condiciÓns especiais do seguro para a cobertura de …€¦ · zoosanitarios, ata o límite da...

21
LIÑA 732/ 2014 – Páx. 1 de 21 O tomador en representación dos seus asegurados, no caso de declaracións de seguros colectivos, e o asegurado, no caso de declaracións de seguro individual, subscriben o presente condicionado e aceptan especificamente as súas condicións limitativas que aparecen salientadas en negra, e reciben neste acto cadansúa copia. Ref. do seguro colectivo ou ref. seguro individual (1) (1) Recoller o núm. de declaración de seguro colectivo ou de declaración de seguro individual. ………………………………………….., ………. de ………………………………….de …… O tomador do seguro ou o asegurado SINATURA E SELO CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO PARA A COBERTURA DE GASTOS DERIVADOS DA RETIRADA E DESTRUCIÓN DE ANIMAIS BOVINOS MORTOS NA EXPLOTACIÓN SEGURO RENOVABLE De conformidade co Plan anual de seguros vixente, aprobado polo Consello de Ministros, garántense os gastos derivados da retirada e destrución de gando vacún nos termos especificados nestas condicións especiais complementarias das xerais dos seguros pecuarios, das que este anexo é parte integrante. En calquera caso, quedan derrogadas as devanditas condicións xerais en todo aquilo que contradiga estas condicións especiais. PRIMEIRA – GARANTÍAS Cóbrense, nos termos previstos neste condicionado, os gastos derivados da recollida desde un lugar accesible para camións na entrada da explotación ata o lugar de destrución dos cadáveres de animais vacúns mortos na explotación por calquera causa e a súa destrución de acordo coa lexislación vixente. Tamén están cubertos polas garantías do seguro os animais mortos fóra das explotacións aseguradas e nos seguintes supostos: a) Transhumancias, en cuxo caso serán indemnizables os animais mortos en comunidades autónomas nas que exista esta liña de seguro. b) Durante o transporte cara aos matadoiros, e sempre antes da súa entrada nos currais ou zona de descarga de animais, baixo as seguintes condicións: 1º) A retirada debe realizala, dentro das 24 horas seguintes á comunicación, a empresa xestora correspondente ao asegurado de entre as que operan dentro do sistema de seguros agrarios combinados, e non será válida ningunha outra que poida ter contrato privado co matadoiro. APELIDOS E NOME OU DENOMINACIÓN SOCIAL DO TOMADOR CIF OU NIF

Upload: others

Post on 20-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

LIÑA 732/ 2014 – Páx. 1 de 21

O tomador en representación dos seus asegurados, no caso de declaracións de seguros colectivos, e o asegurado, no caso de declaracións de seguro individual, subscriben o presente condicionado e aceptan especificamente as súas condicións limitativas que aparecen salientadas en negra, e reciben neste acto cadansúa copia.

Ref. do seguro colectivo ou ref. seguro individual (1)

(1) Recoller o núm. de declaración de seguro colectivo ou de declaración de seguro individual.

………………………………………….., ………. de ………………………………….de …… O tomador do seguro ou o asegurado SINATURA E SELO

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO PARA A COBERTURA DE GASTOS DERIVADOS DA RETIRADA E DESTRUCIÓN DE ANIMAIS

BOVINOS MORTOS NA EXPLOTACIÓN

SEGURO RENOVABLE

De conformidade co Plan anual de seguros vixente, aprobado polo Consello de Ministros, garántense os gastos derivados da retirada e destrución de gando vacún nos termos especificados nestas condicións especiais complementarias das xerais dos seguros pecuarios, das que este anexo é parte integrante. En calquera caso, quedan derrogadas as devanditas condicións xerais en todo aquilo que contradiga estas condicións especiais.

PRIMEIRA – GARANTÍAS

Cóbrense, nos termos previstos neste condicionado, os gastos derivados da recollida desde un lugar accesible para camións na entrada da explotación ata o lugar de destrución dos cadáveres de animais vacúns mortos na explotación por calquera causa e a súa destrución de acordo coa lexislación vixente.

Tamén están cubertos polas garantías do seguro os animais mortos fóra das explotacións aseguradas e nos seguintes supostos:

a) Transhumancias, en cuxo caso serán indemnizables os animais mortos en comunidades autónomas nas que exista esta liña de seguro.

b) Durante o transporte cara aos matadoiros, e sempre antes da súa entrada nos currais ou zona de descarga de animais, baixo as seguintes condicións:

1º) A retirada debe realizala, dentro das 24 horas seguintes á comunicación, a empresa xestora correspondente ao asegurado de entre as que operan dentro do sistema de seguros agrarios combinados, e non será válida ningunha outra que poida ter contrato privado co matadoiro.

APELIDOS E NOME OU DENOMINACIÓN SOCIAL DO TOMADOR

CIF OU NIF

LIÑA 732/2014 – Páx. 2 de 21

2º) A empresa xestora deberá poder pesar os cadáveres retirados e adxudicarllos á póliza da explotación asegurada da que proceden os animais.

3º) O gandeiro deberá poder acreditar, se así lle for requirido por Agroseguro, o certificado oficial do movemento a matadoiro ou calquera outro documento oficialmente aprobado.

4º) Deberase cumprir a normativa en materia de protección dos animais durante o seu transporte.

c) Estancia en certames ou mercados, sempre que os animais estean identificados individualmente e poidan imputarse á póliza do titular do seguro. Será a xestora autorizada na comunidade autónoma onde se produza a morte do animal a encargada de realizar a retirada. O asegurado poderá elixir libremente a empresa xestora naquelas comunidades autónomas que teñan máis dunha autorizada.

Tamén están cubertos polas garantías do seguro os sacrificios de animais na explotación decretados pola Administración por motivos sanitarios.

Para a procedencia da indemnización será condición imprescindible que as circunstancias da destrución dos cadáveres sexan convenientemente acreditadas pola empresa xestora.

Ademais, compensarase contra factura o gasto de material funxible, maquinaria e man de obra precisos para o enterramento in situ autorizado pola autoridade competente, por motivos zoosanitarios, ata o límite da cantidade maior entre o 20 % do capital asegurado ou 600 euros por enterramento.

