cambios nos ecosistemas

47
CAMBIOS NOS ECOSISTEMAS Profesor: Adán Gonçalves

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 22-Mar-2017

469 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

CAMBIOS NOS ECOSISTEMAS

Profesor: Adán Gonçalves

1. Os Cambios Naturais nos Ecosistemas

Os ecosistemas son sistemas dinámicos que varían ao longo do tempo, aínda que

sempre tenden cara o equilibrio ou éstase. Para que se chege ao equilibrio deben

cumprirse tres condicións:

Os factores ambientais permanecen estables

O tamaño poboacional mantense constante

No hai alteración externa no ecosistema

Este estado de equilibrio dun ecosistema é sempre un estado ideal, xa que os

ecosistemas non están illados.

As transformacións nun ecosistema

Segundo a súa orixe:

Naturais: sen intervención humana. Unha erupción volcánica, a formación dun

bosque…

Artificiais: de orixe antrópico. Un vertido, unha corta dun bosque…

Segundo a súa duración:

Graduais: Ocorren lentamente. A formación dun bosque ou un cambio climático

natural…

Catastróficas: Suceden rápidamente. A queima dun bosque, unha inundación…

Segundo a súa extensión:

Locais: afectan a unha rexión determinada. A vaga de lumes en Galicia na época

estival, os afloramentos mariños en determinadas zonas…

Global: atinxen a todo o planeta. O burato da capa do ozono, o efecto

invernadoiro natural e artificial, o impacto dun meteorito de grande tamaño…

En xeral podemos dicir que as transformacións naturais que afectan ao biótopo ocorren

de xeito gradual na escala de tempo xeolóxico (miles ou millóns de anos) e afectan ao

relevo, o clima… aínda que tamén pode haber cambios bruscos cunha orixe natural como

son unha erupción ou un terremoto.

Os cambios naturais referidos á biocenose tamén adoitan ser graduais a escala de tempo

biolóxico (centos de anos) como o é unha sucesión ecolóxica.

Os cambios antrópicos, pola contra, soen ser máis rápidos e ocorren no chamado tempo

social duns anos ou como moito décadas como sucede coa corta dun bosque ou o

desecado dunha lagoa.

Cambios rítmicos nos ecosistemas

En calquera ecosistema acontecen cambios cíclicos e periódicos debidos aos movementos

do noso planeta, da Lúa e do Sol. Os máis destacados son:

A alternancia noite-día:

Inflúe en todos os ecosistemas excepto naqueles aos que non chega a luz (zonas abisais,

zonas profundas do solo, covas…).

O fitoplancto realiza migracións verticais, achégase a superficie durante o día para facer a

fotosíntese e afástase pola noite para recoller nutrientes.

En ecosistemas terrestres a existencia de animais diurnos e nocturnos aumenta os nichos

ecolóxicos aumentando a biodiversidade.

Estacionalidade:

Afecta especialmente nas zonas temperadas, onde é máis acusada (cambios de horas de

luz, temperatura, precipitacións…). Ten unha grande influenza nos aspectos reprodutivos:

época de floración, épocas de cría…

2. A Sucesión Ecolóxica

Unha sucesión ecolóxica é a secuencia de cambios que se producen nun ecosistema

consecuencia da súa propia dinámica interna.

É un proceso lento e gradual caracterizado por unha evolución desde un estado inicial

de baixa diversidade cara un estado final de madurez de maior diversidade.

Ao longo do tempo unhas especies son substituídas por outras, a aparición das novas

especies condiciona a presenza ou a ausencia doutras. As especies colonizadoras, máis

xeralistas, van sendo substituídas por especies máis esixentes nos seus requerimentos,

pero que compiten mellor nas novas condicións, especialistas.

Cambios nunha sucesión

Aumenta a diversidade de especies (máis nichos ecolóxicos)

Aumenta a complexidade estrutural: redes tróficas máis elaboradas.

