e n t em p os d e “ n ova nor m a lidade” p r o t o c o l

5
PROTOCOLO PARA A CATEQUESE EN TEMPOS DE “NOVA NORMALIDADE” Desde o Equipo de Catequese de Galicia, séguese apostando por unha catequese presencial e comunitaria para o proceso de iniciación cristiá de nenos, adolescentes e mozos/as (0-16 anos), a condición de que se poida realizar con seguridade; xa que o ámbito comunitario da parroquia segue a ser o lugar privilexiado para o desenvolvemento e a realización do proceso educativo e iniciático na fe (Cf. Directorio para a catequese, nº 299). A fin de que os párrocos e catequistas poidan ir preparando, coa responsabilidade e seriedade que se merece, a volta á catequese, avánzanse algunhas das medidas para o próximo curso, sempre suxeitas aos cambios que a actualidade sanitaria vaia esixindo. Será necesario tamén que cada parroquia adapte estas orientacións á súa realidade concreta, e que o arciprestado valore a posibilidade de colaborar mutuamente poñendo a disposición de todos os recursos materiais e humanos con que se conta. Ademais, para o novo curso que se inicia, convén ter presente a importancia do uso das novas tecnoloxías dixitais e dos medios telemáticos para complementar a catequese, e/ou realizala nas situacións nas que non sexa posible facelo na comunidade parroquial. Contenido

Upload: others

Post on 29-Jul-2022

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: E N T EM P OS D E “ N OVA NOR M A LIDADE” P R O T O C O L

PROTOCOLO PARA A CATEQUESE EN TEMPOS DE “NOVA NORMALIDADE”

Desde o Equipo de Catequese de Galicia,séguese apostando por unha catequesepresencial e comunitaria para o proceso deiniciación cristiá de nenos, adolescentes emozos/as (0-16 anos), a condición de que sepoida realizar con seguridade; xa que o ámbitocomunitario da parroquia segue a ser o lugarprivilexiado para o desenvolvemento e arealización do proceso educativo e iniciático nafe (Cf. Directorio para a catequese, nº 299).

A fin de que os párrocos e catequistas poidan irpreparando, coa responsabilidade e seriedadeque se merece, a volta á catequese, avánzansealgunhas das medidas para o próximo curso,sempre suxeitas aos cambios que a actualidadesanitaria vaia esixindo.

Será necesario tamén que cada parroquia adapte estasorientacións á súa realidade concreta, e que o arciprestadovalore a posibilidade de colaborar mutuamente poñendo adisposición de todos os recursos materiais e humanos conque se conta.

Ademais, para o novo curso que se inicia, convén terpresente a importancia do uso das novas tecnoloxías dixitaise dos medios telemáticos para complementar a catequese,e/ou realizala nas situacións nas que non sexa posible facelona comunidade parroquial.

Inicio do curso catequéticoInscriciónsOs espazosOs temposOrganización dos grupos eseccións de catequeseModalidadesde catequeseOs materiais,recursos e instrumentos para acatequeseA celebración Eucarística e outrascelebraciónsOs catequistasApelación á responsabilidade

Orientacións para o inicio da catequese

S E P T I EMBRE | 2 0 2 0

Contenido

Catequesis de Galicia - 1 - www.catequesisdegalicia.com

Page 2: E N T EM P OS D E “ N OVA NOR M A LIDADE” P R O T O C O L

Inicio do curso catequético

Setembro e outubroaproveitarase para: as reunións decatequistas.

Recoméndase empezar a catequeses despois dafestividade do Pilar; habería así unha marxe de temposuficiente para valorar os protocolos escolares e a súaaplicación ao ámbito catequético.

Entre setembro e outubro aproveitarase para: asreunións de catequistas; os encontros con pais e nais eas inscricións na catequese; a distribución dos grupos; apreparación dos espazos e recursos e o reparto dosmateriais e instrumentos catequéticos ás familias.

Inscricións

Recoméndase, para aquelas parroquias que dispoñan depáxina web ou correo electrónico, a utilización dos mediosdixitais para a formalización das inscricións.

No caso de que a inscrición se realice en soporte físico(papel), téñase en conta que este pode ser vehículo detransmisión do virus, polo que se debe extremar o coidado ehixiene.

