celso emilio ferreiro, s/n 15186 cerceda - a coruÑa 881 ... · 4. xornada lectiva 7 5. movilidade...

73
Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 506 881 880 507 [email protected] http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/ Colexio plurilingüe de educación infantil e primaria Celso Emilio Ferreiro

Upload: others

Post on 17-Aug-2020

11 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 506 881 880 507 [email protected]

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/ Colexio plurilingüe de educación infantil e primaria

Celso Emilio Ferreiro

Page 2: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

1

ESQUEMA/ÍNDICE 1 1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DA MEMORIA 2

1.1. Introdución 2 1.2. Contextualización 3

1.2.1. Postos de traballos 3 1.2.2. Cargos directivos e de coordinación 3 1.2.3. Composición e Comisións no seo do Concello Escolar 4 1.2.4. Alumnado e peculiaridades 4 1.2.5. Tipoloxía de centro 4 1.2.6. Contexto sociolingüístico 4

2. OBXECTIVOS PROPOSTOS NA PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL E GRAODE CUMPRIMENTO 5 2.1. Obxectivos propostos 5 2.2. Grao de cumprimento dos obxectivos 7

3. INCIDENCIAS XURDIDAS AO LONGO DO CURSO 7 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS 8

6.1. Equipo directivo 8 6.2. Consello Escolar 8 6.3. Claustro de profesores 9

6.3.1. Comisión de Coordinación Pedagóxica 9 6.3.2. Equipos de ciclo e equipos de nivel 10 6.3.3. Equipo complementarias e extraescolares 10 6.3.4. Equipo de Dinamización da Lingua Galega 10

6.4. Persoal de administración e servizos 11 7. MEMORIAS 11

7.1. Memoria de Educación Infantil 11 7.2. Memoria do primeiro e segundo curso de primaria 27 7.3. Memoria do terceiro e cuarto curso de primaria 30 7.4. Memoria do quinto e sexto curso de primaria 33 7.5. Memoria do equipo de dinamización da lingua galega 37 7.6. Memoria de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe 39 7.7. Memoria do equipo de actividades complementarias e extraescolares 48 7.8. Memoria anual da comisión de convivencia 54

8. PROXECTOS 56 8.1. Proxecto de dinamización da biblioteca escolar 56 8.2. Proxecto lingüístico 59 8.3. Proxecto bilingüe (CLIL), centro plurilingüe e pluriinfantil 59 8.4. Plan TIC 61 8.5. Plan Proxecta 61 8.6. Proxecto atrévete 65

9. PLAN LECTOR 67 10. DEPORTE ESCOLAR 68 11. SIMULACRO DE AUTOPROTECCIÓN 68 12. XORNAL ESCOLAR 68 13. SANIDADE 68 14. PROGRAMAS DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL E FONDO SOLIDARIO 69 15. SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS 69

15.1. Comedor Escolar 69 15.1.1. Datos referenciais 69

15.2. Transporte Escolar 69 16. AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO DE PRIMARIA 70

16.1. Protocolo de actuacións 70 17. COLABORACIÓN DO CONCELLO DE CERCEDA 70 18. PROPOSTAS DE MELLORA PARA INCLUÍR NA PROGRAMACIÓN DO VINDEIRO CURSO 70

18.1. Educación Infantil 70 18.2. Pedagoxía Terapéutica 71 18.3. Actividades complementarias e extraescolares 71 18.4. Proxecto de dinamización da Biblioteca 71 18.5. Biblioteca Escolar 72 18.6. Plan TIC 72 18.7. Avaliación final de educación primaria e individualizada de terceiro de primaria 72

Page 3: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

2

MEMORIA CURSO 2019/2020

1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DA MEMORIA

1.1. INTRODUCIÓN

A finalidade da presente memoria é a de iniciar un proceso de reflexión que nos permita avaliar o funcionamento do centro, cada un dos programas e actividades levados a cabo e os resultados acadados ao finalizar o curso. Durante o mes de setembro elaboramos a Programación Xeral Anual, na que planificamos as actividades educativas, estruturamos os horarios, o Proxecto Educativo, a concreción curricular e as distintas Programacións. Ao rematar o curso, debemos avaliar, polo tanto, o grao de cumprimento desa Programación, recollendo as súas conclusións máis relevantes. O contido da memoria recolle a valoración de cada un dos aspectos planificados na PXA, propoñendo actividades de mellora que serán plasmados na PXA do curso académico 2020/2021, estruturándose nun proceso que servirá para mellorar, de xeito coherente, o funcionamento do noso centro. Impulsada e coordinada polos órganos de goberno e de coordinación docente, preséntase a memoria ante os órganos colexiados que informarán e/ou avaliarán os seguintes aspectos: CONSELLO ESCOLAR:

Grao de cumprimento global da Programación Xeral Anual.

O desenvolvemento das actividades complementarias e extraescolares propostas.

A eficacia na xestión dos recursos.

A evolución do rendemento escolar do alumnado así como a eficacia na xestión dos recursos, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ao claustro de profesores.

CLAUSTRO DE PROFESORES:

Page 4: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

3

O grao de cumprimento da concreción curricular e das Programacións.

O proceso de ensinanza e a evolución do rendemento escolar do centro.

Os aspectos docentes incluídos no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual.

1.2. CONTEXTUALIZACIÓN

1.2.1. POSTOS DE TRABALLO

2 de educación infantil.

4 de educación primaria.

5 especialistas: Pedagoxía Terapéutica (2), Inglés, E. Musical e E. Física.

1 profesora de Relixión Católica compartida co CEIP Vicente Otero Valcarcel e o CEIP de Tabeaio.

1 coidador a tempo completo.

O director (áchase en comisión de servizos).

1 orientadora compartida co noso centro de adscrición.

1 mestra de AL compartida co CPI Pecalama. 1.2.2. CARGOS DIRECTIVOS E DE COORDINACIÓN

Director.

Secretario.

Un coordinador de Educación Infantil.

Un responsable do Equipo Docente de 1º e 2º de Educación Primaria.

Un responsable do Equipo Docente de 3º e 4º de Educación Primaria.

Un responsable do Equipo Docente de 5º e 6º de Educación Primaria.

Un coordinador/a do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Un coordinador TIC.

Un xefe do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Page 5: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

4

1.2.3. COMPOSICIÓN E COMISIÓNS NO SEO DO CONSELLO ESCOLAR

7 membros (a renovación parcial tivo lugar en novembro de 2018).

Comisión Económica.

Comisión de Convivencia.

1.2.4. ALUMNADO E PECULIARIDADES

Total alumnado: 95

Peculiaridades do alumnado: o Ningún alumno estranxeiro. o En torno a un 2% de alumnado con NEE.

1.2.5. TIPOLOXÍA DE CENTRO

Situado en área rural dentro do Concello de Cerceda.

1.2.6. CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO

96%

2%

2%

Lingua que se fala na casaAlumnado Celso Emilio Ferreiro

Galego

Castelán

As dúaslinguas

Page 6: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

5

2. OBXECTIVOS PROPOSTOS NA PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL E GRAO DE CUMPRIMENTO DOS MESMOS

2.1. OBXECTIVOS PROPOSTOS

Os obxectivos marcados na Programación Xeral foron os seguintes:

Potenciar no alumnado o equilibrio, a autonomía persoal e o sentido da responsabilidade.

Espertar no alumnado valores e actitudes positivas.

Impulsar o coñecemento do inglés en Educación Infantil e en Educación Primaria.

Responsabilizar ao alumnado no coidado do seu centro e do contorno.

Lograr a integración do alumnado con necesidades educativas específicas.

Dinamizar a biblioteca e ampliar a súa versatilidade funcional.

Acercar a informática ao alumnado e aproveitar as súas vantaxes

para afianzar os obxectivos e contidos nas áreas seguintes de

Educación Infantil:

o Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

o Coñecemento do contorno.

o Linguaxes: comunicación e representación.

o Lingua estranxeira - Inglés.

E nas seguintes áreas de Educación Primaria: o Matemáticas.

o Lingua Castela e Literatura.

o Lingua Galega e Literatura.

o Lingua estranxeira - Inglés.

o Ciencias da Natureza.

o Ciencias Sociais.

o Educación Artística.

o Educación Física.

Realizar, ao longo do curso escolar, diversas actividades

relacionadas coas probas de avaliación individualizada de carácter

censual, destinadas ao alumnado de terceiro de educación primaria,

Page 7: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

6

así como actividades enfocadas ás probas de carácter mostral de

final de Educación Primaria.

Aplicar o Proxecto Educativo do Centro informado polo Claustro,

avaliado positivamente polo Consello Escolar, e aprobado pola

dirección do centro con data do 24 de setembro de 2018.

Aplicar as Programacións Didácticas do Centro, nas que se deberán

incluír os obxectivos, competencias clave, contidos, liñas

metodolóxicas, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe

avaliables e programas e actuacións que recollen os currículos de

Educación Infantil (Decreto 330/2009, do 4 de xuño DOG do

23/06/09) e Primaria (Real Decreto 126/2014, do 28 de febrero BOE

do 01/09/2014 e Decreto 105/2014 do 04 de setembro de 2014

DOG do 09/09/2014).

Aplicar o Proxecto Lingüístico de Centro avaliado polo Consello

Escolar na reunión levada a cabo o día 24 de setembro de 2018,

tendo en conta as renovacións especificadas no Decreto 79/2010,

do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario, así

como a adenda que se inclúe no presente documento tal como se

especifica no punto 4 do citado Decreto, avaliada positivamente

polo Consello Escolar con data do 23 de setembro de 2019.

Aplicar o Plan Lector Anual aprobado polo Claustro de Profesores

con data do 03 de setembro de 2019.

Aplicar o Plan TIC aprobado polo Claustro de Profesores con data do

03 de setembro de 2019.

Aplicar a concreción do Plan Anual de Atención á Diversidade,

seguindo as directrices do artigo 11.4 do Decreto 229/2011. Dito

Plan Xeral foi avaliado positivamente polo Consello Escolar na

reunión do 23 de setembro de 2019.

Aplicar o Plan de Acción Titorial aprobado polo Claustro de

Profesores con data do 03 de setembro de 2019.

Continuar coas seccións bilingües na materia de plástica que

involucran ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de Educación

Primaria. O alumnado de primeiro, segundo e terceiro forma parte

do Plan Plurilingüe, nesa mesma materia.

Page 8: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

7

Continuar co programa de Pluriinfantil nos tres cursos de Educación

Infantil cunha sesión semanal por grupo, tal como figura no

proxecto aprobado.

2.2. GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS O Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, en reunión celebrada o día 29 de xuño de 2020, e o Claustro de Mestres, en reunión mantida na mesma data, así como o equipo directivo, consideran que os obxectivos xerais propostos na PXA acadáronse dun xeito amplo, facendo unha valoración positiva de todas as actuacións emprendidas ao longo do curso para a súa consecución. Nos diferentes apartados da Memoria queda constancia do grao de cumprimento destes obxectivos en cada un dos ámbitos que configuran o funcionamento do centro.

3. INCIDENCIAS XURDIDAS AO LONGO DO CURSO Desde o 16 de marzo, e como consecuencia do confinamento provocado pola alarma sanitaria, as autorizades competentes suprimiron as clases con carácter presencial. Desde esa data e ata o día 19 de xuño -data de finalización dos períodos lectivos- as clases impartíronse, con respecto aos cursos e niveis afectados, telemáticamente, tal como quedou reflectido nas Adaptacións das Programacións Didácticas elaboradas e remitidas ao servizo de inspección educativa con data do 12 de maio de 2020.

4. XORNADA LECTIVA Os beneficios acadados con este tipo de xornada son moi significativos e, por suposto, cualitativa e cuantitativamente mellores que os acadados coa xornada partida.

5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO O catálogo de postos de traballo estivo cuberto por 10 mestres/as con destino definitivo, 1 docente interina, 1 mestra de relixión católica e o director que continúa no centro en comisión de servizos. Así mesmo, contamos cunha orientadora adscrita ao noso centro con destino no CPI O Cruce e unha mestra de Audición e Linguaxe compartida co CPI Pecalama.

Page 9: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

8

6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

6.1. EQUIPO DIRECTIVO Durante o curso os membros do Equipo Directivo mantiveron as súas habituais reunións de coordinación, os luns de modo ordinario, e todas as que foron necesarias con carácter extraordinario. A labor do equipo foi valorada de forma positiva por todos os compoñentes da Comunidade Educativa.

6.2. CONSELLO ESCOLAR

Realizáronse un total de:

5 Consellos Escolares Ordinarios.

3 Xuntanzas da Comisión Económica.

Os temas máis importantes tratados tiveron relación cos seguintes puntos:

Avaliar a Programación Xeral Anual e Memoria.

Modificacións dalgunhas actividades extraescolares.

Obras e melloras do centro e aproveitamento de recursos.

Organización das distintas actividades extraescolares.

Estado de contas de gastos de funcionamento e comedor escolar.

Necesidades do centro.

Avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da LOMCE.

Aprobación de menús.

Informar sobre a admisión de alumnos.

Reunións trimestrais da Comisión de Convivencia.

Informar sobre o alumnado que vai facer uso do servizo complementario de comedor escolar.

Actividades relacionadas coa ANPA. Estas reunións desenvolvéronse cun grao de acordo absoluto nas decicións adoptadas, constatándose un alto grao de participación e satisfacción de todos os seus compoñentes pola marcha xeral do centro.

Page 10: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

9

No seo do Consello Escolar funcionaron dúas comisións:

Comisión Económica.

Comisión de Convivencia.

6.3. CLAUSTRO DE PROFESORES/AS Reuniuse para debatir e decidir sobre os temas que posteriormente se abordaron no Consello Escolar, ademais de estudar os temas que forman parte das súas funcións. No presente curso tiveron lugar:

5 Claustros de carácter ordinario.

9 Claustros Extraordinarios.

Todas as reunións desenvolvéronse nun ambiente de colaboración entre os distintos compoñentes do mesmo. O profesorado traballou integrado nos Órganos de Coordinación Docente: Comisión de Coordinación Pedagóxica e Equipos Docentes. Ademais os titores e titoras desenvolveron o seu traballo en estreita colaboración coas mestras de Pedagoxía Terapéutica, a mestra de AL compartida co CPI Pecalama e a orientadora con destino no CPI do Cruce.

6.3.1. COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

Dinamizadora de toda a actividade do centro, desenvolvíu as funcións que lle outorgan as Normas de Organización e Funcionamento. As súas actuacións quedan reflectidas nas actas das sesións levadas a cabo todos os terceiros luns de mes, das que destacamos:

A organización do traballo para elaborar o Plan de Acción Titorial.

O seguimento do apoio ao alumnado con dificultades de aprendizaxe.

A supervisión dos criterios para realizar as adaptacións curriculares ao alumnado con necesidades educativas especiais.

Propostas para a elaboración da PXA, a evolución das aprendizaxes e o proceso de ensinanza.

O seguimento e a valoración das actividades previstas na PXA.

Page 11: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

10

O estudo das propostas da Comisión de Actividades Complementarias e Extraescolares para ser trasladadas posteriormente aos Equipos Docentes.

O grao de satisfacción manifestado polos membros da C.C.P. o calificamos de alto, realizándose todas as reunións programadas, con puntual asistencia de todos os seus membros.

