Transcript
Page 1: Casares en 25 diapositivas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Page 2: Casares en 25 diapositivas

1. Nacemento e primeira formación

Carlos Casares nace na rúa Cardeal Quevedo, 2 de Ourense o 24 de agosto de 1941.

Con tres anos e seguindo ao seu pai, de profesión mestre, trasládase a Xinzo de Limia onde realiza os estudos primarios.

Foi unha infancia bastante feliz, de recordos agradables, porque gocei dunha grande liberdade, non tanto en Xinzo... senón na aldea onde tiña unha liberdade total. Alí aprendín cousas que a un neno da vila lle quedaban máis lonxe.

...adeprendín un galego vivo, que falaba o meu pai e que se falaba ó meu arredor, xunto ó castelán da miña nai... a miña nenez poderíamos dicir que foi bilingüe, pero eu expreseime de sempre moito mellor en galego.

Debo agradecerlle ao meu avó que desde neno me ensinase que os contos, como a vida, non son máis que detalles e que o tempo simplemente non existe.

Page 3: Casares en 25 diapositivas

2. Segundo ensinoCon once anos cursa humanidades no seminario de Ourense entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Devora a biblioteca do seminario (influenciado polo profesor de literatura e cóengo Agustín Madarnás) e comeza a escribir o xornal manuscrito e clandestino El averno: Eran dúas follas que escribía a man en columnas, imitando os periódicos. Facía entrevistas inventadas. Remata o bacharelato por libre. O meu modelo cando eu tiña nove anos era aquel señor gordo, importante, (o arcebispo de Cuba, tío da nai do escritor) que viña pola casa... empecei a dicir que quería ser bispo, non cura: e fun ao seminario con esa idea.

Cada vez que dicías unha verba en galego (no seminario) tiñas que escribir mil, cinco mil, dez mil veces: no hablaré gallego

Recordo que o día que saín (do seminario) sentínme absolutamente ledo, como se me liberase dun gran peso.

Page 4: Casares en 25 diapositivas

3. Un mozo de tertuliaFrecuenta as tertulias literarias e artísticas ourensás nas que trata a xentes como Arturo Baltar, Conde Corbal, Xosé Luís de Dios, Ferro Couselo, Julio Gimeno, Arturo Lezcano, José Luis López Cid, Xaquín Lorenzo, Acisclo Manzano, Prego de Oliver, Xaime Quessada, Vicente Risco (nos cafés Parque, Miño ou Volter) ou Antón Tovar.

Page 5: Casares en 25 diapositivas

4. Un universitario comprometidoNo curso 62-63 comeza a súa formación universitaria en Compostela (filosofía e letras).

Era unha universidade pequena, na que se podía dicir que nos coñeciamos todos. Eu vivín no medio dun pequeno grupo de rapaces preocupados pola literatura, poetas e narradores, que o pasamos moi ben. Liamos moito, faciamos tertulias ata ben entrada a madrugada e non por iso deixabamos de estudar e sacar adiante as carreiras.

Contactos co círculo galeguista de Ramón Piñeiro.

...Piñeiro foi como un pai e un amigo... mantivemos unha relación cordial e intensa... nunca admirei tanto a ninguén, o mesmo desde o punto de vista intelectual que do humano... foi un ser excepcional, irrepetible. Combinaba... unha intelixencia vivísima e unha bondade extraordinaria.

Activista estudantil.

Un limiao, estudante labrego e inocente, un pouco tirando a bruto, arma unha meada entre Teilhard de Chardin, os Evanxeos, a cruz do Calvario e a fouce e o martelo.

Page 6: Casares en 25 diapositivas

5. Un poema a RosalíaVERBAS DE ESPRANZA PRA ROSALÍA

Non convén chorar máis,

ela choróu por todos e pra sempre.

Luis PIMENTEL

Olla, Rosalía,

iste novo abrente de espranza.

Acabóuse o pronto xa pra sempre,

endexamáis voltaremos hastras bágoas

porque é tempo de se erguer.

Dende Padrón a Trasalba

baixa polo tempo

un río de arelanzas:

Otero, Piñeiro, Carballo, Celestino,

García-Sabell, Tovar, Celso Emilio, Novoneyra...

Inzadas

voces outas que se chegan

deica a cinza quente que sementaras

na terra longa

da nosa Galicia sulagada.

Eiquí estamos ergueítos

ó pé da túa lembranza

ollando o trunfo que se albisoa

sobor das torres de Compostela Santa.

