curso 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos...

40
CURSO 2013-2014 1

Upload: truongbao

Post on 19-Nov-2018

233 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

CURSO 2013-2014

1

Page 2: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

INDICE

INTRODUCCIÓN...................................................3

ACTIVIDADES POR GRUPOS DE IDADE.............4

CLASES O A 1.............................4

CLASES 1 A 2............................19

CLASES 2 A 3............................29

2

Page 3: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

1.- INTRODUCCIÓN

A Escola Infantil Municipal “ O BOSQUE “ está situada na estrada que vai de Bertamiránsa Negreira , moi preto do centro urbán ( Av. da Peregrina , nº 28- BEERTAMIRANS).Pódese acceder a ela tanto a pé coma en coche.

Neste curso matriculáronse 123 nen@s distribuídos nas seguintes unidades:

Dúas unidades de 0 a 1 ( 19 nen@s) Tres unidades de 1 a 2 ( 42 nen@s) Tres unidades de 2 a 3 (64 nen@s)

Ademais das aulas cos seus correspondentes aseos , a escola dispón doutrasdependencias, dedicada aos nen@s ou a servizos xerais, que numeradas son asseguintes:

Sa de berces Patio exterior e interior Comedor e cociña Lavandería e almacén Aseos persoal Sala para titorías ………….

A idade mínima de ingreso na escola é de 3 meses e poden permanecer nela ata os 3anos sempre que o nen@ os cumpra despois do 31 de decembro.

Das 5 prazas reservadas para emerxencia social cubríronse só dúas.O horario da escola según o RRI é de 7:45 a 20:00, aínda que os nenos/as non podenpermanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos mesesde Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00.

Este curso debido a demanda das familias a E.I.M O Bosque durante o cursopechou as 19:30 , en Xullo as 17:00 e en Agosto as 16:00

Os horarios de comedor durante este curso foron:-Almorzo: de 7:30 a 9:00-Xantar: de 12:00 a 13:15 en dúas quendas-Merenda : de 16:30 a 17:15

3

Page 4: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

2.-ACTIVIDADES POR GRUPOS DE IDADES

CLASES 0 - 1 ANOSINTRODUCCIÓN: O grupo de idade de 0 a 1 anos na Escola Infantil Municipal “ O Bosque” estivo dividido ólongo deste curso en dúas clases distribuídas por orde alfabética:

A clase “A”: rematou o curso con 8 nen@s,dos que 2 estiveron a media xornada e6 a xornada completa.

A clase “B”: rematou o curso con 9 nen@s,dos que 3 estiveron a media xornadae 6 a xornada completa.

Sempre que comenza o curso partimos dunha programación anual onde imos deixarclara a nosa proposta de traballo a seguir ó longo do ano. Despois cada trimestrefacemos outra programación trimestral na que se concreta e especifica máisclaramente obxectivos e actividades a realizar neses meses.

Xa nos atopamos a finais de curso e con esta memoria pretendemos recoller todo otraballo realizado ó longo de todo este ano. Cando comenzamos en setembroatopámonos con nen@s que eran aínda bebés e que tiñan as súas capacidades moilimitadas, pero a medida que ía pasando o tempo fomos comprobando do que erancapaces de facer e do rápido que evolucionaban en tódolos aspectos ( cognitivo , motor,afectivo, social…)

A continuación recollemos o noso traballo na clase de maneira resumida clasificándoopor trimestres:

ACTIVIDADES NA CLASE DE 0-1 ANOS

PRIMEIRO TRIMESTRE:

SETEMBRO : PERÍODO DE ADAPTACIÓN.Empezámolo curso con 18 nen@s con idadescomprendidas entre os 5 e 8 meses. Nesteprimeiro mes a súa incorporación á escolafíxose de maneira progresiva e os primeirosdías permaneceron moi pouco tempo co finde irse familiarizando coa nova situación e amedida que ían transcorrendo os días fomosaumentando o tempo de permanencia naescola en función de como ía sendo aadaptación de cada nen@ nen@. Utilizamos este período para observar omomento evolutivo no que se atopaba cadanen@ e así poder iniciar o noso traballo deestimulación das suas capacidades .

Ó longo deste período o noso principal obxetivo foi satisfacelas necesidades básicas: Tanto as biolóxicas: hixiene, alimentación e descanso Como outras igualmente importantes: seguridade, afecto, comunicación,

4

Page 5: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

movemento, xogo…Pero tamén realizamos outro tipo de actividades fóra do estritamente asistencialcomo:

Poñemos música relaxante nestes primeiros días que lle vai a axudar atranquilizarse e a calmarse.

Proporcionámoslle masaxes mentres lle falamos de forma cariñosa e suave. Dámoslle o biberón ou a papa ás horas indicadas, aproveitando para dedicarnos

en exclusiva a cada un, falándolle cariñosamente, acariñándoo… facendo que estemomento non so sexa unha actividade que realizamos para cubrir unhasnecesidades básicas senón que lle resulte un momento agradable.

Cambiámoslle os cueiros sempre que sexa necesario e aproveitamos estemomento para estimular as capacidades motrices, cognitivas, afectivas esensoriais.

Intentaremos que durman ou descansen cando queiran, intentando respectar osritmos individuais de cada nen@.

Observamos e manipulamos ,dentro das súas posibilidades, móbiles, xoguetesque emitan sons, peluches…favorecendo así o reflexo de prensión.

Repetimos con eles os sons que emiten. Poñeremos ó seu alcance obxectos estimulantes de moitas cores, tamaños e

texturas para que poidan tocalos, chupalos e experimentar con eles. Ademáisserviralle para esforzarse en alcanzalos.

Chamámoslle polo seu nome para que se vaian familiarizando tanto co seu comocos dos demais nen@s da clase.

Utilizamos as mantas de actividades para que se entreteñan xogando e intentendar a volta.

Deitámolos nas hamacas e balanceámolos. Poñémoslle ó seu alcance xoguetes que emitan sons e indicámoslle como soan ó

movelos. Collémolos nos brazos para xogar e balanceámolos suavemente. Ofrecémoslle distintos obxectos para que os agarren e pedímoslle que nolos

devolva e os cambie de man. E xa ó rematar o mes, cando xa os atopamos un pouco máis tranquilos e

familiarizados coa nova experiencia de asistir á escola e xa conseguimos pouco apouco ir adaptándoos as rutinas fixemos a manualidade de chegada á escola:as profes debuxamos un patiño saíndo do ovo e cada un dos nen@s estampou asúa man dentro do ovo cun letreiro que poñía “ benvido “, puxémoslle un pauenganchado por detrás para poder levalo na man.

OUTUBRO:

Xa pasado o mes de adaptación e estando tod@s máis ou menos familiarizados co novoambiente e facendo xa tod@s os horarios completos solicitados por cada familiatratamos de ir establecendo as rutinas da escola e desenrolamos as seguintesactividades:

5

Page 6: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Libro de “ O meu primeiro ano na escola”:

A primeiros de mes mandamos para a casa a cada nen@ estelibro feito por nós na escola para que o puidesen ver na casa edecidir se querían participar nesta actividade que realizaríamosde forma conxunta entre as profes e os pais . Todos seanimaron a participar polo que xa empezamos a cubrilo concomentarios e fotos ( datos de recen nacido, a familia , chegadaá escola, a sua man e o seu pé …) e toda unha serie deacontecementos que se irian dando neste primeiro ano de vida.Pareceunos unha idea moi boa xa que ó rematar o curso cadapai tería un bonito recordo do primeiro ano do seu bebérecollendo tanto acontecementos vividos na escola como nacasa.

Cesto dos tesouros:

En cada clase temos unha caixa onde gardamos obxectos da vida cotiá con diferentescores, texturas e tamaños para que os agarren, manipulen, chupen, golpeen…Sonobxectos que non entrañan ningún tipo de risco para os nen@s como pinzas da roupa,coadores, pinceis, botes, cepillos, esponxas…e que imos cambiando a medida que sedeterioran ou en función do que estamos a traballar. Son obxectos atractivos para eles ecos que pasan o tempo investigando .

Masaxes:

Esta actividade realizámola a primeiros de trimestre xa que son máis pequerrechiños ecústalle menos estar quietos mentres a realizamos. Eunha experiencia moi interesante xa que nos permiteestablecer unha relación de afecto e un contactodirecto con [email protected] momento da masaxe convertesenunha experiencia entrañable e satisfactoria poisaxúdalle a relaxarse e a tranquilizarse . Solíamos teren conta á hora de realizar esta actividade quetiveramos unha temperatura agradable na clase ededicabámoslle o tempo necesario, pero sen quefose moito , pois ó estar espidos podían coller frío.

Samaín:

Na clase dos máis pequerrechiños taméncelebramos o Samaín e trouxemos á clasedistintos tipos da cabazas: grandes, pequenas,alargadas, redondas… e puidéronas observar,tocar, manipular…e o día que celebrámoloSamaín na escola decoramos a clase para aocasión con cabazas, morcegos , bruxas,esqueletos….e disfrazámolos de demos ,bruxas, magos…e deixamos que manipulasenas cabazas, as observaran, percibiran as

6

Page 7: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

distintas texturas….

NOVEMBRO:Xa estamos no outono e coa chegada desta estación adentrámonos nun mundo desensacións, de olores, de cores distintas as vividas no verán. Aproveitando a súachegada decidimos decorar a clase cun ambiente outonal e pegamos no chan fotos defollas, landras, castañas, árbores espidas…e tamén pegamos por toda a clase paisaxes,animais e froitos típicos desta estación.Aproveitamos para introducir no cesto dos tesouros froitos típicos como: follas,castañas, noces, piñas, millo, cabazas…e así poder experimentar con distintas texturas.

Neste mes desenvolvemos as seguintes actividades:

Manualidade do outono:

As profes debuxamos unha castaña moisimpática con chupete en cartolina marrón quese abría a modo de postal e dentro nunha dasfollas escribímolo seguinte dito: “ Outonobonito / Folliñas no chan / castañas asadas /que boas están “, e na outra estampamos aman de cada nen@ con témpera con cores dooutono.

Magosto:

Nas clases dos bebés celebramos o magosto meténdonos na piscina de bolas queenchemos con follas, espigas de millo, cabazas, castañas… e tirando dunha piñata quecolocamos enriba de nós e que encheramos de follas e que ó romper deixou caer unhachea de follas enriba das nosas cabezas.Tamén para contribuír á festa que organizamos a nivel da escola e na que cada claseaportaba unha receita feita con produtos típicos desta estación, os nosos bebés fixeron,coa nosa axuda, zume de laranxa recen espremido, e tamén a clase “A” fixo batido deplátano mesturado leite con plátanos e pasándoo polo batedor e a clase “B” fixocompota de mazá. Aproveitamos para probar todo e distinguir sabores.

Facemos exercicios na pelota grande:

Facemos exercicios de psicomotricidadenunha pelota grande que nos permite subir ósnen@s enriba dela e movémolos dun ladopara outro enriba dela, facémolos botarempuxándoos arriba e abaixo suxeitos polascostas, colocámolos sentados no chan ó seulado para que perciban o tamaño da pelota,facémola rodar pola clase…e un exercicio quea algúns lles encanta e a outros lles asusta unpouco.

7

Page 8: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

DECEMBRO:

Coa chegada do mes de decembro cambiamos de estación, polo tanto recollemos adecoración do outono que tiñamos nas nosas clases e cambiámola por unhaambientación do inverno e tamén do Nadal, xa que este mes celebramos esta festa tandesexada polos nen@s. Debuxamos nos ventanais das nosas clases escenas típicas doinverno, pinguinos…e tamén os esperados Reis Magos e e no chan escenas típicas doinverno e do Nadal.Ó longo deste mes escoitamos panxoliñas, disfrazámonos de Papá Noel, l,observamos emanipulamos adornos como bolas, cintas, estrelas…e tamén recibimos a visita dosPaxes Reais ós que lle pedimos que os Reis nos trouxeran moitos agasallos.No cesto dos tesouros tamén introducimos novos obxectos como cintas de distintascores, bolas de distintos tamaños e cores moi chamativas, papeis brillantes, estrelas conbrillos…, coas que xogamos moitos días.

Manualidade de Nadal:

Xa que estamos no Nadal nós tamén preparamos unpequeno agasallo para os nosos papás: as profesespíronnos e solo nos puxeron un gorro de Papá Noel emetéronnos dentro dun baúl de mimbre e colocáronnos nunfondo tipicamente do nadal con estrelas e bolas do Nadal esacáronnos fotos, de todas as que nos sacaron elixiron amáis bonita e fixemos unha bonita postal para colgar naárbore de Nadal que cada nen@ levou para a sua casacomo agasallo de Nadal.

Actividade para decorar a entrada da escola:

Fixemos entre todos unha orixinal árbore de Nadal : a parte da copa da árbore fixémoladas mans de todos os nen@s e tamén das profes, plasmamos a man de cada un nunfolio con témpera de cor verde e despois recortámolas e fomos pegándoas paraconfeccionar a copa e o pe da árbore fixémolo estampando os pes en cor marrón. Aestrela que se sole poñer no alto da árbore tamén a fixemos estampando catro manscolocadas en forma de estrela. A árbore decorámola con 18 bolas douradas e dentro decada unha colocamos a foto de Nadal coa que fixemos a postal. Unha vez rematada e cobonita que nos quedou decoramos a entrada da escola nestas fechas de nadal.

Visita dos Paxes Reais :

Como todos os anos nestas fechasvisítannos os Paxes Reais que veñen asrecoller as cartas de todos os nen@s paralevarlle as súas Maxestades Os Reis Magosde Oriente. O días que nos visitaron nasnosas clases estábamos poucos porquealgúns non viñeran porque estaban enfermose outros estaban durmindo. Entre todosfixemos unha carta para entregarlle,recibímolos todos os nen@s da escolaxuntos no patio e os bebés este ano

8

Page 9: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

portáronse xenial, ningún chorou e incluso un deles déullela carta na man a un Paxe todocontento. Despois de recibir todas as cartas repartiron un agasallo a cada nen@ esacamos unha foto con eles. Este ano foi un experiencia moi boa, xa que ningún seasustou e disfrutaron do momento.

SEGUNDO TRIMESTRE:

XANEIRO: Xa nos adestramos no segundo trimestre o que quere dicir que xa levamos catro mesesxuntos, tempo no que notamos como os nosos bebés foron medrando e algúns deles xaestán enormes e maduraron moito. Os máis grandiños xa dan os seus primeiros pasoscase soiños, outros gatean,arrástranse e loitan por moverse e alcanzar os xoguetes queestán polo chan. Todos comen moi ben e dormen soiños nos seus berces salvo algúnque outro que se acostumou á hamaca e os seus bambeos.

Ó longo deste mes fixemos as seguintes actividades:

Aniversarios:

A partir de xaneiro algúns dos nen@s das nosasclases xa empezan a cumprir o seu primeiro ano.Na escola todos os xoves de cada semanacelebramos os aniversarios e facémolo con todosos compañeir@s e as profes, ó protagonista dafesta colocámoslle unha coroa e tamén traemos áclase un biscoito que nos fixo a nosa cociñeira, óque lle poñemos unha veliña. Entre todossopramos e cantamos o Cumpreanos Feliz. Oprotagonista o rematar o día leva para casa unhapostal de recordo coa foto e pegadiña de todosos compañeiros e das súas profes.

Patio grande:

Neste trimestre xa podemos saír das nosas clases e experimentar novas sensacións enoutro espazo moito máis grande como é o patio onde xogan os maiores. Cando se vanos maiores e as profes abrimos a porta das clases todos saen sen ter que levalos áscostas, cada un como pode: gateando, arrastrándose….Alí investigan un novo espazo enovos xoguetes como os coches grandes ós que se poden subir, as motos, entran nacasiña e abren e pechan as fiestras, métense polo túnel,escápanse ó comedor dosmaiores e ven que están facendo,miran á entrada a ver se os papás os veñen buscar…

Tomamos auga e galleta:

Agora xa medramos moito e somos capaces de seguir unhaspequenas rutinas da escola e cando as profes din : ¡hora dagalleta! Xa todos coñecen o sitio onde sentarse e esperarsentadiños a que as repartamos ,aínda que é un poucocomplicado esperar quietos ata que todos rematen de comer agalleta e de beber auga , pero pouco a pouco ímoloconseguindo.

9

Page 10: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Botellas con auga de colores e cheas de legumes:

Xa no trimestre pasado enchemos botellas con auga de colores e tamén con garavanzos,arroz,pasta, lentellas,fabas…pero é neste trimestre cando máis xogan con elas, pois xason máis grandiños e pódenas coller mellor e axitalas e ver como a auga se move oucomo soan . Tamén fixemos con botellas cheas de distintas cousas, xoguetes de arrastrecos que tamén disfrutaron moito. Ademais das botellas tamén enchemos globos eescoitamos o son que emitían ó movelos e puideron xogar con eles, aínda que algúnlevouse un bo susto ó estouparlle nas mans.

Alfombra de texturas :

Ó longo do trimestre pasado as profes adicáronse a facer 2 alfombras de texturas quese confeccionaron con distintosmateriais que trouxeron os pais.Fixémolas configurandodistintos debuxos querecubrimos con distintosmateriais con texturas distintas( rugoso, peludo, áspero,suave…) e como neste mes dexaneiro xa imos medrandoempezamos a utilizalas edeixamos que gateen porenriba delas e poidan tocar asdistintas texturas. Aínda que llegustou a experiencia moitosdeles adicábanse a arrincar todo os materiais que se prestaban para iso como oporexpán, a lá, a espuma…

Día da Paz:

Este curso toda a escola decidimos facer un arco da vella da seguinte forma : cada nen@de cada clase fixo unha figura dunha determinada cor e xa que somos 8 clases en toda a

escola, entre todos fixemos unbonito arco da vella. Na unidade dosbebés decidimos que as dúasclases fariamos a mesma figura, xaque en cada clase somos 8 nen@s eunha clase soa non daríacompletado unha cor , e todosxuntos ( 18 nen@s ) si seriamossuficientes. Nos decidimos facer aman de cada nen@ en cor laranxa.Así na entrada da escolaempezamos pola nosa clase a facera última franxa da cor laranxa e

seguiron facendo as seguintes as clases de 1 a 2 e de 2 a 3 ata completar un bonito arcoda vella de decorou a entrada a última semana do mes de Xaneiro.O día 30 de Xaneiro que é o Día da Paz tamén o festexamos na clase debuxando unhapomba de cor branco no chan da escola e xogando con globos decorados coa palabra

10

Page 11: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

paz , amizade, amor, o símbolo da paz, pombas brancas… Puxemos unha música alegree todos os nen@s xogaron cos globos e viron a pomba debuxada no chan , que llechamou moito a atención.

FEBREIRO: Preparamos o entroido:

Neste mes empezamos a preparar o disfraz para o entroido, aínda que neste cursocoincide a primeiros de marzo, polo que temos todo este mes para ir facéndoo.Empezamos a mediados de mes a traballar nel, este curso decidimos ir toda a escola dedistintas profesións e as nosas clases tocounos ir de cociñeiros/as. Quedáronnos moi

bonitos : un gorro branco eunha casaca con botóns e cunbolsillo adornado cunha cullere un garfo e un pano ópescozo. As profes tamén sedisfrazaron de cociñeiras nafesta de entroido que tivemoso venres pola tarde.Na clase tamén nosmaquillamos e nosdisfrazamos de moitas cousas:de Micky, de ratiña presumida,de paiaso, de tigre, de león, demono…a algúns custoulleestar quietos mentres asprofes os maquillaban perooutros portáronse

estupendamente e quedaron guapísimos. Coas fotos que sacamos maquillados edisfrazados decoramos a entrada da escola durante toda a semana do 28 que secelebrou a merenda , a que puideron asistir todas as familias dos nosos [email protected] rematados os disfraces de cociñeiros /as o venres día 28 pola mañá levamos para acasa o noso disfraz. Fomos guapísimos , parecíamos pequenos “ mini chefs “.Pola tarde foi a merendola que facemos tódolos anos e na que todos viñemosdisfrazados, dende as profes que fomos disfrazadas das profesións das que foron osnen@s pola mañá, ata os papás, mamás, avós…houbo moitos disfraces orixinais edisfrutamos degustando produtos típicos destas festas .

Xogamos con caixas de cartón:

Traemos á clase caixas de cartón grandes e deixamos quetomen contacto con elas : obsérvanas, tócanas, tiranas o chan,métense dentro delas, xogan a esconderse debaixo, facemosun tren con elas e en cada caixa vai un nen@, facemos túnelescon elas, póñense enriba e aplastanas… Pasárono xenial !!. Foiunha actividade moi sinxela na que empregamos material derefugallo e coa que se divertiron un montón.

11

Page 12: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Experiencias:

Ó longo deste trimestre tamén fixemos distintas experiencias con diferentes alimentoscomo:

Espaguetis crus e cocidos: primeirodeixámoslle tocalos crus para queexperimentaran a tocalos o duros queestaban e tamén para que comprobarancomo non dobraban e se partían en cachiñosó intentar dobralos. De seguido retiramos osque estaban crus e deixámoslle os queestaban xa cocidos , pasárono moi bentocándoos e comprobando como se lleescorrian entre os dedos e algún que outrodecidiuse a probar como sabían e gustoulle oseu sabor.

Xelatina: preparamos unhas bandexas grandes con xelatina de fresa e o primeiroque fixemos foi deixalos que a tocaran por primeira vez dentro da bandexa paraque comprobasen que blandiña era e como se fundía o dedo ó poñelo enriba dela.Despois sacámola da bandexa e esparcímola pola mesa para que experimentasecada un con unha pouca. Ó primeiro a case todos lle daba “ grima “ tocala porqueten unha textura distinta e estraña para eles, pero pouco a pouco xa se foronanimando a espachurrala entre as mans e tamén a probar a que sabia. Aínda quehoubo algún que outro que non quixo saber nada e case nin a quería tocar.

Con todas estas experiencias disfrutaron moito, aínda que sempre hai algún que seresiste a tocar ou probar texturas descoñecidas para eles.

MARZO:Coa chegada de marzo cambiamos a decoración das nosas clases e enchemos os nososcristais de colorido con flores , bolboretas, abellas, sol…pois comenza a primavera.

Marzo é o mes adicado á música:Ó longo deste mes toda a escola dedicámolos a traballar o tema da música con distintasactividades segundo o grupo de idade. Adicamos cada semana deste mes a un estilo demúsica:

A música clásica A música infantil. A música tradicional galega. A música pop.

Cada semana segundo o estilo de música que estivésemos a traballar tiñamosactuacións en directo protagonizadas por papás e mamás, padriños, tios…dos nososnen@s que nos tocaron instrumentos como o saxo, a guitarra, o teclado, a gaita, apandeireta , cantaron e bailaron. As nosas clases que son os máis pequerrechosportáronse fenomenal e estiveron moi atentos en todas as actuacións.

Durante todo este mes nas nosas clases levamos a cabo as seguintes actividades:

12

Page 13: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Escoitamos pezas musicais do estilo escollido para cada semana. Identificamos e manipulamos os distintos instrumentos musicais que temos na

clase. Trouxemos á clase instrumentos musicais que tocaron as profes e escoitamos os

distintos sons que emitían. Aproveitamos os instrumentos que temos na clase para facer unha “pequena

orquestra” e traballamos o silencio/son. Fabricamos unhas maracas con botes de iogur bebible. Decorámolas pintándoas

cos dedos con témpera e ó rematar o mes da música levámolas para a casa Empregamos material de refugallo ( potas, caixas, botes do leite, paus…) para

crear distintos sons. Facemos distintos ruídos con distintos tipos de papeis . celofán, de burbullas, de

embalar, albal… Escoitamos o son que emite cada instrumento e aqueles que emite o noso propio

corpo. Participamos na elaboración dun mural no que fixemos unha bailarina que

representaba á música clásica e que fixemos empregando as distintas técnicasplásticas, sempre dentro das nosas posibilidades.

Disfrutamos coas distintas actuacións que nos ofreceron as familias. Cantamos cancións.

Día do pai:

Este ano é o primeiro en que cada nen@ fai un agasallo para felicitar ó seu papá nestegran día. Decidimos facer un reloxo de paredesobre unha base de paspartú de colores deforma redonda. Estampamos as mans de cadaneno para marcar as horas ( 12, 3, 6 , 9 ) eseguimos marcando o resto das horas conraíñas feitas co dedo con témpera de colores.No centro do reloxo puxemos unha foto do nenonunha pose simpática. A verdade e que nosquedou moi bonito e a todos os papás llegustou moito e fíxolles moita ilusión o primeiroagasallo do seu fill@.

Xogamos ás agachadas:

Neste trimestre que os nosos nen@s xa son máis grandiños e algúns xa andan edisfrutaron moito xogando ás agachadas nun moble no que as profes colocaron unhacortina de cores chamativos e que lles serve para agocharse detrás dela. Uns agáchansedetrás da cortina e os outros miran mentres tiran dela…moitas veces escachan coa risa .¡Da gusto ver que ben o pasan !.

TERCEIRO TRIMESTRE:

ABRIL:

Reutilizamos as alfombras de texturas:

Xa neste trimestre que temos case todos o ano cumprido e xa estamos andando ou

13

Page 14: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

case, reutilizamos as alfombras das texturas para que puidesen camiñar descalzos porenriba delas e experimentar así as distintas texturas, pero no tacto dos pés…eobservamos que camiñar descalzos por enriba de certos materiais como a lixa, o arroz, acartolina rugosa non lle era nada agradable e rexeitábano. Sen embargo á hora de tocarnon lle poñían ningún impedimento.

Día do libro:

Uns días antes de que se celebrase oDía do Libro pedímoslle as familiasque nos trouxeran á clase cada nen@un conto para poder compartilo contodos e ó longo desa semana irvéndoos todos xuntos. O venres 25xuntámonos toda a escola no patio ecada clase montou un “posto” contodos os libros que trouxeran osnen@s desa clase e así puidemoscompartir todos os libros. As nosasclases estivemos sentadiños nunhaalfombra ollando todos os contos, foimoi divertido aínda que pronto noscansamos e quixemos irnos para a clase.

Celebramos a chegada da Primavera:Xa ó longo do mes pasado coa entrada desta estación cambiamos a decoración dasnosas clases e enchémolas de colorido, pero tamén quixemos celebrala traendo ásclases moitas flores de distintos tipos, colores, olores…sentadiños no chan tirámolas nochan para que puidesen tocalas, ulilas, experimentar con elas…arrincámoslle os pétalose fixemos unha chuvia chea de colores e olores…Foi unha experiencia chea de color eolor. Ó rematar aquelas que non se estragaron deixámolas na clase dentro dunha botellacon auga adornando e enchendo a clase de olor a primavera.

Xogamos a introducir tapas en ranuras feitas en caixas:Agora que xa imos máis grandiños introducimos un xoguete feito por nós para estimulara coordinación ollo-man. Collemos unhas caixas con tapa e fixémoslles ranuras na tapapara que puidesen ir metendo por elas tapas de botes. Ó primeiro a algúns custáballe unpouco atinar e meter a tapa polo burato , pero a medida que íamos repetindo o xogo epracticábamos , xa todos lle collían o tranquilo e xa lles saia ben. Foi un xogo moidivertido que fixemos con material de refugallo.

MAIO:

Experiencias con pan raiado, sal e azucre:Trouxemos á clase tres pratos con pan raiado, sal e azucre epuxémolos nunha mesa ó seu alcance para que puidesenprimeiro ir tocando e experimentar as súas texturas, despoisxa se foron animando a ir probando o seu sabor. Mollaban odedo e ían levándoo á boca o que lle permitía ir distinguindo adiferenza entre o sabor doce e salgado. A case todos o sal lleresultou desagradable e poñían unas caras …., pero tanto o

14

Page 15: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

azucre como o pan raiado resultáronlle agradables de sabor.

Estimulamos o sentido do olfacto e do gusto:

Agora que xa os nosos nen@s son máis grandiños decidimos que podíamos estimular osentido do olfacto e presentámoslle un botecon alcohol, outro con vinagre, outro concolonia e tamén unas bolsiñas con infusiónsde manzanilla, menta-poleo e té. Intentamosque ulisen os distintos botes con olorescaracterísticos e bastante marcados, perocase todos rexeitaron da experiencia eapenas se acercaban a ulir. Resultáballeestraño e desagradable. Sen embargodecidimos facer as infusións e case todos asuliron e xogaron coa culler dentro do vaso etamén se decidiron a probalas.

Xornadas de portas abertas:

Ó longo de todo o mes de maio abrimos as portas das nosas aulas a todos os pais paraque compartisen con nós un pouco do seu tempo e viñesen a facer una pequenaactividade e disfrutasen na escola co seu fillo e cos seus compañeiros. Este curso averdade e que se animaron moi poucos e so viñeron 4 pais: os país de Mariña, a nai deJulia, a nai de Fabian e os país de Xavi.

Os país de Mariña trouxeron á clase as pompas de xabón, entre eles e tamén coanosa axuda enchemos a clase de pompas e os nenos pasárono “pipa“,encantoulles a experiencia e disfrutaron moitísimo. Tamén se atreveron a faceruna experiencia con chocolate een dous recipientes botaron dousbotes de chocolate líquido edeixaron que experimentasenlibremente, empezaron tocándoocon un pouco de medo, pero amedida que un se ía atrevendo ameter as mans e ir probando, osdemais xa se foron animando.Disfrutaron moitísimo e so habíaque verlles a cara chea dechocolate para darse conta deque o sabor descoñecido paraeles do chocolate lles encantaba. Foi moi divertido!.

A nai de Julia trouxo á clase moitos globos e entre todas inflámolos e debuxoullescariñas para que logo xogasen con eles. A todos lles gustou moito xogar cosglobos, agás cando rompían que algún que outro se asustaba e choraba.

Os país de Xabi trouxeron un montón de caixas de distintos tamaños, colores eformas. Primeiro xogaron a facer torres e derribalas e pasárono moi ben. Despoisesconderon diferentes cousas dentro delas e tiñan que abrilas para descubrir oque había dentro. Tamén trouxeron un tren cunha via que facía un percorridocircular, que lle chamou moito a atención. Foi una actividade divertida e coa que o

15

Page 16: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

pasaron moi ben. A nai de Fabián trouxo un libro e un xoguete musical do seu fillo para compartir

cos compañeiros da clase.

Quincena da arte :

A segunda quincena do mes de maio adicámola na escola á traballar de forma máisespecífica a arte. En anos anteriores escollíamos un autor e traballábamos sobre a súaobra, pero este curso decidimos non tratar ningún autor en concreto e adicarnos atraballar distintas técnicas plásticas en distintos soportes. As actividades que nosplantexamos para os nosos nenos e tendo en conta que aínda son moi pequenos foronas seguintes:

Experimentamos coa pintura : tocámola e mollamos os dedos e as mans epintamos nun papel.

Traballamos as distintas texturas: suave, duro, áspero, rugoso…con materiais quetemos nas nosas clases.

Empezamos a traballar osprimeiros garabatos. Dámoslleceras de colores edeixámoslles que pintenlibremente nun papel quepoñemos no chan.

Descalzámonos e pintamosos pés con témpera dedistintas cores e camiñamossobre un papel de grantamaño que poñemos nochan.

Seguimos traballando astexturas e mesturamos areacon pintura e cola e estendémola nunha cartolina. Faremos así un cadro moicolorido e con releve.

Empregámolo cartón como soporte para facer un “ collage “ mesturando arroz,lentellas, fideos…con pintura e cola. Collemos a mestura e estendémola no cartón.

Pintamos co noso corpo: espimos ós nenos, deixándoos só cos cueiros epoñemos no chan un cartón grande. Un vez colocados enriba del botamostémpera de distintas cores e deixamos que pinten coas partes do corpo que elesqueiran. Poden pintarse a eles mesmos ou no papel.

Decidimos entre todas que ó rematar cada semana expoñeríamos na entrada os traballosque nos quedaran máis bonitos para que os pais poidesen velos. Nós a primeira semanaexpuxemos os camiños feitos cos pés, cun poema moi bonito que o ilustraba:

Andando polos camiñosvou deixando unha estela

para que o que veña detrásse pare a xogar con ela.

16

Page 17: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Pasando polos camiños sempre deixo a miña pegadapara que o que veña detrás

a vexa e non se perda.

A segunda semana expuxemos as cartolinas nas que traballamos as texturas, feitas conarea e pintura e os cartóns nos que traballamos o volume, feitos con pintura elentellas,fideos… e tamén puxemos un cacho de cartón como resultado de pintar cocorpo coas fotos dos nenos embadurnados de pintura. Aínda que todos os traballosgustaron moito, causou sensación as fotos que fixemos pintando co corpo . Erandivertidísimas!!

Xogamos apilables , pezas e ladrillos:

Agora que xa os nosos nenos van mais grandiños xa poden xogar con certos xoguetesque lles permitan controlar os movementos das mans e facer movementos máis precisosa nivel de coordinar ollo-man. Trouxemos á clase pezas de construción e ladrillos coasque puideron facer torres a base de ir encaixando as súas pezas, para logo poder tiralase empezar de novo. Tamén encaixables que tiñan que ir metendo unhas pezas dentro deoutras ata conseguir que non quedase ningunha ou outros que eran de apiñar as pezasunhas enriba de outras ata conseguir facer torres. Disfrutaron moito con estes xogos econseguiron ir practicando a coordinación a nivel motor.

XUÑO:

Experiencias: Ó longo deste mes fixemos unha serie de experiencias que programamos tendo en contao bo tempo que xa temos nestes meses de verán. Foron as seguintes:

Con area: Saímos ó patio de fóra ó areeiro aproveitando un día de sol. Descalzámonos eandivemos pola area , notando a sensación nos pés descalzos o contacto coa textura daarea fria. A algúns non lle gustou moito esa sensación , pois era algo novo para eles equixeron sentarse. Despois tocárona, botárona por enriba uns dos outros, collina enpuñados e tirábana, deixábana resbalarentre os dedos….Para rematar aexperiencia deixámoslle caldeiros epalas para xogar con ela. Pasárono moiben e disfrutaron dunha experiencia óaire libre que despois poderán volver arepetir na praia .