Os acordos acadados foron transmitidos aos distintos cursos a través dos/as coordinadores/as e as tarefas encomendadas foron realizadas segundo o previsto. 6.3.2. EQUIPOS DE CICLO E EQUIPOS DE NIVEL

Gozan de ampla participación e o seu funcionamiento valorámolo, ao longo do curso, como moi satistactorio. As reunións periódicas realizáronse os primeiros luns de mes, de xeito habitual, celebrando ademais todas as necesarias de modo extraordinario. Nelas tratáronse temas pedagóxicos e organizativos que afectaron aos distintos cursos ou a todo o colexio, sendo os principais os seguintes:

Distribución dos recursos humanos para realizar os apoios ao alumnado con problemas de aprendizaxe, propostas realizadas pola Comisión de Actividades Extraescolares, actividades propostas polo Equipo responsable da biblioteca, decisións sobre agrupamentos, elaboración do Plan de Acción Titorial, reflexións para a Memoria e propostas de mellora, etc.

Queda constancia dos acordos tomados nas actas cumprimentadas polos coordinadores dos correspondentes Ciclos e Equipos Docentes. Estes foron os encargados, así mesmo, de facer o seguimento do grao de cumprimento dos diferentes acordos.

6.3.3. EQUIPO DE COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

As reunións tiveron carácter mensual, sen data concreta, para tratar asuntos referentes ás actividades a levar a cabo, tal como se describen na memoria específica.

6.3.4. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Page 12: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

11

As reunións periódicas realizáronse os segundos luns de mes, de xeito habitual, celebrando ademais todas as necesarias de modo extraordinario. Todos os membros do equipo participaron activamente na organización e desenvolvemento das festas institucionalizadas, así como en distintas exposicións temáticas e na confección do xornal escolar (este ano publicouse somentes en formato dixital dada a casuística derivada do estado de alarma). Na memoria descritiva e gráfica desglósanse as actividades levadas a cabo, así como a avaliación das mesmas.

6.4. PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS Todo o persoal: conserxe e limpiadoras, están plenamente integrados no centro destacando polas súas iniciativas, polo seu compromiso no bo funcionamento escolar e pola calidade do seu traballo.

7. MEMORIAS

7.1. MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL No presente curso 2019/2020 estiveron escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil un total de 31 alumnos/as distribuídos en dúas unidades, do seguinte xeito:

Aula de E.I. 1: 13 alumnos/as (6º nivel).

Aula de E.I. 2: 18 alumnos/as (10 do 4º nivel, e 8 do 5º nivel). No mes de febreiro, unha nena do 4º nivel trasladouse de domicilio, e polo tanto cambiou de centro, quedando nesta aula un total de 17 alumnos/as; e polo tanto, un total de 30 alumnos e alumnas no ciclo.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN A comezos do curso programouse o período de adaptación para o alumnado de 3 anos que se incorporaba por primeira vez ao centro, convocándose antes de empezar as clases unha reunión coas familias para explicar dito proceso e dar as pautas de actuación. A titora do alumnado de 3 anos valorou o transcurso do período de adaptación como necesario e positivo.

Page 13: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

12

MESTRES ESPECIALISTAS Ademais das respectivas titoras, o alumnado de E.I. contou durante todo o curso coa presenza dos mestres especialistas, impartindo as súas clases do seguinte xeito:

Unha sesión semanal de Psicomotricidade.

Unha sesión semanal de Relixión Católica.

Unha sesión semanal de Pluriinfantil.

Unha sesión semanal de Informática.

Tres sesións de Inglés, repartidas en días alternos: luns, mércores e venres.

Cabe destacar que as dúas mestras de Pedagoxía Terapéutica e a mestra de Audición e Linguaxe realizaron apoios nas aulas. OBXECTIVOS

En liñas xerais considéranse acadados os obxectivos propostos a principio de curso para cada un dos niveis e por suposto, tamén os de final de ciclo. Debido á situación ocasionada pola COVID-19 nos últimos días do 2º trimestre, e ao longo de todo o 3º trimestre, as titoras non poidemos levar a cabo a nosa labor educativa de xeito funcional, xa que nesta etapa é fundamental o contacto dos nenos e nenas tanto coas mestras coma cos seus iguais. Ao longo da memoria explicamos como desenvolvemos a educación a distancia durante este período. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E SAÍDAS Cómpre destacar as seguintes:

1º trimestre:

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 de outubro): sesión de contacontos coa ratiña Carolina (da Compañía Trinke-Trinke). Tamén se fixo entrega dos premios aos gañadores do concurso de marcapáxinas organizado na Bibliosilva.

“AS FAMILIAS CONTAN MOITO”: as familias voluntariamente fixeron sesións de contacontos aos nenos do ciclo ou do colexio (esta actividade estivo repartida ao longo dos tres trimestres: nos dous primeiros presencialmente, e no terceiro cun vídeo subido ao blog da biblioteca).

Page 14: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

13

FESTA DO OUTONO (8 de novembro): celebrouse conxuntamente o Magosto e o Halloween. Mestres e alumnos podían vir caracterizados. E as familias colaboraron enviando cabazas decoradas. Antes do 1º recreo todos nos xuntamos para montar a “Cornucopia” cos froitos que decoramos anteriormente por aulas. A partir das 11 horas houbo degustación de castañas asadas e chocolate quente (as castañas foron asadas nun “tren de castañas”, que xa traía os cucuruchos feitos para todos). A partir das 12 horas celebráronse os xogos colaborativos: pasacastaña, atopar chuches debaixo dos conos, e bingo en inglés. Nunha xornada anterior, tamén se organizou un concurso de debuxos e contos arrepiantes.

DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (25 de novembro): cada alumno do centro escribiu nun corazón unha palabra relativa a esta temática e entre todos formouse un lazo grande e violeta en sinal de rexeitamento contra todo tipo de violencia.

I FESTA DO LIBRO (25 de novembro): na Bibliosilva, e en horario de 10 a 13 e de 15 a 16 horas, tanto os mestres cos alumnos, coma as familias cos nenos, poideron acudir a mirar e mercar diferentes libros e contos.

Sesión de “VECIÑOS ILUSTRES” organizada pola ANPA (2 de decembro): visitounos unha logopeda especialista en linguaxe de signos.

Saídas aos parques próximos (parque situado detrás do colexio).

CELEBRACIÓN DO NADAL: os rapaces/as participaron no tradicional concurso de postais (a nivel de centro); elaboraron uns renos para decorar o colexio; recibiron a visita de Papá Noel; e actuaron no festival o 20 de decembro:

3 e 4 anos: Baile “Los peques en la disco” 5 anos: Teatro “Os trasnos volven no Nadal”

2º trimestre

SIMULACRO DE EVACUACIÓN (15 de xaneiro): participamos no simulacro no cal viñeron os bombeiros de Ordes e lles fixeron aos nenos unha demostración do funcionamento da escaleira do camión.

Page 15: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

14

REPARTO DE LEITE POR AULAS: dende o 15 de xaneiro repartiuse leite por aulas para aqueles alumnos que o querían. En educación infantil ofrecémosllo na hora da merenda.

DÍA DA PAZ (30 de xaneiro): cada aula elaborou unha “Receta de Paz” para construir entre todos na entrada do colexio un mural (5 anos: “Tarta de fresas” e 3 e 4 anos: “Brochetas de frutas”). Os tradicionais xogos colaborativos (zancos, colchonetas, paracaídas,…) celebráronse no pabellón de detrás do centro, o día 5 de febreiro, en horario de 12:30 a 13:30 horas.

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE (14 de febreiro): celebráronse as primeiras lecturas apadriñadas do curso, nas que os nenos e nenas maiores léronlles contos aos máis pequenos. Cada neno tamén elaborou unha postal da amizade para o seu padriño ou madriña, ou para o seu afillad@ das lecturas. Ademais por aulas, decoramos un corazón cunha “parella saborosa” relacionada co proxecto AlimentArte (en E.I. froitas e alimentos). Para rematar, disfrutamos do concerto de Xabi Longueirón.

SEMANA DO ENTROIDO: cada día tiñamos que cumprir cunha consigna (vestir a roupa do revés, traer unha gravata, vir coa cara pintada, e chegar con roupa de durmir). O xoves fíxose unha degustación de productos típicos que enviaron as familias. Ese día, a última hora, celebrouse un partido de baloncesto entre os mestres e o alumnado maior; pero aos nenos e nenas do ciclo de infantil levámolos ao parque que está detrás do colexio. O venres 21 de febreiro celebramos o “Festival do Entroido”: este ano xirou arredor dos alimentos, polo que os nen@s de infantil viñeron disfrazados da casa de froitas; e cantaron e bailaron no festival “La fruta” de La pandilla de Drilo.

SEMANA DA PRENSA: para conmemorar esta data, organizamos unha “Instalación Artística” no ximnasio. Para montala, empregamos xornais; rolos de papel hixiénico; papel continuo azul para que simulara o mar; papel continuo marrón para que simulara a area; fixemos gorros, barcos, toallas e peixes con follas de xornais; e trituramos tamén papeis. O día 5 de marzo montámola, e despois de lerlles aos nenos o poema “O meu barco” de Manuel María, ambientado con música de mar de fondo, deixamos que interactuaran libremente na instalación. Ao rematar fixeron unha representación gráfica da mesma, que as mestras empregamos para facer unha exposición na entrada do centro.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA (9 de marzo): reunímonos na entrada do colexio, para ver unha proxección de mulleres

Page 16: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

15

importantes ao longo da historia, narrada con voces de nenas voluntarias do noso centro.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (9 marzo de 16 a 17 horas): as titoras recibimos a unha familia visitante explicándolle a organización xeral do ciclo e do centro, ensinámoslle o centro, e resolvimos as dúbidas que nos plantexaron.

TEATRO “O COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELEIRA TOMASA” organizado pola ANPA. Ao rematar esta obra que se levou a cabo no ximnasio, leváronse a cabo uns “obradoiros doces” no patio cuberto.

Seguindo as “INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020, PROVISIONAIS DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DAS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O 16 DE MARZO DE 2020” e a posterior DECLARACIÓN POR PARTE DO GOBERNO CENTRAL DO ESTADO DE ALARMA POLA COVID-19: as mestras de educación infantil, a través de Tokapp, enviamos diariamente ás familias do ciclo propostas de actividades con estas características: adaptadas ao nivel madurativo do alumnado, variadas, manipulativas, intentando respectar os recursos dos fogares, e completamente voluntarias e non avaliables. Os títulos son os seguintes:

Traballar partindo dun conto Números! Coas mans na masa Bolboretas de primavera Tocamos, ulimos, vemos, escoitamos, saboreamos! A sementar! Xoves olímpico Sesións musicais Que é o coronavirus? A miña familia Empezamos un mes novo Un mundo de cores Ovos de pascua

AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE: seguindo as “INSTRUCIÓNS DO 27 DE MARZO, SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE”, a Xunta de Avaliación de Educación Infantil, avaliamos no XADE o 2º trimestre,

Page 17: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

16

comunicándonos vía telefónica e a través dos correos corporativos as titoras e os especialistas. As familias poideron acceder ao boletín de notas a través de Abalar. Como seguiamos no estado de alarma, os nenos e nenas non poideron levar os traballos dese trimestre para casa nesas datas. Ante a incertidume da data da volta á rutina escolar, as titoras elaboramos un “Informe de apoios” para que quedaran rexistrados os casos con apoios de PT e AL, e os que considerábamos que se debían valorar nese momento.

VÍDEO COLECTIVO POR PARTE DOS MESTRES DO CENTRO. Cada mestre que quixo participar envioulle á titora substituta de 6º de infantil 2 ou 3 imaxes, e ela fixo a montaxe para publicar este vídeo na web do centro e animar así ao alumnado dende a distancia.

3º trimestre

Debido ao estado de alarma ocasionado pola COVID-19 (elevado a pandemia internacional pola OMS) levamos a cabo a nosa labor docente como se explica a continuación, e acatando a lexislación publicada pola Consellería: “INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020, DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE DO CURSO ACADÉMICO 2019/20, NOS CENTROS DOCENTES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA” e as “INSTRUCIÓNS DO 28 DE MAIO DE 2020 DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE AMPLÍAN E CONCRETAN DETERMINADOS ASPECTOS DAS INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020”:

As titoras, despois de preguntarlle ás familias a través dunha enquisa se preferían as propostas diarias ou semanais, e despois de gañar a opción diaria; e prevendo que esta situación de educación a distancia se ía alongar, decidimos reducir as propostas na súa lonxitude con respecto ás enviadas a finais do 2º trimestre. Pero ao igual que antes de Semana Santa, as propostas de actividades durante os días lectivos seguen sendo adaptadas ao nivel madurativo do alumnado, variadas, manipulativas, intentando respectar os recursos dos fogares, e completamente voluntarias e non avaliables. Nestas propostas diarias fomos engadindo os avisos de tarefas que nos foron enviando os especialistas: psicomotricidade, relixión e inglés.

Page 18: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

17

Tamén avisamos de propostas que xurdiron da Bibliosilva, ou de notificacións que nos transmitía a dirección do centro: trámites de comedor, tarxeta de conexión a internet facilitada polo concello,…

As mestras de AL e PT tamén colaboraron con nós proporcionándonos diversos recursos, axeitados ás características do alumnado.

As titoras diariamente démoslle a opción ás familias de que nos contestaran co Tokapp, para resolverlle dúbidas, aclararlle propostas, etc. Ademais, a titora de 5 anos púxose á disposición das súas familias a través do seu número de teléfono. E a titora de 3 e 4 anos púxose á disposición das súas familias a través do seu correo electrónico corporativo. A continuación inclúense, divididas por meses, os títulos das actividades enviadas ás familias durante os días lectivos deste 3º trimestre (non presencial):

Actividades do mes de abril:

Volta ás rutinas escolares O leite A mover o corpo Facemos plastilina A miña casa Lobo feroz Imaxinamos e creamos con círculos O sapo verde O crocodilo O dragón As nubes A xoaniña A bolboreta

Actividades do mes de maio:

1. Mes de maio! 2. Recta numérica 3. Bicos 4. A familia 5. Os Bolechas 6. O robot 7. Refrán 8. A amizade

Page 19: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

18

9. Peidos 10. A tartaruga 11. Garavanciño 12. O gato 13. O caracol 14. Viaxamos? 15. A cantar… e cociñar 16. O sol 17. Bigotes 18. A vaca 19. Caixas

Actividades do mes de xuño: 1. Mes de xuño! 2. Imos á praia 3. O golfiño 4. Monstros… 5. A araña 6. Arte con materiais naturais 7. As formas 8. Flores 9. As mans 10. O xeado

DÍA DO LIBRO (23 de abril): para conmemorar abril, o mes do libro, os mestres fixemos de críticos literarios sobre as nosas lecturas preferidas. A montaxe (elaborada pola coordinadora da biblioteca) está colgada na web do centro. O propio día do libro, publicouse no blog da biblioteca, unha colaboración de “As familias contan moito”.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA (28 de abril): para conmemorar esta data, o mestre de educación física a través das titorías, solicitou a participación das familias cun vídeo dos seus fillos facendo algún tipo de exercicio físico para posteriormente facer un vídeo-resumo e colgalo na páxina web do centro.

COLABORACIÓNS CO BLOG DA BIBLIOTECA: informamos ás familias da posibilidade de que enviaran fotos de “alimentos con arte” para a sección “Arte culinaria”. Recomendámoslles visitar o blog, empregamos contos publicados nel para as nosas propostas diarias, e recordámoslles as vantaxas da lectura de contos, e máis concretamente:

Page 20: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

19

Aula de 5 anos: sesións de contacontos por parte da titora, e vídeos de receitas feitas na aula durante o 1º trimestre Aula 3 e 4 anos: vídeos de receitas feitas na aula durante o 2º trimestre.

