contos de quinto
DESCRIPTION
Libro feito polo alumnado de 5º do curso 2010.2011TRANSCRIPT
CURSO 2010-2011
A FADA E O ANXO Abril Yáñez Darriba
Era unha vez un reino chamado Mar Azul, estaba nunha illa rodeada de
mar,a súa beleza era inigualable, os golfiños danzaban pola mañá e pola tarde; os peces saltaban formando pequenos arco iris.
Nos bosques as fadas iluminaban os sendeiros enchendo de maxia todo o
que ao seu paso estivera. Mar Azul estaba gobernado por un rei cuxa bondade, sabedoría, dedicación e amor era infinita.
A xente do seu reino vivía moi feliz, agás unha persoa, o fillo do rei, aínda que o rei e o seu pobo dábanlle todo para que fose feliz, o príncipe non o era. Dicíase que ía camiñar todas as mañás pola praia e sentaba nunha rocha a admirar aos golfiños e o fermoso mar. Nunca se desprendía un sorriso no seu rostro;nos seus ollos víase tristeza;nos seus xestos notábase a súa dor.
Unha mañá, no medio do mar, o príncipe viu unha embarcación que se acercaba,lentamente; albiscaba como crecía no horizonte .Pronto correu a avisar ao seu pai do que pasaba.
O pobo, o rei e o príncipe dirixíronse cara á costa para recibir á embarcación. Pronto amarrou na súa costa e un bote que ao lonxe parecía abordado, se dirixiu velozmente cara á costa. Todos estaban ansiosos de curiosidade, nese momento os ollos do príncipe cambiaron brutalmente, tomaron un brillo fermoso.
Vira a unha dama no medio dos demais tripulantes nese bote, era unha muller verdadeiramente fermosa, os seus ollos eran como dous esmeraldas, os seus cabelos suaves ao vento fixéronlle sentir ao príncipe unha sensación que nunca había sentido.
Pronto recibiron aos estranxeiros.Estaban de paso, en busca de provisións ,xa que tiñan unha longa viaxe a un continente, do que o seu nome xamais recordaría. Os estranxeiros hospedaron no castelo .A alegría do príncipe pronto recoñeceuse entre os serventes e o rei pronto organizou unha festa moi especial e se o comunicaron aos eu fillo.
Quizais esa festa seria a máis grande que se organizara no reino. Esa noite todos os habitantes de Mar Azul acercáronse, estaban todos invitados;as fadas saíron dos bosques para a gran ocasión. As estrelas brillaban como nunca,a Lúa daba o seu fermoso esplendor sobre as montañas daquel castelo, nos xardíns ;os lucecús non deixaban de resplandecer.
Chegou o momento do gran banquete.Alí estaba o príncipe co seu traxe real, cuxos bordados estaban feitos de ouro e prata.A dama vestía cun fermoso vestido bordeado con perlas. O príncipe e a dama non comeron nada,só observábanse, e chegou a hora do baile real.
O príncipe invitou a dama a bailar, ela aceptou a invitación. Bailaron toda a noite.Saíron ao patio real e no medio daquela noite as súas miradas cruzáronse,os seus corazóns paráronse,na súa mirada as súas almas uníronse,o príncipe sentiu unha calor como unha chama no seu corazón e a abrazou forte. Nacera o amor,o rei sabía que a vida do seu fillo cambiara, e o seu pobo ía ser moi feliz.
UNHA GRAN DECISIÓN Ángela
Había unha vez un rapaz chamado Gonzalo , tiña 20 anos . Vivía en
Madrid coa súa noiva.O seu gran sono era gravar unha película . O que ía
acontecer ninguén o esperaba:
Gonzalo era un gran artista e para gañar unhas moedas actuaba na rúa
entretendo a xente . Un día de verán , pasou por alí unha muller e quedou
sorprendida da súa actuación lle deu unhas poucas moedas e colleu unha
tarxeta coa dirección e o teléfono de Gonzalo . Un día chamaron a casa de
Gonzalo contestou a súa noiva María . Preguntáronlle se estaba Gonzalo .
Ela contestou que si.
Cando se puxo Gonzalo ao teléfono a muller presentouse .
-Ola, chámome Antonia Fernández .-
Gonzalo púxose moi nervioso porque
sabía quen era.
- Son directora de cine . Teño unha
noticia.Interésache vira a traballar
con nós a Roma e ser o protagonista
da miña película ?
Gonzalo díxolle que seo pensaría .
O comento con María .
Tiña que tomar unha gran
decisión.
María díxolle que fixera o que él
quixera pero que ela non o podía
acompañar porque tiña que quedarse
a estudiar . Ao final Gonzalo
decatouse que prefería quedarse con
María , seguir gañando unhas
moedas para a xente que xa o
coñecía , formar unha gran familia co
seu pai , a súa nai , os seus irmáns e
quen sabe ao mellor: fillos...
FIN
Dúas cabras obstinadas
Antón Rodríguez Suárez
Érase unha vez … dúas cabras montesas que
descenderon por pendentes opostas ata chegar ao
couce dun torrente que sucaba o val.
Para podelo cruzar, os habitantes do val puxeron ,como
ponte provisional, o tronco dunha arbore vella abatido
por un raio.
Ao cruzar esta ponte ,as dúas cabras atopáronse
cara a cara no medio da ponte.
O tronco era demasiado estreito para que as dúas
cabras pasaran simultaneamente, entón ,ningunha
quixo ceder o paso á outra.
Testardes como eran , comezaron a discutiren sen
que transixira ningunha das dúas .
Das palabras pasaron aos feitos ,e a emprenderon a
cornadas ata que una das dúas caeu á auga ,ou caeron
as dúas?
Non houbera sido máis fácil que unha lle houbese
cedido o paso á outra?
FIN
A FADA AURORA Carlota Dopico Vidal
Isto sucedeu fai xa once anos , nunha casa que se chamaba “A casa
do Endrino” , na que vivía unha fada anciá chamada Aurora , que ese día
estaba regando o seu horto . Estaba moi tranquila ata que , de súpeto ,
apareceu unha bruxa chamada Rasputina cun gato
branco…
A bruxa , por sorte , era boa.E o único que lle pediu a Aurora foi ,
que por favor lle cambiase ao gato de cor , porque se non o resto de
bruxas ríanse dela .Aurora lle concedeu o seu desexo coa condición de que
non llo contase a ninguén . Rasputina
Non lle fixo caso e contoullo ao pirata Garfo cara de pao .
Garfo cara de pao , foi a casa de Aurora a pedirlle que lle dese valor
. Aurora lle concedeu o seu desexo coa condición de que non llo contase a
ninguén . Garfo cara de pao non lle fixo caso e avisou a un crocodilo
chamado sr. Coc...
O sr. Coc , como todos , foi á casa do Endrino a pedirlle a Aurora
que lle dese uns dentes novos , Aurora díxolle que si , e xa nin sequera se
molestou en dicirlle que non llo contase a ninguén , porque sabía que llo
contaría a alguén . E foi certo porque o sr. Coc contoullo á súa amiga
Dorinha que foi a alí coa intención de que lle dera unhas novas ás , e así
foi , e Dorinha coma os demais contoullo a xente , e esa xente a outra ata
chegar aos oídos da amiga de Aurora , Catiúsca . Aurora contoullo todo a
Catiúsca , e ela , para axudar á súa amiga , falou con todo o mundo
dicíndolles que ía ter lugar nunhas poucas semanas un discurso de Aurora
no castelo do país de Fadalandia...
Aurora nomeou no discurso que por favor lle deixasen descansar ,
porque se non os seus poderes perderíanse para sempre...
A xente ao oír iso propúxolle a Aurora que podían pedir cita para
solucionar os seus problemas , e que ela podía traballar de 9.00 ata as
14.00 , menos os fins de semana . A partir dese día todos viviron moi
felices e comeron paspallás .
Ah!!! E se tés algún problema , xa sabes , Aurora está aí de 9.00 a 14.00 .