A indemnización polos gastos cubertos nas garantías non poderá superar en ningún caso o límite establecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Exclusións:

Quedan expresamente excluídos das garantías deste seguro os sacrificios de animais:

a) Por probas de bravura, festexos ou adestramento de profesionais taurinos a porta pechada en explotacións de lida e mais os sacrificios en calquera espectáculo taurino.

b) Os animais que cheguen aos matadoiros mortos ou sexan sometidos a un sacrificio de urxencia en matadoiro, e cuxo transporte a este incumpra a normativa en materia de protección dos animais durante o seu transporte. Estes feitos serán documentados polos servizos veterinarios oficiais do matadoiro.

c) Decretados pola Administración como consecuencia de probas diagnósticas iniciadas antes da entrada en vigor do seguro.

LIÑA 732/2014 – Páx. 3 de 21

SEGUNDA – EXPLOTACIÓNS ASEGURABLES

Son asegurables todas as explotacións que cumpren o establecido na lexislación vixente respecto a ter asignado un código de explotación, estar rexistrada no Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA) e mais á identificación dos animais e o seu rexistro nos libros de explotación e, xa que logo, identifican individualmente as súas reses vacúas e rexístranas. Ademais, todo o seu censo de animais deberá estar inscrito no RIIA, e deberá coincidir co correspondente libro de rexistro de explotación, dilixenciado e actualizado.

A identificación das explotacións aseguradas realizarase mediante os códigos nacionais asignados polo REGA, os cales deben figurar nas pólizas.

Considerarase como domicilio da explotación o que figure no libro de rexistro de explotación, que deberá coincidir co do REGA.

Terán consideración de explotacións diferentes para un mesmo asegurado:

- Aquelas que dispoñen dun libro de rexistro da explotación diferente.

As explotacións obxecto de aseguramento xestionadas por un mesmo gandeiro ou explotadas en común por entidades asociativas agrarias (sociedades agrarias de transformación, cooperativas, etc.), sociedades mercantís (sociedade anónima, limitada, etc.) e comunidades de bens deberán incluírse obrigatoriamente nunha única declaración de seguro.

Non serán asegurables as explotacións que, aínda que dispoñan do seu propio libro de rexistro, utilicen en común os mesmos medios de produción con outras de diferente libro rexistro, salvo que resulten todas aseguradas polos seus respectivos titulares.

Non serán explotacións asegurables os matadoiros nin as explotacións de autoconsumo.

Quedan expresamente excluídas das garantías do seguro as explotacións dedicadas á experimentación ou ensaio, as prazas de touros e demais explotacións dedicadas, exclusivamente, á celebración de espectáculos taurinos.

Para os efectos do seguro, para o pagamento da prima considéranse os seguintes sistemas de manexo:

1. Sistema de manexo de ceba industrial, cuxo fin único é a engorda intensiva de gando para a súa comercialización.

2. Sistemas de manexo de gando vacún reprodutor, con dúas clases de gando.

a. Gando de carne.

b. Gando de leite.

LIÑA 732/2014 – Páx. 4 de 21

3. Explotacións de tratantes ou operadores comerciais, é dicir, calquera persoa física ou xurídica rexistrada na actividade, dedicada directa ou indirectamente á compra e venda de animais con fins comerciais inmediatos.

Deberán asegurar neste sistema de manexo todas as explotacións das que sexan titulares, ben sexan de trato, ceba ou resto.

4. Explotacións bovinas especiais, entendendo como tales aquelas que, polas súas especiais e particulares prácticas de manexo e produción, contan con resultados actuariais que implican un tratamento tarifario específico para os efectos do seguro. Entre estas distínguense os centros de concentración, entendidas como explotacións intermedias entre as de produción e os matadoiros, nas que os animais están poucos días para finalizar a ceba antes da súa entrada ao matadoiro, ou coa finalidade de concentrar a oferta de animais para o seu sacrificio inmediato, ou diferidos uns poucos días, neles. Non se considerarán como tales aquelas explotacións onde os gandeiros concentran os seus animais co obxectivo de cebalos en común nin os centros de concentración de recría de animais para reposición ou vida.

TERCEIRA – ANIMAIS ASEGURADOS

Para que os gastos de recollida e destrución dun animal estean amparados polas garantías do seguro, estes deberán estar necesariamente identificados a título individual mediante o sistema de identificación e rexistro dos animais que establece a lexislación vixente, con marcas auriculares e, de ser o caso, co documento de identificación de bovinos.

As crías estarán amparadas desde o seu nacemento ata que se lles poña a marca auricular e se inscriban correctamente no libro de rexistro de explotación e RIIA, sempre e cando se comprobe que se seguiu o disposto no referido real decreto, e que a nai estea amparada segundo o parágrafo anterior.

Non estará asegurado e, consecuentemente, non terá dereito a ser indemnizado ningún animal que, aínda estando identificado individualmente, non figure nas bases de datos informatizadas do Sistema integrado de rastrexabilidade animal (cuxa sigla en castelán é SITRAN) e inscrito no libro de rexistro de explotación.

TIPOS DE ANIMAIS:

En todas as explotacións considérase un só tipo de animal por código de explotación, que inclúe todos os animais asegurables recollidos neste.

VALOR UNITARIO:

O valor unitario obteríase de multiplicar o peso do subproduto de referencia en quilos establecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para cada clase de gando, polo prezo en €/quilo que corresponda, comunicado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

LIÑA 732/2014 – Páx. 5 de 21

NÚMERO DE ANIMAIS DECLARADOS POLO ASEGURADO:

Ao subscribir o seguro, o asegurado declarará o censo que comporá, durante o período de cobertura, cada unha das súas explotacións, tendo en conta no caso de “sistemas de manexo do gando vacún reprodutor” os inscritos no RIIA, que deberá coincidir co libro de rexistro da explotación, e nos demais sistemas de manexo, o censo medio de animais que terá a explotación en calquera momento do período de garantías, que se calculará en virtude do censo rexistrado no RIIA os días 1 e 15 de cada mes. En ningún caso o número declarado poderá ser inferior ao censo real no momento de contratación que apareza no RIIA.

Nas explotacións de carne extensivas con parideira estacional, dentro do sistema de manexo “sistemas de manexo de gando vacún reprodutor”, nas que a recría non destinada a reposición se venda antes de facer 7 meses de idade, o número de animais que deben declararse será o dos reprodutores máis un 45 % de recría, e engadiranse os incorporados nacidos fóra da explotación.

Non obstante, cando o risco derivado do sistema de explotación que se vaia asegurar non poida ser asimilado con ningunha das clases de gando descritas anteriormente, debido ao volume de residuos que xera, regularizarase a póliza de acordo co asegurado para axustala ao risco real da súa explotación.