Con auga:Aproveitamos un día que fixo moitocalor para facer esta experiencia nopatio de fóra. Espímonos deixando soloo cueiro posto e saímos a xogar a fórana mesa de auga. Empezarontimidamente a xogar coa auga tocándoa, somerxendo as mans… pero logo entraron naexperiencia e disfrutaron xogando con cacharriños que enchían e baleiraban, collían a

17

Page 18: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

auga e tirábana pola súa cabeza e pola dos demais, chapugaban e mollábanse uns ósoutros…Despois botámoslle xabón na auga para que fixese escuma e puidesen seguirxogando. Tamén sacamos os botes para facer pompas e xogamos con elas e puideronobservar como caian enriba da auga con xabón e tamén as estoupaban….¡¡ Pasáronoxenial !! Ata tal punto que moitos non se querían vestir e entrar de novo para a clase.

Con cubiños de xeo e xeados:

Decidimos facer esta experiencia agora a finais de curso aproveitando a estación na quenos atopamos e tendo en conta os alimentos que solemos tomar nela.Primeiro experimentamos co xeo, trouxemos á clase cubiños de xeo e deixamos que os

tocasen e percibisen a sensaciónde frio que se experimenta.Xogaron con eles tocáronos,percibiron como se íanderretendo e se enchía a mesa deauga, collíanos e resbalábanlleentre as mans…Despois fixemos xeados,trouxemos á clase laranxas,fresas, zumes de distintas froitase mesturámolo con auga ebotámolos nuns moldes parafacer xeados. Levámolos óconxelador que temos na cociñapara ó día seguinte poder

probalos. Ó día seguinte desmoldamos os xeados e cada neno colleu un para probalo…aexperiencia foi un éxito e a todos lles gustaron os distintos sabores dos xeados. ¡¡Seguroque este verán repiten a experiencia cos seus papás !!.

Foto cos amiguiños:

Para rematar o curso sacamos unha foto todos xuntos, nen@s e profes, aproveitamos obo tempo e saímos ó patio de fóra a sacar a foto debaixo da pérgola, para ter un recordodo noso primeiro ano na escola. Puxémola no libro “ O meu primeiro ano na escola “ paracompartila con todos os papás.

Patio de fóra:

Coa chegada do bo tempo saímos ó patio defóra a xogar ó aire libre e ó soliño: xogamos noareeiro cos caldeiros e as palas,no tobogánpequeno, no túnel, sentámonos na herba ásombriña a escoitar un conto, vemos comopasan os coches pola rúa…, ¡¡ pasámolo moiben xogando ó aire libre !!.

18

Page 19: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Libro do primeiro ano:

Neste mes xa rematamos o libro estampando o pe e a man, facendo os nosos primeirosgarabatos e colocando a foto de tod@s amiguiños e profes que estivemos xuntos estecurso….. Así que unha vez rematado xa cada nen@ o puido levar para a casa.

O Cacho:

Uns días antes do San Xoán pedímoslles ós papás que trouxeran certas plantas e herbasaromáticas para deixalas metidasnun barreño con auga fóra óorballo na noite de San Xoán e ódía seguinte lavala cara e termoita sorte durante todo o ano.Tamén trouxeron auga dedistintas fontes segundo manda atradición. Despois de lavala carae mailas mans tod@s, cada unlevou para a súa casa un tarro decristal ,que decorou previamentepintándoo cos dedos con pinturaespecial para o cristal ,e quecontiña a auga .

Ademais de todas as actividades mencionadas realizamos outras que estiveron recollidasnas programacións trimestrais e que nos axudaron ó desenvolvemento das distintascapacidades. CONCLUSIÓNS:

Nas clases de 0 a 1 é nas que se evidencia con máis claridade os cambios que se vanproducindo ó longo do curso nos seus nen@s , xa que cando empezan en setembroveñen sendo uns bebés moi fráxiles que apenas saben facer nada sós e que dependende nós en todo momento e agora que xa chegan as vacacións de verán xa temos anen@s que están entre os 14 e 18 meses que se moven por toda a escola, comprenden oque lles din as profes, saben saudar, despedirse, dar bicos, imitan moitos xestos, comensen problemas toda a comida, incluso algún xa come de garfo , case todos dormen nosseus berces soiños, na hora da galleta xa se sentan eles sós no recuncho destinado, xadin algunha palabra…Intentamos traballar marcándonos uns obxectivos que intentamos acadar levando a cabomoitas actividades acompañadas con grandes doses de tenrura, afecto e paciencia,moitos destes obxectivos logramos acadalos e outros aínda están en proceso.Despois de rematar o curso e botando a vista atrás podemos dicir que estamoscontentas cos logros acadados e así poder continuar o noso traballo cos mesmos nen@spara o ano que ven en 1 a 2 ,o que nos facilitará a todos o día a día, pois xa noscoñecemos e o reencontro en setembro será menos duro para todos.

Xa non nos queda máis que agradecer aos papás que colaboraron en todo o que llepedimos e que depositaron a súa confianza en nós para atender aos seus fillos.

19

Page 20: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

CLASES 1-2 ANOS

INTRODUCCIÓN

Empezamos no mes de setembro con 43 nen@s divididos en tres clases: Clase A: Son 12 nen@s. Teñen idades comprendidas entre os 9 e 13 meses. Clase B: 15 nen@s con idades comprendidas entre os 12 e 20 meses. Algúns

veñen de xornada de maná, outros de tarde e outros todo día. Clase C: Son 15 ne@s con idades comprendidas entre os 13 e 20 meses. Igual

que no grupo anterior algúns asisten de mañá outros de tarde e outros todo odía.

Ó longo do curso deuse de baixa un neno e incorporouse outro.Dado o momento evolutivo no que se encontran e a diferencia de idade que hai entreeles, adaptamos en cada clase a programación ás características individuais.Na clase A están os máis pequeniños. Seguimos estes primeiros meses a programaciónque tiñamos en 0-1.Xa estamos rematando o curso e imos describir aquelas actividades máis relevantes querealizamos nas nosas clases .

ACTIVIDADES NA CLASE DE 1-2

SETEMBRO

Este mes dedicámolo ó PERÍODO DE ADAPTACIÓN.Moitos dos nen@s xa estiveron con nós na clase de 0-1 e polo tanto a incorporación émáis doada. É verdade que cambiamos de espazo e ademais temos amiguiños novospero as profes son as mesmas e xa temos asimilado unha serie de rutinas. Para osamiguiños que empezan é un cambio importante, dado que é o primeiro contacto queteñen ca escola. Podemos dicir que se adaptaron con facilidade.Os nen@s que veñen por primeira vez ,incorpóranse de maneira paulatina,permanecendo a primeira semana unhahora, a segunda semana, dúas horas eempezan no comedor na segunda quincena.Os ne@s que xa estiveron con nós o cursopasado fan o seu horario normal. Estes primeiros días realizamos actividadesencamiñadas a coñecernos, familiarizarnosco espazo, cos materiais, ser capaces de ir ocomedor e logo volver a clase, pasamos dedurmir no berce a durmir nas camiñas,xogamos nun patio diferente etc. Tivemos moito xogo libre cos coches, cacharriños, animais, construcións, pelotas,contamos contiños, escoitamos música, bailamos, fomos coñecer as dependencias daescola e saudar as outras profes e amiguiños etc.Cando rematou o mes xa estabamos todos adaptados salvo algún caso que de vez encando lle acordaba mamá ou papá e choraba un pouco.Tamén no comedor tivemos algún nen@ que lle custou acostumarse a comida peropouco a pouco fomos superando estes obstáculos.Fixemos un traballiño para levar a casa de recordo estampando os dediños nunha tarxeta

20

Page 21: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

co logotipo da escola.

PRIMEIRO TRIMESTRE.OUTUBRO

Durante este mes traballamos o tema de “PACA ESTÁ CON NÓS NA ESCOLA” etamén un pequeno proxecto que titulamos “DESCUBRO A MIÑA CARA”.

Presentamos a nosa mascota que nos acompaña durante este curso. ChámasePACA. É unha vaca a manchas que xoga e participa nas actividades.

Facemos un mural de asistencia onde colocamos a nosa foto. Isto resultacomplicado porque aínda que somos capaces de recoñecernos non funcionou aactividade.

Pintamos con ceras nun papel moi grande posto no chan, pero algúns amiguiñosmeten as ceras na boca.

Saímos moito o patio a xogar cos coches, motos, no escorredoiro, pasar polotúnel, etc.

Xogamos os bolos, cas pelotas, fixemos ximnasia, contamos contiños, escoitamosmúsica, cantamos e bailamos.

Entramos e saímos das caixas de cartón, escondémonos nelas. Enchémolas depelotas, logo caen do alto e temos que recollelas de novo …

Para descubrir as partes da nosa cara conversamos sobre o que temos nela,comparamos con fotos, cos bonecos, facemos exercicios abrindo a boca,pechándoa, sacando a lingua, pechando os ollos, imitamos xestos, ulimosdiferentes cousas, apertamos a nariz e intentamos falar, limpamos os mocos,miramos a través de gafas de sol, con papel de celofán de cores, xogamos co sone co silencio, facemos sons cas partes do corpo, escoitamos música, falamosbaixiño …

Investigamos cas uvas.Colgámolas no tendal a altura dos nen@s. Fixemos avendima colléndoas, meténdoas nos caldeiros, nas carretillas. Logo levámolas amesa manipulámolas, esmagamos, …

Traemos uvas das compradas e probamos. Sentadiños nas mesas colocamos ospratos e cortamos uvas a metade e comemos. Pasámolas polo pasapuré ,facemos zume e probamos. Non todos se atreven porque moitos aínda comen debatedor e non saben mastigar.

Investigamos co millo. Traemos espigas,sacámoslle o follato, tocan, debullamos emetemos os grans en botes. Escoitamoscomo soan, enchemos, baleiramos.

Xogamos cos bonecos, buscamos as partesda cara. Temos a boneca Pupé ecolocámoslle con velcro as diferentes partes.É complicado.

Pedímoslle as familias un bulbo de xacinto e plantámolo nunha maceta. Logocoidámolo e observámolo ata que florece e o levamos a casa.

Contamos contiños relacionados cos temas que estamos tratando: Os bolechas ea festa dos calacús, outro de monstros …

Xogamos con cabazas, baleirámolas, manipulamos a polpa, as sementes epreparámolas para o Samain.

Os nen@s trouxeron da casa unha cabaza decorada.

21

Page 22: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Celebramos o Samain todos no patioexpoñendo todas as cabazas con candeas eas profes disfrazadas de bruxas. Logobailamos o baile da Brujita Tapita.

NOVEMBROEstamos en pleno outono e tratamos de percibilo nas nosas clases. “RECOLLEMOSFOLLAS CON PACA” e seguimos facendo proxectos sobre o noso corpo dándonosconta que temos “MANS E PÉS”.

Facemos a manualidade de outono estampando cos dediños nunha seta.Quedounos preciosa.

Pintamos con rodillos en papel continuo para facer unha árbore entre toda aescola, que colocamos na entrada da escola. Tamén estampamos as nosas mans.

Saímos o patio e facemos psicomotricidade no túnel, nos acolchados, cos arcos,cos coches …

Facemos un día á semana xogo heurístico manipulado tubos de plástico, cartón,cachos de mangueira, botellas, envases diversos, cd, bobinas, chapas, pinzas,cachos de corda, tapas, teas, cadeas …

Traemos a clase moitos froitos de outono: castañas, noces, ourizos, granadas,cabazas, kiwis, mandarinas, cogomelos … manipulamos, ulimos e probamos.

Facemos unha receita para o magosto: Clase A: Biscoito de chocolate e noces. Clase B: Brochetas de froitas. Clase C: Galletas príncipe decoradas

simulando arañas. Xuntámonos no patio grande e

compartimos co resto de amiguiños daescola as lambetadas que fixemos caaxuda das profes e celebramos omagosto.

