boletÍn informativo municipaln...o departamento de cultura lanza o ii concurso de tarxetas de nadal...

8
CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR (FEGATEA) COA ASOCIACIÓN PAPAVENTOS: Venres 7: Chumpá Teatro con “A Nosa Vila” ás 21:15 h. Venres 14: Grupo de Teatro da Biblioteca de An- tas de Ulla con “13 Rosas” ás 21:15 h. Venres 21: Trécola Teatro con “Cling!” ás 19:00 h. NO CENTRO SOCIAL DE VEDRA. Curso de maquillaxe da Asociación Cultural Acuxuve, o 15 de outubro na Casa das Artes de Vedra. Espazo activo 2016 coa Asociación Cultural San Campio. BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Outubro 2016 • Nº 205 CONTACTOS DO CPI DE VEDRA: Administración: 881 867 015 Conserxería: 881 867 020 Fax: 881 867 021 CONTACTO DO CEIP ORTIGUEIRA: 881 866 995 NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO NOS CENTROS ESCOLARES DE VEDRA Con ela a Xunta de Galicia converte en gratuítas 60 viaxes ao mes para cada persoa usuaria desta tarxeta, no transpor- te metropolitano!! Para conseguila só tes que solicitala na páxina web www.tmgxentenova.xunta.gal Se tes algunha dúbida para a súa tramitación consulta no teléfono 981 814 691. SE TES ENTRE 4 E 19 ANOS… AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE FACERTE COA TÚA TARXETA “XENTE NOVA” Ruta do Cares o 7, 8 e 9 de outubro (para a xu- ventude). Excursión a Sobrado dos Monxes o 21 de outubro (para a 3ª idade). AXENDA PARA O MES DE OUTUBRO AXENDA DAS ASOCIACIÓNS En outubro comezan as actividades do programa cul- tural e deportivo do concello de Vedra!! Se aínda non te matriculaches en ningunha das propos- tas… bótalle un ollo ao programa na nosa páxina web e comproba se aínda quedan prazas!! Máis información das propostas culturais no 981 814 691 Toda a información das propostas deportivas no pavillón municipal ou no teléfono 981 502 290 (horario de 17:00 a 00:00 h.). PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2016-2017

Upload: others

Post on 30-Jan-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR (FEGATEA) COA ASOCIACIÓN PAPAVENTOS:

Venres 7: Chumpá Teatro con “A Nosa Vila” ás 21:15 h.

Venres 14: Grupo de Teatro da Biblioteca de An-tas de Ulla con “13 Rosas” ás 21:15 h.

Venres 21: Trécola Teatro con “Cling!” ás 19:00 h.

NO CENTRO SOCIAL DE VEDRA.

Curso de maquillaxe da Asociación Cultural Acuxuve, o 15 de outubro na Casa das Artes de Vedra.

Espazo activo 2016 coa Asociación Cultural San Campio.

BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALOutubro 2016 • Nº 205

CONTACTOS DO CPI DE VEDRA:Administración: 881 867 015

Conserxería: 881 867 020Fax: 881 867 021

CONTACTO DO CEIP ORTIGUEIRA:881 866 995

NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO NOS CENTROS ESCOLARES DE VEDRA

Con ela a Xunta de Galicia converte en gratuítas 60 viaxes ao mes para cada persoa usuaria desta tarxeta, no transpor-te metropolitano!!

Para conseguila só tes que solicitala na páxina web www.tmgxentenova.xunta.gal

Se tes algunha dúbida para a súa tramitación consulta no teléfono 981 814 691.

SE TES ENTRE 4 E 19 ANOS…AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE FACERTE COA TÚA TARXETA “XENTE NOVA”

Ruta do Cares o 7, 8 e 9 de outubro (para a xu-ventude).

Excursión a Sobrado dos Monxes o 21 de outubro (para a 3ª idade).

AXENDA PARA O MES DE OUTUBRO

AXENDA DAS ASOCIACIÓNS

En outubro comezan as actividades do programa cul-tural e deportivo do concello de Vedra!!

Se aínda non te matriculaches en ningunha das propos-tas… bótalle un ollo ao programa na nosa páxina web e comproba se aínda quedan prazas!!

Máis información das propostas culturais no 981 814 691

Toda a información das propostas deportivas no pavillón municipal ou no teléfono 981 502 290 (horario de 17:00 a 00:00 h.).

PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2016-2017

FOI E

N...

Foi en... Setembro

2

Actividade de Luvas Verdes en setembro co alumnado do CPI de Vedra.

Charla Escola de Saúde “Problemas de audición nas persoas maiores” o 15 de setembro.

Excursión a León o 22 e 23 de setembro.Curso de Primeiros Auxilios o 17 e o 24 de setembro.

Obradoiro artístico na clausura de Vedra, horta e xardín de Vedra.

Bodegón de produtos de Vedra no Corte Inglés de Santiago.

Charla de Cándido Pazos.

VEDRA NO CENTRO COMERCIAL COMPOSTELA - EL CORTE INGLÉS

Durante o mes de setembro... “Vedra, horta e xar-dín de Compostela” estivo presente no Centro Comer-cial “El Corte Inglés” cunha programación variada na que o obxectivo foi sempre a promoción e proxección dos nosos productos...

Inauguración Vedra, horta e xardín de Compostela.

O Departamento de Cultura lanza o II Concurso de Tarxetas de Nadal co que pretende amosar a visión da nosa cativada desta época do ano.

Está destinado aos nenos e nenas dos 0 aos 12 anos e ten como principal obxectivo buscar unha maneira propia de felicitación oficial de Vedra no Nadal 2016.Para participar bótalle un ollo ás bases do concurso, colgadas na páxina web de Vedra e tamén a dispo-sición nos centros escolares e no departamento de cultura do Concello de Vedra.

O prazo de entrega dos traballos estará aberto ata o 6 de novembro.

TODA A INFORMACIÓN E BASES Á TÚA DISPOSICIÓN:No Departamento de Cultura do Concello de VedraTel: 981 814 691 • [email protected]

www.concellodevedra.com

DE IN

TERE

SE

De Interese

3Tarxeta gañadora na edición do ano pasado.Autora: Xiana De La Fuente Méndez (4 anos - CEIP Ortigueira)

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

Cultura

APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL Nº1 DE VEDRAREGULADORA DO IBI

O Pleno desta corporación, en sesión ordinaria, ce-lebrada o día 30 de maio do ano que andamos, apro-bou por unanimidade unha moción presentada polo PSdG-PSOE incluíndo a seguinte nova modificación:

“Artigo 14.º.–Bonificacións.14.7.–Gozarán dunha bonificación do 95 por cento da cota íntegra do imposto, aqueles inmobles rústicos nos que estean situadas unicamente construcións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ao sector primario, que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego, que xusti-fiquen tal declaración.

No suposto de que nun mesmo inmoble existan, ademais das construcións indicadas no parágrafo anterior, outras construcións destinadas a un uso distinto das activida-des agrarias, gandeiras ou forestais, aplicaráselle unha bonificación do 50 por cento da cota íntegra do imposto.

Corresponderalle ao Pleno da Corporación a declaración de especial interese ou de utilidade municipal, previa soli-

citude dos suxeitos pasivos, debendo contar co voto favo-rable da maioría simple dos seus membros.A bonificación terá carácter rogado, debendo ser presen-tada polo suxeito pasivo e terá efectos a partir da súa solicitude.

Para poder gozar desta bonificación, as persoas interesa-das deberán presentar a seguinte documentación:

• Certificado de Facenda no que conste a situación censual do titular da actividade, que pode coincidir ou non co suxeito pasivo.• Acreditación da titularidade catastral dos inmobles.• Certificado de que o suxeito pasivo non ten débedas coa Facenda estatal, autonómica e local nin coa Segu-ridade Social.• Xustificante do recoñecemento de explotación ou li-cenza da actividade correspondente. “

A mencionada bonificación é aplicable a partir do exercicio do ano 2017, aínda que aquelas persoas que entendan que se poidan ver beneficiadas pola mesma terán que solicitalas antes do 18 de novembro do ano 2016.

HABERÁ PREMIOS!!!

SERV

IZOS S

OCIA

IS

4

Servizos SociaisACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

Curso 2016-2017

Ximnasia de maiores*: os luns e mércores de 19:00 a 20:00 h.

Obradoiro de traballo cor-poral*: os martes de 19:30 a 20:30 h.

Obradoiro de memoria*: os xoves de 17:00 a 18:30 h.

Canto-Coral*: (búscanse no-vos compoñentes para a coral) os venres de 19:30 a 21:00 h.

*Os cursos terán un custe de matrícula de 15 € (de outubro a xuño) O que participe en 3 cursos terá o 4º gratuíto

Obradoiro de punto e ganchillo (Gratuíto): os martes, mércores e xoves de 18:00 a 20:00 h.

Obradoiro de pintura en roupa (Gratuíto): os sábados de 18:00 a 20:00 h.

Bailoterapia: os xoves de 19:00 a 20:00 h. durante os meses de outubro, novembro e decembro.Prezo: 15 € (o trimestre).

Comezo do programa de acti-vidades (de outubro a xuño).Inscrición na cafetería do Cen-tro Social. Ficha individual. Entre o 1 e 8 de outubro.

Outras actividades:

Excursión a Sobrado dos Monxes, Narla e á Casa do queixo.Venres 21 de outubro.Prezo: 25 € (Inclúe transporte, comida e visitas; prazas limita-das).Programa: visita ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes, Cas-telo de San Paio de Narla, Casa do Queixo....(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 8 de outu-bro no Centro Social. As prazas

e número de asento adxudica-ranse por orde de inscrición)

Baile do mes (música de disco). Domingo 23 de outubro ás 18:00 h.

Bingo. Xoves 27 de outubro ás 20:00 h.

Circuíto Termal no Balneario de Arnoia.Martes 8 de novembro.Prezo: 25 € (Inclúe transporte, comida e tratamento termal; prazas limitadas).Programa: pola mañá trata-mento termal, xantar e visita pola zona. (O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 29 de outubro no Centro Social. As prazas e número de asento adxudica-ranse por orde de inscrición)

LUDOTECA

Este mes dende o proxecto Conxuga queremos aproveitar para traballar a educación para a corres-ponsabilidade e a igualdade en todas as actividades.

Con esta intención, formulamos os seguintes obra-doiros e actividades:

• “Xogos reunidos”: xogos en grupo, cooperativos, de mesa, paracaídas...• “Poñemos luz ás sombras”, obradoiro de escenifi-cación mediante sombras chinesas.• Experimentos divertidos: “o profesor chifrado”.• Obradoiro emocional: “Descubrimos como so-mos, a que teño medo eu?”• Contos en valores.• Obradoiro de maquillaxe e caras terroríficas.• Concurso de sustos.• Obradoiro “SuperChef”, cociña terrorífica.• “Mr. Manitas”: O Samaín.• A casa dos horrores. Celebramos o “Samaín”.

SERV

IZOS S

OCIA

IS

5

Servizos Sociais

SENDEIRISMO22 DE OUTUBRO

O grupo de sendeirismo comeza nova tem-pada co Camiño Portugués pola costa, cunha primeira etapa o sábado 22 de outubro.

Percorrido: De Labruge a Pòvoa de Varzim (Portugal)Distancia: 17 km aprox.Inscricións ata o 20 de outubro no teléfono 981 814 691 (en horario de 10 a 14 h)

Puntos e horario de recollida autobús:• 1ª Parada: 7 h. Mosqueiro (San Mamede)• 2ª Parada: 7.10 h. Lestedo• 3ª Parada: 7.15 h. Breixo• 4ª Parada: 7.20 h. Hipercor• 5ª Parada: 7.30 h. Estación De Autobuses

Este proxecto vai dirixido a nais e pais con fillos me-nores de 3 anos do concello de Vedra.

Trátase de traballar coas familias na procura de:

• Promover o recoñecemento e o valor do rol de pais e nais no desenvolvemento integral dos me-nores de 3 anos.

• Fortalecer as capacidades como pais e nais para promover o desenvolvemento infantil dende as accións da vida cotiá, facendo uso dos recursos e espazos da contorna familiar como elementos edu-cativos.

• Fortalecer as redes de apoio na crianza e educa-ción dos menores.

O desenvolvemento do programa realizarase durante o curso 2016-2017 a través de actividades fundamen-talmente prácticas que se desenvolverán a través de distintos obradoiros.

As persoas interesadas contactar no teléfono 699 041 486 en horario de 9:00 h. a 14:00 h.ou a través do co-rreo electrónico [email protected].

VEDRA, EDUCA PUNTO DE INFORMACIÓN EASESORAMENTO EDUCATIVO MUNICIPAL

Lembramos que continuamos a prestar este ser-vizo coa intención de:

• Asesoramento ao alumnado e ás súas familias sobre as posibles alternativas educativas.

Como contactar?A través do teléfono 981 814 612 ou do correo elec-trónico [email protected]

Seguimos traballando para tratar temas do voso interese. Fai as túas achegas e suxestións dos temas que consideras de interese para ser tratados, no departamento de educación do con-cello ou a través do teléfono 699 041 486 en hora-rio de 9:00 h. a 14:00 h. ou no correo electrónico [email protected]

ESCOLA DE FAMILIAS

Turismo

Neste mes despedimos este programa de sendeirismo e fa-cémolo con cinco rutas máis:

PADRON: SEGREDOS DO ULLA - SAR.O sábado 1 de outubro. Información e inscricións no 981 811 329TOURO: ENCONTRO DO LAÑAS CO ULLA E VARIANTE CIRCULAR P.R.G. 93.O domingo 2 de outubro. Información e inscricións no 981 504 029SANTISO: ROTEIRO DE VISANTOÑA.O sábado 8 de outubro. Información e inscricións no 981 504 029DODRO: ROTEIRO CIRCULAR AS BRAÑAS DO LAÍÑO.O sábado 15 de outubro. Información e inscricións no 981 802 532SILLEDA- VILA DE CRUCES: ROTEIRO CIRA-GRES.O domingo 23 de outubro. Información e inscricións no 654 397 120 / 626 945 500

GOZA DO ULLA NO MES DE OUTUBRO

TURI

SMO

6

TurismoVEDRA DE TAPAS

O Concello de Ve-dra en colaboración cos establecementos de hostalería asocia-dos á marca “Taber-nas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas” co obxectivo de promover a restauración local.

