boletÍn informativo municipal...punto de encontro: parking do pazo vilar de ferreiros latitude:...

12
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Outubro 2015 - Nº 193 FOI EN SETEMBRO!! Catro asociacións presentando os seus proxectos nas xornadas de desenvolvemento sociocomunitario no rural galego. Obradoiro de Conservas Caseiras no Centro de Formación Municipal. Momento da entrega do remolque para emerxencias do Concello de Vedra. Presentación das I Xornadas de Desenvolvemento Comunitario e Educación Ambiental organizadas en Vedra. Visita da Conselleira de Traballo ao Obradoiro de Emprego Vedra-Boqueixón. Presentación do Programa Voluntariado Xuvenil 2015. Os Axoures en Vedra, un precioso espectaculo infantil.

Upload: others

Post on 06-Feb-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • BOLETÍNINFORMATIVO

    MUNICIPALOutubro 2015 - Nº 193

    FOI EN SETEMBRO!!

    Catro asociacións presentando os seus proxectos nas xornadas de desenvolvemento sociocomunitario no rural galego.

    Obradoiro de Conservas Caseiras no Centro de Formación Municipal.

    Momento da entrega do remolque para emerxencias do Concello de Vedra.

    Presentación das I Xornadas de Desenvolvemento Comunitario e Educación Ambiental organizadas en Vedra.

    Visita da Conselleira de Traballo ao Obradoiro de Emprego Vedra-Boqueixón.

    Presentación do Programa Voluntariado Xuvenil 2015.Os Axoures en Vedra, un precioso espectaculo infantil.

  • 2

    DE INTERESE

    Segue na páxina 3

    DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE VEDRA SOBRE A SITUACIÓN E ACOLLIDA DAS PERSOAS REFUXIADAS NA UNIÓN EUROPEA

    Coa recente chegada a Europa de cidadáns sirios que foxen do seu país, dunha guerra que non é a súa, a situación alcanzou un punto crítico, converténdose na maior cri-se de refuxiados dende a II Guerra Mundial. O exemplo sirio é estre-mecedor, con máis de 7.000.000 de persoas desprazadas internamente, e máis de 4.000.000 de refuxiados dende o 2011.

    Nos últimos meses centos de miles de persoas tratan de chegar, de ma-neira extremadamente precaria, a territorio Europeo dende países nos que a guerra fai imposible a convi-vencia, tales como Libia, Eritrea, Siria, etc. Estas persoas non son criminais de guerra nin culpables do que sucede nos seus países e,

    ao igual que o resto de todos nós, como seres humanos, temos derei-to, polo simple feito de selo, a ser axudados cando nos encontramos neste tipo de situacións.

    Tanto a opinión pública como a con-ciencia e moral humanas esixen ac-cións ambiciosas e urxentes por par-te dos gobernos e as persoas ante unha situación tan terrible e crítica.

    Por enriba de consideracións re-guladoras, nacionais, relixiosas ou étnicas, é obriga dos poderes pú-blicos promover o respecto aos de-reitos humanos e facilitar o refuxio a toda persoa vítima de violencia, guerra ou persecución.

    Non podemos seguir inmóbiles e indignándonos polas imaxes que vemos na televisión e tanto nos en-tristecen. Temos que actuar, por con-vicción moral e por respecto á lei.

    Por iso, con esta declaración, os distintos grupos políticos represen-

    tados no Concello de Vedra mani-festan a súa vontade clara e firme de colaborar nas posibles solucións e alternativas á recepción e aloxa-mento das familias afectadas (sem-pre dentro das nosas posibilidades), facendo o posible para que a xus-tiza e a solidariedade sexan algo máis que palabras que quedan ben nos medios de comunicación.

    Porque o pobo de Vedra como un pobo acolledor, bo e xeneroso, non pode, nin debe, nin quere manter-se á marxe ante unha das maiores crises humanitarias dos nosos tem-pos, comprometéndonos a realizar o esforzo necesario para facilitar o reacollo de familias de refuxiados no noso concello, poñendo capaci-dades, infraestruturas e recursos, tanto humanos, económicos como materiais (habilitando créditos orza-mentarios se fose necesario) para dar asilo aos mesmos.