Establézans días concretos de formalización das inscriciónspresenciais, a fin de garantir unha maior orde e evitaraglomeracións. Este ano resulta particularmente necesario dispoñer dosdatos relativos ao teléfono móbil, correo electrónico e redessociais dos pais ou titores, sendo imprescindible que, dexeito explícito, se solicite o permiso para poder empregalospara o envío de comunicacións e materiais durante o curso.

Asegúrese, ademais, que as fichas de inscrición respectantodo o referente á lei de protección e tratamento de datospersoais.

As delegacións de catequese dispoñen demodelos oficiais de inscrición a disposicióndas parroquias.

Os espazosHabilítense espazos o máis abertos,amplos e ventilados posibles para assesións de catequese,, que deberán serhixienizados antes e/ou despois de cadasesión.

En cada espazo debe constar o número deaforo, e débese sinalizar a orde de entradae saída de modo graduado e o sentidodireccional para realizalo.

Dótense estes espazos das medidas desanidade e hixiene vixentes: hidroxel,pequena alfombra sanitaria á entrada, asícomo das sinalizacións oportunas.

Lémbrese o uso obrigatorio da máscara eo distanciamento interpersoal.

Catequesis de Galicia - 2 - www.catequesisdegalicia.com

Page 3: E N T EM P OS D E “ N OVA NOR M A LIDADE” P R O T O C O L

Evítense os cambios de sitio, sentar no chan, asalfombras e demais elementos de difícil desinfección; asícomo os cambios de salas e espazos asignados paracada grupo.

Os temposDistribuír os grupos e as sesións de catequese ao longoda semana, se fose necesario. Esta medida é sobre todooportuna para aquelas parroquias que non teñan locaisparroquiais suficientes.

Reducir o tempo das sesións presenciais na parroquia.De maneira orientativa, que non supere os 45 minutos detempo máximo.

Os grupos deberán ser estables, evitandoo intercambio de nenos/as, catequistas elugares, a modo de “grupos burbulla”.

Procurarase asegurar polo menos acatequese nas “franxas sacramentais”, édicir, grupos de primeira comuñón, ebautismo de nenos en idade escolar, e deconfirmación.

Organización dosgrupos e seccións de catequese

Organizar a catequese en torno a grupos pequenos; dexeito orientativo, e dependendo do espazo e as normasespecíficas que en cada momento establezan ascorrespondentes áreas sanitarias, cada grupo nonsuperará o máximo de 9 nenos/as.

Se fose necesario habería que ampliar o número decatequistas, ofertar máis días de catequese e/ou habilitarnovos espazos para as sesións.

Modalidadesde catequese

Priviléxia a catequese presencial ecomunitaria para o proceso de iniciacióncristiá de nenos, adolescentes e mozos/as(0-16 anos), salvagardando sempre asmedidas de prevención e hixiene.

Con todo, a fin de non perder a ricaexperiencia vivida nas casas, e sobre todosea situación sanitaria impedise arealización da catequese presencial,contarase tamén coa modalidade de“catequese familiar na casa”, razón polaque é preciso dispoñer dos datos relativosao teléfono móbil, correo electrónico eredes sociais dos pais ou titores; así comoasegurar que os pais ou titores dispoñendos materiais catequéticos que se utilizanna súa comunidade.

Naquelas situacións excepcionais nas quepor diversas circunstancias (carencia deespazos habilitados, de catequistas...) nonsexa posible desenvolver a modalidadepresencial da catequese coa debidaperiodicidade, preséntanse as seguintesalternativas:

Asegurar polomenos a catequesenas franxassacramentais.

Catequesis de Galicia - 3 - www.catequesisdegalicia.com

Page 4: E N T EM P OS D E “ N OVA NOR M A LIDADE” P R O T O C O L

Seguiranse os Catecismos nacionais pensados para oespertar relixioso en familia e o primeiro ano na parroquia(Mi encuentro con el Señor); para a preparaciónsacramental á primeira comuñón (Xesús é o Señor) epara a etapa de post-comuñón (Testigos del Señor).

Para a confirmación de adolescentes e mozos/ascontamos cos materiais catequéticos do Equipo deCatequese de Galicia, Confirmados na fe e El don delEspíritu, que contan tamén coas súas respectivas guíaspedagóxicas.

Ademais, o Equipo de catequese de Galicia conta conmateriais complementarios e as súas correspondentesguías pedagóxicas para os catecismos nacionais.

Proponse desenvolver o proxecto#OCatecismoQuédaseNaCasa: por medio da convenientedistribución aos pais destes catecismos e demais materiaiscatequéticos ao comezo do curso catequético. Será unhamedida imprescindible para a catequese neste tempo deCOVID, de modo que as familias conten cos instrumentosnecesarios para iso.

Ademais, potenciarase a oferta de materiais e recursoseducativos dixitais e virtuais a través da nosa páxina webwww.catequesisdegalicia.com e o noso espazo derecursos dixitais https://recursos.catequesisdegalicia.com,nos que se creará a nova sección pensada para as familias#ComezaNaCasa; así como a través das nosas redessociais e o programa de envío masivo de materiais a travésdos correos electrónicos <red de catequistas>.

Os materiais,recursos e instrumentospara a catequese

Na catequese parroquial procurarase quetodos os materiais catequéticos e outrosinstrumentos que se empreguen sexan deuso persoal, evitando compartilos. Paraaqueles que permanezan nasdependencias comunitarias, destinaraseunha zona específica para a súadesinfección tralo seu uso.

"Catequese semipresencial”

“Catequese interxeneracional”

Alterna a catequese presencial e a modalidade de“catequese familiar na casa”, de modo que nas sesiónspresenciais se aborden, fundamentalmente, as dimensiónscelebrativas (Eucaristía, celebracións do perdón, entregas),oracionais, comunitarias e experienciais da fe. Pola súabanda, nas sesións na casa, as familias desenvolverán osaspectos máis doutrinais e de contido da fe expostos nosCatecismos, así como aquelas dimensións relativas á fevivida e orada en familia.

Tendo en conta que o templo pode ser o espazo onde conmaiores posibilidades se garantan as medidas de prevencióne hixiene, o párroco ou os/as catequistas, poderándesenvolver, antes ou despois da Eucaristía, unhacatequese conxunta dirixida a catequizandos de distintasidades.

A celebraciónEucarística e outrascelebracións

As celebracións no templo parroquialguiaranse polos protocolos xa establecidoata o de agora, ou por aquelas normas quepubliquen segundo a evolución dapandemia.

Organizaranse a participacións nascelebracións conforme ás posibilidades decada templo: Distribuíndo aoscatequizandos segundo os diversoshorarios de misas da parroquia, ou a travésdun sistema de alternancias, etc.

Reducirase a súa participación naproclamación das diversas lecturas, naprocesión de dons e noutros momentos dacelebración.

Para un mellor cumprimento dos protocolos deseguridade COVID 19, nas Misas con nenos emozos da catequese:

É oportuno que as parroquias que conten coaposibilidade das misas en streaming podenretransmitir preferencialmente a celebración daeucaristía con presenza de nenos dacatequese.

Catequesis de Galicia - 4 - www.catequesisdegalicia.com

Page 5: E N T EM P OS D E “ N OVA NOR M A LIDADE” P R O T O C O L

Os catequistas

As familias deben responsabilizarse de queos nenos e nenas asistan á catequese conmáscara, así como instalos aocumprimento das distintas normas quepoidan estar en vigor en cada momento.

Comprobar antes de saír da casa, que osnenos non presentan síntomas daenfermidade.

Mantense a prohibición absoluta de asistirá catequese a aquelas persoas que poidanter algún síntoma ou sospeita de contaxio;nese caso deberán informar a quencorresponda para que adopte as medidasoportunas.

Os pais son os primeiros educadores na fe dos seusfillos, debendo os párrocos e catequistas parroquiaiscolaborar con eles para que poidan cumprir esta tarefa;colaboración mutua que se ha de intensificar dada asituación na que nos atopamos.

Reforzarase o acompañamento aos pais, de modo que,ao longo de todo o curso se garanta un traballocoordinado e, se fose necesario polas circunstancias,que eles asuman a función de catequistas dos seus fillos,acompañados, en todo caso, pola parroquia.

Este ano, máis que nunca, precísase a incorporación denovos catequistas parroquiais debido á posiblemultiplicación de grupos de catequizandos e á pertenzade catequistas a grupos de risco.

Párrocos e catequistas deben cumprir, e facer cumprir,as medidas de prevención e hixiene naqueles espazosnos que se desenvolve a catequese.

Apelacióná responsabilidade

Todos chamadoscumprir, e facercumprir, as medidas deprevención e hixiene.

Catequesis de Galicia - 5 - www.catequesisdegalicia.com