ceip os remedios (ponteareas) - transcricion gravacion

11
CEIP “NOSA SRA DOS REMEDIOS” PONTEAREAS-PONTEVEDRA

Upload: patrimonio-de-futuro

Post on 30-Jul-2016

225 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Testemuños peneirados por alumnado do CEIP Os Remedios (Ponteareas), para o certame de recolla da tradición oral do curso 2006-2007, organizado por Ponte...nas Ondas!

TRANSCRIPT

Page 1: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

CEIP “NOSA SRA DOS REMEDIOS”PONTEAREAS-PONTEVEDRA

Page 2: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

PRESENTACIÓN

Durante o primeiro trimestre do presente curso chegou ao CEIP“Nosa Sra dos Remedios” de Ponteareas, provincia de Pontevedra;a convocatoria para presentarse ao I Certame de Tradición Oral, noque nos inscribimos na categoría de Ensino Primario nas datasindicadas.

A recollida de información sobre contos, refráns e cantigas levousea cabo con alumnos do terceiro ciclo de primaria:

Titora: Josefa Araújo PérezAlumna: Lorena Martínez GuerreiroCurso: 5º BGravación : 2º documento

Titora: Mª Carmen Carrera CostalAlumna: Cora Represas PérezCurso: 6º BGravación: 1º documento

Responsable do Proxecto: Coordinadora do Equipo deNormalización Lingüística: Mª Esther Prieto Prieto

Datos do colexio:

CEIP “Nosa Sra dos Remedios”Dirección: Rúa Azorín s/n 36860 PonteareasTfno:986640740 Correo Electrónico:[email protected]

Page 3: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

TRANSCRICIÓN DA GRABACIÓN

1º DOCUMENTO: DATOS DO INFORMANTE

Nome e apelidos: Ernesto LorenzoData de nacemento: 24/01/1923Profesión: LabradorEstudos: Primarios

CLASIFICACIÓN:

Denominación /Título: Contos do seu poboXénero: ContoLocalización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe

1º CONTO: “ Era un sitio moi bonito, moi bonito que hasta as rellas... unha vesalgo coitadiña andaba por fóra de noite e mentres os cans entrarona porta p dentro e leváronlle o bacallau. E o raio do can topou opan e foillo levar ao dono. O can moi bo, moi bo, e levou onde meusogro, había alí outro vello e levoulle un xamón a ... levarlle o meuque era máis grande.Colleu un sacho para o matar e foi a sogra pero alí asomou. Outrodía a lapar, a miña sogra tiña a saqueta e cheiráronlle as chourizase arramploulle con elas”.

2º CONTO:

“ Había unha velliña que tiña dous rapaciños con ela, dous netos eclaro, ela estaba así, maliña, tiña friíño, e mais non se vía ben e tiñapouco de comer. Entonces agarrou a vella pidiu que lle levasen decomer que tiña fame, Mirai dádeme algo de comer que hai aícomida nunha potiña, que son unhas papas, dádemas que eucomíaas. Déronlle as papas. A velliña esta na cama, era de noite,non se vía, eles foran a cociña a buscare un potiño das papas peroos rapaciños, pobriños, tiñan fame e a vella díxolles hai papas maiside buscare para comere. Trouxeron, pero a velliña estaba mala,estaba de bruces e está, así de cu pro aire, e mais os rapaces en

Page 4: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

ves de botarlle na boca, botáronllas no cu. Queimáballe e aquelo foiunha risa. Pero a velliña comeu as papiñas e quedou bencontentiña e sopláballe, non lle sople moito que están frías. Nonhoubo máis que comere, a velliña matou a fame pero chea demerda e mira que avantaxe fixo, pro pobriña, pero non se queixa”.

DATOS DO INFORMANTE

Nome e apelidos: Sara LorenzoData de nacemento: 1955Profesión: Ama de casaEstudos: Primarios

CLASIFICACIÓN:

Denominación /Título: ContoXénero: ContoLocalización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe

Filla de Ernesto

“ Unha vez di que foi a Ribadavia que había alá a festa do viño; etomou uns vasiños, e claro, pasouse, e empezou a pejarlle o sono exa durmiu alí nun portal. E a mañá cando despertou e iba a xente amisa e el habíalle feito mal o viño e parecía que se revolvía algo abarrija e andaba arrima aqui, arrima alí, pero chejou un punto quenon pudo máis e tuvo que pousar no medio da carretera. Unporque, claro, a barrija andáballe a cien, e empezou a vir aquelasseñoritas, todas iban pa misa, todas preparadas e zapatos de tacóne, claro, o home cagara alí no medio da carretera e estabaarrimadiño alí a unha esquina, e – hai Dios Mío Jesús! queporquería, que noxo Dios Mío! Ai! Donde se ha visto semejantecosa?E outra, un pouco máis fina, -pro, Dios Mío, pero usté, pero ustépero, que hizo aquí en medio de la calle? Ahora mismo vamos a darparte a la Guardia Civil.E vai o coitadiño, aínda estaba alí, ajarrando a barrija, que lle doíamoito, - por min pódella dar toda ao fin vai quedar aí”.

Page 5: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

DATOS DO INFORMANTE

Nome e apelidos: Ernesto LorenzoData de nacemento: 24/01/1923Profesión: LabradorEstudos: Primarios

CLASIFICACIÓN:

Denominación /Título: CantigaXénero: Cantigas popularesLocalización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe

“As mociñas deste barrio son de moi bo corazón, collen ao paipolas barbas, e dínlle vén para qui maricón”.