    Igualmente comprometémonos a traballar de forma coordinada co

    O Concello de Vedra sensible á tráxica situación de milleiros de persoas, que se ven obrigadas a fuxir dos seus países de orixe polos conflictos armados que es-tes padecen, o pasado mércores 23 de setembro de 2015 aprobou na súa sesión plenaria, por unanimida-de e consenso dos tres grupos políticos (PP, PSOE e BNG) a declaración institucional que abaixo se achega.

    Dende Vedra xa comunicamos á FEGAMP o noso compromiso para acoller varias familias de refuxiados.

    Nas vindeiras datas seguiremos informando de máis detalles da nosa acollida e atención ás ditas persoas en Vedra, mentres tanto queremos facer unha chamada porque a toda aquela persoa ou entidade que dalgunha maneira estea interesada en participar desta axuda, se poña en contacto con nós no teléfono 663 893 398 (Sil-

    via) ou no enderezo electrónico [email protected] (calquera posibilidade será boa: dende a oferta dunha vivenda ao apoio lingüístico, pasando polo acompañamento e/ou calquera maneira de axuda que cada quen poida e queira aportar).

    A nosa intención é a de actuar de xeito coordinado co resto de institucións e tamén, como non, axudar a canalizar a solidariedade do pobo de Vedra. Para iso constituirase unha comisión de seguimento coa parti-cipación de todos os partidos políticos e informarase publicamente dos avances deste programa.

    PROGRAMA DE ACOLLIDA E ATENCIÓN A PERSOAS REFUXIADAS

    [email protected]

    teléfono: 663 893 398

  • 3

    DE INTERESE

    FACEMOS EVENTOS

    DATAS: 6,7 e 8 de novembroLUGAR: Pazo Vista Alegre

    O concello de Vedra co obxectivo de promover e impulsar as empresas de Vedra relacionadas co sector dos eventos e celebracións, e convencidos do potencial artístico e emprendedor dos negocios do noso municipio, propón esta nova iniciativa, para que durante unha fin de semana Vedra sexa a referencia no sector das celebracións coma vodas, bautizos, comunións, aniversarios,...

    REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO PROXECTO:Actividade dada de alta no réxime que corresponda.

    Pertencer a calquera dos seguintes sectores de actividade:

    Artes gráficas.Convidas e “detalles” para eventos.Empresas organizadoras de eventos.Florarías.Fotografía.Moda, deseño e complementos.Música.Perruquería e estética.Pirotecnia.Publicidade e relacións públicas.Repostaría.Restauración e hostalaría.

    Terán prioridade as iniciativas que teñan sede en Vedra e/ou aquelas persoas administradoras das empresas que estean afincadas neste concello.

    Inscricións e información no teléfono 981 814 691 de luns a venres de 9 a 14 h.

    resto de administracións, ONGs e a sociedade civil (facilitando a cola-boración de cidadáns vedreses de forma particular) para dar respos-ta a esta crise de modo urxente, poñéndonos a disposición da FE-GAMP, FEMP, Xunta de Galicia e do Goberno Central, para coordinar a acollida de refuxiados que cheguen a Galicia, e se poida ordenar de ma-neira eficaz a axuda e os recursos dos que se dispoñen para asegurar-

    lles unha correcta cobertura de ser-vizos, e lograr a súa integración na nosa sociedade.

    Por último, non debemos obviar as tremendas dificultades existentes non so económicas senón tamén administrativas, idiomáticas, etc para garantirlles aos refuxiados sa-nidade, vivenda, educación e aten-ción social; por iso, e con indepen-dencia do esforzo económico e de

    toda índole que fará o Concello e o pobo de Vedra, solicitamos que, na medida do posible, a Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e Goberno Central destinen e habiliten fondos e recursos de todo tipo a aqueles concellos, que coma o noso, acollan refuxiados, para que a súa estancia no territorio redunde no seu benefi-cio e facilite a súa rápida integración social e económica.