MES DAS LETRAS GALEGAS: cada mestre pensou e decorou unha ou dúas palabras galegas, e a encargada da biblioteca fixo unha montaxe para colgar no blog da mesma, e conmemorar así o mes das letras galegas (aínda que a celebración oficial se adíe ata outubro). Tamén se elaborou outra montaxe con palabras galegas que decoraron e enviaron as familias.

DÍA DAS FAMILIAS (15 de maio): ante a imposibilidade de celebrar este día cunha manualidade feita polos nenos e nenas na aula, as titoras propuxémoslles ás familias que nos enviaran vía Tokapp ou email, un debuxo e/ou unha fotografía da familia e conmemorar así esta data cunha montaxe de vídeo publicada na web do centro e elaborada pola titora de 6º de infantil.

Participación no xornal escolar cos seguintes artigos: 3 e 4 anos: “A Lúa” 5 anos: “A mazá xigante”

OUTRAS ACTIVIDADES DE INTERESE

Cómpre nomear as seguintes:

Préstamo de libros da Bibliosilva.

Préstamo da "mochila viaxeira" (cada neno e nena levou para casa a mochila durante 2 semanas aproximadamente, que contiña: un libro en galego, un en castelán, un en inglés, un de manualidades, e un material audiovisual).

Participación en actividades relacionadas co Proxecto de biblioteca que este ano xirou arredor da temática “AlimentArte”: os alimentos na arte (educación infantil centrouse nas froitas e nos artistas René Magritte e Vladimir Kush): ambientación das portas das aulas, lectura de contos, disfraces, participación nos concursos mensuais propostos pola mascota,…

Normalmente valoramos as saídas e demais actividades como positivas. Neste curso, e debido á pandemia mundial causada pola COVID-19 non

Page 21: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

20

levamos a cabo ningunha saída (só saímos a lugares da contorna coma por exemplo o parque situado detrás do centro, ou o pabellón municipal).

Para vindeiros cursos, seguimos pensando que é importante analizar moi ben os tempos e as actividades a realizar, pois ás veces non están axeitadas ás características do noso alumnado. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

A intervención educativa do profesorado en E.I. contemplou como principio básico a diversidade do alumnado. Tendo en conta que todos os nenos/as teñen necesidades, intereses, ritmos, estilos cognitivos, motivacións e experiencias propias que mediatizan o seu proceso de aprendizaxe, levouse a cabo unha atención pedagóxica individualizada. Respecto ás necesidades do alumnado existentes, compre salientar os seguintes casos, atendidos conxuntamente polas titoras e polas mestras especialistas:

As mestras de PT

Nove sesións semanais a un neno do 6º nivel.

Catro sesións semanais a un neno do 5º nivel (tres na aula e unha fóra). A mestra de AL Realizou o apoio destes nen@s, fóra da aula ordinaria:

Nivel de 4 anos: dúas medias sesións a un neno e a unha nena; unha media sesión a un neno (que dou de alta no 2º trimestre); e unha media sesión a un neno que comezou a coller no 2º trimestre.

Nivel de 5 anos: 3 medias sesións ao neno que estaba flexibilizando, dúas medias sesións a tres nenos; e unha media sesión a un neno (déronse de alta a dous nenos).

O neno con neae de 6º de infantil recibiu sesións a través de videoconferencia coas mestras de PT, AL e coa titora ao longo do 3º trimestre. Mantivéronse relacións coas familias destes alumnos de cara a favorecer a súa evolución e poder reforzar os esforzos que se realizan tanto na escola

Page 22: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

21

como nas familias recíprocamente, así como co Servizo de Atención Temperá de Ordes. RELACIÓN COAS FAMILIAS A relación coas familias ao longo do presente curso levouse a cabo mediante reunións grupais, contacto informal diario, entrevistas individuais (titorías), boletíns informativos trimestrais e circulares informativas. Algunhas familias tamén colaboraron activamente nas clases: 3 e 4 anos: taller de foguetes voadores 5 anos: colaboraron en todos os proxectos, manualidades,… As mestras de E.I. valoramos positivamente a comunicación e coordinación que se estableceu coas familias, xa que amosaron boa disposición á hora de colaborar en todo o que se lles pediu (aportación de material relacionado cos proxectos, celebración dos aniversarios, colaboración co vestiario dos festivais, elaboración dos disfraces do entroido,…). Na educación a distancia durante o 3º trimestre a comunicación coas familias foi estreita a través de distintas canles (Tokapp, emails, teléfono). A colaboración por parte delas foi desigual dado que as condicións familiares non foron as mesmas (os nenos e nenas non estaban tan motivados de cara ao traballo escolar coma o soen estar na aula, había familias que continuaron traballando durante o confinamento, outras que tiñan que atender a irmáns maiores,…) AVALIACIÓN No que respecta á avaliación, tomouse como referencia o establecido na Orde do 25 de xuño do 2009. Ao principio de curso as titoras de Educación Infantil realizamos unha avaliación inicial do alumnado, así como ao comezo de cada proxecto, para recoller as ideas previas dos nenos e nenas. Baseándonos nisto organizamos a nosa tarefa educativa, valorando a consecución dos obxectivos ao rematar cada proxecto. Ao finalizar o 1º trimestre, informamos por escrito ás familias acerca do progreso dos seus fillos mediante os boletíns trimestrais establecidos no

Page 23: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

22

XADE. Tanto no 2º coma no 3º trimestre as familias accederon ao boletín a través de ABALAR MÓVIL. Cada trimestre fixemos a correspondente sesión de avaliación cos especialistas que imparten docencia neste ciclo, para comentar as dificultades, avances, colaboracións etc. para conseguir o desenvolvemento integral do alumnado. A titora de 5 anos mantén reunións trimestrais coas familias para informar dos progresos, dificultades,… de todos os alumn@s. A titora de 3 e 4 anos mantén reunións coas familias cando o ve necesario dependendo do alumn@; sempre unha reunión inicial cos de 3 anos, e unha ao longo do 3º trimestre con todos. A finais de curso, avaliamos o desenvolvemento do alumnado e as aprendizaxes adquiridas segundo os obxectivos establecidos, e cubrimos os documentos de avaliación reflectidos nas instrucións anteriormente citadas (Informe AL035). Polo tanto, fíxose unha avaliación inicial, trimestral e final. Ademais da avaliación do alumnado, fixémolo tamén do proceso de ensino-aprendizaxe, permitíndonos adoptar as modificacións oportunas en función dos resultados, das dificultades e necesidades atopadas. REUNIÓNS DE CICLO As mestras de Educación Infantil reunímonos todos os primeiros luns de cada mes, e a nivel máis informal sempre que foi necesario tratar algún tema concreto (aproveitando a sesión conxunta que temos os venres). Durante o estado de alarma, e para conseguir un traballo en equipo colaborativo reunímonos na data citada a través da plataforma Cisco Webex Meetings, e sempre que foi preciso comunicámonos empregando a vía telefónica e os nosos correos electrónicos. MELLORAS A CONSEGUIR As titoras propoñemos as seguintes melloras para o vindeiro curso:

Page 24: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

23

Educación musical para o alumnado de E.I.

Continuar coa mestra especialista en A.L. para atender as necesidades existentes relacionadas coa articulación.

Continuar co apoio das mestras especialistas de P.T. (debido ás necesidades existentes, e ás que se van incorporar).

Continuar coa axuda do coidador, debido ás necesidades que se prevén en 4º de educación infantil.

Se é posible nos horarios, contar cos apoios de P.T. e A.L. ás segundas ou ás cuartas horas da mañá.

Se o funcionamento xeral do centro o permite, ter as especialidades ás últimas horas da xornada (informática, relixión, psicomotricidade, pluriinfantil e música).

De cara a favorecer a coordinación do ciclo, manter a sesión semanal na que coincidimos as titoras de infantil.

Para poder resolver dúbidas que ás veces nos preguntan as familias, poder recibir unha copia as titoras das notas que se reparten por aulas; ou cando se envían Tokapps ás familias recibilos as titoras tamén.

Melloras nas aulas de E.I (limpeza).

Manter o presuposto das aulas de 210 € para cada unidade. E engadir o que non gastamos no curso 2019-2020 nos presupostos das aulas do curso 2020-2021.

A continuación incluímos a adaptación das programacións do 3º trimestre, colgadas na páxina web do centro o día 12 de maio, informadas as familias, e seguindo as “INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020, DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE DO CURSO ACADÉMICO 2019/20, NOS CENTROS DOCENTES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA”.

Page 25: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

24

ÍNDICE

1. Áreas do currículo e contidos de repaso.

2. Avaliación e cualificación.

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso ampliación)

4. Información e publicidade.

Áreas do currículo (D. 330/2009, do 4 de xuño)

ÁREA CONTIDOS DE REPASO

COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL

Hábitos e rutinas

Esquema corporal

Motricidade grosa

Relacións de confianza, afecto, colaboración e comprensión

Capacidades: observación, atención e memoria

Capacidades motoras, de coordinación e de orientación

Os cinco sentidos

As emocións e os sentimentos

A COVID-19

ÁREA CONTIDOS DE REPASO

COÑECEMENTO DO CONTORNO Os números: cantidade, grafía, conteo

Cuantificadores

Uso do calendario

Formas xeométricas

As cores

Manipulacións: xuntar, repartir, engadir,...

Conceptos temporais

Conceptos espaciais

ADAPTACIÓN DA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

CURSO 2019/2020

CENTRO: CEIP CELSO EMILIO FERREIRO

CURSO: 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

MATERIA: GLOBALIZADO

DEPARTAMENTO:

MARÍN VILLAVERDE, MONSERRAT

VÁZQUEZ FRAGA, ANA Mª

DATA: 10 DE MAIO DE 2020

Page 26: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

25

Tamaños

Seriacións e clasificacións

Tempo atmosférico e estacións

Membros da aula e da familia

Alimentos saudables

Medios transporte, profesións e medios de comunicación

As plantas

Os animais

Reciclaxe e reutilización

ÁREA CONTIDOS DE REPASO

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

Linguaxe oral

Habilidades previas á escritura: motricidade fina, coordinación óculo-manual,...

Achegamento á linguaxe escrita: trazos, grafías, nome propio, letras, sons, golpes de voz, palabras, frases

Contos, adiviñas, poemas

Onomatopeas, trabalinguas

Son e silencio

Xogo simbólico e dramático

Cancións e bailes

Técnicas plásticas: repasar, puntear, rasgar, pegar, recortar, estampar,...

Achegamento a obras artísticas

Visita “virtual” á Bibliosilva

Avaliación e cualificación (Orde do 25 de xuño do 2009)

Avaliación

Procedementos: A avaliación na educación infantil é global, continua e formativa.

Instrumentos: Empregamos a observación directa e sistemática, e analizamos as producións dos nenos e nenas.

Cualificación final

3º trimestre: Por unha banda, e debido á situación da educación motivada pola COVID-19 non podemos continuar cos procedementos habituais de avaliación, nin empregar os instrumentos para avaliar o proceso de evolución do alumnado (observación directa). Por outra banda, ao non poder manter a relación social entre iguais nin entre alumnado e profesorado, non podemos avaliar items actitudinais e de interacción social fundamentais nesta etapa. Polo tanto, no 3º trimestre reutilizaremos os items avaliados no 2º trimestre. Fin de curso: 4º-5º EI: Informe anual de avaliación individualizado 6ºEI: Informe individualizado de final de ciclo

Page 27: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

26

Proba extraordinaria de setembro

Alumnado de materia pendente

Criterios de avaliación:

Criterios de cualificación:

Procedementos e instrumentos de avaliación:

Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e no seu caso, ampliación)

Actividades

Voluntarias Diarias Variadas Globalizadas Manipulativas Motivadoras Significativas Innovadoras Partindo do contorno familiar

Metodoloxía (alumnado con conectividade e sen

conectividade)

As titoras decidimos enviar ás familias propostas variadas e voluntarias para intentar facer chegar as nosas aulas ás súas casas, e poder continuar cun mínimo as rutinas escolares. Como non tiñamos a certeza de que todas as familias poideran imprimir actividades, e intentando favorecer o vínculo emocional tan fundamental sempre, pero sobre todo nesta situación que nos tocou vivir: enviamos propostas fundamentalmente para que o alumnado as leve a cabo acompañado polos seus pais/nais. Son propostas para todo o ciclo de educación infantil, que as familias poden adaptar aos seus recursos persoais (materiais e temporais) e aos diferentes niveis madurativos dos seus fillos.

Materiais e recursos

Partimos de núcleos temáticos próximos ou motivantes para o alumnado. A partir destes temas propoñemos diversas actividades adaptadas aos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos empregando enlaces web a contos, cancións, ou manualidades. Respectamos tres aspectos fundamentais para esta etapa educativa: experiencia, xogo e actividade. Intentamos propoñer actividades respectando os recursos que poden ter as familias nas casas, e dando opcións cando nos parece que non contan con eses recursos. As titoras informamos das actividades propostas polos especialistas: psicomotricidade, relixión, inglés, mestras de Pedagoxía Terapéutica, mestra de Audición e Linguaxe,... e tamén das actividades a nivel de centro que se

Page 28: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

27

A titora da aula de EI 3 e 4 anos A titora da aula de EI 5 anos

Asdo: Monserrat Marín Villaverde Asdo: Ana Mª Vázquez Fraga

7.2. MEMORIA DO PRIMEIRO E SEGUNDO CURSOS DE PRIMARIA

MEMORIA DE PRIMEIRO E SEGUNDO CURSOS DE PRIMARIA

AVALIACIÓN DOS ALUMNOS

O 1º nivel constou de 17 alumnos/as pero a metade do curso un alumno trasladouse a outro centro polo que remataron o curso 8 nenos e 8 nenas.

Os dezaseis promocionan ao 2º nivel. Todos levan todo aprobado.

O 2º nivel constou de 11 alumnos/as, 8 nenos e 3 nenas.

Os once promocionan ao 3º nivel. Todos levan todo aprobado menos un alumno que suspende matemáticas. Outro dos alumnos acada os obxectivos da súa ACI.

Ao finalizar a primeira avaliación, o equipo docente tomou como referencia os criterios de avaliación propostos ao principio de curso e que son os seguintes:

Actividades e tarefas.

poden seguir levando a cabo: “Día do Libro”, “Mes das Letras Galegas”, concursos,...

Información e publicidade

Información ao alumnado e ás familias

Relación coas familias: Tokapp Correos electrónicos das titoras, e dos especialistas Chamadas telefónicas Dirección do centro Relación co alumnado: A titora de 6º EI leva a cabo videoconferencias co seu alumnado. No grupo hai 1 neno flexibilizando e co cal neste trimestre se levan a cabo videoconferencias semanais, tanto por parte da titora como das mestras especialistas (PTs e AL). A titora de 4º e 5º EI non considera viables as videoconferencias debido á curta idade do seu alumnado.

Publicidade Publicación obrigatoria na páxina web do centro.

Page 29: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

28

Notas dos controis. Interese e motivación. Esforzo e participación. Comportamento.

Ao remate de cada avaliación, reuniuse o Equipo docente coa finalidade de valorar a evolución do alumnado en relación á consecución dos obxectivos propostos e de cara á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe (introducción de novos recursos e estratexias pedagóxicas, cambios na metodoloxía didáctica…)

Debido á declaración do estado de alarma o 14 de marzo pola COVID-19 e a conseguinte suspensión das clases presenciais ata finais de curso, a avaliación do segundo e o terceiro trimestre sufriu modificacións respecto aos criterios previstos inicialmente.

