preguntas · supón un mal uso das tarxetas de crédito. o alumno tamén debe asimilar a...

13
5 PREGUNTAS e respostas clave sobre o Programa de Educación Financeira plan de educación financiera

Upload: others

Post on 24-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

5 PREGUN

TAS

e respostas clave sobre o

Programa deEducación Financeira

plan de educaciónfinanciera

Page 2: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

plan de educaciónfinanciera

Page 3: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

1

Por que impartir educación financeira nas escolas?

“A educación financeira fai referencia á ensinanza de coñecementos, habilidades, comportamentos, valores e aptitudes que lles permitan aos estudantes tomar decisións financeiras informadas e sensatas na súa vida diaria, que os prepare para afrontar nunha mellor posición os retos básicos de índole financeira cos que se van atopar ao

longo do seu ciclo vital.”

"A educación financeira debe comezar o antes posible e impartirse nas escolas”.

Para poder independizarse e participar na Sociedade, os nosos mozos e as nosas mozas terán que tomar decisións financeiras acotío.

Necesitan saber xestionar os seus cartos, seguir un orzamento, comparar ofertas de bens e servizos, evitar un exceso de endebedamento, aforrar para urxencias e para a súa vellez, minimizar a súa exposición ao risco e elixir os produtos financeiros máis axeitados. Estes produtos e servizos financeiros son cada vez máis complexos, mentres a presión social e mediática para gastar é cada vez maior.

Os hábitos e comportamentos financeiros non só teñen consecuencias para a súa conta corrente; condicionaran as súas oportunidades de futuro, a súa saúde física e mental, e afectarán a súa autoestima e as súas relacións persoais. As malas decisións financeiras poden ter un impacto negativo nas súas vidas durante moitos anos.

Existe un convencemento cada vez maior sobre a necesidade de incorporar a educación financeira nas escolas. Tanto a Comisión Europea coma a OCDE fixeron repetidas recomendacións aos Estados membros para que a educación financeira pase a formar parte do currículo escolar, e son cada vez máis os países europeos e do resto do mundo que o fixeron. En España, de acordo cos Reais Decretos 126/2014 e 1105/2014, a educación financeira queda incorporada ao currículo escolar en educación primaria e secundaria.

En 2012 PISA realizou unha avaliación para medir as competencias financeiras dos estudantes de 15 anos. Os resultados puxeron de manifesto a necesidade de que os rapaces continúen mellorando as súas competencias financeiras. Ademais, esta avaliación, que se repetiu en 2015 e que se repetirá en 2018, serve de incentivo para impulsar a impartición de contidos sobre finanzas persoais entre a xente nova.

Financial

Education

in Schools1

Page 4: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

2

Os centros e docentes que participan no Programa contarán cos seguintes recursos:

Contidos e manual didáctico

Para o alumno: Resumo dos contidos teóricos que se van impartir e follas de actividades e exercicios.

Para o docente: Manual con suxestións e ideas creativas para desenvolver os contidos na aula.

Os contidos teóricos e manual didáctico están dispoñibles nos idiomas cooficiais e en inglés.

Os contidos que se imparten no programa axústanse ao marco de aprendizaxe que establece PISA en competencia financeira.

Divídense en 10 temas e traballan as áreas temáticas que establece PISA: diñeiro e transaccións, planificación e xestión das finanzas persoais, o risco e o beneficio, o panorama financeiro. Ver o anexo Contidos do Programa de Educación Financeira.

En que consiste o Programa de Educación Financeira?

O Programa de Educación Financeira é unha iniciativa enmarcada dentro do Plan de Educación Financeira, proxecto lanzado pola CNMV e o Banco de España, coa colaboración da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións e a Secretaría Xeral do Tesouro, e que ten como obxectivo xeral contribuír á mellora da cultura financeira de toda a cidadanía.

O Programa de Educación Financeira pretende incorporar temas de finanzas persoais nas aulas. Trata de potenciar os coñecementos, destrezas e habilidades básicas que lle permitan ao alumnado comprender conceptos clave como

o aforro, os ingresos, o orzamento persoal, o custo das cousas, a calidade de vida ou o consumo responsable. A finalidade que se persegue é que os mozos sexan capaces de extrapolar estes coñecementos e habilidades á súa vida cotiá, persoal e familiar.