Saímos o patio a recoller follas eobservar o entorno. Logo xogamoscon elas dentro, percibindo ulidos,cores, sons, texturas …

Facemos unha receita demagdalenas. Investigamos cosingredientes.

Contamos contiños no teatriño: Os tres porquiños. Xogamos con papeis de periódico colgados do tendal. Démonos masaxes polo lombo. Estivemos moi quietiños. Algúns tiñan moitas

cóxegas. Pintamos unha castaña cas nosas manciñas. Empezamos a traballar no Libro de Paca. Cada nen@ levará a casa o remate do

curso un libro onde recollemos algunhas das actividades que fixemos. Experimentamos ca fariña e amasamos. Falamos das nosas mans e de todo o que podemos facer con elas: aplaudir,

sinalar, acariñar, apertar, saudar, abrir, pechar, amasar …

22

Page 23: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Xogamos a lavar as mans con auga morna e fría e logosecámolas.

Conversamos dos nosos pés, descalzámonos,estampamos con pintura, logo lavámolos en augaquentiña e secámolos.

Celebramos os aniversarios cada xoves dos nen@s quecorresponda. Facemos unha coroa ca cara de Paca.Pintamos de verde e estampamos os peíños simulandoas patiñas, na herba. Logo sacamos unha foto cosamiguiños soprando a candea que colocamos nobiscoito. Esta foto poñémola na coroa e lévana para acasa.

DECEMBROEste é o mes do Nadal e nós preparamos as nosas clases co moito colorido. Por isodicimos que “TODO BRILLA NO NADAL”. Tamén é un mes de moitas reuniónsfamiliares e traballamos o proxecto de “QUE COMEMOS”.

Decoramos as nosas clases con motivos especiais. Conversamos sobre os acontecementos que se celebran nestas datas no noso

contorno. Miramos fotos, murais, contamos contiños, falamos de Papá Noel, dosregalos, do nacemento , cantamos panxoliñas, manipulamos instrumentos ,campás, pandeiretas …

Xogamos con papeis de diferentes tipos sobre todo cos que brillan. Pintamos en papel grande para facer a árbore e botámoslle purpurina. Entre todos

conseguimos unha fermosa Árbore de Nadal. Facemos unha carta para darlle os Paxes e poñémoslle gomets. Veñen a buscala

e estamos moi sorprendidos. Pintamos bolas para as portadas dos traballos. Saímos a fora un día que chovía a percibir a chuvia. Levamos paraugas e

pasámolo pipa. Abrímolos e pechámolos. Tamén xogamos con eles dentro. Conversamos sobre as comidas, o que máis nos gusta, mostramos fotos de

alimentos e útiles que usamos para comer, a importancia de comer ben paramedrar moito, fortes e sans, …

Probamos doces do Nadal. Manipulamos laranxas, limóns, pomelos, mandarinas. Facemos pompas de xabón. Facemos un traballiño para levar a casa. É unha tarxeta de Papá Noel. Facemos xogo simbólico cos cacharriños, comidiñas, bonecos.

SEGUNDO TRIMESTRE.XANEIRO

Empezamos o segundo trimestre cargados de ilusión pola chegada dos Reis Magos. Nasnosas clases queremos compartir xoguetes e xogos con Paca. Dicimos entón que “DIVERTÍMONOS XOGANDO”. Ademais deste proxecto imos falar de que “ESTAMOSNO INVERNO E PACA NON TEN FRÍO”.

A volta do Nadal recollemos os adornos e colocamos as clases con motivos deinverno. Conversamos sobre este tema, miramos fotos, paisaxes, revistas …

Conversamos sobre os xoguetes que deixaron os reis e tamén os que temos nasclases. Dicimos o importante que é compartilos e coidalos. Manipulamoscatálogos. Logo axudamos a recoller.

23

Page 24: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Facemos bolas como si fosen de neve e colgámolas pola clase. Facemos colacao a hora da galleta. Observamos como o leite cambia de cor.

Remexemos e tomámolo. Os nen@s traen da casa gorros, bufandas, luvas e xogamos. Tratamos de

recoñecer os de cada un. Observamos como está o tempo, si fai frío, chove, venta. Paca non ten frío porque

ten unha pel moi gorda que lle fai de roupiña. Nós levamos roupa de abrigo.Estamos moito na casa porque fai frío e chove. As veces non podemos ir depaseo.

Diferenciamos frío e quente. Manipulamos botellas de auga fría e quente.Andamos descalzos polo chan e tamén sobre diferentes superficies para distinguira temperatura, por exemplo o chan estaba quente e a toalla mollada, fría..

Empezamos a levar a casa a Paca e pedímoslle as familias que cubran unha follapoñendo unha foto sobre a experiencia. Logo incorporámola ó Libro de Paca.

Presentamos a cor vermella e buscamos cousiñas desta cor. Pintamos unhas manoplas desta cor con esponxas. Experimentamos con arroz cru e cocido para

percibir as diferentes texturas. Xogamos na clase cas cousiñas que temos na caixa

das texturas. Xogamos a esconder algún xoguete e logo atopalo. Imos a fora a observar como medran os xacintos.

Non precisan que os reguemos porque chovetodos os días.

Facemos un traballiño para o Mural do Día da Paz.Logo entre todos facemos un arco da vella ecolocámolo na entrada da escola. Na clase A pintanestrelas amarelas. Na clase B un corazón vermelloe na C unhas pombas brancas..

Celebramos o Dia da Paz conversando sobre oimportante que é ser amigos, compartir, axudarnos e querernos moito.

FEBREIROAínda que o Entroido se celebra a primeiros de marzo prepararemos este acontecementodurante este mes de febreiro. “PACA PREPARA CON NÓS O ENTROIDO” eaproveitamos para xogar cos disfraces, maquillarnos e “POÑÉMONOS GUAPOS”.

Presentamos o tema e ambientamos as nosas clases servíndonos , como decostume dos contos, catálogos, murais etc.

Conversamos sobre o guapos que estamos cando estamos limpos, peiteados, caroupa ven colocada. Poñemos colonia e mirámonos no espello.

Disfrazámonos cas roupiñas, bolsos e accesorios que temos na escola e cosdisfraces.

As profes axúdannos a preparar pintura emaquillarnos.

Facemos unha careta de Paca con pratos decartón.

Traballamos moito nos nosos disfraces. Utilizamosdiferentes técnicas para confeccionalo.Centrámonos no tema das profesións:

Clase A: disfrace de pintores.

24

Page 25: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

Clase B: disfrace de perruqueir@s. Clase C: disfrace de policías.

Debuxamos un anteface e decorámolo. Facemos psicomotricidade movendo o noso corpo polo espazo imitando

pantasmas, xogamos cos aros dentro e fora, dos grandes e dos pequenos,saltamos nas espumas, pasamos polo túnel, facemos diferentes circuítosintentando salvar obstáculos ...

Facemos exercicios bucolinguais e mirámonos no espello . Escoitamos cancións e bailamos: Pimpón, Que fermoso pelo, Póñome guapo … As profes debuxan un peite nun folio e unha

toalla noutro e logo decorámolos. Estampamos con esponxas e logo lavamos as

mans para estar limpos. O longo dunha semana todos os nen@ e profes

viñemos da casa con un elementocaracterístico. Foi moi divertido.

Luns: cara pintada.Martes: gafas.Mércores: garabata.Xoves: sombreiro.Venres: levamos o disfrace que fixemos na escola para casa despois

de poñelo na clase e sacar moitas fotos. Intentamos traballar ca plasti vermella. Non é doado, pois está moi dura.

Dedicámonos a beliscala. Os primeiros días de marzo invitamos as familias a pasar a tarde de Entroido con

nós na escola. Viñeron moitos disfrazados e compartimos unhas lambetadaspropias destas datas. Ás profes foron disfrazadas do tema que se traballou naclase: Pintoras, perruqueiras e policías.

Levamos a casa a maceta co xacinto florido e fermoso.

MARZO

Durante este mes falaremos dos animais e divertirémonos ca música. Titulamos o tema“PACA TEN MOITOS AMIGOS” e o proxecto “ DIVERTÍMONOS CA MÚSICA”.

Conversamos co Paca e preguntámoslle como se chaman os seus amigos dagranxa, que comen, como falan, como se moven, como é a súa pel, que nosproporcionan, …

Facemos psicomotricidade imitando como se moven e como é a onomatopea dosanimais.

Miramos fotos, contamos contos, xogamos cos que temos na clase, imos ver unvídeo, falamos da súa mamá e o seu papá.

Propoñemos as familias que nos traian algunha mascota para que os nen@sobserven . Trouxo Roi unhas tartarugas. É un neno que ven só pola tarde. Queríantodos tocalas.

Presentamos a cor amarela, buscamos cousiñas desta cor pola clase, facemosauga desta cor mesturando témpera.

Debuxamos un plátano e pintámolo de amarelo. Preparamos un agasallo para felicitar os papás o Dia do Pai. Pedímoslle as

25

Page 26: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

mamás unha funda dun coxín e nós na clase decorámola. Poñémoslle fixador parateas e logo con pintura estámpamos as mans de varias cores. Envolvémolo enpapel celofán simulando un caramelo.

Celebramos o mes da música. Invitamos asfamilias a visitarnos e cantarnos ou tocar algúninstrumento. Fixeron actuacións moi entretidas epasámolo pipa.

Cada semana dedicámonos a traballar un estilode música: galega, clásica, infantil, pop. Nasclases tocounos traballar a música POP.

Realizamos en cada clase un instrumentosinxelo: maracas e pau de chuvia. Logolévano para a casa.

Miramos fotos de instrumentos, escoitamossons, cantamos, escoitamos cancións dediferentes estilos e bailamos.

Facemos un mural entre todos os amiguiños de1-2. É un neno vestido de rockero. Pintamos,pegamos papeliños, las …

Xogamos con arroz, paus pequenos, palillos … para desenvolver a pinza dixital. Decoramos unhas bolboretas para as portadas dos traballos. Facemos unha ficha dunha guitarra e outra dun tambor.

TERCEIRO TRIMESTRE.ABRIL

Chegou a primavera e imos falar deste tema: “A PACA GÚSTANLLE AS FLORES” eademais neste mes imos observar ¡COMO CHOVE!

Ambientamos a clase e conversamos sobre o tema tratando de mostrarfotos, murais, cancións, contos, libros, vídeos que nos ofrecen característicaspropias desta estación.

Seguimos conversando con Paca, traballando no seu libro, poñendo moitasfotos.

Saímos o patio de fora e observamos o tempo que fai. Este ano podemoscontemplar moitos días chuviosos. Falamos das roupiñas que poñemos candochove. Tamén do que come Paca (herba, flores, palla) e do verde e florido queempeza a estar o campo.

Mostramos fotos dos paxariños, bolboretas e outros animaliños pequenosque se poden ver na primavera.

Facemos rosquillas de limón e tamén masa de pan. Debuxamos e decoramos con diferentes técnicas, moitas flores e logo

colgámolas na clase. Decoramos unha nube, o sol e unhas pingas de auga. Facemos psicomotricidade imitando o sol, a chuvia, o vento que chaman a

casa da semilliña e a invitan a saír, movementos das plantas, somosbolboretas e movemos as ás, imos de flor en flor, somos paxariños e dicimospío pío, imos o patio da escola e comemos mingallas de pan que nos tiran osnen@s …

Escoitamos poesías e cantamos cancións da primavera. Traemos a clase vermes de seda, observamos como se vai producindo o

26

Page 27: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

proceso de transformación ata que se converten en bolboretas. Imos o xardínda escola a buscar as folliñas da moreira para alimentalos.