Para a nota do segundo trimestre tivemos en conta o traballado ata o 13 de marzo e para o terceiro fixemos unha adaptación da programación correspondente a ese período, establecéndose un incremento da nota de ata un 20% para aqueles alumnos e alumnas que participaron activamente enviando por correo electrónico, apps etc, as actividades propostas polos mestres e mestras que imparten as distintas áreas.

AVALIACIÓN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS POLO EQUIPO DOCENTE

O Equipo Docente, tal como quedou reflectido na Programación Xeral Anual, reuniuse o primeiro luns de cada mes e, alén diso, sempre que tivemos que tratar algún tema específico ou programar algunha actividade complementaria adicional.

Os obxectivos propostos para o curso acadáronse a nivel global, realizándose as adaptacións temporais oportunas (coma a adaptación da programación do terceiro trimestre) tendo en conta as dificultades atopadas, especialmente as derivadas da suspensión das clases presenciais pola COVID-19. REUNIÓNS DE PAIS

Durante o presente curso académico levouse a cabo unha xuntanza inicial na que as familias recibiron cumprida información sobre as diversas actividades: lectivas, complementarias e extraescolares programadas, ampliándose temporalmente cando o consideramos necesario.

Page 30: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

29

Os luns lectivos estiveron designados como día de titoría acudindo, ao longo do curso, os pais e/ou nais que o consideraron preciso, ben a petición propia, ou por telo solicitado ó/á respectivo/a titor/a.

Tras a declaración do estado de alarma as entrevistas realizáronse telefónicamente e a comunicación coas familias realizouse diariamente a través do envío da programación de actividades e tarefas adaptadas para cada día, así coma para a corrección das mesmas ou resolución de dúbidas ou calquer dificultade derivada do desenvolvemento do novo formato de “escola en casa”, ademáis de realizar o seguimento do estado psico - emocional dos nenos e nenas debido ao confinamento e ofrecer pautas para axudarlles a levar a nova situación o mellor posible. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Participamos en todas as actividades institucionalizadas: Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro, Semana da prensa, Día das Letras Galegas… Ainda que as que tiveron lugar despois da declaración do estado de alarma non se puideron celebrar de xeito presencial pero fixéronse outras actividades “a distancia” que se expuxeron na páxina web do colexio.

As actividades complementarias e extraescolares levadas a cabo polo ciclo, foron as seguintes:

24-10-2019 Contaconto Trinke-Trike no día das Bibliotecas escolares. 04-11-2019 Festa do Outono: Magosto e Samaín. 25-11-2019 Día Mundial contra a violencia de xénero. 02-12-2019 Taller sobre Linguaxe de signos. 18-12-2019 Visita de papá Noel. 21-12-2019 Festival de Nadal. 15-02-2020 Simulacro de evacuación. 30-01-2020 Día da Paz. 14-02-2020 Día do Amor e da Amizade. 21-02-2020 Festival de Entroido. 09-03-2020 Día da Muller 11-03-2020 Obra de teatro "O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa" e obradoiro de cociña.

Participamos, asimesmo, nas seguintes actividades e concursos:

Decoración das portas das aulas referentes ao proxecto da biblioteca: AlimentArte.

Postais de Nadal (organizado polo centro). Contacontos (organizados polo centro)

Lecturas apadriñadas.

Page 31: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

30

Concurso do día do libro. “Arte culinaria”

Actividade titulada “Palabras fermosas” para conmemorar as Letras Galegas.

Elaboración do Xornal do centro.

Todas estas actividades transcorreron sen incidentes salientables, sendo os resultados altamente satisfactorios, tanto no ámbito educativo-didáctico como no convivencial (esto último en relación ao desenvolto ata o 13 de marzo).

MATERIAIS DE AULA

Mercouse material funxible.

PLANS E PROGRAMAS

A titora do 2º nivel deste equipo docente titorizou a unha alumna do Prácticum II da titulación Grao en Educación Primaria con mención de dirección (parte que titorizou o director do colexio) e tamén participou no Programa Erasmus Plus. A titora de primeiro de primaria A titora de segundo de primaria

Asdo: Patricia González Fernández Asdo: Lucía Doval Sánchez

7.3. MEMORIA DO TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

AVALACIÓN DOS ALUMNOS

O 3º nivel constou de 5 alumnos/as. Os cinco promocionan ao 4º nivel con

todo aprobado. Un alumno debería seguir indo a clases de AL e hai dúas

alumnas que sería recomendable que no próximo curso tivesen reforzo

educativo na área de matemáticas, sobre todo, para actividades de

razoamento matemático.

O 4º nivel constou de 18 alumnos/as. Os dezaoito promocionan ao 5º nivel

con todo aprobado. Unha alumna acada os obxectivos da súa ACS e no curso

que vén será preciso manter a ACS en Inglés, Matemáticas, Lingua Galega,

Lingua Castelá, Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais cos cambios

necesarios para adaptala ao seu nivel académico. Hai dous alumnos que

deberían levar reforzo educativo en matemáticas o curso que vén.

Page 32: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

31

Ao remate de cada avaliación, reuniuse o Equipo docente coa finalidade de

valorar a evolución do alumnado en relación á consecución dos obxectivos

propostos e de cara á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe (introdución

de novos recursos e estratexias pedagóxicas, cambios na metodoloxía

didáctica…)

Debido á declaración do estado de alarma o 14 de marzo pola COVID-19 e a

conseguinte suspensión das clases presenciais ata finais de curso, a avaliación

do segundo e o terceiro trimestre sufriu modificacións respecto aos criterios

previstos inicialmente.

Para a nota do segundo trimestre tivemos en conta o traballado ata o venres

13 de marzo presencialmente e ate o 3 de abril telematicamente e para o

terceiro trimestre fixemos unha adaptación da programación correspondente

a ese período, establecéndose un posible incremento da nota de ata un 20%

para aqueles alumnos e alumnas que participaron activamente enviando por

correo electrónico, apps etc, as actividades propostas polos mestres e

mestras que imparten as distintas áreas.

AVALACIÓN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS POLO EQUIPO DOCENTE

O Equipo Docente, tal como quedou reflectido na Programación Xeral Anual,

reuniuse o primeiro luns de cada mes e, alén diso, sempre que tivemos que

tratar algún tema específico ou programar algunha actividade

complementaria adicional.

Os obxectivos propostos para o curso acadáronse a nivel global, realizándose

as adaptacións temporais oportunas (coma a adaptación da programación do

terceiro trimestre) tendo en conta as dificultades atopadas, especialmente as

derivadas da suspensión das clases presenciais pola pandemIa.

REUNIÓN DE NAIS/PAIS

Durante o presente curso académico levouse a cabo unha xuntanza inicial, o

xoves 5 de setembro foi a reunión de 3º e o luns 7 de outubro tivo lugar a de

4º, na que as familias recibiron cumprida información sobre as diversas

actividades: lectivas, complementarias e extraescolares programadas,

ampliándose temporalmente cando o consideramos necesario.

Page 33: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

32

Os luns lectivos estiveron designados como día de titoría, acudindo, ao longo

do curso, os pais e/ou nais que o consideraron preciso, ben a petición propia,

ou por telo solicitado ó/á respectivo/a titor/a.

Tras a declaración do estado de alarma, a comunicación coas familias

realizouse semanalmente a través do envío da programación de actividades e

tarefas adaptadas para cada día, así como para a corrección das mesmas ou

resolución de dúbidas ou dificultades derivadas do desenvolvemento do

novo formato telemático.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Participamos en todas as actividades institucionalizadas: Magosto, Nadal, Día

da Paz, Entroido, Día do Libro, Semana da prensa, Día das Letras Galegas…

Ainda que as que tiveron lugar despois da declaración do estado de alarma

non se puideron celebrar de xeito presencial pero fixéronse outras

actividades “a distancia” que se expoñeron na páxina web do colexio.

As actividades complementarias e extraescolares levadas a cabo polo ciclo

foron as seguintes:

24-10-2019 Contaconto Trinke-Trike no día das Bibliotecas escolares.

04-11-2019 Festa do Outono: Magosto e Samaín.

25-11-2019 Día Mundial contra a violencia de xénero.

2-12-2019 Taller sobre Linguaxe de signos.

18-12-2019 Visita de papá Noel.

21-12-2019 Festival de Nadal.

15-02-2020 Simulacro de evacuación.

30-01-2020 Día da Paz.

14-02-2020 Día do Amor e da Amizade.

21-02-2020 Festival de Entroido.

9-03-2020 Día da Muller

11-03-2020 Obra de teatro "O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa" e obradoiro de cociña.

Page 34: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

33

Participamos nas seguintes actividades, torneos e concursos:

Decoración das portas das aulas referentes ao proxecto da biblioteca: AlimentArte.

Postais de Nadal (organizado polo centro). Contacontos (organizados polo centro). Mochilas viaxeiras. Lecturas apadriñadas. Concurso do día do libro. Arte culinaria. Actividade titulada “Palabras fermosas” para as Letras Galegas. Campaña de degustación do leite. Ligas de Xadrez de outono e inverno. Xoves Olímpicos. Elaboración do Xornal Escolar do centro.

Todas estas actividades transcorreron sen incidentes salientables, sendo os resultados altamente satisfactorios.

PLANS E PROGRAMAS

A titora do 3º nivel deste equipo docente titorizou a unha alumna do Practicum 2 da titulación Grao en Educación Primaria con mención de dirección ( parte que titorizou o director do colexio) e tamén participou no Programa Erasmus Plus. A titora de terceiro de primaria O titor de cuarto de primaria

Asdo: Lucía Doval Sánchez Asdo: Francisco Varela Domínguez

7.4. MEMORIA DE QUINTO E SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA MEMORIA DO QUINTO E SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA AVALACIÓN DOS ALUMNOS

O 5º curso constou de SETE alumnos/as.

Os sete alumnos/as promocionan a 6º de primaria. Neste grupo recibiu reforzo educativo un alumno en Matemáticas, por parte da especialista de Pedagoxía Terapeutica.

Page 35: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

34

O 6º curso constou de OITO alumnos/as.

Os oito alumnos/as promocionan ao 1º curso da ESO. Destacar que neste curso dúas alumnas recibiron Mención Honorífica. Ao finalizar cada unha das avaliacións, o equipo docente tomou como referencia os criterios de avaliación propostos ao principio de curso para o 1º e 2º trimestres. Este curso non se cualificou a 3ª avaliación, pero si a ordinaria. Os criterios son os seguintes:

Actividades e tarefas na aula e na casa.

Notas dos controis.

Interese e motivación.

Esforzo e participación.

Comportamento Ao remate de cada avaliación, reuniuse o equipo docente coa finalidade de valorar a evolución do alumnado en relación á consecución dos obxectivos propostos e de cara á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe (introdución de novos recursos e estratexias pedagóxicas, cambios na metodoloxía didáctica…) Este ano non se puido organizar unha reunión coa orientadora do centro, coa finalidade de informarlle, pormenorizadamente, sobre a marcha de cada alumno que vai comenzar no vindeiro curso 1º de ESO. Catro alumnos irán ao CPI O Cruce, un alumno irá ao IES Alfredo Brañas (Carballo) e tres alumnos irán ao CPI Pecalama (Tordoia). AVALACIÓN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS POLO EQUIPO DOCENTE

O equipo docente, tal como quedou reflectido na Programación Xeral Anual, reuniuse os primeiros luns de cada mes e, alén diso, sempre que tivemos que tratar algún tema específico ou programar algunha actividade complementaria adicional. Os obxectivos propostos para o curso acadáronse case a nivel global (con algunhas excepcións no 5º curso), realizándose as adaptacións temporais oportunas tendo en conta as dificultades atopadas este curso por mor do parón lectivo provocado polo Covid-19.

Page 36: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

35

REUNIÓN DE PAIS

Durante o presente curso académico levouse a cabo unha xuntanza inicial na que as familias recibiron cumprida información sobre as diversas actividades a levarse a cabo: lectivas, complementarias e extraescolares programadas, que se ampliaron cando se considerou necesario. Os luns lectivos estiveron designados como día de titoría acudindo, ao longo do curso, os pais e/ou nais que o consideraron preciso, ben a petición propia, ou por telo solicitado ó/á respectivo/a titor/a. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Participamos en case todas as actividades institucionalizadas: Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro... As actividades complementarias e extraescolares levadas a cabo foron as seguintes:

24-10-2019 Día da Biblioteca Escolar contacontos “Paula Carballeira” e “Trinke Trinke”

08-11-2019 Festa do Outono: Magosto, Halloween

25-11-2019 Día Internacional da Violencia contra a Muller

02-12-2019 Veciños Ilustres

16-12-2019 Taller de Cociña

20-12-2019 Festival de Nadal

15-01-2020 Simulacro de Autoprotección do colexio.

30-01-2020 Día da Paz e da Non Violencia.

14-02-2020 Lecturas apadriñadas e “Día do Amor e a Amizade”

21-02-2020 Festival de Entroido

11-03-2020 Obra Teatral “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”

Participamos, asimesmo, nas seguintes actividades e concursos:

Postais de Nadal (organizado polo centro).

Decoración das portas das aulas referentes ao proxecto da biblioteca.

Page 37: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

36

Contacontos (organizado polo centro).

Mochilas viaxeiras.

Lecturas apadriñadas

Elaboración do Xornal do centro. Totas estas actividades transcorreron sen incidentes salientables, sendo os resultados altamente satisfactorios, tanto no ámbito educativo-didáctico como no convivencial. MATERIAIS DE AULA Mercáronse libros e material funxible. PLANS E PROGRAMAS

Este equipo docente participou de novo no Plan Director levado a cabo no centro en colaboración coa Garda Civil do Concello de Ordes. As charlas foron:

22-01-2020: Novas Tecnoloxías, Drogas e Alcohol. Ademais, participou no Programa Atrévete. A visitas foron:

19-11-2019: Óptica “Auris”

06-03-2020: “Merca Mas” Este equipo docente tamén participou no Programa Educativo de Evax para Adolescentes, “Acerca de ti”, no que se visualizaron unha serie de videos educativos sobre a adolescencia y posteriormente fíxose un debate sobre os mesmos. O días foron o 9, 10 e 31 e Xaneiro. O titor de quinto de primaria A titora de sexto de primaria Asdo: Agustín Sánchez Iglesias Asdo: Silvia Betanzos Tajes

Page 38: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

37

7.5. MEMORIA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

COMPOÑENTES DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Ed. Infantil Ana María Vázquez Fraga

1º Curso de Primaria Patricia González Fernández

4º Curso de Primaria Francisco Varela Domínguez

6º Curso de Primaria Silvia Betanzos Tajes

COORDINADOR Agustín Sánchez Iglesias

INTRODUCIÓN

O traballo desenvolvido ao longo deste curso por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega estivo encamiñado a levar a cabo as actividades descritas de seguido e que presentamos no PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO no centro, e que foi remitido con data do 31 de xaneiro de 2020 (Número de entrada 2020/206831). O noso obxectivo principal consistiu en que a nosa lingua estivese presente en todos os ámbitos do centro.

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS BIBLIOTECA:

Ampliamos os fondos de consulta adaptados á idade dos alumnos, en lingua galega de cara a fomentar os hábitos de lectura, tanto a nivel escolar como familiar.

Colocamos carteis coas normas de emprego da biblioteca.

Realizamos sesións de contacontos.

Seleccionamos lecturas referentes ao lema do proxecto referente a este ano que baseouse no tema “AlimentArte”. Con este mesmo centro de interese decoramos as portas dau aulas do centro.

