curso 2016-2017 - portal do concello de ames-santiago · pdf fileimportantes: control...

44
CURSO 2016-2017 1

Upload: hoangcong

Post on 24-Mar-2018

241 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

CURSO 2016-2017

1

Page 2: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

ÍNDICE

1.- INTRODUCIÓN.........................................................3

2.- OBXECTIVOS XERAIS.............................................4

3.- PROGRAMACIÓN ANUAL POR AULAS...............5

Programación de aula 0-1anos

Programación de aula 1-2 anos

Programación de aula 2-3 anos

4.- CRITERIOS METODOLÓXICOS..............................44

2

Page 3: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

I.- INTRODUCCIÓN

Este curso 2016-2017 que comeza , a Escola Infantil Municipal “ O BOSQUE”conta con 8 unidades e cada unha delas terá dúas persoas o cargo dosnenos/as. As unidades estarán repartidas do seguinte xeito:

Aulas de 0-1 anos

Aula A Mestra: Ana Porto Educadora: Mª Teresa Patiño

Aula B Educadora: Pilar Souto Educadora: Milagros Villar

Aulas de 1 -2 anos

Aula A Educadora: Mª del Mar Noguera Educadora: Carmen Campos

Aula B Mestra: Rosa Lourido Educadora: Ana Rosa Santos

Aula C Educadora:Sandra Santiso Educadora: Mónica Gómez

Aulas de 2 – 3 anos

Aula A Educadora: Alba Freiria Educadora: Mª del Carmen Outeiro

Aula B Mestra: Rosa Rial Educadora: Araceli Rico

Aula C Educadora: Susana Seoane Educadora: Eva García

Cada idade ten as súas características determinadas e cada nen@ o seu ritmode aprendizaxe propio, tendo en conta todo isto expoñeremos a continuacióna Programación Anual que a Escola levará a práctica durante o curso 2016-2017.

3

Page 4: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

II.- OBXECTIVOS XERAIS

Identificar e expresar as súas necesidades básicas de saúde e benestar,de xogo e de relación e resolver autonomamente algunhas delasmediante estratexias e actividades básicas de coidado, alimentación ehixiene.

Descubrir, coñecer e controlar progresivamente o seu propio corpo, osseus elementos básicos, as súas características, valorando as súasposibilidades e limitacións, para activar de forma cada vez máisautónoma nas actividades habituais.

Relacionarse cos adultos e con outros nen@, percibindo e aceptando asdiferentes emocións e sentimentos que se lle dirixen, expresando osseus e desenvolvendo actitudes de interese e axuda.

Observar e explorar activamente o seu entorno inmediato e oselementos que o configuran e, coa axuda do adulto ir elaborando a súapercepción dese entorno, e atribuíndolle algunha significación.

Regular paulatinamente o seu comportamento en propostas de xogo,de rutinas e outras actividades que lle presenta o adulto, gozando coasmesmas e empregándoas para dar cauce ós seus intereses,coñecementos, sentimentos e emocións.

Coordinar a súa acción coa acción dos outros, descubrindo pouco apouco que os demais teñen a súa propia identidade, as súas pertenzase relacións, e aceptándoas.

Comprendelas mensaxes, ordes que nos contextos habituais se lledirixen, aprendendo progresivamente a regular o seu comportamentoen función deles.

Comunicarse cos demais empreñando a linguaxe oral e corporal paraexpresar os seus sentimentos, desexos e experiencias e para influír notécnicas e recursos máis básicos.

Coñecer algunhas manifestacións culturais do seu entorno, amosandoactitudes de respecto, interese e participación cara elas.

4

Page 5: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

III.- PROGRAMACIÓN

AULAS DE 0 - 1 ANOS INTRODUCCIÓN:

Empezamos este novo curso cos nen@s máis pequerrechinos da escola, osbebés, e vai a ser un ano no que imos a notar unha serie de cambiosvertixinosos a todos os niveis a medida que vaian pasando os meses. Pois otranscurso dun ano na vida de calquera nen@ supón unha serie de cambiossignificativos, pero os primeiros 12/15 meses da vida dun bebé van a supoñera adquisición dos rasgos psicofisiolóxicos fundamentais. Antes de empezar a plantexarnos unha proposta de traballo para este cursodebemos de pararnos a reflexionar con que nen@s imos a traballar e quecaracterísticas presentan, xa que as súas características motoras, cognitivas,de linguaxe e afectivo-sociales van a condicionarnos á hora de programarunha serie de actividades e axudarannos a axustar a metodoloxía de formaaxeitada, potenciando ó máximo as capacidades de cada nen@ en cadamomento. As primeiras etapas da vida son moi importantes, xa non só dende o punto damaduración física, senón tamén dende o punto de vista da aprendizaxe, postoque nestes primeiros meses de vida establécense as aprendizaxes sobre asque se tecerán o resto de experiencias vitais.

Nesta primeira etapa da vida dun bebé os estímulos ós que están expostosson moi importantes e a súa fonte de coñecemento son os sentidos, polo queintentaremos proporcionarlle moitas experiencias sensoriais nas que poidanchupar, tocar, ulir, escoitar…e polas cales conseguirán recibir información doseu entorno. Outras das súas necesidades é o movemento que lle permitirácontrolar o seu corpo e o seu desenvolvemento muscular e físico, polo queintentaremos realizar actividades nas que se exerciten tanto movementos docorpo na súa totalidade , coma os movementos precisos das mans. Aestimulación do bebé prodúcese de forma continua ó longo da xornadaescolar, cada vez que os collemos no colo, cando lles falamos, cando oscambiamos, lles damos a comida, xogamos con eles…

Antes de empezar a plantexarnos a nosa proposta de traballo para este cursoé importante que fagamos un pequeno resumo dos logros que irán acadandoos bebés a medida que vaian cumprindo meses:

Entre os 3 e os 6 meses :

➔ Encántanlle as masaxes.➔ É capaz de soster a cabeza e mantela erguida.➔ Xoga moitos cos seus pes e as súas mans.➔ Aplaude e move os brazos.➔ Mirarnos ós ollos.

5

Page 6: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

➔ Recoñece ós familiares máis próximos.➔ Grita e babea moito.➔ Leva todo á boca, chupa, morde.➔ Sostense sentado con apoio.➔ Alarga a súa man para tomar un obxecto.➔ Atende as palabras que lle dicimos e contesta con sons.

➔ Sorrí ante a mirada dun coñecido.➔ Intenta voltear e levanta o corpo coas mans.

Entre os 6 e 9 meses:

➔ Emite sons cada vez máis articulados.➔ Estira os brazos se facemos ademán de collelos.➔ Deixa caer os obxectos á sua vontade.➔ Incorpórase e séntase só.➔ Leva os dedos dos pés á boca e xoga con eles.➔ Da á volta el só boca abaixo e boca arriba.➔ Balbucea moito.➔ Entende cando lle chamamos polo seu nome.➔ Apoiase nas mans e nos pés.➔ Aprende a usar os dedos.➔ Tira os xoguetes ó chan e experimenta con eles.➔ Mira e observa algo que lle interesa durante bastante tempo.➔ Pode empezar a gatear.

Entre os 9 e 12 meses :

➔ Mostra interese polo que fan os maiores e trata de imitalos.➔ Responde cando se lle chama polo seu nome.➔ Gústalle chupar os dedos.➔ Imita sons e expresións da nosa cara.➔ Pode sentarse cando está parado.➔ Gatea por toda á casa.➔ Incorpórase agarrado ós mobles.➔ Pasa obxectos dunha man á outra.➔ Mete obxectos nun recipiente e sácaos.➔ Gústalle que lle contes contos e atende á conversa.

Unha vez que coñecemos xa un pouco máis ó nen@ de 0 a 1 anosdispoñémonos a realizar a programación para este curso.

PROGRAMACIÓN:

Comenzamos o noso traballo nas clases de 0 a 1 anos contando con un grupode nen@s con idades comprendidas entre os 5 e 8 meses, repartidos en duasclases.

6

Page 7: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Como xa dixemos con anterioridade o primeiro ano de vida caracterízase porser un período no que se suceden rapidamente unha serie de logros moiimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciasea marcha, iniciase na linguaxe oral, adaptación dos sentidos ó entorno,establece as primeiras relacións cos adultos…, en definitiva vanseestablecendo unha serie de condutas básicas para o seu desenvolvementoposterior.

Tendo en conta como se produce a evolución nestes primeiros meses de vidapensamos na nosa programación partindo dun obxectivo fundamental:

Satisfacer as necesidades básicas de alimentación, hixiene,descanso, actividade e afectividade.

Intentaremos que momentos que forman parte da vida cotiá se convertan ensituacións educativas proveitosas, intentando dedicarlle atención a nivelindividual e a través deles traballar de maneira global todo un mundo desensacións e de espertar dos sentidos.

Tódolos coidados e actividades de estimulación que realizaremos cos bebéscomo caricias, miradas, xogos, contactos físicos estarán cargadas de tenrura,afecto, confianza e sensibilidade para que os nosos nen@s se sintan queridos,seguros e vaian creando unha correcta autoestima.

A creación de novos vínculos afectivos é un aspecto moi importante nesteciclo, xa que os nen@s teñen necesidade de establecer unha relación deharmonía coa persoa adulta coa que pasan moitas horas ó día, pois estarelación de apego que establecen cos adultos permitiralla sentir equilibrio eseguridade emocional.

A primeiros de curso marcámonos uns obxectivos e uns contidos que guiarána nosa programación:

OBXECTIVOS:

COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMIA PERSOAL:

Adquirir progresivamente a coordinación das diferentes partes do corpoe manter o equilibrio estático.

Experimentar as sensacións que ofrece o xogo motriz. Coordinar progresivamente ámbalas mans en accións de agarre,soltar,

golpear,enrrugar, apiñar,beliscar, abrir, cerrar… Obter progresivamente un ritmo ordenado na alimentación, descanso… Mostrar unha boa disposición por probar novos alimentos e aceptar os

cambios que sofre de forma progresiva a alimentación. Manifestar as propias necesidades: sono, fame, dor… Gozar das propias conquistas e logros. Esforzarse en adquirir destrezas que lle axuden a desprazarse, gatear,

dar a volta, incorporarse, iniciala marcha… Estimulalos sentidos.

7

Page 8: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Ser capaz de relaxarse e gozar das masaxes como técnica dedesenvolvemento sensorial e interacción social.

Sentir curiosidade pola manipulación dos obxectos que poñemos ó seualcance.

Ser capaz de centrar a atención cando te dirixes a el en especial.

COÑECEMENTO DO CONTORNO:

Recoñecer as persoas do contorno inmediato: familia, compañeiro@s,profes…

Experimentar a percepción de estímulos sensoriais coa manipulación dedistintos materiais e obxectos.

Gozar da presenza dos compañeiros e das persoas coas que convivehabitualmente.

Demostrar afecto polas persoas do seu entorno. Ser capaz de durmirse no seu berce sen estar presente un adulto. Ser capaz de adaptarse as pequenas rutinas e actividades diarias. Saudar e despedirse de maneira axeitada á súa idade. Sentir necesidade de experimentar con distintos xoguetes e materiais. Recoñecer algún animal e o son que emite: can, gato,vaca… Gozar coas celebracións que realizamos na escola.

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN.