    DEPORTES

    No mes de outubro vanse realizar as obras de reforma do tellado do pavillón polideportivo.

    Por este motivo as actividades deportivas que se desen-volven na pista central, e todas as actividades deportivas para a idade escolar quedan suspendidas ata que rema-ten estas obras. Seguirá aberto o ximnasio e comezarán con normalidade as actividades deportivas de adultos, non afectadas por estas obras.

    Agradecendo de antemán a vosa compresión ante unha obra amplamente demandada e necesaria la-mentamos as molestias que poidamos ocasionar.

    REFORMA DO TELLADO DO PAVILLÓN

  • 4

    PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2015-2016

    Aprendendo InglésClases de conversa en inglés con mestra nativa e dúas horas semanais.

    Para os escolares do CPI de Vedra e oCEIP Ortigueira.Para persoas adultas.

    Obradoiros artísticos na Casa das Artes(San Fins)

    Manualidades: Os luns pola tarde.Obradoiros de Costura: Os mércores de 18:00 a 20:00 h.Obradoiros de Pintura:

    Os venres grupos para persoas adultas.Os sábados pola mañá pintura infantil.NOVIDADE!!! Pintura xuvenil os xoves de 18:00 a 19:30 h.

    Monográficos de artes plásticas:EN OUTUBRO UNHA TARDE DE... DECORACIÓN INFANTIL!!

    Data: sábado 10 de outubro.Horario: de 16.30 a 19.30 h.Prezo da actividade: 6 € por persoa (Inclúe a actividade e o material).Imparte María Carmen Gaiteiro Moure.

    Prazo de inscrición aberto ata o 8 de outubro no teléfono 981 814 691 ou no enderezo electrónico [email protected]

    PROGRAMA CULTURAL

    Horario de aperturaDe outubro a maio.De luns a venres de 16:00 a 23:30 horas.Sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. NOVIDADE!!!!Os domingos e festivos o ximnasio permanecerá pechado.

    Prezos:ABONO INDIVIDUAL: 40 € por cuadrimestre.

    NOVIDADE!!!! ABONO FAMILIAR: Matrimonios ou parellas de feito e fillos menores de idade (entre 16 e 18 anos). 60 € cuadrimestre.NOVIDADE!!!! PACK ACTIVIDADE + ABONO XIMNASIO. 60 € cuadrimestre.

    Non se permite a entrada a menores de 16 anos. Os menores con idades comprendidas entre os 16 e 18 anos precisarán de autorización paterna.Información: 981 502 290 ou no [email protected]

    XIMNASIO MUNICIPAL

    De outubro a maio.De 16:00 a 24:00 h. de luns a venres (consultar dispoñibilidade horaria)Cota: 10 € empadroados e 20 € non empadroados.

    NOVIDADE: Sábados de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas (Consulta as condicións).

    Reservas:Faranse directamente no Pavillón municipal, cunha antelación máxima de 7 días á data que se pretende alugar a pista. As reservas faranse efectivas mediante o abono do importe das mesmas.

    AMPLIACIÓN DE HORARIOS DE LIBRE ALUGUER DE PISTA

    Para escolares:Karate I,IIBaile Moderno I, IIBaloncesto I,IIPatinaxe I,II,III e iniciación

    Prezo (para empadroados ou matriculados en centros escolares de Vedra): 25 € por cuadrimestre

    Para adultos: Aerobic (Santa Cruz)Ximnasia da 3ª IdadeGAP Zumba-aerobic (2 grupos)Step-AerobicXimnasia discapacitados psíquicos

    Prezo: 40 € por cuadrimestre.

    PROGRAMA DEPORTIVO DO CONCELLO DE VEDRA NO PAVILLÓN MUNICIPAL

    Aínda estas a tempo de inscribirte.

  • 5

    CULTURA

    TURISMO

    Aínda que nos pareza afastado… o Nadal xa está á volta da esquina e dende o Concello de Vedra queremos lanzar o I concurso de tarxetas de Nadal para celebralo, destinado aos nenos e nenas dos 0 aos 12.

    Haberá premios.

    Para participar bótalle un ollo ás bases do concurso, colgadas na páxina web de Vedra e tamén a disposición nos centros escolares e no departamento de cultura do Concello de Vedra.

    O prazo de entrega dos traballos estará aberto ata o 6 de novembro.

    PROGRAMA “GOZA DO ULLA”

    Remata este programa no que ac-tualmente participan 19 concellos bañados polo río Ulla:

    Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Santiso, Agolada, Arzúa, Vila de Cruces, Silleda, Touro, Boqueixón, A Estrada, Vedra, Teo, Padrón, Pon-tecesures, Valga, Catoira, Dodro e Rianxo e que pretende dar a coñe-cer, a través de rutas de sendeiris-mo a realizar en cada un destes con-cellos, o valioso patrimonio natural, cultural, arqueolóxico e paisaxístico dos concellos que o integran.

    A axenda do programa para o mes de outubro:

    PADRÓN:Segredos do Ulla-SarData: Sábado 3 de outubro.Distancia: 22 km.Dificultade: 1ª parte: baixa;2ªparte: media-alta.Punto de encontro:Centro Social Concello42º44´14,6´´N – 8º39´32,68´´ OContacto e información: Teléfono:981 811 329 [email protected]

    SANTISO:Roteiro de VisantoñaData: Sábado 10 de outubro.Distancia: 14 km. aprox.Dificultade: Media.Punto de encontro:Parking do pazo Vilar de FerreirosLatitude: 42,864 - Lonxitude: -8,100Contacto e información:Tel.: 981 818 501 [email protected]

    VILA DE CRUCES:Remesquide - BasebeData: Domingo 25 de outubro.Distancia: 14 km. Dificultade: Media.Punto de encontro: Concello de Vila de Cruces. 42º47’38’’ N - 8º10’13’’ O

    DODRO:Roteiro circular Pazo de HermidaData: Sábado 17 de outubro.Distancia: 10 ou 12 km. (dúas opcións)Dificultade: Media.Punto de encontro:Pavillón Pol. Municipal - Tallós s/n - Dodro 42º42´59,27´´N – 8º41´50,26´´ OContacto e información:Teléfono: 981 802 [email protected]

    VALGA:Ruta as Fervenzas de ParafitaData: Sábado 24 de outubro.Distancia: 15 km.Dificultade: Media - alta.Punto de encontro: Albergue Peregri-nos - Outeiro - Pino - Setecoros.Contacto e información:Tel: 609 469 709, 694 412 [email protected], [email protected], [email protected]

    Contacto e información:Teléfono: 626 945 500, 617 409 [email protected]@yahoo.es

    I CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

    TODA A INFORMACIÓN E BASESÁ TÚA DISPOSICIÓN:

    No Departamento de Cultura do Concello de VedraTel: 981 814 691 [email protected]

    www.concellodevedra.com

  • 6

    TURISMO

    VEDRA DE TAPAS

    O concello de Vedra en colaboración cos establece-mentos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas”, os días 9, 10, 11, 12, 16, 17 e 18 de outubro de 2015 co obxectivo de promover a restauración local.

    Cada tapa terá un prezo de venda ao público de 1,50 €.

    Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00 €.

    O CHURRASCO DE JUANITO Fabas de Julia.Zorza da Ulla.

    RESTAURANTE VILLAVERDE Croquetas de chocos na súa tinta.Callos de bacallau á galega.

    O CRUCEIRO Tortipizza.Torrada de queixo de Arzúacon polbo.

    BAR QUENLLAS Polbo con cachelos.Delicias.

    BAR AVENIDACallos.Polbo á feira con cachelos.

    TABERNA MOSQUEIRO Fabada de Mosqueiro.Raxo con patacas novas.

    O FOGAR DO AVÓ Tenreira con salsa de champiñóns e castañas.Rubenadas.

    A TABERNA DO FERRADOR Chipiróns na súa tinta con arroz.Tostas de lacón e pemento recheo.

    CAFÉ-BAR DERBI Mans de Ministro.Richada.

    CAFÉ BAR A DORNA Carne ao caldeiro.Callos da avoa.

    MESON ROBERTO Bonito sobre fondo de compotade tomate.Tosta de atún con tomate.

    BAR BARREIRO Cabra ao estilo de “Barcia”.E de segundo “postre”.

    Establecementos participantes:

    CONCURSO: Cando un cliente deguste unha tapa presentada a con-curso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu establecemento.

    Os clientes poden votar todas as tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).

    Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos.

    Outorgaranse unha 1ª, 2ª e 3ª mención ás mellores tapas.

    SORTEOS E AGASALLOS:Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:

    Ter os datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas nos establece-mentos hostaleiros participantes ou na casa do con-cello de Vedra.

    As papeletas terán que estar depositadas o domingo 18 de outubro de 2015 ás 23:00 h. como data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

    OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:As cartillas con selos de como mínimo 5 establece-mentos participarán nos sorteos de:

    Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.Un lote de produtos locais.1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello.

    As cartillas con selos de como mínimo 8 establece-mentos participarán nos sorteos de:

    Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas per-soas con almorzo incluído, circuíto termal…100 €

    As cartillas con selos dos 12 establecementos parti-cipantes entrarán no sorteo de 200 €

    Segue na páxina 7

  • 7

    TURISMO

    LUDOTECA

    Este mes dende o proxecto Conxuga queremos aproveitar para traballar a educación para a corresponsabilidade e a igualdade en todas as actividades.

    Con esta intención, expomos os seguintes obradoiros e actividades:

    “Xogos reunidos”, xogos grupais, cooperativos, de mesa, paracaídas...“Poñemos luz ás sombras”, obradoiro de escenas mediante sombras chinesas.Experimentos divertidos: “o profesor chifrado”.

    Obradoiro emocional: “Descubrimos como somos, a que teño medo eu?”“Érase unha vez... o circo”: obradoiro de pallasadas.Obradoiro “SuperChef”“Mr. Manitas”: O SamaínCelebramos o “Samaín”

    XUVENTUDE

    Para os agasallos de grupo:Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.

    Realizarase un CONCURSO FOTOGRÁFICO:A foto terá que mostrar que se está facendo a ruta “Ve-dra de Tapas”.

    Haberá que enviala a [email protected], e pasará un filtro de valoración e se é admitida

    subirase ao Facebook do concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os re-quisitos esixidos para a participación.

    Premio:Un lote de produtos locais.

    RAFTING POLO DEZA

    Unha nova proposta deste programapara a xuventude!!

    Unha alternativa diferente para pasar un sábado divertido e aventureiro.

    Data: TARDE DO SÁBADO 31 DE OUTUBROPrezo: 20 € (Inclúe seguro, transporte e actividade)Prazo de inscrición: Aberto ata o 28 de outubro ou ata cubrir as prazas!!

    Inscricións no teléfono 981 814 691 ou no enderezo electrónico: [email protected]

    POSTA A PUNTO

    SERVIZOS SOCIAIS

  • Lembramos que está a funcionar o Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal, que ten como obxectivo:

    Asesoramento ao alumnado e ás súas familias sobre as po-sibles alternativas educativas.

    Como contactar?A través do teléfono 981 814 612 ou do correo electrónico:[email protected]

    8

    SERVIZOS SOCIAIS

    PUNTO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO EDUCATIVO MUNICIPAL

    ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

    Horario do Centro Social:De martes a domingo de

    18:00 h. a 22:00 h. Os luns o centro tamén estará aberto pero non contará con

    servizo de cafetería.Pechado o último domingo de

    cada mes.

    Cursos 2015-2016

    Ximnasia de maiores:Os luns e mércores de 19:00 a 20:00 h.

    Obradoiro de traballo corporal:Os martes de 19:30 a 20:30 h.

    Obradoiro de memoria:Os xoves de 17:00 a 18:30 h.

    Canto-Coral:Os venres de 19:30 a 21:00 h.

    Os cursos terán un custe de matrícula de 15 € (de outubro a xuño).

    Bailoterapia: Os xoves de 19:00 a 20:00 h. durante os meses de outubro, novembro e decembro. Prezo: 15 € (todo o curso).

    Outras actividades:

    Excursión á cidade de Vigo.Mércores 14 de outubro.Prezo: 22 € (Inclúe transporte, comida e visitas; prazas limitadas).Programa: visita a lugares de interese: Parque de Castrelos, museos, porto, zona industrial...(O prazo de inscrición para esta saída ábrese o 3 de outubro no Centro Social. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición).

    Circuíto Termal nas Termas de Outariz.

    Mércores 28 de outubro.Prezo: 25 € (Inclúe transporte,

    comida e tratamento termal; prazas limitadas).Programa: pola mañá tratamen-to termal, xantar e regreso. (O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 17 de outubro no Centro Social. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición).

    Asemblea: elección do Consello do Centro Social

    Xoves 5 de novembro ás 20 h.

    “Outonea”: Magosto e BaileSábado 7 de novembro ás 19 h.Concurso de doces caseiros.Baile con música de acordeón.

    Celebración da patrona do Centro Social.

  • 9

    SERVIZOS SOCIAIS

    C.D SAN MAMED

    O C.D. SAN MAMED abre o período de captación de novos xogadores/as que queiran participar nos seus equipos de base na tempada 2015-2016

    IDADES:Fútbol Sala: nados en 2010-2011Prebenxamín: nados en 2008 e 2009Benxamín: nados en 2006 e 2007Alevín: nados en 2004 e 2005Infantil: nados en 2002 e 2003Cadete: nados en 2000 e 2001Xuvenil: nados en 1997, 1998e 1999.

    CONTACTO: [email protected] 626 134 864 (Dirección)650 114 328 (Coordinador)

    ESCOLA DEPORTIVA VAL DO ULLA

    A Escola Deportiva Val do Ulla abre o prazo de no-vas inscricións para a tempada 2015/2016, nas súas distintas categorías:

    BIBERÓN: De 3 a 6 anos.Prebenxamin: nados en 2008 e 2009Benxamín: nados en 2006 e 2007Alevín: nados en 2004 e 2005Infantís: nados en 2002 e 2003Cadetes: nados en 2000 e 2001Xuvenís: nados en 1997, 1998 e 1999.

    Para máis información: [email protected] 223 849 Presidente: Alfonso Neira629 406 565 Secretario: Juan M. Freiría686 506 858 Tesoureiro. Xosé López “Gori”696 956 063 Director Deportivo: Toño Varela650 353 692 Coordinador Deportivo: Carlos Iglesias

    Este proxecto vai dirixido a nais e pais con fillos menores de 3 anos do Concello de Vedra.

    Trátase de traballar coas familias tentando:

    Promover o recoñecemento e valoración do rol de pais e nais no desenvolvemento integral dos menores de 3 anos.Fortalecer as capacidades como pais e nais para promover o desenvolvemento infantil dende as accións da vida cotiá, facendo uso dos recursos e espazos do entorno familiar como elementos educativos.

    Fortalecer as redes de apoio na crianza e educación dos menores.

    O desenvolvemento do programa realizarase durante o curso 2015-2016 a través de actividades eminentemente prácticas que se desenvolverán a través de distintas sesións.

    A DATA DE INICIO É O 26 DE OUTUBRO!!

    As persoas interesadas contactar no teléfono699 041 486 en horario de 9:00h a 14:00h.

    ou a través do correo electró[email protected].