CONFECCIÓN DO XORNAL ESCOLAR:

Confección de traballos para o xornal escolar que publicamos a finais do curso escolar. No presente curso, como consecuencia do estado de alarma, publicamos o xornal únicamente en formato dixital.

Page 39: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

38

A versión dixital do xornal atópase colgada na nosa páxina web, aloxada na nosa web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/

REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

Como recollimos no proxecto inicial, os obxectivos destas actividades consistiron en potenciar a realidade e a cultura galega na escola e a valoración das tradicións galegas, involucrando ás familias neste proceso.

Realizamos as ambientacións e decoración tanto do centro como do propio espazo da Biblioteca para o desenvolvemento das diversas actividades levadas a cabo.

Elaboramos materiais para a conmemoración do Magosto, do Día da Paz, do Entroido, Día do Libro, Semana da Prensa e Día das Letras Galegas, aínda que as tres últimas as levamos a cabo de xeito telemático debido á alerta sanitaria.

AVALIACIÓN DO PROXECTO

O profesorado participou e involucrouse nas actividades propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Page 40: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

39

Con respecto á actividade anual do noso Xornal Escolar, estamos máis que satisfeitos cos obxectivos inicialmente proposto e os acadados. O Equipo de Dinamización tratou de propoñer e coordinar as actividades que se desenvolveron no centro desde os distintos equipos e titorías, ao longo do curso. Contamos en todo momento, coa colaboración das familias e do Concello que dunha ou outra forma axudaron na promoción e na realización das distintas actividades abertas, que levamos a cabo ao longo do curso. Tamén desenvolvimos actividades conxuntas co noso centro de adscrición “O Cruce”. Participamos e fixemos partícipes tamén, a distintos organismos, entidades e empresas do contorno que ofertaron actividades para os rapaces, ou as que lles solicitamos colaboración no desenvolvemento doutras que consideramos interesantes para os nosos alumnos e alumnas. Os obxectivos plantexados no proxecto para este curso non se cumpliron na súa totalidade con respecto ao plantexado inicialmente, como consecuencia da suspensión das clases presenciais desde o 16 de marzo ata a finalización do curso. O Coordinador Asdo: Agustín Sánchez Iglesias

7.6. MEMORIA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE

7.6.1. INTRODUCIÓN A diversidade de alumnado é unha realidade, de aí que se tivo moi en conta a

importancia de dar resposta ás distintas necesidades que se presentaron, tal

e como se recolle no D.229/2011, do 7 de xaneiro, polo que se regula a

atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade

Autónoma de Galicia.

No centro hai alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo, polo

que se dispón de recursos para atender ás súas necesidades, como é o

profesorado de apoio e a súa propia aula. En canto ao persoal, hai dúas

mestras de PT a tempo completo no centro, unha mestra de AL e unha

orientadora como xefa do Departamento de Orientación, ámbalas dúas

compartidas, a mestra de Audición e Linguaxe co CPI Pecalama (Tordoia-

Cabaleiros) e a orientadora co CPI O Cruce (Cerceda).

Page 41: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

40

1. Actuación das mestras especialistas en pedagoxía terapéutica e

Audición e Linguaxe

No Decreto 374/1996, no seu artigo 84, e na Orde do 24 de xullo de 1998

(art. 7), aparecen recollidas as funcións para os mestres especialistas en

Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.

O horario foi elaborado tendo en conta as necesidades do alumnado,

dándolle prioridade aos alumnos con unha adaptación curricular. Ao longo do

curso fixéronse as modificacións oportunas en función da variación de

necesidades do alumnado e do centro.

A intervención educativa da mestra de PT foi dirixida fundamentalmente a

compensar as dificultades de aprendizaxe que se presentaron,

principalmente, nas áreas instrumentais básicas (linguas e matemáticas) e á

adquisición de técnicas, habilidades, actitudes e destrezas básicas que

axudaran á mellora do traballo e ao mellor desenvolvemento da

personalidade do alumnado. A pesares de compartir finalidade, o especialista

en Audición e linguaxe centrouse máis no desenvolvemento das capacidades

comunicativo – lingüísticas, sendo esta unha das competencias necesarias

para o desenvolvemento integral dos nosos alumnos. A mestra de Audición e

Linguaxe atendeu ao alumnado en sesións individuais ou en pequeno grupo

de 25 minutos.

A intervención realizouse en relación a tres niveis:

En relación ao alumno/a:

- Prestarlle atención directa ao alumno/a con NEAE.

- Colaborar na identificación e avaliación de NEE.

- Observar o progreso do alumno/a e avalialo en colaboración có

mestre/a de área.

En relación ao mestre/a:

- Colaborar na elaboración, seguimento e avaliación das Adaptacións

Curriculares individuais, así como das medidas de reforzo.

- Colaborar no establecemento da metodoloxía e avaliación a seguir co

alumno/a que presentan NEE.

Page 42: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

41

- Elaborar e deseñar materiais específicos para cada alumno/a.

En relación ao centro:

- Participar na elaboración dos horarios dos alumnos/as con NEAE.

- Coordinación cos profesionais que interveñen na educación dos

alumnos/as con NEAE.

- Participar nas sesións de avaliación nos niveis que teñan alumnos/as

con NEAE.

Esta actuación levouse a cabo de forma globalizada, para o que foi

fundamental a coordinación co resto de profesorado.

Obxectivos xerais da intervención co alumnado:

Acadar o máximo desenvolvendo as potencialidades de cada alumno.

Mellorar a integración do alumnado tanto no centro como na aula a

través da adquisición de habilidades sociais.

Adquirir uns hábitos de autonomía que lle permitan desenvolverse na

vida diaria, así como no traballo na súa aula e no centro.

Acadar o desenvolvemento de tarefas que requiran certa

responsabilidade.

Favorecer a adquisición das aprendizaxes instrumentais básicas.

Mellorar a integración na comunidade educativa e na sociedade.

Favorecer a autoestima positiva do alumnado, como medio

favorecedor da formación do alumno/a en todos os ámbitos.

Mellorar os procesos psicolóxicos básicos (atención, percepción e

memoria).

Iniciar, adquirir e mellorar a lectoescritura.

Previr os posibles déficits ou trastornos da aprendizaxe do alumnado.

Aspectos prioritarios a traballar co alumnado:

Percepción, atención e memoria

As técnicas instrumentais:

Comprensión e expresión oral

Comprensión lectora

Page 43: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

42

Escritura

Razoamento

Cálculo

Hábitos de traballo e autonomía

Linguaxe

Habilidades sociais

Motricidade

Coñecementos de área

A intervención das mestras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe

no presente curso realizouse tanto dentro como fóra da aula ordinaria, logo

do consenso cos mestres/as titores/as, polo carácter específico das

dificultades presentadas polos alumnos.

2. Relación de alumnos/as atendidos pola mestra de Pedagoxía

Terapéutica:

1 alumno con NEAE asociadas a Trastorno Específico da Linguaxe e retraso

madurativo. 5º EI

Os obxectivos de cara á intervención na aula ordinaria foron reforzar

nas tarefas de aula ordinaria que permitira asimilar as rutinas diarias e

o traballo autónomo e adquirir maior seguridade así coma estimular a

linguaxe.

Na aula de apoio os obxectivos foron máis específicos, potenciar os

procesos psicolóxicos básicos (percepción, memoria e sobre todo

atención) , funcións executivas e motricidade fina. Ditos obxectivos

foron traballados tamén a través das actividades enviadas durante a

época de pandemia. O alumno recibiu 4 horas semanais de apoio, 3 na

aula ordinaria e 1 na aula de apoio.

1 alumno con NEAE asociadas a Síndrome de Down. 6º EI

Os principais obxectivos de cara á intervención foron: reforzar contidos

curriculares da súa etapa; identificar condutas non axeitadas cos

compañeiros e a nivel de centro; observar e explorar o seu entorno

familiar, natural e social; adquirir progresivamente autonomía nas

actividades habituais; desenvolver habilidades comunicativas.

Conta con coidador.

Page 44: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

43

Recibiu 9 horas de apoio dentro da aula ordinaria.

1 alumno con NEAE asociadas a TEA. 2º EP

Os principais obxectivos de cara á intervención foron: traballar contidos

curriculares da súa adaptación; establecer rutinas de traballo e intentar

romper cos patróns repetitivos xa interiorizados e con outros que foron

aparecendo (durante o curso observouse un incremento e falta de

control na forza coa que realiza estas conductas, chegando a parecer

autolesivas); observar e explorar o seu entorno familiar, natural e

social; adquirir progresivamente autonomía nas actividades habituais;

desenvolver capacidades afectivas e habilidades comunicativas.

Conta con coidador. Ten adaptación en varias áreas do currículo.

Recibiu 14 horas de apoio, das cales 8 foron na aula de apoio e 6 na

aula ordinaria.

1 alumna con NEAE asociadas a Discapacidade intelectual. 4º EP

Os obxectivos de cara á intervención foron potenciar as capacidades

cognitivas básicas (atención, percepción e memoria); mellorar a

comprensión e expresión oral e escrita. Coñecer os números ata o 199.

Traballar a suma con levadas e a resta. Interiorizar os conceptos de

unidade, decena e centena e composición/descomposición dos

números. Resolver problemas básicos coas operacións traballadas.

Paralelamente traballáronse contidos reflaxados no documento da súa

ACS en distintas áreas. Afianzar a autonomía para levar a cabo as

actividades diarias. Axudar a xestionar as súas emocións e sentimentos

e ser capaz de expresalas, evitando así comportamentos non axeitados

debidos á súa frustración interna.

Recibiu 13 horas de apoio, 8 na aula de apoio e 5 na aula ordinaria.

1 alumno con NEAE asociadas a dificultades de aprendizaxe. 5ºEP

Os obxectivos fixados foron os relacionados coa área de matemáticas

xa pendente do curso anterior.

Ata o período de pandemia reforzáronse aqueles contidos

correspondentes ao actual curso e previamente traballados na aula

ordinaria co titor. En concreto: números naturais e aproximacións,

suma, resta, multiplicación e división de números naturais, gráficas,

múltiplos e divisores fraccións e operacións, porcentaxes, cálculo

mental e resolución de problemas en cada tema.

Recibiu 3 sesións semanais de apoio na aula específica.

Page 45: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

44

3. Relación de alumnos/as atendidos pola mestra de Audición e

Linguaxe:

1 alumno con NEAE asociada a un Trastorno Específico da Linguaxe (TEL).

5º EI

É un neno que presenta máis dificultades de expresión que de

comprensión. A nivel da área comunicativo - lingüística a súa linguaxe

oral ten múltiples erros articulatorios e procesos de simplificación da

fala. Os obxectivos de cara á intervención foron potenciar as

capacidades cognitivas básicas (atención, memoria); mellorar as bases

anatómicas e funcionais da linguaxe (respiración - sopro,

discriminación auditiva e praxias); aumentar o vocabulario

comprensivo e expresivo; formación de frases simples e narración de

historias curtas oralmente, reforzar contidos traballados en clase,

utilizar a linguaxe para desenvolverse na vida cotiá e traballar as

habilidades sociais.

Recibiu 2 sesións de 25 minutos.

1 alumno con NEAE asociada a Síndrome Down, 6º EI

Amosa retraso na linguaxe oral con emisión de algunhas palabras de

uso común, iniciándose a elaborar enunciados de máis de dous ou tres

elementos. Tamén presenta unha baixa comprensión oral cando se

utiliza vocabulario que está fóra da rutina ou se os enunciados son moi

longos. Como obxectivos deste curso propúxose traballar os

prerrequisitos lingüísticos: atención, memoria e construción de

enunciados sinxelos apoiándose en imaxes ou láminas. Tamén se

incidiu sobre a mellora das bases anatómico - funcionais, praxias e

sopro. Aumentar o vocabulario tanto comprensivo como expresivo.

Evitar comportamentos non axeitados traballando a comprensión de

accións incorrectas. Facer un seguimento de ordes sinxelas e de

preguntas sobre o seu contexto máis próximo.

Recibiu 3 sesións de 25 minutos.

1 alumno con NEAE asociada a un Trastorno do Espectro Autista (TEA), 2º

EP

Ao longo deste curso mostrou avances a nivel comunicativo –

lingüístico, mellorando bastante a nivel de intención comunicativa,

pero presenta dificultades para xeneralizar o aprendido a diferentes

contextos. O traballo seguiu orientado a traballar os prerrequisitos

Page 46: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

45

lingüísticos: atención, percepción, imitación, memoria, razoamento...

Ampliar vocabulario incidindo na súa correcta pronunciación, e aínda

que cunha intervención dirixida articula de forma correcta, ten

problemas para xeneralizala. Mellorar a comprensión e expresión oral,

así como o seguimento de ordes con axuda de pictogramas ou imaxes.

Establecer rutinas de traballo evitando os patróns repetitivos (durante

o curso observouse un incremento e falta de control na forza coa que

realiza estas conductas) e desenvolver capacidades afectivas e

habilidades sociais.

Conta con coidador. Ten adaptación en varias áreas do currículo.

Recibiu 3 sesións de 25 minutos.

16 alumnos e alumnas con NEAE asociada a dislalia:

8 alumnos presentan rotacismo (trastorno na articulación da fala por

alteración do fonema /r/). Como obxectivos da intervención

diferenciamos entre o tratamento indirecto traballando as bases

funcionais da linguaxe: respiración, sopro, discriminación auditiva e

praxias bucofaciais; e o tratamento directo traballando a correcta

articulación do fonema alterado na linguaxe oral.

Dúas alumnas foron alta no 1º trimestre tras comprobar que

xeneralizaban a correcta articulación do fonema en diferentes

contextos e que non se producira retroceso durante o verán.

Tres destes alumnos alcanzaron a correcta articulación do fonema e

quedan pendientes dunha valoración ao comezo do próximo curso

para comprobar que non se produciu un retroceso e efectuar a súa

alta.

Recibiron entre 1 e 2 sesións de 25 minutos.

1 alumno que presentan seseo (trastorno na articulación da fala por

substitución do fonema /θ/ por /s/). Como obxectivos da intervención

diferenciamos entre o tratamento indirecto traballando as bases

funcionais da linguaxe: respiración, sopro, discriminación auditiva dos

fonemas /s/ e /θ/ e praxias bucofaciais; e o tratamento directo

traballando a correcta articulación do fonema alterado na linguaxe

oral. Xeneralización da pronuncia correcta.

O alumno foi dado de alta no 2º trimestre pola correcta pronuncia do

fonema en fala espontánea.

Recibiu 1 sesión de 25 minutos.

Page 47: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

46

2 alumnos que presenta ceceo (trastorno na articulación da fala por

substitución do fonema /s/ por /θ/). Como obxectivos da intervención

diferenciamos entre o tratamento indirecto traballando as bases

funcionais da linguaxe: respiración, sopro, discriminación auditiva dos

fonemas /s/ e /θ/ e praxias bucofaciais, e o tratamento directo

traballando a correcta articulación do fonema alterado na linguaxe oral

mediante xogos.

Un deles foi dado de alta no 1º trimestre tras comprobar que

automatizou a correcta pronuncia do fonema.

Recibiu 2 sesións de 25 minutos.

1 alumno que presenta ceceo e rotacismo. Como obxectivos da

intervención diferenciamos entre o tratamento indirecto traballando as

bases funcionais da linguaxe: respiración, sopro, discriminación

auditiva dos fonemas e praxias bucofaciais; e o tratamento directo

traballando a correcta articulación do fonema /s/ e /r/ na linguaxe oral.

