-cra en Pantón�O pasado sábado 25 de xuño disputouse no OCA Augas Santas (Pantón), o III Open de Golf Terra Sacra (co patrocinio do grupo Abante, Alumetal, Densa) no que se deron cita 76 xogadores. En canto aos resultados, na cate-goría de Scratch o vencedor foi o monfortino Manuel Hernández, con 70 golpes brutos. Na primeira cate-goría o vencedor foi o local Fran Varela, seguido de José Benito Vázquez, ambos con 38 puntos. Pero é de desta-car que na primeira categoría fixo un papel salientable a xogadora de Valdeorras Isabel Fernández, que con 41 pun-tos, impúxose á portuguesa Mª Teresa Ferreira e ao xoga-dor local Ramón Enríquez.

O equipo de A Pinguela, ins-crito na Super-liga de Voleibol�A Agrupación Deportiva A Pinguela ven de forma-lizar a súa inscripción na temporada 2011/2012 na Superliga Feminina 2 de Voleibol. Deste xeito, o clube remitiu a documen-tación á Real Federación Española de Voleibol, que-dando á espera de noticias sobre cales son o resto de equipos que conformarán na vindeira temporada esta categoría.A priori, están clasificados para participar nesta com-petición equipos de lugares tan dispersos como Astu-rias, Navarra, Extrema-dura, Castela A Mancha, Madrid, Cataluña, Illas Canarias e Baleares, ade-máis do equipo monforti-no. Cómpre sinalar que a Superliga Feminina 2 con-figúrase nun único grupo de doce equipos. A ins-crición faise tamén tendo en conta os bos resultados acadados polas xogadoras deste equipo.

O Club Nekaremata a temporada co Torneo Cidade de OurenseTralo balance máis que positivo, agora continuarán coas clases de infantil e xuvenil en horario de mañá

Grupo de alumnos ao completo que conforman as categorías do Club Neka. Foto: Ximnasio Neka

�Despois de varios torneos, o Club Neka ven de cerrar a temporada dos meses de xullo e agosto, tal e como indicou o seu responsable, José María Vega. Así, o último dos cam-pionatos ao que acudiron foi o Torneo Cidade de Ourense, disputado a fin de semana do 25 de xuño, e ao que acudi-ron con tres competidores: Sabela González, que quedou de primeira; David Feijoo, que quedou quinto; e Samuel López que tamén acadou o quinto posto. “Con esta par-ticipación damos por zanxada a temporada”, indicou Vega.Con isto, a partir de agora as clases durante os meses de xullo e agosto para infantil e xuvenil, serán polas mañás, de once a unha do mediodía. Mentres tanto, as clases para adultos seguirán co seu hora-rio habitual de tarde.

BALANCE DE ÉXITOSUnha vez rematada a tempo-rada, dende o clube fan un balance repleto de éxitos. “O primeiro que fixemos foi par-ticipar na Copa Deputación, que gañamos outra vez por cuarto ano consecutivo. Pero outro dos éxitos máis desta-cados foi que conseguimos clasificar a un competidor

seguro para o Campionato de España de Técnica -Alann Guagua-, ao que probable-mente acompañe Samuel López, xa que quedou de segundo e só lle falta pasar unha preselección. Despois, en combate tamén estivemos a punto de clasificarnos para o campionato de España, xa que en categoría de cadetes Yago García quedou de se-gundo, pero ao campionato só vai o primeiro. Neste senso non puido ser”.Aínda así, os alumnos do Clu-be Neka realizaron un campa-ña moi exitosa, e é que pese ao non acadar o Campionato de España, á preselección ta-mén chegaron outros dous alumnos.“Tamén é de destacar que participamos por primei-ra vez na Fase Provincial de Deporte Escolar nas moda-lidades de combate e exhi-bición, quedando segundos tanto en exhibición infantil como en exhibición cadete, e conseguindo seis ouros e dous bronces en combate”. Asimesmo, na fase rexional, na modalidade de combate os rapaces acadaron dous ouros e tres bronces. Un balance máis que exitoso para o clube.