A nosa intención é promover a súa extensión paulatina ao maior numero posible de centros de ensino.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte avala esta iniciativa no marco do convenio de colaboración subscrito en 2009 co Banco de España e a CNMV.

2

Page 5: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

3

www.gepeese.es

Aberto a todo o público, este portal é un repositorio de recursos didácticos, utilidades, ferramentas multimedia, xogos e obradoiros de actividades. Serve de apoio complementario aos contidos e manual didáctico.

Zona reservada para profesores

Un espazo do portal www.gepeese.es accesible unicamente para os docentes participantes no Programa. Aquí encóntranse todos os recursos formativos para os docentes, así como as noticias e os comunicados sobre o Programa e sobre a educación financeira.

Cursos online

En colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado creáronse unha serie de NOOCs (Nano Experiencia de Aprendizaxe Aberta en Colaboración) dirixidos tanto a docentes que queiran capacitarse para impartir temas de educación financeira (sexa cal sexa a súa formación previa), así como a outras persoas que queiran mellorar a súa propia competencia financeira.

Portal www.finanzasparatodos.es

Recoméndase aos docentes utilizar e consultar o portal do Plan de Educación Financeira, para afondar nos contidos e ampliar a información no caso de que se necesite.

Recomendacións mensuals

Os participantes do Programa recibirán cada mes un acceso a unha serie de recursos didácticos de interese, especialmente seleccionados para traballar a competencia financeira nas súas aulas e facilitar o seu labor docente.

2 (Continuación)

Page 6: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

4

Como encaixan mellor os contidos no currículo?

O Programa de Educación Financeira é flexible. Cada centro pode impartir os contidos da forma que mellor se axuste á súa programación. Non obstante,

recoméndase que os contidos se traten de maneira transversal, integrados noutras áreas de coñecemento como as Matemáticas, Ciencias Sociais, etc. Tamén encaixan en ciclos de formación profesional (medio ou superior) ou en materias de fomento do emprendemento, resultan moi útiles entendidas como base deste. E dado que os materiais están dispoñibles en inglés, permiten traballar a competencia financeira dentro de programas de educación bilingüe.

O Programa de Educación Financeira é adaptable á programación de cada centro.

O programa poderá ser impartido polos profesores das materias mencionadas na resposta anterior, ou por outros de diferentes especialidades.

Os centros e os profesores participantes recibirán un diploma acreditativo* polo Plan de Educación Financeira (Banco de España e CNMV), que avalará que o centro participou no programa e que impartiu educación financeira nas súas aulas.

*O Plan de Educación Financeira non outorga certificados de formación específica para os docentes.

Que profesores deben impartir os contidos do programa?

Como podo inscribir o meu centro?

O desenvolvemento da competencia financeira complementa directamente o desenvolvemento das competencias clave establecidas no currículo español.

(Ver o cadro de competencias no anexo)

Se en calquera momento lle xorde algunha dúbida relacionada co Programa de Educación Financeira ou cos contidos propostos nel, pode remitir a súa consulta ao seguinte enderezo de correo electrónico:

[email protected]

Pode inscribirse a través desteformulario online

http://www.gepeese.es/Inscripcion_Centros/Formulario-Cursos.aspx

Available in English!

3

4

5

Page 7: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

5

e ademais…Os Premios Programa de Educación Financeira!

Ao estar inscritos no Programa, os centros e os profesores poderán participar nos Premios do Programa de Educación Financeira, cuxas bases e contindo poden consultarse aquí.

Imaxes da V edición dos Premios. Os centros ganadores recibiron o seu premio en Madrid o Dia da Educación Financeira (2 de outubro de 2017).

Page 8: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

%

Page 9: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

ANEXOContenidos

del Programa deEducación Financiera

plan de educaciónfinanciera

%

Contidos do Programa deEducación Financeira

Page 10: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

i

Módulo TíTulo descrición

1 Os meus cartos, a miña vida, o meu futuro

Este primeiro módulo debe servir para motivar o alumnado a querer aprender máis sobre a xestión das súas finanzas. Para iso, cómpre que faga a conexión entre bos hábitos financeiros e o logro dun estilo de vida desexado. Defínense conceptos como benestar financeiro, seguridade financeira e riqueza, facendo ver que non dependen só do nivel de ingresos, e que están ao alcance de todos.