Xeneralización da pronuncia correcta. No 2º trimestre retiráronlle un

aparato que cubría por completo o padal impedindo a articulación,

continúa con ortodoncia que dificulta a pronuncia pero dun xeito máis

leve. Conseguiu a articulación do /s/ pero persisten as dificultades no

/r/.

Recibiu 2 sesións de 25 minutos.

4 alumnos que presentan dislalia en diferentes fonemas. Como

obxectivos da intervención diferenciamos entre o tratamento indirecto

traballando as bases funcionais da linguaxe: respiración, sopro,

discriminación auditiva dos fonemas nos que presentan dificultades; e

o tratamento directo traballando a correcta articulación dos fonemas

na linguaxe así como xeneralizando a súa pronuncia adecuada de xeito

espontáneo. Dous deles presnetan, ademais, dificultades na

estructuración gramatical e na evocación de palabras engadindo con

estes alumnos obxectivos de traballo como o aumento do vocabulario

e a mellora da estruturación gramatical.

Un dos alumnos de EI foi dado de alta no 1º trimestre por ter

superadas as súas dificultades.

Recibiron entre 1 e 3 sesións de 25 minutos.

1 alumna con NEAE asociadas a un retraso madurativo. 4º EP

Page 48: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

47

Presenta multiples erros articulatorios así como dificultades na

lectoescritura e na lectura comprensiva e problemas coas habilidades

sociais, autonoma e expresión de emocións e sentimentos. Os

obxectivos de cara á intervención foron potenciar as capacidades

cognitivas básicas (atención, percepción e memoria) e mellorar a

comprensión e expresión oral e escrita así como o seu vocabulario.

Afianzar a autonomía para levar a cabo as actividades diarias. Axudar a

xestionar as súas emocións e sentimentos e ser capaz de expresalas.

Mellorar as bases anatómicas e funcionais da linguaxe (respiración -

sopro, discriminación auditiva e praxias); narrar historias curtas e

mellorar habilidades sociais.

Conta cunha Adaptación Curricular.

Recibiu 3 sesións de 25 min.

4. Valoración da consecución dos obxectivos e avaliación

Finalizaremos esta memoria facendo referencia tanto aos logros como ás

dificultades atopadas.

A programación desenvolveuse con toda normalidade ata a suspensión da

actividade lectiva presencial. Cabe destacar que a mestra de Audición e

Linguaxe é itinerante con outros dous colexios, isto da lugar a que as horas

que se lle dedican ao alumnado sexan insuficientes para atender

satisfactoriamente tódalas necesidades que se presentan no centro.

Ademais a figura da orientadora está practicamente ausente, xa que tamén

está compartida co CPI O Cruce, que é o seu centro base e no que desempeña

a maiores un cargo dentro do equipo directivo.

Debido ao excepcional período de pandemia a partir do 13 de marzo, a

programación e a atención ao alumnado e as súas familias desenvolveuse a

través do envío de material impreso ou interactivo, sesións mediante

videoconferencia e comunicación mediante correo electrónico ou teléfono;

medidas que permitiron tanto o reforzo de contidos previamente traballados

coma continuar coa programación así coma un seguimento do alumnado.

Page 49: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

48

Mestras de PT Mestra de AL Asdo: Patricia Gende Pazos Asd: Cristina Galante GArcía Asdo: Alba Ferreiro González

7.7. MEMORIA DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS

Durante o desenvolvemento do curso 2019/2020, a participación de todo o alumnado do colexio neste tipo de actividades foi maiormente positiva. Na franxa horaria que vai desde as 15 as 17 horas tiveron lugar as actividades extraescolares seguintes: Piscina, Informática, Ximnasia Rítmica e Pequebaile. Ademais, no clubE de atletismo "Atlética A Silva" participa o alumnado de educación infantil e primaria tanto do colexio como doutros centros da zona de Tordoia, Ordes, Carballo e Cerceda de 18:00 a 19:00 e o alumnado da ESO de 19:00 a 20:00, continuando así as actividades extraescolares que iniciaron antes de rematar os estudos no noso centro. En liñas xerais, alcanzáronse todos os obxectivos propostos a principios do curso. ACTIVIDADES As actividades desenvolvidas ao longo do curso, algunhas delas en colaboración co Equipo de Dinamización de Biblioteca e de Dinamización da Lingua, foron as seguintes:

1. CELEBRACIÓNS

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR (24 de outubro 2019)

o Celébrase o día das Bibliotecas escolares con dúas sesións de contacontos. A primeira da man de Paula Carballeira para o alumnado de educación infantil e 1º e 2º e a segunda por parte da compañía Trinke Trinke para os nenos e nenas de 3º a 6º.

FESTA DO OUTONO

(4 de novembro 2019)

Page 50: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

49

o O venres 4 de novembro celébrase o Magosto e o Samaín. Tiveron lugar sesións de xogos a partires das 12,00 horas e degustación de castañas acompañadas de chocolate quente despois do primeiro recreo. Este ano, como novidade, o Concello mandou un castañeiro que asou as castañas no típico tren-carriño.

o Os alumnos viñeron disfrazados en relación coa temática de Halloween/Samaín. Na realización dos xogos houbo un específico organizado polo equipo de plurilingüismo adicado ao Halloween, ao tratarse o noso dun centro plurilingüe.

o Este ano cambiamos o tradicional partido de fútbol entre alumnado de 6º e profesorado por dous partidos curtos de baloncesto.

NADAL

(21 de decembro 2019) o Como cada ano, realizouse un concurso de postais. A gañadora

enviouse ás casas de todo o alumnado e aos distintos estamentos para felicitar o Nadal. Todas as postais foron expostas na entrada do colexio. O 18 de decembro tivo lugar a visita de Papá Noel organizada polo Concello. O festival de Nadal tivo lugar o 21 de decembro. Houbo actuacións realizadas polos alumnos e alumnas de todos os niveis. Tamén se entregaron os premios do Campionato de Xadrez, dos Xoves Olímpicos, así como do Concursoi de Postais de Nadal.

DÍA DA PAZ (30 de xaneiro de 2020)

o O 30 de xaneiro, xoves, colocamos uns carteis polos corredores do centro e os taboleiros de cortiza que hai na entrada previamente elaborados por todo o alumnado cunhas receitas especiais de paz: sopiña da amizade, gazpacho de solidariedade…Ao non estar o profesor encargado de organizar os tradicionais xogos cooperativos realizamos dita actividade o mércores 5 de febreiro no pavillón de deportes.

Page 51: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

50

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE (14 de febreiro de 2019)

o O 14 de febreiro celebramos o Día do Amor e da Amizade, con varias actividades organizadas polo equipo de biblioteca en colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares, entre outras; a elaboración dun corazón decorado con parellas saborosas de alimentos que traballamos dentro do proxecto de biblioteca deste ano AlimentArte.

ENTROIDO (Do 17 de febrero ao 21 de febreiro de 2020)

o Colocáronse na entrada do colexio as comandas de Entroido de toda a semana. Así, cada día @s nen@s trouxeron algo “entroideiro”.

o O día 20 de febreiro tivemos a degustación de produtos típicos de Entroido doados polas familias. O excedente levouse á Cociña Económica.

o O 21 de febreiro realizamos o desfile de Entroido. Cada aula foi disfrazada facendo alusión aos elementos traballados en relación á temática do Proxecto da biblioteca deste ano: cociñeiros, froitas, pintores, leitugas, guisantes, tractores...

DÍA DO LIBRO (23 de abril 2019)

o Debido á declaración do estado de alarma polo COVID-19 o 14 de marzo a partir desta data e ata a finalización do curso escolar as actividades previstas e conmemoracións non se puideron levar a cabo de xeito presencial.

o O día do libro puidemos ver na páxina web do colexio un vídeo elaborado por unha alumna do colexio de 1º e o seu irmá que xuntos fixeron unha actuación como contadores de chistes.

o Tamén se levou a cabo o “Concurso do mes do libro” para todo o alumnado da escola. En infantil, 1º e 2º o concurso consistiu en adiviñar as pistas que se iban dando e que eran partes de debuxos de personaxes dos contos que había que descubrir.

Page 52: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

51

o Ademais, para conmemorar esta data todos os docentes fixemos de críticos literarios sobre algunhas das nosas lecturas favoritas. Ao final con todas as aportacións a encargada da biblioteca elaborou un fermoso vídeo que se pode ver na páxina web do colexio.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

(17 de maio 2020) o Para conmemorar a semana das Letras Galegas facilitouse aos

titores e titoras un material con actividades adaptadas aos diferentes niveis sobre Ricardo Carballo Calero para traballar voluntariamente co alumnado.

o Dado que non se puido realizar o Festival das Letras Galegas coma todos os anos debido as distintas prórrogas do estado de alarma polo COVID- 19, propúxose aos nenos e nenas que escolleran unha palabra galega que lles gustara e a presentaran escrita ou decorada con diferentes materiais a través dunha foto na que aparecera dita palabra acompañada por eles e elas. Ao final con todas as palabras a encargada da biblioteca fixo unha bonita montaxe a través dun vídeo subido á páxina web da escola.

o O profesorado ademais, a partir dunhas palabras galegas, fixemos unha decoración especial destas palabras debuxadas e os seus significados, relacionando así a beleza das palabras galegas coa biografía do persoeiro homenaxeado na presente edición. Finalmente con todos os traballos realizouse un vídeo que se compartiu con toda a comunidade educativa.

2. CONMEMORACIÓNS:

As seguintes conmemoracións celebráronse con actividades a nivel de aula:

20 de novembro, día Internacional da Infancia.

25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero.

Do 3 ao 11 de decembro, Constitución e Estatuto de Autonomía.

3 de decembro, día Internacional das persoas con discapacidade.

10 de decembro, día da declaración universal dos dereitos humanos.

30 de xaneiro, día escolar da non violencia e da Paz.

Page 53: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

52

8 de marzo, día internacional da muller.

Do 11 ao 15 de marzo, semana da prensa.

15 de marzo, día mundial dos dereitos do consumidor.

7 de abril, día mundial da saúde.

Entre o 23 e o 26 de abril, semana do libro.

9 de maio, día de Europa.

Do 13 ao 17 de maio, semana das Letras Galegas.

5 de xuño, día mundial do medio ambiente. A partires do 14 de marzo algunas destas conmemoracións realizáronse a través de actividades propostas e levadas a cabo por vía telemática.

3. SAÍDAS, VISITAS, OBRADOIROS E CHARLAS:

23-10-2019 Contacontos de Pura Carballeira para o alumnado de 3º a 6º de Primaria.

24-10-2019 Contacontos de TRinke-TRinke para Infantil,e 1º e 2º de Primaria.

19-11-2019 Visita a AURIS (Audición e Visión). Alumnado de 5º e 6º de Primaria, dentro do programa Atrévete.

02-012-2019 Obradoiro de Lingua de signos levado a cabo en dúas sesión.

12-12-2019 Contacontos para Infantil e 1º de Primaria.

16-12-2019

Obradoiro de cociña organizado pola AMPA de 11.00 a 13:00h para o alumnado de 5º e 6º en colaboración co Restaurante de Santa Margarita.

18-12-2019 Visita de Papá Noel organizada polo Concello.

15-01-2020 Simulacro de Evacuación.

22-01-2020 Charlas sobre novas tecnoloxías e alcohol e drogas (Plan Director).

05-02-2020 Saída ao invernadoiro do alumnado de 2º, 3º e 6º a recoller leitugas.

06-03-2020 Visita a Mercamás do alumnado de 5º e 6º dentro do programa Atrévete.

11-03-2020 Obra de teatro "O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa" e obradoiro de cociña.

*Debido á declaración do estado de alarma polo COVID-19 as visitas, saídas e excursións organizadas para o 3ºTrimestre foron canceladas.

Page 54: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

53

4. OUTRAS ACTIVIDADES:

As seguintes conmemoracións celebráronse con actividades a nivel de aula:

o Continuamos este curso coa liga de Xadrez que se desenvolveu durante os recreos dos martes e mércores.

o Como cada ano, realizáronse as lecturas apadriñadas e o concurso de postais de Nadal.

o Durante todos os xoves nos recreos tiveron lugar os nosos xa tradicionais “Xoves olímpicos”. Realizáronse competicións entre varios equipos formados por mestres e alumnos e cada xoves desenvolveuse un xogo distinto. Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta. Todo o profesorado colaborou na realización destes xogos cooperativos.

o Un ano máis o alumnado de 5º e 6º participou no programa educativo sobre adolescencia organizado por Evax.

o Os alumnos de 5º e 6º participaron no Programa Atrévete. o Durante o confinameto ao suspenderse as clases presenciais

realizárose ademáis as seguites actividades: - Entre todo o profesorado gravamos un vídeo con

diferentes mensaxes e debuxos para animar a toda a comunidade educativa a quedar na casa e así loitar todos xuntos contra o Coronavirus.

- Propúxose tamén desde o equipo de actividades extraescolares a lectura conxunta de gran parte dun libro de valores titulado AMAR por parte dalgúns membros do equipo docente para compartila a través da páxina web do colexio con todo o noso alumnado e as súas familias.

- Ademais, a partir dunhas actividades propostas en distintas titorías extendeuse como actividade complementaria para toda a escola a elaboración de distintos trampantoxos, receitas feitas formando tanto alimentos que parecen feitos cuns ingredientes cando en realidade son outros como formas de animais e outros elementos curiosos.

o Relacionamos así este traballo co noso proxecto de biblioteca AlimentARTE, puidéndose ver os resultados no blogue da biblioteca.

o Colaborouse e traballouse conxuntamente co Equipo de Dinamización da Lingua e co Equipo de Biblioteca para a organización das distintas actividades.

Page 55: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

54

PROPOSTAS DE MELLORA

Pretendemos continuar coas actividades deste ano e engadir algunha a proposta dos pais/nais/mestres/alumnos.

Compoñentes do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares:

Lucía Doval Sánchez

Silvia Betanzos Tajes

José Domínguez Caballero

Patricia Gonzaález Fernández – Xefa do Equipo

7.8. MEMORIA ANUAL DA COMISIÓN DE CONVIVENCIA

SITUACIÓN ACTUAL DA CONVIVENCIA

a) Enfoque actual

O enfoque da convivencia no centro tivo unha visión construtiva e positiva polo que as actuacións foron encamiñadas ao desenvolvemento de comportamentos axeitados para convivir mellor e resolver conflitos a través da participación, dos diversos canles de comunicación e da prevención de problemas de conduta.

Ao tratarse dun centro de Infantil e Primaria, cunha ratio reducida, a convivencia desenvolviuse dun xeito máis que aceptable. Na actualidade o clima de convivencia no centro é gratamente positivo. Ao longo do curso non se observaron serios problemas aparecendo algúns conflitos esporádicos, xeralmente por desadaptacións, que se resolveron fundamentalmente co diálogo e con algunha medida disciplinaria de carácter menor.

b) Respostas ante as situacións A resposta educativa do centro estivo relacionada co desexo de mellorar as canles de diálogo, respecto e comunicación, como medio para solucionar calquera conflito e coa necesidade de potenciar a convivencia a través da adquisición de habilidades de enfrontamento ante os conflitos que puideron xurdir.

c) Relación coas familias e a comunidade

Page 56: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

55

Mantivéronse reunións periódicas de información e coordinación de carácter global e particular nas horas reflectidas na Programación Xeral Anual. Foi moi importante a actuación dos titores en canto á coordinación coas familias de cara a fomentar unha maior colaboración do sector de pais e nais. As situacións particulares que afectaron á convivencia e resolución de conflitos adoitaron ser comentadas coas familias cando tivo lugar algún tipo de intervención ante unha determinada conduta.

