colección contos interculturais “contos do mundo” · o crocodilo, xa anoxado polas repetidas...

30
Colección contos interculturais “Contos do Mundo”

Upload: others

Post on 24-Sep-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Colección contos interculturais“Contos do Mundo”

Page 2: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

As lendas están feitas coa colaboración do Sr. Mamadou Saliou Diallo (coñecido como Zale)e os/as estudantes da escola CAFT (Centre d´Alphabétisation et Formation de Thiaroy).Adaptación contos, textos e actividades: David Puigmartí I Carrulla, Jessica Nuñez Rego e EvaMolares MarínIlustracións: Alicia Suárez OteroDeseño Gráfico: Ad-do Deseño et ComunicaciónCoordinación Campaña: Nuria FernándezEdición: Solidariedade Internacional de Galicia 2007

Campaña de educación intercultural para nenos e nenas doprimeiro ciclo de primaria: “Contos do Mundo”

Idade: 6 a 10 anos

Solidariedade Internacional de Galicia é unha organización non gobernamental dedesenvolvemento (ONGD), creada en 1996, de carácter laico e progresista.As nosas áreas de traballo son:- Realización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento, axuda humanitaria eaxuda de urxencia a favor das poboacións máis necesitadas de África, América Latina e OrientePróximo.- Realización de campañas de educación para o desenvolvemento e sensibilización.- Distribución e comercialización de produtos de artesanía e alimentación de comercio xusto.

“Contos do Mundo”

“Contos do Mundo”

98 124 35 06www.solidaridadgalicia.org

Page 3: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

LimiarComo senegalés de orixe, e vivindo agora en España, a referenciaque podo facer (e penso que así o faría calquera dos meuscompatriotas) fronte a este fermoso relato de Irene, é dende amiña testemuña vivencial.

África, a pesar da súa historia chea de tristeza, gardou sempreo seu sorriso e a súa esencia a través dos seus habitantes. Enrealidade, Irene, que tivo a oportunidade de vivir en Senegal,un dos países coñecidos pola súa hospitalidade e pola importanciaque lles dan ás súas persoas maiores, relátanos como os anciánse os nenos teñen relacións que deben servir de modelo para todoo mundo pola súa importancia na educación. Para eles, os anciánsson gardiáns de antigos coñecementos transmitidos á súadescendencia de maneira oral, en forma de contos ou anécdotasexpresadas con tanto enxeño e dozura que deixa nos nenos unhalección de moral dentro das súas consciencias, así ata que seapodera deles o sono e entón as nais pasan a recollelos nodespacho do avó, para levalos á cama.

Ao espertar ao novo día eles terán tempo de escoitar o canto dospaxaros antes de comezar as súas ocupacións.

Irene esperta co seu relato a morriña do meu país. Quero expoñeraquí, dende o máis fondo do meu corazón, o profundoagradecemento, en nome de todos os senegaleses e senegalesas,polo amor e a poesía que a escritora pon na súa narración.

DJIBRIL FAYE

Page 4: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Xuntos, e a través doscontos viaxamos coa imaxinación a diferentes paísesde América Central,ó Sáhara e á rexión andina, aonde viaxei cos meus pais acompañándoos no seutraballo como cooperantes.

Nesta ocasión véñovos falar de Senegal.Senegal é un país que está case na metade

de África, as súas costas son bañadas poloocéano Atlántico e a súa capital é Dakar.

Sabedes por qué Senegal se chama así? Contan que cando chegaronos europeos coas súas grandes naves, e se encontraron cosprimeiros habitantes achegáronse as súas piraguas e llespreguntaron como se chama esa terra sinalando cara abaixo. Os

nativos, que vían como os recen chegados sinalabanas súas piraguas comezaron a dicirlles na súa lingua,

o wolof, que non!

Sunu gaal! Sunu gaal! (¡Esta é a nosa piragua, é a nosapiragua!) - É por iso que a partir de entónchamáronlle Sunugal a este país, ou o que é o

mesmo: Senegal.

Aínda que eles falan o wolof e outras moitaslinguas, as comparten co francés, que é alingua oficial do país, e chegou Senegal conaqueles homes das grandes naves.

Ola! Son Irene de novo.

Page 5: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Durante a nosa visita, o encargado de ensinarnos todo sobreSenegal foi Mamboy, que quere dicir “vello”, chamarlle vella aunha persoa en Senegal, é unha honra, xa que en Senegal aspersoas maiores son moi respectadas e admiradas.

Tódalas

tard

es,

osne

nose

as

nenas sentabámonos baixo un baobab e alíMamboycontábanos

historiasso

breo

seupaís.

Page 6: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

O baobab é unha árbore que só crece en África e nalgún recunchode Australia. A súa textura e cor parécense ás da pel dun elefantee case nunca ten follas. Corren moitas historias de que os baobabsteñen as raíces cara ao ceo e as ramas na terra, pero só son historias...O que sí que é verdade, é que do baobab aprovéitase todo; a madeirapara a construción e para facer canoas, da cortiza sácanse fortesfíos que serven para trenzar cordas, facer cestos e para coser redesde pescar, e coas follas fanse ensaladas e infusións contra algunhasenfermidades. O froito do baobab chámase pan de mono, é coma unpequeno melón duro e cheo de sementes, pero o mellor de todo é quese come a lambetadas.

Alí, xusto baixo o baobab, coñecín unha parte da historia de Áfricaque ata entón descoñecía. Dicía Mamboy que a historia destecontinente está chea de tristezas e alegrías ao mesmo tempo.

Ah, que non sabedes o que é un baobab?

Page 7: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Contounos que hai xa moitotempo, en África convivíanmoitas tribos que se queríane axudaban, e algunhas outrasque sempre se pelexaban. Cadaunha tiña as súas costumes efalaba linguas diferentes. Áfricaera entón, (e aínda hoxe) uncontinente moi rico, e tiña grandescantidades de ouro, prata, diamantes,estaño e tamén café, algodón, cacao,maní... que resultaron ser moi interesantespara moitos países, especialmenteeuropeos.

Países como Francia, Alemaña, España, ePortugal, trasladáronse alí, sen facer caso das tribosque estaban en cada rexión, trazaron fronteiras pormedio dos pobos, dividiron familias, e as xuntaron nun mesmopaís, tribos inimigas de toda a vida.

Todos estes recursos serviron para enriquecer a moitas persoas,pero non ós africanos.

Page 8: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Senegal, díxonos Mamboy, pertenceu durantemoitos anos a Francia, por iso o francés é o seuidioma oficial. Pero ese non foi o único problemade África. Durante moitos anos, case trescentos,foi un continente explotado, a súapoboación viuse forzada a viaxar aoutros continentes comoAmérica, ondetiveron quetraballar durantemoitos anos sendereitos ninliberdade.

Page 9: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Despois de moitos anos, África foise independizando ata chegara ser o continente que é hoxe. Iso si, carrexando moitos problemasarrastrados dende entón. De feito, aínda que África é uncontinente moi, moi rico, a súa riqueza está tan mal repartidaque se converteu no continente máis pobre do mundo.

Mentres él falaba, todos prestabamos moita atención, sabía unmontón de cousas de África. Din en Senegal, que se morre unancián ou unha anciá, é como se queimaran unha biblioteca portoda a sabedoría que teñen, e, no caso de Mamboy, isto era bencerto.

Page 10: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Pero ben como dicía antes, Senegal tamén é un país con moitasalegrías, e as súas xentes son tamén moi xoviais e divertidas. Asíque Mamboy, pasounos a contar unha historia, xa que dicía, quea través dos contos, coa axuda da nosa imaxinación, pódenseaprender moitas cousas.

Queredes escoitala?

Page 11: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Nun lugar da sabana, había unha vez un crocodilo que estabaadormecido quentándose ao sol, cando por alí pasou unha avestruzbela e elegante ensinando as súas marabillosas plumas de cola.Non obstante, baixo a gran beleza desta ave ocultábase un seralgo presumido e insolente, xa que cando esta viu o crocodiloberroulle:

-Oh, mira! A criatura máis fea do reino animal! Ha, ha, ha. Unlagarto tomando o sol ao lado dun río. Ha, ha, ha.

O crocodilo, enfadado por que o espertaran inutilmente,respondeulle:

-Paxara ignorante, non é que sexa a criatura máis fea doreino animal, senón que son parente próximo dos grandesdinosauros e a que máis tempo leva cos pes na terra.

A avestruz mirando como os raios de luz se pousabansobre a súa plumaxe branca e negra, dirixiuseao crocodilo con arrogancia:- A que máis tempo leva cos pes naterra, si si! Cos pes e coa barriga!

(E púxose a rir a gargallada limpa):

-Ha, ha , ha, ha! porque es vago,preguiceiro e non sabes faceroutra cousa máis que tomar o sol edurmir todo o día.

CONTO DO CROCODILO E A AVESTRUZ

Page 12: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:

-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son unanimal de sangue frío que necesita os seus raios para moversecon axilidade, e grazas a que gasto pouca enerxía, non necesitoestar picando o chan todo o día como a ridícula ave que ti es.

(A dicir verdade, o crocodilo é un animal moi resistente que podeestar ata un ano sen comer! Ademais non ten depredadores e poriso, non lle fai falla esconderse, a non ser que non sexa parapoder cazar).

A avestruz, irritada porque o crocodilo lle chamou “ridícula” miroualtivamente as plumas da cola e volveuse sentir orgullosa da súabeleza e axilidade, de non necesitar dos raios do sol para demostrarque era a ave máis rápida que corría pola sabana, nin tirarse aaxuda para esconderse. Só necesitaba meter a cabeza entre aplumaxe das alas.

Mentres, o crocodilo continuou:

-Mira se es ridícula e pouco intelixente que candoqueres esconderte metes a cabeza entre as ás, asínon ves os inimigos e pensas que estás a salvo. Ha,ha, ha, ha!

A ave tivo a súa quenda de réplica:

-Pois non sei que é máis ignorante! Porque seescondo a cabeza é para confundirme cunarbusto, e así pasardesapercibida.

Page 13: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

(A verdade é que a artimaña lle funcionaba, ¡porque senón nonpodería contalo ata o momento!)

O crocodilo e a avestruz estaban tan enfrascados discutindo quenon se deron conta de que algo estaba a suceder, nese precisoinstante; moi silenciosamente acercábanse uns humanos con roupasverdes, sombreiros e escopetas, e ¡PUM!, dun só disparo tombarona avestruz.

-Ha, ha, ha, ha, ha, ha! -Ría o crocodilo-. Iso pásache porpasarte de lista!

Pero a avestruz xa non podía oír nada. O crocodilo seguíacoa súa burla:

-Ha, ha, ha,ha, ha. Encambio eu, comoson tan feo nonteño que tremer aninguén porque nome van a cortar asplumas. Ha, ha, ha! Xaque un crocodilo non tenfermosas plumas, ninfermosas nin feas!

Page 14: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Non pelexedes, que só levadesgrazas! Facede amizades eaxudádevos uns aos outros. Se aavestruz e o crocodilo seaxudaran, aínda poderían tomaro sol e mostrar as súas fermosasplumas.

Algúns días máis tarde, nunhaboutique de París, unha mullerpomposa e cun fermoso vestido,comprou un bonito sombreiro deplumas dunha altiva avestruz deSenegal. Pero, sabedes o máisasombroso? Que o home que aacompañaba levaba uns zapatose un cinto feito da pel duncrocodilo que se rira da desgrazadunha paxara ignorante einsolente.

Page 15: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Como xa era mediodía, fixemos unha pausa para comer. En Senegalsabemos cando é mediodía porque o sol está tan alto que semiras ao chan dáste conta de que non tes sombra!. M´Bissine,a esposa de Mamboy cociñounos o prato típico de Senegal. É unarroz con peixe ao que lle botan todo tipo de verduras. A min,recordábame un pouco a paella.

