Nº 135
Boletín gratuito para os socios de Cofer
Abril 2015
Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]
Séguenos @COFERferrol
@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste
ENCONTROS DE NEGOCIOS A Asociación de Jóvenes Empre-sarios de Ferrolterra celebrou no mes de marzo unha nova sesión dos seus encontros de negocios. O éxito obtido nestas convocato-rias levou a entidade a consolida-las con periodicidade mensual. Páx.5
AXENDA Unha compilación dos even-tos e feiras monográficas profesionais máis interesan-tes para o empresario, pro-gramados para as vindeiras datas nos principais recintos da xeografía nacional. Páx.7
NAVAL 4.0. A Xunta prevé destinar un total de 2 millóns de euros a iniciativas pensadas para promover a innova-ción tecnolóxica do sector naval galego. O Conselleiro de Industria anunciouno na xornada Naval 4.0. celebrada en Ferrol. P á x . 2
S
U
M
A
R
I
O
S
U
M
A
R
I
O
BUSINESS ANGELS O Ministerio de Industria ven de abrir a convocatoria de subven-cións para o impulso das redes de Business Angels. O obxecti-vo é promover este tipo de me-cenazgo empresarial como al-ternativas a outras vías. Páx.3
LEXISLACIÓN As últimas novidades lexislativas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, publi-cadas nos boletíns oficiais pro-vinciais, autonómicos e estatais.
Páx.6
FORMACIÓN COFER ten programados para o vindeiro trimestre un-ha serie de cursos incluídos no Plan de Formación Inter-sectorial da Confederación de Empresarios da Coruña. Páx.4
xunta.es
2
A Xunta prevé destinar dous millóns de euros a innovación no sector naval galego
O conselleiro de Industria, Francisco Conde, anunciouno no encontro Na-val 4.0: Construíndo a industria naval do futuro, no CIS Galicia de Ferrol
Abril 2015
Un sector naval galego máis com-petitivo e tecnolóxicamente máis avanzado é o que a Xunta de Gali-cia, en colaboración cos enxeñei-ros, centros de investigación e ACLUNAGA perseguen coa sinatu-ra, agárdase que neste mes de abril, dun acordo pensado para converter ao naval galego en todo un referente internacional. O encontró Naval 4.0: Construíndo a Industria Naval do Futuro, foi aberto polo director do IGAPE, Javier Aguilera e tivo o CIS da Ca-bana como escenario. Ademáis, tomaron parte activa na sesión representantes do Cluster do Naval de Galicia, a Axencia Galega de Innovación, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais, AIMEN, SOEMAR, ITG e Navantia. O peche correou a cargo do conselleiro de Industria, Francisco Conde, e do alcalde de Ferrol, José M. Rey Va-rela. Conde reiterou o compromiso total da Xunta de Galicia co futuro do sector naval e anunciou a aporta-ción de dous millóns de euros ao plan de apoio á innovación neste mercado. Un plan no que se verán implicadas as entidades antes men-cionadas e que será coordenado dende o CIS Galicia. Diante dun auditorio de medio cen-to de empresarios do sector naval, o conselleiro abogou por que a nosa comunidade autónoma estea “en posición de saída” neste sector. Ao mesmo tempo, o titular de In-dustria explicou que o papel que o CIS xogará neste proxecto será o de coordenar os traballos de todos os axentes implicados e canalizar e impulsar as accións de innovación.
A OPINIÓN DO EXPERTOS ACLUNAGA, o Cluster do Naval, realizou unha exhaustiva análise do sector cuxas conclusións foron ex-postas neste encontro polo seu xe-rente, Óscar Gómez. O estudo caracteriza aos estaleiros galegos como factorías de síntese ou semisíntese cun nivel de tecnifi-cación medio-baixo. Polo que respecta á industria auxi-liar, o informe de ACLUNAGA, ca-racterízaa polo seu pequeno tamano e unha escasa capitalización e inter-nacionalización. Tanto no caso dos estaleiros como no da industria auxi-liar, o estudo fai especial fincapé no baixo nivel de tecnificación, algo que o xerente do Cluster do Naval de Galicia considera prioritario de abor-dar, para acadar mellores niveis de producción e ao mesmo tempo inci-dir nunha baixada dos custos, para poder competir nos mercados inter-nacionais.
Outro dos obxectivos que se plantexan dende ACLUNAGA é a busca de vías de financiación para o desenvolve-mento tecnolóxico de demostradores avanzados que se adapten ás necesi-dades dos estaleiros e da industria auxiliar galega. A intención do Cluster é crear un gru-po de traballo no que participen todos os seus asociados para poder acadar as metas fixadas, definindo tecnolo-xías e requerimentos industriais, anali-zando as xa existentes, e desenvol-vendo outras novas coa axuda de tecnólogos galegos. A idea é chegar ás propias empresas para facer de-mostracións do funcionamento dos demostradores. O esforzó non ficará pechado nas nosas fronteiras autonómicas, senón que, segundo explicou Óscar Gómez, a idea é “configurar un proxecto em-blemático galego” para todo o sector que se dará a coñecer en feiras e foros internacionais do naval.
