día das letras galegas 2010

15
Uxío Novoneyra

Upload: guest75e3415

Post on 05-Jul-2015

637 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

Vida e obra de Uxío Novoneira. Selección de poemas do libro 'Os eidos' que inclúe tamén a 'Letanía de Galicia', acompañados todos eles por fotografías do Courel.

TRANSCRIPT

Page 1: Día das letras galegas 2010

Uxío Novoneyra

Page 2: Día das letras galegas 2010

BIOGRAFÍA

Page 3: Día das letras galegas 2010

- Uxío Novoneyra naceu o 19/01/1930 en Parada de Moreda, unha aldea da Serra do Courel (Lugo).

- Entre 1945-1948 estudou o Bacharelato en Lugo, onde coñece ao poeta Manuel María.

- De 1949 a 1951 residiu en Madrid, onde se matriculou en Filosofía e Letras. Alí comezou a escribir en castelán e deu os primeiros recitais poéticos.

- En 1952, volta a Galiza, onde coincide de novo con Manuel María e outros galeguistas da época como Ramón Piñeiro e Otero Pedrayo.

- Entre 1953-1962 permanece illado no Caurel a causa dunha enfermidade, tempo no que escribe Os eidos.

Casa de Uxío Novoneyra

Con María Mariño, Saleta Goi e Manuel María

Page 4: Día das letras galegas 2010

- Entre 1962-1966 volta a Madrid, onde traballou en programas de radio e televisión relacionados coa poesía e asistiu a tertulias literarias. Alí relacionouse tamén cos membros do grupo Brais Pinto, entre os que destacan Bernardino Graña e Ferrín, entre outros.

- En 1966 regresa ao Courel por enfermidade dos pais.

- En 1968 coñeceu en Lugo a Elva Rei, con quen casaría en 1973. Terían 3 fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo.

- Até 1983 viviría a cabalo entre Lugo e O Courel.

- En 1983 estabeleceuse en Compostela, exercendo como presidente da AELG até 1986.

- O 30/10/1999 finou en Compostela, sendo velado no Panteón de Galegos Ilustres e posteriormente soterrado no cemiterio lugués de San Froilán.

Manuel María, Darío X. Cabana, Ferrín e Novoneyra

Page 5: Día das letras galegas 2010

POESÍA

- 1955: Os Eidos-1966: Elegías del Caurel y

otros poemas.- 1974: Os eidos-2-1979:Poemas caligráficos-1981: Os eidos. Libro do

Caurel- 1986: Muller para lonxe-1988: Do Courel a

Compostela -1994: Poemas da doada

certeza i Este brillo premido entre as pálpebras

NARRATIVA

- 1991: O cubil do xabarín-1992:Gorgorín e cabezón

Page 6: Día das letras galegas 2010

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben o pouco que é un home…

Page 7: Día das letras galegas 2010

Moreda das morodellas!Nogueiras freixos da Barxa!A Boca do Couto! As augasi a Devesa da Rogueira!

Baixando terra fragosadende a fontiña da Rosahastr’o muiño das edraspeta a auga nas pedrasfoza nas portas un tourotecen as mozas na teaun monte lonxe fumeae vai muñando o boi louro…

Page 8: Día das letras galegas 2010

Augas brancas da Rogueira!

Bouzas pechas d’uces e xestas!!

Abrairas teixos faias xardois e

[reboleiras!

Outo bosco calado!

Fontiñas do corzo!

Carrozos picafondo!

Non hai outro templo máis

[vasto

Nin outro credo

Que este silencio…

Page 9: Día das letras galegas 2010

Cain as follas…. Sinto unha cousa

Que se apousa en min e no me toca…

Page 10: Día das letras galegas 2010

Panos brancos esfiañados

da nebraouveando polos vales

polos soutos i as devesas marelas

en busca dun caborco ou dunha valiña outa

que nos acollai os faga acougar!

Fiañas da nebra rubindo

e baixando á gaiola do aire

polas serras érmedas e polos soutos despidos

do Nadal!

Page 11: Día das letras galegas 2010

Neva e non leva.Anque o ceo amoiao silencio aboia.Neva como eu poñonaquil poema neva.

Falopiña a falopiñavai branqueando a cortiña.Cada miniña o seu soño…cada copo a súa flairiña…

Page 12: Día das letras galegas 2010

Pacen as vacas na nabarega.Treme a pequenaQue vai co’elas.Febreiro choveFebreiro xeaFebreiro nevaNeve lixeira…

Page 13: Día das letras galegas 2010

Cousos do lobo!Caborcos do xabarín!Eidos solosonde ninguén foi nin ha d’ir!

Baixa o lobo polo ollo do boscoMovendo nas flairas dos teixosruxindo na folla dos carreirosen busca da vagoada máis sola e

[máis medosa…

Rastrexapárase e ventafinca a pouta ergue a testa e oula [cara o ceoCon toda a sombra da noite na

[boca

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Page 14: Día das letras galegas 2010

GALICIA digo eu / ún diGALICIA decimos todoshastra os que calan dine saben

GALICIA da door choraGALICIA da tristura tristeGALICIA do silencio caladaGALICIA da fame emigranteGALICIA vendada cegaGALICIA tapeada xordaGALICIA atrelada queda

libre pra servirlibre pra non serlibre pra morrerlibre pra fuxir

GALICIA labregaGALICIA mariñeiraGALICIA obreira

GALICIAGALICIAGALICIAsabemos

á forzaá forzaá forzaá forzaá forzaá forzaá forza

libre pra servirlibre pra non serlibre pra morrerlibre pra fuxir

GALICIA nosaGALICIA nosaGALICIA nosa

Page 15: Día das letras galegas 2010

GALICIA irmandiñaGALICIA viva aínda

recóllote da TERRArecóllote do PUEBLOrecóllote da HISTORIA

recóllote i érgote no verbo enteirono verbo verdadeiro que fala o pueblorecóllote pros novos que vein con forzapros que inda non marcou a malla d’argolapros que saben que ti podes ser outra cousapros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousaSabemos que o home pode ser outra cousa