CUARTA – CAPITAL ASEGURADO

O capital asegurado fíxase no 100 % do valor asegurado da explotación.

VALOR DA EXPLOTACIÓN:

Nos sistemas de manexo do gando vacún reprodutor, o valor da explotación para os efectos do seguro é o resultado de multiplicar o número de animais inscritos no RIIA, que coincidirá cos do libro de rexistro de explotación, polo seu valor unitario.

Nos demais sistemas de manexo, será o resultado de multiplicar o censo medio de animais que terá a explotación en calquera momento do período de garantías, e como mínimo o censo real no momento de contratar que apareza no RIIA, polo seu valor unitario.

VALOR ASEGURADO DA EXPLOTACIÓN:

O valor asegurado da explotación, para os efectos do seguro, é o resultado de multiplicar o número de animais declarados polo asegurado ao realizar a súa declaración de seguro polo seu valor unitario.

En caso de sinistro, o valor máximo garantido para os efectos de indemnización terá como límite o custo en €/quilo de retirar e destruír os quilos correspondentes ao total de animais garantidos correctamente asegurados na póliza.

LIÑA 732/2014 – Páx. 6 de 21

QUINTA – TITULAR DO SEGURO

O titular do seguro será o titular da explotación ou da subexplotación que figure no seu código REGA. Igualmente poderá ser titular da póliza toda aquela persoa, física ou xurídica, que tendo interese no ben asegurable, figure nalgún apartado do devandito código REGA, ou no Rexistro individual de identificación animal (RIIA).

O asegurado incluirá nunha única declaración de seguro todas as explotacións de gando vacún que posúa no ámbito de aplicación deste seguro. Exceptúanse os casos de explotacións que estean autorizadas para o aproveitamento para aves necrófagas, segundo estableza a normativa vixente.

SEXTA – ÁMBITO DE APLICACIÓN DO SEGURO

O ámbito de aplicación deste seguro esténdese a todas as explotacións asegurables das comunidades autónomas do territorio nacional establecidas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Están excluídos os sinistros acontecidos fóra do ámbito de aplicación do seguro.

* A RIOXA: Exclúense do ámbito de aplicación, no sistema de manexo gando vacún reprodutor - clase de gando de carne, os concellos indicados no anexo I.

SÉTIMA – ENTRADA EN VIGOR E TOMA DE EFECTO

A entrada en vigor da póliza iníciase ás cero horas do día seguinte a aquel en que o tomador do seguro pague a prima única, sempre que previa ou simultaneamente se formalizase a declaración de seguro. Neste momento tomarán efecto as garantías do seguro.

Para os asegurados que paguen a prima -ao contado ou o primeiro pagamento en caso de fraccionamento- nun prazo de dez días antes ou despois da fin das garantías do anterior seguro para a compensación dos gastos derivados da retirada e destrución de animais bovinos mortos na explotación, considerarase data de entrada en vigor do novo seguro a do remate de garantías do anterior.

A toma de efecto das garantías das modificacións de capital asegurado notificadas polo asegurado no impreso correspondente será a data da súa recepción en AGROSEGURO no seu domicilio social, c/ Gobelas, 23, 28023 MADRID.

A toma de efecto das garantías dos novos animais incluídos na explotación ao longo da vixencia do seguro será ás cero horas do día seguinte ao día da súa correcta inscrición no libro de rexistro da explotación, acreditable coa documentación oficial que o titular está obrigado a manter.

LIÑA 732/2014 – Páx. 7 de 21

OITAVA – MODIFICACIÓNS DO CAPITAL ASEGURADO POR ALTAS E BAIXAS DE ANIMAIS NA EXPLOTACIÓN.

MODIFICACIÓNS DE CAPITAL POR ALTA DE NOVOS ANIMAIS:

No caso de que ao longo da vixencia do contrato a diferenza entre o valor da explotación e o valor asegurado supere o 7 % do valor da explotación, o asegurado deberá remitirlle o documento de modificación do capital asegurado a AGROSEGURO no seu domicilio social, c/ Gobelas 23, 28023 MADRID.

AGROSEGURO procederá a emitir o recibo da prima correspondente ao período comprendido entre a toma de efecto das garantías da modificación e o vencemento da póliza.

MODIFICACIÓNS DE CAPITAL POR BAIXA DE ANIMAIS:

No caso de que a diferenza negativa entre o valor da explotación e o valor asegurado sexa, en valor absoluto, superior ao 7 % do valor da explotación, debido ás baixas de animais que non desen lugar a indemnización (por venda, sacrificio, etc.), o asegurado poderá solicitar a devolución da prima comercial correspondente ao capital dos animais que causan baixa, remitíndolle o impreso correspondente a AGROSEGURO no seu domicilio social, c/ Gobelas, 23, 28023 MADRID.

No caso de alertas sanitarias tamén poderá ser solicitada a devolución da prima comercial correspondente en aqueles casos nos que as autoridades competentes prohiban levar a cabo as recollidas de cadáveres nas explotacións.

A prima de comercial devolta será a correspondente ao período comprendido entre a comunicación da modificación por baixa e o vencemento da póliza.

As regularizacións de prima pola modificación do capital asegurado efectuaranse polo mesmo procedemento previsto para o pagamento da prima na condición especial décima.

NOVENA – PERÍODO DE GARANTÍA E DURACIÓN DO CONTRATO

As garantías inícianse coa toma de efecto, unha vez finalizado o período de carencia, e terminarán ás cero horas do día en que faga un ano, contado desde a data de entrada en vigor do seguro e, en todo caso, coa baixa do animal no libro de rexistro da explotación.

Na contratación de pagamento ao contado, establécese un período de carencia, en días completos contados desde a entrada en vigor do seguro, de 7 días para os novos asegurados e aqueles que non paguen a prima nun prazo de dez días despois da fin das garantías do seguro anterior.

As modificacións de capital vencerán o mesmo día no que se produza o vencemento da declaración de seguro.

LIÑA 732/2014 – Páx. 8 de 21

Cando expire o período de garantías indicado nos parágrafos anteriores, entenderase prorrogado o contrato polo prazo dun ano, e así sucesivamente ao remate de cada anualidade.

O tomador ou o asegurado poderán opoñerse á prórroga do contrato mediante unha notificación expresa a Agroseguro, a través de carta certificada ou telegrama, con anterioridade ao vencemento do contrato, caso no que o contrato quedará extinguido cando venza o período en curso. Neste caso, se o recibo fose cargado na conta do tomador, Agroseguro reintegrará o seu importe.