Recoñecelos sons que emite o propio corpo: rir, chorar, tusir… Interpretar os xestos e a linguaxe das persoas que os rodean. Emitir sons e algunhas palabras sinxelas. Localizar a fonte do son en calquera dirección. Gozar das audicións musicais. Moverse ó ritmo da música. Sentir gusto á hora de manipular e escoitar contos. Manifestar diferentes estados emocionais: relaxación, tristura, alegria Recoñecer ritmos e melodías. Experimentar a sensación que produce a manipulación de distintos

materiais, obxectos…de pracer ou disgusto pola textura, consistencia… Interesarse por participar nas actividades propostas. Manter unha actitude de busca e descubrimento para resolver

dificultades.CONTIDOS:

COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMIA PERSOAL:

Bloque 1: O corpo.

Control e coordinación dos movementos do corpo. Coordinación das mans en accións de agarrar, soltar… Exploración e identificación do propio corpo. Estimulación dos sentidos: gusto, vista, ulido, tacto, oído.

Bloque 2: A identidade,a autoestima e as emocións.

8

Page 9: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Identificación do seu propio nome e do dos demais. Experimentación das diferentes sensacións que proporciona o xogo e o

movemento. Identificación do que gusta e do que non gusta. Ampliación dos lazos afectivos con outras persoas adultas, para obter

axuda e seguridade. Gozo dos propios logros e conquistas.

Bloque 3: O coidado persoal.

Mantemento do ritmo establecido na alimentación e no descanso. Recoñecemento da comida como feito pracenteiro e non só

nutricionista. Iniciativa na comida autónoma. Regulación progresiva dos ritmos de sono-vixilia, actividade-descanso,

acción-relaxación.

COÑECEMENTO DO CONTORNO.

Bloque1: O medio físico.

Experimentación das características dos materiais a partir damanipulación e exploración: textura, cor, son…

Localización de estímulos do entorno. Recoñecemento dalgúns obxectos do uso cotiá: biberón, babeiro,

chupete, culler,cueiro.

Bloque 2: Achegamento á natureza.

Recoñecemento dos animais máis comúns. Identificación de fenómenos meteorolóxicos: chuvia, sol, neve… Curiosidade por tocar, observar distintos animais domésticos e distintas

prantas.

Bloque 3: Cultura e vida en sociedade.

Identificación dos xestos de saúdo e despedida. Recoñecemento das persoas do contorno próximo: compañeir@s,

profes… Coñecemento de distintos aspectos da escola. Interese e curiosidade polos acontecementos que suceden ó seu

arredor.

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN.

Bloque 1: Comunicación xestual e oral.

Comprensión das intencións comunicativas dos demais por medio dexestos e da entoación.

9

Page 10: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Comprensión de ordes sinxelas. Emisión de algunhas onomatopeias. Emisión de sons e algunhas sílabas sinxelas.

Bloque 2: Expresión plástica e musical.

Participación activa na interpretación e escoita de cancións e dexogos musicais.

Experimentación das distintas sensacións producidas polos distintosmateriais e obxectos cos que entran en contacto.

Interese e gozo pola experimentación e creación de obras plásticasmoi sinxelas.

Exploración das posibilidades sonoras do propio corpo, de obxectoscotiás e de instrumentos musicais.

Recoñecemento de sons do contorno máis próximo.

Bloque 3: Representación escrita e dramática.

Interese e gozo á hora de mirar os libros e escoitar a sua lectura. Interese e gozo á hora de participar en representacións dramáticas.

ACTIVIDADES:

A continuación nomearemos algunhas das actividades que realizaremos ólongo de todo o curso dividíndoas por trimestres:

ESQUEMA DE ACTIVIDADES:

SETEMBRO :

Período de adaptación.PRIMEIRO TRIMESTRE:

Libro “ O meu primeiro ano “. Cesto dos tesouros. Taller de masaxes. Magosto. Samaín. Nadal. Experiencia con globos e botellas recheas de legumbres. Experiencia con froitas do outono : laranxa, mandarina, limón…

SEGUNDO TRIMESTRE:

Libro “ O meu primeiro ano “. Continuación. Cesto dos tesouros. Continuación. Entroido. Día da Paz. Día do Pai.

10

Page 11: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Confección do mosaico de texturas. Experimentamos. Experiencia con espagueti cru e cocido e xelatina.

TERCEIRO TRIMESTRE:

Libro “ O meu primeiro ano “. Continuación. Cesto dos tesouros. Continuación. Día da Nai. Día do libro. Xornadas de portas abertas . Mes da arte. Experiencia coa pintura. O cacho. Experiencia con auga e xeo e xeado de froitas.

A continuación mencionaremos algunhas das actividades que realizaremos ólongo de todo o curso:

PRIMEIRO TRIMESTRE:

Empezamos o primeiro trimestre co mes de setembro que é un dos máis“difíciles” de todo o curso pois temos que adaptarnos todos a unha novasituación. Ver Anexo. Este mes de setembro vainos a servir tamén para observar o comportamentodos nen@s e o momento evolutivo no que se encontran e así poder facer unhaavaliación inicial que nos permita saber de onde partimos.

Tendo en conta isto, plantexarémonos as seguintes actividades para esteprimeiro trimestre:

Recibimos os nosos nen@s de forma cariñosa sempre cun sorriso esaudándoos polo seu nome.

Unha vez que colocamos as súas prendas de abrigo e a mochila nasúa percha revisaremos a axenda para saber que información nostransmiten os seus pais e que nos pode axudar a planificar mellor o díade cada nen@.

Realizamos as rutinas de cambios de cueiros, alimentación, hixiene edescanso sempre que sexa necesario.

Teremos sempre a música sempre presente nas nosas clases, ben sexapara relaxarnos e tranquilizarnos ou para animarnos a facer calqueraactividade máis movida.

Sempre que non veñan días de moito frío e espir o nen@ non supoñaunha sensación desagradable para el, utilizaremos as masaxes comotécnica para o desenvolvemento sensorial e interacción afectiva.

Xogaremos a balancealos nas nosos brazos. Colocamos ó bebé diante do espello para que se vexa e nos observe a

nós tamén.

11

Page 12: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Deitámolos nas colchonetas para que xoguen nos ximnasios e nasmantas de actividades.

Ofrecerémoslles xoguetes que emitan sons axudándolle a premer nosdistintos botóns para que nos sorprendan con distintas melodías.

Intentaremos poñer diante deles xoguetes atractivos para que seesforcen en desprazarse, cada un dentro das súas posibilidades, paraalcanzalos.

Ofrecerémoslles xoguetes ou obxectos de tamaño axeitado para que osmanipulen: os agarren, os cambien de man, os chupen, os solten…

Balancearémolos deitados sobre un balón grande, aguantándoos paraque non caian..

Deitarémolos na colchoneta boca a baixo e intentaremos que levanten acabeza buscándonos segundo por onde lles falemos.

Xogamos a esconder obxectos diante deles e logo encontrámolos. Os que xa se aguanten sentados poderán estar sentados nas

colchonetas e manipular axóuxeres, obxectos brandos que poidanchupar,peluches suaves, xoguetes musicais…

Os máis pequeniños que non se aguanten sós estarán sentados nosbumbos manipulando os obxectos dos ximnasios, os mordedores, osaxóuxeres…

Xogamos con eles colléndoos por debaixo dos brazos e levantámolosfacendo movementos de arriba a baixo facendo que toquen o chan cosseus pes.

Facemos actividades psicomotoras para adquirir mobilidade nasextremidades, no pescozo, levantala cabeza, dala volta, sentarse…

Sentámolo nen@ nos nosos xeonllos e agarrámolo polas costas emirando cara nós xogamos con el.

Todas estas actividades e outras que poidamos realizar sérvennos paraexercitar os reflexos, o ton muscular, coller dominio das posturas, estimulalossentidos, iniciarse na linguaxe, investigalo entorno, socializarse e adquirirnovos logros.

Ademais destas actividades concretas plantexaremos outras que levaremos acabo ó longo de todo o curso na clases de bebés e outras nas queparticiparemos, dentro das nosas posibilidades, e que se programarán a nivelda escola:

Cesto dos tesouros : teremos nas nosas clases un cesto atractivo paraeles no que teremos obxectos da vida cotiá con distintas texturas,formas, volumes, cores, consistencias, pesos, sons… que iremoscambiando en función dos intereses do momento ou a medida que sevaian deteriorando. Serán obxectos que non sexan perigosos para elese que favorezan a investigación a través de accións como as de agarrar,lamber, golpear, tirar, observar, morder…Esta actividade realizarémola ólongo de todo o curso cambiando os obxectos en función dos interesesdo momento.

Masaxes: utilizaremos a masaxe como técnica para o desenvolvementosensorial e interrelación afectiva. Utilizaremos unha técnica sinxela einofensiva, buscando a postura máis cómoda que será deitando ó

12

Page 13: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

nen@ sobre unha toalla e enriba dunha colchoneta e a profe fronte a élpara realizalos exercicios. Realizarémola masaxe por partes do corpopara que a sesión non se prolongue moito e non ter que ter o nen@espido durante moito tempo. A técnica basease nunha secuenciaordenada de toques e movementos polas diferentes partes do corpo.Os movementos realizarémolos de maneira firme empezando polacabeza e rematando polos pes a un ritmo constante e controlando apresión dos dedos. As masaxes tranquilas axudarannos a estimulalacirculación, o sistema inmunitario, o desenvolvemento muscular e aprodución das hormonas do crecemento. E ó mesmo temposervirannos como unha forma de linguaxe pois nos primeiros docemeses de vida o tacto é case unha linguaxe, ó mesmo tempo queestableceremos unha forma de interaccionar.

Libro “ O meu primeiro ano” : ó longo de todo o curso iremos facendoun libro no que iremos recollendo algúns dos momentos máisimportantes nos que o nen@ participa na escola. Neste libropretendemos deixar constancia das primeiras experiencias do nen@ naescola. Entre os pais e nós encherémolas súas páxinas poñendocomentarios a medida que o curso avance.

Tamén intentaremos participar, dentro das nosas posibilidades, enactividades que se fan a nivel de toda a escola dentro deste trimestrecomo son:

Magosto/Samaín: aproveitaremos os cambios no noso contorno paramanipular froitos típicos desta estación como son: o millo, as castañas,as piñas, as cabazas, as follas…

Nadal: na escola celébrase este acontecemento e nós participaremosdisfrutando do colorido, dos estímulos visuais e sonoros. Eofrecerémonos para participar cunha pequena colaboración no festivaldo Nadal. E faremos unha manualidade sinxela para levar para a casa eempezar así a traballar coas nosas mans con materiais diferentes.

SEGUNDO TRIMESTRE:

Empezamos este segundo trimestre con nen@s que xa experimentaron unhaserie de cambios significativos e algúns xa estarán a punto de cumprir o seu 1ºano. Ó longo destes catro meses seguro que xa se produciron moitoscambios en tódolos aspectos e xa deixaron atrás unha etapa de adaptación ecomenzan outra na que de seguro se producirán grandes logros.Ó longo deste trimestre repetiremos moitas actividades xa realizadas enmeses anteriores para afianzar destrezas e adquirir aquelas que non foi posibleconseguir, pero tamén realizaremos outras que nos axuden a desenvolvernovas capacidades.