2 Aforro: porque eu merézoo

O obxectivo deste módulo é un dos mas importantes de cal-quera programa de educación financeira: fomentar bos hábitos de aforro ao longo da vida do alumnado. Vemos a importancia de sacrificar a gratificación inmediata de consumir agora para poder lograr un obxectivo futuro, o significado de "paga pri-meiro" a diferenza entre aforro e investimento e o impacto que teñen factores como o tempo e o xuro composto sobre a nosa capacidade de acumular riqueza.

*Nota: En función do tempo dispoñible, pódese combinar este módulo co módulo 9.

3 Controla a túa vida! Controla os teus cartos!

Neste módulo o alumno aprende como pode tirar máis rende-mento dos seus cartos elaborando un orzamento persoal, ou plan de gastos. Distinguirá distintos tipos de ingresos, como clasificar e priorizar os gastos e como axustar un orzamento para asegurar que os gastos sexan inferiores aos ingresos. Insístese na importancia de "paga primeiro" incluíndo do aforro como gasto obrigatorio dentro do orzamento.

4 Crédito: usar sen abusar

Neste módulo vemos o significado e as consecuencias do desaforro, ou endebedamento. Os alumnos distinguirán entre débeda boa e débeda mala e coñecerán distintas opcións e cus-tos de utilizar diñeiro prestado, incluíndo os principais produtos bancarios de financiamento (préstamos persoais e préstamos hipotecarios). Entenderán o impacto que ten no seu orzamento ter que reembolsar unha débeda. Faise énfase sobre o perigo dun exceso de endebedamento.

5 Es consumidor intelixente?

O obxectivo deste módulo é desenvolver a capacidade de análise crítica do alumnado nas súas decisións de compra. Exa-mínanse os factores que influencian estas decisións, incluíndo a presión entre pares e as mensaxes publicitarias. Os alumnos adestran na comparación de prezos e na procura de informa-ción para tomar decisións informadas. Deben distinguir entre consumo e consumismo, e comprenderán que forman parte do consumo intelixente a solidariedade e o coidado do medio natural.

Page 11: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

ii

Módulo TíTulo descrición

6 O meu banco e mais eu

Neste módulo explícase o papel dos bancos dentro da activi-dade económica e os beneficios e custos de utilizar os seus ser-vizos. Os alumnos comprenderán o funcionamento das contas á vista, os servizos básicos de caixa asociadas a elas e a banca online, así como os dereitos e as obrigas do cliente bancario. Recálcase a importancia de traballar unicamente con entidades rexistradas e de protexer certos datos persoais.

7 Como o vas aboar?

Este módulo está dedicado ás características, vantaxes e incon-venientes dos medios de pago distintos das tarxetas: diñeiro en efectivo, medios de pago electrónicos como transferencias e cargos directos e novas tecnoloxías como pagamento con mó-biles. O alumno aprenderá a detectar un billete en euros falso e adestrará no cálculo do cambio de moeda estranxeira.

8 As tarxetas: amigos ou inimigos?

Este módulo está dedicado ao uso responsable das tarxetas de débito e crédito. O alumnado poderá apreciar as vantaxes e os inconvenientes de distintos tipos de tarxetas e modalidades de pagamento. Faise fincapé no perigo de endebedamento que supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a distancia.

9 Fai que medren os teus cartos!

Neste módulo, que se pode facer total ou en parte combinado co módulo 2 sobre aforro, estúdanse os principais produtos de aforro e investimento: contas remuneradas, depósitos a prazo, renda fixa, renda variable, fondos de investimento e os plans de xubilación (como produto de aforro previsión), incluíndo os riscos inherentes en cada un. O alumno analiza a conveniencia dun produto ou doutro, tendo en conta factores como rendi-bilidade, liquidez e risco, e como encaixan nos seus propios obxectivos financeiros a curto, medio e longo prazo.

