desenvolvemento plan tic
DESCRIPTION
Desenvolvemento do Plan TIC no CEIP de Chans BembriveTRANSCRIPT
4.-DESENVOLVEMENTO
Cunha formación e infraestructuras axeitadas, a galaxia TIC supón un recurso didáctico moi versátil e poderoso. O profesorado será o encargado de integralo no currículo dacordo a sua área de coñecemento, alumnado ao que vai dirixido e as suas estratexias de aprendizaxe. Presentamos cómo pretendemos aplicar o noso plan:
4.1.-Educación infantil
Os máis cativ@s da escola usan e disfrutan dos medios tecnolóxicos a cotío (resúltalles moi motivador) realizando actividades dirixidas ao seu desenvolvemento psicomotor, cognitivo, emocional e social:
4.1.1-Obxectivos específicos:
Aplicar a coordinación viso-manual para manexar o rato desenvolvendo a motricidade fina e o sentido espacial.
Fornecer ao alumnado no dominio dos medios informáticos que favorezan o desenvolvemento das súas capacidades cognitivas de atención, percepción, discriminacion, asi coma a memoria, a comprensión, a creatividade e as estratexias de exploración e tanteo.
Respectar as normas e os turnos de uso do ordenador
Potenciar a súa autonomía persoal na interacción co ordenador no manexo dos programas propostos (entrar e sair dos xogos, elexir opcións…..)
Coñecer e distinguir os elementos que forman parte do ordenador: rato, monitor, teclado e adoptar hábitos saudables no seu uso
Explorar os obxectos establecendo relación causa-efecto
Participar nas posibilidades multimedia da pantalla dixital interactiva
Usar aplicacións multimedia interactivas que amplien o coñecemento e usos do vocabulario, que lles axuden ao recoñecemento de grafías do noso alfabeto, a reforzar conceptos básicos (formas, cores tamaños..),
Elaborar un Blog para poñer contidos a disposición doutros e como vehículo de comunicación coas familias
4.1.2.- Contidos e Actividades:
Ao longo de todo o curso traballaremos con distintas aplicacións informáticas que presentarán, reforzarán, afianzarán e desenvolverán contidos básicos axeitados :
Identidade e autonomía: descubrir partes do corpo a través de imaxes, acadar habilidades perceptivo-motrices e desenvolvemento cognitivo e relacional (memoria, secuencias-..)
Comunicación e representación: ler e reproducir imaxes e mensaxes ., achegamento a lingua escrita (os de cinco anos)
Coñecemento do medio: orientación espacial, , recoñecer e manexar imágenes próximas
Lóxico-matemáticos:conceptos espacias (dentro, fora, aberto, pechado), números
Expresión oral: comprensión de contos interactivos, incremento do vocabulario, recoñecemento de personaxes
Expresión plástica: identificación e discriminación de cores, debuxo e creación libre.
4.1.3.- Espacios e recursos
En cada clase de E. I dispomos do “recanto do ordenador”
(formado por dous PC e periféricos con acceso sen fíos, moi poucos se temos en conta a elevada ratio-) que sera utilizado por un grupo de alumn@s supervisados pola mestra de apoio, mentres o grupo clase fai outro traballo.
Algunhas das aplicacións informáticas que empregamos son: primeros pasos con Pipo, Ven a jugar con Pipo, Imagina y crea con Pipo, Aprende a leer con Pipo 1, Vamos a leer con Pipo 2, Aprende a leer con los Lunnis, Recursos educativos S.M, varios de la colección Childtopia, Pingu….
Asemade en cada ordenador temos instalados paquetes de actividades de JCLIC (ideal para reforzar conceptos básicos), o programa de debuxo libre Tux Paint -que presenta unha interface moi doada de usar e divertidos efectos de son, variedade de ferramentas que axudarán ao alumnado a seren creativos ), variedade de xogos flash…
De cando en vez trasladaremos ao alumnado á aula de informática para realizar actividades co apoio da pizarra dixital e acceder a portais e páxinas web con recursos útiles e axeitados.