2
Industria abre a convocatoria de axudas para impulsar redes de Business Angels A Administración contempla unha partida dun millón de euros en subven-cións a actividades e creación de novas entidades deste tipo.
Abril 2015
As dificultades que as PEMES atopan para financiar proxectos de innovación pola vía tradicio-nal dos bancos, animou ao Ministerio de Industria a poten-ciar sistemas alternativos que permitan dar resposta a esta necesidade. Un destes sistemas é a través das denominadas redes de Business Angels, ou inversores privados de carácter informal, que segundo a Administración “xogan un papel decisivo nas primeiras fases de desenvolve-mento dos proxectos innovado-res.” Por este motivo, o Boletín Ofi-cial do Estado recolle no seu número do 25 de marzo unha nova convocatoria de axudas para impulsar este tipo de sis-temas de financiación, apoian-do e dando visibilidade ás re-des de Business Angels que prestan servizos de calidade, de xeito transparente e regular, tanto a emprendedores como a inversores, co obxectivo último de ampliar e facilitar o acceso das pequenas e medianas em-presas a novas fontes e mode-los de financiación. Subvencionaranse tanto redes de nova creación como activi-dades de prestación de servi-zos realizadas por entidades xa existentes, que poderán cos-tear con estas axudas gastos relativos a servizos de informa-ción, difusión, intermediación,
análise de proxectos e cantos resulten precisos para favorecer a aportación de recursos finan-cieiros a proxectos empresariais innovadores. Polo que respecta á creación de novas redes, a convocatoria con-templa como subvencionables a contratación de persoal especiali-zado, a creación da estrutura organizativa e a captación de inversores entroutras. A financiación das axudas con-
templadas nesta convocatoria será dunha contía máxima estimada dun millón de euros, dos que 650.000 irán para actividades de funcionamento, e 350.000 para creación de novas redes. Segundo establecen as bases da convocatoria, poderá subvencio-narse ata un 60% dos gastos con-siderados subvencionables, cun máximo de 50.000 euros. As bases da convocatoria están disponibles na nosa web.
3
Abril 2015
parte de teleformación relativa á igualdade de xénero. As sesións presenciais terán lugar no centro de negocios de COFER (Cantón de Molíns, 8-9, entrechán), martes e xoves de 20:00 a 22:30 horas. O segundo dos cursos dará come-zo o vindeiro día 8 de maio e pro-longarase ata o 1 de xuño, incluin-do tamén as sesións de teleforma-ción. Trátase dunha acción formati-va relativa ás Técnicas Eficaces de Coaching, e o prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 27 de abril.
COFER programa para os vindeiros meses cursos de Escaparatismo, Visual Merchandising e Coaching
Estes talleres formativos forman parte do Plan de Formación Intersectorial da Confede-ración de Empresarios da provincia da Coruña.
Entre os días 8 e o 23 de maio, todos os venres e sábados cele-braranse as sesións presenciais, mentres as de teleformación terán lugar entre o 25 de maio e o 1 de xuño. Tanto para este curso como para o de Escaparatismo o número de prazas é limitado. A inscripción é gratuita e pode formalizarse no correo [email protected] ou chamando ao teléfono 981 33 33 22. Toda a información está dispo-nible na web www.cofernet.com e www.cec.es
O Centro de Negocios da CO-FER acollerá entres os meses de abril, maio e xuño dous cur-sos promovidos dende a Con-federación de Empresarios da Coruña. O primeiro deles comeza o vindeiro 13 de arbil ata o 18 de maio. Trátase dun curso de Escaparatismo e Visual Mer-chandising dirixido a traballa-dores do Réxime Xeral e Autó-nomos. Esta actividade formati-va é maioritariamente presen-cial, se ben inclúe tamén unha
A sede de FORMEGA acolle a partir do vindeiro día 22 de maio e ata o día 6 de xullo un curso de nivel básico sobre Prevención de Riscos Laborais no sector da construción. Impartiranse os fundamentos e os conceptos básicos sobre Seguridade e Saúde, así como os riscos xerais e a súa pre-vención segundo o Convenio Xeral do Sector, para poder conseguir a tarxeta profesional da construción. As clases presenciais imparti-ranse venres e sábado. O pro-grama inclúe tamén teleforma-ción. A inscrición pode tramitarse na web www.cec.es
Tamén dentro do programa de Formación Intersectorial da CEC, a sede da Asociación de Empre-sarios Ferrolterra será o lugar onde se celebre un curso de 30 horas sobre Comunicación, Rela-cións Públicas e Protocolo Empre-sarial. O obxectivo é ofrecer ao alumno unha visión global dos elementos de comunicación na empresa. As clases comezarán o vindeiro 18 de maio e rematan o 10 de xuño. As sesións presenciais im-partiranse de luns a xoves. A inscrición é gratuita e o prazo está aínda aberto. Os interesados poden tramitar a súa matrícula a través da web da CEC.
