educación romana

8
A EDUCACIÓN ROMANA Carmela Franco Caaveiro

Upload: enpadi

Post on 27-Jan-2017

145 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Educación romana

A EDUCACIÓN ROMANA Carmela Franco Caaveiro

Page 2: Educación romana

2

EDUCACIÓN ROMANA

Educación romana anterior á república -------------------------------------- 3

Educación romana na república ------------------------------------------------ 4,5

Material escolar ---------------------------------------------------------------------- 6

Xornada escolar ------------------------------------------------------------------------- 7

Bibliografía ------------------------------------------------------------------------------- 8

Page 3: Educación romana

3

A educación en Roma, veuse sometida a diferentes transformacións ó largo da súa historia. Por un lado, o cambio na sociedade romana e por outro, a influencia grega. Estes dous aspectos reflectiranse no modelo educativo de Roma.

A educación anterior á época republicana

Na época arcaica a educación desenrólase dentro dun ambiente familiar. Tratábase dunha educación campesiña, baseada fundamentalmente no respecto ás costumes dos antepasados.Xa dende un comezo aprendían que a familia constituía unha unidade única e relixiosa onde todos os poderes estaban concentrados no paterfamilias.

Ata os sete anos, a encargada da educación dos fillos era a nai. Esta exercía un papel importante na educación pois, ademais de dar a luz ó fillo, continua ó largo deste tempo coidándoo.

A partir dos sete anos, xa na adolescencia, era o pai, quen tomaba a responsabilidade ensinar ós fillos. Este ensinaba a ler, a escribir, a empregar as armas e a cultivar a terra. Así mesmo, impartía a ensinanza das boas maneiras, coma a relixión, a moral ou o coñecemento da lei. Os fillos acompañaban sempre ó pai, como método de aprendizaxe.

Por outra banda, a nena seguirá baixo o coidado da nai, que a instruirá nas labores domésticas.

Máis tarde, ó redor dos 16 anos o fillo era enviado ó exercito onde se lle daba o perfeccionamento e a formación. Alí, os capataces tiñan autoridade para matar ou castigar pola mínima desobediencia.

Page 4: Educación romana

4

A educación na República

Ó redor do século III a.C Roma entra en contacto ca cultura grega, e comeza a helenizarse trala conquista da Magna Grecia. A educación abandona o ambiente familiar e comeza a integrarse na sociedade. Mestres e rétores chegan como escravos a roma e dedicaranse a impartir a docencia, nun primeiro momento nas casas dos donos e máis adiante trala obtención da liberdade chegarán a abrir escolas.

A implantación do sistema educativo grego non se fai derrogar; dende este momento Roma pasará a ser a principal transmisora dos coñecementos e cultura grega.

Así, configúrase un sistema educativo organizado da seguinte maneira:

Ensinanza primaria ou LUDUS LITTERATOS. Entre os sete e os doce anos. Impartíase ou na casa ou nas escolas. Os estudantes ían acompañados dun pedagogus,que soía ser un dos escravos da casa. O mestre era o litterator. O obxetivo do litterator era ensinar cultura básica e actitude cívica, para iso, ensinaba, entre outras: lectura, escritura e contas sencillas. O litterator tiña pouca consideración social xa ben, porque ensinaba ós mais pequenos na ensinanza elemental e porque vivía dun salario (cousa non ben vista en Roma).

Page 5: Educación romana

5

Ensinanza secundaria ou GRAMMATICUS. A partir dos trece anos. A maioría dos nenos non cursaban o grammaticus; só os fillos da aristocracia, dos comerciantes máis ricos ou as nenas. Os mestres da grammaticus estaban en maior consideración que os litterator. Neste caso ensinaban sobre os autores clásicos e seguían diferentes métodos:lectio(lectura), enarratio (explicación),emendatio(corrección), iudicium(autores).

Ensinanza superior. A ensinanza superior non tiña unha idade de comezo, pero suponse que roldaría ós 17 anos. Na Roma republicana só tiñan aceso á ensinanza superior os máis privilexiados. Os mestres da ensinanza superior eran os rethor. Estes, ensinaban oratoria, filosofía, entre outras nas súas disciplinas máis importantes. Os estudantes de ensinanza superior aspiraban a carreiras políticas.

Page 6: Educación romana

6

Material escolar

O material escolar consistía basicamente en elementos empregados para a escritura.

Había tamén mapas.

Papiros;nel escribíase cunha caña afiada (calamus) ou pluma e tinta negra.

Tablillas de cera; consistían nunhas táboas de madeira recubertas de cera, que permitían múltiples correccións.Escribíase cun punzón.

Para ensinar contas simples o litterator empregaba ábacos, ou taboleiros con contas. Neles insertábanse bolas de metal sobre uns riles.

Page 7: Educación romana

7

Xornada escolar

O horario escolar prolongábase dende a alba ata a tarde, cunha breve interrupción para o almorzo, e descansábase unicamente un día á semana.

Para compensar estas xornadas tan longas,había largos períodos vocacionais durante o verán e o inverno; ó redor de decembro e marzo.

Page 8: Educación romana

8

Bibliografía

http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/latin/esl143ca3.php

http://www.santiagoapostol.net/latin/educacion_roma.html

http://losojosdehipatia.com.es/educacion/la-educacion-en-roma/

http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/cclasica/esc335ca5.php