4.2.-Educación Primaria
O alumnado que temos hoxe nas nosas aulas vive nunha sociedade dixitalizada: unha boa parte observan (e algúns –os do terceiro ciclo principalmente-son partícipes de todo elo) coma na súas casas ven e publican videos en YouTube, manexan cámaras dixitais e comparten as súas fotos en Fotologs ou en MySpace, , escoitan música e ven vídeos en reproductores portátiles que cargan con contidos compartidos vía redes P2P, ven a televisión varias horas ao día, mandan ducias de SMS, usan móviles multimedias, utlizan os servicios de chat e correo electrónico…Polo tanto a escola ten que ter unha implicación en toda este “enredo TIC” para que este alumnado faga un uso coherente , crítico e reflexivo, das Novas tecnoloxías prevendo adicións e usos pouco recomendables.
4.2.1.-Obxectivos específicos:
O alumnado de Educación primaria disporá dun repertorio de
recursos de apoio ao aprendizaxe para as diversas áreas curriculares e serán fornecidos pouco a poco dunha competencia dixital que lles permita:
A- Primeiro ciclo Afianzar os obxectivos propostos en E. I. relativos a
familiarización do alumnado co ordenador Fomentar a memoria, atención, creatividade , agudeza
visual Potenciar mediante programas axeitados a eficacia na
lectura, na escritura e no cálculo. Mellorar o vocabulario básico e favorecer a comunicación
oral Fomentar o autocontrol e a capacidade de espera Iniciarse na procura de información sinxela na web e no
acceso a portais multimedia seguindo as instrucción do mestre.
Facilitar o desenvolvemento de actividades individualizadas para o tratamento da diversidade
Usar programas educativos interactivos de gran potencialidade didáctica para afianzar ou reforzar contidos do currículo
Participar das posibilidades multimedia da pantalla dixital interactiva.
B- Segundo ciclo Afianzar a competecia dixital relativa a adquisición de
destrezas relativas ao manexo do ordenador: partes do equipo,crear carpetas, arquivar,
Fomentar o uso do ordenador como unha ferramenta de traballo e reforzo para un mellor acadamento dos contidos curriculares, sen esquecer o aspecto lúdico:xogos on line
Manexar autónomamente programas didácticos multimedia complementarios aos contidos dos libros de texto e de reforzo ás principias áreas do curriculo
Elaborar documentos sinxelos co ordenador (usando o procesador de textos)
Fomentar o autocontrol e a capacidade de espera
Iniciarse na aprendizaxe de investigación a partires da consulta de enciclopedias multimedia (Encarta por exemplo) e nos motores de busca
Explorar as posibilidades do contorno dixital accedendo a plataformas e páxinas web axeitadas con fins lúdicos e educativos
Continuar na dinámica emprendida de emprego e explotación da PDI
C- Terceiro ciclo Dar a coñecer dun xeito máis sistemático contidos
relativos ao uso do ordenador e a certas aplicacións:procesador de textos (iniciar word, crear documentos, editalos, asignar formatos…), presentacións (power point) tratamento de imaxes (word art, Paint..)
Fomentar o uso del ordenador entre o alumnado como medio de traballo: reforzo dos contidos curriculares, instrumento para elaboración de traballos, buscar información en enciclopedias, Internet...
Exercitarse no uso de programas educativos multimedia axeitados ao nivel e ritmo de aprendizaxe do alumnado que reforzan contidos curriculares relativos ao: cálculo mental, comprensión lectora, lóxica-matemática, comunicación escrita, sistemas de numeración, contidos de coñecemento do medio…
Recoñecer as ventaxas que proporcionan as novas tecnoloxías a hora de: percurar información, comunicarnos (e-mail, chat), difundir información (páxinas web, blogs), compartir información (foros)…
Fomentar o traballo cooperativo compartindo os coñecementos e as destrezas que teñen no eido das novas tecnoloxías (aproveitando as boas competencias TIC que presentan algúns alumnos/as) orientándoos cara un bo uso (ventaxas e utilidades si se utilizan con racionalidade e perigos que conleva un mal uso)
Presentar distintas funcionalidades da pantalla interactiva e utilizala con diversas funcionalidades: para presentación de traballos, compartir experiencias, aclarar
dúbidas… Participar en programas de comunicación virtual que
desenvolvan principalmnte contidos, valores e actitudes do campo da transversalidade
Coñecer e probar algunhas das posibilidades que aporta a web 2.O: MySpace, slideshow, Blogs, publicación de vídeos en YouTube
4.2.2.- Contidos e actividades:
Utilización sistemática de MultiRoms interactivos que axudan a acadar as competencias básicas en: comunicación lingüística, matematica, social e cidadá, artística e cultural, dixital….