    VEDRA EDUCA

    INICIATIVAS ASOCIATIVAS

    CERTAME DE CORAIS DA ASOCIACIÓN AMIGOS DA CORAL POLIFÓNICADE SANTA CRUZ DE RIBADULLA

    Data: sábado 24 de outubro.Hora: ás 20 h.Lugar: Casa da Cultura de Santa cruz de Ribadulla.

    Unha nova edición deste certame para poder gozar dunha tarde de música e canto, nesta ocasión conta-

    rán co seguinte programa: Coral Polifónica de Noia.Coral Polifónica “Val do Folgoso” (Vigo).Coral Polifónica Amigos da Coral Polifónica de San-ta Cruz Ribadulla.

    Non faltes!!!

  • 10

    INICIATIVAS ASOCIATIVAS

    XORNADAS CULTURAIS SOBRE MICOLOXÍADA ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL

    A Asoc. Medioambiental “Amabul” coa colaboración do concello de Vedra e o financiamento da Deputa-ción da Coruña organiza estas Xor-nadas culturais sobre a micoloxía.

    Ata o 11 de outubro de 2015 no Centro Social de Vedra.

    Todos os venresde 21:00 a 22:30 h.Obradoiros de iniciación á micoloxía (todos os públicos)

    25 de setembro: O marabilloso mundo dos fungos.2 de outubro: A guía de campo, a túa mellor amiga.9 de outubro: Os cogomelos e a súa diversidade.

    Todos os sábadosde 10:00 a 14:00 h.Xornadas técnicas sobre boletus. Impartidas por Chemi Traba.Charlas e saídas de campo (para maiores de 13 anos)

    26 de setembro: Orde Boletais.3 de outubro: Xénero boletus.10 de outubro: Outras familias e xéneros.

    Entrega de materiais e diploma 5 €

    Obradoiros para nenas e nenos (de 6 a 12 anos)

    26 de setembro: Artes plásticas e cogomelos.3 de outubro: Artes literarias e cogomelos.10 de outubro: Fotografía e cogomelos.

    Os obradoiros e as xornadas técni-cas desenvolveranse no Centro So-cial de Vedra nas mesmas datas e horarios para facilitar que os adultos asistades acompañados dos vososnenos e nenas.

    XORNADAS CULTURAISSOBRE MICOLOXÍA

    Ata o 10 de outubroConcurso de fotografía micolóxi-ca (para maiores de 13 anos)Premios:

    1º Premio: 100 €2º Premio: Pack de material micolóxico.3º Premio: Guía micolóxica.

    Concurso de debuxo micolóxico (de 3 a 12 anos)Categorías:

    De 3 a 6 anos.

    De 7 a 9 anos.De 10 a 12 anos.

    Premios por categoría:1º Premio: Libro + crebacabezas + xogo.2º Premio: Libro + crebacabezas.3º Premio: Libro.

    Consulta as bases dos concur-sos en: https://www.facebook.com/asoc.amabul

    Domingo 11 de outubroPeche das xornadas micolóxicas

    11:00 h.: Saída micolóxica18:00 h.: Obradoiro de cociña20:00 h.: Entrega de premios dos concursos20:30 h.: Peche das xornadas

    Ata o 11 de outubroExposición “cogomelos vedreses”

    Lugar: Centro Social de Vedra.

    Todos os interesados poderedes contribuír a ampliar a exposición coa achega de exemplares recolli-dos en VedraMáis información e inscricións:

    635 142 685 ou 620 424 090

    ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO

    COMEZA O CURSO 2015-2016 DA ESCOLA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

    SÁBADOS (Clases música). Profesor (Emilio)11:00 a 12:00: Clases de acordeón

    (máximo 6 alumnos/as)12:00 a 13:00: Clases de iniciación a gaita e música

    tradicional (5 a 10 anos)12:00 a 13:00: Ensaio dos Laxeiriños13:00 a 14:00: Clases de gaita e requinta (maiores de

    12 anos)