FIN
A NOITE NO CEMITERIO Eloy Blanco Castrillón
Había unha vez, hai sete anos,un neno chamado Jake. El era
regordecho,forte,feo e listo. Tamén tiña o pelo escuro e rizado, pero o que
mais destaca ao miralo son os seus verdes e grandes ollos .
A el gústanlle moitos deportes: o fútbol,o baloncesto,o balonmán , o
voleibol,o tenis e a natación.
El vivía nunha pequena aldea de Galicia,chamada O Freixo ,na que había
moi poucas casas e moita,moitísima vexetación porque está situada no val
dunha montaña , ao lado dun do río.
A aldea tiña un cemiterio cheo de tumbas e de árbores habitadas por
curuxas. Pero sen dúbida, o mais estraño era que , nas noites de tormenta
,se escoitaban tenebrosos ruídos que parecían proceder das tumbas
,mentres as curuxas te observan dende as árbores axitando con forza e
velozmente as ás tamén facían estraños ruídos que facían tremer a todos
os nenos que pasaban por alí. Dise que a xente que pasa por alí nas noites de lúa chea , non sae nunca. Un día Jake estaba no recreo co seu amigo Xan. _ Oh oh, é Luís, o matón da clase!_ dixo Xan. _Hei ti , dáme o teu diñeiro do almorzo_dixo Luís. _ Dáme o diñeiro do almorzo xa_berrou el. _Obrígame!_contestoulle Jake. _Vale!_exclamou Luís. Jake tivo sorte de que o seu amigo Xan,xa llo dixera ao profesor. _Luís, castigado, vaite á esquina_díxolle don Ernesto. Antes de irse á esquina díxolles algo “Esta noite vide ao cemiterio,os dous” Eles non sabían se ir ou non ir. Xan pediulle á súa nai por favor se lle deixaba pasar a tarde e durmir na casa de Jake.Ela contestoulle que si.
Pasaron as horas e chegou a noite. _Imos ao cemiterio ou non_preguntou Jake. _Si pero temos que ter coidado_contestoulle Xan. Jake e Xan escabulláronse pola ventá e foron ao cemiterio. Cando chegaron déronse de conta de que a porta estaba pechada. _E agora que facemos?_preguntou Xan. _Temos que escalar_contestoulle Jake. _Pero teño vertixe_díxolle Xan. _Pois entro eu e ábroche por dentro_opinou Jake. Jake escalou a porta e entrou no cemiterio, a continuación abriulle a porta a Xan. O cemiterio era xigantesco. Pero no medio do cemiterio había unha persoa cuberta cunha capa e unha capucha cubríndolle a cara. _ Debe ser Luís_pensou Xan. A persoa quitouse a capucha e, en efecto era Luís, pero estaba converténdose nun home-lobo. Eles saíron correndo e Luís os perseguía. Jake tivo unha idea. _E se o encerramos nunha tumba_opinou Jake. _Si!_exclamou Xan. De inmediato viron unha gran tumba e entraron nela, Luís tamén entrou e eles saíron ao momento e taparon as portas con cemento. _O conseguimos_dixo Xan. Sen perder un segundo máis foron a casa de Jake e ninguén se deu conta do ocorrido.
FIN
OS TRES POLICÍAS
Francisco J. Villa
OS TRES POLICÍAS
Isto era un neno chamado Nicolás.E tiña dous amigos chamados Ana
e Xosé.Viven no norte de Nova Zelanda.Resultou que os padres de Nicolás
márchanse a unha viaxe de negocios. Entón , Nicolás,quedase cos seus
dous amigos só en casa e descobren que hai,escondido, un diamante
carísimo.
Cando os pais de Nicolás marcháronse ,el,quedouse moi triste.Xa
que ían a estar fóra un ano.Ese mesmo día,pola noite,escoitou
ruídos.Baixou ao baño para ver quen era e... era un ladrón!Rapidamente
colleu un megáfono e empezou a berrar por el.Así asustou ao ladrón e
espantouno.O primeiro que fixo despois de que acontecera iso, foi chamar
a Ana e Xosé.Ao día seguinte, Xosé e Ana quedáranse a durmir alí.E
volveran outros ladróns ,pero agora non eran un ,eran tres!Menos mal que
eles eran tamén tres.Entón puxeron cola nas paredes e quedáronse
pegados.Que pillos!chamaron a policía e os levaron a prisión, pero non lle
dixeron á policía que alí había un diamante.Pola mañá ,Nicolás Ana e Xosé
puxeron trampas por toda a casa, para que os ladróns non entraran.
