biblioxornal 28

4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A Verán 2012 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 28 Vacacións de libro e de cine Remata o curso escolar, chega o merecido descanso do verán, un tempo para deixar atrás as lecturas obrigadas e poder ler aquilo que temos en lista de espera, que nos agrada. E porque a lectura podemos facela en múltiples soportes e rexistros, este ano, amais das tradicionais propostas bibliográficas, ofertamos tamén algunhas suxestións fílmicas. Con unhas e outras ou sen elas a bibloteca deséxavos unhas inesquecibles vacacións, un verán de cine e de libro. CIENCIA.- BOSCH, Gerald, Expedición Microscopio. Tras la pista de las cosas diminutas, Siruela, Madrid, 2008, 180 pp. O autor deste libro invítanos a viaxar polo microcosmos que nos rodea, e para iso vainos explicando como funciona un microscopio, como observar ás plantas e aos animais para sacar á luz os seus segredos mellor gardados, ou como clasifica a ciencia os achados que vai descubrindo. CLOSA I AUTET, Daniel, 100 mitos de la ciencia, Editorial Lectio, Valls(Tarragona), 2012, 230 pp. Moitas veces damos por verdadeiros ditos, frases ou pensamentos que en realidade son crenzas falsas. A gravidade do espazo, os cornos nos cascos dos viquingos ou que os gatos caen sempre de pé son algúns deles. Esta obra, dividida en dez apartados temáticos, aínda que de carácter científico, está escrita cunha linguaxe próxima ao lector non especialista e presenta moitas curiosidades que facilitan a súa lectura. CIENCIA-FICCIÓN.- SANTIAGO, Eduardo, 2044, Galaxia, Vigo, 2011, 308 pp. Unha historia de ciencia-ficción. Unha intrigante narración que nos introduce nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonistas van ter que descifrar o estraño significado dunhas pistas e enigmas baseados en números enigmáticos. Os protagonistas non saben onde remata a realidade e comeza o universo virtual… E ti? CINE.- NAVAZA, Xavier, El último amante de Marilyn, Alvarellos, Lugo, 2012, 264 pp. Mestura de crónica xornalística e novela que conta os últimos meses de vida da actriz Marilyn Monroe e a súa relación co produtor de cine de orixe galega, José Bolaños. Unha trama de historias entrelazadas na que aparecen Luis Buñuel, Richard Nixon, Al Capone, Jean Leon, o Che Guevara, Fidel Castro... e tamén anónimos emigrantes e exiliados galegos e españois. DEPORTE.- EIRÉ, Afonso, O penalti de Fuco, Baía Edicións, A Coruña, 2012, 192 pp. Novela e ensaio sobre o mundo do fútbol, un fenómeno que traspasa a barreira do deporte para constituírse nunha manifestación cultural que abarca os campos da literatura, da filosofía, das artes plásticas etc. Un traballo de investigación xornalística, no que se incide na transformación dun deporte nunha mercadotecnia posta ao servizo de intereses económicos.

Upload: jose-maria-lores-perez

Post on 11-Feb-2016

233 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

boletín con recomendacións lectoras e fílmicas para o verán

TRANSCRIPT

Page 1: Biblioxornal 28

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

Verán 2012 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 28

Vacacións de libro e de cine Remata o curso escolar, chega o merecido descanso do verán, un tempo para deixar atrás as lecturas obrigadas e poder ler aquilo que temos en lista de espera, que nos agrada. E porque a lectura podemos facela en múltiples soportes e rexistros, este ano, amais das tradicionais propostas bibliográficas, ofertamos tamén algunhas suxestións fílmicas. Con unhas e outras ou sen elas a bibloteca deséxavos unhas inesquecibles vacacións, un verán de cine e de libro.

CIENCIA.- BOSCH, Gerald, Expedición Microscopio. Tras la pista de las cosas diminutas, Siruela, Madrid, 2008, 180 pp. O autor deste libro invítanos a viaxar polo microcosmos que nos rodea, e para iso vainos explicando como funciona un microscopio, como observar ás plantas e aos animais para sacar á luz os seus segredos mellor gardados, ou como clasifica a ciencia os achados que vai descubrindo.