    LUNS (Baile e percusión miúda). Profesor (Gustavo)18:30 a 19:30: Iniciación ao baile tradicional (nenos/as

    de 4 a 7 anos)19:30 a 20:30: Baile para nenos/as de 7 a 12 anos20:30 a 21:30: Clases de iniciación e apoio de pandei-

    reta e percusión miúda21:30: Ensaio das Dedaleiras

  • 11

    INICIATIVAS ASOCIATIVAS

    CLUB OLÍMPICO DE VEDRAABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN E INFORMACIÓN

    ATLETISMONados/as en 1999 e posteriores.Máis información no teléfono 633 691 678.Prezo por determinarInclúe:

    Licenza federativaRoupa de competiciónAdestramentos

    TRIATLONNados/as en 1999 e posteriores.Máis información no teléfono 633 691 678.Prezo por determinarInclúe:

    Licenza federativaRoupa de competiciónAdestramentos

    Non inclúe:Cota de abonado da piscina

    ESCOLAS DEPORTIVAS. TEMPADA 2015-2016

    ATLETISMO CICLISMO NATACIÓN TRIATLONSECCIÓNS ABSOLUTAS. TEMPADA 2015-2016

    Nados/as en 1998 e anteriores. Máis información no teléfono 633 691 678

    INICIO DA TEMPADAMÉRCORES 14 DE OUTUBRO!!

    XOVES (Baile para adultos). Profesor (Gustavo)21:00: Clases de baile tradicional para adultos (maio-

    res de 12 anos)

    VENRES (Clases de Baile de Salón). Profesores (Lourdes e Alex)21:30 a 23:00: Clases de bailes de salón.

    TARIFAS DE CLASES ANUAIS (ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO)

    CLASES E IDADES CUSTO(SOCIOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO)Clases para nenos e nenas de 3 a 12 anos Gaita, percusión, baile, acordeón, requinta ... 7 € /mes. Farase o pago por trimestres

    Clases para maiores de 12 anos (excepto acordeón) 12 € /mes. Farase o pago por trimestreClases de acordeón (maiores de 12 anos) 15 € /mes. Farase o pago por trimestre

    EnsaiosDedaleirasLaxeiriñosA Requinta da Laxeira

    7 € /mes. Aqueles integrantes dalgún destes tres gru-pos que desexen ter clases de apoio, xa sexa en gaita, pandeireta, requinta... Terá que aboar unha cantidade de 5 € / mes a maiores polas clases de instrumento.

    BAILES DE SALÓN (A partir dos 16 anos) 15 € / persoa

    CLASES E IDADES CUSTO (NON SOCIOS DAASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO)Clases para nenos e nenas de 3 a 12 anos Gaita, percusión, baile, acordeón, requinta ... 15 € /mes . Farase o pago por trimestres

    Clases para maiores de 12 anos (excepto acordeón) 20 € /mes. Farase o pago por trimestreClases de acordeón (maiores de 12 anos) 21 € / mes. Farase o pago por trimestreBAILES DE SALÓN (A partir dos 16 anos) 20 € / persoa

  • Edita Colaboran

    PUBLICA A TÚA PROPOSTA:Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] co asunto: NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES.

    INICIATIVAS ASOCIATIVAS

    OBXECTIVO... CHEGAR A TIO concello de Vedra quere seguir mellorando en proximidade, en rapidez... quere que cada veciño e veciña poida contar con toda a información que poida ser do seu interese dun xeito cómodo, áxil, práctico e útil...

    Para iso proponche formar parte do seu SERVIZO DE NOVAS, unha plataforma a través da cal cada persoa usuaria recibe de xeito inmediato toda a in-formación de interese.

    SÓ TES QUE ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO á dirección [email protected] solicitando darte de alta neste servizo.

    Con el saberás QUEse fai en Vedra?Cando se fai?

    Onde se fai? e Quen o fai?

    Xa somos 400 persoase queremos

    chegar ás 1000!!

    ESPAZO ACTIVO DA ULLA ACTIVIDADE DE JUDO EN VEDRA