DÉCIMA – PAGAMENTO DA PRIMA

O pagamento da prima única poderá efectuarse dalgunha das dúas formas seguintes:

A) Ao contado:

1) PRIMEIRA PRIMA

O pagamento será realizado ao contado polo tomador do seguro mediante o ingreso directo ou a transferencia bancaria realizada a favor da conta de AGROSEGURO, aberta na entidade de crédito que AGROSEGURO estableza no momento da contratación.

A data de pagamento da prima será a que figure no xustificante bancario como data do ingreso directo ou data da transferencia.

Para estes efectos, en ningún caso se entenderá realizado o pagamento cando este se lle efectúe directamente ao mediador de seguros.

Tratándose de seguros colectivos, o tomador, a medida que vaia incluíndo os seus asociados no seguro, subscribindo para o efecto as oportunas aplicacións, acreditará o pagamento da parte da prima única ao seu cargo correspondente a estas aplicacións e achegará, por cada remesa que efectúe, a copia do xustificante bancario do ingreso realizado.

Para estes efectos enténdese por data da transferencia aquela da recepción, na entidade de crédito da orde de transferencia do tomador, sempre que entre esta e a data na que a dita orde se cursase efectivamente ou executase non medie máis dun día hábil.

No caso de que entre a data de recepción da orde e a do curso efectivo desta pola entidade de crédito medie máis dun día hábil, considerarase a data de pagamento da prima o día hábil anterior á data na que a entidade cursase efectivamente ou executase a transferencia.

Ademais, AGROSEGURO aceptará como data da orde de pagamento a do envío da carta certificada ou da recepción do fax nas súas oficinas centrais, que inclúa a copia da orde de transferencia con selo e data da recepción da entidade bancaria, e a relación de aplicacións incluídas neste pagamento co seu importe (remesa de pagamento).

LIÑA 732/2014 – Páx. 9 de 21

2) PRIMAS SUCESIVAS

O tomador do seguro está obrigado ao pagamento das sucesivas primas ao vencer a anualidade anterior. Agroseguro procederá ao cargo na conta bancaria do tomador.

A prima dos períodos sucesivos será a que resulte de aplicar á suma asegurada as tarifas que, fundadas en criterios técnico-actuariais, teña establecidas en cada momento Agroseguro, tendo en conta, ademais, as modificacións de garantías e as modificacións no valor dos bens asegurados.

Agroseguro, polo menos con 2 meses de anterioridade ao vencemento do contrato, notificaralles ao tomador e ao asegurado a prima para cada novo período de cobertura, e comunicaralles a data de presentación ao cobramento na conta bancaria do tomador.

No caso de falta de pagamento dunha das primas sucesivas, o contrato queda resolto un mes despois do día de vencemento da anualidade anterior, e procederá Agroseguro a notificarlles esta circunstancia ao tomador e ao asegurado.

B) Fraccionadamente:

Poderán acollerse a esta modalidade de pagamento os asegurados que cumpran os requisitos establecidos nos documentos de solicitude de pagamento fraccionado (incluídos nos anexos II e III), nos que figuran as condicións que rexen este sistema, entre as que se detallan: a contía mínima para poder acollerse, o procedemento para a formalización da solicitude, a forma e períodos de pagamento e as consecuencias do non pagamento.

O asegurado que escollese esta modalidade de pagamento fraccionado deberá asinar o correspondente documento de solicitude.

DÉCIMO PRIMEIRA – OBRIGAS DO TOMADOR OU DO ASEGURADO

Ademais do establecido na condición xeral sétima, o tomador do seguro e asegurado están obrigados a:

I. O tomador está obrigado a facilitar a conta bancaria que designe para a domiciliación dos recibos das primas sucesivas.

II. Incluír na declaración de seguro a totalidade de animais vacúns de todas as explotacións que posúa no ámbito de aplicación deste seguro.

O incumprimento desta obriga, se o valor da explotación é superior en máis dun 7 % ao valor asegurado, dará lugar á perda do dereito á indemnización de toda a póliza.

LIÑA 732/2014 – Páx. 10 de 21

O asegurado terá un prazo de 5 días hábiles desde o requirimento fidedigno de Agroseguro por tal incidencia para proceder ao aseguramento correcto das súas explotacións.

Agroseguro procederá a emitir o recibo da prima correspondente a todo o período de garantías establecido no seguro, incrementada nun 10 % cando a diferenza do valor da explotación sexa superior ao valor asegurado entre un 7 % e un 20 %, e nun 15 % se a diferenza é superior a un 20 %.

III. O titular do seguro deberá notificarlle á autoridade competente do REGA da súa comunidade autónoma todos os cambios ou modificacións que sexan necesarios para unha correcta identificación da explotación, do titular e dos bens asegurables.

IV. Manter actualizado o libro de rexistro da explotación, así como os datos asentados no RIIA, seguindo o establecido na lexislación vixente. A existencia de defectos na identificación e inscrición dos animais dará lugar á perda do dereito á indemnización ata a acreditación de que o libro de rexistro da explotación e RIIA foron actualizados.

V. No caso de sinistro, Agroseguro poderá requirirlle ao tomador do seguro ou asegurado o certificado de destrución do cadáver, conforme o especificado na primeira condición especial, no que conste claramente a identificación completa do animal e os datos do libro de rexistro da explotación á que pertence o animal. Esta documentación tamén poderá remitila a xestora que realice a retirada e destrución do cadáver.

VI. Permitirlles a AGROSEGURO e aos técnicos por ela designados a inspección en todo momento dos bens asegurados, e facilitarlles a entrada nas instalacións das explotacións aseguradas e o acceso á documentación que teña no seu poder en relación con estas, en especial o libro de rexistro da explotación e documento de identificación de bovinos (DIB).

VII. Comunicar todas as circunstancias e incidencias danosas susceptibles de agravar o risco.

O incumprimento das obrigas previstas no apartado VI, cando impida a adecuada valoración do risco ou das circunstancias e consecuencias do sinistro, suporá a perda do dereito á indemnización que puidese corresponderlle ao asegurado.

DÉCIMO SEGUNDA – DETERMINACIÓN DO IMPORTE DA INDEMNIZACIÓN E PAGAMENTO DESTA

AGROSEGURO procederá á súa indemnización unha vez comprobada a documentación sinalada na condición décimo primeira e o correcto aseguramento da explotación.

O pagamento da indemnización poderao realizar directamente Agroseguro, no nome e por conta do asegurado, á empresa xestora que realice a retirada e destrución do cadáver, acredora dos

LIÑA 732/2014 – Páx. 11 de 21

gastos en que se incorreu ata o límite da indemnización. Con este obxecto Agroseguro comunicaralle os datos necesarios da póliza á entidade xestora. A subscrición do seguro implica a autorización do asegurado nese sentido.

CÁLCULO DO VALOR INDEMNIZABLE:

No caso de sinistro, o importe do gasto indemnizable virá determinado polo peso en quilos dos animais retirados e destruídos, por prezo en €/quilo, cun máximo comunicado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, tendo en conta que a comunidade autónoma á que corresponden os animais sinistrados será aquela na que se recollan.

DÉCIMO TERCEIRA – CLASE ÚNICA

Para os efectos do establecido no artigo 4 do Regulamento para aplicación da Lei 87/1978 sobre seguros agrarios combinados, considéranse clase única todas as explotacións de gando vacún, xa sexan de reprodución e de recría, de ceba industrial, de lida ou de alta valoración xenética.

Consecuentemente, o gandeiro que decida asegurar unha das súas explotacións queda obrigado a asegurar todas as de gando vacún antes citadas que posúa no ámbito de aplicación deste seguro.

Non obstante, nas comunidades autónomas que desenvolvesen normativa específica para a alimentación de especies necrófagas de interese comunitario, permitirase non asegurar aquelas explotacións que estean autorizadas pola autoridade competente nas zonas de protección, ou que mediante autorización subministren todos os animais mortos ás esterqueiras autorizadas.

DÉCIMO CUARTA – CONDICIÓNS TÉCNICAS MÍNIMAS DE EXPLOTACIÓN E MANEXO

Serán as establecidas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para que os bens estean garantidos.

O incumprimento das condicións técnicas mínimas de explotación e manexo suporá a perda do dereito á indemnización dos eventuais sinistros.

En tal sentido, o asegurado está obrigado a facilitar o acceso á explotación e á documentación precisa con motivo dunha inspección de comprobación do cumprimento das condicións técnicas mínimas.

DÉCIMO QUINTA – CONSULTA E VERIFICACIÓN DA INFORMACIÓN

De acordo co disposto na letra c) do apartado 2 do artigo 11 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a subscrición deste seguro implica o consentimento do asegurado para que:

LIÑA 732/2014 – Páx. 12 de 21

1. ENESA acceda á información necesaria contida na base de datos do Sistema integral de rastrexabilidade animal (cuxa sigla en castelán é SITRAN) para o cumprimento das funcións de verificación que ten atribuídas no marco deste seguro.

2. A Administración xeral do Estado autorice a AGROSEGURO o acceso á información necesaria contida na base de datos do Sistema integral de rastrexabilidade animal (cuxa sigla en castelán é SITRAN) para a valoración dos animais e da explotación asegurada, así como para o cumprimento das funcións de verificación que ten atribuídas no marco dos seguros agrarios combinados.

3. AGROSEGURO envíe a ENESA aquela información de carácter zoosanitario que lle sexa requirida para facilitar o cumprimento das tarefas encomendadas ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, tanto en relación co control do desenvolvemento e aplicación do Plan de seguros agrarios como no que respecta á sanidade animal.

4. No marco do seguimento do resultado deste seguro, se AGROSEGURO detectase aumentos das mortalidades en taxas desproporcionadas en relación co censo ou capacidade declarada, ou sinistros masivos ou outras magnitudes que fagan sospeitar de enfermidade de declaración obrigatoria segundo o artigo 5 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, informará inmediatamente a ENESA para a súa comunicación á autoridade competente.

DÉCIMO SEXTA – AXUSTES DE PRIMAS PARA SUCESIVAS CONTRATACIÓNS

Para o gandeiro ou a súa explotación que estivese en cobertura nalgunha campaña anterior no seguro para a cobertura de gastos derivados da destrución de animais bovinos mortos na explotación ou prorrogue neste seguro renovable en sucesivos plans, a prima que se deberá pagar será axustada conforme as bonificacións ou recargas que se especifican na táboa seguinte:

Coeficiente de indemnización a prima comercial neta (%) Condición

anterior Ata 35 36 ao 55 % 56 ao 105 106 ao 130 131 ao 160 > de 160 Bonif. 20 % Bonif. 20 % Bonif. 20 % Bonif. 20 % Bonif. 10 % NEUTRO NEUTRO Bonif. 10 % Bonif. 20 % Bonif. 20 % Bonif. 10 % NEUTRO NEUTRO Recar. 10 %Neutro 0 % Bonif. 20 % Bonif. 10 % NEUTRO Recar. 10 % Recar. 25 % Recar. 50 %

Recar. 10 % NEUTRO NEUTRO Recar. 10 % Recar. 25 % Recar. 25 % Recar. 50 %Recar. 25 % NEUTRO Recar. 10 % Recar. 25 % Recar. 25 % Recar. 50 % Recar. 50 %Recar. 50 % Recar. 10 % Recar. 25 % Recar. 50 % Recar. 50 % Recar. 50 % Recar. 50 %

Para considerarse recargado, debeu ter polo menos dous sinistros. Nos casos nos que se producisen menos de dous sinistros, non se aplicará recarga e a súa condición será a de neutro.

LIÑA 732/2014 – Páx. 13 de 21

Onde:

− Condición anterior:

Bonificación ou recarga aplicada á última contratación do seguro, excepto para aqueles asegurados que, por transcorrer máis de 3 anos desde a súa última contratación, subscriban o seguro sen medida (coma se fosen neutros). Neste caso, para a seguinte renovación, considerarase como condición anterior a medida xerada para a póliza inmediatamente anterior á última contratación.

− Coeficiente de indemnización a prima comercial neta (datos do seguro de retirada de gando vacún ou deste mesmo seguro renovable en plans sucesivos):

∗ Base de cálculo: período comprendido entre catro meses antes do vencemento da última póliza contratada ata catro meses antes do vencemento da póliza anterior á última contratada.

- Para aqueles asegurados cun único ano de contratación (ben nesta liña renovable, ben na de cobertura de gastos derivados da destrución de animais bovinos mortos na explotación), terase en conta o período dos 8 primeiros meses da póliza que vence.

∗ Indemnización: a suma de todas as indemnizacións aboadas no período indicado na base de cálculo.

∗ Prima comercial neta: a prima comercial neta de bonificacións incrementada coas recargas, se as houbese, do último seguro contratado.

- Para aqueles asegurados cun único ano de contratación, terase en conta a prima comercial neta dividida entre 12 meses e multiplicada por 8, para enfrontala ao mesmo período de indemnizacións.

∗ O resultado de dividir a suma de indemnizacións pola prima comercial neta antes calculada, multiplicado por 100, determinará o coeficiente da táboa (entrada de columna na táboa). O arredondamento desta división hase facer ao enteiro inmediatamente inferior ou superior segundo a parte decimal do resultado do cálculo sexa inferior a 0,01 ou igual ou superior a esta cantidade, respectivamente.

DÉCIMO SÉTIMA – ELECCIÓN DE EMPRESA XESTORA

No momento de subscribir o seguro, nas comunidades autónomas nas que así se estableza, o asegurado elixirá libremente a empresa xestora que lle vaia dar o servizo. A elección farase entre todas aquelas xestoras que operen nas devanditas comunidades autónomas dentro do sistema de seguros agrarios combinados.

LIÑA 732/2014 – Páx. 14 de 21

Co fin de facilitarlle ao asegurado esta elección, AGROSEGURO comunicaralle ao asegurado a lista de todas as xestoras, así como o prezo fixado por cada unha delas para prestar o servizo.

A elección da xestora polo asegurado farase de forma irrevogable para todo o período de vixencia da póliza.

Con independencia do anterior, en todas as comunidades autónomas, salvo Castela-A Mancha, poderá admitirse un prezo pactado polo asegurado cunha das xestoras que operen na súa comunidade dentro do sistema de seguros agrarios combinados inferior ao comunicado ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

LIÑA 732/2014 – Páx. 15 de 21

ANEXO I

A RIOXA: Exclúense do ámbito de aplicación, no sistema de manexo gando vacún reprodutor - clase de gando de carne, os concellos indicados a continuación.

CÓD. CONCELLO CÓD. CONCELLO 001 ÁBALOS 028 BERGASA

003 AGUILAR DEL RÍO ALHAMA 029 BERGASILLAS BAJERA

004 AJAMIL 030 BEZARES

012 ALMARZA DE CAMEROS 031 BOBADILLA

014 ANGUIANO 032 BRIEVA DE CAMEROS 017 ARNEDILLO 035 CABEZÓN DE CAMEROS 018 ARNEDO 037 CAMPROVÍN 026 BAÑOS DE RÍO TOBÍA 038 CANALES DE LA SIERRA 027 BERCEO 044 CASTROVIEJO 045 CELLORIGO 118 PRADILLO

047 CERVERA DEL RÍO ALHAMA 119 PREJANO

051 CLAVIJO 121 RABANERA 054 CORNAGO 122 EL RASILLO 057 DAROCA DE RIOJA 126 ROBRES DEL CASTILLO 058 ENCISO 128 SAJAZARRA 060 ESTOLLO 130 SAN MILLÁN DE LA

COGOLLA 061 EZCARAY 132 SAN ROMÁN DE CAMEROS 062 FONCEA 134 SANTA COLOMA 065 GALBARRULI 135 STA. ENGRACIA DEL JUBERA

067 GALLINERO DE CAMEROS 136 STA. EULALIA BAJERA

069 GRAÑÓN 140 SANTURDE 070 GRÁVALOS 141 SANTURDEJO 071 HARO 142 SAN VICENTE SONSIERRA 072 HERCE 143 SOJUELA

077 HORNILLOS DE CAMEROS 145 SOTÉS

080 IGEA 146 SOTO EN CAMEROS 081 JALÓN DE CAMEROS 147 TERROBA

082 LAGUNA DE CAMEROS 149 TOBÍA

083 LAGUNILLA DEL JUBERA 151 TORRECILLA DE CAMEROS

086 LEDESMA DE LA COGOLLA 153 TORRE EN CAMEROS

088 LEZA DEL RÍO LEZA 161 VALDEMADERA

LIÑA 732/2014 – Páx. 16 de 21

CÓD. CONCELLO CÓD. CONCELLO 091 LUMBRERAS 162 VALGAÑÓN 093 MANSILLA 164 VENTROSA

094 MANZANARES DE RIOJA 165 VIGUERA

095 MATUTE 166 VILLALBA DE RIOJA

098 MUNILLA 169 VILLANUEVA DE CAMEROS

100 MURO DE AGUAS 171 VILLAR DE TORRE 101 MURO DE CAMEROS 172 VILLAREJO 103 NALDA 173 VILLARROYA 104 NAVAJÚN 174 VILLARTA–QUINTANA 106 NESTARES 175 VILLAVELAYO 107 NIEVA DE CAMEROS 176 VILLAVERDE DE RIOJA 108 OCÓN 177 VILLOSLADA DE CAMEROS 110 OJACASTRO 178 VINIEGRA DE ABAJO 112 ORTIGOSA 179 VINIEGRA DE ARRIBA 113 PAZUENGOS 181 ZARZOSA 114 PEDROSO 183 ZORRAQUÍN 115 PINILLOS

LIÑA 732/2014 – Páx. 17 de 21

DOCUMENTO ANEXO II DO SEGURO RED

Plan_____ Liña________________________ Cód. liña_______

Número de referencia de aplicación Número de referencia de seguro colectivo

SOLICITUDE DE PAGAMENTO FRACCIONADO (POLO ASEGURADO)

Só poderán acollerse a esta modalidade de pagamento aquelas declaracións de seguro cun custo da prima a cargo do tomador que sexa igual ou superior a 300 €

Datos do asegurado Nome e apelidos/Razón social NIF/CIF

Enderezo electrónico Teléfono móbil

SOLICITA realizar o pagamento fraccionado da prima relativa á declaración de seguro citada de acordo coas seguintes

CONDICIÓNS

1.- FORMALIZACIÓN DA SOLICITUDE

Para entender realizada a presente solicitude será necesario presentar conxuntamente no momento da subscrición do seguro, ou 15 días antes da data de renovación das pólizas renovables, os seguintes documentos orixinais asinados da súa man polo asegurado:

a) Esta solicitude como aceptación íntegra das condicións de fraccionamento.

b) Mandato ou orde de domiciliación dos recibos de fraccionamento na conta bancaria IBAN que no dito documento se consigne.

c) Consentimento para cargar na dita conta os correspondentes recibos.

d) Fotocopia lexible por ambas as caras do NIF/CIF do asegurado que asina esta solicitude. No caso de ser unha persoa xurídica, na sinatura de todos os documentos estamparase ademais o selo da entidade e incluirase unha fotocopia clara das escrituras notariais de outorgamento de poderes da/s persoa/s que asina/n. De non existir outorgamento, os documentos deberán ser asinados por todos os socios da entidade solicitante e incluirase unha fotocopia clara do documento que acredite que eles son todos os socios, así como unha fotocopia do NIF/CIF de cada un deles. No caso de tratarse dunha comunidade de bens, deberán asinar todos os copartícipes e anexar fotocopia do NIF/CIF de todos eles e do documento de constitución da comunidade.

