eduardo pondal

13

Upload: rosa-maria-ligero-valladares

Post on 20-Jul-2015

139 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

EDUARDO PONDAL

Naceu na comarca de

Bergantiños, feito que será

determinante para representar

o seu mundo mítico.

EDUARDO PONDAL E OS ESTUDOS

• Con 10 anos marcha a estudar o bacharelato a Santiago de Compostela.

• Alí asiste ao Liceo de la Juventud, onde coñece a mocidade galeguista do seu tempo.

• Estuda medicina na facultade de Santiago de Compostela e remata con 23 anos.

PONDAL E A MEDICINA

• En 1860 (23 anos) remata a carreira de medicina e marcha para Ferrol a exercer a profesión.

• En 1863 ingresa mediante oposicións no Corpo de Sanidade Militar, pero déixao ao pouco tempo, tralo pasamento do pai.

• Volve para Ponteceso e abandona a medicina.

PONDAL EMPEZA A ESCRIBIR

• En 1862 o seu poema

“A campana de Anllóns”

resulta premiado nos Primeiros Xogos Florais e é recollido na publicación El Álbum de la Caridad.

A COVA CÉLTICA

• No 1885 (48 anos) reside na Coruña e frecuenta a librería de Carré Aldao, chamada a “Cova Céltica”.

• Era un centro de reunión e de tertulia dos intelectuais, historiadores e escritores galegos ligados polo seu amor á lingua e literatura galegas.

• Cren na orixe celta do noso pobo.

• Aquí é coñecido como o “bardo” (poeta e guía espiritual das sociedades celtas).

O PASAMENTO• Vítima da neurose e dun

proceso de cegueira irreversible, morreu en 1917 e os seus restos descansan no cemiterio de San Amaro na Coruña.

• O concello coruñés tivo que correr cos gastos do enterro e foron os membros das Irmandades da Fala os que velaron os restos mortais do poeta.

• O seu legado documental depositouse na Biblioteca da Academia Galega.

QUEIXUMES DOS PINOS (1886)

• Nesta obra, igual que Rosalía de Castro, pretendía exaltar Galicia.

• ESTRUTURA: – Ao comezo da obra o bo bergantiñán

escoita os queixumes dos piñeiros.– No resto, o bardo interpreta eses

queixumes, mensaxes do cosmos.– Nos poemas finais, bo bergantiñán

aclara o significado das mensaxes do bardo.

TIPOS DE POESÍA EN QUEIXUMES DOS PINOS

ÉPICO-LÍRICA LÍRICA

TIPOS DE POESÍA EN QUEIXUMES

POESÍA ÉPICO-LÍRICA

PASADO (+) PRESENTE (-) FUTURO (+)

IDADE DE OURO

ÉPOCA GLORIOSA

LIBERDADE

ESCRAVITUDE: PERDA DOS SINAIS DE IDENTIDADE

(A LINGUA)

ESPERANZA E

TRIUNFO

POESÍA LÍRICA

A NATUREZA

A MULLER

TEMAS

É atemporal.Aparece en estado puro.Non hai presenza humana.Hai fragas, gándaras e nelas habitan cervos, corvos, raposos…

Vista desde a perspectiva popular, como presa do home e obxecto para a paixón.

Vista polo autor ao xeito romántico, idealizada, que inspira sentimentos platónicos.

OS EOAS

• Inédito ata 1992 (Publicación de Amado Ricón Virulegio).

• Tema: Canta o descubrimento de América por Colón.

• Consolida o galego como vehículo de cultura.

O himno naceu pola vontade dun grupo de intelectuais galeguistas á fronte dos cales destacou o ferrolán Xosé Fontenla Leal, empeñado en dotar a Galiza duns símbolos identitarios que acabaron por tomar forma no seo da diáspora galega.