Iste é o froito da túa sementeira, Rosalía.

Ista é a Galicia da espranza.

No primeiro Grial, aparece o seu poema: Verbas de espranza pra Rosalía.

Obtén o terceiro premio nas festas Minervais e resulta gañador dun certame poético en Vilagarcía de Arousa

Page 7: Casares en 25 diapositivas

6. Vento ferido (1967)

Vento ferido é un libro de narrativa, composto por unha ducia de relatos breves (titulados: "O xogo da guerra", "Coma lobos", "Cando cheguen as chuvias", "Monólogo", "Agarda longa ao sol", "A capoeira", "Vou quedar cego", "A tronada", "O Xudas", "A rapaza do circo", "O outro verán"e "Aparecerá pola esquina") e con catro ilustracións de Xulio Maside. Debido ao relato dun paseo que aparece no conto "Coma lobos", a obra sufriu un intento de censura.

Casares é tamén un activista a prol das liberdades e participa na organización do concerto de Raimon en Compostela.

Page 8: Casares en 25 diapositivas

7. Pioneiro da LIX en galegoA galiña azul (1968): obra pioneira da literatura infantil en lingua galega.

O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades.

Obra gañadora da primeira edición do Concurso de Contos infantís da Asociación O Facho da Coruña.

Page 9: Casares en 25 diapositivas

8. Novelista e tradutor Aparece a súa primeira novela mentres exerce a docencia en Viana do Bolo. Acusado de comunista, é inhabilitado para a docencia en Galicia. Marcha para Bilbao. Entre Viana e Bilbao traduce O Principiño (que sairá do prelo en 1972)

Partindo da violencia diaria, exercida de pais a fillos, de homes a mulleres, entre compañeiros; da dureza da vida, primeiro nas cidades e despois no estranxeiro; e da falta de expectativas durante os anos centrais da ditadura, Casares compón Cambio en tres que arranca co regreso a Galicia dun emigrante para enterrar un compañeiro e retrata a súa amizade desde a infancia ata a súa vida en Francia. Nesta obra moi experimental Casares retrata un Ourense de aluvión e barriadas, habitado por persoas que loitan por sobrevivir con traballos esporádicos e o alcol como medio de evasión barato.

Page 10: Casares en 25 diapositivas

9. Casamento

Casa coa sueca Kristina Berg.

Page 11: Casares en 25 diapositivas

10. Pioneiro do teatro infantil galego

As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973): obra pioneira, neste caso do teatro infantil en galego.

O nacemento nun limoeiro dunhas enormes laranxas que estoupan cando se lles toca reúne a toda unha colección de veciños estraños e dá pé a un rosario de situacións absurdas e hilarantes. Obra debedora do surrealismo e mesmo do cinema humorístico dos primeiros tempos,

Polo escenario de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas pasan personaxes ben particulares: unha muller que todo o sabe, un gordo obsesionado coa tortilla, un home con escopeta, un ovo xigante que fala… provocando todo tipo de equívocos e de situación imposibles.

Esta obra gañou o Concurso de Textos Teatrais O Facho en 1973 e editouse con ilustracións orixinais de Luís Seoane.

Page 12: Casares en 25 diapositivas

11. Xoguetes para un tempo prohibido

Nesta novela de 1975, Casares acompaña ao protagonista, Elías Paz, desde a nenez nunha pequena vila ourensá ata os tempos de estudante universitario en Compostela. Xoguetes para un tempo prohibido percorre os diversos escenarios da represión diaria que se vivía na Galicia da ditadura franquista: a violencia imperante nos colexios relixiosos e nas igrexas, primeiro; a descuberta do amor e as relacións entre os dous sexos, condicionadas polas convencións e o medo; a loita política, despois, as súas escuridades e os seus servilismos; a censura; e a dramática aceptación da derrota, finalmente. Esta novela, coa que gaña o premio do 25 aniversario de Galaxia, é considerada un dos fitos da chamada Nova Narrativa Galega.

Page 13: Casares en 25 diapositivas

12. RAG e Os escuros soños de Clío

En 1978 ingresa na Academia Galega co discurso "O desastre de 1898 e os escritores galegos".