Acceso a portais educativos con recursos multimedia (organizados na web da escola no apartado “Unha viaxe pola rede)
Consulta de dicionarios e de enciclopedias dixitais (Encarta, Dicionario da Real academia galega on line, word referente…)
Actividades de animación á lectura e a escritura: acceso a Blogs, e a páxinas elaboradas para este fín e uso de sofware axeitado: comic life, por exemplo para creación de comics.
Programas educativos e didácticos, tanto de uso comercial como libre que poden descargarse de internet
(ou para uso en liña) que reforzan aspectos curriculares e que resultan motivadores e lúdicos
Creación de textos e presentacións utilizando o procesador de programas axeitados (word, power point.)
Utilización do buscador de internet (Google) e as posibilidades que ofrece na procura de imaxes e informacións de todo tipo
Nocións básicas das posibilidades de utilización da PDI (por exemplo na presentación dos traballos elaborados previamente individualmente ou en grupo) e breve titorial do uso das ferramentas do seu software (notebook)
Participación en programas de comunicación virtual: Ecopanda, ou similares (para o alumnado de terceiro ciclo)
Primeiros pasos a web 2.O: Videos youTube, slideshows, bitácora, blogs, (para o alumnado do terceiro ciclo)
Implicación do alumnado nas actividades coas TIC: encargados TIC, suxerencias, dúbidas, posibilidades, intercambio de ideas…
Valoración dos recursos TIC empregados:
4.2.3.- Espacios e recursos
O alumnado de E. Primaria acude á aula de informática, segundo horario establecido unha vez á semana.(coa posibilidade de desdobres sempre que sexa posible). O resto do horario da aula de informática estará a disposición do profesorado especialista, do alumnado-profesorado de E.I, doutras necesidades que xurdan….
Tamén contamos con videoproxector fixo na Biblioteca, Aula de inglés e aula de música o que posibilita o acceso á rede dende estas aulas.
Neste contorno tecnolóxico contamos con moitas aplicacións (relación especificada anteriormente no apartado de “recursos cos que contamos”) que traballan as competencias básicas comúns e transversais do currículo de primaria: colección de Pipo, Gartu, Childtopia…. Cada ordenador (lembramos que contamos con 18 PC conectados en rede e con un acceso moi lento a internet ) ten instalado paquetes de actividades que reforzan distintos aspectos curriculares (JCLIC; Proedu…) unha variada gama software específico que aportan , estenden información e estimulan o interese do alumnado polas novas tecnoloxías (Enciclopedias dixitais , Google Earth,Tux Paint)… e cartafols con actividades de uso dos recursos de internet (actividades concretas para desenvolveren competencias no uso de distintas ferramentas informaticas e na Rede) ….
Para a utilización da PDI contamos con moitas actividades recollidas nun cartafol do escritorio co nome “Actividades pdi”, descargadas principalmente das páxina http://ediga.net/blog/ e http://www.education.smarttech.com/ onde atopamos unha boa recopilación de actividades e aplicacións elaboradas coa ferramenta “Notebook” que se poden aplicar nunha gran variedade de materias.