Torneo Sargadelos de golf en Monforte�Nas instalacións de golf da Agrupación Deportiva Río Cabe, en Monforte, ven de disputarse o Torneo Sargade-los. Trala competición, resul-taron gañadores os seguintes xogadores: Manuel Vázquez Gómez, Mariano Carnero Valentín e Néstor Álvarez López, en primeira, segunda e terceira categoría respec-tivamente. Pola súa parte, o premio Scratch recaeu en mans do xogador Hum-

Xira Concello de Viveiro hai unhas semanas. Unha proba que constou de 120 km, con 150 corredores en liña de saída e un final moi esixente no alto de San Roque. A maiores, o clube chantadino tamén partici-pou no Gran Premio Con-cello de Bueu.

berto Ordosgoitia Osorio. Na agrupación Río Cabe son moi frecuentes este tipo de torneos, aos que acuden gran número de participantes.

Page 21: EnComún Nº 129

EC // Nº 129 Junio 2011

Activid

Académica

EC Xove

Despedida dos alumnos de 4ºESO, e homenaxe a Lois Pereiro, antiguo alumno, nos Escolapios de Monforte

--

-

Colexio PP. Escolapios de Monforte de Lemos.

� -

-

-

-

--

--

-

--

-

--

-

---

IES Val do Asma

O IES Val do Asma celebra o seu primeiro cuarto de século

Page 22: EnComún Nº 129

22 � EC // Nº 129 Junio 2011

Actividade cultural na axencia de lectura de BóvedaActivid

Académica

Recoñecemento ao bo traballo no IES A Pinguela

EC Xove

Na entrega de calificacións do curso actual ao alumnado do IES A Pinguela, outorgouse un diploma aos mellores expe-dientes, que foron como sigue: Pablo Casas Quiroga (2ºciclo ESO), Noelia Vicho de la Fuente (1º ciclo ESO), Lucía Casas Quiroga (Bacharelato), Shaila Bello Sanmiguel (Ciclos Me-dios), Carina Castro Carballedo (Ciclos Superiores), e Jesús Mª Díaz Sánchez (Ciclos Medios Adultos). Mª Inés Gayoso Rodríguez obtivo este recoñecemento nos Ciclos Superiores de nocturno para adultos, aínda que non puido asistir ao acto de entrega dos diplomas. Noraboa a todos!Foto cedida por IES A Pinguela

Os alumnos José Antonio Vázquez Carrero (2º curso Ciclo Superior Administración de Sistemas Informáticos), Laura Sánchez Casal, Susana Diéguez Santos e Esther González Váz-quez (2º curso Ciclo Superior de Administración e Finanzas) realizaron durante 2 meses e medio un periodo de formación en Centros de Traballo en Dublín nas empresas Comunity Games, Irish Hospitality Institute, Conect.Ie e Express Bus, respectivamente, grazas a un programa ERASMUS. Foto IES.

Alumnos de A Pinguela fórmanse en Dublín

Eventos

Semana da Poesía no IES Lama das Quendas

Do 30 de maio ao 3 de xuño, o alumnado de 1ºBAC, en coordinación co profesorado de Lingua Galega, ven de des-envolver a VII Semana da Poesía no chantadino IES Lama das Quendas, coa que se pretende facer chegar ao resto da comunidade educativa as distintas obras literarias e poéticas coas que traballaron nas súas horas lectivas. Esta actividade está organizada polo Dpto. de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística do instituto. Fotos cedidas por IES Lama das Quendas.

Breves

A soberina Sara Méndez Arias, premio extraor-dinario de mú-sicaA alumna soberina Sara Méndez Arias acadou o Premio Extraordinario de Fin de Grado no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Esta xove saxofo-nista, de 18 anos, iniciou a súa andaina musical na Escola de Música de Sober, e forma parte da Banda de Música Municipal desta vila.Sara Méndez Arias aprobou ademais o acceso ao Conser-vatorio Superior de Música de Palma de Mallorca.Por estes brillantes logros, a alumna soberina recibiu a pública felicitación do Concello de Sober, á que nos sumamos todo o equipo de ECX. Noraboa, Sara!

Alumnos do IES A Pinguela ensinaron Gali-cia a estudantes de fóraUn grupo de alumn@s do IES A Pinguela actuou de guía para os alumnos de 2ºESO dos IES Ribera de los Molinos de Mula (Murcia), Castillos de Tempul de San José del Valle (Cádiz) e La Guineueta (Barcelona), cun percorrido por Monforte, Lugo, A Coruña (Domus e Aquarium, como citas indispensables), a Cidade da Cultura, e o casco vello e a Catedral de Santiago de Compostela. Aínda tiveron tempo de sorprenderse e disfrutar cos espectáculos e o ambiente de época do Arde Lucus.

Page 23: EnComún Nº 129

�MONFORTE DE LE-MOS. 6-8 XULLO. “Psi-cología del deporte y del alto rendimiento”. 18 ho-ras lectivas. Lugar: UNED Monforte de Lemos, c/ Cantigas e Frores 31.Di-rector: José Mª Buceta Fer-nández. Organiza: UNED. Actividade desenvolvida a través de videoconferencia. Curso dirixido a psicólo-gos, educadores, entrena-dores e estudantes destas disciplinas, así como a de-portistas en xeral. �MONFORTE DE LE-MOS. 11-15 XULLO. “¿Qué son y para qué sir-ven las redes sociales?”. 35 horas lectivas. Director: José Luis Calvo. Activida-de a través de videocon-ferencia. Curso dirixido a estudiantes, investigadores ou profesionais motivados pola metodoloxía da Aná-lise de Redes Sociais.+ info: www.uned.es.

EC // Nº 129 Junio 2011

1

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

Programación A7 TV ......................................................................................... Primavera 2011

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

AFRICAN SKIES19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

ESTA NOCHE TONIGHT22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

AFRICAN SKIES19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

DE MARTES A MARTES22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

DE MARTES A MARTES(REP.) 19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

A NOSA RIBEIRA22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

AFRICAN SKIES19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

DE XOVES A XOVES22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

DE XOVES A XOVES(REP.) 19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

PUNTO CRÍTICO22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

CINE11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

O CÍRCULO19.00 - 21.30

DOCUMENTAL21.30 - 22.30

CINE22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

CINE11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

O CÍRCULO19.00 - 21.30

DOCUMENTAL21.30 - 22.30

CINE22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

Última horaCursos de verán da UNED en Monforte

FORMACIÓN E CREATIVIDADE

�El taller de Carmen Díaz Núñez en Monforte se llenó para celebrar el fin de curso, con una pequeña fiesta en la que los asistentes disfrutaron

del arte y de la creatividad de los alumnos, según pudimos apreciar en la exposición de sus trabajos. Fotos: EC.

Axudas de Medio Rural para fomento da 1ª forestación de terras non agrícolas

O Diario Oficial de Galicia publica esta

orde de axudas, que conta cun orzamento de 4.500.000 euros distribuido nos anos 2011 e 2012. O obxecto principal é a realización da forestación e área de defensa contra incen-dios forestais mediante a plan-tación de coníferas (piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro insigne e pseudotsuga) e casti-

ñeiro para froito en superficies de pendente inferior ao 10%.

Importes subvencionablesOs importes de subvención co-rresponderán, como máximo, co 80% do valor máximo de investimento subvencionable no caso de forestación en zonas desfavorecidas e co 70% do valor máximo de investimento no resto dos casos.

Page 24: EnComún Nº 129

E.S.O.: (Implantación Proxecto Abalar)

P.C.P.I.������������� �������������������������������

�����������������������������������

��������������� ������

��������������������

������� !������������������������ ����������������"�����

Temos unha proposta para a túa necesidade formativa

IES “DAVIÑA REI” OFERTA FORMATIVA 2011 - 2012

Comparte connosco os valores de sempre... ...e os retos de agora.

Prim

eiro

Cen

tro

Públ

ico

do S

ur d

a Pr

ovin

cia

de L

ugo

con

���

�����

��

���

���

���

��#

�$%%

&'�*

%%+

7�;<=;�>?@�#G�&%%�� �����������������������H

������>��������������; �����������?��������

�;

=�K

;K

?��

?G��

Q��

;K

; Ciclo Medio de

;����������������������

������>������?��������"�������U���� ���

������>�������������������?�V����������; ��"�����

������>��������������������������� ���������

Toda a información no 982 400 460 ou enHttp://centros.edu.xunta.es/iesfranciscodavinarey

MATRÍCULA EN E.S.O. E BACHARELATO:DENDE O 25 DE XUÑO ATA O 10 DE XULLO

RESERVA DE PRAZA EN CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FP: DENDE O 17 DE XUÑO ATA O 4 DE XULLO