Datas: 7, 8, 9, 11, 12, 14, 15 e 16 de outubro de 2016.

Horarios:Venres 7: de 20:00 a 23:00 h.Sábado 8: de 13:00 a 15:00 h. e de 20:00 a 23:00 h.Domingo 9: de 13:00 a 15:00 h.Martes 11: de 20:00 a 23:00 h.Mércores 12: de 13:00 a 15:00 h. e de 20:00 a 23:00 h.Venres 14: de 20:00 a 23:00 h.Sábado 15: de 13:00 a 15:00 h. e de 20:00 a 23:00 h.Domingo 16: de 13:00 a 15:00 h.

Cada tapa terá un prezo de venda ao público de 1,50 €.Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00 €.

Establecementos participantes:

Concurso: Cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá se-larlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu establecemento.

Os clientes poden votar todas as tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).

Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos.

Sorteos e agasallos:Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:

Ter os datos cubertos e lexibles na cartilla de vota-ción e depositala en calquera das urnas nos estable-cementos hostaleiros participantes ou na casa do concello de Vedra.

As papeletas terán que estar depositadas o domin-go 16 de outubro de 2016 ás 23:00h. como data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

Os agasallos a sortear entre os clientes participan-tes no concurso son:

As cartillas con selos de como mínimo 5 establece-mentos participarán nos sorteos de:

• Unha cea para dúas persoas nun dos restauran-tes do concello.• Un lote de produtos locais.• 1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nal-gún dos establecementos do concello.

As cartillas con selos de como mínimo 8 establece-mentos participarán nos sorteos de:

• Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuíto termal …• 100 €

As cartillas con selos dos 11 establecementos parti-cipantes entrarán no sorteo de 200 €

Este ano como novidade contamos cunha aplicación móbil: Quedamos de tapas! na que tamén podere-mos votar a tapa que máis nos guste, a “Tapa amiga”.

O CHURRASCO DE JUANITO

Churrasco de Juanito

“Postre” de Julia

O CRUCEIRO

Albóndegas con piñóns e bo

queixo

Carrilleiras borrachas

MESON RIO ULLA

Callos do Ulla

Costela á “barbacoa”

BAR QUENLLAS

“Tutiplé”

Larpeirada

TABERNA MOSQUEIRO

Fabada da avoa

Costela ao forno

A TABERNA DO FERRADOR

“Pulpo” con cachelos

Raxo guisado

CAFÉ BAR A DORNA

A nosa empanada (polbo e

mexillóns)

Lazo mariñeiro de carne ao punto

O FOGAR DO AVÓ

Pinchiños “3D”

Pastel de carne do avó

BAR BARREIRO

HamburVedra

Papas de arroz

A VOSA CASA

Fabas negras con touciño

entrefebrado (Feijoada)

Strogonoff con champiñóns

CAFE BAR VICKI “O TERRÓN”

Mexillóns en salsa acompañados

de pulga

Bocadiños variados en pan

artesanal

ASOC

IACI

ÓNS

7

Iniciativas das Asociacións

II XORNADAS MICOLÓXICAS COA ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTA AMABUL

PROGRAMA:

• Venres 30 de setembro:Andaravía Teatro con “Sacho’s Show” ás 21:15 h.

• Venres 7 de outubro:Chumpá Teatro con “A nosa vila” ás 21:15 h.

• Venres 14 de outubro:Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla con “13 rosas” ás 21:15 h.

• Venres 21 de outubro:Trécola Teatro con “Cling!” ás 19:00 h.

O lugar de celebración do circuíto será o Centro So-cial de Vedra.

• Entrada: 2 €

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR 2016ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL PAPAVENTOS.

Iniciativas das Asociacións

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA:Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] co asunto: NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES.

PROGRAMACIÓN CULTURAL ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO

ParabénsA NORDESÍA...

...que vén de acadar dúas medallas de ouro no “Concours Mondial de Bruxelles” cos seus vermús branco e tinto.

CURSO DE MAQUILLAXEDA ASOC. XUVENIL ACUXUVE