Download - Eduardo Pondal
EDUARDO PONDAL
Naceu na comarca de
Bergantiños, feito que será
determinante para representar
o seu mundo mítico.
EDUARDO PONDAL E OS ESTUDOS
• Con 10 anos marcha a estudar o bacharelato a Santiago de Compostela.
• Alí asiste ao Liceo de la Juventud, onde coñece a mocidade galeguista do seu tempo.
• Estuda medicina na facultade de Santiago de Compostela e remata con 23 anos.
PONDAL E A MEDICINA
• En 1860 (23 anos) remata a carreira de medicina e marcha para Ferrol a exercer a profesión.
• En 1863 ingresa mediante oposicións no Corpo de Sanidade Militar, pero déixao ao pouco tempo, tralo pasamento do pai.
• Volve para Ponteceso e abandona a medicina.
PONDAL EMPEZA A ESCRIBIR
• En 1862 o seu poema
“A campana de Anllóns”
resulta premiado nos Primeiros Xogos Florais e é recollido na publicación El Álbum de la Caridad.
A COVA CÉLTICA
• No 1885 (48 anos) reside na Coruña e frecuenta a librería de Carré Aldao, chamada a “Cova Céltica”.
• Era un centro de reunión e de tertulia dos intelectuais, historiadores e escritores galegos ligados polo seu amor á lingua e literatura galegas.
• Cren na orixe celta do noso pobo.
• Aquí é coñecido como o “bardo” (poeta e guía espiritual das sociedades celtas).
O PASAMENTO• Vítima da neurose e dun
proceso de cegueira irreversible, morreu en 1917 e os seus restos descansan no cemiterio de San Amaro na Coruña.
• O concello coruñés tivo que correr cos gastos do enterro e foron os membros das Irmandades da Fala os que velaron os restos mortais do poeta.
• O seu legado documental depositouse na Biblioteca da Academia Galega.
QUEIXUMES DOS PINOS (1886)
• Nesta obra, igual que Rosalía de Castro, pretendía exaltar Galicia.
• ESTRUTURA: – Ao comezo da obra o bo bergantiñán
escoita os queixumes dos piñeiros.– No resto, o bardo interpreta eses
queixumes, mensaxes do cosmos.– Nos poemas finais, bo bergantiñán
aclara o significado das mensaxes do bardo.
POESÍA ÉPICO-LÍRICA
PASADO (+) PRESENTE (-) FUTURO (+)
IDADE DE OURO
ÉPOCA GLORIOSA
LIBERDADE
ESCRAVITUDE: PERDA DOS SINAIS DE IDENTIDADE
(A LINGUA)
ESPERANZA E
TRIUNFO
POESÍA LÍRICA
A NATUREZA
A MULLER
TEMAS
É atemporal.Aparece en estado puro.Non hai presenza humana.Hai fragas, gándaras e nelas habitan cervos, corvos, raposos…
Vista desde a perspectiva popular, como presa do home e obxecto para a paixón.
Vista polo autor ao xeito romántico, idealizada, que inspira sentimentos platónicos.
OS EOAS
• Inédito ata 1992 (Publicación de Amado Ricón Virulegio).
• Tema: Canta o descubrimento de América por Colón.
• Consolida o galego como vehículo de cultura.