ccoo ten alternativas para defender as pensións · 3 número 46 - novembro de 2013 galicia...

10
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 46 - Novembro de 2013 T oda Galicia está cha- mada a mobilizarse o vindeiro día 23 en de- fensa do público, das per- soas e das pensións. Trátase dunha convocatoria da Con- federación Europea de Sin- dicatos (CES), da que for- man parte tanto CCOO como a UGT. Para tal efecto hai convocadas diversas ac- cións en todo o Estado. En Galicia, haberá manifesta- cións nas principais cidades e vilas baixo o lema «Em- prega a túa forza». / PÁX. 10 CCOO ten alternativas para defender as pensións CCOO ten alternativas para defender as pensións

Upload: dinhanh

Post on 26-Feb-2019

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 46 - Novembro de 2013

Toda Galicia está cha-mada a mobilizarse ovindeiro día 23 en de-

fensa do público, das per-soas e das pensións. Trátasedunha convocatoria da Con-federación Europea de Sin-

dicatos (CES), da que for-man parte tanto CCOO

como a UGT. Para tal efectohai convocadas diversas ac-cións en todo o Estado. EnGalicia, haberá manifesta-cións nas principais cidadese vilas baixo o lema «Em-prega a túa forza». / PÁX. 10

CCOO ten alternativaspara defender

as pensións

CCOO ten alternativaspara defender

as pensións

Page 2: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

GALICIA SINdICAL Número 46 - novembro de 2013

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: Benxamín Rocha Coladas (O Retrovisor), Adela Poisa, Henrique Martín, Héctor Maravall, X. Rodríguez (opi-nión) e Carlos Bravo (entrevista) / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 19/11/2013

As cifras dunha

xestión

No artigo «As cifras dunhaxestión» (La Voz de Galicia,10-11-2013), Manuel La-

go, economista de CCOO, ePedro Puy, portavoz parlamenta-rio do PPdeG, fan cadanseu ba-lance da xestión que Núñez Feijóoleva feito á fronte da crise; dúasvaloracións sobre un mesmofeito tan absolutamente contra-postas que unha, a de Lago, pa-rece negra realidade e a outra, ade Puy, pura fantasía.Na procura de explicármonos

con certa lóxica tamañas diferen-zas nas análises da mesma reali-dade, podemos recorrer a citasmanidas como «neste mundotraidor, nada é verdade nin men-tira, todo é segundo a cor do cris-tal con que se mira». Pero nin asíquedaremos medianamente sa-tisfeitos. Teño para min que Ma-nolo Lago está escravizado polosnúmeros estatísticos oficiais,fríos, dramáticos, teimudos, e tiradeles conclusións aciagas, enve-lenadas: «Feijóo é o presidente

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

con peor balance económico detoda a historia da autonomía».Lago ve a botella medio baleiraou baleira de todo. É un pesi-mista?Polo contrario, a botella de

Pedro Puy reborda. Con artifi-cios, vaguidades e catro datosimprecisos, é quen de facer unpanexírico do temoneiro que estálevando o país á deriva, un homeque está «preparando ao sectorprodutivo e ao sector públicopara un novo ciclo caracterizadopola globalización económica e oesmorecemento da capacidadede actuación do poder político». Para explicar esta «prepara-

ción» veríase na obriga de botarman dos datos oficiais que ana-liza o economista de CCOO e teríaque recoñecer que a situación édramática e que o temoneiro estálevando o barco contra as pedras. Pero iso non interesa, a ocul-

tación da verdade é a melloraliada da mentira.

SEN COMENTARIOS

Arriba, lectura da sentenza do caso Prestige, proceso que rematou sen dirimirresponsables. Abaixo, unha das concentracións convocadas como protesta

Page 3: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

3

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 46 - novembro de 2013

Asituación económica esocial do país aínda podeir a peor, e non precisa-

mente por erros na xestióneconómica e política da crise.Non se albisca erro nas medi-das impulsadas polos podereseconómicos –coa troica á ca-beza–, erixidos en auténticosgobernos que toman decisiónssanguentas para os Estadoscon máis problemas –como osda zona sur europea–. Estespoderes contan, ademais, coapoio de quen nos tiña que de-fender deles, que son os go-bernos elixidos democratica-mente, a pesar de que no casoespañol o PP mentiu para che-gar ao poder e aproveitarse dasituación.Chegados a este extremo, o

lóxico é que, se non gobernanos Gobernos nin se aplican asmedidas sociais para saír dacrise –como prometeran can-do as eleccións–, dimitisen,admitisen a súa incapacidadee abrisen a posibilidade a queoutras opcións políticas se em-pregasen a fondo para promo-ver solucións sociais a estainterminable crise; unha criseque provocou unha minoría es-peculadora e que padece amaioría que vive do seu traba-llo; a que pode, claro, porque oresto loita por telo.Se cadra é máis probable

que se dean situacións como avivida en Italia, onde a troicaquitou o Goberno democrático–mesmo tratándose do deBerlusconi– e puxo un Execu-tivo tecnócrata fiel ao ditadodos auténticos Gobernos, asaber: Fondo Monetario Inter-

nacional, Banco Central Euro-peo e Comisión Europea.

Goberne quen gobernePor ben que dure a crise,

sempre se pode pensar quenon se padece igual se gober-nan estes ou se o fan aquelou-tros. É tentador crer que ascrises son menos crises cosnosos no Goberno, ou quesempre teñen orixe noutrosresponsables –a herdanza re-cibida, a burbulla inmobiliaria,etc.–. Todo tipo de placebopara tentar distraer a aten-ción dos propios afectados:case seis millóns de traballa-dores e traballadoras senemprego en todo o Estado–máis de 270.000 en Gali-cia– e todas as persoas queestán en risco de o perderenmalia que aceptaron perdassalariais ou ampliacións dexornada; os pensionistas, coasúa pensión reducida e conxe-lada; os dependentes que ape-nas coñeceron o seu sistemade atención. E, xa a acabación,hai quen culpa as vítimas dacrise da súa desgraza con fra-ses como «vivimos por riba dasnosas posibilidades».Mais parece que agora toca

cambiar de guión: a pouco quedeixe de decrecer o PIB bótanseas campás a voar e fálase dafin da crise –ou da recesión,segundo interese–, de quesomos un exemplo de comofacer ben as cousas... Cústa-lles, pero non habemos tardaren escoitar a odiosa rexoubado «España vai ben» coa queAznar conxuraba todos osmales.

EDITORIAL

Imos ben Os poderes eco-nómicos, coatroica á cabeza,erixíronse en au-ténticos gober-nos que tomandecisións san-guentas

Hai quen culpaas vítimas dassúas desgrazas,quen as acusade que vivirenpor riba dassúas posibili-dades

O presidente de Telefónica, César Alierta, sumouse recentemente á lista de em-

presarios que, como o banqueiro Emilio Botín, anunciaron a fin da crise

Page 4: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

GALICIA SINdICAL Número 46 - novembro de 2013

4

www.galicia.ccoo.es

O PP e o estado do benestar

OPP non ve con bos ollos oestado do benestar, eagora, coa escusa da crise,

encontrou o momento idóneopara acabar con el. Velaí a orixedo noso slogan «queren acabarcon todo».Queren acabar con todo o que

signifique que a clase media--baixa e os máis desfavorecidosteñan certo nivel de coberturadas necesidades elementais: con-tarmos cunha sanidade pública,universal e gratuíta; non morrer-mos por non poder pagar un tra-tamento contra o cancro ou unhadiálise; termos un ensino públicoe de calidade, unha pensión coaque mantermos o poder adquisi-tivo que acadamos mentrestraballabamos e para o que coti-zamos toda a vida, ou termos asnosas persoas con dependenciaatendidas en boas condicións.Estas cousas, entre outras, con-figuran o estado do benestar quetanto lle estorba ao Partido Popu-lar e por iso «queren acabar con

todo» o que nos permita vivirdignamente.Tentan convencernos de que

é imposible de manter todo istoporque estamos en crise e, polotanto, o que non se poida priva-tizar ha desaparecer. Porén, enCCOO sabemos de sobra que acrise se afronta doutro xeito:sen atacar os sectores de poboa-ción máis prexudicados e adop-tando outro tipo de medidas,coma tal, o ataque serio á fraudefiscal –en vez de amnistiar osgrandes defraudadores–, a pos-ta en marcha de políticas activasde emprego para crear postosde traballo e que os cartos flúan–no canto de aprobar unha re-forma laboral que destrúe máisemprego–, garantir o poder ad-quisitivo das pensións para quea xente poida vivir dignamente,o afianzamento da lei de depen-dencia para crear postos de tra-ballo, etc.O PP fai xusto o contrario.

Ata certo punto, é normal que

actúen así, pois doutro xeitopareceriamos todos o mesmo,e tampouco é cousa de mestu-rármonos e que se nos con-funda.Os ministros e as ministras

dinnos que a situación mellora,que a mocidade non emigra–seica é «mobilidade xeográ-fica»–, que os salarios non bai-xan...Avanzamos polo bo camiño,

«todo vai ben», pero, como diríao outro, «segundo para quen».Alén disto, en Galicia temos un

Goberno de faciana máis agrada-ble, pero que fai outro tanto. Aúnica diferenza entre o PP galegoe o do Estado é que o de aquí tivocatro anos máis para facer o quedesde Madrid impuxeron só nun:como o fixeron máis devagar, se-mella que se notou menos.Como exemplo, o problema doscomedores escolares que hai noEstado, onde vai que o temosaquí!A solución que quere dar o PP

para saír da crise non ten relacióncoa economía, senón coa ideolo-xía, aínda que esta sexa pura-mente económica. A primeiramedida que tomou o Goberno deFeijóo foi a supresión da gratui-dade dos libros de texto no en-sino obrigatorio porque nonhabía cartos… Que casualidade!A cantidade subtraída dos librosinvestiuse en financiar os cole-xios que segregan por sexo, apesar de que unha sentenza oprohibe. O ministro de educacióndixo, cando saíu esa sentenza,que se os tribunais non o permi-ten, cámbiase a lei. Ao Gobernode Galicia non lle fai falla nin cam-biar a lei porque, directamente,non aplica a sentenza.En definitiva, todos os esfor-

zos dos populares están postosen denigrar os servizos públi-cos para despois privatizalos.Como tamén dicimos en CCOO,«o público é servizo e o privadobeneficio»… beneficio que étodo seu!

Adela PoisaSecretaria de Política Social de CCOO de Galicia

Tentan conven-cernos de que éimposible demanter todo istoporque estamosen crise e, polotanto, desapare-cerá o que nonse poida privati-zar. Porén, sabe-mos que haialternativas

A solución quequere dar o PPpara saír dacrise non ten re-lación coa eco-nomía, senóncoa ideoloxía,aínda que estasexa só econó-mica. E se o quefan é ilegal,cambian a lei

n O PP non ve con bos ollos o estado do benestar, e coa escusa da crise atopou o momento de atacalo

Page 5: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

5

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 46 - novembro de 2013

A cotización dos bolseiros:un dereito, de novo,ameazado

Odereito a cotizar dos bol-seiros é unha das medidasincluídas na reforma de

pensións de 2011 pactada porsindicatos e empresarios paraaxudar a completar as carreirasde cotización dun colectivo que,polo xeral, delonga a súa incor-poración ao mercado laboralcomo consecuencia do tempodedicado á súa formación. Desdeo 1 de novembro de 2011, osmáis de dous millóns de estu-dantes universitarios e de forma-ción profesional que desenvolvanbolsas formativas teñen acceso aeste novo dereito.A lei de reforma da seguridade

social de 2011 é moi clara a res-pecto diso e establece que todasas bolsas que cumpran unhaserie de requisitos obxectivos–principalmente, estaren vincula-das a estudos universitarios oude formación profesional e terenunha contraprestación econó-mica– serán dadas de alta na se-guridade social polas univer-sidades ou empresas que as fi-nancien. Porén, o anterior Go-berno tentou limitar este derei-to mediante o Real decreto1707/2011, que regulaba asprácticas externas universitariase excluía da cotización estes bol-seiros e bolseiras, cedendo así áspresións que alegaban daquelaun custo excesivo, aínda que enrealidade supuña menos de 40euros ao mes.CCOO interpuxo en solitario un

recurso no Tribunal Supremocontra ese real decreto que limi-

Enrique MartínAdxunto á Secretaría Confederalde Protección Social de CCOO

As pretensións do Goberno do Estado farán que os bolseiros perdan dereitos / Foto: Educadictos

taba o dereito a cotizar polas bol-sas universitarias. O pasado 28de xuño, este tribunal ditou sen-tenza favorable á nosa reivindica-ción e anulou o decreto porconsideralo ilegal.Con todo, o Goberno do Par-

tido Popular, a través do Ministe-rio de Educación, segue porfiandoen limitar este dereito, excluíndoagora da cotización as bolsas quese consideren curriculares –asque serven para obter o títulouniversitario–. Con esa intención,presentou un borrador de de-creto cuxo regulamento estáagora en fase de tramitación.

Desta volta, o Ministerio reco-ñece que recibe presións dos rei-torados para non lle aplicar estenovo dereito á mocidade univer-sitaria. Para xustificar tal situa-ción, os responsables ministe-riais alegan que os trámites dasaltas ocasionan importantes pro-blemas de xestión para as em-presas e que este feito poderíachegar a supor que as empresasdeixasen interesarse en ofertarbolsas –asunto que, sincera-mente, resulta cuestionable.Tamén se utiliza o argumento

do custo asociado á cotización.No entanto, CCOO lembra que ocusto da cotización só supón34,72 euros ao mes a cargo dasempresas e 6,09 euros ao mes acargo de quen percibe a bolsa.Ademais, as empresas podendesgravar esta contía comogasto deducible, así que non sepode utilizar o argumento de que

o custo da cotización sexa real-mente «elevado».A decisión do Ministerio de

Educación de tentar burlar a sen-tenza do Supremo do pasado 28de xuño suporá volver aínda máisprecaria a formación universitariaque reciben máis de 1,6 millónsde novos estudantes no Estado,preto de 75.000 en Galicia. Em-peorará a protección social á queteñen dereito durante as bolsas ecausaralles un prexuízo adicionalnas súas carreiras de cotizaciónde cara a unha futura pensión.Para impedir que se consume

este novo atentado contra os de-reitos sociais, cómpre apuntalaros esforzos por mobilizar a uni-versidade, explicándolle ao estu-dantado que se incorpora en queconsiste este novo dereito ecomo deben esixir o seu cumpri-mento –entre outras vías, a tra-vés de CCOO.