10 Protexe os teus cartos!

Neste módulo o alumno aprende como se pode xestionar, cu-brir e compensar distintos riscos financeiros. Coñecerá opcións para protexerse contra perdas financeiras, en especial o fondo de emerxencia (repetición) e os produtos de seguros. Insístese na importancia da diversificación do aforro e investimento para xestionar o risco, o efecto negativo da inflación sobre os aforros, o perigo dos “chiringuitos” e outras fraudes financeiras, e a importancia da planificación financeira a longo prazo para asegurar o futuro.

Page 12: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

iii

Competencia clave Competencia financeira

MaTeMáTica

Require aplicar razoamentos matemáticos para interpretar e resolver problemas provenientes de situacións cotiás no uso dos cartos. Tamén pola adquisición dunha disposición favorable e de progresiva seguridade e confianza cara á información e ás situacións (problemas, incógnitas, etc.) que conteñen elementos ou soportes matemáticos e nas que deben utilizar razoamentos para tomar de decisións e interpretar a información.

exemplos

• Cálculo de prezo unitario • Descontos• Comparación de prezos • A proporcionalidade • As porcentaxes • A regra de tres• O tipo de xuro simple e composto• O cálculo mental• Os cambios de divisas• Comparación de custos de distintas modalidades de

pagamento

social e cívica

Permite desenvolver habilidades para a toma de decisións que afecten tanto ao propio individuo coma á sociedade en xeral.

exemplos

• Analizar as posibles vantaxes e desvantaxes das decisións económicas

• Responsabilizarse do efecto colectivo e/o consecuencias sociais derivadas das decisións financeiras tomadas

• Utilizar o xuízo moral• Asumir un consumo racional, solidario, saudable• Entender que non toda decisión económica é ética (consumo

responsable)• Reflexionar sobre os conceptos de sustentabilidade, soli-

dariedade, corresponsabilidade e cidadanía na dimensión económica

• Analizar problemas e situacións da sociedade actual (a crise, noticias financeiras)

• Comprender a interdependencia económica social, a desigual-dade, o o conflito

• Buscar solucións colectivas• Solidariedade económica e empatía

senTido da la iniciaTiva

e espíriTu eMprendedor

Contribúe a reforzar a autonomía, a autoestima e a identidade persoal no desenvolvemento das habilidades financeiras individuais.

exemplos

• Tomar decisións financeiras con criterio propio • Imaxinar proxectos • Emprender accións para levar a cabo plans persoais (obxecti-

vos financeiros)• Coñecer as fases de desenvolvemento dun proxecto (planifica-

ción financeira)• Avaliar alternativas e avaliarse a si mesmo (coñecer o seu perfil

de risco - asumir riscos)• Fomentar a motivación e a creatividade• Distinguir entre desexos e necesidades• Desenvolver valores e actitudes persoais como a perseveranza,

a capacidade de demorar a gratificación inmediata• (Aforro para un obxectivo)• Capacidade para afrontar problemas • Dialogar e negociar (relacións bancarias)• Tomar conciencia da importancia da asertividade para comuni-

car disconformidade (relacións bancarias)

lingüísTica

Comprender o vocabulario económico e financeiro. Os contidos e guías para o docente están dispoñibles en todos os idiomas cooficiais e en inglés.

exemplos

• Entender o significado das siglas financeiras máis utilizadas (PIB,

• IPC, TAE, IBAN, PIN...)• Distinguir conceptos como tarxeta de crédito e débito • Comprender os elementos dunha nómina• Saber ler a prensa • Redactar documentos con contido financeiro

dixiTal

Permite o adestramento no uso de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), na procura de información, na análise e selección.

exemplos

• O uso e adopción de medidas de seguridade en Internet • Saber acceder aos servizos de administración e comercio

electrónico Utilizar ferramentas e aplicacións como follas de cálculo (elaborar un orzamento persoal)

• Analizar as ofertas e os prezos, realizar comparativas• Utilizar caixeiros, realizar transferencias e outras operacións

aprender a aprender

Programar, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades son accións que complemen-tan o desenvolvemento desta competencia en tanto que supoñen unha aprendizaxe continua.

exemplos • A evolución do medio financeiro require dunha aprendizaxe constante en todos os sentidos.

Competencia financeira

= Competencia

transversal

Page 13: PREGUNTAS · supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguri-dade ao operar con tarxetas, en persoa ou a

plan de educaciónfinanciera