Dende o 27 de abril ata o 27 de maio, na sede da Asociación de Empresarios de Ferrolterra, cele-brarase o Curso de Formación Continua CAP para condutores profesionais. O obxectivo é favo-recer a actualización de coñece-mentos entre estes traballadores, facendo especial fincapé na segu-ranza en estrada e a racionaliza-ción do consumo de carburante. O curso ten unha duración de 40 horas, das que 35 son presenciais e 5 de teleformación. Entre o 27 de abril e o 19 de maio desenvol-veranse as sesións presenciais. Disponse dun total de 20 prazas. A inscrición e gratuita. Para tra-mitar a inscrición poden dirixirse a www.cec.es
Curso de prevención de riscos laboráis na construción
Protocolo empresarial, Relacións Públicas e Comunicación
Seminario de Formación Continua para conduto-res profesionais
4
Abril 2015
Despois da importante resposta obtida na primeira das convo-catorias de AJE Conecta, a Asociación de Jóvenes Empre-sarios de Ferrolterra celebrou no mes de marzo unha segun-da edición destes encontros de negocios para emprendedores en Ferrol. Nesta ocasión os promotores foron máis aló e pedíronlles a cada un dos participantes que nun tempo limitado de 3 minu-tos explicaran aos demáis asis-tintes cal é a actividade que desenvolve a súa empresa. O obxectivo non era outro que poder comprobar a súa capaci-dade de transmisión da súa
en novos enclaves da cidade nos que vover a repetir experiencia e dar a oportunidade de darse a coñecer a moitos máis emprededo-res .
AJE Ferrolterra celebrou unha nova sesión dos seus encontros de negocios
Os premios Ferrolterra Emprende para estudantes chegan á súa terceira edición
Co obxectivo de fomentar a filosofía emprendedora entre os máis novos, AJE Ferrolterra convoca para este ano a tercei-ra edición dos premios Ferrol-terra Emprende para estudantes de ESO, Bacharelato, Forma-ción Profesional e Universita-rios. Preténdese con isto favorecer a iniciativa emprendedora no eido educativo e orientar aos alum-nos cara o autoemprego e a creación de empresas. As bases do certame están dis-poñibles na web da entidade:
www.ajeferrolterra.org, e o prazo de presentación de proxectos remata o vindeiro día 17 de abril.
Poden resolver calquera dúbida a t r a v é s d o c o r r e o [email protected].
mensaxe, xa que cada un dos ouvintes valoraría mediante unha enquisa a intervención do resto. O éxito desta convocatoria ani-mou a AJE Ferrolterra a pensar
Lexislación
6
RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas aos
investimentos das pemes en equipamentos produtivos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional,
no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. DOG Nº 56 de 24 de marzo
RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria prevista inicialmente na Resolución
do 26 de decembro de 2014 que estableceu as bases reguladoras e a posterior convocatoria de subvencións aos proxec-
tos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas polo
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anunciou a
convocatoria anticipada para o ano 2015. DOG Nº 54 de 19 de marzo
Orden ESS/419/2015, de 26 de febrero, por la que se modifica la Orden ESS/1338/2013, de 11 de julio, por la que se esta-
blecen las bases reguladoras de la concesión de subvenciones a las actividades de promoción del trabajo autónomo, de la
economía social y de la responsabilidad social de las empresas y para sufragar los gastos de funcionamiento de las aso-
ciaciones de trabajadores autónomos, de cooperativas, de sociedades laborales, de empresas de inserción y de otros
entes representativos de la economía social de ámbito estatal y se convoca su concesión para el año 2013.DOG Nº62 de
13 de marzo
Real Decreto 127/2015, de 27 de febrero, por el que se integran los centros de ventanilla única empresarial y la ventanilla única de la Directiva de Servicios en los Puntos de Atención al Emprendedor. DOG Nº 62 de 13 de marzo