Colocámolos en posición de gateo e intentamos avanzar.

13

Page 14: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Si son capaces de gatear, arrastraranse para chegar ó sitio desexado ealcanzar o que buscan.

As profes axudámolos a avanzar colléndoos polos brazos e intentandoque dean pasiños.

Poñémolos de costas á parede e cos brazos estirados chamámolospara que intenten chegar a nós.

Poñémolos cara ó espello agarradiños á barra para que se movan. Dámoslles os correpasillos para que se movan pola clase. Introduciremos a rutina de tomala galleta sentadiños, no sitio que as

profes nos digan. Escoitamos contos e miramos fotos. Xogaremos con animaliños e imitamos o seu son. Facemos experiencias con espaguete cru e cocido e con xelatina. Empezamos a saír ó patio grande e investigamos que podemos facer e

que xoguetes novos hai. Manipularemos xogos nos que facemos torres e despois tirámolas. Metemos pezas dentro de caixas e despois sacámolas. Xogamos ás agachadas detrás da cortina que temos no moble. Metémonos dentro dentro de caixas grandes e coa axuda das profes

saímos. Xogamos con plásticos de borbullas. Facemos auga de cores mesturando pintura con auga e despois

metémola en botellas que podemos botar a rodar. Xogamos no mosaico de texturas, descalzos imos pisando sobre

distintas superficies con distintas texturas. Facémoslle un agasallo a papá para celebrar o Día do pai. Preparámolo Entroido e participamos na festa. Xogamos con pelotas de distintos tamaños. As profes balancéannos nunha manta. Celebrámolos aniversarios cun biscoito para soprar a nosa primeira

vela. Celebrámolo Día da Paz. Seguimos completando “O libro do meu 1º ano “. Continuamos co cesto dos tesouros.

TERCEIRO TRIMESTRE:

Xa neste último trimestre do curso case todos teñen cumplido o seu primeiroano e xa algúns camiñan bastante ben e outros están a punto de conseguilo. Como no trimestre anterior seguiremos repetindo actividades para afianzardestrezas e introducindo outras para seguir evolucionando segundo ascaracterísticas de cada un.

Investigaremos cos xoguetes que temos na clase: animaliños,construcións, comidiñas, bonecos,peluches…

Empezaremos co xogo simbólico e xogaremos a darlle de comer asbonecas e poñelas a durmir.

Se o tempo o permite sairemos ó patio de fóra á xogar ó aire libre. Contaremos moitos contos . Experimentamos con xeados e auga.

14

Page 15: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Metemos e sacamos cousas das caixas. Empezamos a axudar ás profes a recoller os xoguetes. Investigamos como se pinta coas mans con pinturas de distintas cores. Faremos garabatos con ceras. Xogamos con papeis de distintas cores e texturas. Celebramos o Día da Nai facéndolle un pequeno agasallo. Xogamos na mesa da auga. Facemos pompas de xabón. Participaremos na celebración do Día do Libro. Probaremos distintos alimentos para distinguir sabores. Conversaremos moito sobre distintos temas. Participaremos no Mes da Arte. Faremos algunhas manualidades e cada vez xa lle axudaremos menos. Esperamos que as familias se animen a participar con nós nas

Xornadas de Portas Abertas. Celebrarémolo Cacho na véspera de San Xoan. Seguiremos traballando e completando o libro “ O meu primeiro ano “. Outras moitas actividades que vaian xurdindo e nos parezan

interesantes.

Estas son algunhas das actividades que temos previsto realizar ó longo docurso. Levarémolas acabo de maneira flexible, sempre e cando ascircunstancias e o momento evolutivo dos nosos nen@s sexa o axeitado.Chegado o momento modificaremos todo aquilo que consideremos necesarioe ampliaremos algunhas actividades si a evolución dos nen@s o require.

ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS

Como xa explicamos na nosa introdución neste primeiro ano de vidaacontecen unha serie de cambios moi importantes e rápidos que condicionano posterior desenvolvemento do noso cativo. Consegue grandes logros comocontrol cefálico, voltea, séntase, arrástrase, incorpórase, agarra, coordinaciónvisomotora, evoluciona na maduración dos sentidos, emite sons, establecerelacións cos demais nen@s e cos adultos, mostrase interesado por todo oque o rodea, mostrase atento os estraños …Partindo desta evolución preparamos o noso contorno para satisfacer asnecesidades básicas como obxectivo fundamental e de seguido estimularos sentidos para que aprenda todo sobre o mundo que o rodea.Cando realizamos actividades para satisfacer as súas necesidades estamoscontribuíndo a estimular todos os sentidos e o seu desenvolvemento.Crearemos un espazo adaptado as súas necesidades: espazos para odescanso e a alimentación, íntimos, agradables e acolledores; espazospara o xogo e o movemento, libres de obstáculos, que poidan desenvolverdestrezas motrices; espazos con elementos decorativos alegres, obxectosde diferentes formas, texturas, cores, para manipulalos e exploralos. Ademaisserán espazos que poidamos adaptalos as necesidades cambiantes do bebé.O tempos serán moi flexibles e adaptados a cada un. Estarán marcados poloseu ritmo persoal e as súas necesidades. Pouco a pouco iremos establecendopequenas rutinas relacionadas coa alimentación, a hixiene, o descanso pero

15

Page 16: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

debemos dedicar un tempo a momentos privilexiados para as relaciónsafectivas .Para poder organizarnos necesitamos a colaboración das familias.Pretendemos que a escola sexa unha continuidade da vida familiar.Precisamos información facilitada pola familia e no Período de Adaptaciónobservaremos o comportamento de cada bebé para coñecer o momentoevolutivo no que se encontra e poder adaptar as nosas actividades a cadanen@ en particular. Estaremos en contacto por medio da Axenda Escolar, entitorías e nos momentos que ámbalas partes consideremos oportuno.

PROGRAMACION AULAS DE 1 a 2 ANOS

INTRODUCIÓNIniciamos esta programación para o curso 2016-2017 con 37 nen@s deidades comprendidas entre os 8 e os 20 meses. Estarán distribuídos en tresclases:

CLASE A; Estarán os máis pequeniños. Teñen entre 8 e 14 meses. CLASE B; Teñen entre 16 e 20 meses. CLASE C; Teñen entre 14 e 19 meses.

Dada a diferencia de idade entre eles intentaremos distribuír o noso traballo enfunción das características individuais.Parte dos nen@s xa estiveron con nós o ano pasado pero moitos outros sonde novo ingreso. O longo do PERIODO DE ADAPTACIÓN observaremos omomento evolutivo no que se encontran para adaptar esta programación assúas características.De seguido mencionamos unha serie de logros que conseguen os nen@s de 8a 12 meses:

Descobren o espazo arrastrándose ou gateando. Permanecen sentados sen apoio. Empezan a sentir a verticalidade. Utilizan os dedos índice e polgar para agarrar cousas pequenas. Os seus sentidos teñen un alto grao de precisión aínda que debemos

estimulalos. Recoñecen a súa educadora e mostran un vínculo afectivo moi

importante con ela. Necesitan a súa presenza cerca. Recorren todo o espazo avanzando en coordinación e destrezas. Mostran certa curiosidade cos compañeiros. Aprenden manipulando os obxectos aínda que o seu interese está

centrado na acción do corpo. As mans e a boca son un instrumento moiimportante para a exploración.

Comunicase por medio dos xestos, movementos e sons.

Dos 12 ós 18 meses é todo curiosidade. Busca e experimenta por iniciativa propia. Descobre o espazo e explórao co inicio da marcha. Consegue cada vez máis equilibrio e axilidade. Avanza moito en destrezas cas súas mans. Colabora en moitas actividades e gústalle experimentar. Move e despraza obxectos.

16

Page 17: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Xa é capaz de xogar só máis tempo e mesmo mostra complicidade coscompañeiros.

Intenta defenderse cando intentan quitarlle os xoguetes. Comprende gran parte do que se lle comunica. Empeza a opoñerse a todo.

Dos 18 ós 24 meses entra na etapa da imitación. Descobre que a causa produce un efecto despois de ensaiar varias

veces. Progresivamente vai aparecendo a linguaxe. Repite todo o que lle din. Móvese e desprazase con moita axilidade polo espazo. Vai adquirindo maior habilidade manual. Mostra moito interese polas actividades e pola manipulación de

materiais. Xoga moito tempo só pero o mesmo tempo encántalle xogar xunto ós

compañeiros. Aparecen as pelexas e pateaduras. Compre que resolva só pequenos

problemas. Mantén a atención durante períodos máis longos de tempo. Comprende ordes sinxelas e tamén o “non”. Descobre a súa identidade e percibe as súas diferenzas cos demais.

O longo deste segundo ano de vida trataremos de dar resposta educativa asnecesidades e os intereses dos nosos nen@s:

Necesidades físicas e de actuación; experimentan grandes cambios edemandan variados coidados e atencións. Necesitan alimentarse, estarlimpos, xogar o aire libre, moverse e descansar, estar cómodos, actuarsobre os obxectos e demais elementos do medio.

Necesidades afectivas; necesitan máis que nunca a proximidade doadulto e sentirse queridos, confiados e seguros.

Necesidades de socialización; interactuando cos iguais e co adultoinician a súa inserción social, constrúen a súa imaxe e identidade eestablecen os primeiros vínculos afectivos.

Necesidades de experimentación e aprendizaxe; a estas idades ospequenos dedican todo o seu tempo a xogar, experimentar e vivirsituacións de aprendizaxe.

As características desta etapa están en continua evolución. Os ritmos deaprendizaxe e maduración son moi distintos duns nen@s a outros.

Como xa mencionamos anteriormente temos unha clase onde hai nen@s queteñen menos dun ano neste primeiro trimestre. Aproveitaremos o período deadaptación para observar o momento evolutivo no que se atopan. Naprogramación do primeiro trimestre formularemos obxectivos, contidos eactividades apropiados as súas características.

A nosa proposta de traballo está centrada nas experiencias. Por medio daexperimentación con diferentes materiais de desfeito, da vida cotián, alimentosetc. Pretendemos que os nen@s actúen sobre eles e descubran as súascaracterísticas, estimulen os sentidos e adquiran habilidades e destrezas.

17

Page 18: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

PROGRAMACIÓN

Despois de describir de maneira resumida as características e necesidadesdeste momento evolutivo pasamos a formular os obxectivos para a etapa dosegundo ano de vida.

OBXECTIVOS

COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL

Comezar a formar unha imaxe positiva de si mesmos.Identificar as súas necesidades básicas de saúde e benestar.Progresar no coñecemento do seu propio corpo.Identificarse a si mesmos como persoas.Desenvolver as habilidades motrices básicas.Estimular os sentidos corporais: ulir, ver, observar, escoitar, tocar, gustar para

descubrir sensacións e percepcións por medio da exploración dosobxectos.

Controlar progresivamente xestos e movementos relativos a súa idade.Aprender progresivamente a demostrarlle ós demais os sentimentos e as

emocións. Adquirir autonomía progresiva nas actividades relacionadas ca vida cotián e a

satisfacción das necesidades básicas.Identificar e expresar as necesidades de coidado, alimentación, hixiene e

saúde.Orientarse progresivamente nos espazos cotiáns.Aceptar normas de comportamento establecidas durante as comidas,

desprazamentos, descanso, hixiene.Participar activamente nas diferentes propostas de xogo.Manter e dominar o equilibrio.Exercitar a flexibilidade.Favorecer a coordinación oculo-manual.Superar temores ante o descoñecido.