A falta de presentación de calquera dos ditos documentos na forma e prazos expostos deixará sen efecto esta solicitude.

2.- FORMA DE PAGAMENTO

a) Pólizas non renovables ou primeira contratación dunha póliza renovable

O pagamento da prima única fraccionarase en tres pagamentos de igual importe.

Pagamento da primeira fracción. Será aboada no momento mesmo da subscrición do seguro, e seralle de aplicación o mesmo réxime previsto nas condicións xerais e especiais para o pagamento da prima única.

Pagamento das dúas seguintes fraccións. Realizarase mediante domiciliación bancaria na conta bancaria sinalada no mandato ou orde de domiciliación. Os recibos correspondentes a estas fraccións pasaranse para o cobramento bancario aos 90 e 210 días, respectivamente, da data de entrada en vigor do seguro.

En caso de ter que regularizar a prima, axustaranse os fraccionamentos pendentes de pagamento de acordo co novo custo que resulte da regularización.

LIÑA 732/2014 – Páx. 18 de 21

b) Renovacións de pólizas (seguros renovables de máis dun ano)

Para a primeira renovación e seguintes, farase exactamente da mesma forma exposta no punto a), coa única diferenza de que a primeira fracción tamén se cobrará por domiciliación bancaria, e pasarase o cobramento do correspondente recibo na data da renovación.

En ningún caso se entenderá que existe renovación de póliza se o ano anterior non se contratou.

3.- NON PAGAMENTO

As fraccións entenderanse satisfeitas na data de emisión do recibo correspondente, salvo que, tentado o cobramento, non existisen fondos suficientes na conta facilitada ou se producise a devolución do recibo por calquera causa non imputable a AGROSEGURO.

a.- Pólizas non renovables ou primeira contratación dunha póliza renovable

Non pagamento da primeira fracción. Regularase de acordo co disposto para a prima única nas condicións xerais e especiais. En todo caso, se non foi pagada antes de que se produza o sinistro AGROSEGURO quedará liberada da súa obriga, salvo pacto en contra.

Non pagamento das fraccións seguintes. No caso de non pagamento dunha fracción AGROSEGURO poderá optar entre anular a modalidade de pagamento fraccionado e esixir o total da prima pendente na data ou ben esixir o importe do recibo non pagado. AGROSEGURO comunicaralles por escrito ao asegurado e ao tomador a falta de pagamento, indicando a posibilidade de aboar o importe nunha conta bancaria de AGROSEGURO cuxos datos se lles facilitarán no dito escrito.

De non producirse o pagamento, aos 30 días de vencemento o seguro quedará automaticamente e sen necesidade de notificación ningunha en suspenso, e AGROSEGURO non se fará cargo dos sinistros que puidesen acontecer a partir dese momento.

Estando o contrato en suspenso, AGROSEGURO poderá resolvelo naqueles casos en que así llo comunique expresamente por escrito, unha vez recibida a notificación por esta circunstancia, quedando sempre as fraccións pagadas para AGROSEGURO. No non previsto expresamente neste documento, aplicarase subsidiariamente o disposto para as primas sucesivas no artigo 15 da Lei do contrato de seguro.

A cobertura do seguro volverá ter efecto ás 24 horas do día en que se pague a correspondente fracción, sempre que non se resolvese previamente o contrato.

O non pagamento dunha fracción facultará a AGROSEGURO para denegar a posibilidade de acollerse a esta modalidade de pagamento en futuras contratacións.

b.- Pólizas renovables: No caso de non pagamento de calquera das fraccións seralle aplicable o disposto no punto a) anterior.

En todo o previsto expresamente neste documento, tanto para a modalidade a) como b), aplicarase o disposto nos parágrafos segundo e terceiro do artigo 15 da Lei do contrato de seguro para o pagamento "das primas seguintes".

4.- DURACIÓN DA SOLICITUDE

No caso de pólizas non renovables deberase formalizar unha nova solicitude con cada póliza contratada. No caso de renovacións, a presente modalidade continuarase aplicando automaticamente nas sucesivas renovacións da póliza sempre que se continúe cumprindo cos requisitos esixidos para poder elixir esta modalidade, salvo que o obrigado ao pagamento comunique expresamente por escrito antes do vencemento da póliza o cambio de modalidade.

AGROSEGURO reserva para si expresamente para todo tipo de contratación o dereito a anular esta forma de pagamento para futuras contratacións. No caso das renovacións a anulación deberase realizar por escrito dirixido ao obrigado ao pagamento cun prazo de dous meses anterior ao vencemento da póliza.

5.- ALCANCE DESTA SOLICITUDE

Este documento unicamente modifica as condicións xerais e especiais nos aspectos que expresamente se establecen, e serán de plena aplicación as citadas condicións para todo o non previsto neste anexo.

Como proba de conformidade con todo o anterior, así como coas condicións xerais e especiais da póliza que declara ter e coñecer, asínase este documento nesta data.