Para comer, poñémonos ao redor dun gran pucheiro e coa mandereita iamos apertando o arroz para despois comelo. Utilizabamosa man como culler!! Ao terminar de comer bébese o té. Tomar oté é algo moi importante en Senegal, din que vai moi ben paraa calor, dá bo sabor e se tes algún problema o mellor que podesfacer é preparar o té, porque veñen as amizades, falas, e seguroque entre todos se vai encontrar unha solución; de non ser asío problema queda para ti.

Mentres tomabamos oté, Mamboy aproveitoupara contarnos outra

lenda:

Page 16: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Cando os primeiroseuropeos chegaron a África

estrañáballes que encontraban ósosde xirafa,osos de ñu, osos de impalas...

pero nunca xamais ósos de elefante. Ondemorrían os elefantes? Ou é que non morrían?

O elefante ten uns cornos moi largos feitos demarfil, moi duros, resistentes e que non se estraganco tempo, úsanse para facer todo tipo de artigosde luxo, dende pulsos e figuriñas ata pequenas

pezas de xadrez.

Os usos cóntanse por miles e o seu valor chega aser incalculable, é por iso que os europeos

querían encontrar os cemiterios de elefantes,porque sabían que alí poderían encontrar

marfil en grandes cantidadese así enriquecerse

facilmente.

A LENDA DO CEMITERIO DE ELEFANTES

Page 17: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Onde morrían os elefantesera todo un segredo queestaba moi ben gardado nocorazón dos africanos eafricanas. O elefante non tendepredadores é por iso queé un animal sagrado comotamén o é a súa morte. Xaque era un animal que ataentón só morría por mortenatural,tíñase moitorespecto por el, ata quechegaron os cazadores demarfil.

Despois de moitos anosde investigar, de pensare de imaxinar, oscazadores terminaronencontrando oscemiterios de elefantes,pero sen poder rescatarningún corno de marfil.Sabedes por que?

Page 18: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Se un elefante é velloestá cansado e o fondo

da charca é lodoso, assúas patas fóndense nolimo cada vez máis, ataque non se pode liberare cae completamenteexhausto, sen sufrirdemasiado. As augasfanos desaparecer parasempre...

Cando os elefantes se van áscharcas para beber, alargana súa trompa para chegará auga, métena dentro ebeben moitísimo, perocando un elefante émaior, beber convértesenunha complicadatarefa, así que teñenque entrar no fondo dacharca para poder saciara súa sede.

Page 19: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Como xa se facía tarde marchamos rumbo ao poboado. E tal é avelocidade en que o sol se pon en África que chegamos case deescuro. Cada cal marchou para a súa casa ata o día seguinte... Nos pequenos poboados de Senegal a xente vive en cercadoscon pequenas chozas que rodean un patio central. As casas sonde barro e teñen unha especie de sombreiro de palla. Alí adoitanpasar o día fóra da casa porque nunca vai frío e durante 10meses ao ano non cae nin unha soa gota de choiva!

Page 20: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

As mulleres son as que manteñen o poboado, as que organizan aschozas, educan os pequenos, e alimentan a familia.

Tódalas mulleres van vestidas con fermosos vestidosde cores e adoitan levar a un bebé na costas, taménlevan os trastes enriba da cabeza cun asombrosoequilibrio, é incrible! E peitéanse con retorcidastrenzas que as deixan a mar de guapas.

Como xa era noite, fumos durmir ao carón dunhafogueira que escorrenta os mosquitos e os grilos,é entón cando case a escuras tamén nos contan

historias para durmir mellor. Nesta ocasión,foi M´Bissine, á que máis lle gustan os

peques cóntanos contos que sonsempre curtiños e divertidos, aquívai un!