Traemos moitas flores a clase e tocámolas, ulímolas, sacámoslle ospétalos, dicimos o seu nome, a cor, poñemos algunhas en auga …

Saímos o patio e plantamos cabazas e framboesas. Traballamos no regaliño para o Día da Nai. É un lenzo onde deixamos as

pegadas das mans a modo de flores e os pés son as follas do tallo. Pedimos as familias o longo da semana traian un conto a escola,

contámosllo os nen@s e logo o Día do Libro xuntámonos no patio ecompartímolos todos. Celebramos unha gran feira.

Facemos a excursión o Pazo da Peregrina corremos, agachámonos entreas plantas, observamos as flores, escoitamos os paxariños, imos e vimos noautobús ( isto é interesantísimo),tomamos algo sentadiños noPazo ,… Pasámolo pipa.

Escoitamos sons da naturezae logo tratamos de identificar:chuvia, vento, tormenta …

Facemos un mural daprimavera con moito colorido.Participamos con diferentestécnicas.

MAIO

Neste mes invitamos as familias a que nos visiten e xoguen con nós un ratiño. Estamoscontentos de que papá e mamá entren as nosas clases xa que sempre quedan na portade entrada. Por iso dicimos, ¿QUE BEN … TEMOS VISITA”. Aprendemos a facer moitas cousiñas e nas nosas clases experimentamos moito cosmateriais. Este mes “ PACA AXÚDANOS A SER ARTISTAS” e fixemos verdadeirasobras de arte. Dedicamos a segunda quincena do mes afacer traballiños utilizando diferentes técnicas plásticas quelogo expoñemos na entrada da escola.

Levamos a casa o agasallo que fixemos para mamá efelicitámola o Día da Nai.

Pedímoslle fotos as familias para coñecernos todos,colocámolas na clase e os nen@s ían ver e conversarsobre os seus pais, nais e irmáns.

Invitámolos a que nos visiten e compartan con nósxogos e actividades. Viñeron as clases varias familiasa contarnos contos e facer actividades moi entretidas. Como sucede algo que noné habitual estiveron todos moi atentos e entusiasmados. Esta é unha actividadeque resulta atractiva e moi gratificante. Como sinal de agradecemento regalamosas familias unha tarxeta ca foto da actividade.

Observamos como medran as plantiñas do noso horto . Fixemos moitas actividades para a Quincena da Arte. Este ano decidimos utilizar

diversas técnicas: Clase A :

- Facemos un mural nunha cartolina pintando de diferentes cores ca técnica

27

Page 28: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

de salpicado.-Decoramos 3 globos: Inflamos osglobos. Pegámoslle moitos papeis concola branca para que queden ríxidos elogo decorámolos de diferentesmaneiras. Nun pegamos algodóns eplumas, noutro confeti e noutro pétalosde flores.-Noutra cartolina pegamos pasta deespirais, fideos, fabas, estreliñasconseguindo varias texturas de coramarelo. Tamén mesturamos pinturacon arroz.

Clase B: - Fixémoslle unha pequena homenaxe a Paul Klee. Miramos fotos da súaobra e logo fixemos una escultura con caixas de cartón grandes epequenas e logo decorámolas pintando, pegando papeliños, tapóns, teas …-Inflamos globos, pegámoslle moitos papeis con cola branca e logopintamos de azul e pegamos papeis pequenos , noutro pintamos de verde elogo pegamos flores e no terceiro pintamos con azafrán e pemento .

Clase C: -Despois de preparar os globos coma as outras clases pegamos papeis decelofán, noutro botóns de diferentes tamaños e cores e noutro espaguetes.- Decoramos unhas tellas pintando e estampando con ramas de tullas e depino.-Fixemos un mural pintando con carozos.

XUÑO

Xa estamos rematando o curso e estamos moi cansos. Xa non temos tanto interese polasactividades. “PACA TEN CALOR. CHEGA O VERÁN” e “PREPARAMOS ASVACACIÓNS”.

Conversamos, miramos murais, libros, fotos de paisaxes do verán e deactividades que se poden facer o aire libre, tamén das roupiñas que poñemoscando vai calor, da praia, da piscina, dos medios de transporte que nos levan devacacións …

Facemos un mural do verán pintando o ceo de azul, pegámoslle papeis decelofán ó sol, pintamos de azul e branco o mar, debuxámoslle as ondas, asgaivotas, pintamos nun folio azul e logo asprofes fan barcos de papel e pegámolosno mural, traemos area a clase xogamoscon ela e despois pegámola no muralfacendo a praia … Quedounos precioso.

Saímos o patio a xogar descalzos na area. Outro día saímos a xogar ca auga. Temos

auga morniña, facemos escuma, botamosdentro cacharriños, embudes, esponxas …Isto é divertidísimo. Acabamos todosmollados incluso PACA.

Falamos do día e da noite, da lúa e do sol e tamén do que facemos neses

28

Page 29: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

momentos. Pintamos uns pratos de cartón de cor amarelo e colocámoslle unhas pinzas para

simular un sol. A algúns nen@s cústalle manipular as pinzas pero resulta entretido. Traballamos ca cor azul. Facemos auga azul, buscamos cousiñas desta cor,

manipulamos plasti, pegamos gomets, pintamos con esponxas nun folio, conceras noutro.

Pedímoslle as familias as herbiñas de San Xoán e celebramos o CACHOmeténdoas todas en auga e logo lavamos acara.

Facemos gorros de papel de periódico exogamos a ir a praia.

Facemos zume de laranxa, limón, colacao elogo metémolo en vasos pequenos, levámoloso conxelador e facemos xeados quetomaremos na clase antes de irnos devacacións.

Coloreamos un xeado que debuxaron asprofes nunha ficha.

Facemos as portadas dos traballiños e rematamos o Libro de Paca. Levan a casa o Libro de Paca e os traballiños.

CONCLUSIÓNS

Este é o segundo curso que estamos ca maioría dos nen@s. Nas nosas clases realizamosmoitas actividades que lles axudan a medrar en todos os aspectos. A primeira infancia éunha etapa cargada de cambios. Esta transformación prodúcese moi rápido e non somosconscientes desta evolución no día a día. Cando nos poñemos a analizar o traballo querealizamos o longo do curso é cando percibimos o moito que cambiaron e maduraron osnosos cativos. Cando facemos as nosa proposta de traballo formulamos moitos obxectivos xerais quese van conseguindo pouco a pouco cas actividades diarias e en función dascaracterísticas individuais. Algún destes obxectivos están aínda en proceso peroestamos seguras de ter sentadas as bases para chegar a conseguilos.A diferencia de idade entre eles é moi grande, a maduración correspóndese co momentoevolutivo no que están e polo tanto estamos contentas de ter con nós nen@s que medransas e felices. Deixémolos polo tanto que cada un avance o seu ritmo.Cando empezamos o curso, moitos non camiñaban, outros facíano con dificultades.Agora camiñan todos, oriéntanse ben no espazo, moitos son bastante autónomos emesmo queren facer moitas cousiñas eles sos.Excepto os máis pequeniños que aínda comen papa sentados nos tronos, os demaiscomen co garfo e culler sentadiños as mesa. O rematar a comida as profes sacámoslle obabeiro e eles lévano o cubo da roupa sucia e van a lavarse. Cando van a durmir, sacanos zapatos, déixanos no borde da cama e dormen sen problemas. Cando espertan collenos zapatos e van a clase cas profes para calzarse e asearse. Podemos dicir que teñen asrutinas moi ben establecidas.Algúns xa non levan cueiro e controlan bastante ben a esfínter.Temos momentos moi divertidos nas nosas clases, xa que temos moitos cativos quefalan e conversan entre eles con facilidade. A outros cústalle pronunciar peroentendémonos todos perfectamente.Conseguimos moitos obxectivos, outros están en proceso pero temos tamén algúns

29

Page 30: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

retos que nos custa máis alcanzar. Están nunha etapa cargada de afectividade, as súasemocións son moi intensas, os impulsos son difíciles de controlar e isto leva a xerarcertos conflitos que custa resolver. As pelexas, caprichos, rabechas están presentes acada momento pero estamos seguras que despois das vacacións viremos todos menosestresados e seremos capaces de superar estas disputas. Queremos agradecer a colaboración das familias en todas as actividades que llespedimos axuda e animarlles a que segan participando no vindeiro ano. CLASES 2 - 3 ANOS

INTRODUCCIÓN

Este resultou ser un curso moi intenso, cargado de actividades moi diversas e variadas como son asactividades desenroladas na aula, a celebración de festas culturais típicas da zona e as excursións.Podemos afirmar con rotundidade e ledicia que a participación dos nenos e nenas daescola e das súas respectivas familias foi un éxito. Todos e todas participaronactivamente en todo aquelo que nos lle propoñíamos. Foi un auténtico pracer disfrutarcon todos e todas ao longo deste curso que agora remata.

ACTIVIDADES NA CLASE DE 2-3

As Actividades máis importantes realizadas ao longo deste curso foron as seguintes:

PRIMEIRO TRIMESTRE

PERÍODO DE ADAPTACIÓNO mes de setembro foi o mes mais duro para osnenos e nenas que comezaban á escola por primeiravez. A separación das familias é dificil, peroaxudounos moito o feito de que a maioría dos nenose nenas xa viñan do curso anterior, e atopábansecontentos e tranquilos. Esto contribuíu enormementea crear un ambiente tranquilo e relaxado nas aulas.

CELEBRAMOS O ANIVERSARIOS DOS NENOS E NENASEste curso fixemos unha tarta de "mentira"que utilizamos durante todo o curso para celebrar osaniversarios dos pequenos xusto o día do seu aniversario. A cada neno e nena elaborábasmolle unhatarxeta coa forma da cara da nosa mascota: A OVELLA LOLA. Todos os nenos e nenas poñían asúa pegada na tarxeta e o festexado decoraba a cara de Lola. Na tarxeta leva unha foto dacelebración na que todos os nenos e nenas lle cantan "Parabéns para ti...." e lle axudan a soplar asvelas.

AS RUTINASCada dia antes de poñernos a traballar pasamos lista coa axuda da ovella lola. Cada neno e nena quese atopa na clase, cando as profes preguntan si veu ao cole, levantanse, danlle un bico a Lola, esacan a súa foto da casa para pegala co cole.Despois, cada día un neno ou nena, mira pola fiestra o tempo que fai e coloca o debuxo

30

Page 31: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

correspondente no calendario semanal que temos na clase. Actoseguido, cantamos a canción que toque en función do tempo quefaga. Como este outono e inverno foron moi chuviosos, cantamosmoitas cancións sobre a choiva.A media mañá, antes de sair ao recreo, tomamos unha ou dúasgalletas e un vaso de auga. Un pequeno tentempé despois detraballar tanto.

SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADEUn día por semana adicamos un ratiño na clase ou no patio, para realizardiferentes circuítos de psicomotricidade. Neles experimentamos co nosocorpo diferentes sensacións, afianzamos destrezas motoras, potenciamosoutras novas...

O SAMAÍN- 31 de outubro.Ao longo da semana do 28 ao 31 de outubro fomos adentrándonos noambiente do samaín. Decoramos as aulas con pantasmas, cabazas,morcegos, arañas..., ollamos contos de monstros divertidos, disfrazámonosde bruxas, vampiros...., baleiramos cabazas na clase e decorámolas entretodos...