Esa noite permaneceron alerta.E, en efecto, entraran outros
ladróns.Eran dez!Pero non había de que preocuparse porque unha
maquina automática que lanzaba pelotas os espantara.
Ao final ,decidiron construír un muro e mellorar as trampas. Esa
mesma noite volveran a atacar outros ladróns, pero agora eran máis de
cincuenta ! esa ía ser unha batalla moi dura.Só chegaron tres ladróns
onde estaban Nicolás,Ana e Xosé .Ana e Xosé utilizaron os megáfonos e
Nicolás unha regadeira.Ana e Xosé espantaron a dous ladróns, pero
Nicolás non o gañou.
Entón Xosé deulle un megáfono a Nicolás e espantouno.Finalmente
Ana chamou a policía e detiveron aos ladróns.
Ao día seguinte viñeron os pais de Nicolás e el contoulle todo o que
acontecera.Pero a Nicolás estrañoulle como un diamante , que aínda o
teñen na casa , chegou a para alí.
DEDICADO : Toda a miña familia. EDITORIAL CHUTE: Os tres policias
O TESOURO DO TRASNO TIROLÉS
Iker Jesús Pérez García
Érase unha vez un trasno irlandés,que vivía no seu pozo cheo de
tesouros,no bosque dos trasnos ,situado a unhas vinte noites do reino da
princesa Aquaria e o seu noivo o príncipe Quiev,famoso polas súas fazañas
no século XII,por loitar co ogro máis grande do reino.
Un día,no castelo,activouse unha alarma que alertou toda a rexión
por,supostamente,un roubo na cámara onde os príncipes gardaban a súa
gran fortuna.Entre aquela gran fortuna destacaba o roubo dunha pócema
,que o príncipe gardaba especialmente.Entón o príncipe mandou a un
cabaleiro a buscare aquela pócema.
Tras moitos días de buscar pola comarca,un soldado descubriu,nun
pozo dun trasno,o tesouro que había roubado ese mesmo trasno tirolés e
co tesouro a pócema do príncipe Quiev.
Ao día seguinte o soldado contoulle á princesa que vira no pozo o
diñeiro e máis a pócema. A princesa díxolle o que o soldado lle explicou ao
seu noivo o príncipe Quiev e lle preguntou ,que por que lle preocupaba
tanto a pócema e tras moito insistirlle ,o príncipe acabou confesándolle
que lle preocupaba tanto porque a había roubado un trasno que el mesmo
convertera no que é,e ese trasno tratábase do irmán da princesa Aquaria
que,máis tarde lle explicou que o convertera para captar toda a atención
da súa noiva contándolle que o seu irmán había morto apuñalado.
Entón a princesa ordenou encerrar no calabozo ao príncipe. Aquaria
,colleu un cabalo e dirixiuse cara o bosque onde se encontraba,o seu
irmán.Pero a Quiev non era tan fácil encerralo,e escapou, para podere
impedirlle a princesa chegar onda o trasno que era o seu irmán.A princesa
e máis o príncipe chegaron ao pozo no que vivía o trasno.O trasno tomou
a pócema pero non pasou nada,e entón Quiev lle explicou que só
funcionaría se volvera a ser o príncipe do reino e para iso debería matar
ao,actual príncipe(Quiev).
Aquela tarde,o príncipe Quiev e o trasno loitaron ata altas horas da
noite.E... tras unha gran pelexa gañou o trasno e así,puido converterse en
persoa de carne e ósos e ser o príncipe sendo o irmán da princesa Aquaria
e viviron felices e comeron perdices ,e o xoven Dinamo de Quiev ,morreu
desangrado no fondo daquel pozo.