OBXECTIVOS TRABALLADOS NO PRESENTE CURSO Tal como figura no Plan de Convivencia elaborado, os obxectivos que perseguimos durante o presente ano académico foron os seguintes:

Acadar a integración de todo o alumnado sin discriminación por razóns de raza, sexo, idade…

Fomentar a implicación das familias.

Mellorar as relacións entre todos os membros da comunidade educativa.

Prever os conflitos.

Procurar a autoestima profesional do docente.

Aproveitar as diversas situacións que se produciron ao longo do curso escolar para que o centro fose un espazo de paz, respecto, diálogo e aberto ao contorno.

ACTIVIDADES

Debate e discusión ao comezo do curso sobre O Plan de Convivencia e as Normas de Convivencia no seo da Comisión de Convivencia e do Consello Escolar.

Debate e discusión ao comezo do curso sobre O Plan de Convivencia e as Normas de Convivencia no seo da Comisión de Convivencia e do Consello Escolar.

Analizamos nas titorías a marcha da convivencia da clase, trasladando a información precisa ás Xuntas de Avaliación.

Tratouse na hora de titoría, e cando o titor/a o considerou necesario, calquera aspecto que afectase ás boas relacións e á convivencia do grupo.

Page 57: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

56

Fomentamos os valores democráticos: a tolerancia, a igualdade, o respecto, o diálogo, a resolución de conflitos de forma pacífica, a non violencia, etc.

Elaboramos normas de conduta na aula. Dita actividade realízouse polos/as titores/as a principios de curso e mantivéronse activas ao longo de mesmo, aínda que se remarcaron con máis insistencia durante a segunda avaliación.

Participamos en actividades de educación en igualdade.

Participamos en actividades que contribuíron a mellorar a convivencia no colexio e fóra del:

o Analizamos nas titorías a marcha da convivencia da clase, trasladando a información precisa ás Xuntas de Avaliación.

o Recordar as normas de conduta elaboradas, a través das respectivas titorías.

o Participar e actividades de educación en igualdade, así como no Plan Proxecta.

o Participar en actividades que contribúan a mellorar a convivencia no colexio e fóra del:

30 de xaneiro: Día da Paz e a non violencia.

Al longo do curso: Xoves Olímpicos.

Mantivemos unha estreita relación cos servizos sociais do Concello para controlar o absentismo e dar a coñecer as situacións desfavorecidas das familias.

AVALIACIÓN “A comisión avalía de xeito positivo o clima de convivencia do noso centro xa que logo non se detectaron problemas significativos” O PRESENTE INFORME FOI APROBADO POLO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO, NA REUNIÓN MANTIDA O DÍA 29 DE XUÑO DE 2020.

O PRESIDENTE DO CONSELLO ESCOLAR

Asdo: Rafael Rodríguez Martín

8. PROXECTOS

8.1. DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

No presente curso desde a biblioteca puxemos en marcha o proxecto alimentArte, relacionado cos alimentos e o arte. Temática que se empregou

Page 58: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

57

tamén e en colaboración co equipo de actividades extraescolares no entroido, no día da paz ou no día do amor e amizade. Dende o equipo de biblioteca programáronse unha morea de actividades pensando a biblioteca escolar como biblioteca inclusiva para unha mellor atención á diversidade. Moitas destas actividades quedaron no tinteiro por mor da situación excepcional que nos tocou vivir e que fixo que dende mediados de marzo tiveramos que permanecer confinados nas casas, tanto alumnos como mestres. As actividades levadas a cabo foron:

Tempo dedicado especificamente á lectura en horario lectivo.

O día das bibliotecas escolares celebrouse coa entrega de premios o

alumno gañador dun concurso de marca páxinas cuxa temática era, por

suposto, os alimentos e o arte. Ademais contouse con dúas sesións de

contacontos: unha coa contadora Paula Carballeira e outra coa compañía

Trinke Trinke.

As mochilas viaxeiras levaron ás casas en préstamo temporal libros e

material elixidos polos titores co fin de reforzar o vínculo entre familia e

escola nun labor común de formar lectores. Incluíuse tamén en cada

mochila un caderno viaxeiro con unha invitación expresa ás familias a

participar no contido de cada unha.

Mercouse para o alumnado de infantil unha bolsa coa imaxe da mascota

da biblioteca, co fin de que levaran a casa semanalmente o seu libro de

préstamo.

Mercouse unha cantidade considerable de libros de lectura para atender

á inclusión e á diversidade, enriquecendo así a biblioteca de acordo as

necesidades e por suposto intereses tanto do alumnado como do

profesorado. Os libros, antes de formar parte do espazo de novidades da

biblioteca, foron pasando polas aulas de infantil e primaria para un

primeiro achegamento aos seus futuros lectores.

Continuamos coa actividade as familias contan moito. Unha vez ao mes

programamos a actividade, con gran implicación e motivación por parte

das familias e que deixaron reflexado con moito agarimo no caderno de

visitas da biblioteca.

Page 59: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

58

Levouse a cabo unha sesión de lecturas apadriñadas coincidindo co día do

amor e a amizade o 14 de febreiro. Os padriños e madriñas lectoras de

terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria agasallaron con unha postal de

amor e amizade aos seus afillados e afilladas lectores de educación infantil

e primeiro e segundo de primaria. E por suposto os afillados lectores

tamén agasallaron aos seus padriños con unha postaliña.

Mensualmente fixéronse exposicións temáticas ao pe da biblioteca:

alimentos, outono, nadal, paz, amor e amizade.

Dúas guías de lectura, unha no nadal e outra no verán.

Actividades colaborativas relacionadas co proxecto de alimentArte :

adiviñas de froitas, adiviñas de alimentos, alimentArte de Nadal.

Catalogación de todos os libros novos recibidos e primeiros pasos para

organizar a biblioteca tendo en conta a táboa simplificada da Clasificación

Decimal Universal (CDU).

Alumnos voluntarios de sexto de primaria seguiron facendo de axudantes

de biblioteca, tarefa que xa iniciaran en quinto. Traballo que lles

agradecemos e que desexamos lle servira de aprendizaxe cando se teñan

que incorporar aos institutos correspondentes no vindeiro curso.

Durante o confinamento, o blog da biblioteca mantívose tanto ou mais

activo que ata o 13 de marzo. Celebramos o día da poesía, do libro e o

mes das letras galegas con aportacións de alumnos e mestres do centro e

todo tipo de contacontos de interese atopados nas redes.

AVALIACIÓN Moi positiva, aínda que con mágoa de non poder levar a cabo todas as tarefas propostas. A biblioteca volveu ser espazo de lecturas, información, aprendizaxe e diversión. E serviu ao proxecto educativo do centro, poñendo a disposición de toda a comunidade educativa, incluídas ás familias os recursos presentes. PROPOSTAS DE MELLORA Seguir procurando na medida do posible a implicación das familias na educación lectora dos seus fillos e fillas, poñendo á súa disposición materiais actualizados e de calidade. De xeito que a biblioteca sexa verdadeira compensadora das desigualdades socioculturais que se puideran dar.

Page 60: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

59

Seguir atendendo ás demandas de cada un dos niveis, materias e sectores da comunidade educativa. As responsable da biblioteca Asdo: María Teresa del Río Boquete

8.2. PROXECTO LINGÜÍSTICO O Proxecto Lingüístico do centro foi aprobado e avaliado polo Consello Escolar con data do 24 de setembro de 2018, e atópase perfectamente adaptado ao sinalado no Decreto 79/2010 para o plurilingüismo. Cabe destacar que levamos a cabo todas as actividades especificadas no mesmo. Os obxectivos marcados no proxecto lingüístico: Fortalecer a lingua galega, empregar empregar a lingua galega como vehículo de expresión nas relacións do centro, mellorar a competencia lingüística da Comunidade Escolar e promover o coñecemento da nosa realidade cultural, cumpríronse ampliamente. Tal como se indica no artigo 14 decreto 79/2010 de 20 de maio (DOG do 25 de maio) de plurilingüismo, anualmente, elaborarase unha adenda do proxecto lingüístico. Seguindo a instrucción do 31 e xullo de 2013, o centro fixou a lingua predominante baseándose nos seguintes parámetros:

O resultados da pregunta informativa e non vinculante realizada ás familias.

A realizade sociolingüística do entorno.

A garantía da presenza das dúas linguas cooficiais como vehiculares na programación anual do centro e, polo tanto, da adquisición de coñecementos nas dúas linguas

Dita adenda foi elaborada no mes de setembro, incluíndose na Programación Xeral Anual.

8.3. PROXECTO BILINGÜE (CLIL) E CENTRO PLURILINGÜE E PLURINFANTIL

Page 61: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

60

A mestra Nieves Rubio Fernández coordinou tanto as seccións bilingües como a materia de plástica en primeiro, segundo e terceiro de primaria con carácter plurilingüe e a mestra Silvia Betanzos Tajes dirixiu as clases que involucaron ao alumnado de primaria. Este ano contamos coa figura do auxiliar de conversa tanto no período presencial como no levado a cabo telemáticamente. As clases de pluriinfantil estiveron impartidas polas docentes: Silvia Betanzos Tajes, Nieves Rubio Fernández e Lucía Doval Sánchez.

Tendo en conta o proxecto inicial elaborado, podemos dicir que o respectamos na súa gran maioría, aínda que tivemos que introducir modificacións xa que ao longo do curso xurdiron outros proxectos de interese que fomos continuando como o PROXECTOR ERASMUS +, que este ano levounos a visitar Bath no Reino Unido, durante o mes de novembro e ao que asistimos as docentes: Silvia Betanzos Tajes e Lucía Doval Sánchez. Partimos da coordinación co profesorado titor para despois, no equipo de Plurinfantil, programar de forma integrada tendo en conta aquelas tarefas que as titoras estiveron a desenvolver co seu alumnado. Deste xeito, o traballo xirou arredor de tres fíos temáticos: proxectos de aula, proxecto do centro (“AlimentArte”) e actividades complementarias e extraescolares. O mantemento dunha xuntanza semanal de todos os membros do equipo foi fundamental para o bo desenvolvemento do mesmo, así como o apoio da persoa auxiliar de conversa, cuxo horario procurouse adaptar para que estivese presente nalgunhas sesións de Plurinfantil. Estas xuntanzas mantivéronse ata o día 12 de marzo, como consecuencia do estado de alarma. No que respecta ao orzamento para a adquisición de material, destinámolo principalmente a material funxible que precisamos para as tarefas programadas (obradoiros de artes e cociña); con todo, empregamos en moitas ocasións materiais de refugallo (obradoiro medioambiental). En canto ás tarefas realizadas, no primeiro e segundo trimestres elaboramos un blogue no que fomos recollendo parte das actividades levadas a cabo ao longo do curso: http://plurinfantil.blogspot.com/ Para o proceso de avaliación do alumnado empregamos as asembleas, os traballos grupais e individuais, e as actitudes e habilidades acadadas ao final de cada actividade e ao final deste proxecto.

Page 62: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

61

8.4. PLAN TIC

O Plan TIC aprobouse o 03 de setembro de 2019, adecuándoo á casuística actual. Continuouse a experiencia práctica de introdución ás TIC aplicada ás distintas áreas. Dentro do Plan TIC establecimos un Plan de avaliación cuxos obxectivos baseados no coñecemento e eficacia, grao de aplicación e participación, expectativas innovadoras xeradas, resultados reais dos logros acadados e dificultades detectadas, así como os indicadores observables, cumpríronse maioritariamente. PROPOSTAS DE MELLORA

Asistir e asesorar ao profesorado na confección de traballos relacionados coas TIC.

Instalar novo software nos ordenadores, informando e asesorando ao profesorado dos obxectivos e funcionamento de cada un.

Actualización da páxina web.

8.5. PLAN PROXECTA

INTRODUCIÓN

Continuamos a realizar Recreos Activos (os xoves e incluso venres), a través dunha miniolimpiada por trimestre. Os equipos (países elixidos polos rapaces ao chou), foron formados por 1 ou 2 alumn@s de cada curso, de 1º a 6º de primaria, máis 1 ou 2 profesores, tamén colocados en cada pais botado a sortes. Cada xoves (nos 2 recreos) e venres (cando non rematamos o xoves), os equipos enfrontáronse a modo de liga, a un xogo inventado por día. Cada xogo tiña unhas normas determinadas para o tempo dos recreos, e que entre o 1º e o 2º recreo, xogaran todos os equipos. Nas gardas, cando se substituía a algún mestre/a por non asistencia ao centro, o curso implicado practicaba os 2 xogos que tocaban esa semana. A temática dos Xogos Olímpicos/"Xoves Olímpicos", dounos moito xogo para interdisciplinar esta actividade física, co resto de áreas como por exemplo a matemática (clasificacións, medidas...), o coñecemento do medio/ciencias sociais (países : bandeira, localización xeográfica e baile típico). Este ano iba moi ben por coincidir co Ano Olímpico, pero viuse truncado pola Covid-19, que impediu levar a cabo a miniolimpiada do terceiro trimestre.

Page 63: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

62

OBXECTIVOS

Dinamizar físicamente, os recreos dos xoves, a través de xogos en

equipo.

Promocionar hábitos de vida saudables, polo medio do exemplo que dá

o profesorado, a formar parte dos equipos e ao xogar tamén

Ampliar a práctica de actividade física, por medio de xogos innovadores

e motivantes, practicados en equipo.

Fomentar unha maior actividade física saudable, realizando

adestramentos dos xogos, cando se produza unha garda por ausencia

puntual dun mestre/a.

Desenrolar todas as competencias básicas a través do espíritu dos

"xogos olímpicos": (c.lingüística=normas e traballo en equipo;

c.matemática=calculo puntuacións, clasificacións, tempos e medidas;

c.dixital=crear blog e actualizalo semanalmente con fotos e resultados;

c.integración co mundo físico=aportación ao equipo, interactuar cos

implementos e espacios utilizados; c.social= afectividade no equipo e

entre países, apoio entre o alumnado, ánimos; c.cultural e

artística=xogos axeitados ao noso entorno e clima, técnicas de

execución individuais; c.aprender a aprender=experimentar cal é a

mellor forma de xogar para facelo mellor, creación de variantes de

xogo; c.autonomía= que o alumnado aprenda a crear xogos por si

mesmo, sen implementos ou con eles.

Coñecemento das bandeiras e localización xeográfica de 8 países ou

cidades do mundo por trimestre.

ORGANIZACIÓN

Organizáronse 2 das 3 miniolimpiadas -"xoves olímpicos"- por non poder realizar a 3ª no derradeiro trimestre debido á Covid 19, aínda que enviamos numerosos vídeos para realizar actividade fisica dentro da casa. Unha veces de fontes propias (creadas polo coordidador) e outras procedentes doutros profesionais da EF. Cada miniolimpiada constou de tantos xogos como recreos poidemos utilizar para xogar. No primeiro recreo reaizouse a presentación do pais en cuestión, polo medio dun baile típico. O último recreo do trimestre reservouse para a entrega de premios.