Asdo.: O asegurado ou o seu representante legal

…….. de …………………... de …………

Código interno de entidade

LIÑA 732/2014 – Páx. 19 de 21

DOCUMENTO ANEXO III DO SEGURO RED

Plan_____ Liña________________________ Cod. liña_______

Número de referencia de aplicación Número de referencia de seguro colectivo

SOLICITUDE DE PAGAMENTO FRACCIONADO (POLO TOMADOR)

Só poderán acollerse a esta modalidade de pagamento aquelas declaracións de seguro cun custo da prima a cargo do tomador que sexa igual ou superior a 300 €

Datos do tomador Nome e apelidos/Razón social NIF/CIF

Datos do asegurado

Nome e apelidos/Razón social NIF/CIF

Enderezo electrónico Teléfono móbil

Os asinantes SOLICITAN realizar o pagamento fraccionado da prima relativa á declaración de seguro citada de acordo coas seguintes

CONDICIÓNS

1.- FORMALIZACIÓN DESTA SOLICITUDE

Para entender realizada a presente solicitude será necesario presentar conxuntamente no momento da subscrición do seguro, ou 15 días antes da data de renovación das pólizas renovables, os seguintes documentos orixinais:

e) Esta solicitude asinada da súa man polo tomador e o asegurado como aceptación íntegra das condicións de fraccionamento.

f) Mandato ou orde de domiciliación dos recibos de fraccionamento na conta bancaria IBAN do tomador que no dito documento se consigne, asinado da súa man polo tomador.

g) Consentimento asinado da súa man polo tomador para cargar na dita conta os correspondentes recibos.

h) Fotocopia lexible por ambas as caras do NIF/CIF do asegurado e do tomador. No caso de ser unha persoa xurídica, na sinatura de todos os documentos estamparase ademais o selo da entidade e incluirase unha fotocopia clara das escrituras notariais de outorgamento de poderes da/s persoa/s que asina/n. De non existir outorgamento, os documentos deberán ser asinados por todos os socios da entidade solicitante, e incluirase unha fotocopia clara do documento que acredite que eles son todos os socios, así como unha fotocopia do NIF/CIF de cada un deles. No caso de tratarse dunha comunidade de bens deberán asinar todos os copartícipes e anexar fotocopia do NIF/CIF de todos eles e do documento de constitución da comunidade.

A falta de presentación de calquera dos ditos documentos na forma e prazos expostos deixará sen efecto esta solicitude.

2.- FORMA DE PAGAMENTO

a) Pólizas non renovables ou primeira contratación dunha póliza renovable

O pagamento da prima única fraccionarase en tres pagamentos de igual importe.

Pagamento da primeira fracción. Será aboada no momento mesmo da subscrición do seguro, e seralle de aplicación o mesmo réxime previsto nas condicións xerais e especiais para o pagamento da prima única.

Pagamento das dúas seguintes fraccións. Realizarase mediante domiciliación bancaria na conta bancaria sinalada no mandato ou orde de domiciliación. Os recibos correspondentes a estas fraccións pasaranse para o cobramento bancario aos 90 e 210 días, respectivamente, da data de entrada en vigor do seguro.

CODIGO IBAN DA CONTA: E S

LIÑA 732/2014 – Páx. 20 de 21

En caso de ter que regularizar a prima, axustaranse os fraccionamentos pendentes de pagamento de acordo co novo custo que resulte da regularización.

b) Renovacións de pólizas (seguros renovables de máis dun ano)

Para a primeira renovación e seguintes, farase exactamente da mesma forma exposta no punto a), coa única diferenza de que a primeira fracción tamén se cobrará por domiciliación bancaria, e pasarase o cobramento do correspondente recibo na data da renovación.

En ningún caso se entenderá que existe renovación de póliza se o ano anterior non se contratou.

3.- NON PAGAMENTO

As fraccións entenderanse satisfeitas na data de emisión do recibo correspondente, salvo que, tentado o cobramento, non existisen fondos suficientes na conta facilitada ou se producise a devolución do recibo por calquera causa non imputable a AGROSEGURO.

a.- Pólizas non renovables ou primeira contratación dunha póliza renovable

Non pagamento da primeira fracción. Regularase de acordo co disposto para a prima única nas condicións xerais e especiais. En todo caso, se non foi pagada antes de que se produza o sinistro AGROSEGURO quedará liberada da súa obriga, salvo pacto en contra.

Non pagamento das fraccións seguintes. No caso de non pagamento dunha fracción AGROSEGURO poderá optar entre anular a modalidade de pagamento fraccionado e esixir o total da prima pendente na data ou ben esixir o importe do recibo non pagado. AGROSEGURO comunicaralle por escrito ao tomador a falta de pagamento, indicando a posibilidade de aboar o importe nunha conta bancaria de AGROSEGURO cuxos datos se lle facilitarán no dito escrito.

De non producirse o pagamento, aos 30 días de vencemento o seguro quedará automaticamente e sen necesidade de notificación ningunha en suspenso, e AGROSEGURO non se fará cargo dos sinistros que puidesen acontecer a partir dese momento.

Estando o contrato en suspenso, AGROSEGURO poderá resolvelo naqueles casos en que así llo comunique expresamente por escrito, unha vez recibida a notificación por esta circunstancia, quedando sempre as fraccións pagadas para AGROSEGURO. No non previsto expresamente neste documento, aplicarase subsidiariamente o disposto para as primas sucesivas no artigo 15 da Lei do contrato de seguro.

A cobertura do seguro volverá ter efecto ás 24 horas do día en que se pague a correspondente fracción, sempre que non se resolvese previamente o contrato.

O non pagamento dunha fracción facultará a AGROSEGURO para denegar a posibilidade de acollerse a esta modalidade de pagamento en futuras contratacións.

b.- Pólizas renovables: No caso de non pagamento de calquera das fraccións seralle aplicable o disposto no punto a) anterior.

En todo o previsto expresamente neste documento, tanto para a modalidade a) como b), aplicarase o disposto nos parágrafos segundo e terceiro do artigo 15 da Lei do contrato de seguro para o pagamento "das primas seguintes".

4.- DURACIÓN DA SOLICITUDE

No caso de pólizas non renovables deberase formalizar unha nova solicitude con cada póliza contratada. No caso de renovacións, a presente modalidade continuarase aplicando automaticamente nas sucesivas renovacións da póliza sempre que se continúe cumprindo cos requisitos esixidos para poder elixir esta modalidade, salvo que o obrigado ao pagamento comunique expresamente por escrito antes do vencemento da póliza o cambio de modalidade.

AGROSEGURO reserva para si expresamente para todo tipo de contratación o dereito a anular esta forma de pagamento para futuras contratacións. No caso das renovacións a anulación deberase realizar por escrito dirixido ao obrigado ao pagamento cun prazo de dous meses anterior ao vencemento da póliza.

5.- ALCANCE DESTA SOLICITUDE

Este documento unicamente modifica as condicións xerais e especiais nos aspectos que expresamente se establecen, e serán de plena aplicación as citadas condicións para todo o non previsto neste anexo.

Como proba de conformidade con todo o anterior, así como coas condicións xerais e especiais da póliza que declara ter e coñecer, asínase este documento nesta data.

Asdo.: Polo tomador Asdo.: Polo asegurado

…….. de …………………... de …………

Código interno de entidade

LIÑA 732/2014 – Páx. 21 de 21

CE-125/2014