Increméntase a biomasa, nun principio de forma exponencial, cando o ecosistema é

maduro estabilízase.

Aumenta a eficacia no aproveitamento da enerxía

Diminúe a produtividade (menor taxa de renovación da biomasa)

Aumenta a estabilidade do ecosistema: maior autorregulación do ecosistema que fai

que sexa máis resistente ás perturbacións.

Sucesión primaria: aquela que ten lugar nunha rexión que nunca antes fora

colonizada, é dicir, que nunca tivo un solo. Por exemplo, unha illa volcánica recén

formada.

Sucesión secundaria: a producida nunha zona na que existía unha comunidade que

foi eliminada parcial ou totalmente por algunha alteración. Por exemplo, a queima

dun bosque ou un campo de cultivo abandonado.

Tipos de sucesións

• Fórmase un solo onde se establecen os vexetais con raíces.

• Aparecen as primeiras especies, denominadas pioneiras ou colonizadoras.

• Son substituidas polas especies especialistas.

Sucesión primaria

Tipos de sucesións

Sucesión secundaria

• Nun bosque mediterráneo producese a corta.

• O humus desaparece, aparece o pastizal e algúns arbustos como as xaras.

• Aparecen especies arbóreas pouco esixentes coas condicións do solo.

• Desenvólvense especies, como a aciñeira, que precisa solos profundos.

• Ao final do proceso xurde de novo un bosque mediterráneo.

Comunidade clímax

É o estado de equilibrio estable dun ecosistema maduro. Supón a última etapa da

sucesión natural dun ecosistema.

En realidade é un estado ideal, xa que para alcanzalo o ecosistema tería que ser un

sistema illado non suxeito a perturbacións é esto non sucede na natureza. En

definitiva, o clímax non se alcanza nunca.

Todos os ecosistemas sofren alteracións que os levan a estadíos anteriores da sucesión

(regresión) ou a unha evolución da etapa actual.

3. As Poboacións nos ecosistemas.

Autorregulación

O crecemento poboacional na natureza está limitado pola dispoñibilidade de recursos e as

relacións que establece unha poboación co resto de poboacións da biocenose.

A resistencia ambiental é o concepto que define o conxunto de factores bióticos e

abióticos que limitan o crecemento dunha poboación.

A dinámica de poboacións é a parte da Ecoloxía que se ocupa do estudo dos cambios no

tamaño poboacional no medio natural (con factores que limitan o crecemento).

Curvas de Crecemento

Se non houbese limitacións (ecosistema ideal) unha poboación crecería de xeito

exponencial. Se representamos este crecemento ideal nunha gráfica na que

relacionásemos o tamaño poboacional co tempo observaríamos unha curva de

crecemento en “J” (Curva de crecemento exponencial).

Pero, evidentemente, na natureza os recursos non son ilimitados, por iso este tipo de

crecemento só ten lugar en condicións especiais e durante períodos curtos de tempo.

En condicións naturais, con recursos limitados, unha poboación comeza a crecer

exponencialmente, pero chegado un punto a resistencia ambiental frea este ritmo de

crecemento e o crecemento é máis lento e se estabiliza arredor dun valor (K). Orixínase

agora unha curva de crecemento en forma de “S” (Curva de crecemento logístico).

O valor K, denomínase capacidade de carga do ecosistema e constitúe o tamaño

poboacional máximo dunha poboación para un ecosistema determinado. Cando as

poboacións fluctúan arredor de K, dise que a poboación está en equilibrio ou que ten un

crecemento estacionario.

CURVAS DE CRECEMIENTO

Número de

individuos

Tempo

Curva en

forma de J

Curva en

forma de S (Capacidade

de carga do

ecosistema)

K

Fluctuacións

Crecemento estacionario

EQUILIBRIO

Estrategias de reprodución

Estrategas da “r”

Especies colonizadoras ou oportunistas que se asentan en ecosistemas nas súas primeiras

fases ou en condicións de inestabilidade. Caracterízanse por un tempo de vida curto e

unha taxa reprodutiva elevada (moitos descendentes) e son exemplos típicos as bacterias,

as microalgas, moitos insectos, os roedores, moitas herbas…

Estrategas da “K”

Especies especialistas ben adaptadas a vivir nun determinado ambiente que é estable nas

súas condicións. Tempos de vida máis amplos, a maioría dos individuos chegan a vida

adulta, pero con tazas reprodutivas baixas (poucos descendentes). Son exemplos a maioría

das aves e mamíferos.

Curvas de Supervivencia e fecundidade

As curvas de supervivencia amosan como afecta a mortalidade ao longo do ciclo vital

dunha poboación, mentres que ás de fecundidade reflicten a natalidade.

Un r presenta unha elevada

mortalidade infantil e son poucos os

individuos que chegan a idade adulta.

No caso dun k soe haber pouco

mortalidade infantil e son moitos os

individuos que chegan a idade adulta

onde se da a maior mortalidade.

Os r alcanzan axiña a idade

reprodutora e dase pronto o pico

de fecundidade, pola contra nos K

tardase máis en alcanzar a idade

reprodutora e o máximo de

fecundidade prodúcese ao final da

idade xuvenil.

4. Cambios Antrópicos no ecosistema.

O Uso dos Recursos

Durante millóns de anos todos os cambios nos ecosistemas foron naturais.

Na actualidade, a maioría deles débense a actividades humanas que ademais ocorren a un

ritmo acelerado.

A nosa poboación crece exponencialmente como se os recuros fosen ilimitados, pero esto

non é así, e o noso modo de vida depende dun gran consumo de recursos e unha enorme

xeración de residuos que debemos xestionar.

Levamos un suspiro en termos xeolóxicos neste planeta, pero xa somos capaces de ignorar

as normas do equilibrio natural, porque a nosa capacidade científico-tecnolóxica

permítenos en certa medida escapar dos mecanismos da selección natural.

Seremos ben ignorantes, se non pensamos na fraxilidade da nosa especie e a súa

dependencia respecto das outras formas de vida.

Recursos naturais

Un recurso natural é todo aquilo que nos proporciona a natureza e do que obtemos un

beneficio.

Pódense clasificar en:

Enerxéticos: proporcionan distintas fontes de enerxía: solar, eólica, nuclear,

combustibles fósiles, biomasa…

Materias primas: constitúen recursos a nivel industrial como as rochas ou os minerais,

o algodón ou as peles.

Alimentarios: son fontes de alimento obtidas na gandería, agricultura, acuicultura,

pesca…

Hídricos: para consumo doméstico, industrial, na agricultura…

Territorio: tanto o espazo para realizar actividades como o seu valor como recurso

paisaxístico ou de biodiversidade.

Reserva: é a cantidade dun recurso natural que pode ser explotada e extraída dun

xeito economicamente rendible.

Segundo a dispoñibilidade os recursos poden ser:

Recursos Renovables: aqueles cuxa taxa de renovación é maior que a do noso

consumo. Por exemplo, a biomasa ou a enerxía solar.

Recursos Non Renovables: aqueles cuxa taxa de renovación non compensa o noso

consumo e, polo tanto, esgotaránse co tempo. Por exemplo, o uranio ou os

combustibles fósiles.

5. Os Impactos Ambientais

Considérase un impacto ambiental calquera alteración do medio natural debido a

actividades humanas. Hai dous tipos:

Impactos positivos: que implican unha mellora no medio. Por exemplo unha

reforestación ou o tratamento de augas residuais.

Impactos negativos: que implican un deterioro do medio. Por exemplo, un vertido

de augas residuais, unha corta dun bosque ou un incendio provocado.

Os principais impactos ambientais na actualidade son:

A queima de combustibles fósiles

Os procesos industrais

Os cambios no uso da terra

A sobreexplotación dos recursos biolóxicos

A queima de combustibles fósiles e a enerxía nuclear

A produción enerxética actual e o transporte depende fundamentalmente de dúas fontes

primordiais, os combustibles fósiles e a enerxía nuclear. Ambolos dous son fontes de enerxía

non renovable o que de por si supón un problema importante, pero ademais a extracción,

transporte e utilización destas fontes de enerxía supón unha ameaza clara para o medio

natural e o planeta en xeral.

A utilización dos combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural) supón a liberación de

cantidades inxentes de gases de efecto invernadoiro (principalmente CO2) que están a

contribuir ao aumento acelerado da temperatura global (Quecemento global) e a un

inevitable cambio climático de consecuencias desastrosas para o planeta e por suposto, para

nos mesmos.

A enerxái nuclear basada entre outros no uranio, ademais dos problemas na extracción trae

consigo unha xestión de residuos radiactivos que todavía temos que resolver de xeito

eficiente.

Os procesos industrais

As actividades industrais, por un lado fundaméntase no uso de combustibles fósiles que

producen ademais de CO2, gases como os Nox e os Sox que son responsables dos

fenómenos de choiva ácida.

Por outra banda, a nosa industria produce tamén contaminantes como os CFC´s

(aerosoles, frigoríficos…) responsables do burato da capa de ozono, e pesticidas e

plaguicidas que contaminan o solo e as augas.

A xestión dos residuos industriais, sexan ou non radiactivos, supón sempre un problema

o que debemos dar unha solución axeitada.

Os cambios nos usos da terra

O sobrepastoreo, a deforestación, a agricultura intensiva e a construción de

infraestruturas son as principais causas da perda de solo.

A sobreexplotación de recursos biolóxicos

Está relacionada coa pesca con métodos intensivos, a agricultura intensiva, a introdución

de especies exóticas, a caza non regulada… Esta sobreexplotación xunto coa

fragmentación e destrución de hábitats está a provocar a extinción de especies e unha

perda da biodiversidade. Uns exemplos:

A Fundación Biodiversidade indica que a desertización afecta xa en España ao 37% do noso territorio e establece que a pérdida de hábitats é a principal causa da extinción do 87% das aves e do 45% dos mamíferos (excluíndo os micromamíferos) en terra firme.

As especies introducidas compiten coas autóctonas. Na actualidade hai unhas 400000 especies foráneas e os seus efectos poden ser devastadores na fauna nativa. Un dos exemplos máis escandalosos é o da perca do Nilo introducida no lago Victoria nos anos cincuenta; é a principal responsable da extinción, polo momento, de 200 especies.

Avaliación dos impactos ambientais

A avaliación de impacto ambiental (AIA) é un instrumento preventivo para a conservación e

xestión do medio natural. A nosa lexislación obriga a elaborar estas AIA para realizar

determinados proxectos, sobre todo de grandes infraestruturas.

A AIA debe ser multidisciplinar e debe considerar os efectos sobre o medio. Consta de

varias fases:

• Estudo de Impacto Ambiental: documento no que se identifican os impactos do proxecto

e se establecen as medidas correctoras.

• Información pública: para que particulares e colectivos poidan ver o estudo e presentar

alegacións.

• Declaración de Impacto: as autoriades ambientais analizan o estudo e as alegacións que

se poideran presentar e declaran o proxecto viable ou non.

6. Impactos Ambientais Negativos

Incendios Forestais

Cando non podemos controlar un lume falamos dun incendio, se se atopa nas

condicións idóneas pode descontrolarse de xeito que afecte a terreos forestais, entón

falamos dun incendio forestal.

Os incendios forestais interrompen o proceso de sucesión ecolóxica cara a comunidade

clímax.

A magnitude dun incendio depende de moitos factores: tipo de vexetación, condicións

climáticas, períodos de seca, xestión do monte…

Un bosque pode tardar 120 anos en recuperarse tras un incendio. A maioría dos

incendios teñen unha orixe antrópica, ben por un descuido ou con intencionalidade.

Para evitar os incendios forestais debemos tomar unha serie de medidas preventivas:

Non prender lume no monte

Non tirar cabichas nin mistos acesos

Controlar os vertedoiros e áreas recreativas

Crear devasas

Realizar rozas periódicas

Establecer vixiancia

Adoitar medidas legais: non permitir a venda máis barata de madeira ou facer o solo

urbanizable

Fomentar a educación ambiental

Degradación do solo

O solo pode perderse por erosión. Na actualidade este proceso veuse acelerado por

actividades humanas como as malas prácticas agrícolas, a deforestación, as construccións,

o sobrepastoreo ou os incendios. Esta perda orixina a desertificación que podemos definir

como a degradación ecolóxica dun solo fértil, é dicir, que deixa de ser produtivo. A

desertificación constitúe hoxe un problema a escala mundial.

Perda de Biodiversidade

Por tres motivos dos que xa falamos:

A sobreexplotación

A destrución de hábitats

A introdución de especies exóticas

Fauna invasora

Especies invasoras

7. A Protección do Medio Natural

Para frear a deterioración dos ecosistemas e protexer determinadas zonas creáronse

dende principios do século pasado os espazos naturais protexidos.

Os espazos naturais son áreas pouco transformadas polo home que presentan

características biolóxicas, paisaxísticas ou doutro tipo que xustifican a súa especial

protección.

En España a Lei de Conservación de Espazos Naturais e da Flora e a Fauna Silvestres

establece catro tipos de espazos protexidos: Parques, Reservas Naturais, Paisaxes

Protexidas e Monumentos Naturais.

En Galicia hai máis de 60 zonas protexidas, forma parte da rexión bioxeográfica atlántica

europea e posúe algún tipo de protección no 13% do seu territorio.

Parques

Son áreas naturais pouco transformadas polo home interesantes pola súa beleza

paisaxística, pola presenza de formacións xeomorfolóxicas singulares ou polos

ecosistemas que alberga. Hai dous niveis de protección:

Parque nacionais: espazos representativos dos nosos principais ecosistemas.

Son o máximo nivel de protección. A súa declaración e xestión é compartida

(Estado-Comunidade Autónoma). En Galicia temos o Parque Nacional das

Illas Atlánticas.

Parques naturais: constitúen un nivel inferior de protección respecto aos

nacionais e se permiten determinados aproveitamentos dos recursos. A

xestión recae en cada comunidade autónoma. En Galicia temos seis: Baixa

Limia- Serra do Xurés, Complexo Dunar de Corrubedo, Serra de Enciña da

Lastra, Fragas do Eume, Monte Aloia e Serra do Invernadoiro.

Reservas Naturais

Se protexen ecosistemas ou comunidades e permítese a explotación dos recursos se é

compatible cos valores a protexer.

Paisaxes Protexidas

Se protexen valores estéticos e culturais de especial interese. Por exemplo as concas

mineiras asturianas ou Os penedeos de Pasarela e Traba e o Val do río Navea en Galicia.

Monumentos Naturais

Espazos ou elementos naturais importantes pola súa beleza ou singularidade. Un exemplo

típico é a praia das Catedrais.

Reservas da Biosfera

Áreas representativas do planeta, de ecosistemas terrestres, costeiros, mariños ou unha

combinación destes non alterados e que precisan ser preservados. Neles habitan especies

representativas, endémicas, ameazadas ou en perigo. A distinció é otorgada pola UNESCO

dentro do programa “O Home e a Biosfera”. A súa función primordial é a conservación e

protección da Biodiversidade. Un Exemplo: As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

8. A Protección da Biodiversidade

A protección do medioambiente non é sinxela porque soe topar con intereses

económicos e políticos, e a conservación da biodiversidade non é unha excepción.

Existen convenios, normativas e directivas proteccionistas nos países desenvolvidos

que non sempre se cumpren.

Nos países en vías de desenvolvemento, onde as restriccións medioambientais vense

supeditadas aos ingresos derivados da explotación dos recursos biolóxicos con maior

facilidade, e a presión dos intereses económicos do primeiro mundo, a situación é

complicada e normalmente é o medio o que sae perdendo.

Pero tamén nos países do chamado 1º mundo temos unha débeda enorme co medio

natural: en Europa centos de hábitats están en declive, o 42% dos mamíferos, o 15%

das aves e o 52% dos peixes doceacuícolas atópanse en perigo de extinción.

No Cumio da Terra de 2002

moitos países se

comprometeron a reducir de

forma significativa a perda da

biodiversidade durante os

seguintes oito anos.

En 2010 non só non se

reducira a presión sobre a

diversidade biolóxica, senón

que as súas principais causas

se mantiñan e nalgún caso se

intensificaran.

Lista Vermella- Categorías-Especies en Perigo

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) unha especie en

perigo de extinción é aquela que corre perigo de desaparecer se seguen actuando os

factores que a ameazan, se diminúe drásticamente o seu número ou o seu hábitat.

Esta organización internacional dende 1963 elabora a listaxe ou libro vermello de

especies ameazadas que se actualiza anualmente.

Nesta listaxe establécense oito categorias segundo o grao de ameaza nas que se basa o

Catálogo Nacional de Especies Ameazadas do noso país que establece básicamente dúas

categorías:

En perigo de extinción: taxóns ou poboacións cuxa supervivencia é pouco probable se

continúan actuando os factores negativos. P.e. : visón europeo.

Vulnerable: taxóns ou poboacións que corren o risco de pasar á seguinte categoría se

non se corrixen os factores adversos. P.e.: Sisón común.

A inclusión neste catálogo supón medidas restrictivas para procurar a súa conservación.

Na actualidade (2015) hai 190 en perigo e 130 como vulnerables.

Catálogo Nacional

9. Os Grandes Cambios Ambientais

A Terra dende que se formou, hai uns 4600 M.a., constitúe un planeta en continuo cambio.

Cambios na atmosfera

• Evolución da composición química

• Cambios climáticos

• Formación da capa de ozono

• Incremento do efecto invernadoiro

Cambios na hidrosfera

Cambios na xeosfera

• Movemento dos continentes

• Modelado do relevo

• Cambios de polaridade

Cambios na biosfera

• Aparición da vida

• Aparición do Homo sapiens

• Extincións

Cambios na atmosfera

• Evolución da composición química

A atmosfera orixinouse a partir das emanacións volcánicas de gases da Terra en

formación. Esta primeira atmosfera carecía de O2 e está composta fundamentalmente por

CO2, N2, CH4 e vapor de auga. Hai uns 2200 M.a. as achegas de O2 por parte dos

fotosintéticos provocaron que este gas comezara a acumularse na atmosfera, que se

volveu oxidante.

• Cambios climáticos

Na actualidade a temperatura media na superficie é duns 15ºC, ideal para a vida, pero a

Terra primitiva era máis cálida debido as altas concentracións de CO2. Coa chegada dos

fotosintéticos diminuiu esa cantidade o que provocou hai uns 2500 M.a. a primeira

glaciación. Dende entón se veñen sucedendo períodos glaciares e interglaciares.

Actualmente estamos nun período interglaciar de uns 10000 anos.

Cambios na atmosfera

• Formación da capa de Ozono

A acumulación de O2 na atmosfera permitiu a formación da capa de ozono que

cosntitue unha barreira protectora fronte as radiacións uv. Esta circunstancia

posibilitou que a vida se abrise paso tamén en terra firme.

• Incremento do efecto invernadoiro

O efecto invernadoiro natural é esencial para a vida xa que permite unha temperatura

en superficie axeitada. Débese a concentración de certos gases (CO2, CH4 ou vapor de

auga) en capas baixas da atmosfera. Sen embargo, o efecto invernadoiro artificial, é

dicir o provocado polas actividades humanas (queima de combustibles fósiles,

incendios forestais…) está a provocar un aumento moi acelerado da temperatura do

planeta (Quecemento Global) que nos leva cara un cambio climático de consecuencias

nefastas .

Cambios na hidrosfera

A actividade volcánica da Terra en formación emitiu grandes cantidades de vapor de

auga á atmosfera. Cando a temperatura descendeu por baixo dos 100ºC, este vapor

condensouse e orixináronse as primeiras chuvias que deron lugar, xunto coas achegas

procedentes de asteroides hidratados, aos primeiros mares e océanos. A presenza de

auga permitiu a aparición da vida e os mares e océanos moderaron o clima do planeta

(efecto termorregulador).

Cambios na xeosfera

• Cambios na posición dos continentes

A distribución dos continentes non deixa de cambiar dende que se formaron. O seu

movemento permite o peche e apertura de océanos e a formación de cordilleiras.

• Cambios no relevo

Os axentes xeolóxicos modifican e modelan continuamente a superficie do planeta.

• Cambios no magnetismo

O campo magnético xerado a nivel do núcleo terrestre sofre cambios de polaridade

periódicamente.

Cambios na biosfera

• Aparición dos seres vivos

Temos rexistro fósil de vida dende hai 3800-3500 M.a. asociados a mares primitivos. Estos

primeiros organismos eran similares as actuais cianobacterias, é dicir, procariotas. Os

primeiros fotosintéticos comezan a osixenar a atmosfera e provocan un cambio drástico nela.

Os primeiros eucariotas non xurden ata hai uns 1800 M.a. eran protistas, os pluricelulares

non xurde ata hai aproximadamente uns 700 M.a.

Hai 550 M.a. prodúcese a chamada “Explosión Cámbrica” que se traduce nun aumento

espectacular de novos grupos de organismos.

• Aparición de Homo sapiens

A nosa especie é unha recén chegada ao planeta, pero a súa influenza no medio xa é

tremenda. Crece a ritmo exponenecial e para elo consome grande cantidade de recursos.

• Extincións

A desaparición de especies é un feito inherente ao propio proceso evolutivo. Os científicos

establecen que houbo cinco grandes extincións e que na actualidade somos responsables da

sexta.

A FAUNA DE EDIACARA (OS PRIMEIROS PLURICELULARES)

BURGERSS SHALE ( A EXPLOSIÓN CÁMBRICA)

A extinción pérmica (245 M.a.) supón a desaparición dun 90% das especies.

A extinción cretácica (65 M.a) provocou a desaparición dos dinosaurios

GRAZAS POR ATENDERME

WEBGRAFÍA

http://biologia.laguia2000.com/ecologia/cambios-que-se-producen-durante-la-sucesion-ecologica

https://bioteoria.wordpress.com/2015/10/18/ecological-succession/ http://ciencia-bizarra.blogspot.com.es/2013/12/la-fauna-de-ediacara-un-

experimento.html http://derechosociedadymedioambiente.blogspot.com.es/2010/10/informe-planeta-

vivo-2010-de-wwf.html http://ies.europa.rivas.educa.madrid.org/biologia/documentos/ctm/bl3_biosfera/pr

oduccion_productividad.pdf https://www.pinterest.com/pin/294352525618096888/ http://revistacmc.jgcalleja.es/?p=168 http://www.risasinmas.com/otra-teoria-de-la-extincion-de-los-dinosaurios/ http://slideplayer.es/slide/3817508/ http://slideplayer.es/slide/26964/ http://www4.tecnun.es/asignaturas/Ecologia/Hipertexto/04Ecosis/110ProPri.htm