Un ano despois aparece Os escuros soños de Clío: doce relatos presuntamente baseados en referencias bibliográficas ("Dous Normandos", "Luís de Morgade, curador de don Carlos II o Enfeitizado", "O alquimista Caaveiro", "O avisador e o avisado", "O xudeu Xacobe", "Un enigma histórico", "De cando executaron a Porlier", "Cagliostro en Compostela", "Un escritor didáctico", "Un fidalgo fernandino", "San Pedro Novo" e "O republicano de Francelos") Casares describe un mundo do pasado, mesturando superstición relixiosa, ficción histórica, verdade, fantasía e humor, cunha clara intención paródica.

Page 14: Casares en 25 diapositivas

13. Ilustrísima

Ilustrísima (1980): novela protagonizada por Fernando Fanego, bispo dunha cidade (inspirada en Ourense) nos anos dez do século pasado, un personaxe bondadoso que diariamente le os dous xornais locais, o conservador e o liberal, rodeado dunha curia eclesiástica fanática que lle esixe exercer o seu poder para acabar co cinematógrafo recentemente chegado á cidade.

En 1981 Casares resulta elixido deputado para o primeiro parlamento galego como galeguista independente dentro das listas do PSOE.

Nestes mesmos anos viaxa a URSS onde imparte conferencias e participa en seminarios, recibe o Premio Fernández Latorre de xornalismo e participa na redacción da Lei de Normalización Lingüística.

A lingua dos galegos é o galego e eu, dende o meu oficio de escritor, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas e todos os meus coñecementos.

Page 15: Casares en 25 diapositivas

14. Os mortos daquel verán

Os mortos daquel verán (1987): novela sobre a Guerra Civil. A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da Guerra Civil, pon en marcha unha investigación xudicial escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraodinaria solvencia narrativa. O pulo por acadar a verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora, son as forzas que inspiran esta obra.

Casares tamén dirixe desde 1986 a Editorial Galaxia e a revista Grial (1988)

Page 16: Casares en 25 diapositivas

15. Os Toribios

Na década dos noventa publica a saga dos Toribios.

Toribio é un neno de 8 anos que é inventor de múltiples cousas e vive enfrontado ao temible profesor Smith. Excepto o primeiro volume da serie, Este é Toribio, os diferentes títulos dan conta dos enfrontamentos entre Toribio e o profesor Smith, que coa súa maldade pretende utilizar os inventos no seu propio beneficio ou, simplemente, facer o mal. Para combatelo, Toribio (e máis a súa amiga Sara) conta coa complicidade do profesor Papafigovich de Moscú e co profesor Pardau de Lisboa e comunícase con eles a través da Ra dos Recados.

A través dunha linguaxe sinxela, que emprega divertidos tecnicismos para definir os inventos, dun humor desbordante e dunha exuberante imaxinación, as tramas, as situacións, os personaxes e os propios inventos están pensados para facer rir.

Page 17: Casares en 25 diapositivas

16. Columnista

Á marxe (a partir de 1992): columna diaria no xornal La Voz de Galicia.

Eu coido que un escritor pode chegar a ser un grande escritor a través do periódico. Síntome periodista nese sentido. Concédolle a mesma importancia a un artigo ca a páxina dun libro.

Page 18: Casares en 25 diapositivas

17. O galo de Antioquía

O galo de Antioquía (1994) conta a historia do ferreiro Antonio Mardarro, O Calatrón, que comeza a poñer ovos e, de xeito inexplicable, inicia a súa conversión en galo. Tras comentarlle o asunto a don Marcelo, o cura da parroquia, o caso cae nas mans da Inquisición e remata nun auto de fe na Praza Maior da capital da Limia. Mais o ferreiro-galo garda un as na manga para o derradeiro instante de padecemento.

Page 19: Casares en 25 diapositivas

18. Deus sentado nun sillón azul

En 1996 Casares é nomeado Presidente do Consello da Cultura Galega.

Neste mesmo ano publica Lolo anda en bicicleta e Deus sentado nun sillón azul; por esta última obra obtén o Premios da Crítica de España e de Galicia 1997 e resulta finalista do Premio Nacional de Narrativa 1998.

Page 20: Casares en 25 diapositivas

19.Un país de palabras

Un país de palabras (1998) está formado por quince ensaios, algúns deles sobre escritores clave na literatura galega e portuguesa cos que Casares tivo unha relación privilexiada, como Miguel Torga, Cunqueiro, Otero Pedrayo ou Basilio Losada, ou faladoiros con Risco, Ramón Piñeiro e Torrente Ballester. As anécdotas e o humor, ademais da reflexión, sérvenlle ao autor para facer comprender mellor o peso destas figuras no contexto da cultura galega.