COÑECEMENTO DO CONTORNO

Observar e explorar activamente o entorno no que se desenvolve a vidacotián cos medios o seu alcance.

Iniciarse no coñecemento das normas e modos de comportamentosocial dos grupos dos que forma parte.

Ser cada vez máis autónomo no ámbito escolar e familiar establecendorelacións de afecto e cariño cos compañeiros, profes e membros dafamilia.

Participar con interese nas celebracións, festas e actividades culturaisque se organizan.

Explorar os obxectos e clasificalos atendendo a criterios moi sinxelosque poida percibir a través dos sentidos.

Identificar algunhas das funcións dos obxectos que utilizamos nasactividades cotiáns. Aprender a utilizalos adecuadamente.

Ser capaz de orientarse nos espazos máis comúns: escola, casa.

18

Page 19: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Observar e explorar o entorno natural descubrindo os cambios que seproducen ca chegada das diferentes estacións.

Coñecer algunhas características básicas da familia e da escola comoprimeiros grupos sociais.

Mostrar curiosidade e respecto polos animais e plantas do entorno ecolaborar no seu coidado.

Descubrir algunhas características básicas dos animais e plantas. Cumprir ordes e instrucións sinxelas. Aceptar a presenza e compañía dos outros. Comezar a compartir os xoguetes e materiais.

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

Comprender progresivamente as palabras e mensaxes emitidos poloscompañeiros e adultos do entorno en situacións habituais.

Adquirir progresivamente a linguaxe oral e a pronunciación correctaentendendo a mensaxe dos demais e sentindo desexo de comunicarsecon eles.

Iniciarse no coñecemento de normas básicas como mirar a quen chefala, escoitar, gardar silencio, esperar a quenda …

Interesarse polas imaxes e textos escritos. Aumentar a capacidade de atención. Participar nas actividades de xogo e dramatización. Reproducir algunhas cancións moi sinxelas e imitar xestos e participar

nas actividades musicais da clase Iniciarse na exploración e utilización de materiais , instrumentos,

técnicas e soportes da linguaxe escrita. Realizar diferentes desprazamentos adaptando o corpo ó espazo. Iniciarse na discriminación de ruídos e sons da vida cotián ( rúa, casa, a

natureza, os animais, os xoguetes, os medios de transporte …)

CONTIDOS

COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL

Bloque 1. O corpo.

Características diferenciais do propio corpo. Elementos do corpo: cabeza, mans, pés, cara, ollos, nariz, … Movementos e posturas do corpo. Educación da man, movementos finos. Control postural. Xogos sensoriomotrices. Coordinación e control progresivo das actividades que impliquen

movementos globais. Adecuación progresiva do ton muscular e da postura as características

dos obxectos, da acción e da situación. Gusto polo exercicio físico e o movemento. Estimulación dos sentidos como fonte de sensacións. Progresiva discriminación de olores, sabores, sons, cores, texturas.

Bloque 2. A identidade, a autoestima e as emocións.

19

Page 20: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Identificación do propio nome co grupo familiar ó que pertence. Manifestación das emocións propias e identificación das dos demais. Gusto por manifestar afecto os demais e actitude positiva ante as

demostracións dos demais. Control progresivo das emocións e dos sentimentos. Actitude de espera a ser atendido. Iniciación na regulación da propia conduta a diferentes situacións.

Bloque 3. O coidado persoal.

- Necesidades básicas do corpo: hixiene, alimentación e descanso.- Colaboración, na medida das súas posibilidades, nas tarefas para cubrir

as súas necesidades básicas.- Actividades da vida cotián.- Solicitude de axuda cando sexa preciso.- Autonomía progresiva no aseo: lavado de mans e cara, o nariz,

recoñecer que está sucio.- Regulación do ritmo de vixilia e sono, actividade e descanso, acción e

relaxación.- Incorporación progresiva dalgúns tipos de alimentos.- Hábitos de alimentación saudable.

COÑECEMENTO DO CONTORNO

Bloque 1. O medio físico

Exploración e manipulación dos obxectos, materiais a través dossentidos e das accións que se poden realizar con eles.

Desexos de compartir e coidar os xoguetes. Obxectos relacionados ca alimentación, co vestido e co aseo. Orientación progresiva autónoma nos espazos nos que se desenvolve. Inicio na clasificación de obxectos segundo as súas características. Curiosidade por descubrir as cores : vermella, amarela e azul. Tamaños: grande e pequeno. Discriminación oral da situación espacial dos obxectos. Recoñecemento dalgunhas características do entorno próximo: a casa,

a escola, a rúa. Discriminación dalgúns medios de transporte: coche, tren, barco, avión

Bloque 2. Achegamento a natureza.

Curiosidade por observar o medio natural. Gusto polas actividades ó aire libre. Observación do tempo e discriminación de fenómenos atmosféricos

comúns: chuvia, sol, frío, vento. Animais e plantas do entorno próximo: características básicas e

coidados.

20

Page 21: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Cambios que se producen no entorno ca chegada das diferentesestacións.

Bloque 3. Cultura e vida en sociedade

Identificación e recoñecemento de si mesmo, dos compañeir@s e dasprofes.

Identificación dos membros da súa familia. Aceptación das normas que rexen o grupo familiar e escolar. Interese polos acontecementos que acontecen o se arredor. Participación en festas, costumes e tradicións propias do noso entorno:

Magosto, Nadal, Entroido … Adquisición de habilidades sociais: saudar, despedirse, agradecer, …

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

Bloque 1. Comunicación oral e xestual.

A linguaxe oral como medio de comunicación: choro, risa, imitación desons, emisión de palabras ..

Adquisición progresiva da linguaxe oral e da entoación e pronunciaciónda nosa lingua.

Recoñecer e utilizar as posibilidades do corpo para comunicarse. Coordinación de movementos nos desprazamentos. Experimentación das posibilidades expresivas do propio corpo. Formas socialmente establecidas para saudar despedirse, agradecer. Utilización progresiva do xesto e a lingua oral para comunicarse,

expresar necesidades e desexos.

Bloque 2. Expresión plástica e musical.

Gusto por utilizar os materiais e técnicas de expresión plástica enfunción das súas posibilidades.

Destrezas: estampar, arrastrar e estender pintura, pegar papeliños,modelar, esborranchar, colorear, …

Gusto por escoitar e cantaruxar as cancións e imitar os xestos. Discriminación de son e silencio, forte e suave … Identificación de sons producidos polo corpo, de elementos da rúa,

dos animais, dos medios de transporte, de instrumentos musicais … Participación en bailes sinxelos. Utilización libre de instrumentos musicais.

Bloque 3. Representación escrita e dramática.

Interese pola manipulación de libros, murais, fotos … Atención a audición de contos lidos polo adulto. Textos de tradición oral: poesías, contos … Participación en diferentes xogos lingüísticos: teatriños, adiviñas … Coidado no uso dos libros e manexo progresivo autónomo dos

mesmos.

21

Page 22: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Gusto por actividades de dramatización, imitación, danza, xogos depsicomotricidade e outros xogos de expresión corporal.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Autonomía e iniciativa persoal:5. Comezar a coñecerse e valorarse a si mesmos.6. Expresar emocións, sentimentos, necesidades e intereses.7. Adquirir autonomía nas rutinas de hixiene, alimentación e descanso.

Coñecemento e interacción co mundo físico:9. Explorar e manipular obxectos e materiais. 10.Recoñecer a escola e a súa clase.

Competencia social:12.Coñecer e interactuar cos compañeiros e profes

Comunicación lingüística: 14.Progresar na adquisición da lingua.

Aprender a aprender.

ACTIVIDADES POR TRIMESTRES

SETEMBRO

PERIODO DE ADAPTACIÓN. Ver Anexo

PRIMEIRO TRIMESTREOUTUBRO

QUÉN SON EU E TÍ QUEN ES? Presentamos a nosa mascota: QUICA. Coñecemos a nosa escola, ós amiguiños e ás profes. Experimentamos co millo, cas uvas e cas cabazas. Celebramos o Samaín. Descubrimos xogando: xogo heurístico.

NOVEMBRO

XOGO CAS FOLLAS CAS MANS E COS PÉS

Experimentamos cas follas e froitos de outono. Celebramos o Magosto. Receita de outono: pan de noces Plantamos bulbos

DECEMBRO

TEMOS FRIO, CHEGA O NADAL. Manipulamos e probamos froitas de inverno: mandarinas, laranxas,

pomelo, limóns. Facemos unha receita relacionada cos froitos anteriores. Festival de Nadal.

22

Page 23: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Experimentamos ca cor vermella. Xogamos con caixas de cartón.

SEGUNDO TRIMESTRE

XANEIRO

QUICA, QUÉRES XOGAR? Experimentamos con cousas quentes e frías. Xogamos con cubos de xeo de cores. Celebramos o Día da Paz. Receita: facemos chocolate con leite. Xogamos ca chuvia no patio.

FEBREIRO

É ENTROIDO, IMONOS DISFRAZAR Preparamos o disfrace. Maquillámonos e xogamos cos disfraces Xogamos con confeti. Horto: Sementamos flores e hortalizas. Receita de Entroido. Amasamos

MARZO

QUÉN SE AGACHA NA GRANXA? Día do Pai. Xogamos ca cor amarela Receita con produtos que proporcionan os animais. Pintamos con calzas de burbullas. Xogamos con papeis de xornal

TERCEIRO TRIMESTREABRIL

A MIÑA FAMILIA É ESPECIAL Día do libro. Semana dedicada os avós. Xornadas de portas abertas. Fotos da familia. Receita: Feita pola familia Preparamos o regalo para mamá.

MAIO

SOMOS ARTISTAS Experimentamos cas diferentes técnicas plásticas. Pintura para pequenos artistas. Xogamos ca cor azul. Día da Nai. Experiencia con papeis de celofán.

23

Page 24: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Xogos con lanternas: luz, escuridade, día, noite, sol, lúa. Excursión .

XUÑO

QUE CALOR...ÍMONOS REFRESCAR Xogamos ca auga e ca area. Experiencia con froitas de temporada. Receita: batidos Cacho

ACTIVIDADES

SETEMBROComeza o curso e ó longo deste mes levaremos a cabo o PERÍODO DEADAPTACIÓN. Anexo.A incorporación será progresiva previamente organizada, comunicándolle asfamilias as quendas correspondentes. Aproveitaremos este período para observar os nosos nen@s e partindo dainformación facilitada polas familias avaliaremos o momento evolutivo no quese atopan para poder realizar a Programación do Primeiro Trimestre.

PRIMEIRO TRIMESTRE

OUTUBROXa levamos un mes de curso. Confiamos que durante este mes os nososcativos se foran adaptando pero sabemos que o Período de adaptación é unproceso e cada nen@ necesita un tempo determinado. Tendo isto presente,iniciamos outubro dedicando especial atención a aqueles que aínda lles costavir a escola e polo tanto as actividades serán máis flexibles adaptándonos ascaracterísticas individuais.Trataremos de establecer unhas rutinas que nos axudarán a organizarnos e atomar conciencia do espazo e do paso do tempo.

QUÉN SON EU E TÍ QUÉN ES?

Eliximos este tema para traballar este mes porque nos parece importante ircoñecendo os nomes dos amiguiños, das profes, da nosa mascota,coñecer as dependencias da escola, os nen@s da clase de maiores e ospequeniños. Tamén as profes dos outros grupos así como persoal de cociña,servizos xerais e dirección.A continuación citamos algunhas das actividades que realizaremos o longodeste mes:

Rutinas: recibimento, asemblea, hora da galleta e auga, hixiene, saída opatio, momento do conto, xogo libre, ... Hai uns momentos estipuladospara a realización de certas actividades que nos axudan a organizarnose a tomar conciencia do paso do tempo e tamén do espazo.Dedicaremos todo o tempo necesario para satisfacción dasnecesidades básicas de hixiene, descanso, alimentación, consolar o

24

Page 25: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

que está triste, acariñar e ter un momento especial para dedicarlle acada un.

A medida que van chegando a escola sacamos o abrigo, colocámolona percha de cada un xunto cas súas pertenzas. Poñemos o mandilón.Isto axúdanos a recoñecer as nosas cousas e o lugar destinado a elas.

As profes miran a axenda para saber o que nos contan as familias. As 9:30 sentámonos en asemblea e conversamos, dicimos o noso

nome, o das profes, miramos quen falta por chegar... Facemos partícipe das nosas conversas a QUICA a nosa mascota . É

unha galiña de peluche e vai acompañarnos en moitos momentos daxornada. Tamén acompañará o nen@ a casa no seu aniversario. Ospapás e mamás sacarán fotos da experiencia e pegaranas nun folio.Logo traeranas a clase para ensinarllas os demais nenos. O remate dotrimestre lévanas a casa como recordo.

Xogaremos con cacharriños, comidiñas, bonecos, animais, pelotas emoitos xoguetes que temos na clase.

Iremos de visita as diferentes dependencias da escola para coñecer osamiguiños mais pequenos e tamén os maiores, á cociña, dirección ...

Cantaremos, escoitaremos música e imitaremos xestos. Xogamos cas pelotas, cas construcións, con puzles, xogos de

encaixe ... Todos os días a volta do patio contaremos un contiño, miraremos unhas

fotos, murais etc. Un día a semana faremos unha actividade de xogo heurístico. Consiste

en explorar obxectos de diversos materiais e texturas. Faremos experiencias con millo, uvas e cabazas. Conversaremos sobre a nosa cariña e as partes mais importantes que

temos nela. Celebraremos o Samaín. Para os nen@s da clase A que aínda non cumpriron o aniño teremos

actividades adaptadas as súas características e estado evolutivo. Faremos un traballiño sinxelo para levar a casa. Iremos o patio a xogar cas bicis, coches, escorredoiro, casiña ... Facemos psicomotricidade levantando os brazos, baixando, saltando,

arrastrándonos, gateando, dando palmas, pateando ... Celebramos os aniversarios. Ese día QUICA, a nosa mascota,

acompáñanos a casa para celebralo en familia . Os papás e mamássacaran fotos, pegaranas nun folio e traeranas a clase para comentalascos amiguiños e profes.

NOVEMBRO

Estamos en pleno outono e temos que descubrir desde a escola certoselementos típicos desta época. Seguiremos cas nosas rutinas habituaistratando de que cada día aumenten as habilidades, adquiran máis autonomía epáseno o mellor posible aprendendo.

XÓGO CAS FOLLAS CAS MÁNS E COS PÉS.

25

Page 26: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Decoramos as nosas clases con motivos propios desta época. Contamos contiños, miramos fotos, murais relacionados co tema. Traemos a clase moitas follas e experimentamos con elas tratando de

percibir cualidades de cor, tamaño, ulido, son etc. Traemos diferentes froitos de outono para manipular, ulir, probar etc. Facemos unha receita de cociña: pan de noces. Participamos na festa do Magosto. Cantamos cancións, retahilas, poemas . Conversamos sobre as partes da cara que xa aprendemos e das

cousiñas que podemos facer cas nosas mans e pés. Imitamos exercicios bucolinguais. Contamos contiños e manipulámolos para aprender a pasar as follas.

Insistiremos moito en que debemos coidalos, non rompelos, non tiralosnin metelos na boca.

Pintamos nun papel moi grande con témperas. Pedimos as familias bulbos e plantámolos en macetas.Coidarémolos e

cando florezan levámolos a casa. Garabateamos con ceras nun folio. Miramos na tele algún DVD relacionado co tema. Gateamos e pisamos descalzos sobre diferentes superficies. Facemos psicomotricidade pasando polo túnel, polos arcos, xogamos

cos aros, cos acolchados... Se o tempo o permite saímos o patio de fóra. Facemos un mural estampando as mans de todos os nen@s e outro dos

pés. Investigamos ca mancha e estampamos con esponxas.

DECEMBRO

Xa se percibe na rúa a chegada do inverno e con el o Nadal. Preparamos asnosas clase con decoración brillante e luminosa.

TEMOS FRÍO, CHEGA O NADAL.

Conversamos sobre o tema, miramos murais, contos, fotos etc. Escoitamos e cantamos panxoliñas. Traemos a clase e manipulamos serpentinas, espumillóns, campás,

bolas etc . Facemos unha experiencia con laranxas, kiwis, mandarinas, limóns,

tocamos, ulimos, comparamos, pelamos, facemos zume, probamos,gardamos as tonas a secar e mais a diante volvemos a ulir.

Facemos unha receita cos froitos anteriores. Xogamos con caixas de cartón de diferente tamaño: grandes e

pequenas, abrimos e cerramos, entramos e saímos, facemos torres,enchemos e baleiramos ...

Facemos algún traballiño para levar a casa en Nadal. Preparamos a carta para Papá Noel. Seguimos xogando cos xoguetes que temos na clase. Xogamos a roda tratando de agarrarnos das mans.

26

Page 27: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Xogamos cas pelotas grandes e pequenas, enchemos nunha caixa etiramos dende o alto, logo recollemos e volvemos a tirar.

Poñémolas sobre unha tea grande e botámolas o aire entre todos. Seguimos co xogo heurístico. Colgamos globos no tendal a certa altura e palmeamos. Experimentamos ca cor vermella. Facemos a botella de auga vermella mesturando auga con témpera. Metemos cousas vermellas na caixa vermella. Poñemos o gorro de Papá Noel e sacamos fotos. Tocamos os instrumentos: pandeiretas, campás, etc. Miramos revistas de xoguetes. Participamos no Festival de Nadal.

SEGUNDO TRIMESTRE

XANEIRO

Este é un mes especial. Chegan os Reis cargados de xoguetes . Os nososcativos seguro que están cargados de ilusión.

QUICA, QUERES XOGAR?

Conversamos e miramos fotos, catálogos, contos de xoguetes. Nomeamos e mostramos roupas que poñemos nesta época do ano:

gorros, bufandas, luvas, etc. Aproveitamos para adquirir vocabulario edistinguir mais partes do corpo, recordar as que xa coñecemos e quepodemos facer con elas.

Falamos do inverno, da neve, do vento, frío, chuvia Experimentamos con cousas quentes e frías. Facemos cubiños de xeo de cores e outro día xogamos con eles.

Logo metémolos en auga morna e miramos o que pasa. Poñemos gorros, bufandas, abrigos e saímos o patio a percibir o frío. Pedimos as familias que lles poñan os nen@s chuvasqueiro , botas de

goma, paraugas e saímos o patio a xogar ca chuvia. Facemos chocolate con leite e tomámolo quentiño con galletas. Celebramos o Día da Paz. Faremos algún traballiño para levar a casa. Seguimos xogando cas cousiñas da clase. Sesión de psicomotricidade fina: poñemos diferentes obxectos

pequenos e invitámolos a que collan e utilicen a pinza dixital. Pegamos gomets grandes.

FEBREIRO

A finais de febreiro celebrase o Entroido. O longo do mes temos que preparareste acontecemento.

É ENTROIDO, ÍMONOS DISFRAZAR.

27

Page 28: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Falamos do tema na asemblea, mostrando caretas, antefaces, fotos dedisfraces ...Eliximos o tema de que imos ir disfrazados e preparamos o nosodisfrace.Disfrazámonos cas roupiñas do baúl, cos bolsos, gorros.As profes disfrázannos, maquíllannos e sácannos moitas fotos.Decoramos algunha careta e anteface.Coidamos os nosos bulbos. Cando teñan flor, levámolos a casa.Subimos escaleiras e baixamos pola rampla.Xogamos ca plasti comprendendo que é para amasar e beliscar casmans e non meter na boca.Traemos semente de flores e sementamos. Tamén podemos plantarhortalizas.Seguimos cas sesións de xogo heurístico tratando de observar comoactúan sobre os obxectos e como avanzan na selección a hora derecoller.

Traemos moito confeti a clase e xogamos con el. Poñémolo o seualcance e deixamos que investiguen. Logo dámoslle cacharriños paraque enchan e baleiren.

Probamos alimentos doces e salgados e doces típicos de Entroido. Facemos unha receita propia destas datas. Si é posible que sexa de

amasar Celebramos o Entroido. Pintamos con roletes.

MARZO

Temos pensado neste mes traballar un tema que esperta moita curiosidadepara os nen@s e titulámolo

QUÉN SE AGACHA NA GRANXA?

Conversamos sobre o tema utilizando os soportes que dispoñemos:fotos, láminas, murais...

Xogamos cos animaliños da clase. Facemos sesións de psicomotricidade imitando os movementos, sons

dos animais máis comúns. Escoitamos sons de animais e cancións. Metemos en botes diferentes cousas que desprendan moito ulido e

tratamos de destapar e que perciban as diferenzas. Contamos contos no teatriño cos monicreques. Xogamos ca cor amarela. Facemos a botella de auga amarela. Metemos cousas amarelas na caixa amarela. Xogamos con papeis de xornais a facer vento e ruído. Facemos unha receita con alimentos que nos proporcionan os animais. Poñemos unhas calzas con plásticos de burbullas e pintamos sobre

cartón. Poñemos algodóns, plumas, papeis engurrados e tratamos de soprar.

28

Page 29: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Aprendemos a rachar e a engurrar. Pegamos papeliños nun folio. Seguimos coñecendo o noso corpo. Ademais de cabeza, mans e pés

tamén temos barriga, cuíño, lombo.

TERCEIRO TRIMESTRE

ABRIL

Unha parte moi importante na educación dos nosos pequenos é a relación quedesde a escola mantemos cas familias. O contacto é diario, ben directamenteou a través da axenda pero queremos dedicar este mes ás xornadas de portasabertas para que poidan vir a pasar con nós parte da mañá.

A MIÑA FAMILIA É ESPECIAL.

Pedimos fotos as familias e pegámolas nos mobles a altura dos nen@spara que poidan mirarse, recoñecer os seus membros e os doscompañeiros.