Page 21: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

O EXTRANXEIRO E AS FROITAS

Había unha vez un estranxeiro quechegou ás costas de Senegal eencontrou un coco. Como tiña tantafame decidiu comelo. Así que, como sede unha mazá se tratase, empezou acomer a parte de fóra para deixar ocorazón do froito. Unha senegalesapasou por alí e díxolle:

-Non! O que se come é o de dentro, nona casca! Non vés que é duro?

O estranxeiro quedou perplexo. Comotiña tanta fame buscou de novo unhafroita, e esta vez, colleu un saborosomango. Como aprendeu da vez anterior,sacou a parte de fóra e comezou a comero de dentro do froito.

Page 22: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Cando a súa amiga senegalesaviuno díxolle:

-Non! O que se come é o de fora,non o óso!

O pobre estranxeiro, que nonestaba acostumado a preguntar,levou un bo chasco. Un proverbiosenegalés di: “Semprenecesitamos consellos na vida”.Por moi listos ou listas que noscreamos, non o sabemos todo! Oestranxeiro aprendeu aimportancia que ten preguntarcando chegas a un país novo ouves cousas novas, para poderfacer ben as cousas.

Entón, o fogo apágase edurmimos ata que os paxaroscomezan a cantar de novo...

Page 23: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Espero volververvos pronto!

Espero que vos gustaran estescontos, eu pola miña bandapaseino en grande contándochos!Se vos pareceu curto e queredesdivertirvos un pouquiño máis... acontinuación tendes unha seriede xogos e actividades.

Page 24: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

1. Xunta as palabrasComo recordas, do baobab aprovéitase todo. A ver se es quen derelacionar as partes do baobab cos seguintes nomes. Se tes dúbidas,no tes máis que volver a ler as páxinas do conto, seguro que alí asencontras!

CanoasCordasCestosEnsaladaRedes de pescarInfusións contra enfermidades

Xogos e actividades

Page 25: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Para ser máis elegantenon usa luva nin chaquésó cambia nun instantepor unha “efe” a “g”

a) tartarugab) elefantec) ra

O meu nome leoo meu apelido é pardoquen non o adiviñeé un pouco tardo

a) canariob) alpacac) leopardo

É tan grande a miña fortunaque estreo todos os anosun vestido sen costura,de cores salpicado

a) leónb) serpec) ovella

Dígoche e repítochedébote avisar,que por máis que cho diganon o vas adiviñar

a) téb) elefantec) guitarra

2. Adiviñanzas

Page 26: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Solucions

1. Cómo se chama o froito dobaobab?

a) melónb) pan de monoc) pan de gorila

2. Quen trazou as fronteirasde África?

a) os europeosb) os africanosc) os asiáticos

3. Cal é a capital de Senegal?

a) Parísb) Madridc) Dakar

4. Cal era o significado deMamboy, na lingua wolof?

a) Simpáticob) Velloc) Falador

5. Canto tempo pode estar uncrocodilo sen comer?

a) Unha semanab) Un anoc) Un mes

6. De que material son oscornos dos elefantes, que émoi cobizado, e úsase parafacer artigos de luxo

a) Ourob) Pratac) Marfil

1.

canoascordas

cestos

infusions contraenfermidades

ensaladasredes depescar

2.As opciones verdadeiras son:b) elefantec) leopardob) serpec) té

3.As opciones verdadeiras son:1. b) pan de mono2. a) os europeos3. c) Dakar

4. b) Vello5. b) Un ano6. c) Marfil

3. Imos poñer a proba o que aprendiches sobre Senegal,sinala a opción verdadeira:

Page 27: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

GUÍA DOS EDUCADORES E EDUCADORASUnha das principais dificultades cas que se atopa o mundoglobalizado a través dos fluxos migratorios é o choque cultural.