4.3.-Area de lingua inglesa
Nas clases de lingua extranxeira-inglés- o ordenador é un bo aliado xa que, por unha banda permítenos o aprendizaxe individualizado a partires de CD –ROM interactivos nos que podemos atopar distintos niveis de dificultade (Oscar´s word Fun por exemplo) e, por outra, preséntasenos coma unha fonte inagotable de recursos –material real e auténtico, fichas de actividades, intercambio de coñecementos con rapaces/as doutros países...- (www.Sesame Workshop.org) que reforzan e estenden os contidos curriculares
Existen, pois varias razóns polo que o uso das novas tecnoloxías é especialmente útil no ensino de idiomas extranxeiro dende idades temperás:
.-Ofrecen posibilidades moi ricas para traballar con sons, imaxes, vídeos...-Facilitan o traballo con programas interactivos e o acceso a páxinas web que espertan procesos de reflexión, análise, avaliación…..-Permiten un ritmo de traballo personalizado deseñando traballos según os distintos niveis de competencia lingüística.-Presentan tarefas auténticas en contexto..-Ofrecen a posibilidade de observar a vida real e a cultura doutros paises.-Ofrecen moitas posibilidades de autoavaliación: gravacións e reprodución de lecturas e diálogos
Contamos na aula de informática con gran variedade de CD ROM interáctivos que presentan unha gran selección de actividades graduadas e ben estructuradas en distintos niveis que facilitan o seguimento e a avaliación do alumnado, diferentes opcións para disfrutar de contos, ou divertidas esceas interactivas nas que os rapaces/as poden cantar, debuxar.....
.-Hello Kids 1 and 2 (dende 1º a 6º Primaria)
.-Oscar´s word Fun. (3º Primaria)
.-Let´s go interactive (2º e 3º ciclo de Primaria)
.-Oxford Children´s Enciclopedia (3º ciclo de primaria)
.-Oxford Interactive word Magic (3º Ciclo de Primaria)
.-The Fish who could wish (2º e 3º Ciclo de primaria)
.-Winnie the witch (2º e 3º Ciclo de primaria)
.-Dragons (2º e 3º Ciclo de primaria)
.-A Christmas story (2º e 3º Ciclo de primaria)
Os libros de texto do alumnado de primaria conteñen software de apoio que axuda a desenvolver as destrezas comunicativas e a reforzar contidos curriculares comúns e transversais.Tamen contamos con unha boa recopilación de actividades deseñadas para uso coa pizarra dixital interactiva e que se mostran nun cartafol no escritorio do ordenador.
Na rede atopámonos con portais específicos que nos presentan un novedoso sistema de aprendizaxe a partires de contos
interactivos, xogos, cancións (www.sesameworkshop) tendo por protagonistas personaxes ben coñecidos polos alumnos/as (de Dysney, do mundo do cine ou da televisión) que contribúen ao desenvolvemento de competencias en comunicación oral e escrita dun modo lúdico.
Presentamos, a modo de exemplo, algunhas direccións web útiles para o ensino da lingua inglesa ás que podemos acceder desde a ligazon da páxina web da escola:
INGLÉSPrimary resources Sesame Work ShopBilly bear for kidsOne stop englishKiddonet Kid ZoneBoowakwala Oxfam DLTK School DiscoveryPrimary GamesBBC Fun English.Kaboose recyclezone KidsturncentralLearn for good
.
Black dogkidscom PbskidsCaillou Top EnglishHumpherlinksAgendawebabc gamesLearn EnglishLearning EnglishVocabulary BBC/COBogglesworldInternet for classroom kids discoverykidsfrontLiz´s fingers
Estes web-sites ou portais recollen actividades ó redor de distintos aspectos da lingua extranxeira que podemos usar nas nosas aulas dun xeito moi sinxelo:.-Exercicios gramaticais, de vocabulario, fonética.-Materiais de referencia: di cionarios e páxinas con contidos teóricos que explican aspectos lingüísticos.-Actividades que usan material auténtico: cancións, videos…
Cando os recursos cos que contamos non se axusten ao nivel do alumnado, a ó tema que queremos desenvolver ou non nos
permita atender a diversidade elaboraremos os recursos multimedia axeitados utilizando distintos programas e/ou ferramentas: Memories on TV, Hot Potatoes, Quizfaber, Microsoft Power-point, NotebooK (para o deseño de tarefas para a PDI). Dende o curso 2008/09 temos o noso blog persoal www.piecesofteaching.blogspot.com
Na aula de inglés tamen dispomos dun recanto con ordenador - que o utilizamos principalmente para traballos individuais ou en pequeno grupo (utilizando programas ou recursos informáticos), e dun videoproxector fixo que conectado a un ordenador portátil facilita o acceso á rede e a realización de actividades interactivas en gran grupo