FIN
O PEQUENO CAMALEÓN LEONIDAS
Lara Cruz Fraga
O ano pasado,o camaleón Leónidas era a mascota dun neno
chamado Martín.Martín o quería moito,e Leónidas a el,o que pasa é que o
pobre Leónidas vivía nun terrario,e non estaba contento.Así que unha
noite de lúa che,Leónidas,decidiu escapar ao bosque a buscar á súa
familia;pero non sabía o que lle esperaba...
Para Leónidas foi moi difícil e moi doloroso deixar a Martín,pero ao
fin armouse de valor,fixo unha mochila,só co esencial,e subiuse ao bordo
da ventá disposto a saltar mentres dicía:- Adeus meu Martín,pero non te
preocupes,volverei pronto,con toda a miña familia,e así,terás máis
camaleóns que coidar.E cando caeu a última bágoa que quedaba no seu
corpiño,saltou pola ventá caendo,sixilosamente nun arbusto,e comezou a
súa viaxe.
Non vos digo o que lle costou chegar ao pobre Leónidas ao
bosque,xa que era tan pequerrechiño e non sabía onde estaba.Puido
chegar grazas a unha parella que ía cara alí. Non foi porque a parella lle
deixase,se non porque montouse na parte de atrás do coche e,alá foi,todo
pancho e tranquilo,unha hora de viaxe durmindo,xogando,con
coidado,claro,mirando a paisaxe,etc.
O primeiro que fixo ao chegar ao bosque,foi facerse unha casiña,só
co imprescindible: unha camiña de follas;un teito,ben resistente;sitio para
a comida,claro está e...BUUUMMMM...!!!AH,AH,AH...!!!Oíronse uns
berros.Leónidas foi a ver que pasaba e viu un arbusto que se
movía.Acercouse e puido distinguir unha sombra.Botouse cara atrás do
susto e,ao rato,saíu unha coella branca de ollos negros e un rabiño moi
esponxoso.A coella contoulle que estaba agochada porque oíra un cazador.
En pouco tempo fixéronse amigos,Violet (a coella),axudou a Leónidas a
buscar á súa familia.
Estiveron buscando cinco días e,por fin,unha mañá de
Agosto,conseguiron ver tres camaleóns tomando o sol.Leónidas reconoceu
esas caras,¡eran os seus pais e máis a súa irmá!Foron correndo a carón
deles;déronse bicos, abrazos e saúdos;falaron moito e,ao final,Leónidas os
convenceu de que foran con el.
Camiñaron moitos quilómetros e,despois de tres días
camiñando,chegaron á casa de Martín.Como non chegaban á
ventá,asustaron a unha señora e Martín,sacou a cabeza pola ventá para
ver que pasaba.No momento que viu a Leónidas,nin se vestiu,foi correndo
en pixama e descalzo escaleiras abaixo e colleu ao seu camaleón e
comezou a darlle bicos e abrazos.Por fin estaba co seu querido camaleón,
que feliz estaba!!!
FIN
ELETTRA E O ANEL FANTASIOSO
Roberto Losada García
A historia ocorre hai pouco tempo,en Roma,no barrio do Trastévere.
A nosa protagonista é unha nena chamada Elettra,que era un pouco
baixa,bastante paciente,moi simpática e amable;tiña uns pais que dirixían
un hotel. Ela viviu unha aventura extraordinaria cuns amigos e cun anel
realmente sorprendente e misterioso.
O pai de Elettra,Fernando,un día,confundiuse coas reservas do
hotel.El contratou tres familias para unha soa habitación:unha familia
americana;outra,chinesa e outra,británica.
A nai de Elettra,que se chama Alba,pensou e pensou ata que deu cunha
solución.
Cando chegaron as familias,cada unha foi ao cuarto correspondente.
Á noitiña,na habitación de Elettra,estaban os fillos das familias;eles,falaron
das súas diferenzas e semellanzas,e coincidiu que os catro cumprían o 29
de Febreiro.
De socato,rompeuse a lámpada.Eles saíron ao corredor e non había
luz.