Tamén recolle reflexións da literatura propia e allea, como detalles sobre como se debuxou o perfil do bispo que protagoniza Ilustrísima, ou da influencia familiar no seu xeito de armar un relato. Completan o libro textos sobre a historia de Galicia, a sociedade ou a relixión, debullados coa prosa transparente de Casares e unha erudición sempre próxima ao lector.

Page 21: Casares en 25 diapositivas

20. Casares e Hemingway

Hemingway en Galicia (1999) xorde pola sorpresa que sentiu Casares ao atopar mencións a Galicia na obra do escritor norteamericano. Durante anos, Casares foi reconstruíndo as viaxes que Hemingway fixo a Galicia. Fascinárono o país, a súa natureza e, sobre todo, Santiago de Compostela, onde pasou varias temporadas. Hemingway visitou tamén Ourense, Verín, A Coruña ou Vigo, en cuxos pescadores inspirouse para a súa inmortal The Old Man and the Sea (que tamén traduce Casares).O libro complétase cunha antoloxía de cartas do escritor estadounidense nas que se cita a Galicia, dirixidas a correspondentes como Francis Scott Fitzgerald ou John Dos Passos.

Page 22: Casares en 25 diapositivas

21. Un polbo xigante

Un polbo xigante (2000): a historia dun rapaz que ve como un polbo xigante arrastra ao criado Nicolás para baixo do mar, levándoo, polo que parece, canda si para sempre. É tamén a historia da vella Delfina, que di que o pillabán do Nicolás só foi a unha festa, atraído pola música e animado por un xastre disfrazado de polbo. Pero as aparencias enganan -ou non, que nunca se sabe- e o desenlace sorprende.

Page 23: Casares en 25 diapositivas

22. Pasamento

Carlos Casares morre en Nigrán o 9 de marzo de 2002.

Carlos Casares existe. Si, señor. É un grande escritor e un gran tipo. Un froiteiro en flor. Da mellor estirpe de Galicia, a da liberdade, o humor e un pisco de melancolía... unha cousa é morrer un día, por exemplo o 9 de marzo do 2002, e outra moi distinta morrer toda a vida. (Manolo Rivas)

Page 24: Casares en 25 diapositivas

23. Sol póstumo

O sol de verán: é un relato novelesco (póstumo) cargado de nostalxia e amargura ao mesmo tempo que un canto tenro á nenez e á mocidade. A historia de amor entre Helena e Carlos complicada pola condición de casada da moza provoca toda unha historia de intriga e enredos que dura até a derradeira escena. A narración de Carlos Casares guía ao lector cunha linguaxe sinxela e familiar moi axeitada nun relato que nunca perde interese, con constantes momentos de máxima intensidade. Con esta obra Carlos Casares deixounos un anaco de si mesmo e da súa experiencia e boa práctica xornalística e narrativa nunha lectura de carácter universal e ineludíbel. (David Canto Veiga)

Page 25: Casares en 25 diapositivas

24. Autor para o Día das Letras

O 9 de xullo de 2016, a RAG elixe a Casares como o autor do Día das Letras 2017:

“unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX” “alén do seu talento literario, Casares foi un intelectual de relevo extraordinario que destacou tamén pola súa implicación na vida cultural, social e institucional do país e por unha laboriosidade incansable, ao tempo intelixente e reflexiva, e sempre cun compromiso inequívoco coa lingua galega.

Page 26: Casares en 25 diapositivas

25. Os agostos de Casares

Libro recompilación de 155 artigos do escritor publicados nos meses de agosto entre os anos 1997 e o 2001 no xornal La Voz de Galicia.

Page 27: Casares en 25 diapositivas

CRÉDITOS

● http://academia.gal/letras-actual● http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/edlg/index.p

hp/2017/02/● http://elpais.com/tag/carlos_casares/a● http://fundacioncarloscasares.org/● http://galicia.swred.com/carloscasaresbiografia.htm● http://galicia.swred.com/carloscasares_cabodano.htm● LASO LORENZO, Rafael, Carlos Casares, o amigo das

palabras, Galaxia, Vigo, 2013, 109 pp.● MONTEAGUDO, Enrique, Carlos Casares. Un contador de

historias: Vida e obra, Galaxia, Vigo, 2017, 175 pp.

Moitas grazas!


Top Related