Invitamos as familias a vir a estar con nós. Pedimos que cada nen@ traia da casa un conto para compartir aquí na

escola a semana anterior o Día do Libro. O longo desa semana invitamos ós avós e avoas a que veñan a

contarnos un. Celebramos o Día do Libro xuntándonos no patio grande e compartindo

os libros. Faremos unha receita de cociña. Ofrecerémoslle as familias que si lles

apetece a fagan como actividade nas xornadas. Conversamos sobre as nosas familias, os que vivimos na mesma casa e

tamén os avós, tíos, primos etc. Miramos contiños, libros, murais onde se aprecie outras familias. Conversamos tamén que os animais, tema que traballamos a diario e

temos moi recente, teñen unha familia. Xogamos cos bonecos realizando actividades de xogo simbólico

imitando accións da vida diaria. Preparamos un regaliño para mamá. O Día da Nai celebrase a primeiros

de maio. Si o tempo o permite sairemos o patio de fóra. Conversaremos sobre a entrada da primavera e os cambios que sofre o

noso entorno.

MAIOO longo de todo o curso experimentamos con pinturas e con materiais paradescubrir cualidades: color, texturas, tamaños, adquirir destrezas, etc.Queremos dedicar especial atención durante este mes e facer as nosaspropias obras de arte.

SOMOS ARTISTAS

Levamos a casa o regaliño para mamá.

29

Page 30: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Faremos unha excursión para percibir as características da primavera.Si atopamos recolleremos flores, escoitaremos os paxariños,gozaremos do bo tempo ...Traeremos flores a clase para ulilas, tocalas, sacarlle os pétalos,poñelas en auga ...Conversaremos sobre o sol e a lúa, o día e a noite.Faremos xogos con lanternas poñendo a clase a escuras, luz,escuridade.Experimentamos con papeis de celofán, para ver o mundo de moitascores.Facemos unhas gafas para poder mirar por elas.Traballaremos con diferentes materiais, cores, útiles, sobre diferentessoportes para descubrir o grandes artistas que podemos ser.Facemos pintura con maicena .Xogamos ca cor azul.Facemos a botella da auga azul.Comparamos cas outras botellas de cores. Xogamos con elasfacéndoas rodar.Metemos cousas azuis na caixa azul.

XUÑOAchegase o verán , remata o curso, algúns vanse de vacacións e nós imosfalar disto na clase.

QUE CALOR, IMONOS REFRESCAR

Ambientamos a clase ca decoración do verán. Conversamos sobre o tema, miramos libros, murais, contiños etc. Saímos o patio sempre que o tempo o permita. Chegadas estas datas

todos estamos cansos e é importante estar fóra xogando. Xogamos ca area e ca auga experimentando e refrescándonos. Sacaremos a foto de grupo como é costume. Prepararemos os nosos traballiños para levar a casa. Pediremos as familias herbas para facer o Cacho. Experimentamos con froitas da época. Facemos batidos con elas e tomámolos. Xa coñecemos moitas partes do noso corpo. Deitámonos sobre papel

continuo, debuxamos unha silueta e ímoslle poñendo todas as partesque coñecemos. Tamén poñemos roupiña.

Todas estas actividades son ideas que iremos levando a cabo en función dascaracterísticas dos nosos nen@s e das circunstancias de cada momento. Éunha programación flexible e que podemos modificar si é preciso. Daremosprioridade a ter cubertas as necesidades básicas e logo trataremos deexperimentar, aprender xogando e ser o máis felices que poidamos.

30

Page 31: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

PROGRAMACION AULAS DE 2 A 3 ANOS INTRODUCCIÓN

A partir do momento no que os nenos e nenas xa están adaptados ó entornoescolar, e sen obviar a importancia das rutinas ligadas ás necesidadesbiolóxicas, é o momento de planificar tempos concretos para actividades queperseguen a consecución dos obxectivos educativos propostos para cadagrupo de nenos e nenas. Estes tempos estarán en función dos intereses doscativos en cada momento, sendo mestras e educadoras quen valoren si éadecuado ou non desenrolar unha actividade colectiva ou individual dirixida.Debemos ter en conta que calquera situación é potencialmente educativa.

Na escola infantil todos os momentos son importantes, pero merecen especialatención a chegada de cada neno e cada nena, a despedida e aqueles nos quese dé un contacto moito máis persoal (hixiene, comida e descanso). Estesmomentos teñen unha gran importancia para eles , pois a través dos mesmossíntense atendidos persoalmente, debendo tratarse como momentosprivilexiados de contacto con eles que favorecerán que os nenos se sintanseguros e queridos na escola .

É importante que os nenos e nenas coñezan e comprendan o horario dogrupo. É interesante ofrecer rituais como cancións, retahílas, xestos ou sonsconcretos, pois axudaranlles a situarse no tempo e adaptar o seucomportamento ó momento. Durante todo o curso acompañáranos de novo, a nosa mascota: A FADACOLORÍN. Para os nenos e nenas que veñen por primeira vez á escola seráalgo novo e sorprendente, pero para os que xa compartiron con nós o cursopasado en 1 a 2, será un reencontro cheo de tenrura e cariño, posto que llequeren moito á FADA COLORÍN e xa compartiron con ela moitísimasexperiencias. Con ela xogaremos, cantaremos, bailaremos, iremos deexcursión ... e a partires de outubro irá de visita a tódalas casas dos cativos ecativas , compartindo con eles moitísimas experiencias enriquecedoras.

As actividades que levaremos a cabo o longo deste curso están organizadaspor trimestres, e parten de diferentes centros de interese. Os nenos e nenasaos que van dirixidas as seguintes actividades están repartidos en tres grupos:2 a 3 A, 2 a 3 B e 2 a 3 C, cada unha delas cunha capacidade para 20 nenos enenas, facendo un total de 60 cativos e cativas cos que compartir todo tipo deexperiencias.

As educadoras adaptarán as actividades programadas ás características doseu grupo de nenos e nenas, respectando en todo momento as diferenciasmadurativas que poidan existir tanto a nivel motriz coma lingüístico, cognitivo,psicolóxico...etc.

31

Page 32: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

ESQUEMA DE ACTIVIDADES

PRIMEIRO TRIMESTRE

OUTUBRO E NOVEMBRO– Excursión ao Pazo da Peregrina para recoller follas secas e observar os

cambios que se producen no noso contorno.– Horto: plantamos bulbos de diferentes flores e landras. – Colorín visita as nosas casas.– Actividades coa cor amarela. (Libro das Cores).– Pedimos ás familias productos típicos do outono para manipular na

aula.– Celebramos o Magosto (soamente con castañas).– Manualidade de outono.– Cociña: elaboramos un postre con productos típicos do outono.– Celebramos o Samaín.

DECEMBRO– Preparamos a actuación cos nenos e nenas para o Festival de Nadal.– Excursión: imos a Correos a levar as cartas para os Reis Magos.– Actividades coa cor vermella (libro das cores).– Cociña: facemos "Pedras do Bosque" con chocolate e arroz inflado,

amendoas...– Coidamos o noso horto.– Manualidade de Nadal.

SEGUNDO TRIMESTRE

XANEIRO E FEBREIRO– Imos á aula de informática.– Celebramos o Día da Paz.– Actividades coas cores amarelo e vermello (libro das cores).– Cociña: facemos "Palmeiras" .– Coidamos o noso horto.– Imos de excursión a unha granxa.– Elaboramos o noso disfraz para o entroido.– Festa de Entroido.

MARZO– Facemos unha manualidade para celebrar o Día do Pai.– Celebramos o Mes da Música.– Actividades coa cor azul (libro das cores).– Cociña: Pastel da Avoa.

TERCEIRO TRIMESTRE

ABRIL– Celebramos O Día do Libro.

32

Page 33: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

– Celebramos as Xornadas de Portas Abertas. O tema a tratar será asprofesións dos pais e nais dos nenos e nenas.

– Actividades coas cores amarelo, vermello e azul (libro das cores).– Coidamos o noso horto.– Facemos manualidade para celebrar o Día da Nai.

MAIO– Celebramos o Mes da Arte.– Actividades coa cor verde (libro das cores).– Imos de excursión a un Parque de Bertamiráns.– Cociña: facemos unha pizza.– Coidamos do noso horto.

XUÑO – Celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño.

Trasplantamos os carballos. – Facemos actividades con auga.– Entregamos o LIBRO DAS CORES, realizado ao longo de todo o curso.– Celebramos O Cacho.– Organizamos a Festa de Fin de Curso.

PROGRAMACIÓN

ÁREA: COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL.OBXECTIVOS

– Tomar conciencia do propio corpo identificándoo global esegmentariamente.

– Recoñecer os sentidos como fontes de sensacións empregándoos parao coñecemento do seu mundo circundante.

– Adquirir destrezas e habilidades manipulativas aplicándoas ao manexode útiles e materiais presentes no seu contorno.

– Adquirir o control postural e dinámico do seu corpo mantendo oequilibrio necesario entre a seguridade e o desafío na exploración e nodescubrimento.

– Tomar conciencia das características persoais identificando ascalidades que o definen como individuo singular.

– Afianzar a propia personalidade equilibrando a afirmación daspreferencias co respecto ás necesidades comúns do grupo.

– Adquirir autoestima esforzándose no desenvolvemento das actividadescotiás.

– Iniciarse co contol do propio comportamento relacionando aidentificación das emocións e intereses coa interiorización das normas evalores sociais.

– Iniciarse na tolerancia da frustación demorando a satisfacción dosdesexos

– Satisfacer as súas necesidades básicas adquirindo hábitos de coidadopersoal.

CONTIDOS

33

Page 34: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Bloque 1: O corpo.– Descubrimento e control global e segmentario do propio corpo.– Descubrimento dos sentidos como fonte de sensacións.– Construcción progresiva e toma de conciencia mental do propio corpo.– Potenciación das destrezas e habilidades na manipulación de

instrumentos, ferramentas e materiais.– Adquisición progresiva do equilibrio estático e dinámico.– Vivencia e control do corpo en relación ao movemento, ás dimensións

do espazo e ao movemeno dos demáis.– Adaptación do ton muscular e da postura ás distintas situacións cotiás.– Axuste do propio movemento ao espazo e aos movementos dos e das

demais.– Potenciación da iniciativa e do esforzo na conquista dos

desprazamentos do corpo e dos obxectos.– Exploración e identificación das posibilidades motrices.

Bloque 2: A identidade, a autoestima e as emocións.– Identificación e recoñecemento das características e calidades persoais

cara a unha aceptación da propia imaxe, valorando positivamente asdiferenzas como elemento definidor.

– Identificación co propio nome, co grupo familiar de pertenza e co lugaronde vive como vehículos da expresión da identidade.

– Toma de conciencia progresiva do seu sexo, evitando a instalaciónprematura de estereotiposde xénero.

– Identificación e afirmación dos propios gustos, e do que desagrada,evitando situacións de submisión ou dilución do individuo no grupo.

– Establecemento de hábitos elementais de esforzo e perseveranza paraabordar as tarefas cotiás, amosando confianza nas propiascompetencias.

– Fomento da capacidade de escolla entre varias alternativas, asumindoas conscuencias das propias accións.

– Identificación das emocións básicas e das súas manifestaciónshabituais empregando expresións socialmente aceptadas.

– Actitude de paciencia e espera, na procura dunha resposta axeitadadiante da demora dos desexos.

– Evitación da resposta agresiva diante da frustración para camiñar caraao emprego da negociación para a xestión de problemas cos e coasdemais.

– Ampliación dos lazos afectivos con outras persoas adultas, para obterseguridade e aceptar axuda.