CLOSA I AUTET, Daniel, 100 mitos de la ciencia, Editorial Lectio, Valls(Tarragona), 2012, 230 pp. Moitas veces damos por verdadeiros ditos, frases ou pensamentos que en realidade son crenzas falsas. A gravidade do espazo, os cornos nos cascos dos viquingos ou que os gatos caen sempre de pé son algúns deles. Esta obra, dividida en dez apartados temáticos, aínda que de carácter científico, está escrita cunha linguaxe próxima ao lector non especialista e presenta moitas curiosidades que facilitan a súa lectura.

CIENCIA-FICCIÓN.- SANTIAGO, Eduardo, 2044, Galaxia, Vigo, 2011, 308 pp. Unha historia de ciencia-ficción. Unha intrigante narración que nos introduce nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonistas van ter que descifrar o estraño significado dunhas pistas e enigmas baseados en números enigmáticos. Os protagonistas non saben onde remata a realidade e comeza o universo virtual… E ti?

CINE.- NAVAZA, Xavier, El último amante de Marilyn, Alvarellos, Lugo, 2012, 264 pp. Mestura de crónica xornalística e novela que conta os últimos meses de vida da actriz Marilyn Monroe e a súa relación co produtor de cine de orixe galega, José Bolaños. Unha trama de historias entrelazadas na que aparecen Luis Buñuel, Richard Nixon, Al Capone, Jean Leon, o Che Guevara, Fidel Castro... e tamén anónimos emigrantes e exiliados galegos e españois.

DEPORTE.- EIRÉ, Afonso, O penalti de Fuco, Baía Edicións, A Coruña, 2012, 192 pp. Novela e ensaio sobre o mundo do fútbol, un fenómeno que traspasa a barreira do deporte para constituírse nunha manifestación cultural que abarca os campos da literatura, da filosofía, das artes plásticas etc. Un traballo de investigación xornalística, no que se incide na transformación dun deporte nunha mercadotecnia posta ao servizo de intereses económicos.

Page 2: Biblioxornal 28

PINTO & CHINTO, Os xogos olímpicos de Ningures, Galaxia, Vigo, 2012, 80 pp. Divírtete cos máis estrambóticos e divertidos xogos olímpicos. Como país organizador, Ningures puido presentar os seus atletas, que ata entón nunca participaran nunhas Olimpíadas. Un equipo formdo por un estrafalario grupo de deportistas, protagonistas de curiosas anécdotas.

ECONOMÍA.- JORGE JUAN, Nada es gratis. Cómo evitar la década perdida tras la década prodigiosa, Destino, Barna, 2011, 250 pp. O colapso do sector inmobiliario arrastrou a España a unha complicada situación económica. Este libro pretende resumir de xeito completo e comprensible para o público non especializado as propostas de reforma que aos seus autores (Samuel Bentolila, Antonio Cabrales, Jesús Fernández-Villaverde, Luis Garicano, Tano Santos e Juan Rubio-Ramírez, profesores universitarios de economía) lles parecen necesarias para recuperar o crecemento.

NAPOLEONI, Loretta, La Mordaza. Las verdaderas razones de la crisis económica, Paidos Ibérica, Barna, 2010, 192 pp. Unha orixinal explicación da recesión mundial. Napoleoni estuda os vínculos que existen entre o financiamento da política do medo e a crise económica mundial. Co impulso de guerras militares e propagandísticas en Oriente Medio, EE.UU estimulou a economía de mercado negro e a política do medo propiciou o aumento do prezo do petróleo que, á súa vez, causou o aumento dos prezos dos alimentos... Consumidores e contribuíntes caeron sen remedio nunha inmensa débeda global…

FANTASÍA.- CALVEIRO, Marcos S., Centauros do norte, Rodeira, A Coruña, 2011, 136 pp. Aos seus dezaseis anos, