INDICE
• TARTA DE CASTAÑAS
• FLAN DE AMÉNDOAS
• FLAN DE LARANXA
• TRUFAS DE NOCES E CHOCOLATE CON GALLETAS MARÍA
• BISCOITO DE CASTAÑAS
• BROCHETAS DE OUTONO
• BUÑUELOS DE VENTO
• BROCHETAS DE FROITAS DE OUTONO
• FLAN DE CASTAÑAS
• CASTAÑAS CON CREMA DE CHOCOLATE
• ASADIELLES
• TORTA DE KIWI
• PASTEL DE NOCES
• BALÓN DE NOCES
• POSTRE RÁPIDO DE CASTAÑAS
• TARTA DE CASTAÑAS
• PESTIÑOS
• MOUSSE DE CASTAÑAS
• TORTA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE
• CAKE DE LARANXA
• MONTADIÑOS DE OUTONO
• GALLETAS DE CASTAÑAS
• TARTALETAS DE OUTONO
• BISCOITO DE NOCES
• FOLLADO DE OUTONO
• CAPRICHOS DE CASTAÑA
2
• PAN DE NOZ
• MADALENAS DE CASTAÑAS
• ESPUMA DE NATA E NOCES CON SIROPE DE CHOCOLATE
• MADALENAS DE CASTAÑAS
• CREMA DE NOCES
• PASTEL DE CASTAÑAS
• TARTA DE NOCES
• COCADAS
• GALLETAS DE NADAL
3
TORTA DE CASTAÑAS
RECEITA DE ELBA CASAL
INGREDIENTES
• 1 Kg de castañas naturais• 1 tableta de chocolate con leite• ¾ l de leite enteira• 200 gr de azucre• ½ cullerada de manteiga ou margarina• Molde moi fondo
INGREDIENTES PARA BAÑO DE CHOCOLATE
• 8 pastillas de chocolate
• 2 culleres sopeiras de azucre
• ½ cullerada sopeira de manteiga ou margarina
ELABORACIÓN
Pélanse as castañas unha vez cocidas en auga e cócense de novo en leite.
Cando as castañas xa estean feitas e brandas, quitámoslle a pel e pasamos polo pasapure as castañas.
Mesturar o puré con : 200 gr de manteiga, o chocolate relado e o azucre, ata que quede unha masa fina.
Untar o molde con manteiga e botar o puré. Deixar no frigorífico durante varias horas e despois desmoldar.
Bañar a torta co chocolate e volver a meter no frigorífico.
4
FLAN DE AMÉNDOAS
RECEITA DE INES HOMBRE
INGREDIENTES
• 6 ovos• 1/2 l de leite• 400 gr de azucre • 100 gr de améndoas picadas• 125 gr de galletas
ELABORACIÓN
Picar as galletas e mesturalas coa améndoa. Bater os ovos xunto co azucre e o leite. Unir esta mestura coa améndoas e o azucre e remexer todo.
Poñer todo nun molde xa caramelizado e cocer o baño maría durante 20 minutos.
5
FLAN DE LARANXA
RECEITA DE INES HOMBRE
INGREDIENTES
• 6ovos• 6 laranxas• 250 grs de azucre
ELABORACIÓN
Mesturar os ovos ( só xemas ) co azucre e o zume de laranxa, batelo todo ben e poñelo nun molde xa carmelizado.
Cocer o baño maría mais ou menos 20 minutos
6
TRUFAS DE NOZ E CHOCOLATE CON GALLETAS MARÍA
RECEITA DE IVAN BARREAL
INGREDIENTES
• 1 bote de leite condensada pequeno• 10 ou 15 galletas tipo maría• 200 gr de noces peladas• Cacao en pó• Fideos de chocolate
ELABORACIÓN
Botamos as noces nun recipiente e machucámolas cun morteiro , igualmente facemos coas galletas. A continuación botámoslle o leite condensada e removemos coas mans ata que temos unha masa que non se pegue.
Facemos boliñas coa masa e rebozamos a metade con cacao e a outra
metade con fideos de chocolate.
7
BISCOITO DE CASTAÑAS.
RECEITA DE XIANA RODRIGUEZ
INGREDIENTES DO BISCOITO
• 180 gr de fariña• 180 gr de margarina• 3 ovos grandes• Raspadura de limón• Aceite ou manteiga
INGREDIENTES DO RECHEO
• 600 gr de castañas • 250 gr de leite• 100 gr de azucre• 40 gr de manteiga• 1 barriña de vainilla• Chocolate fundido• 250 gr de auga
ELABORACIÓN
Bater a margarina cun garfo e mesturar coa fariña , os 3 ovos , dúas culleradas de levedo e a raspadura de limón.
Untar un molde con aceite ou manteiga, forralo con papel e volver a untar . Verter a masa e cocer a forno medio durante 30 minutos.
Deixar repousar e desmoldar para que arrefríe .
Para o recheo cocer as castañas , escorrelas e pelalas . Poñela outra vez na cazola coa auga, o leite,o azucre e a vainilla. Xa o lume ir removendo e deixar cocer 10minutos, despois pasar polo batedor. Fora do lume engadir os 40 gr de manteiga e remexer.
Cortar o biscoito en tres capas e cubrilas coa crema xa fría. Cubrri todo o biscoito coun baño de chocolate e adornar o gusto de cada un.
8
BROCHETAS DE OUTONO
RECEITA DE NOA PLANAS
INGREDIENTES
• Pan de molde , rebanada grosa• Uvas brancas e negras• Queixo de bola gouda• Paus de brocheta
ELABORACIÓN
Cortar as rebanadas de pan en cadrados.
Preparar o queixo en taquiños.
Pinchar en cada pau unha uva branca, un anaco de queixo, un anaco de pan unha uva negra, outro anaco de queixo e un anaco de pan.
9
BUÑUELOS DE VENTO
RECEITA DE ALBA TAJES
INGREDIENTES
• 200 gr de fariña• 50 gr de manteiga• 4 ou 5 ovos• 1/2 litro de leite• 1 vaso pequeno de auga• 1 corteza de limón• Aceite• Azucre e canela• Un chisco de sal
ELABORACIÓN
Nun vaso mesturar a augo co leite . Engadir un chisquiño de sal , a codea de limón e poñelo no lume
Cando empece a ferver engadir a fariña( de golpe). Remover moi ben a fogo lento, subir un pouco o lume e retirar cando a mestura se separe do fondo do cazo.
Engadir os ovos un a un. Mesturar ben a masa. Unha vez feita a masa, moldear os buñuelos e fritilos en aceite abundante e quente.
Cando xa estean preparados , espolvorexar ou rebozar en azucre mesturado con canela en po.
Tamén se poden encher con crema pasteleira , chocolate, nata , marmelada,etc.
10
BROCHETAS DE FROITAS DE OUTONO.
RECEITA DE UXÍA OTERO
INGREDIENTES
• Mazás• Mandarinas• Granadas• Uvas • Piña
ELABORACIÓN
Pelar e cortar a froita en anacos. Imos intercalando un anaco de cada froita ( menos a granada ) no pau dunha brocheta
Nun prato colocamos un puñado de granadas e a brocheta enriba. Podese decorar tamén con fideos de chocolate
¡ Lamberanse os dedos !
**Outra variante sería . Botarlle un pouco de azucre moreno e dourar a brocheta na parrilla
11
FLAN DE CASTAÑAS.
RECEITA DE ALBA TAJES
INGREDIENTES
• 1/2 k de castañas• 100 gr de azucre• 3/4 l de leite• 4 ovos• manteiga• vainilla
ELABORACIÓN
Pelar as castañas e poñelas a cocer no leite, xunto con azucre, manteiga e vainilla
Cando estean cocidas colócanse nun recipiente fondo e incorpóranse os ovos. Bater todo ata conseguir unha pasta fina
Botalo todo nun molde para flans e que estea previamente caramelizado con azucre . Metelo no forno durante media hora
12
CASTAÑAS CON CREMA DE CHOCOLATE
RECEITA DE UXÍA OTERO
INGREDIENTES
• 500 ml de leite• 500 ml de nata• 200 gr de chocolate• 150 gr de castañas
ELABORACIÓN
Cocer as castañas nun cazo con auga , escorrelas e deixalas arrefriar para poder pelalas.
Noutro cazo botamos o leite, o chocolate en anacos e a nata. Quentamos lentamente ata que o chocolate derreta e revolvemos para que non se pegue
Nun prato poñemos as castañas ( poden estar enteiras ou en anacos) e botámoslle o chocolate templadiño por enriba .
E... a comer!
13
ASADIELLES ( RECEITA ASTURIANA)
RECEITA DE IVAN BARREAL
INGREDIENTES
• 1/2 vaso de aceite de oliva• 1/2 vaso de viño branco• 1/4 vaso de anís• 1 xema de ovo• 1 culleriña de levedo en po• 100 gr de manteiga• 100 gr de noces tostadas• 100 gr de avelás tostadas• 100 gr de azucre• 70 cl de auga• 1 k de fariña• Sal
ELABORACIÓN
Para elaborar a masa mesturamos o aceite, o viño branco e unha culleriña de sal nun recipiente proporcionado ás cantidades Engadimos a levedo en po , a manteiga e a xema de ovo.
Mesturamos todo ben e comezamos a engadir a fariña pouco a pouco ata conseguir unha masa compacta e homoxénea.
Estendemos a masa sobre unha mesa previamente enfariñada e deixamos repousar durante unha hora cuberta cun pano seco.
Tritúranse as noces e as avelás e mestúranse ben co azucre , o anís e a auga.
Cortase a masa en anacos que encheremos coa mestura dándolle forma cilíndrica e esmagar os bordes cun garfo como empanadillas.
Imos fritindo en abundante aceite quente ata que se tosten .
Finalmente esplovorexamos con azucre e deixamos arrefriar.
14
TARTA DE KIWI.
RECEITA DE SARA FERNÁNDEZ
INGREDIENTES
• 4-5 kiwis• 200 gr de crema pasteleira• galletas para a base• Mel
ELABORACIÓN
Facer unha base coas galletas. Estender por enriba a crema pasteleira e a continuación os kiwis cortados en rodaxas. Pintar por enriba con mel para darlle brillo. Deixar arrefriar.
Outra opción é voltar a cubrir con outra capa de galletas e converter en un sandwich de galleta con kiwi
15
PASTEL DE NOCES.
RECEITA DE SARA FERNÁNDEZ
INGREDIENTES
• 300 gr de noces picadas• 2 ovos• 1 vaso de leite• 200 gr de azucre• Manteiga• Noces para decorar
ELABORACIÓN
Untar con manteiga un papel antiadherente do tamaño do fondo do molde e colocalo nel.
Para preparar a masa bater ata montar os dous ovos, engadir as noces picadas , mesturalo todo ben e por último engadir dúas culleradas de azucre. Mollar esta mestura con leite, removera para repartir os ingredientes e verter no molde.
Metelo no forno durante 25 minutos a 170 º
Co resto do azucre facer un caramelo e verter por enriba do pastel unha vez desmoldado
Decoralo con noces picadas
16
BALÓNS DE NOCES
RECEITA DE ALEIXA VARELA
INGREDIENTES
• 3/4 cunca de margarina• 2 culleradas sopeiras de azucre• 1 cunca de fariña• 1 cunca de noces picadas• azucre glass
ELABORACIÓN
Facer unha pasta primeiro coa margarina e o azucre e logo engadir a fariña pouco a pouco e por último engadir as noces.
Fanse boliñas e colócanse nunha bandexa. Metelas ao forno a 300º durante 8 ou 12 minutos.
Cando arrefríen rebozalas en azucre glass
17
POSTRE RÁPIDO DE CASTAÑAS.
RECEITA DE DAVID DOMINGUEZ
INGREDIENTES
• 400 gr de confitura de castañas• 150 gr de leite condensada ( 1/2 bote pequeno )• Queixo tipo Quark
ELABORACIÓN
Mesturar o queixo con 4 culleradas de leite condensada, engadirlle a confitura de castañas e o resto do leite . Botar todo nun cuenco de cristal e no centro colocar o queixo.
Server moi frío
18
TORTA DE CASTAÑAS.
RECEITA DE NOA PLANAS
INGREDIENTES
• 1 k de castañas
• 1 tableta de chocolate con leche
• ¾ l de leite
• 200 gr de azucre
• Manteiga
• 8 pastillas de chocolate a taza
ELABORACIÓN
Pelar as castañas e cocelas no leite. Cando estean feitas pasalas polo pasapuré. Mesturara o puré con 200 gr de manteiga, o chocolate relado e o azucre.
Untar un molde con manteiga , verter o puré e metelo no frigorífico varias horas.
Mentres arrefría o puré no frigorífico poñer un cazo o lume con ½ media cullerada de manteiga, as 8 onzas de chocolate e unha cunca de auga ata que se desfaga todo. Deixar que siga fervendo sen parar de remover ata que quede ben líquido.
Desmoldar o puré e verter o chocolate líquido por enriba.Volver a meter no frigorífico e servir frío
19
PESTIÑOS.
RECEITA DE CAROLINA GUERRA
INGREDIENTES
• 1 sobre de lévedo en po
• 1 k de fariña
• 1 cullerada de raspadura de laranxa
• 1 cullerada de raspadura de limón
• 1 vaso de aceite temperado
• 1 vaso de viño branco
• 4 ou 5 gr de clavo
• 1 cullerada sopeira de anís
• Sal
• 250 gr de azucre
• 1 culleriña de canela
ELABORACIÓN
Nun bol grande mestúranse as raspaduras de laranxa coas de limón, o clavo, o anís, o viño e o aceite temperado. Removese ben todo ata que quede ben ligado e incorpóranlle o levedo, o sal e tanta fariña como absorba.
Coas mans ben limpas mesturase todo ata obter unha masa homoxénea e que non se pegue nos dedos. Coa axuda dun rodillo aplanase a masa , córtase en cadradiños e dóbranse polas puntas para dentro.
A parte ponse abundante aceite nunha tixola con un pouco de raspadura de laranxa e de limón para que deixe aroma. Co aceite ben quente vanse fritindo ata que estean ben dourados. Déixanse a escorren e por ultimo rebózanse con azucre e canela.
Déixanse repousar e listos para zampar!
20
MOUSSE DE CASTAÑAS.
RECEITA DA ESCOLA
INGREDIENTES
• 250 gr de puré de castañas• 2 iogures naturais• 4 ovos• 1 culler de azucre
ELABORACIÓN
Pelar as castañas despois de fervelas e trituralas para obter un puré
Traballar as xemas dos ovos co azucre ata que estean ben cremosas e engadirlle o puré de castañas.
Incorporar á mestura os iogures e as claras a punto de neve. Remexer ben ata que adquira unha consistencia homoxénea.
Repartilo en copas e deixar no refrixerador durante unhas horas.
21
TORTA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE.
RECEITA DE SARA FERNÁNDEZ E PAUL FERNÁNDEZ
INGREDIENTES
• 1 k de castañas
• 1 tableta de chocolate
• 3/4 l de leite enteira
• 200 gr de azucre
• 1 cullerada de manteiga
INGREDIENTES PARA O BAÑO DE CHOCOLATE
• 100 gr de chocolate
• 2 culleradas de azucre
• 1/2 cullerada de manteiga
• 50 ml de leite
ELABORACIÓN
Pelar as castañas e cocelas no leite. Unha vez que estean brandas pasalas polo pasapuré. Mesturar este puré coa manteiga , o chocolate relado e o azucre ata que quede unha masa fina.
Untar o molde coa manteiga e verter a mestura apretandoa ben para que quede repartida . Metelo no frigorífico durante varias horas ou mellor unha noite enteira.
Para preparar o baño de chocolate quentar nun cazo o chocolate ,a manteiga e o leite ata que estea totalmente fundido.
Sacar a torta do frigorífico, desmoldala e recubrila co baño de chocolate Volver a meter no frigorífico e servir moi fría
22
CAKE DE LARANXA
RECEITA DE DAVID DOMINGUEZ
INGREDIENTES
• 4 ovos• 230 gr de azucre• 230 gr de margarina• 1/2 dl de zume de laranxa ( 50 gr )• Raspadura de laranxa• 1 cullerada de levedo en po
**Para decorar zume de laranxa e 150 gr de azucre en po
ELABORACIÓN
Este biscoito é moi rico pero non sobe case nada , poñelo nun molde plano e amplo.
Pintar o molde con manteiga e espolvorealo con fariña
Bater a manteiga co azucre a punto de pomada e incorporar os ovos un a un , seguir batendo co batedor. Engadir o zume e a raspadura de laranxa , cando este espumoso baixar a velocidade do batedor e mesturar a fariña xunto co levedo.
Meter o forno a 190º durante 35 minutos. Deixar que temple e desmoldar.
Preparar un baño con azucre en po e o zume de laranxa e cubrir o biscoito
23
MONTADIÑOS DE OUTONO
RECEITA DE DIEGO RAÑA
INGREDIENTES
• Biscoitos de Soletilla• Nata montada• Sirope de chocolate• Noces• Kiwis• Laranxas ou mandarinas• Uvas
ELABORACIÓN
Partir os biscoitos a metade . A unha parte bótaselle nata e a outra sirope de chocolate. Enriba de cada unha delas ponse : anacos de uvas, kiwi, laranxa ,noz ou outras froitas que se desexe.
...E listo para comer!
24
GALLETAS DE CASTAÑAS.
RECEITA DA ESCOLA
INGREDIENTES
• 100 gr de fariña• 30 gr de copos de avena• 60 gr de castañas• 100 gr de azucre moreno• 60 gr de queixo crema• 1 ovo• un pouco de bicarbonato
ELABORACIÓN
Pelar as castañas e metelas en auga a noite anterior para que estean mais suaves e sexa fácil picalas.
Pícanse as castañas deixando algún anaco para que se noten nas galletas.
Mesturar todos os ingredientes nun recipiente e amasar todo.
Deixar repousar a masa no refrixerador durante ½ hora
Coa masa facer boliñas e facerlles forma de galleta.
Colocar nunha bandexa de forno e meter o forno a 180º durante 10 ou 15 minutos
Deixar arrefriar e listas para comer.
25
TARTALETAS DE OUTONO.
RECEITA DE IRENE RAÑA
INGREDIENTES
• Tartaletas• Nata montada• Sirope de chocolate• Noces• Kiwis• Laranxas ou mandarinas• Uvas
ELABORACIÓN
Encher as tartaletas con as froitas e as noces cortadas en anacos pequenos e despois cubrir todo con nata montada ou sirope de chocolate
Están riquísimas!
26
BISCOITO DE NOCES
RECEITA DE MARTINA LÓPEZ
INGREDIENTES
• 250 gr de noces
• 250 gr de azucre
• 1/2 vaso de cacao
• 6 ovos
ELABORACIÓN
Triturar as noces e incorporar o azucre, o cacao e triturar de novo todo moi ben. Ir incorporando os ovos un por un e mesturalo.
Quentar o forno previamente e cocer durante 45 minutos a 180º
27
FOLLADO DE OUTONO
RECEITA DE VICTOR ABASCAL
INGREDIENTES
• 1 lámina de follado ( hojaldre )
• 1 clara de ovo
• 150 gr de azucre glass
• Froitos secos: noces, avelás, cacahuetes, améndoas
ELABORACIÓN
Estirar a lámina de follado e pasarlle un pouco o rodillo. Bater a clara de ovo e engadirlle o azucre,e os froitos secos ben picadiños. Removelo todo e botar a mestura sobre o follado e estirar todo cun pincel.
Meter o forno ata que suba o follado ( seguir instrucións do envase)
28
CAPRICHOS DE CASTAÑAS
RECEITA DE SARA PLANA
INGREDIENTES
• castañas
• galletas tipo maría
• leite condensada
• moldes para madalenas
ELABORACIÓN
Pelar as castañas e picalas xuntos coas galletas nun batedor.
Metelas nun bol e ir engadindo o leite condensado, pouco a pouco ata obter unha masa.
Facer boliñas e decoralas ao gusto : virutas de chocolate, lacasitos,...
29
PAN DE NOCES
RECEITA DE MARTINA LÓPEZ E DARÍO CALVO
INGREDIENTES
• 200 gr de azucre
• 30 noces
• 200 gr de uvas pasas
• 1 sobre de lévedo
• sal
• a ovo grande
• 4 culleradas sopeiras de leite
• fariña
ELABORACIÓN
Nunha cunca mesturar o azucre, o ovo, o leite e o sal ata que o azucre disolva.
Ir engadindo a fariña ata formar unha masa manexable e que non se pegue ás mans, engadir o lévedo e volver a mesturar ata formar unha masa coma a do pan
Por ultimo engadir as noces e as pasas e seguir mesturando. Poñer a masa en papel de forno e dar forma a barra de pan.
Meter o forno a 180º durante 25 ou 30 minutos
30
MADALENAS DE CASTAÑAS
RECEITA DE ...
INGREDIENTES
• 1/2 kg de castañas
• 2 estrelas de anis estrelado
• auga
• 1 xema de ovo
• 3 claras de ovo
• 150 gr de azucre
• 150 gr de manteiga
• 1 culllerada de ron
• 150 gr de fariña
• 1 culleradiña de lévedo en po
ELABORACIÓN
Limpar as castañas, facerlles un corte e poñelas a cocer xunto co anis estrelado e un chisco de auga na ola rápida. Deixar cocer durante 10 minutos aproximadamente e pelalas. Esmagalas cun garfo
Poñer nun recipiente as claras e montalas co batedor de varas. Engadir o azucre e seguir montando. Botar a manteiga a punto de pomada e montar outra vez. Agregar o ron e seguir montando.
Para rematar engadir as castañas esmagadas, a fariña o lévedo e as xemas.
Mesturar todo e introducir a masa nunha manga pasteleira e encher os moldes das madalenas sen chegar a cima.
Meter no forno a 170º durante 15 ou 20 minutos.
Cando estean frías introducirlles un pouco de chocolate coa axuda dunha xiringa
31
ESPUMA DE NATA E NOCES CON SIROPE DE CHOCOLATE
RECEITA DA ESCOLA
INGREDIENTES
• sirope de chocolate
• nata/azucre
• noces peladas
• barquillos de galleta
• moldes de madalenas de papel
ELABORACIÓN
Montar a nata e engadir o azucre. Forras os moldes coa nata e decorar co sirope facendo espiral.
Esparcer as noces picadas e rematar colocando os barquillos de galleta
Servir moi frío e bo apetito!
32
MADALENAS DE CASTAÑAS
RECEITA DE HECTOR PÉREZ
INGREDIENTES
• ovos a temperatura ambiente
• sal
• 200 gr de puré de castañas sen azucre
• 150 gr de azucre
• 150 gr de manteiga a temperatura ambiente
• 150 gr de fariña de repostería
• 1 cullerada de lévedo en po
ELABORACIÓN
Quentar o forno a 200º
Colocar no batedor as claras de ovos cun pouco de sal. A parte bater as xemas , o puré de castañas, o azucre e a manteiga.
Engadir a fariña e o lévedo, mesturar durante 15 minutos.
Verter todo nunha manga pasteleira e encher os moldes das madalenas.
