boletín semanal de convocatorias · - oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora...

19
Boletín semanal de convocatorias www.coruna.es/nex ACTIVIDADES - Programación Sala Fernando Rey, xaneiro 2015. Fórum Metropolitano - Programación Sala Marilyn Monroe, xaneiro 2015. Fórum Metropolitano - Programación xaneiro-febreiro 2015, CGAI - Ciclo de teatro “Sen Numerar”, primavera 2015. Fórum Metropolitano - Cineterapia 2015. Fundación Mª José Jove - Programación de xaneiro na Casa Tomada - Ciclo Principal, primavera 2015. Teatro Rosalía de Castro - Ruta da auga. Agrupación A Pedrosa - Ruta por Mugardos. Asoc. O Carroucho - Ruta Monte do Gato. Sociedade de Montaña Ártabros - Roteiros pola Torre. G.N. Hábitat - Temporada lírica: actividades paralelas en Afundación. Amigos da Ópera da Coruña - Programación de concertos, xaneiro. Sala Mardi Gras - Programación de concertos, xaneiro. Garufa Club - Programación de concertos, xaneiro. Jazz Filloa BOLSAS - Bolsas para estudar 1º de Bacharelato en EEUU e Canadá. Fundación Amancio Ortega CURSOS - Curso de cómic. Colectivo Miñoco e Alita Cómics - Curso de monitor de tempo libre. Cruz Vermella VARIOS - Nova sala de exposicións Plataforma14 do CMIX - Prezos dos servizos en instalacións xuvenís e carnés, 2015. D.X. Xuventude - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL 2014-15 SEMANA: do 13 ao 20 de xaneiro de 2015

Upload: others

Post on 29-Sep-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

ACTIVIDADES - Programación Sala Fernando Rey, xaneiro 2015. Fórum Metropolitano - Programación Sala Marilyn Monroe, xaneiro 2015. Fórum Metropolitano - Programación xaneiro-febreiro 2015, CGAI - Ciclo de teatro “Sen Numerar”, primavera 2015. Fórum Metropolitano - Cineterapia 2015. Fundación Mª José Jove - Programación de xaneiro na Casa Tomada - Ciclo Principal, primavera 2015. Teatro Rosalía de Castro - Ruta da auga. Agrupación A Pedrosa - Ruta por Mugardos. Asoc. O Carroucho - Ruta Monte do Gato. Sociedade de Montaña Ártabros - Roteiros pola Torre. G.N. Hábitat - Temporada lírica: actividades paralelas en Afundación. Amigos da Ópera da Coruña - Programación de concertos, xaneiro. Sala Mardi Gras - Programación de concertos, xaneiro. Garufa Club - Programación de concertos, xaneiro. Jazz Filloa BOLSAS - Bolsas para estudar 1º de Bacharelato en EEUU e Canadá. Fundación Amancio Ortega CURSOS - Curso de cómic. Colectivo Miñoco e Alita Cómics - Curso de monitor de tempo libre. Cruz Vermella VARIOS - Nova sala de exposicións Plataforma14 do CMIX - Prezos dos servizos en instalacións xuvenís e carnés, 2015. D.X. Xuventude - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS

ACTUALIZACIÓN SEMANAL ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL 2014-15 SEMANA: do 13 ao 20 de xaneiro de 2015

Page 2: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Actividades Programación Sala Fernando Rey. Xaneiro 2015 A Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en xaneiro o ciclo "A outra beira".

Data: Dende o 08/01/2015 ata o 31/01/2015

- 8, 9 e 10 de xaneiro: "El sueño de Iván" de Roberto Santiago. Ecuador, España México, 2011 (V.O. en castelán). Todos os públicos. - 15, 16 e 17: "La señal" de Ricardo Darín. Arxentina, España, 2007 (V.O. en castelán). NRM 13 anos. - 22, 23 e 24 de xaneiro: "Qué tan lejos" de Tania Hermida. Ecuador, España, 2007 (V.O. en castelán). Todos os públicos. - 29, 30 e 31: Gloria de Sebastián Lelio. Chile, España, 2013 (V.O. en castelán). NRM 16 anos.

Horario: Xoves, 20.30 h; venres, 20.30 h e 23.00 h; sábado, 17.30 h e 20.30 h. Entrada: 3 euros (carné xove, + 65 anos e desempregados: 2 euros) Abono 5 películas: 12 €. Sesións do espectador: venres 23.00 e sábados 17.30 h. Prezo único: 1,50 €. Venda en despacho de entradas: unha hora antes de cada función. Venda anticipada: no ambigú, de luns a venres de 10.30-13.30 h e de 16.30-19.30 h. MÁIS INFORMACIÓN: Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos, 1 15006- A Coruña Tel.: 981 184 293 www.coruna.es/cultura

Programación Sala Marilyn Monroe. Xaneiro 2015 A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano presenta en xaneiro o ciclo de cinema "Estreas en V.O."

Data: Dende o 08/01/2015 ata o 31/01/2015

- 8, 9 e 10 de xaneiro: BATTLE FOR HADITHA ("La batalla de Hadiza") de Nick Broomfield. Reino Unido, 2007. (V.O.S. castelán). NRM 13 anos. - 15, 16 e 17 de xaneiro: THE BROKEN CIRCLE BREAKDOWN (Alabama Monroe) de Felix van Groeningen. Bélxica, 2013. (V.O.S. castelán). NRM 16 anos. - 22, 23 e 24 de xaneiro: A THOUSAND TIMES GOOD NIGHT ("Mil veces buenas noches") de Erik Poppe. (V.O.S. castelán). NRM 16 anos. - 29, 30 e 31 de xaneiro: OMAR de Hany Abu-Assad. Palestina, 2013. (V.O.S. en castelán). NRM 16 anos.

Horario: Xoves 20.15 h; venres 20.15 e 22.45 h; sábados 17.15 e 20.15 h. Entrada: 3 euros (carné xove, + 65 anos e desempregados: 2 euros). Abono 5 películas: 12 €. Sesións do espectador: venres 22.45 e sábados 17.15 h. Prezo único: 1,50 €. Venda en despacho de entradas: media hora antes de cada función. Venda anticipada: no ambigú, de luns a venres de 10.30-13.30 h. e de 16.30-19.30 h. MÁIS INFORMACIÓN: Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos, 1 15006 A Coruña Tel.: 981 184 293 www.coruna.es/cultura

Page 3: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Actividades Programación CGAI xaneiro-febreiro 2015O CGAI programa os seguintes ciclos de cine para os próximos dous meses: "Il Cinema Ritrovato"(homenaxe a Peter von Bagh), "Cine Polaco Contemporáneo", Cine Italiano Contemporáneo", "O Latexo do Mundo. 110º Aniversario da Asociación da Prensa da Coruña", "Film As Film. As Películas de Gregory J. Markopoulos", "CineGalicia 25", "Desencadres: Stan Brakhage, Robert Beavers", "Circuito", "Fóra de Serie: Estreas", "Off Galicia", CGAI Júnior".

Data: Dende o 07/01/2015 ata o 28/02/2015 Entrada:

- Xeral: 1,20€ - Carné Xove: 0'60€ - Abono para 10 sesións: 9€

As sesións de entrada gratuíta notificaranse no programa. A venda de entradas iniciarase 15 minutos antes de comezar a sesión (non se venden entradas por anticipado). Só se venderán un máximo de dúas entradas por persoa.

Organizada por: CGAI

Máis información: CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe Rúa Durán Loriga 10, baixo. 15003 A Coruña Tel. 881 881 270 [email protected] / http://www.cgai.org/

Ciclo "Sen numerar". Primavera 2015 O Fórum Metropolitano presenta a programación da tempada de primavera do ciclo de teatro "Sen Numerar"

Data: Dende o 17/01/2015 ata o 29/05/2015

17 de xaneiro: "NUEVO CATCH de Impro", de Impromadrid

31 de xaneiro: "OS CONTOS DE JOSELÍN", de Central Folque

13 de febreiro: "CORDAS", dos Luns 14 de marzo: "PAN! PAN!", da

Pandaria 27 e 28 de marzo: "EU

ENCARGÁBAME DOS NENOS", de Florería

24 de abril: "PEGADAS", de Teatro de Ningures 2 de maio: "SED DE MAL", de Culturactiva 29 de maio: "WALTZ," de Voadora

Horario: 21:00 h. Entradas: 9 € (carné novo, + 65 anos, desempregados, 7 €); anticipada: 6 € *Excepto "Novo Catch de Impro": 10 € (prezo único) Venda de entradas: - Despacho de billetes Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo) - Despacho de billetes Forum: Unicamente os días de función, desde unha hora antes (pagos en efectivo) - Televenta: 902 504 500 - www.servinova.com

LUGAR / INFORMACIÓN: Fórum Metropolitano c/ Río Monelos, s/n (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 www.coruna.es/cultura / https://www.facebook.com/forummetro

Page 4: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Actividades Cineterapia. Programación 2015 A Fundación María José Jove organiza por 2º ano consecutivo "Cineterapia".

Data: Dende o 31/01/2015 ata o 28/11/2015 Horario: sábados de 17.00 a 20.00 h., na sede da Fundación Mª José Jove Entrada: de balde Requisitos:

Diríxese ao público en xeral e, en particular, a familias interesadas en coñecer as etapas básicas do desenvolvemento, a familias que conviven con persoas que sofren unha enfermidade mental, á comunidade educativa, a psicólogos, a amantes do cinema, etc.

É necesaria inscrición previa no portal web da fundación.

PROGRAMACIÓN: 31 de xaneiro: Esplendor na herba (Elia Kazan, 1961). Temática: adicción ao

pasado, depresión. 28 de febreiro: Ao límite (Martin Scorsese, 1999). Temática: adicción ao traballo.

28 de marzo: Douche os meus ollos (Iciar Bollaín, 2003). Temática: adicción á dor allea, acoso, violencia.

26 de abril: Her (Spike Jonze, 2013). Temática: adicción ás novas tecnoloxías, soidade

26 de setembro: As zapatillas vermellas (Michael Powell e Emeric Pressburger, 1948)

24 de outubro: Two lovers (James Gray, 2008). Temática: adicción ao outro, incapacidade para decidir

28 de novembro: O buscavidas (Robert Rossen, 1961). Temática: adicción ao xogo

Máis información: Fundación María José Jove Rúa Galileo Galilei, 6. Edif. Work Center 15008- A Coruña Tel.: 981 160 265 [email protected] / www.fundacionmariajosejove.org

Programacion de xaneiro na "Casa Tomada" O Espazo de Intervención Artística "Casa Tomada" programa ata finais de este mes varias propostas musicais e teatrais.

Data: Dende o 09/01/2015 ata o 31/01/2015

9 de xaneiro de ás 21 h.: JHA BAND (concerto). Entrada: 5 €

10 de xaneiro ás 21 h.: MOON CRESTA (concerto). Entrada: 5 €

15 de xaneiro ás 20 h.: HARSH TOKE (San Diego, USA) + COMET CONTROL (Toronto, Can) + JULIUS (concerto). Entrada: 5 €

16 de xaneiro ás 21:30 h.: FESTA SUECA DE WEBSERIES (proxección audiovisual). Gratis

17 de xaneiro ás 21 h.: HEXANY (concerto). Entrada por determinar 23 de Xaneiro ás 20:30 h.: O PACK CÓSMICO (microteatro). Entrada

por determinar 24 de Xaneiro ás 22 h.: PIPO OURO (concerto). Entrada por determinar 30 de xaneiro ás 20:30 h.: SEMPRE EN IBIZA (espectáculo poético):

Precio: 4 € 31 de xaneiro ás 20:30 h.: APENINO + A VECES CICLÓN (concerto).

Entrada por determinar

LUGAR / INFORMACIÓN: Casa Tomada Estación de Tren San Cristóbal (A Coruña) http://casatomada.org

Enlace: www.facebook.com/casatomadacultural

Page 5: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Actividades Ciclo Principal. Primavera 2015 O concello da Coruña presenta a programacion do Ciclo Principal de Primavera 2015 no Teatro Rosalía.

Data: Dende o 16/01/2015 ata o 15/05/2015 Horario: Todas as representacións serán ás 20:30 h.

PROGRAMA:

16 e 17 de xaneiro: "No estaque dourado", de Ernest Thompson. Pentación Espectáculos

30 e 31 de xaneiro: "Kathie e o hipopótamo", de Mario Vargas Llosa. Pentación Espectáculos

6 e 7 de febreiro: "A calma máxica", de Alfredo Sanzol. Centro Dramático Nacional e Tanttaka Teatroa

20 de febreiro: "Excítame, o crime de Leopold e Loeb", de Sthepen Dolginoff. Spectro Teatro

27 e 28 de febreiro: "Onde hai agravios non hai celos", de Francisco de Rojas Zorrilla. Compañía Nacional de Teatro Clásico

6 e 7 de marzo: "Eramos tres irmás", variacións sobre Chéjov de José Sanchís Siniterra. Teatro da Abadía

20 e 21 de marzo: "O principio de Arquímedes", de Josep María Mirou i Coromina (Premio Born de Teatro 2011). Teatro do Atlántico

27 e 28 de marzo: "Misántropo", de Miguel do Arco (baseado libremente no orixinal de Molière). Kamikaze Producións

10 e 11 de abril: "Distancia sete minutos", de Diego Lorca e Pako Merino. Titzina Teatre

24 e 25 de abril: "O crédito", de Jordi Galcerán. Eme2 Produccións 8 e 9 de maio: "Os mércores non existen", de Peris Romano. Producións

Off 15 de maio: "Bobas & Galegas", de Quico Cadaval sobre textos de

Calderón, Lope, Benavente e Zamora. Mofa & Befa en coprodución co Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

Venda de entradas: - Despacho de billetes Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h - Teatro Rosalía: o día do espectáculo - Televenta: 902 504 500 - www.servinova.com

LUGAR: Teatro Rosalía Rúa Riego de Agua, 37 15001 - A Coruña

INFORMACIÓN: Teléfono de información cidadá: 010 www.coruna.es/cultura Ruta da auga A Agrupación Deportiva e Tempo Libre A Pedrosa organiza unha saída á zona de Guitiriz para realizar unha camiñada pola Ruta da auga. Data: 18/01/2015 Horario: Saída a partir das 8.30 horas. Regreso pola tarde. Prezo: - Socios: 15 euros / Menores de 15 anos: 10 euros. - Non socios: 17 euros / Menores de 15 anos: 12 euros Estes prezos cobren o viaxe e o seguro. Requisitos: - Facer inscrición. Os socios terán preferencia ata o día 10 de xaneiro. - Dificultade da ruta baixa. Máis información: Agrupación A Pedrosa Tel.: 616 120 975/ 666 288 265 [email protected] www.adtlapedrosa.com

Page 6: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Actividades Ruta por Mugardos O Club de Montaña O Carroucho organiza unha camiñada por Mugardos.

Data: 31/01/2015 Prezo: Socios: 12 euros Non socios, federados: 17 euros Non socios, non federados: 20 euros Requisitos: Facer inscrición. Máis información: O Carroucho Telefono 618 61 77 99 (de 20h a 22h) [email protected] http://www.carroucho.org/ Ruta Monte do Gato A Sociedade de Montaña Ártabros organiza unha nova edición do programa de sendeirismo Coñece e camiña. Nesta ocasión farán unha ruta en Oza dos Ríos. Data: 25/01/2015 Data de inscrición: Ata o 23/01/2015 Horario: Saída ás 08.00 horas da explanada de Riazor. Regreso ás 17.00 horas. Prezo: Socios federados: 9 euros Socios non federados: 10 euros Non socios: 15 euros Requisitos:Facer inscrición. Núm. de prazas: 55Nivel técnico baixo. Nivel físico medio.A actividade está aberta a persoas interesadas en xeral. Máis información: Ártabros R/ Santa Teresa, 14 A Coruña Teléfono: 981 21 31 15 (de 20 a 22 h de luns a venres) [email protected] / www.artabros.org

Roteiros pola Torre O Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, ofrece a residentes e visitantes roteiros guiados para coñecer a riqueza natural da contorna da Torre de Hércules.

Data: a partir de xaneiro de 2015. Duración: aproximada de 90 minutos, Horario: fins de semana en horario de mañá. Entrada: de balde Requisitos:

• Grupos reducidos de 15 persoas. • A asistencia está aberta a todos os públicos. Os menores de idade

deberán ir acompañados dun adulto. • Para participar só é necesario mandar un mail a [email protected] co

asunto ROTEIROS, indicando nome, número de participantes, data e horario, e teléfono de contacto.

Máis información: Grupo Naturalista Hábitat http://gnhabitat.blogspot.com.es/ [email protected] Servizo Municipal de Medio Ambiente www.coruna.es/medioambiente Teléfono de información do Concello 010

Page 7: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Actividades Actividades paralelas da temporada lírica Amigos da Ópera programou unha ampla variedade de actividades paralelas ao ciclo de inverno da temporada lírica da Coruña que se realizarán en Afundación

Data: Dende o 07/01/2015 ata o 23/02/2015

CONFERENCIAS - “Mozart no cinema”, 8 de xaneiro, 20 h. - “A propósito de Attila”, 16 de xaneiro, 20 h.

CICLO DE PROXECCIÓNS - “La flauta mágica”, de Kenneth Branagh. Reino Unido-Francia, 2006. 7 de xaneiro, 19 h. - “Atila, hombre o demonio”, de Pietro Francisci. Italia-Francia, 1954. 14 de xaneiro, 19 h. - “La flauta mágica”, de Ingmar Bergman. Suecia, 1975. 21 de xaneiro, 19 h. - “Natalie Dessay, os seus grandes roles” (documental). 28 de xaneiro, 19 h.

GRANDES NOITES DE ÓPERA - “El barbero de Sevilla” de Gioacchino Rossini. 2 de febreiro, 19 h. - “Tosca” de Giacomo Puccini. 9 de febreiro, 19 h. - “Salomé” de Richard Strauss. 23 de febreiro, 19 h. - “Otello” de Giuseppe Verdi. 2 de marzo, 19 h.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “Divagaciones rossinianas” (Ed. Turner) de Alberto Zedda. 19 de febreiro, 20 h.

Entrada: Gratuíta.

LUGAR: Afundación Cantón Grande, 21-24 (A Coruña)

INFORMACIÓN: Amigos da Ópera da Coruña www.amigosoperacoruna.org

Sala Mardi Gras Programación de concertos do mes de xaneiro de 2015 na Sala Mardi Gras

Data: Dende o 02/01/2015 ata o 31/01/2015 Entrada: Reserva anticipada de entradas en: [email protected]

venres 2: SLAM (banda tributo The Doors) sábado 3: EXIT venres 9: NEUMAN sábado 10: MAD MARTIN + MAI THAY & Os

TORINO ROCKETS xoves 15: SWEETKISS MOMMA sábado 17: HEROINAS + PERPETUO

SOCORRO domingo 18: O MEISTER JAVIER VIELBA xoves 22: CEREBRAL + AFTER ALL venres 23: KABBALAH sábado 24: EXIT (especial AC/DC) + Festa Pop

Thinking xoves 29: EXIT venres 30: CALMA CHICHA sábado 31: THE TRUNKS + BALDOSA AMARELA

LUGAR / INFORMACIÓN Sala Mardi Gras Travesía da Torre, 8 15002 - A Coruña http://www.salamardigras.com

Enlace: Facebook Sala Mardigras

Page 8: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Actividades Garufa Club A sala Garufa Club preséntanos a súa programación de concertos para o mes de xaneiro

Data: Dende o 03/01/2015 ata o 31/01/2015

sábado 3 ás 22.30 h: EL PENÚLTIMO GUATEQUE. 8€/10€

luns 5 ás 22.30 h: Beatles Night with OCTOPUS GARDEN. 6€

xoves 8 ás 22.00 h: GHASS "Jazz Fusion". 5€

venres 9 ás 23.00 h: +TANGO. 7'50€ sábado 10 ás 22.30 h: SANDRA

CALDERÓN BAND. 6€ domingo 11 ás 20.30 h: SALSA

PAL´BAILADOR. 5€ xoves 15 ás 22.00 h: GARUFA BLUE

DEVILS BIG BAND. 6€ venres 16 ás 23.00 h: FABULOSOS CUBALIBRES DE FOCKINK

BROTHERS. 6€ sábado 17 ás 22.00 h: COWBOYS GO TO HELL. 6€ xoves 22 ás 22.00 h: GARUFA´S JAM SESSION. 5€ venres 23 ás 22.30 h: SALSOMANÍA (Tributo a Óscar de León). 10€ sábado 24 ás 22.00 h: THE KICKERS + MAD MARTIND & FRIENDS

(Rockabilly Fest). 8€ xoves 29 ás 22.00 h: GARUFA BLUE DEVILS BIG BAND. 6€ venres 30 ás 23.00 h: ANTONIO LIZANA. 8€ sábado 31 ás 22.30 h: Especial SALSA PAL´BAILADOR. (entrada por

determinar)

LUGAR / INFORMACIÓN: Garufa Club R/ Comandante Barja, 5 15004 - A Coruña https://www.facebook.com/salagarufa

Concertos Jam Sessions - Jazz Filloa Programación do mes de xaneiro de 2015 no Jazz Filloa

Data: Dende o 03/01/2015 ata o 30/01/2015 Sábado 3: GHÁSS. Entrada: 5€ Mércores 7: FÉLIX ROSSY QUARTET.

Entrada: 7€ Sábado 10: INÉS CARREÑO QUARTET.

Entrada: 6€ Mércores 14: EJAZZ. Entrada: 5€ Sábado 17: CARLOS LÓPEZ QUARTET.

Entrada: 7€ Mércores 21: ANXO FERREIRA QUARTET.

Entrada: 5€ Venres 23: PABLAS JAZZ 4.0. Entrada: 5€ Mércores 28: TRIBUTO A CEDAR

WALTON. Entrada: 6€ Venres 30: ROBERTO SOMOZA TRÍO. Entrada: 5€

Horario: Pases ás 22:00 h. e ás 23:00 h.

Información: Jazz Filloa C/ Cega, s/n Tel.: 638 75 25 40 [email protected] (reserva de entradas) http://www.jazzfilloa.com/

Page 9: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Bolsas e axudas

200 Bolsas para estudar 1º de Bacharelato en EEUU e Canadá

A Fundación Amancio Ortega convoca para o curso 2015-2016 100 bolsas do programa "Estuda en Canadá" e 100 bolsas do programa "Estuda en USA", dirixidas a estudantes de 4º de ESO de todo o territorio nacional para estudar 1º de Bacharelato nun High School de EEUU ou Canadá, convivindo durante o curso escolar cunha familia de acollida no país de destino.

Data: Dende o 07/01/2015 ata o 09/02/2015

Solicitude: Enviar dentro do prazo de solicitude o formulario de inscrición debidamente cumprimentado coa documentación requirida a través da páxina web www.becas.faortega.org

Requisitos: Dispoñer de nacionalidade española Estar matriculado/a en 4º de ESO de calquera centro de ensino do

territorio español no momento de presentar a solicitude de participación (non poderán participar alumnos matriculados nun centro de ensino de titularidade estranxeira radicado en España)

Nota media mínima de 7.5 puntos en 3º de ESO Nota final mínima de 8,00 puntos na materia de inglés en 3º de ESO Non gozar con anterioridade dun ano académico no estranxeiro,

durante ningún dos cursos equivalentes a 1º, 2º ou 3º de ESO, con independencia do país no que se estudou devandito curso

Dotación:

Procura e selección de familias participantes nos países de destino Escolarización nun centro educativo “High School”, durante un curso escolar

(10 meses, agosto/setembro de 2015 a xuño/xullo de 2016) Viaxes e desprazamentos desde o lugar de orixe do estudante ata a poboación

de destino Tramitación e obtención do correspondente visado de estudante Axuda monetaria para gastos menores, que se abonarán mensualmente ao estudante Seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil durante a duración da estancia

Información: FUNDACION AMANCIO ORTEGA Avda. da Deputación, s/n 15142 - Arteixo (A Coruña) tel: 981 18 55 96 http://www.faortega.org

Page 10: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Cursos Curso de cómic O colectivo de ilustradores Miñoco organiza un curso de cómic para nenos e adultos na librería especializada Alita Cómics impartido por Jorge Peral e María Álvarez

Data: fins de semana de xaneiro

CONTIDO: - Módulo de debuxo - Módulo de narrativa - Módulo de autoedición

HORARIOS: - Grupo de nenos: venres de 18 a 20 horas. Inicio: 16/01/2015 - Grupo de adultos: sábados de 11.30 a 13.30 horas. Inicio: 17/01/2015

Prezo: 10 € / clase.

LUGAR / INFORMACIÓN / RESERVAS: Alita Cómics R/ Orzán, 94 15003 - A Coruña Tel.: 881 914 647

Enlace: www.facebook.com/colectivominoco

Curso de monitor/a de tempo libre Cruz Vermella organiza un curso de monitor/a dirixido a educadores e persoas que desexen desenvolver actividades de lecer con nenos e mozos en ambientes de lecer e tempo libre

Data: Dende o 27/02/2015 ata o 17/05/2015 Data de inscrición: Ata o 23/02/2015 Requisitos:

Ser maior 18 Estar en posesión do título de ESO,

Graduado Escolar, FP1 ou equivalente

Horario: Venres de 16:00 a 21:00, sábados de 09.00 a 14:00 e 15:30 a 20:30, e domingos de 09:00 a 14:00 (350 h.: 200 h. teóricas + 150 h. prácticas) Prezo: 300€ (posibilidade de pago en dous prazos) desconto 10% para estudantes, parados/as, socios e voluntarios de Cruz Vermella (270€) e 20% para desempregados de máis de 3 meses de duración (240€)

LUGAR: - venres e sábados: Centro de Formación de Cruz Vermella A Coruña - domingos: Oficina Provincial Cruz Vermella A Coruña (zona Zalaeta)

INFORMACIÓN: Centro de Formación dá Cruz Vermella C/ Médico Devesa Núñez, 1 15008- A Coruña Tel.: 981 169 163 Correo-e: [email protected] www.formacion.cruzvermella.org

Page 11: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Varios

Plataforma14: Nova sala de exposicións destinada a artistas emerxentes ¿Necesitas unha sala de exposicións para dar a coñecer o teu proxecto artístico? Puxemos en marcha no Fórum Metropolitano sala Plataforma14, co fin de potenciar e visibilizar o traballo dos mozos creadores da nosa cidade.

As obras expostas pertencerán, en sentido amplo,ás incluídas no campo das artes visuais (debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte, etc), sempre que poidan axustarse ao espazo expositivo e o seu equipamento.

DESTINATARIOS: Poderán solicitar a cesión de sala:

Mozos creadores de entre 15 e 35 anos, vinculados á nosa cidade, é dicir, que nacesen, residan, traballen ou estuden na mesma. Os menores de idade, deberán estar representados polo seu pai/nai/titor legal.

Colectivos de artistas, nos que polo menos o 75% da persoas que integren devandito colectivo cumpran os requisitos establecidos no punto anterior.

Centros educativos que impartan estudos regrados oficiais vinculados coa creación artística.

Entidades sen ánimo de lucro, que queiran promover un exposición vinculada coa creación ou cultura xuvenil.

CONDICIÓNS DE USO: A cesión do espazo expositivo será totalmente gratuíta. O período de cesión máxima da Sala será de de 20 días hábiles.

SOLICITUDES: As solicitudes para solicitar a cesión da sala deberán ser entregadas no Concello e será obrigatorio o emprego do modelo normalizado que se pode descargar en www.coruna.es/nex. Ditas solicitudes irán acompañadas de:

Breve currículo vitae e artístico dos persoas que pretenden expoñer as súas obras.

Un dossier coa relación de obras que integrarán a exposición (papel, arquivo informático, CD, DVD, etc) , ficha técnica de cada obra (título medidas, material utilizado, data de realización, etc), e imaxes delas en formato alta calidade (1 MB) e en formato .jpg

Memoria descritiva da exposición, na que o artista ou colectivo poderá expor calquera cuestión que considere necesaria (necesidades expositivas, organización espacial da exposición,etc)

Máis información: CENTRO MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL C/ Río Monelos, 1 Tel.: 981 184 294 [email protected] www.coruna.es/nex

Page 12: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Varios

Prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade 2015 Consellería de Traballo de e Benestar Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

(DOG 30 de decembro de 2014)

Por servizos nos Albergues e Residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX), establécense os seguintes prezos por persoa para o ano 2015:

Para facer uso destes servizos deberase posuír o carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

Estes prezos non serán aplicables ás persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, que terán dereito á expedición gratuíta destes carnés.

Servizos Ata 30 anos Maiores de 30 Pensión completa.................. 25,00 € ………………… 29,00 € Aloxamento........................... 9,00 € ………………… 13,00 € Almorzo................................ 3,00 € ………………… 3,00 € Xantar ou cea........................ 8,00 € ………………… 8,00 €

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á mocidade: Carné Xove……………..................................................................... 6 € Carné alberguista xove..................................................................... 6 € Carné alberguista adulto...................................................................13 € Carné alberguista grupo................................................................... 16 € Carné alberguista familiar................................................................. 21 € Carné Teacher (ITIC)........................................................................ 9 € Carné Internacional Xove (IYTC)...................................................... 9 € Carné Student (ISIC)......................................................................... 9 €

Page 13: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Varios

Uso de Instalacións Xuvenís en réxime de oferta concertada fóra do perídodo da Campaña de Verán

SERVIZOS OFERTADOS: a) Servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa; b) Material existente en cada instalación, excluído o de actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación; c) Servizo de xerencia. O primeiro servizo de alimentación será a comida do día da incorporación e o último, o almorzo do día seguinte ao último día de estancia concedido. DESTINATARIOS: 1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas. 2. Os consellos locais e municipais de xuventude. 3. As corporacións locais. 4. Os centros educativos. 5. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades de educación non formal coa mocidade. 6. Grupos de mozos e mozas que organicen actividades de educación non formal dirixidas á mocidade e sen ánimo de lucro e, en todo caso, para os efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique. DATAS COMPRENDIDAS: A oferta de uso das instalacións xuvenís abrangue o período comprendido entre o 1 de marzo e o 14 de xuño de 2015

PRAZO E LUGAR DE SOLICITUDE: Ata o 16 de febreiro de 2015 Servizo de Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. CC Elviña. Rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º 15008 A Coruña. Teléfonos: 881 88 12 40/881 88 12 41/881 88 12 43/881 88 12 44. www.xuventude.net PUBLICACIÓN: DOG 16-12-2014 Os prezos dos servizos ofertados serán os recollidos na Orde pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vixente para o ano 2015. Para o caso de non estar publicada esta orde na data de resolución das solicitudes, resultarán de aplicación os prezos establecidos durante o ano 2014 (DOG 03-01-2014)

Page 14: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Concursos e premios DENOMINACIÓN REQUISITOS DATAS DOTACIÓN INFORMACIÓN

Concurso Ruta BBVA 2015

Poderán concursar en Ruta BBVA 2015 mozos de nacionalidade ou residencia española e mozas dos países convidados a participar (Grupo 1); fillos de empregados do Grupo BBVA (Grupo 2) e aspirantes á Embaixada da Discapacidade (Grupo 3), nacidos entre o 1 de Xaneiro de 1996 e o 15 de xullo de 1997, que estean a cursar ensinos medios/educación secundaria ou universitarias e que non formasen parte de anteriores expedicións.

O concurso contemplará catro Fases: (i) o envío online dun Formulario de Participación e do expediente académico dos dous anos de Bacharelato (ou título equivalente no país de orixe) (ii) unha creación musical ou literaria (iii) un proxecto de emprendimiento social (iv) unha entrevista persoal que se realizará por skype relativa aos traballos presentados, da que se derivará a selección definitiva

presentación formulario participación desde o 08-01-2015 ata as 12 do mediodía do 16-02-2015.

A expedición percorrerá España e Colombia durante un mes.

Máis información: www.rutabbva.com

https://twitter.com/RutaBBVA

https://www.facebook.com/rutaquetzalbbva.oficial

Page 15: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Concursos e premios DENOMINACIÓN REQUISITOS DATAS DOTACIÓN INFORMACIÓN

II Concurso Proxecta - Innovación Educativa 2014-2015

• Poderá participar no concurso

calquera centro escolar de Galicia (incluídos os de Educación Especial) que imparta todas ou algunha das seguintes etapas educativas preuniversitarias: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional.

• A participación no concurso pode realizarse a título individual (un só profesor) ou colectivo (varios profesores e/ou departamentos).

• O obxectivo é identificar e facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TIC en centros escolares galegos.

• Os proxectos poderán ser presentados en castelán ou en galego indistintamente.

• Os centros participantes deberán cubrir correctamente o formulario técnico deseñado pola organización de Proxecta, ao que se poderá engadir, de forma voluntaria, outra información complementaria. Só se admitirán proxectos enviados por este medio: www.plataformaproyecta.org

• O formulario deberá estar acompañado por un documento multimedia (vídeo, presentación, etc.) que recolla a esencia do proxecto e que estea deseñado polo centro educativo participante.

Prazo ata o 17 de abril de 2015

20.000 euros a repartir entre todos os proxectos que o Comité considere oportuno premiar en función da súa mellor adecuación aos criterios de participación (en cantidades que poden variar entre 500 e 10.000 euros).

Máis información:

Plataforma Proxecta

[email protected] www.plataformaproyecta.org

Page 16: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Concursos e premios

DENOMINACIÓN REQUISITOS DATAS DOTACIÓN INFORMACIÓN

Certame de narracións breves Manuel Murguía

• Poderán concorrer tódolos autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.

• Relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior aos 15 folios nin superior aos 30, escritos con letra arial, corpo 12 e en tamaño DIN A4.

• Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato PDF. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor.

Prazo: antes do 1 de marzo de 2015

Primeiro premio: 4.000 euros

Segundo premio: 500 euros

Terceiro premio: 300 euros

Máis información:

Concello de Arteixo Praza Alcalde R Dopico, nº 1 15142 Arteixo Tel. 981 600 009 www.arteixo.org

IV Concurso de relatos breves 8 de marzo pola igualdade

• Calquera persoa física, independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia, enviando un máximo de dous relatos.

• 3 categorías: Infantil (ata os 12 anos). Xuvenil (de 13 a 17 anos). Adultos (de 18 anos en diante).

• Temática: a igualdade entre homes e mulleres. Estarán escritos en castelán ou valenciano. Extensión máxima de 1.000 palabras (título incluído). Levarán un título e o pseudónimo do autor ou autora. Os textos non conterán imaxes ou debuxos e serán orixinais e inéditos, é dicir, non deberán ser publicados en ningún medio ou soporte (en papel, blogues, publicacións electrónicas, etc.). Enviaranse preferiblemente por correo electrónico, pero tamén se poderá por correo postal; en formato word, DIN A4, a dobre espazo, con letra arial de 12 puntos.

Prazo: ata o 30 de xaneiro de 2015

O mellor relato de cada unha das categorías recibirá como premio unha tablet.

Máis información:

Concello de Elxe Concellería de Igualdade e Familia C/ Lago, 3 03203 Elxe (Alacante) [email protected] http://www.elche.es

Page 17: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Concursos e premios

DENOMINACIÓN REQUISITOS DATAS DOTACIÓN INFORMACIÓN

43 edición dos Premios Literarios Minerva

• Alumnos de 3º e 4º da ESO, e Bacharelato que cursen estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2015.

• Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e poderán concorrer nas modalidades de: - Poesía: cun conxunto de tres poemas de forma e tema libres. - Narración: cunha extensión máxima de seis folios mecanografados a dobre espazo e de tema libre.

• Deberán enviar 6 exemplares en papel e una copia en soporte informático, mecanografados coa fonte Arial, tamaño 12. Neles figurará o título e un pseudónimo ou lema, pero nunca o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos persoais do autor .

Prazo ata o 06/02/2015. Tres premios para cada modalidade, de 750, 450 e 300 euros respectivamente.

Máis información Colexio M. Peleteiro Monte Redondo-Castiñeiriño 15702 Santiago de Compostela Tel. 981 591 475 [email protected] http://www.peleteiro.com/

XXII Certame de cómic "Mutantes paseantes"

• Debuxantes non profesionais, de 14 a 35 anos.

• O tema será libre, con textos en castelán. Cada autor presentará as obras que considere oportunas, non premiadas noutros certames. Os traballos presentaranse polo sistema de plica, en sobre pechado aparte, en cuxo exterior figurará o título ou lema e a categoría na que participa, no exterior dese sobre indicarase: título da obra. Lema. Nome e apelidos do concursante. Fotocopia do DNI. Domicilio. E-mail e tel. de contacto.

• Os traballos deberán de ser orixinais, tendo unha extensión máxima de seis páxinas, a cor ou branco e negro, a técnica libre e en formato A-3.

Prazo ata o 12 de xuño de 2015

• Primeiro premio: 250 euros

• Segundo premio: 150 euros

• Terceiro premio: 100 euros

• Premio á Mellor Ilustración: 100 euros

Máis información:

Delegación de Xuventude-Concello San Roque Camiño do Almendral, 2 11360 San Roque (Cádiz) http://www.sanroque.es

Page 18: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Concursos e premios

DENOMINACIÓN REQUISITOS DATAS

DOTACIÓN INFORMACIÓN

7ª Edición Concurso Nutrivídeo 2015

• Mozos de 13 a 18 anos de colexios, institutos, ciclos formativos relacionados coa nutrición, así como asociacións ou clubs xuvenís. Os equipos deben estar formados por un máximo de 4 mozos e un titor do centro ou asociación de procedencia, que actuará como responsable do equipo.

• Para participar hai que enviar un vídeo cunha duración máxima de 4 minutos. É imprescindible que o guión estea inspirado na promoción de hábitos alimentarios saudables (como levar a cabo unha alimentación equilibrada, prevención de trastornos alimentarios, etc.).

• Os vídeos presentados non deben conter imaxes de persoas enfermas ou ofender polas súas imaxes ou comentarios a ideoloxía de ningunha persoa. Deben presentarse en formato .avi, .flv ou .wmv e non deben exceder os catro minutos. Á hora de publicar o vídeo en Youtube, a organización engadirá a palabra "NUTRIVIDEO7.TITULO" a todos os vídeos. Ademais, as etiquetas serán as mesmas para todos.

Dende o 20/10/2014 ata o 07/03/2015

Mellor vídeo: valorarase a mensaxe transmitida, o guión e/ou forma do vídeo. Ao non ser un concurso de cinema, a montaxe e o equipo técnico valoraranse, pero non serán determinantes. O premio consistirá nun tablet para para cada membro do grupo e para o titor do centro.

Vídeo máis visto: valorarase o número de reproducións contabilizadas na canle de YouTube de Nutrivideo, desde o 1 de novembro ata o 7 de marzo. O premio consistirá nun e-book para cada membro do equipo e para o titor do centro.

Máis información:

Universidade de Navarra Facultade de Farmacia C/ Irunlarrea, 131008 Pamplona (Navarra) Teléfonos: 948.42.56.00 ext. 803.454/806.654 [email protected] www.unav.edu

Page 19: Boletín semanal de convocatorias · - Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís fora do verán. D.X. Xuventude Selección de CONCURSOS E PREMIOS ACTUALIZACIÓN SEMANAL

Boletín semanal de convocatorias

www.coruna.es/nex

Concursos e premios

DENOMINACIÓN REQUISITOS DATAS

DOTACIÓN INFORMACIÓN

Encontro audiovisual de xuventude (30 Festival Internacional de Cinema de Valencia "Cinema Jove")

• Poden participar neste Encontro os grupos de mozos de ata 24 anos de idade, residentes en España e que pertenzan a centros educativos, EPA, asociacións xuvenís, talleres de imaxe, etc. Os participantes deberán presentar unha acreditación do centro formativo ou asociación á que pertenzan na que conste a súa matriculación e idade.

• Os participantes que presenten as súas curtametraxes ao Encontro non poderán inscribilos para a Sección Oficial de Curtametraxes. Establécense tres categorías: - A: ata 12 anos (alumnos de Infantil e Primaria) - B: de 13 a 20 anos (alumnos da ESO e Bacharelato) - C: de 16 a 24 anos (alumnos de Ciclos Formativos de Imaxe, outros centros de formación e asociacións xuvenís)

• As obras enviaranse a través da Web Movibeta en formato MOV ou MPG4 (codec H264), non podendo garantir a reprodución noutros formatos como AVI, Mpeg2, Wmv, etc.

• As obras poderán presentarse en calquera lingua oficial do Estado español. Dada a heteroxeneidade do público e do xurado, aconséllase subtitular ao castelán se esta non fose a lingua da produción.

• A duración máxima será de 15 minutos, incluídos os títulos de crédito.

Prazo: ata o 15 de abril de 2015

• Premios e Accésit por categoría: lote de material audiovisual, trofeo e diploma acreditativo.

Máis información:

Festival Internacional de Cinema de Valencia-CinemaJove Pza. da Almoina, 4-1º 46003 Valencia Teléfono: 963.31.10.47 [email protected] www.cinemajove.com