Bloque 3: O coidado persoal.– Iniciativa na comida autónoma.– Incorporación paulatina na dieta de novos alimentos e texturas na súa

gradual presentación.– Discriminación progresiva dos alimentos saudables valorando o seu

consumo.– Recoñecemento da comida como feito pracenteiro e non só nutricional.– Adquisición da autonomía progresiva nos hábitos de hixiene e limpeza.

34

Page 35: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

– Vivenza da sensación de limpeza e aspecto coidado.– Regulación progresiva dos ritmos de sono e vixilia, actividade e

descanso, acción e relaxación.– Recoñecemento da propia roupa e colaboración progresiva no vestido.– Emprego axeitado da roupa segundo as condicións climáticas e as

actividades que realiza.– Identificación dos riscos habituais no seu contorno e utilización de

estratéxias e recursos adecuados para evitalos.– Equilibración da necesaria prevención e o desafío precisos para a

exploración e o descubrimento.

ÁREA: COÑECEMENTO DO CONTORNO.OBXECTIVOS

– Observar o seu contorno, identificando as propiedades dos obxectospara establecer comparacións.

– Establecer relacións causa-efecto, percibindo as consecuencias dassúas accións nos obxectos ou persoas do seu contorno.

– Resolver situacións problemáticas con obxectos, ensaiando diferentesestratexias de resolución.

– Empregar cuantificadores e medidas relacionándoas con situaciónscotiás.

– Identificar as nocións espaciais establecendo relacións cos obxectos eas persoas coas que interactúa.

– Identificar secuencias temporais relacionándoas coas rutinas eperíodos de tempo habituais.

– Descubrir as características dos animais e vexetais, diferenciando osseres vivos doutros elementos e materiais presentes nos seu contornoinmediato.

– Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración e pertenzabaseándoas no respecto ás persoas e ás normas da sociedade.

– Apreciar as celebracións persoais e comunitarias importantes para aspersoas valorándoas como actividades que constrúen a vida ensociedade.

– Apreciar algúns elementos significativos propios da cultura galega.– Identificar as funcións dos grupos e das organizacións descubrindo as

principais características e actividades das persoas que as conforman.

CONTIDOSBloque 1: O medio físico.

– Exploración de obxectos e materiais diversos a través dos sentidos e dediferentes accións.

– Identificación, denominación e comparación de calidades sensoriais,características morfolóxicas e funcionais de obxectos e materiais doseu medio.

– Identificación dos principais productos elaborados polos sereshumanos presentes no seu contorno.

– Emprego dalgunha das ferramentas tecnolóxicas máis habituais.– Identificación de características constantes e variables.

35

Page 36: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

– Establecemento de relacións: ordenación, correspondencia,clasificación.

– Estimación de cantidades e medidas.– Experimentación de diferentes accións sobre os obxectos e materiais.– Construcción de nocións xeométricas e topográficas.– Construcción de nocións temporais.

Bloque 2: Achegamento á natureza.– Identificación de características de animais, plantas e elementos

naturais.– Identificación dos hábitats dos animais e das plantas.– Experimentación de accións sobre o medio natural.– Curiosidade, coidado e respecto polos animais e plantas e polos seus

hábitats.– Coñecementos diversos sobre os fenómenos naturais.– Recoñecemento sobre posibles perigos dalgúns fenómenos naturais.– Coñecementos diversos sobre os elementos xeográficos.– Interese e respecto polo coidado e conservación do seu contorno.

Bloque 3: Cultura e vida en sociedade.– Recoñecemento de diversos aspectos sobre a familia.– Coñecemento de diversos aspectos sobre a escola infantil.– Coñecementos diversos sobre algunhas profesións e servizos:

ferramentas, vestiario, e espazos onde desenolven a súa actividade,sempre cunha perspectiva coeducativa e evitando estereotipossexistas.

– Coñecemento e participación en costumes, tradicións da cultura galegae celebracións persoais.

– Sentimento de pertenza aos grupos máis próximos e actitude derespecto e valoración cara ás outras persoas.

– Interese e curiosidade polos acontecementos que suceden ao seuarredor.

– Identificación e adopción de comportamentos socialmente axeitados.

ÁREA: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN.OBXECTIVOS

– Utilizar as diversas linguaxes entendéndoas como instrumentos decomunicación entre as persoas, de expresión das ideas e sentimentos ede representación da realidade.

– Comprender a intencionalidade comunicativa das persoas, adoptandounha actitude positiva para esa comunicación.

– Empregar a xestualidade e as manifestacións corporais identificándoascomo unha forma de comunicación humana.

– Comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiais valorándoas comoferramentas de relación cos demais.

– Empregar a linguaxe plástica identificándoa como un medio deexpresión de sentimentos e desexos e de representación da realidade.

36

Page 37: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

– Sentir o feito musical identificándoo como un medio de expresión emanifestación cultural.

– Empregar creativamente as diferentes linguaxes axustando as técnicasexpresivas aos seus intereses e sentimentos.

– Descubrir a escrita identificándoa como representación de ideas,pensamentos e conceptos elaborados pola comunidade.

– Amosar interese polas produccións dramáticas valoradas como unhaposibilidade de gozo persoal.

CONTIDOSBloque 1: Comunicación xestual e oral.

– Recoñecemento e utilización das posibilidades do corpo paracomunicar.

– Vivencia de xestos e movementos como recursos corporais para aexpresión e a comunicación e mais para o intercambio afectivo.

– Interese e creatividade na utilización do corpo como medio deexpresión.

– Utilización do movemento e da danza como medios de expresión.– Iniciarse na participación de forma oral en conversas, narracións,

anécdotas, xogos colectivos e outros.– Iniciarse no emprego de vocabulario preciso, usándoo con entoación

axeitada, pronuncia clara e usando estructuras oracionais queenriquezan as súas competencias comunicativas.

– Iniciarse no emprego axeitado das formas socialmente establecidaspara relacionarse coas demais persoas.

– Valoración da lingua oral como instrumento esencial para acomunicación. Bloque 2: Expresión plástica e musical.

– Utilización de técnicas e elementos básicos para a expresión plástica.– Interese e gozo pola experimentación e creación de obras plásticas.– Observación, interpretación e valoración de diferentes tipos de obras

plásticas presentes no contorno.– Valoración e respecto polas produccións propias e polas dos demais.– Exploración das posibilidades sonoras do propio corpo, de obxectos

cotiáns e de instrumentos musicais.– Recoñecemento de sons do contorno natural e social.– Interese e gozo coa audición e recoñecemento das diferentes obras

musicais.– Participación activa e gozo na interpretación de cancións e xogos

musicais.– Utilización de instrumentos musicais para acompañar as produccións

musicais.Bloque 3. Representación escrita e dramática.

– Observación e interese polo significado de signos e símbolos presentesna vida cotiá.

– Descuberta e interese da funcionalidade de textos diversos.– Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión

gráfica.– Interese e gozo ao mirar libros e escoitar a súa lectura.

37

Page 38: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

– Recoñecemento dos elementos básicos dos relatos escoitados ouvistos.

– Interese por comunicar interpretacións, sensacións, emocións eopinións provocadas polas produccións literarias.

– Comprensión das situacións representadas nos relatos escoitados ouvistos.

– Identificación de diferentes xeitos de representación dramática.– Interese e gozo ao mirar e participar en representacións dramáticas.

ACTIVIDADES

SETEMBRO: Adaptación. (ver programación específica).

ACTIVIDADES COMÚNS A TODOS OS TRIMESTRES:

– Asamblea: saúdos, comentamos novidades, experiencias, introducimoso tema do día...a Fada Colorín, a nosa mascota, danos os bós días unbiquiño e unha aperta. Cubrimos o calendario climático.

– Cambio de cueiros.– Bebemos auga e tomamos galleta.– Saímos ó recreo.– Lavamos as máns antes de xantar.– Xantamos.– Cepillamos os dentes.– Durmimos a sesta.– Merendamos.– Aprendemos a despedirnos das educadoras e das compañeiras e

compañeiros.– Xogo libre na clase e no patio.– Xogo dirixido.– Psicomotricidade (unha vez por semana).– Celebramos os cumpleanos.– Realizamos diversas fichas relacionadas cos contidos que traballamos

na aula.– Realizamos o LIBRO DAS CORES. A finais de curso cada neno e cada

nena levará o libro á súa casa para compartir esas actividades coafamilia.

– Colorín visitará as casas de todos os nenos e nenas ao longo do curso.

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS DE CADA TRIMESTRE

PRIMEIRO TRIMESTRE

UNIDADE 1: O OUTONO NO NOSO COLE.UNIDADE 2:CELEBRAMOS O NADAL CON COLORÍN.O longo dos meses de outubro, novembro e decembro desenrolaremos asunidades didácticas anteriormente mencionadas. A primeira unidade terá unhaduración de dous meses e a segunda dun mes. Levaremos a cabo asseguintes actividades:

38

Page 39: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

– Comezaremos a levar para casa a nosa MASCOTA A FADA COLORÍN,para xogar con ela e facela partícipe das nosas rutinas e experienciasna nosa casa.

– Cada día, ó inicio da clase, celebraremos a nosa ASAMBLEA na quefalaremos das actividades que ímos levar a cabo ese día, compartimosas nosas emocións, falamos de si estamos contentos ou tristes,contamos si fixemos algunha cousa interesante o día anterior na casa...

– Plantaremos no noso HORTO bulbos de diferentes flores e Landrasaportados polas familias.

– Coñeceremos as instalacións da escola.– Coñeceremos os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras e das

mestras e educadoras.– Recoñeceremos e identificaremos neno e nena e as características

diferenciais dos seus corpos.– Realizaremos diversas actividades para diferenciar obxectos según o

seu tamaño: grande-pequeno.– Experimentaremos diferentes técnicas plásticas: con pintura de dedos

estamparemos, rechearemos, faremos garabatos...– Escoitaremos contos o mais atentamente que sexamos capaces.– Miraremos contos no rincón dos contos.– Escoitaremos pezas de música clásica.– Aprenderemos cancións infantís.– Realizaremos un calendario climatolóxico.– Identificaremos a cor vermella.– Identificaremos as nocións espaciais arriba/abaixo.– Pegaremos gomets.– Faremos garabatos con ceras, coas mans molladas en témperas, con

piceis, con esponxas... en papel contínuo, en folios, na pizarra, no aire...– Iniciarémonos no hábito de lavar e secar as mans.– Identificaremos a forma circular.– Diferenciaremos os cuantificadores:moitos/poucos.– Identificaremos a cor amarela.– Engurraremos papeis.– Ampliaremos o noso vocabulario referente á alimentación: utensilios

para comer, tipos de alimentos habituais na nosa dieta, tempos decomida (almorzo, comida, merenda e cea).

– Faremos garabateo guiado.– Leeremos imaxes.– Realizaremos manualidades variadas relacionadas coa temática de

cada unidade.– Decoraremos as aulas en función dos centros de interese.– Participaremos na FESTA DO MAGOSTO. O día anterior, mestras e

educadoras prepararemos as castañas aportadas polas familias parasaborealas o día da festa, asadas e cocidas, rematando cun animadobaile.

– Manipularemos e ollaremos productos típicos do outono aportadospolas familias: cabazas, castañas,ourizos, follas ...