Page 64: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

63

En cada miniolimpiada, formáronse 8 equipos. Cada equipo foi un pais e para elixir o nome, escolléronse 8 paises de entre 30 buscados polo alumnado de 6º curso. Despois, establecéronse os capitáns dos equipos, que saíron de dito curso de 6º e sempre por sorteo ata repartilos polos 8 equipos. Cando rematamos cos alumnos deste curso, fomos baixando a 5º, 4º, 3º...e así sucesivamente ata repartir a todas as clases de Primaria nos 8 paises. Por último, repartimos nos equipos aos profesores, tamén por sorteo. Os capitáns (alumnado de 6º) foron os encargados de realizar os emparellamentos, calendario, clasificacións, fotos e calquera actividade relacionada coa miniolimpiada, así coma a creación e actualización do blog dos "xoves olímpicos" da páxina web do noso Centro Escolar. Evidentemente, o profesorado implicado na coordinación e seguimento destes "xoves olímpicos", formó aos capitáns de 6º , nas labores que tiñan que desempeñar nas miniolimpiadas, ensinándolles a facer cuadrantes de ligas, clasificacións...así coma a confección dun blog e a súa actualización, coas fotos ou videos e resultados que se producian cada semana. O mestre de Educación Física e 3 titores máis (un por ciclo), foron os encargados de formar e supervisar en todo o proceso, aos alumnos.

AVALIACIÓN

Entregáronse regalos do "todo a cen", no primeiro e segundo trimestre. Por exemplo: pelotas anti estrés, cordas, balóns, raquetas, peonzas, trompos...Entregáronse a todos os integrantes dos equipos/países, facendo máis fincapé nos 3 primeiros postos (ouro, prata, bronce, coma nas olimpíadas).

Pasamos enquisas aos participantes o derradeiro recreo do trimestre (o mesmo día da entrega dos premios), para ver o grado se satisfacción e diversión dos xogos realizados, repitindo nos seguintes trimestres os xogos mais votados e modificando ou substituindo os menos votados, por outros mais motivantes. Exemplo: Baremar do 1 ao 10, cada xogo feito.

Contamos as visitas do blog dos "xoves olímpicos", para avaliar o seu interese polos pais e alumnos.

Solicitamos, a través do blog, aportacións do alumnado e dos pais/nais, no referente á inclusión de novos xogos, nos seguintes trimestres (a ser posible inventados).

Page 65: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

64

Ao alumnado de 6º curso, subíuselle como máximo 1.5 puntos na nota de Educación Física final do trimestre, en función da súa implicación coas miniolimpiadas.

Os titores pediron ao final de curso a cada alumno de primaria, que debuxara todas as bandeiras e nomes dos paises delas, que aprenderan durante as 2 miniolimpiadas, para ver o grao de aprendizaxe nestes contidos.

A su vez, no ciclos mais superiores, situaron aos paises aprendidos no seu continente.

IMPLICACIÓN DO PROFESORADO

Silvia Betanzos Tajes Coordinación do alumnado de quinto e sexto de primaria á hora de organizar as tandas de xogos e tratamento da información dos países e rexións elexidas. Comprobación dos rexistros acadados polos diferentes grupos para a elaboración das táboas e clasificacións semanais.

Patricia González Fernández Participación activa na organización dos xogos en 1º e 2º, aportando ideas, buscando o material, confeccionando banderíns dos países... durante o primeiro trimestre na organización da inauguración dos Xoves Olímpicos.

Agustín Sánchez Iglesias Coordinación do alumnado de quinto e sexto na supervisión do blog destinado á publicación das datas de celebración dos xogos, listaxes dos membros dos equipos, fotos, videos... Ademáis, ao ser o mestre especialista en Educación Musical, encomendouselle a tarefa de seleccionar a música para acompañar a ceremonia de inaguracion dos xogos e as montaxes dos videos.

José Dominguez Caballero Creador do formato "xoves Olímpicos" e dos xogos novos que se introducen trimestralmente. Encargado do material, xunto co alumnado de 6º. Responsable da compra dos premios de cada trimestre. Encargado de realizar a enquisa para saber os gustos dos xogos.

Francisco Varela Domínguez Coordinación de 3º e 4º de educación primaria. Paralelamente confeccionou unha liga de xadrez por parellas a celebrar nos recreos dos martes e

Page 66: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

65

mércores. Participaron alumnos de 3º a 6º. Tamén participou activamente na realización dos xogos colaborando co seu equipo.

Patricia Gende Pazos Coordinación na participación activa do alumnado con necesidades especificas de apoio educativo. Aportáronse ideas para que os Xoves Olímpicos se organizaran de forma inclusiva para todo o alumnado.

OBSERVACIÓNS COMPLEMENTARIAS

Crearonse algúns videos propios para manter contacto coa Actividade física, sempre intentando crear actividades NOVAS e ORIXINAIS. Despois, de xeito voluntario, remitian os seus videos. Cos primeiros videos recibidos, realizamos unha recopilación e creamos o video do DIA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA (xa que nos inscribimos como centro, a participar no DÍA DA EF NA CASA -sustitutivo do día da EF na calle- Esto foi o 28 de Abril. Este foi o video resultante: https://drive.google.com/file/d/1cf4hs8hTjydAljf4abxF9YjpDQzhHAnN/view?usp=sharing Nos seguintes enlaces podemos ver ao cordinador nalgunhas outras iniciativas enviadas aos alumnos/as: https://youtu.be/Qh_Ych0Bs-M https://youtu.be/JeoTpF1lxAY https://drive.google.com/file/d/1iyldLUuVGDT2EnZmyWtWAI9weUJx6sgm/view?usp=sharing

8.6. PROXECTO ATRÉVETE

Nesta memoria recollemos o máis destacado das actividades desenvolvidas ao longo do ano dentro do PROGRAMA ATRÉVETE. Entre os obxectivos desta etapa, saliéntase que o alumnado debe alcanzar hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, o

Page 67: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

66

fomento do espírito emprendedor e empresarial como unha competencia básica que o alumnado terá que desenvolver, ben dun modo transversal ou ben con materias específicas. Involucramos, polo tanto, nesta iniciativa, a todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal orientador, familias…, e a todos aqueles externos, susceptibles de incidir na cultura do emprendemento e a empresarialidade. PLANIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES A DESENVOLVER CO ALUMNADO PARTICIPANTE DE CARA A CONSEGUIR O OBXECTIVO Previamente ás visitas elaboramos uns dossiers sobre as empresas de cara a deseñar os cuestionarios de preguntas precisos para preparar cada unha delas. Unha vez levadas a cabo as visitas, os alumnos, por grupos, realizaron uns breves traballos resumo sobre as mesmas. Tanto nos taboleiros como na páxina web do centro, colgamos as fotografías máis significativas das visitas. En todos os momentos do proceso tivemos en conta a importancia de reflexionar sobre o que supón para a sociedade o manter e crear un amplo tecido empresarial traballando a (COMPETENCIA DE SENTIDO DA INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR - CSIEE) e profundizando na importancia da iniciativa, planificación, xestión e valoración persoal do traballo. ACTIVIDADES E VISITAS LEVADAS A CABO Eliximos ditas empresas porque atópanse ubicadas no noso núcleo de poboación e porque ambas as dúas son de creación recente. VISITA A AURIS Os alumnos de quinto e sexto de primaria visitaron a tenda de óptica e audición AURIS na que os seus responsables os guiaron a través das súas dependencias amosándolle os aparecllos empregados, así como o protocolo que levan a cabo en canto a revisión da vista e oído. Previamente á visita, realizamos varias sesións preparatorias en aula nas que elaboramos un pequeno guión coas preguntas máis significativas sobre ditas empresas.

Page 68: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

67

VISITA A MERCAMÁS

Os alumnos de quinto e sexto de primaria visitaron a o supermercado MERCAMÁS no que os seus responsables os guiaron a través das súas dependencias, indicándolles as prioridades da ubicación de mercancías, os artigos máis demandados e a dificultade de ubicar e xestionar unha cantidade tan grande de productos, quedando pendente a visita ao almacé AGROSILVA que nese momento atopabase en obras. Previamente á visita, realizamos varias sesións preparatorias en aula nas que elaboramos un pequeno guión coas preguntas máis significativas sobre ditas empresas.

VISITA AO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE SOMESO Dita visita quedou anulada como consecuencia do estado de alarma.

TODAS AS VISITAS E ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS ATÓPANSE ALOXADAS NA NOSA PÁXINA WEB.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/

A coordinadora Asdo: Silvia Betanzos Tajes

9. PLAN LECTOR

Page 69: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

68

Levouse a cabo de forma entusiasta por parte de todo o profesorado do Centro, contaxiándose dito entusiasmo a todo o alumnado. Durante o presente curso desenvolvimos diversas actividades que quedan reflectidas na memoria do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, contando coa máis que necesaria participación das persoas responsables do proxecto de dinamización da biblioteca escolar.

10. DEPORTE ESCOLAR

Un nutrido grupo de alumnos/as e ex-alumnos/as participaron en diversas competicións deportivas de atletismo (fóra da xornada escolar), sendo dirixidos polo mestre de Educación Física José Domínguez Caballero contando, en todo momento, coa importante colaboración de varios pais e nais, acadando uns magníficos resultados dentro do ranking tanto galego coma nacional.

11. SIMULACRO DE AUTOPROTECCIÓN

No presente curso, levamos a cabo o Simulacro de Evacuación o día 15 de xaneiro, en colaboración co 112, o Consorcio de Bombeiros de Ordes, Protección Civil e a Policía Local de Cerceda.

12. XORNAL ESCOLAR O noso xornal publicouse coa colaboración de todos os membros do Claustro. O día 19 de xuño, publicouse na páxina web do centro. No curso actual, e como consecuencia do estado de alarma, non o publicamos en formato impreso.

13. SANIDADE Tivemos as respectivas inspeccións do comedor escolar, tanto por parte do equipo de Sanidade da Consellería, como as relativas ás competencias da farmacéutica do Concello. Realizáronse tres análises de mostras e de superficies, tal como se recolle no documento de Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos.

Page 70: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

69

Así mesmo, realizáronse, ao longo do curso: a desratización, desinfectación e desinsectación das distintas dependencias do centro escolar, así como as analíticas bacteriolóxicas da auga.

14. PROGRAMA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

Estanse a levar a cabo os protocolos do proceso de axudas para a adquisición de libros de texto e materiais curriculares descritos na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria, axudas para material para todo alumnado, en función da renda da unidade familiar, e fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

15. SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

15.1. COMEDOR ESCOLAR

15.1.1. DATOS REFERENCIAIS

Empresa adxudicataria: EUREST

Remanente do curso anterior: 0 €.

Usuarios: 70 comensais.

Último contrato: Setembro de 2019.

Pagos: Os pagos á empresa encargada de servizo realizáronse directamente desde a Dirección Xeral, unha vez asinadas as facturas polo responsable da empresa concesionaria e conformadas polo director do Centro.

Persoal: É importante destacar a eficaz colaboración do persoal da empresa en todas as festas e actividades complementarias e extraescolares. Tamén realizou as comidas de réxime que resultaron necesarias, así como a elaboración de menús especiais para alumnos con intolerancia e/ou alerxias.

15.2. TRANSPORTE ESCOLAR

LIÑA 1: 23 alumnos.

LIÑA 2: 4 alumnos.

Page 71: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

70

LIÑA 4: 21 alumnos.

Non tivemos ningún tipo de incidencia cos respecto ao servizo de transporte, provocado polas empresas. Os indicados no punto referente a incidencias meteorolóxicas desfavorables, solucionáronse cun grao de colaboración óptima por parte das dúas empresas prestadoras do servizo.

16. AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO DE PRIMARIA

16.1. PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS Quedou anulada debido ao estado de alarma.

17. COLABORACIÓN DO CONCELLO DE CERCEDA

Este curso, como en anos anteriores, o Concello colaborou activamente pola boa marcha do Centro, atendendo as nosas solicitudes e asumindo unha serie de gastos devengados delas:

Organización e posta en marcha das actividades extraescolares.

Mantemento e adecuación periódica dos patios interiores (poda,césped…).

Castañas do Magosto.

Substitución de diversos cristais interiores e exteriores.

Agasallos para o alumnado de Educación Infantil e Primaria na festividade do Nadal.

18. PROPOSTAS DE MELLORA PARA INCLUIR NA PROGRAMACIÓN DO VINDEIRO CURSO

18.1. EDUCACIÓN INFANTIL

Educación musical para o alumnado de E.I.

Continuar coa mestra especialista en A.L. para atender as necesidades existentes relacionadas coa articulación.

Continuar co apoio das mestras especialistas de P.T. (debido ás necesidades existentes, e ás que se van incorporar).

Continuar coa axuda do coidador, debido ás necesidades que se prevén en 4º de educación infantil.

Page 72: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

71

Se é posible nos horarios, contar cos apoios de P.T. e A.L. ás segundas ou ás cuartas horas da mañá.

Se o funcionamento xeral do centro o permite, ter as especialidades ás últimas horas da xornada (informática, relixión, psicomotricidade, pluriinfantil e música).

De cara a favorecer a coordinación do ciclo, manter a sesión semanal na que coincidimos as titoras de infantil.

Para poder resolver dúbidas que ás veces nos preguntan as familias, poder recibir unha copia as titoras das notas que se reparten por aulas; ou cando se envían Tokapps ás familias recibilos as titoras tamén.

Melloras nas aulas de E.I (limpeza).

Manter o presuposto das aulas de 210 € para cada unidade. E engadir o que non gastamos no curso 2019-2020 nos presupostos das aulas do curso 2020-2021.

18.2. PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

En liñas xerais, podemos dicir que estamos satisfeitos co traballo desenvolvido desde a aula de apoio.

Seguiremos traballando nesta liña, procurando o máximo nivel de inclusión e participación do noso alumnado.

E mantendo unha boa coordinación entre os diversos profesionais que están implicados na educación dos nosos alumnos, tanto a nivel interno como externo.

18.3. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Pretendemos continuar coas actividades deste ano e engadir algunha a proposta dos pais/nais.

18.4. PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

Seguir procurando na medida do posible a implicación das familias na educación lectora dos seus fillos e fillas, poñendo á súa disposición materiais actualizados e de calidade. De xeito que a biblioteca sexa verdadeira compensadora das desigualdades socioculturais que se puideran dar.

Seguir atendendo ás demandas de cada un dos niveis, materias e sectores da comunidade educativa.

Page 73: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 ... · 4. XORNADA LECTIVA 7 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2019/2020

72

18.5. BIBLIOTECA ESCOLAR

Dar unha boa formación de usuarios.

Ampliar os servizos de biblioteca.

Mellorar e ampliar o Plan Lector do Centro.

Organizar actividades creativas.

Mellorar a distribución dos espazos.

Aumentar o equipamento informático.

18.6. PLAN TIC

Instalar novo software nos ordenadores, informando e asesorando ao profesorado dos obxectivos e funcionamento de cada un.

Actualización semanal da páxina web do centro incorporando, especialmente, todo tipo de enlaces educativos clasificados, así como blogs dos distintos cursos.

18.7. AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA E INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO DE PRIMARIA

A pesares de que no presente curso non aplicamos ningunha delas, teremos en conta os seguintes aspectos esenciais para levar a cabo ao longo do vindeiro curso académico 2020/2021:

Realización de resumos periódicos sobre libros de lectura.

Ampliar o vocabulario específico.

Organizar actividades creativas que redunden nunha mellora da expresión escrita.

A PRESENTE MEMORIA FOI INFORMADA POLO CLAUSTRO DE MESTRES, AVALIADA POLO CONSELLO ESCOLAR E APROBADA POLA DIRECCIÓN NAS XUNTANZAS CELEBRADAS O DÍA 29 DE

XUÑO DE 2020

O director e Presidente do Consello Escolar Asdo.: Rafael Rodríguez Martín