Real Decreto 126/2015, de 27 de febrero, por el que se aprueba la norma general relativa a la información alimentaria de los alimentos que se presenten sin envasar para la venta al consumidor final y a las colectividades, de los envasados en los lugares de venta a petición del comprador, y de los envasados por los titulares del comercio al por menor (BOE Nº 54 de 4 de marzo de 2015). Resolución de 20 de febrero de 2015, de la Secretaría General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa, por la que se convocan subvenciones correspondientes a 2015 para el impulso de las redes de "business angels". BOE Nº 75 de 25 de marzo Orden DEF/503/2015, de 16 de marzo, por la que se dictan normas para la aplicación del Real Decreto 33/2014, de 24 de enero, por el que se desarrolla el Título II de la Ley 12/2012, de 26 de diciembre, de medidas urgentes de liberalización del comercio y de determinados servicios. BOE Nº 72 de 25 de marzo Real Decreto-ley 4/2015, de 22 de marzo, para la reforma urgente del Sistema de Formación Profesional para el Empleo en el ámbito laboral. BOE Nº70 de 23 de marzo Real Decreto-ley 3/2015, de 22 de marzo, por el que se prevé una oferta de empleo público extraordinaria y adicional para luchar contra el fraude en los servicios públicos, para el impulso del funcionamiento de la Administración de Justicia y en aplicación de las medidas previstas en la Ley 27/2013, de 27 de diciembre, de racionalización y sostenibilidad de la Admi-nistración Local. BOE Nº 70 de 23 de marzo Orden IET/494/2015, de 18 de marzo, por la que se aprueba el plan anual integrado de ayudas del Ministerio de Industria, Energía y Turismo para el año 2015 y se establecen medidas dirigidas a mejorar su tramitación. BOE Nº 69 de 21 de mar-zo Resolución de 9 de marzo de 2015, de la Dirección General de Empleo, por la que se registra y publica la revisión salarial del Convenio colectivo estatal del comercio minorista de droguerías, herboristerías y perfumerías. BOE Nº67 de 19 de marzo Orden ESS/419/2015, de 26 de febrero, por la que se modifica la Orden ESS/1338/2013, de 11 de julio, por la que se esta-blecen las bases reguladoras de la concesión de subvenciones a las actividades de promoción del trabajo autónomo, de la economía social y de la responsabilidad social de las empresas y para sufragar los gastos de funcionamiento de las aso-ciaciones de trabajadores autónomos, de cooperativas, de sociedades laborales, de empresas de inserción y de otros entes representativos de la economía social de ámbito estatal y se convoca su concesión para el año 2013.DOG Nº62 de 13 de marzo
Abril 2015
IFEMA. Feria de Madrid
Abril 2015
7
Axenda
RESTO DE ESPAÑA
FIRA DE BARCELONA
GALICIA
ALMONEDA.– Feira de Antigüidades, Galerías de Arte e Coleccionismo 11 ao 19 de abril INTERSICOP.– Salón da Panadería,Confeitaría e Industrias Afíns 13 ao 16 de abril SALÓN DE GOURMETS.– 13 ao 16 de abril WORLD TRAVEL AND TOURISM COUNCIL. THE GLOBAL SUMMIT 15 e 16 de abril VENDIBÉRICA– Feira Internacional do Vending 15 ao 17 de abril EXPOFRANQUICIA.– Feira Internacional da Franquicia 23 ao 25 de abril
COSMOBELLEZA.– 11 ao 13 de abril BEBÉS & MAMÁS.– 11 e 12 de abril IN COSMETICS.– 14 ao 16 de abril SALÓN DEL CÓMIC.– 16 ao 19 de abril B-TRAVEL.– O novo Salón do Turismo 17 ao 19 de abril EXPO ECO-SALUD.– Salón da Saúde e a Calidade de Vida 17 ao 19 de abril Bta.– Barcelona Tecnoloxías da Alimentación 21 ao 24 de abril HISPACK.– Salón Internacional da Embalaxe 21 ao 24 de abril
Expourense
VINIS TERRAE .– Salón do Viño e os Licores Galegos de Calidade 25 ao 26 de maio
EL MOTOR DE LA HISTORIA.– Presentación do Museo da Automoción e a Historia 28 de marzo ao 12 de abril
EXPOCORUÑA
SALÓN DA MOTO.- 17 e 19 de abril
PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO
FIMO FERROL
AUDITORIO MUNICIPAL DE FERROL
EQUIOCIO.– SALÓN DO CABALO 2 ao 5 de abril
FEVINO.- Salón Internacional do Viño 20 e 21 de abrill
Integran Cofer:
8
Sección de Empresas Independientes
Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]
Síguenos @COFERferrol
@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste
Abril 2015
Asociación de Campings do Noroeste
Asociación de Empresarios Ferrolterra
Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas
Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal
Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas
Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil
Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra
Asociación Profesional de Ximnasios e Activida-des Físicas de Ferrolterra
Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste
Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña
Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra
Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra
Asociación de Empresarios de As Pontes
Asociación de Empresarios de As Somozas
Asociación de Empresarios, Comercian-tes y Hosteleros de Catabois
Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol
Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña