alemos da - sondeteosondeteo.gal/wp-content/uploads/2019/05/voceiro_fusion_web.pdf · o noso...

3
ESPECIAL MAIO DE 2019 Rafa Sisto Información para as persoas que queren argumentos, que necesitan debater con ideas e datos para poder decidir FALEMOS DA

Upload: others

Post on 10-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ALEMOS DA - SONdeTEOsondeteo.gal/wp-content/uploads/2019/05/voceiro_fusion_web.pdf · o noso transporte, tutelados e castrados pola D.X. de Mobilidade que é a que dirixe o transporte

ESPECIAL MAIO DE 2019

Rafa SistoInformación para as persoas que queren argumentos, que necesitan debater con ideas e datos para poder decidir

FALEMOS DA

Page 2: ALEMOS DA - SONdeTEOsondeteo.gal/wp-content/uploads/2019/05/voceiro_fusion_web.pdf · o noso transporte, tutelados e castrados pola D.X. de Mobilidade que é a que dirixe o transporte

2 3

Unha realidade social que une. Unha realidade administrativa que separa

AS NOSAS RAZÓNS

Somos cidadáns de segunda,sen capacidade de decidir

Temos problemas crónicos sen solución polo corsé administrativo

A proposta concreta de SONdeTEO

Pero que é un convenio de fusión?

Os concellos son unha realidade relativamente nova, teñen menos de 200 anos, e naceron dunha forma bastante arbitraria e con fins meramente administrativos. As parroquias que hoxe forman o concello de Teo, que si teñen unha tradición medieval, pertencían a distintas xurisdicións antes de 1820: a do Xiro da Rocha, a de Vea ou a de Quinta. A actual estrutura administrativa data de 1836 e, ao carecer duns criterios xeográficos ou sociais asentados, non creou un carácter identitario. De feito, cando gañamos as eleccións no 2007 un dos primeiros obxectivos foi que, máis alá de ser de Calo ou de Cacheiras, a xente empezara a ter orgullo de concello, a identificarse con Teo, e nesas seguimos.

Somos parte da capital de Galicia, non de Santiago, pero si dese conxunto de concellos que forman unha comarca

moi relacionada: traballamos en Santiago ou Teo, indistintamente; compramos, paseamos, asociámonos, divertímonos... en Teo ou Santiago, indistintamente. Hai quen se censa nun sitio só para poder levar aos fillos/ao a un

cole, ou para poder ir á piscina, ou quen só vai a súa casa a durmir.

Non sabemos onde acaba Montouto e onde empeza Santiago, por non chegar ao caso límite do Milladoiro, no que Reborido (a rotonda do Gadis e os concesionarios) é Teo, o alto do Milladoiro é Ames e a rotonda de abaixo de Santiago. Pero a xente está por riba

dos marcos formais, e ata hai concesionarios de Teo que se anuncian como Milladoiro-Santiago, pero os límites administrativos lastran a nosa vida social en común á hora dos servizos, das escolas, dos dereitos cidadás,...

Sentímonos parte da capital de Galicia e temos, tamén, a responsabilidade de axudar a construíla.

Esta é unha iniciativa que xorde da periferia, porque a pesar de que xa somos Compostela non podemos decidir sobre aquelo que nos interesa. Hai quen di que a proposta de fusión converteranos en cidadáns de segunda... Non, cidadáns de segunda somos agora: non podemos decidir sobre a ORA, sobre onde ou como aparcamos, non podemos organizar os transportes que usamos a diario, a nosa opinión non conta sobre o hospital, sobre a universidade, sobre o aeroporto, sobre o polígono, sobre a intermodal, sobre as grandes superficies,...Un exemplo clariño. Temos un autobús urbano que chega aos Tilos, e Santiago leva un ano estudando como reestrutura as súas liñas urbanas (incluída a 6 e a dos hospitais). Capacidade de decisión nese tema da veciñanza dos Tilos: cero. Non poden decidir sobre algo tan básico nas súas vidas.

Obxectivamente, constátase que as estruturas administrativas que agora temos son un corsé que impide solucionar algún dos problemas crónicos do noso concello. Así, cúmprense dúas décadas de intentos por conseguir un parque comarcal de bombeiros, de frustracións da colaboración intermunicipal, e non por falta de intentalo, senón polas limitacións políticas do sistema. Esta vez o intento encallou porque un único concello tiña que asumir a tasa de reposición (a posibilidade de contratación de persoal). Algo que semella tan natural como que, para un parque comarcal, cada concello puidera contratar un número de bombeiros proporcional á súa poboación, vese impedido porque a lei impide que un traballador do concello de Teo poida ter o seu posto

Calquera cambio como o proposto debe ter un obxectivo compartido,

beneficios económicos e sociais para quen o promove, e garantías para todas e todos. Por iso, o noso compromiso é, se gañamos, negociar un

convenio de fusión co goberno de Santiago ao longo do próximo ano, un convenio sobre o que a cidadanía de Teo no seu conxunto tería a última palabra nun referendo legal convocado con todas as garantías democráticas.

de traballo noutro concello. Absurdo neste caso.O mesmo podemos dicir da imposibilidade de organizar o noso transporte, tutelados e castrados pola D.X. de Mobilidade que é a que dirixe o transporte comarcal, a que ten que autorizar os trazados do Teobus, ou a que permite que as liñas existentes se neguen s subir a San Sadurniño, negando un servizo básico á nosa cidadanía. Necesitamos autonomía tamén para organizar o noso transporte urbano, os horarios, rutas e frecuencias no corredor de Cacheiras.Somos un concello de menos de 20.000 habitantes, sen capacidade para dar un servizo 24h de policía local ou protección civil, temas claves na seguridade cidadá que serán posibles coa nova estrutura territorial.

Teo leva anos tentando chegar aos 20.000 habitantes que lle supoñan un pequeno plus económico e o mesmo podemos dicir de Santiago cos 100.000. Cando parecía que o ía acadar, o boom urbanístico levou a xente para Teo. Cando semellaba que o podíamos conseguir, estancámonos, porque estamos a competir pola mesma xente... Partimos pois dunha cíclica e frustrante realidade competitiva que temos que mudar por unha realidade colaborativa.

Datos de partida: No ano 2018 Santiago tivo un orzamento de 113.897.541€, o que supón 1.175,6€/habitante. Teo manexou un orzamento (prorrogado) de 15.879.065€, o que supón 859,35€/habitante

As disposicións lexislativas establecen un incremento do 0,10 no coeficiente de participación nos tributos do

Estado para os concellos que se fusionen., o que suporía un incremento duns 330.000€/ano no que agora recibe Teo e uns 2.400.000€/ano para Santiago. Existen ademais outra serie de beneficios no que se refire á prioridade á hora de obter subvencións.

Pero no noso caso habería un cambio radical: pasaríamos a financiarnos polo mecanismo das grandes cidades (o que xa ten Santiago), é dicir, o Estado cede unha parte do que os cidadáns pagan por IRPF, por IVA e outros impostos. Se temos en conta que Teo está entre os dez concellos que máis declaran por IRPF/habitante, está claro que a mellora co novo sistema de financiamento sería brutal.

Unha aproximación: Santiago recibe agora con este sistema 24.007.822,62€ (con 96.456 habitantes). Teo, coa quinta parte da poboación, pasaría a recibir do Estado unha quinta parte do que recibe agora Santiago, é dicir, algo máis de catro millóns e medio fronte aos 3.441.099,75€ que recibimos no 2017.

E todas estas razóns só teñen un mecanismo político que as poida facer posible: adaptar a realidade administrativa á realidade social, formar un concello común.

Os brutais beneficios económicos

A Lei da Administración Local de Galicia sinala que no convenio de fusión se recollerán as estipulacións xurídicas e económicas que os concellos acorden, incluída “calqueira outra que conveña aos municipios afectados respecto ás obrigas, dereitos e intereses de cada un”. É dicir, o convenio de fusión é un documento

xurídico que define os termos da fusión e obriga ás partes ao seu cumprimento. É o documento base sobre o que teremos que pronunciarnos, e aí todas as opinións serán lexítimas: si ou non, pero sobre algo concreto, non declaracións apriorísticas como as que agora escoitamos doutras forzas políticas. A que din non?

Page 3: ALEMOS DA - SONdeTEOsondeteo.gal/wp-content/uploads/2019/05/voceiro_fusion_web.pdf · o noso transporte, tutelados e castrados pola D.X. de Mobilidade que é a que dirixe o transporte

Isto é fundamental, porque segundo define o artigo 128 da Ley57/2003 de medidas para la modernización del gobierno local, os distritos teñen xestión desconcentrada, xestionan os seus propios orzamentos e teñen un político responsable desa xestión territorial, é dicir, a lei garante a descentralización administrativa e económica.

Os concellos xestionan os seguintes impostos: o IBI (a contribución), o IVTM (o dos coches), o ICIO (o das construcións), o das plusvalías e o do IAE (o de actividades económicas que só afecta aos autónomos).

O IBI.A cidadanía paga o resultado de multiplicar o valor catastral (que fixa Catastro) por un coeficiente que fixa o concello. Neste momento Santiago aplica un coeficiente menor ca Teo, o 0,51 Santiago e o 0,54 Teo. Isto explícase porque ata o ano pasado Teo tiña uns valores catastrais moi baixos, que Facenda actualizou o ano pasado. A propia Facenda establece un prazo transitorio de dez anos para a súa aplicación, período no que o concello de Teo irá baixando o coeficiente que aplica.

O IVTM.Neste imposto si pagan máis en Santiago ca en Teo, é o único. Concretamente alí pagan 31,57€ máis nos coches de menos de 16 cabalos e 39,19 nos de máis de 16. Terán que igualarse, pero tamén pode ser unha boa oportunidade para que Santiago (grazas á mellora económica que supón a fusión), poida baixalos.

O ICIO.Os dous concellos teñen o mesmo tipo: o 2% sobre o valor da construción.

O da plusvalía.Santiago aplica agora o 22%. Teo o 25%

Santiago escolle agora 25 concelleiros/as e Teo 17 (42 en total). Despois do período transitorio, nas próximas elección o novo concello resultado da fusión escollería 27. Igual iso explica a oposición radical, sen razón nin debate, do resto de forzas políticas municipais.

A casa do concello da Ramallosa ten que seguir contando con todos os servizos que ten na actualidade: os servizos sociais, o arquitecto municipal, a policía local, o Rexistro,.. Ningún cidadán ou cidadá terá que desprazarse a ningún outro sitio para facer as xestións que precise.

Tampouco tería sentido que, se nestes anos estivemos remando para recuperar a xestión pública da auga, do mantemento das zonas verdes, do alumeado, da limpeza dos edificios públicos ou das escolas infantís, a fusión supuxese unha regresión ao pasado. Outra cuestión que debe garantir o convenio de fusión.

En cumprimento da lei antes citada, o distrito de Teo xestionará o seu propio orzamento que será unha porcentaxe do orzamento total do novo concello resultante da fusión. Loxicamente, a fusión ten sentido só se, tendo en conta que hoxe xestionamos en Teouns 14 millóns de euros, pasamos a xestionar 16 ou 17 millóns, se se incrementa de forma ampla a nosa capacidade financeira e de investimento.

E iso teno que fixar o convenio de fusión. Aí poderemos discutir se xestionamos o 20% ou o 22% do orzamento total do novo concello. Esa será a clave da decisión que teremos que tomar.

Que cuestións son irrenunciables para SONdeTEO nun convenio de fusión?

Que pasa cos impostos? Imos pagar máis? Como será a nova corporación?

Teo deixará de ser concello pero será un DISTRITO do novo concello.

Autonomía administrativa.

Aposta pola xestión pública.

Autonomía económica.

Consideramos que temos razóns obxectivas para facer esta proposta,

que nestes doce anos de goberno gañamos o dereito a que a valoredes

con confianza.

Negociaremos un convenio de fusión e vos teredes a última

palabra nun referendo.

É a nosa garantía: un proceso radicalmente democrático.

Dádenos a oportunidade de facervos unha

proposta.