Decidiron saír á rúa para ver se había un apagón só no hotel ou en
todo no vecindario.
Chegaron ata unha ponte do río Tíber e alí viron a un home que lles
pediu axuda.El entregoulles un maletín e díxolles que ía ir
recollelo.Despois,os nenos volveron ao hotel.
Alfred,o home do maletín,cruzou a ponte cara o outro lado e
atopouse con Jacob que lle pediu o maletín;como Alfred negouse,Jacob
matouno.
Ao día seguinte, no hotel,os nenos leron o xornal e viron en portada a
morte de Alfred.Decidíronse a abrir o maletín e nel descubriron un
mapa,catro figuriñas e unhas chaves cunha dirección.Deixaron unha nota
na recepción do hotel dicindo que ían ir investigar a unha rúa chamada
Clavel.
Ese día,o asasino,investigou na ponte e encontrou un gorro do hotel
Xeranio e decidiu ir ata alí.
Non tardou moito en chegar e preguntou por un neno ou nena e,sen
que ninguén se decatase,leu unha notiña dunha nena de que ía cara a rúa
Clavel e quixo achegarse ata alí.
Os nenos encontraron a casa e entraron.Non había luz así que
deixaron a porta aberta.Subiron as escaleiras ata o segundo
andar,encontraron unha libreta que falaba dun anel fantasioso,e un
móbil.Pasaron un rato lendo e descubriron que o anel existía de verdade.
De súpeto,escoitaron que alguén as escaleiras e a casa derrumbouse e...
Os nenos,cando se espertaron estaban nun hospital arrodeados cada
un da súa familia agás,anena británica,Mistral.
A Elettra enchéuselle a cabeza de moitas preguntas:Quen raptara a
Mistral? Estaría ben? Volveríana ver?
Ao cabo dun anaco,o móbil que recolleran soou e Sheng,o neno
chinés,colleuno.O que chamaba era Ermete o compañeiro de Alfred.
_Diga?_preguntou Sheng_.
_Ti debes de ser o un dos nenos aos que Alfred entregou o
maletín._respondeu Ermete _Podemos reunirnos na rúa Papoula,onde está
a miña tenda;vale?
_De acordo_respondeu Sheng.
Jacob fixo un cuestionario a Mistral sobre o maletín,pero ela non
dixo nada.El aburríase e atou a Mistral cunhas esposas e foi ao bar de
enfronte.
Na casa de Ermete,falaron e el comentou que sabía como atopar o
anel:había que botar no mapa do maletín as figuriñas.Cada figuriña
significaría unha cousa.A torre,que caeu enriba dunha casa,indicaba onde
estaba Mistral.O can,caeu no hotel Xeranio,significaba o refuxio.A
coroa,que caeu na “Igrexa de San Clemente”,indicaba que alí estaba o
anel.
Dividíronse en dous grupo:Ermete e Elettra ían polo anel mentres
que Sheng e Rodolfo,o neno americano,irían salvar a Mistal.Eles ían con
dous coitelos,un bate de béisbol e un arame para salvar a Mistral.
Sheng e Rodolfo xa estaban ante a casa.Con moito coidado de non
facer ruído,subiron as escaleiras e divisaron a Mistral atada cunhas
esposas aos pés da cama.Sheng quitoullas co arame,e nese intre chegou
Jacob e Rodolfo pegoulle co bate de béisbol.Os tres saíron
correndo,avisaron a de que el matara a Alfred e foron cara a “Igrexa de
San Clemente”.
Elettra e Ermete andaban buscando algunha pista do anel
fantasioso.Ermete atopou un interruptor e deulle.Grazas ao interruptor
levantouse unha baldosa e alí estaba o anel fantasioso!!
Apareceron xusto a tempo Sheng e Rodolfo con Mistral e entre os cinco
decidiron quen agocharía o anel e tocoulle a Sheng.
Finalmente,volveron para o hotel e Ermete para a súa casa e fóronse
a durmir do cansos que estaban.
CONTINUARÁ...
ED.:RLG
Seguinte libro:Elettra e a estrela de pedra.