Temos que destacar a gran colaboración de todas as familias dos nenos e nenas aportando cabazasdecoradas por eles nas súas casas. Traballaron moitísimo e demostráronos que teñen moitaimaxinación. Tíñamos cabazas conforma de carroza, imitando afranquestein, con forma de araña, demoucho, de velliña...ata desuperheroe... Eran todas tan bonitasque decidimos expoñelas todas nohall da escola para que todas asfamilias dos cativos poidesendisfrutar delas tamén.O xoves 31 celebramos a FESTADO SAMAÍN. Nenos, nenas e profesde 2 a 3 reunímonos na clase de 2 a3 A, posto que esta clase pódeseoscurecer casi completamente. Asi,nun ambiente escuro soamenteiluminado por velas. As profes disfrazámonos de bruxas e colocamos todas as cabazas decoradas nochan... Así, nese ambiente contamos varios contos de monstros, escoitamos cancións relativas aotema e o pasamos fenomenal.

O OUTONO CHEGA Á ESCOLA. Entre todos os nenos e nenas da escola decoramos o hall da escola cuns árbores cheos de follasotoñais.Nas aulas de 2 a 3 pintamos unha morea de follas para pegalas no chan e nas polas das árbores. Paraelo utilizamos témperas de cor vermello, amarelo, marrón, laranxa... e pintamos con pinceis.Quedáronos moi bonitas.

MANUALIDADE DE OUTONOFixemos unha coroa de castaña que nos quedou ben bonita.A cinta pintámola misturando coas máns varias cores otoñais(vermello, amarelo, marrón...), e a

31

Page 32: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

castaña pintámola de marrón con témpera e pincel e despois pegámoslle papeis marrón clariños naparte superior. Os nenos e nenas participaron con ledicia e de forma moi activa.O MAGOSTO- 8 de novembro.Para darlle a benvida ao outono cada unhadas clases de 2 a 3 elaborou un deliciosopastel con productos típicos destas datas edespois compartímolos con todos oscompañeiros da escola na festa domagosto. Os doces que realizamos foronos seguintes:

– Clase A: amendoados.– Clase B: tarta de mazá.– Clase C: brownie de castañas.

Tanto os nosos doces coma os das outrasunidades da escola estaban deliciosos.Despois de probalos todos, rompemos entre todos unhas piñatas que estaban cheas de confeti efollas secas. Xogamos a tirarnos confeti, bailamos, comemos e pasámolo xenial!!!

EXCURSIÓN AO PAZO DA PEREGRINA- 14 de novembroEsta foi a nosa primeira excursión deste curso. Habíamoitísima emoción porque íamos ir en autobús porprimeira vez!!!Fixémola tan tarde (mediados de novembro), porquefoi un outono moi chuvioso e non tivemosoportunidade de realizala antes.Portáronse moi ben todos os nenos e nenas e aparticipación foi total. Ata participaros os nenos enenas que teñen xornada de tarde na escola.Recollemos unha morea de follas secas que levamos

para a escola, cantamos, bailamos e tomamos un pequeno tentempé: galleta e auga. Esta excurión foi todo un éxito.

O OUTONO ENTRA NAS AULASTodas as follas secas que troxemos do PAZO DA PEREGRINA utilizámolas nas aulas. Xogamos aque éramos árbores e nos caían as follas, lanzámolas polo aire, pisámolas, rachámolas...fixemosoutra festa do outono na que o pasamos de maravilla.

O NOSO HORTO:

PLANTAMOS LANDRASCada neno e nena trouxo unha landra e un bote de colacao no queplantamos as landras para poder trasplantalas o Día do MedioAmbiente(5 de xuño) nuha finca do concello. Pero levamos adesagradable sorpresa de que a inmensa maioría das landrasdesapareceron dos seus botes e así poidemos trasplantar 4 ou 5carballos de 65 landras que había inicialmente. Sospeitamos dunanimal que as comeu posto que as tíñamos no patio exterior daescola, ao aire libre.

PLANTAMOS FLORESCada clase plantou unha flor diferente.

32

Page 33: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

– clase A. Bulbos de xacintos.– clase B. Bulbos de tulipans.– Clase C: Bulbos de campanillas.

Os nenos e nenas aprenderon que as flores para vivir precisan terra, auga e sol. Así, colocamostodos os botes no patio exterior da escola e de cando en vez saíamos a regalos un pouco. Non osregamos moito posto que foi un outono moi moi chuvioso.

CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL- 19 de decembro.Ao longo do mes de decembro ensaiamos cos cativos a súa actuación para o festival. Os nenos enenas ían vestidos de estrelas con túnicas douradas ou prateadas. Nas cabezas levaban unhadiadema con estrelas de purpurina a xogo coa túnica, feitas na escola.

De cada clase ían tres pastores e trespastoras, que por parexas fixéronlle unhaofrenda ao neno Xesús, que era un dosbebés da escola.Despois todos xuntos cantáronlle unhapanxoliña acompañados das pandeiretas.Fixérono xenial e choraron moi pouquiñosnenos.A seguinte actuación foi un baile no queparticiparon algunhas mamás dos nenos enenas de 2 a 3, bailaron a canción, "Pan demillo" do grupo Migallas. Fixérono moiben.E para finalizar as actuacións, as profes

representamos o conto "Os chivos chivóns". O broche de ouro puxérono OS REIS MAGOS DEORIENTE que viñeron a saudar aos cativos e trouxéronlle chuches para todos.

VISITA DOS PAXES REAISComo cada ano, visítáronos os Paxes dos Reis Magos. Nós aproveitamos e démoslle a nosa carta naque cada neno e nena lle pedimos un xoguete. Dixémoslles que fomos moi bós e que nos portamosxenial todo o curso. A nosa sorpresa foi que eles xa nos traían un pequeno agasallo: unha bolsa degusanitos para cada ún!!!. Esto ten boa pinta...

EXCURSIÓN A CORREOS- 2 de xaneiro.

Por se acaso os paxes reais extravían as nosascartas, nós fixemos outras e as levamospersoalmente a correos. Como xa estabamos enplenas vacacións de Nadal, fomos moi pouquiñosnenos...pero a experiencia estivo moi ben. O xefede correos deixounos xogar cos carriños doscarteiros e ata nos poidemos meter dentro!!!Pasámolo moi ben.

FACEMOS AS PEDRAS DO BOSQUE

En pleno nadal puxémonos mans á obra e fixemos bombóns de chocolate con améndoas picadas.Como quedaron moi graciosos , e moi sabrosos por suposto, chamámolos "As pedras do bosque".Sobra decir que na súa elaboración disfrutamos probando cada cousa que facíamos. Foi moi sinxelo,primeiro fundimos chocolate no microondas, misturámolo despois con améndoas picadas efinalmente coa axuda de dúas culleriñas, fixemos pequenas "boliñas" que deixamos arrefriar na

33

Page 34: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

neveira ata o día seguinte. Estaban riquiiiiiisimas!!!!!SEGUNDO TRIMESTRE

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ- 31 de xaneiroPara celebrar o Día da Paz toda a escola se puxo en funcionamento. Entre todos decidimos facer UNARCO DA VELLA co que decoramos a entrada da escola. Cada clase fixo un debuxo cunha cor enconcreto. En 2 a 3 A pintaron á nosa mascota, a ovella Lola, de cor azul e pegáronlle lá desa cor.Cada neno enena fixo a súaNa clase B, cada neno e nena fixo o boneco que lle correspondía en función do seu sexo: neno ounena. Pintáronos de violeta e pegáronlle troquelados de nenos ou de nenas.En 2 a 3 C fixeron a cor verde, para elo cada neno e nena elaborou a súa árbore (eran as árbores dologotipo da escola). Ademáis da manualidade que despois de expoñerse fóra levaron para casa, en 2 a 3 falamos daimportancia de portarnos ben cos outros nenos e nenas, xogamos a darnos moitas apertas e bicos osuns aos outros, e foi moi divertido. Démonos conta de que pegar e facer chorar aos demáis non é tanbonito e agradable como provocar sorrisos e dar cariño.

SESIÓNS DE INFORMÁTICA

A partir de xaneiro, as profes intentaron que unha vezpor semana fóramos catro de nós á sá de informática aexperimentar coas novas tecnoloxías... Todos fomosencantados, e aprendemos que con tocar un botón xase prouce un cambio nun debuxo, xogamos co ratón apintar debuxos e pasámolo xenial vendo as nosas fotosno ordenador...

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Este curso cada unidade da escola se disfrazou dunha profesión diferente.Nas clases de 2 a 3 disfrazámonos de"MECÁNICOS" na clase A, de "BOMBEIROS" naclase B e de "XARDIÑEIROS" na clase C.Os disfraces fixéronse con bolsas de plástico edecoráronse coa inestimable axuda dos nenos enenas que cada ún pintou as súas ferramentas detraballo: chaves inglesas, mangueiras,regadeiras...Todos ían moi guapos!!!A parte de elaborar os disfraces, tamén nosdisfrazamos nas clases de mil e unha cousas: desde

hippies ata piratas, princesas, coellos...Pasámolo moi ben disfrazándonos,sacamos fotos a cada neno e nena e con elas decoramos a entrada da escola para o entroido.

FESTIVAL DE ENTROIDO- 28 de febreiroO tema do noso festival foi o mesmo que o das clases: AS PROFESIÓNS. Cada profe disfrazousedo mesmo que se disfrazaron os seus nenos e nenas pola mañá. E así, disfrazadas de mecánicos,bombeiros e xardiñeiras recibimos pola tarde aos nenos coas súas familias para pasar un ratiño

34

Page 35: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

xuntos, merendando, charlando, xogando e bailando. As profes dos outros grupos tamén estabanmoi guapas vestidas de cociñeiras, perruqueiras, pintoras e policías...Ao festival viñeron moitos nenos e nenas coas súas familias, todos disfrazados, o que contribuíu acrear un ambiente moito máis carnavaleiro.

CHOVE, CHOVE...-febreiroComo choveu tantísimo este outono e este inverno, pedímoslles aos nenos e nenas que trouxeran ossue paraugas á escola para xogar con eles e saír ao patio de fóra a "xogar" coa chuvia. Foi un éxitoesta actividade. Todos os cativos trouxeron con moita ilusión o seu paraugas á escola e disfrutaronxogando e paseando con eles no patio exterior.

AS MASCOTAS- todo o mes de febreiro

No mes de febreiro visitáronos na escoladiferentes mascotas. Algunhas viñeronacompañadas polos pais ou nais dos nenos , porrazóns obvias, como por exemplo cans ecadelas. Pero outras máis pequeniñas, quedaronna clase cos nenos toda a mañá, como porexemplo tartarugas, peixes, coellos...Os nenosdisfrutaron delas, acariciáronas, viron como sedesplazan, o que comen...Tamén falamos sobre os animais que viven nasgranxas e os que viven na selva. Imitamos assúas honomatopeias e as súas formas de

desplazamento, e resaltamos a importancia de coidar e respectar a todos e cada un dos animais domundo. EXCURSIÓN Á GRANXA "LE COUPRE"- 13 de marzoEsta excursión tiñamola programada para ser realizada amediados do mes de febreiro pero tivemos que aplazala debidoao mal tempo.Os nenos e nenas disfrutaron enormemente na granxa. Alípoideron ver moitos cabalos, ponis, burros, unha iama á que llederon de comer moitas galletas, un loro, un porco vietnamita...Os máis atrevidos montaron nos ponis e deron un pequenopaseo. Acompañáronos nesta excursión as nais de dous nenos que teñencertas dificultades e votáronos unha man con eles.

CELEBRAMOS O MES DA MÚSICA- todo o mes de marzo.Ao longo do mes de marzo toda a escola disfrutou das diferentes actuacións coas que nos deleitaronas familias dalgúns nenos da escola (ver memoria específica do mes da música).Cada semana do mes foi adicada a un estilo musical: galega, clásica, infantil e pop. Nas clasesescoitamos música de cada estilo intentando bailar como lle corresponde a cada un deles. Taméncoñecemos instrumentos típicos de cada estilo musical: gaita, caixa e pandeireta; clarinete e violín;piano e, batería e guitarra eléctrica.Como MANUALIDADE fixemos unha FLAUTA coa axuda de carretes de fío industrial.Forrámolos de papel contínuo e os nenos pintáronos con témperas e pinceis. Os buratosrepresentámolos con gomets.Unha vez máis, decoramos a entrada da escola entre todas as unidades.Aos nenos e nenas de 2 a 3 tocounos a MÚSICA GALEGA:

35

Page 36: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

– A Clase A fixo unha pandeireta.– A Clase B un galego– A Clase C unha galega.

ELABORAMOS O LIBRO DE LOLA PARA CADA NENO E NENA

Ao longo de todo o curso, os nenos e nenas foron levando A OVELLA LOLA ás súas casas paraxogar con ela. As familias dos cativoscontribuíron no LIBRO DE LOLA, cubrindodúas páxinas: a primeira na que nos presentanao seu fillo e outra na que nos contan como foi aestancia de Lola na súa casa. O resto daspáxinas do libro son elaboradas polas profes enelas destácanse as actividades máis bonitas quese levaron a cabo ao longo do curso. Foi unarduo traballo, pero o resultado final valeu apena. Cada neno e cada nena leva de recordo oseu libriño no que queda constancia do seu pasopola escola nas clases de 2 a 3anos.

MANUALIDADE DÍA DO PAI- 19 de marzoPara felicitar aos pais nun día tan especial fixémoslle unha tarxeta moi bonita.Tiña forma de camisa e cada neno lle decorou a garabata , pintou a camisa e estampou a súa man.No interior levaba o poema: Da túa man vou aprender o que mañán vou a ser.

TERCEIRO TRIMESTRE

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS- todo o mes de abril

Durante todo o mes de abril os pais e nais que poideron equixeron, achegáronse ás clases a explicarnos en quéconsistían as súas profesións. Ver memoria específica deXornadas de Portas Abertas.Aproveitamos as xornadas para traballar cos nenos ostemas das PROFESIÓNS e da FAMILIA. Cada neno e nena trouxo unha fotografía da súa familia efixemos un bonito mural con elas. Os cativos disfrutaronexplicándonos a todos como se chamaban os seus pais e

irmáns.

SEMANA DO LIBRO- do 21 ao 25 de abril

Como cada ano, pedímoslle a cada neno e nena que traia durante esta semana o conto que máis lleguste. Así, cada día contamos varios deles e o último día da semana celebramos un pequeno"Mercadillo" no que expoñemos todos os contos que trouxeron todos os nenos e nenas da escola.Eles poden ollalos libremente e despois as profes contamos un a todo o grupo de nenos e nenas daescola.

36

Page 37: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

EXCURSIÓN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL- 23 de abril

Celebramos O Día do Libro índo de excursión á Biblioteca Municipal. Alí, unha contacontos,contounos o conto de "Paco papán" e despois poidemos disfrutar ollando algúns dos contos queteñen alí. A participación dos nenos foi masiva, estiveron superatentos e disfrutaron un montón.

MANUALIDADE DÍA DA NAI- 4 de maioPara agasallar ás mamás, decidimos facerlles un cuadro moi orixinal no que aparecían os seus filloscun cartel que poñía "QUÉROTE MAMI".Os nenos e nenas pintaron un plato de cartón e paos depresores. As profes colocamos a foto cospaos facendo o marco no medio do plato, e como toque final, encheron o plato de pegadas de cores.Quedou un agasallo moi simpático e entrañable.

EXCURSIÓN AO PARQUE DO AMENEIRAL- 16 de maioComo xa fai bo tempo, aproveitamos e saímos deexcursión a un parque de Bertamiráns que nos damoitas opcións de xogo. O Parque do Ameneiral.Alí os cativos disfrutaron xogando nos columpios,xogaron na herva ao fútbol e no areeiro cos cubos epalas. Disfrutaron un montón e como guinda,degustaron gusanitos á sombra das árbores.Nesta ocasión tamén nos acompañaron dúas nais paraaxudarnos cos seus fillos expresamente.

QUINCENA DA ARTE- 15 ao 30 de maioEste curso adicamos a quincena da arte a experimentar con distintas técnicas plásticas. Fixemos diversos murais en papel contínuoutilizando técnicas como o arrugado de papel,pintar coas mans, pintar con pinturas de diferentestexturas, estampar con follas das árbores, estamparfroitas, salpicar pintura, arrastrar pintura cunharegla...Estos murais, recortámolos en tiras facendocomo si foran cortinas e expusémolos na entrada daescola, colgados do teito, durante unha semana.Mentras os nosos murais estaban expostos,traballamos máis técnicas plásticas, esta vez sobrelienzos. Cada clase de 2 a 3 fixo o seu cuadro. Ostres quedaron moi coloristas e orixinais eexpuséronse no hall da escola durante outra semana. SOMOS UNS ARTISTAAAASS!!!!

O NOSO HORTO.No terceiro trimestre decidimos plantar os seguintes productos da horta:

– Clase A: leitugas– Clase B: chícharos– Clase C: patacas

E ao mesmo tempo, coidamos os amorodos do horto da escola regándoos e colléndooscando xa están para comer. Por certo, están riquíiiiisimos.

37

Page 38: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

DÍA DO MEDIO AMBIENTE- 5 de xuño Para celebrar o día do medio ambiente tíñamos pensado levar os nosos carballos e plantalos nunhafinca que para eso ten o concello, pero como dixemos anteriormente, quedamos sin a inmensamaioría das landras, e así decidimos plantar os catro ou cinco carballos que nos quedaron no solarque hai detras da escola.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO- 13 de xuñoPara as profes este é o festival máis entrañable e bonito de todo o curso. Os nosos nenos e nenas xason maiores e temos que despedilos como semerecen. Para iso, organizamos unha entregade diplomas que os acreditan para comezar asúa andaina no cole de maiores.Os cativos ensaiaron durante varias semanasa súa actuación para o festival e os pais enais colaboraron elaborando as roupas quelles pedimos para os bailes dos seuspequerrechos.Os nenos e nenas do grupo A foron vestidosde lobos, os do grupo B de galegos e os dogrupo C de pitiños. As tres actuacións saíron moi bonitas e osnenos e nenas demostraron o maiores queson porque todos disfrutaron bailando , recollendo os seus diplomas e vendo un vídeo moientrañable no que saían as fotos de todos cando eran pequenos e as de agora que xa son maiores...Por último, disfrutaron xa na compaña dos seus pais da representación por parte das profes, doconto "A OVELLA QUE VEU A CEAR".

O CACHO- 23 de xuño

Para achegalos a outra tradición galega, O CACHO,pedímoslles ás familias que trouxeran o día 23 herbasaromáticas, flores, augas das fontes..Despois mesturamostodo e deixámolo repousar toda a noite de San Xoán....e aodía seguinte, lavamos as cariñas para espantar aos malosespíritos e ter moita sorte todo o ano.

CONCLUSIÓNS

Unha vez rematado o curso, debemos reflexionar sobre o noso traballo ao longo de todo o ano parapoder aprender dos erros que poidesemos cometer, e ir mellorando cada ano que pasa. Debemosformularnos cuestións relativas á nosa planificación de actividades e o seu desenvolvemento

38

Page 39: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

educativo, á metodoloxia empregada, aos medios materiais cos que poidemos contar, áparticipación das familias nas actividades propostas e no intercambio de información relativo aodesenvolvemento dos seus nenos e nenas...Por suposto, non nos podemos esquecer de valorar eevolución e desenvolvemento de cada un dos nenos e nenas que tivemos nas nosas aulas.

Unha vez mais, propoñemos moitas actividades que por cuestión de tempo non se poideron levar acabo. A medida que avanza o curso, o ritmo da aula en xeral e de cada neno e nena en concreto, é oque nos marca a nosa programación de actividades. Somos da idea de que é mellor ter un abanicoamplo de actividades para poder seleccionar aquelas que mellor se adapten ás características decada neno e nena.

Todos eles, nenos e nenas, tiveron unha gran evolución ao longo dos nove meses de curso.

A nivel corporal, foron controlando de forma progresiva os seus movementos e xestos. Todos elescoñecen o seu esquema corporal, os elementos que o compoñen e as súas funcións. Taménadquiriron a coordinación visomanual necesaria para manexar e explorar, cada vez con maiorprecisión, os obxectos que precisan nas actividades diarias.

Todos foron asumindo normas de convivencia e hixiene establecidas nas horas de comida, descansoe actividade na aula. Cada día acadaron mais autonomía nas tarefas relacionadas coa alimentación,o control de esfínteres, a hixiene persoal...Todos eles remataron o curso utilizando os cubertoscorrectamente e sin axuda, sabendo lavar as mans e a cara e subindo e baixando a roupa cando vanao baño.

O noso principal obxectivo foi que os nenos e nenas se sentiran seguros e queridos na escola. Isoconseguímolo tendo cubertas as súas necesidades básicas (alimentación, hixiene e descanso) etratándoos en todo momento con cariño e ternura. Podemos afirmar con rotundidade e ledicia quetodos e cada un dos nenos e nenas que asistiron este curso ás aulas de 2 a 3 anos, viñan ledos efelices con moitas ganas de experimentar e de aprender cousas novas xunto aos seus compañeiros.

Outro dos obxectivos acadados foi o de achegar aos nenos e nenas ao seu contorno mais próximo,ao medio natural no que viven e se relacionan cada día. Realizamos ao longo do curso variasexcursións que resultaron todo un éxito, cultivamos o noso propio horto... Tamén intentamosfacelos partícipes das actividades culturais típicas do noso contorno mediante diversas actividadesna aula e na escola en xeral( antroido, samaín, magosto, cacho...).

A nivel de relacións persoais tamén tiveron unha gran evolución. A maioría dos nenos e nenas foronrelacionándose cos demais de forma progresiva, equilibrada e satisfactoria, interiorizando as normasde comportamento e axustándose a elas.

Fomentamos vinculos afectivos entre nós e os nenos e nenas e, entre eles mesmos, axudándolles asentirse queridos e protexidos na escola.

A linguaxe oral tamén se desenvolvíu de forma notable. Remataron o curso sendo capaces deexpresar sentimentos e ideas, e comprendendo mensaxes, instruccións e todo tipo de contos ecancións.

En todo momento contamos coa participación das familias dos pequenos, tanto en actividades nasaulas como en festas, xornadas e excursións. Así mesmo, existiu durante todo o curso moi boacomunicación con prácticamente todas as familias, compartindo información referente aos seusnenos e nenas para así poder atendelos mellor a cada un deles.

39

Page 40: CURSO 2013-2014 - concellodeames.gal · permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00

A organización dos espazos da escola foi flexible en todo momento, adaptando os espazos enfunción das nosas necesidades (psicomotricidade, sesta, baile...).

Os materiais utilizados en todas as actividades foron axeitados para o seu uso na escola: a parte domaterial escolar tamén traballamos con material de refugallo, materiais naturais como area e auga,alimentos como a fariña, chocolate, zucre...

Para rematar, debemos resaltar a actitude positiva e as ganas de aprender e de partiparde todos e cada un dos nenos e nenas. Aínda que tamén os había que preferían xogar enlugar de participar no que nós lles propoñíamos, a valoración xeral respecto áparticipación activa dos nenos e nenas nas actividades é moi boa, completamentepositiva.

40