DATOS DO INFORMANTE

Nome e apelidos: Sara LorenzoData de nacemento: 1955Profesión: Ama de casaEstudos: Primarios

CLASIFICACIÓN:

Denominación /Título: RefránsXénero: RefránsLocalización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe

Filla do sr. Ernesto

“ Costureira sin dedal, cose pouco e todo mal”

“ Unha vella díxolle autra polo buraco da porta, metete na túa vida

que a miña nada che importa”.

Page 6: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

DATOS DO INFORMANTE

Nome e apelidos: Sara LorenzoData de nacemento: 1955Profesión: Ama de casaEstudos: Primarios

CLASIFICACIÓN:

Denominación /Título: Conto do poboXénero: ContoLocalización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe

Filla do sr. Ernesto

“ Eran dous nenos que iban nunha bicicleta, e o chegar así, cerca

do pueblo viña un entierro, llós nenos tamén eran pequenos e

arrimáronse, así, e baixaron da bicicleta, e entraron alí nunha tenda

a comprar s caramelos mientras pasaba o entierro e cando saliron

pa fóra leváranlle a bicicleta, e claro, os rapaciños puxéronse alí a

chorar, sentáronse alí a chorar que lle levaron a bicicleta;E dicíalle o

señor da tienda, - bueno filliños , ala, non vos disgustedes nin

choredes tanto que o fin ela xa era velliña; claro,o señor pensaba

que choraban pola muller que morrera, polo entierro.

- E dicíalle o rapaz, ah, si! Era velliña, pero aínda montabamos

os dous nela”

Page 7: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

DATOS DO INFORMANTE

Nome e apelidos: Sara LorenzoData de nacemento: 1955Profesión: Ama de casaEstudos: Primarios

CLASIFICACIÓN:

Denominación /Título: Cantigas popularesXénero: CantigasLocalización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe

Filla do sr. Ernesto

“Miña nai por me casare ofreceume canto tiña, e ahora que me

casei pagoume cunha galiña”.

“Unha vella e máis un vello fixeron unha empanada, a vella

comeuna toda e o vello quedou sin nada”.

“Perdeu a vella no río da Lagoa, quena tope que ma dea, que a

vella aínda che era boa”.

“Casaime, meus pais casai en canto son raparija que o millo

sachado tarde non da palla nin espija”.

“Estouche aqui a apuntare ao pé dunha carballeira, agora que ven a

primavera, xa se pode espoldriñala borralleira”.

“Isto que che vou dicir, dígocho e non o nejo, éla voz de cuchurera e

méxalle na sepultura ao viejo”.

Page 8: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

“Dicen desta vila que é a vila de Valeixe, pero sería moito máis

bonita se tuvera mar e peixe”.

DATOS DO INFORMANTE

Nome e apelidos: Ernesto LorenzoData de nacemento: 24/01/1923Profesión: LabradorEstudos: Primarios

CLASIFICACIÓN:

Denominación /Título: CantigaXénero: Cantigas popularesLocalización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe

Sr. Ernesto:

“Polo río abaixo vai, unha raposa de pé, leva o rabo, quena pudera

coller quena pudera pillar, polo río abaixo vai”

DATOS DO INFORMANTE

Nome e apelidos: Sara LorenzoData de nacemento: 1955Profesión: Ama de casaEstudos: Primarios

CLASIFICACIÓN:

Denominación /Título: Conto do poboXénero: ContoLocalización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe

Page 9: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

Filla do sr. Ernesto

“Era un rapaz que fora roubar un niño e levaba 3 paxariños

gardados no jarsé, e así que se arrodillou alí pa confesar, díxolle,

díxolle o cura:

-A ver hijito a ver, cuantos pecados tienes? E nesto escapaselle un

paxariño, e empeza el, -mecajo en Dios, velai vai un.,

-Ise hijito, que más?

-Cona que o fixo, velaí vai outro?

Qué más hijito, que más?

-Mecajo na cona que o ha de parir! E fuxiume o último!

Merda, corre, cheja o paxariño e meteuse na sancristía. O rapaz

marchou alá, a criada do cura toda escarranchada, e díxolle.

-Ostia que te pariu!, e rachachelle o peito!

Page 10: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

2º DOCUMENTO:

DATOS DO INFORMANTE

Nome e apelidos: Jesús MartínezData de nacemento: 1966Profesión:Operario dunha fábrica de PorriñoEstudos: Primarios

CLASIFICACIÓN:

Denominación /Título:LendasXénero: LendaLocalización xeográfica: Porriño- Redondela

LENDAS:

“En Redondela, e resulta que era uns monstruo que tódolos anoshabía que darlle as mulleres virxes; antón Xan Carallas colleu ematouno, e dende entón faise a festa da Coca en Redondela”

“Entre Rodeiro e Chantada, na provincia de Lugo, disputábanse aVirxe do Faro. Os de Rodeiro foron a roubala unha noite, e ascampás da igrexa puxéronse a tocar e gracias a eso os deChantada acudiron e a Virxe quedou no Faro”.

REFRÁNS:

“Zapatilla no mes de xaneiro son señal de pouco diñeiro”

“Abril augas mil”

“En marzo, marzán pola mañá cara de can”

“no mes de maio, aínda a vella racha o tallo”

Page 11: CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

ADIVIÑAS:

“Nace no monte, e no monte se cría, trana pa casa e berra ca tíaMaría”

“Ten pernas e non anda, ten cu e non caga e ten boca e come”