O Gobernoquere burlarunha sentenza

Page 6: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

GALICIA SINdICAL Número 46 - novembro de 2013

6

www.galicia.ccoo.es

n A proposta de CCOO érespectuosa coas competenciasque a Constitución lles recoñeceás comunidades autónomas can-to ao financiamento e á xestión.n Ten o carácter de dereitouniversal, permanente mentresse manteña a situación de riscode pobreza, igual para toda acidadanía –viva onde viva– eesixible como tal dereito ante axurisdición laboral.n Non pretende nin substituír,nin reducir os compromisos eobrigas actuais dos sistemas derendas mínimas autonómicas.n Ten como obxectivo priorita-rio a pobreza extrema, os máisde seiscentos mil fogares seningresos nin prestacións.n Recolle as novas realidades eformas de convivencia da nosa

sociedade.n Estimula a procura de empre-go e a efectiva integración sociale laboral.n Recoñece o papel e a colabo-ración das corporacións locais naxestión do sistema.n Garante o mantemento donivel de prestacións que xa reco-ñeza cada comunidade autó-noma.n É viable financeiramente. Teráunha aplicación gradual, cunhacontía inicial modesta para quenon se poida considerar inasu-mible.n A proposta de CCOO estáaberta á negociación co Gobernode España, cos grupos parla-mentarios, coas comunidadesautónomas e coas ONG que loi-tan contra a pobreza.

A proposta de CCOO

Un sistema estatal derendas mínimas garantidas

Asociedade española convi-viu tradicionalmente cunsniveis elevados de poboa-

ción en risco de pobreza ou ex-clusión social, que mesmo nosperíodos de alto e longo crece-mento económico (1996-2007)non demos baixado do 17%.Trátase, polo tanto, dun problemaenquistado e crónico que atinxea varios millóns de persoas.É certo que a situación de po-

breza en España non ten as mes-mas características que noutrassociedades, como as de boaparte de África, Iberoamérica ouAsia, e mesmo de países do lestede Europa. A nosa fronteira de in-gresos anuais por persoa –ondese sitúa o limiar da pobreza– é de7.500 euros anuais. Porén, queesteamos a falar dunha pobrezaen termos relativos, non reducea súa gravidade nin xustifica asúa existencia. Somos un dospaíses ricos do mundo, perotamén somos un país moi in-xusto, con altos niveis de des-igualdade, algo que este sindicatoconsidera inadmisible.A partir de comezos dos anos

noventa do século pasado, onoso traballo sindical en todas ascomunidades autónomas fixouentre os seus obxectivos o esta-blecemento de sistemas autonó-micos de rendas mínimas, o que,con diversas denominacións edistinto alcance e características,fomos logrando na última décadado século XX.Non ten faladoiro que as ren-

das mínimas autonómicas e osdistintos programas de inserciónsocial contribuíron a frear e paliaras situacións de pobreza ou ex-clusión social, pero non lograronreducilas, polo menos de ma-

Héctor MaravallAdxunto á Secretaría Xeralda Confederación Sindical de CCOO

neira substancial. De feito, candose inicia a crise económica noano 2008, a taxa de risco de po-breza situábase no 19,6 % da po-boación, 2,6 puntos por riba damedia da Unión Europea; e a di-ferenza aumentaría sensible-mente se nos fixásemos só nosEstados máis desenvolvidos deEuropa. Cómpre subliñar que nosúltimos vinte anos, as institu-

cións comunitarias veñen reite-rando a importancia de estable-cer sistemas de rendas mínimasgarantidas e marcaron unhas ca-racterísticas básicas que debe-rían aparecer na súa regulación;recomendacións e indicaciónsque os sucesivos gobernos espa-ñois non cumpriron.A crise económica, a súa pro-

fundidade e longa duración tive-

ron efectos demoledores na evo-lución das situacións de risco depobreza e exclusión. Co métodotradicional de medición dos ris-cos de pobreza, no ano 2012afectaría ao 21,1 % da poboa-ción, e utilizando o novo sistemade medición AROPE (At Risk of po-verty and/or exclusion) estaria-mos a falar do 26,8 % dapoboación (en Galicia, o 23,7 %).Esta realidade reflicte que os

instrumentos tradicionais de pro-tección social españois son inca-paces de afrontar ao xeito asconsecuencias da situación degrave crise, e a iso engádense osresultados dos recortes nas polí-ticas sociais. As prestacións pordesemprego, nas súas diversasmodalidades, as rendas mínimasautonómicas e outros mecanis-mos de axuda social resultan cla-ramente insuficientes. De feito,no ano 2012 había en Españamáis de seiscentos mil fogaresque carecían de ingresos proce-dentes do traballo nin de presta-cións sociais públicas.Estamos, polo tanto, ante unha

evidente situación de emerxenciasocial que require respostas in-mediatas e efectivas e cuxa má-xima responsabilidade lle compe-te á Administración xeral do Es-tado. Por iso, CCOO deseñouunha proposta de sistema estatalde rendas mínimas garantidas,coa participación de todas as or-ganizacións territoriais e de ramaque fan parte da nosa Confedera-ción e co apoio de expertos quelevan moitos anos traballando noámbito da loita contra a pobreza.Esa proposta debe ser aprobadade xeito urxente para que aparezaxa con financiamento nos orza-mentos estatais do 2014. O con-xunto da Confederación debémo-nos implicar na súa difusión, enxerar presión social e tecer unhaampla rede de alianzas sociais.

Page 7: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

7

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 46 - novembro de 2013

n Entrevista a Carlos Bravo, secretario confederal de Protección Social e Políticas Públicas de CCOO

«Cantas máis persoasdefendan unha cousa,adoita ser máis difícilcambiala unilateralmente»Carlos Bravo, secretario confederal de Protección Social ePolíticas Públicas de CCOO, é un dos maiores especialistas noEstado no referente ao sistema público de pensións. Conver-samos con el sobre o proxecto de reforma do Goberno centrale preguntamos polas alternativas que formula o sindicatonesta materia.

O Goberno presentou un pro-xecto de lei que reforma ochamado «factor de susten-tabilidade» e establece unhanova fórmula para revalorizaras pensións. A pesar dos dis-cursos alarmistas, está real-mente en perigo o sistema depensións en España?O sistema público de pensións

non está na situación de perigoque se quere presentar con de-masiada frecuencia. É certo queactualmente nos atopamosnunha situación difícil, perocomo consecuencia da destru-ción de 3,6 millóns de empregospor mor da crise e da políticaeconómica de austeridade. Contodo, o sistema de pensións podeafrontar tanto este reto conxun-tural –aínda que prolongado notempo– como os que no futuropróximo haberá, e para os quenos vimos preparando desde haianos. De feito, haberao que se-guir facendo, pois teremos unnúmero crecente de pensiónsdurante as tres próximas déca-das. Xa o fixemos no pasado res-pondendo con éxito a outrosdesafíos. A clave está en procurarrespostas desde o acordo políticoe social amplo.

Quen defende a reforma ex-posta polo Executivo central pa-rece querer confundir os dousretos coma se en realidadefosen o mesmo. Cales son osverdadeiros retos do sistema depensións?Temos dous retos fundamen-

tais que esixen medidas dife-renciadas, pero para as que haiopcións diferentes dos recortesexpostos polo Goberno. Isto éimportante. En ocasións pre-téndese negar a descrición dasituación como forma de rexei-tar as propostas do Executivo,e é un erro. Para manter algotan importante como o nososistema de pensións, cómprecoñecer e recoñecer o que estápasando e, despois, centrarsenas alternativas.O primeiro reto da seguridade

social é conxuntural, pero nonpor iso menor. A súa gravidadeestá en relación directa coa dura-ción da crise en materia de em-prego, é dicir, vinculado a cantotempo se manteñan taxas dedesemprego inaceptables comoas actuais. Trátase do déficit quepresenta o noso sistema de se-guridade social como conse-cuencia da destrución de empre-

go e a caída de ingresos polacrise económica, amais da equi-vocada política económica deausteridade sen concesións.Desde 2007 destruíronse máisde 3,6 millóns de empregos.Cada millón de persoas quedeixa de cotizar representa, demedia, unha perda de ingresosno sistema de 5.000 millónspor ano. Isto esixe actuaciónsa curto e medio prazo orienta-das a mellorar ingresos, peronon unha reforma estruturalcomo a que presentou o Go-berno, cuxo obxectivo e resul-tado previsible é unha perda de

poder adquisitivo dos pensio-nistas actuais e futuros.O segundo reto é máis estrutu-

ral. Trátase da chegada á xubila-ción nas próximas tres décadasdas xeracións máis numerosasda historia de España, o chamadobaby-boom. É unha situación co-ñecida e previsible que fará que amediados de século o número depensionistas alcance os quincemillóns. Isto require actuaciónsanticipadas como as que vimosacometendo desde hai vinte anosno marco do Pacto de Toledo.Ademais, debemos seguir ac-tuando no medio e longo prazo.

Page 8: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

7

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICAL Número 46 - novembro de 2013

Por certo, esta situación non du-rará para sempre, e despois dosefectos do baby-boom o sistemavolverá a unha situación de equi-librio demográfico.

Daquela, é inevitable facerrecortes?Non é certo que a sustenta-

bilidade do sistema público sópoida asegurarse mediante re-cortes, actuando sobre a redu-ción do gasto. En realidade,tamén se pode optar por actuarsobre os ingresos ou sobre di-ferentes variables de formacoordinada. Sempre hai máisdunha alternativa.Neste caso, ante as propostas

do Executivo –centradas en redu-cir o gasto en pensións e a pres-tación media de pensionistasactuais e futuros–, desde CCOOquixemos presentar unha pro-posta ampla e detallada de medi-das alternativas baseadas namellora de ingresos. Cremos queé unha forma moi gráfica de sa-lientar que, coma sempre, as al-ternativas responden a opcións emodelos diferentes. O noso émanter e reforzar o sistema,abordando de cara os problemasque vai tendo que afrontar.Expomos medidas de mellora

de ingresos que podemos im-plantar de forma inmediata paraque actúen a curto e medio prazoe axuden a resolver o actual défi-cit conxuntural que presenta osistema de seguridade socialcomo consecuencia da destru-ción de emprego. E tamén medi-das máis estruturais de mellorade ingresos, para implantar deforma progresiva e que actúan amedio e longo prazo para contri-buír a mellorar a estabilidade dosistema nese período, sen ter querecorrer a drásticas medidas deaxuste e recorte de prestacións edereitos tampouco nas xeraciónsfuturas. Trátase de afrontar a si-tuación desde o mantemento dopacto interxeracional subxacenteno sistema de pensións.

Cales son as medidas concre-tas que propón CCOO para me-llorar os ingresos a curto prazo?Propuxemos un total de oito

medidas de mellora de ingresos.Probablemente, a que teña máisrelevancia a curto prazo é unhasuba temporal de dous puntos dacotización nas continxencias co-múns –as que financian as pen-sións–, repartindo este esforzoentre empresarios, traballadorescon emprego e o propio Estado.O incremento de dous puntosporcentuais suporá ingresos adi-cionais entre 6.000 e 7.000 mi-llóns de euros ao ano (0,67% doPIB). Este aumento de cotizaciónsmanteríase pola contía e o tempoque esixise a actual conxunturade déficit.Tamén propomos que os orza-

mentos asuman tanto os gastosde xestión da seguridade social,como as bonificacións á contra-tación, en lugar de pagarse concotizacións como ocorre ataagora. Estas dúas medidas máiso incremento de cotizacións pro-posto supoñen ingresos netosanuais por 9.000 ou 10.000 mi-llóns de euros.En liña co pactado en 2011,

debe manterse o incremento dasbases máximas de cotización edas cotizacións de autónomos,amais de incrementar as basesmínimas en liña coa necesaria

suba do salario mínimo interpro-fesional. Estas medidas incre-mentan os ingresos actuais, etamén o gasto futuro, pois teñenefectos evidentes na mellora daprotección social, neste caso daspensións futuras.

E a longo prazo? Hai dúas medidas relaciona-

das, unha xeral e outra específicado sistema de pensións. A se-gunda refírese a asumir desde osorzamentos do Estado, de formaprogresiva no tempo (25 anos),o custo das prestacións deriva-das de falecemento. Non propo-mos acometer agora unhanegociación sobre o seu réximexurídico, que seguirá sendo ob-xecto de discusión en futuras re-formas. Trátase de expor que,nunha sociedade que cambiaen relación coa participación dehomes e mulleres no mercadode traballo e nunha conxunturacomo a actual, é razoable abor-dar se estas prestacións debenpagarse desde as cotizacións ouos impostos.O impacto desta medida é moi

relevante: aproximadamente ametade do esforzo que nosqueda por facer para chegarmosá media da UE-15 canto a gasto

en pensións en relación co PIB.Isto debería abondar para garan-tir niveis de prestacións compa-rables aos actuais mesmo ásxeracións máis numerosas dahistoria de España –as persoasnadas entre finais dos cincuentae finais dos setenta do século pa-sado, o baby-boom do que faleiantes.Esta é unha medida estrutural,

de forte impacto, como o foi en1996 separar as fontes de finan-ciamento e levar o gasto sanitarioou de servizos sociais aos orza-mentos. Para todo iso, necesita-mos un Estado con capacidadesuficiente e acabar coa anomalíaque supón que os ingresos fis-cais en España sexan, en relaciónco PIB, case dez puntos porcen-tuais inferiores aos dos países donoso ámbito, o que significa uns100.000 millóns de euros menosde ingresos fiscais anuais. Istotrae como consecuencia que onoso gasto público sexa entre 6e 7 puntos porcentuais inferior.Esta maior capacidade é necesa-ria para reforzar a capacidade deintervención do Estado, no mellorsentido da expresión: medidas deestímulo á economía, fomento depolíticas activas de emprego e

Page 9: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

8

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 46 - novembro de 2013

reforzo dos sistemas de protec-ción social; non só os existentes,senón tamén os novos que pre-cisamos para cubrir baleiros decobertura, como é o caso da pro-posta de creación dun sistema derendas mínimas garantidas entodo o Estado.Esta capacidade debe obterse

a través da reforma estruturalmáis importante que precisa Es-paña e que aínda non se acome-teu: a reforma fiscal. O Gobernoanúnciaa para a primavera pró-xima, pero a nosa inquietude éque acabe sendo unha reformamáis para a conxuntura, nestecaso para a conxuntura electoralque se abre coas próximas elec-cións europeas, e durará dousanos. Esta reforma é da máxima im-

portancia. En CCOO estamos aactualizar as propostas que enmateria fiscal xa fixemos en2011, e tentaremos facerllas vera todo o mundo, incluído, loxica-mente, o Executivo.

A proposta do Goberno de Es-paña parece ir noutra dirección.Que efectos terá?A proposta do Goberno limí-

tase a establecer dous instru-mentos: o factor de sustenta-bilidade e o índice de revalori-zación de pensións. Céntraseexclusivamente nun axuste dogasto, esquecendo calqueramedida de mellora de ingresosque puidese reforzar a susten-tabilidade do sistema.Tomando como base un cál-

culo inicial de impacto realizadopor CCOO, utilizando datos e pre-visións oficiais, as reformas pre-sentadas polo Goberno, epoñelas en marcha tal cal se pre-sentaron, suporá unha perda depoder adquisitivo das pensiónsde entre un 14 % –escenariomedio e talvez demasiado pru-dente– ata un máximo do 28,3 %–no peor escenario posible–, du-rante os próximos quince anos.O Goberno debe retirar a súa

proposta de revalorización depensións e, no que atinxe ao fac-tor de sustentabilidade vinculadoá evolución da esperanza de vida,

utilizar como referencia o estable-cido na reforma pactada de 2011,con medidas que actúen deforma equilibrada sobre os ingre-sos e os gastos, discutindo a súaconcreción no marco do Pactode Toledo.

Como comentas, o efectomáis claro da reforma pareceestar nun recorte das pensións,igual que se fixo coas presta-cións de desemprego, os sala-rios, a calidade dos servizospúblicos... As reformas do PPestán usando a crise como es-cusa, pero perseguen unha for-mulación ideolóxica bastanteclara e de alcance global.O PP ten o obxectivo decla-

rado de conseguir unha desva-lorización interna, que nestecaso consiste en sermos máiscompetitivos mediante unha re-baixa de prezos lograda a base debaixar salarios e protección so-cial. Realmente, o que se estáforxando son as bases para uncambio de modelo social.O estado do benestar debe

sosterse sobre a lóxica do em-prego de calidade, capaz de ase-gurar salarios suficientes cos quese pagan as cotizacións sociaisque financian as pensións e unhaparte importante dos impostosque serven para garantir os ser-vizos públicos. Posto que o em-prego de calidade é a pezafundamental, sobre el céntransetodas as reformas.Primeiro atacouse o marco de

relacións laborais cunha reformaque facilitou o despedimento, li-

mitou a negociación colectiva eincrementou o poder do empre-sariado para modificar e impor ascondicións de traballo. A cam-paña antisindical, por máis quese alimente parcialmente deasuntos que temos que corrixir,tamén ten un papel no obxectivode debilitar a capacidade de de-fensa dos dereitos sociais daspersoas. Despois, atacouse gra-vemente a protección do desem-prego, recortándoa con cincoreformas consecutivas. O obxec-tivo de todo iso é estender omedo ao despedimento e facilitarunha rebaixa de condicións labo-rais xeneralizada nas empresas,especialmente dos salarios. Enparalelo, redúcese o financia-mento e aféctase a calidade dosservizos públicos básicos, o quepode xerar que o cidadán mediosinta distancia e desafecto poreles.As pensións, ata o de agora, ví-

ronse relativamente menos atan-guidas por esta liña de reformas.A causa é que neste ámbito sou-bemos desenvolver desde 1995unha rede de compromisos com-partidos arredor da súa defensano marco do Pacto de Toledo.Canta máis xente defende unhacousa, adoita ser máis difícilcambiala unilateralmente. Contodo, as pensións tamén están naaxenda do Goberno. A orientación de todas as refor-

mas diríxese a substituír o actualmodelo social, baseado en valo-res de solidariedade e responsa-bilidade colectiva que permiten o

estado do benestar e as súaspolíticas públicas, por outro di-ferente e máis inxusto funda-mentado na idea da capacidadeindividual.

Daquela, podemos parar es-tas reformas?Debemos e podemos paralas.

Como xa dixen, canta máis xentedefenda unha idea, máis difícilserá acabar con ela. A primeiraclave está na mobilización sos-tida que permita evitar ou limitaro alcance dunhas reformas reali-zadas nun contexto de maioríaabsoluta como o actual, e, entodo caso, revertelas no curtoprazo.A mobilización debe articu-

larse atendendo ás reformasglobalmente, como o ataque aoestado do benestar, e nela debe-mos comprometer o máximonúmero de persoas e colectivossociais. Xunto a iso, traballamosactivamente para acreditar e re-forzar o illamento do Gobernonesta materia. Todos os gruposparlamentarios rexeitaron a re-forma de pensións e, aínda queo primeiro obxectivo é evitaresta reforma agora, pedímosllesque comprometan a súa rever-sión e corrección canto antes,se chega a ser aprobada. Fixé-rono as principais forzas políti-cas, agradecémolo e recoñe-cémolo, pero hei de dicir que,chegado o caso, seremos taménesixentes en lembrar este com-promiso.O Goberno comete o erro de

colocar un dos elementos bási-cos de consenso do Pacto deToledo, o mantemento dopoder adquisitivo das pen-sións, no centro do debate po-lítico, que precisamente é unhadas cuestións que pretendíaevitar o pacto. Saben que istoten un custo evidente para ospensionistas. Deben saber quetamén o ten para quen adoptaesta decisión, en termos decusto político e social.O 23 de novembro temos a pri-

meira cita para iso nas mobiliza-cións que se levarán a cabo entodas as cidades do Estado.

Estamos a ac-tualizar as pro-postas que enmateria fiscal xafixemos en 2011e enviarémos-llas ao Goberno

Podemos e de-bemos pararestas reformas.O día 23 de no-vembro temos aprimeira citapara isto

Page 10: CCOO ten alternativas para defender as pensións · 3 Número 46 - novembro de 2013 GALICIA SINdICAL A situación económica e social do país aínda pode ir a peor, e non precisa

Número 46 - Novembro de 2013

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Segundo o presidente dapatronal española, JuanRosell, a crise non rema-

tará ata que os case seis mi-llóns de persoas desem-pregadas que hai en España«teñan un posto de traballo etamén o queiran e loiten paratelo». Así, sen anestesia.A que vén semellante afir-

mación? Segundo insinuounun programa de televisión,nos chamados miniempregosestaría a solución, «como enAlemaña». Si, porque o «comoen Alemaña», «funciona en Ale-maña», «implantouse en Ale-maña» e fórmulas polo estiloparecen ser as palabras máxi-cas para revestir de autoridadecalquera proposta disparatada.Xa postos, invadamos Polonia,«como fixo Alemaña» no pa-sado, non?Como funcionaría o dos mi-

croempregos para resolver oproblema do paro? Rosellapela a unhas «matemáticassinxelas». Poñamos por casoque unha persoa, actualmente,traballa oito horas a xornadacompleta nunha superficie co-mercial para facer unhas tare-fas determinadas. Pois ondenós vemos unha persoa e unúnico contrato –a ser posible,indefinido–, Rosell proporíacontratar dúas persoas amedia xornada, facendo cadaunha delas catro horas. Conestas «matemáticas sinxelas»,o problema de seis millóns deparados e paradas soluciona-ríase da noite para a mañá.Á pregunta de se con xorna-

das de catro horas e salariosde 400 euros ou menos dápara vivir, Rosell ten comoúnica resposta a seguinte: «Émellor iso ca o paro».Señor Rosell, o que vostede

nos ofrece non é unha alterna-tiva, senón unha chantaxe.

A chantaxe dapatronal CEOE

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

n A CORUÑA: saída da praza da Palloza ás 12h e remate na praza do Obeliscon FERROL: saída da praza de España ás 12 h eremate na praza de Armasn SANTIAGO DE COMPOSTELA: saída daAlameda ás 12 h e remate na praza das Prateríasn LUGO: saída da casa sindical ás 12:30 h eremate na praza de Armañá (Subdelegación doGoberno)n BURELA: saída da praza da Mariña ás 12:30 h

e remate diante do edificio do INEMn OURENSE: saída do Pavillón dos Remediosás 12 h e remate na Subdelegación do Gobernon PONTEVEDRA: saída da praza da Ferrería ás12 h e remate na Subdelegación do Gobernon VILAGARCÍA DE AROUSA: saída da avenidada Mariña ás 12 h e remate na praza de Ravellan VIGO: saída do cruzamento da Vía Norte conUrzáiz ás 11:30 h e remate diante do edificioadministrativo da Xunta

Manifestacións