autoras - galinova editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi...

12

Upload: others

Post on 06-Jul-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase
Page 2: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

O libro Bau, bau Música 2 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial.

© GALINOVA EDITORIAL, SL

Depósito legal: C 1846-2010ISBN: 978-84-9737-129-2

1ª edición 2010

Printed in Spain

AutorasSusa Herrera Ruiz

Gloria Mosquera Roel

ContosCristina Sanmartín Veiga

Asesor lingüísticoXosé Sánchez Puga

Gravación e produciónFrancisco Cerdeira Castiñeiras

Tomi López SerranoGloria M. Roel

Voces nenos/asCEIP de Tarrío (Culleredo)

MúsicosPablo Dalama Piñeiro (frautas)

Diego Maceiras Pedreira (acordeón)Rodrigo López Muñoz (batería)

Francisco Cerdeira Castiñeiras (guitarra eléctrica/voz)Tomi López Serrano (baixo/guitarra)

Gloria Mosquera Roel (voz)

IlustraciónsMarta Rivera Ferner

Mónica Malvar Rodríguez

Deseño e maquetaciónMónica Malvar Rodríguez

Bernardo Romay Mos

ImprimeGaligraf

Dirección e proxecto editorialTelmo Eiriz López

Queda prohibido, agás excepción prevista pola Lei, calquera forma de reprodución, comunicación pública ou transformación desta obra sen contar coa autorización dos titulares da propiedade intelectual.A infracción dos dereitos mencionados pode ser constitutiva de delito contra a Lei de Propiedade Intelectual, artigos 270 e seguintes, do código penal.

Reservados todos os dereitos. GaliNova Editorial SL puxo todos os medios ao seu alcance para recoñecer en citas ou referencias os eventuais dereitos a terceirose cumprir todos os requisitos establecidos pola Lei de Propiedade Intelectual.

GALINOVA EDITORIAL, SLRúa Rafael Bárez Vázquez, 8-bis

15009 A CORUÑA

Teléfono: 981 139 057Fax: 981 175 364e-mail: [email protected]: www.galinovaeditorial.com

Page 3: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

UN

IDA

DE 1

FICHA 1NOME:

Page 4: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

Conto: Unha familia moi musical

MIÑA NAI CHÁMASE REXINA, TOCA MOI BEN A OCARINA,

TRABALLA DE POLICÍA, DIRIXE O TRÁFICO TODO O DÍA.

MEU PAI CHÁMASE RAMÓN, GÚSTALLE TOCAR O TROMBÓN,

TRABALLA DE CAMIONEIRO, PERCORRENDO O MUNDO ENTEIRO.

TEÑO UNHA IRMÁ MAIOR QUE SE CHAMA LEONOR,TOCA MOI BEN A FRAUTA, PERO GÚSTALLE MÁIS A GAITA.

EU SON O MEDIANO E CHÁMOME VALENTÍN,TOMO CLASES DE PIANO E PRACTICO CO VIOLÍN.

O MEU IRMÁN PEQUENO CHÁMASE NICANOR

SEMPRE ESTÁ CO SEU TAMBOR, PORROM, POMPOM!

Á MIÑA TÍA MARIÑA GÚSTALLE TOCAR NA COCIÑA,COAS CUNCHAS E O CHASCARRASCHÁS, MENTRES AMASA FARIÑA.

TEÑO UN TÍO MARIÑEIRO QUE SE CHAMA VENCESLAO

E TOCA UNHA BUGUINA CANDO CHEGA O BARCO AO PEIRAO.

ESTA É A MIÑA FAMILIA, UNHA FAMILIA MOI MUSICAL.TI TAMÉN DEBES TER UNHA, QUÉRESMA PRESENTAR?

Obxectivos da ficha:

� Introducir ao alumnado nos diferentes instrumentos quetoca a familia de Valentín.

�Escoitar ou ler o conto co apoio visual da lámina.

� Facer preguntas de comprensión:

�Observar e describir a lámina.

�Nomear e sinalar aos compoñentes da familia.

�Observar e describir os instrumentos que tocan...

�Escoitar: O cóndor pasa (en Melodías de ocarinas vol. 2).

� Pegar un adhesivo cando recoñezamos un instrumento.

Page 5: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

UN

IDA

DE 1

FICHA 2NOME:

Page 6: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

�Coñecemento instrumental: instrumentos populares.

�Unir o instrumento con quen o toca.

�Aprender e tocar, por imitación, este ritmo con cunchas ou outros instrumentos de percusión:

A TÍA MARIÑA ESTÁ NA COCIÑA

FACENDO VIEIRAS FACENDO ROSQUILLAS

O TÍO VENCESLAO PESCANDO NO MAR

TOCA A CARACOLA CANDO VAI VOLTAR

Obxectivos da ficha:

Page 7: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

FICHA 4NOME:U

NID

AD

E 1

Page 8: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

�Coñecemento instrumental: o violín.

�Escoitar: Violín romance de Mozart.

�Valorar e descubrir algúns dos aspectos máis relevantes do violín:O violín é un instrumento de corda fretada. Son as cordas ao ser fretadas cun arco ou beliscadas cos dedos (pizzicato), as que se poñen a vibrar eproducen o son.

O arco co que se fretan as cordas está feito de madeira de “pau de Brasil” e unha cinta de crinas de cola de cabalo.

�Debuxar un violín.

Obxectivos da ficha:

Page 9: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

UN

IDA

DE 2

FICHA 6NOME:

Page 10: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

�Recoñecer e identificar sons do contorno: a cociña.

� Sinalar cando recoñezamos un son.

� Imitar sons que se producen na cociña (bater, fritir, abrir a billa...) mientres realizamos o movemento correspondente a cada undeles.

Obxectivos da ficha:

Page 11: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

UN

IDA

DE 2

FICHA 7NOME:

Page 12: Autoras - Galinova Editorial · conto: unha familia moi musical miÑa nai chÁmase rexina, toca moi ben a ocarina, traballa de policÍa, dirixe o trÁfico todo o dÍa. meu pai chÁmase

A Beethoven non se lle daban ben as letras nin os números, pero eraxenial coa música. Era tan pequeno cando empezou a tocar o piano,que tiña que subirse a unha banqueta para chegarlle ás teclas.

O seu pai, que era cantante, ao darse de conta do ben que se lledaba a música a Ludwig, comezou a darlle clases; e axiña o neno, consó seis anos, aprendeu a tocar o violín e o órgano. Nunha ocasión, asúa nai estaba enferma e o médico recomendoulle que pasase unhatempada no campo para descansar e respirar aire puro. Ludwig e osseus irmáns maiores acompañárona e a familia instalouse nunha granxadunha aldea próxima a Bonn, a cidade onde vivían. Alí os rapacesdábanlle de comer aos coellos, recollían os ovos das galiñas,escorrentaban as ovellas,... pasábano bomba!

Cando ía moita calor, baixaban ata o río que había preto da granxa ebañábanse, pescaban ou collían ras. Tamén lles gustaba moito ir deexcursión polos arredores da granxa. Seguían os camiños entre as árboresdo bosque, atopaban lugares marabillosos e recollían pequenos tesouros:pedriñas brillantes, troncos retortos e flores bonitas.

Certo día Ludwig marchou só de paseo, pois os seus irmáns maiorestiñan que estudar. Atopou un camiño novo e comezou a internarse nobosque. Era fantástico o tamaño das árbores e a gran cantidade de floresdescoñecidas que había.

De súpeto, escoitou retumbar un forte trono ao seu redor; levou unsusto enorme porque non vira a luz do relampo que avisa antes do trono,o bosque era demasiado mesto. Saíu a un claro e mirou ao ceo, uf!, estabatodo cuberto de nubes negras! Ía caer unha tremenda treboada!

Intentou volver á granxa antes de que chovese, pero non foi quende atopar o camiño. Os lóstregos e os tronos metían medo; e a chuviaera tan forte, que o pequeno Ludwig axiña quedou enchoupado.

Entón, cando xa estaba moi asustado, e buscando onde gorecerse,atopou unha igrexa e meteuse dentro. Mentres esperaba a que parasea treboada, mirou arredor e descubriu o órgano da igrexa. Sentou nabanqueta e comezou a tocar; a música resoaba no teito da igrexa, dunxeito que o neno nunca antes escoitara.

Mentres estouraban os tronos e a chuvia golpeaba contra as ventás,comezou a compoñer unha peza que imitaba a treboada que caía fóra(ta – ta – ta – chan!, ta – ta – ta – chan!). Esqueceuse de todo mentresgolpeaba as teclas con forza. Cando acabou, escoitou uns aplausos trasdel; era o cura da igrexa, que estaba marabillado daquel pequenoprodixio.

Anos despois, Beethoven compuxo unha obra chamada a Quintasinfonía en lembranza daquela treboada. Escóitaa e verás!

�Aprender algús aspectos sobre Beethoven e a súa obra:Beethoven foi fillo e neto de músicos. O seu pai ensinoulle música. Deu concertos desde os sete anos dedicándose por completo aos es-tudos musicais desde os once anos.A “Quinta sinfonía”, nunha versión reducida, está incluída napelícula de animación de Disney “Fantasía 2000”.

�Escoitar: Quinta sinfonía de Beethoven. Esta obra comezacun motivo de catro notas:

curto – curto – curto – longota - ta – ta – taa

que se repite dúas veces.

� Seguir co dedo a representación deste motivo cando se escoite na obra.

Obxectivos da ficha:

Unha forte treboada