Choque cultural é un termo utilizado para describir a ansiedadee os sentimentos (de sorpresa, desorientación, confusión etc.)causados nun individuo polo contacto cun medio social totalmentedistinto, por exemplo noutro país. Relaciónase frecuentementecoa dificultade de comprender novas culturas. Frecuentementecombínase cun forte rexeitamento (moral ou estético) por parteda sociedade, promovida polos sentimentos racistas e xenófobosdos que aquí vivimos. Aínda que non se creza nun ambiente quepromova comportamentos racistas, o feito de escoitar comentariosdiscriminatorios, contribúen a crear unha imaxe errónea dasoutras comunidades, son moi utilizadas as frases pexorativascara certas comunidades ou relixións, os nenos e nenas candoescoitan isto consciente ou inconscientemente vanse creandoideas falsas das persoas ás que se refiren os comentarios.

Antes dos dous anos de idade, os nenos e as nenas son conscientesdas diferenzas raciais. A partir dos tres anos, ata lles podenengadir certo xuízo de valor a estas diferenzas. Entre os catroe os seis, adoptan comportamentos estereotipados en canto asúa etnia, cor, procedencia... diferenzas todas elas só físicas.

As primeiras influencias que reciben os nenos e as nenas son asda propia familia, e as actitudes adquírense a miúdo de xeitoinconsciente. Máis tarde reciben as mensaxes estereotipadosdos libros, a televisión, as películas, as revistas e os xornais.

Page 28: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

Ata o feito de que certas persoas non aparezan nos medios decomunicación (grupos étnicos, persoas maiores ou persoas condificultades físicas ou intelectuais) incítanlles a pensar que estesgrupos teñen menos valor aos ollos da sociedade. Todos nos damosconta de que os ensinos, os exemplos e os valores que recibimoscando somos pequenos e pequenas nos influencian polo resto dasnosas vidas.

O racismo ten unha solución simple: o coñecemento mutuo. Só seodia o que se descoñece, ignórase e logo témese. Débese evitarque siga habendo xeracións racistas, a para iso a educación é amellor solución.. Hai que educar a infancia na igualdade cara atodos e todas, e para todos e todas. Ensinar que a diferenza noné un problema, senón un enriquecemento. Iso é o fundamental,que aprendan a valorar as persoas polo seu interior.

A continuación incluímos unhas preguntas para que entre todose todas, nenos, nenas, e maiores podades reflexionar sobre aforma na que o mundo pode chegar a ser máis xusto coas nosasactitudes diarias.

Page 29: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

A VIDA EN SENEGAL

- Coñeces a alguén que foi a Senegal?- E algún senegalés que vive agora no noso país?- Que sabes acerca de Senegal?- E a súa situación?- Aprendiches algo sobre a súa forma de vida?- Como comen?- Que é o baobab?- E as súas casas?- A súa relixión?- Etc.

INMIGRACIÓN

Senegal é un país moi rico en canto a recursos, non obstante, amaioría da poboación é pobre.

- A qué crees que se debe esa situación?- Quen ten as riquezas do país?- Cres que a colonización que sufriu ten que ver?- Inflúe a falta da tecnoloxía? Producir todo artesanalmentecoloca os máis pobres nunha posición moi desfavorable porquenon poden producir de forma competitiva.

Page 30: Colección contos interculturais “Contos do Mundo” · O crocodilo, xa anoxado polas repetidas ofensas, reprimiulle:-Es inxusta e ignorante, se tomo o sol polo día é porque son

- Non cres que todos e todas temos o dereito de viaxar polomundo para encontrar un futuro mellor?- Pensas que as persoas de que emigran é só por razóns dediñeiro? Tamén poden ser persoas refuxiadas, estudantes,traballadores e traballadoras cualificadas, persoas xubiladase empresarias.

RACISMO

Un dos principais problemas cos que se encontran as persoasinmigrantes ó chegar ó país é co racismo e as condutas desagradablespromovidas por ese sentimento.

- Sabes o que é o racismo?- Ten que ver só co cor da pel?- Cres que as diferenzas que existen entre os grupos humanosxustifica a superioridade duns e a inferioridade dos outros?- Son certos todos os pensamentos que temos sobre as culturasdas persoas que teñen que emigrar?- Os periódicos, películas, a televisión e a radio teñen quever na visión negativa destas persoas?- Pensas que podes facer algo ti?

29