39

Page 40: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

– Decoraremos cabazas e disfrazarémonos de vampiros e bruxas paracelebrar o SAMAÍN.

– Faremos a nosa primeira EXCURSIÓN deste curso: iremos ó PAZO DAPEREGRINA a recoller follas secas.

– O longo do mes de decembro a escola decoraráse con motivosnavideños e prepararemos a nosa importantísima actuación para oFESTIVAL DE NADAL.

– Faremos “Pedras do Bosque” con chocolate, arroz inflado, améndoas...

SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre, xa despois das festas de Nadal, desenrolaremos asseguintes unidades didácticas, a duración de cada unha delas será de dousmeses na unidade 3, e de un mes na unidade 4.

UNIDADE 3: COLORÍN TEN MOITO FRÍO.UNIDADE 4: CÁNTO NOS GUSTA A MÚSICA!!!

Neste trimestre as actividades máis destacables son as seguintes:– Decoraremos as aulas en función dos centros de interese.– Celebraremos a ASAMBLEA ó inicio da sesión da clase. Falaremos das

actividades que imos facer, observaremos a climatoloxía, charlamossobre nós, si estamos contentos ou tristes, cansados ou con ganas detraballar...

– Iniciamos as sesións de INFORMÁTICA. Iremos unha vez á semana engrupos de 4 a “traballar” nos ordenadores.

– Iniciarémonos no hábito de poñer soíños os mandilóns.– Experimentaremos a facer “Palmeiras”.– Seguiremos traballando coas cores vermella e amarela.– Celebraremos o DÍA DA PAZ.– Incidiremos mais sobre a forma circular.– Falaremos da importancia de coidar, compartir e recoller os xoguetes.– Relataremos contos coñecidos.– Observaremos contos no rincón dos contos.– Realizaremos a nosa segunda EXCURSIÓN, esta vez a unha GRANXA.– Coñeceremos animais domésticos e as súas características externas.– Utilizaremos a técnica plástica do punteado.– Realizaremos os disfraces de entroido para cada neno e nena.– Celebraremos a FESTA DO ENTROIDO,na que participarán as familias

dos nenos e nenas e todo o persoal da escola.– Probaremos produtos típicos do entroido: filloas, orellas...– Celebraremos O MES DA MÚSICA o longo do mes de marzo.

Escoitaremos diferentes audicións musicais, incidindo cada semananun instrumento diferente, falando dos compositores...

– Realizaremos unha manualidade cada mes relacionada co tema queestamos a traballar.

– Seguiremos levando á nosa mascota COLORÍN ás nosas casas.– Experimentaremos a realizar “ O Pastel da Avoa” na aula.

40

Page 41: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

– Coñeceremos as posibilidades motrices do noso corpo: sentado, de pé,tombado.

– Identificamos os estados emocionais: rindo as gargalladas e chorando.– Desenrolamos hábitos de convivencia e coidado respecto de animais e

plantas.– Observamos as plantas do noso contorno e diferenciamos algunhas

flores.– Realizaremos a manualidade para o DÍA DO PAI.– Identificaremos a cor verde.– Diferenciaremos entre os cuantificadores un/moitos.– Identificaremos elementos situados especialmente: preto, lonxe.– Identificamos o cadrado.– Describimos mediante a linguaxe oral obxectos e personaxes.– Interpretaremos un conto polas imaxes.– Escoitaremos activamente contos.– Memorizaremos cancións acompañadas de xestos, poemas...– Interpretaremos nos pictogramas as accións de correr e nadar.– Utilizaremos a técnica plástica do amasado.– Discriminaremos e reproduciremos os sons de animais coñecidos.

TERCEIRO TRIMESTREAs unidades didácticas que desenrolaremos neste derradeiro trimestre son asseguintes:

UNIDADE 5: COLORÍN E AS NOSAS FAMILIAS.UNIDADE 6: CÁNTO ARTE TEMOS, COLORÍN!!!UNIDADE 7: CHEGOU O CALOR Á ESCOLA.

O tempo que lle adicaremos a cada unha delas será aproximadamente dunmes e aproveitaremos para desenrolar outras actividades complementariascomo son: gozaremos coas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS durante o mesde Abril, experimentaremos novas técnicas plásticas durante o mes de Maiocoa celebración do MES DA ARTE, e no mes de Xuño, transplantaremos oscarballos o DIA DO MEDIO AMBIENTE e iniciarémonos na EDUCACIÓN VIAL .

Algunhas das actividades que levaremos a cabo son as seguintes:

– Identificaremos a cor azul.– Recoñeceremos formas cadradas.– Faremos agrupacións de obxectos según os tamaños: grande e

pequeno.– Aprenderemos a rachar papel.– Observaremos obras de arte e falaremos sobre elas.– Elaboraremos correctamente frases sinxelas con nomes e calidades.– Participaremos activamente na asemblea que realizamos ao inicio da

clase.– Traballaremos a psicomotricidade realizando trazos de arriba abaixo.– Recoñeceremos as partes do corpo: brazos, pernas, pés, tripa e costas.

41

Page 42: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

– Identificaremos as nocións espaciais aberto/pechado.– Celebraremos o DÍA DO LIBRO organizando un mercadillo con todos os

contos que traian os nenos e nenas á escola durante unha semana.– Celebraremos as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS nas que os pais e

nais dos nenos e nenas poden vir ás aulas a explicarnos en quéconsisten as súas PROFESIÓNS.

– Identificaremos os membros das nosas familias: pais, irmáns, avós...– Pediremos fotografías ás familias coas que decoraremos as aulas.– Desenrolaremos hábitos de autonomía persoal e expresaremos as

necesidades de ir ó baño. Afianzaremos o control de esfínteres.– Expresaremos as emocións e iniciarémonos no control destas:

sorprendido e enfadado.– Interpretaremos nos pictogramas as accións de durmir e peitear.– Celebraremos O MES DA ARTE.– Iremos de EXCURSIÓN a un parque de Bertamiráns.– Manipularemos os ingredientes necesarios para elaborar unha PIZZA

coa intención de que nos sala unha ben rica que comeremos na aula.– Controlaremos o noso corpo en diferentes formas de desprazamentos:

andando, a gatiñas, arrastrándonos...– Iniciarémonos na EDUCACIÓN VIAL. Desenrolaremos hábitos de

convivencia de cruzar a rúa polo paso de peóns e ir da man dun adulto.– Diferenciaremos algúns medios de transporte.– Agruparemos obxectos mediante un atributo de cor.– Identificaremos a situación espacial: a un lado.– Identificaremos nun obxecto os atributos de cor e forma.– Iremos de EXCURSIÓN ao monte para TRASPLANTAR os nosos

CARBALLOS.– Recoñeceremos as profesións das persoas próximas relacionadas coa

seguridade e a sanidade.– Utilizaremos a técnica plástica do pegado.– Realizaremos trazos dun lado cara ao outro.– Interpreto cancións sinxelas con apoios xestuais.– Diferenciamos os sons longos e curtos.– Realizaremos actividades con auga: quente e fría, con e sen xabón...– Celebraremos O CACHO coa participación das familias que aportarán

as herbas necesarias para facelo.

Organizaremos e seremos os protagonistas da FESTA DE FIN DE CURSO na que ademais de realizar unha bonita actuación para as nosas familias, recibiremos o noso diploma por rematar con éxito o Primeiro Ciclo de Educación Infantil.

42

Page 43: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

IV.-CRITERIOS METODOLÓXICOS

Para a consecución das aprendizaxes en valores será de vital importancia aparticipación das familias a favor da continuidade e coherencia dosplantexamentos propostos pola escola.Intentaremos educar na convivencia, fomentando a solidariedade, acooperación, a liberdade, a responsabilidade, o respecto e o rexeitamento atodo tipo de discriminación e intolerancia.A sociedade ten asignados papeis en función do sexo. Os nenos/as tenden aimitar accións do medio que lles rodea. Por isto, a escola , para evitarestereotipos, fará fincapé en: usar unha linguaxe non sexista, non discriminarxoguetes, todos xogan con todo e a todo; respondemos afectivamente igualós nenos que ás nenas; insistimos en que todos teñen que colaborar nastarefas domésticas e por suposto na clase; os currunchos deben ser utilizadosindistintamente por nenos que por nenas...Procuraremos acercar aos nenos/as ó medio natural aprendendo a valorar aimportancia que este ten para a vida das persoas e desenrolando actitudes derespecto e coidado del.A saúde é un estado de benestar xeral que hai que procurar. Por iso énecesario fomentar nos nenos/as hábitos de saúde, principalmente deconsumo de alimentos sans, de descanso, de hixiene e de prevención deaccidentes. En todo momento teremos moi en conta a colaboración coas familiasestablecendo canles para o intercambio de información, así como a súaconsecuente participación na vida da escola Deseñaremos o ambiente e organizaremos os espazos tendo en conta quedean resposta aos diferentes tipos de necesidades : necesidades de tipofísico, afectivo, de convivencia, de actividade , de movemento de expresión ,etc.Intentaremos organizar os espazos, tanto interiores como exteriores , deforma segura e flexible para permitir que os nenos e nenas fagan unhavariedade de usos dos diferentes espazos ao longo da xornada .Na escola existirán todo tipo de materiais para a estimulación das nenas enenos , dispoñendo de maneira que se incentive a súa manipulación efacéndoas /os participes na responsabilidade do seu coidado e organización.A organización do tempo farémola de forma moi flexible para poderadecuarse aos ritmos de actividade e descanso dos nenos e nenas .Aínda que teremos moi presente a nosa cultura e potenciarémola en todomomento, imos ter presente que na nosa escola asisten nenos e nenas deoutras culturas, polo que intentaremos convivir sen menoscabo delas.Os nenos/as destas idades teñen unha visión global do mundo que semanifesta na súa forma de xogar e actuar. A nosa intervención educativadeberá evitar o parcelamento das actividades e deberemos aproveitarespecialmente as situacións da vida cotiá para favorecer o traballoglobalizado.Dado que cada neno/a ten un bagaxe de aprendizaxe diferente, un ritmopropio de desenvolvemento ,…, deberemos ofrecerlles a cada un o queprecisen para que por medio desta individualización consigan unha auténticaigualdade de oportunidades

43

Page 44: CURSO 2016-2017 - Portal do Concello de Ames-Santiago · PDF fileimportantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man, iniciase a marcha, iniciase na linguaxe oral,

Facilitarémoslle a manipulación , exploración, etc, requisitos necesarios paraconseguir unha aprendizaxe significativaPropiciaremos actividades de xogo, tendo en conta que é a actividade que dáunha mellore resposta ao desenvolvemento dos nenos e nenas destas idades.Fomentaremos vínculos afectivos, tan importantes nestas idades, entre nos eos nenos/as ,que lles servirán para sentir equilibrio e seguridade emocional naescola.A avaliación terá un carácter permanente e sistemático , de maneira que nosproporcione información veraz e continua sobre os procesos de toda índoleque teñen lugar no noso centro e que nos posibilite axustar ou mellorar osprogramas establecidos.No noso proceso de avaliación deberemos recoller non só información decomo vai evolucionado o desenvolvemento dos nenos e nenas nos ámbitosde aprendizaxe, senón tamén a propia planificación educativa, a organizaciónde tempos e traballo dos equipos educativos e de servizos , e a interrelacióncoas familias e coa comunidade.

44