Introducir no forno ata que estean ben douradas ( 10 minutos aproximadamente
33
CREMA CON NOCES
RECEITA DE HECTOR PÉREZ
INGREDIENTES
• 1 l de leite
• 250 gr de azucre
• 9 xemas de ovo
• canela
• codia de limón
• noces garrapiñadas
ELABORACIÓN
Cocer o leite coa codía de limón ,e a canela ata que espese un pouco.
Nunha cunca grande bater os ovos e o azucre
Mesturar todo no lume pero sen que ferva. Colocar nun recipiente e deixar arrefriar
Servir con noces garrapiñadas.
34
PASTEL DE CASTAÑAS
RECEITA DE DARÍO CALVO
INGREDIENTES
• 400 gr de castañas peladas
• 5 ovos
• 150 gr de azucre
• 1 lata de crema de leite
• 2 culleradas sopeiras de chocolate negro en po
• 1/2 vaso de viño de Xerez
ELABORACIÓN
Escoller catro castañas grandeiras e de forma redonda , envolvelas nunha gasa e colocalas nun cazo, engadir dous vasos de auga e dúas culleradas de azucre. Poñer ao lume e deixar cocer , lentamente, uns 15 minutos.
Transcorrido este tempo, sacar as castañas , escorrelas quitarlles a gasa e reservalas.
Cocer o resto das castañas con auga suficiente para que queden cubertas e co viño. No vaso do batedor botar as castañas, o azucre, a crema de leite e as xemas dos ovos. Bater e pasar a un recipiente.. A parte, bater as claras a punto de neve e irlles engadindo o contido do recipiente cunha culler de madeira e remexendo moi lentamente. Coller un molde acaramelado e verter con coidado a mestura.
Introducir no forno a 180º e deixalo ata que , ao picarmos , saia limpo . Deixar arrefriara , sacar do molde , decorar coas castañas que reservamos e cubrir co chocolate , que diluímos en dous vasos de auga quente
Meter no frigorífico ata servilo
35
TARTA DE NOCES
RECEITA DE XIAN RAÑA
INGREDIENTES
• 150 gr de chocolate de facer
• 100 gr de manteiga
• 4 ovos
• 150 gr de fariña
• 400 gr de azucre
• 1 culleriña de vainilla
INGREDIENTES PARA A CUBERTA
• 200 gr de noces
• 200 gr de crema de leite
• 150 gr de caramelos de leite
ELABORACIÓN
Base:
Colocar o chocolate e a manteiga e fundilo o baño maría
Bater os ovos co azucre, agregar o chocolate e remexer todo , despois engadir a fariña pouco a pouco e seguir remexendo ata ter unha masa homoxénea.
Preparar un molde enfariñado , botar a mestura e meter o forno durante 25 ou 30 minutos.
Cuberta:
Nun bol colocar a cremas , os caramelos e poñelo todo ob año maría ata que se mesture todo.
Deixar arrefriar a temperatura ambiente e agregar as noces. Botalo todo sobre o biscoito e intentar que quede unha cuberta uniforme
36
COCADAS
RECEITA DE OLIVER RODRIGUEZ
INGREDIENTES
• 100/200 gr de coco molido
• 1 bote de leite condensada
• papel vexetal
ELABORACIÓN
Mesturar o coco co leite condensada ata facer unha pasta consistente .
A continuación ben nuns molde de madalenas ou ben enriba de papel vexetal poñer as boliñas e meter o forno previamente quente a 180º durante 10 ou 15 minutos.
Deixar arrefriar e listo para comer!
37
GALLETAS DE NADAL
RECEITA DE ISAAC RODRIGUEZ
INGREDIENTES
• 200 gr de azucre
• 750 gr de fariña
• 8 xemas de ovo
• 500 gr de manteiga
ELABORACIÓN
Co batedor mesturar as xemas e o azucre, despois engadir a manteiga previamente derretida. Ir botando a fariña ata facer unha masa lixeira.
Deixar repousar no frigorífico 30m.
Estirar a masa coa forma desexada e deixar un burato, meter o forno a 180º o tempo necesario para que doren.
Deixar arrefriar atarlles un fío no buraco e colgar no arbore de Nadal.
38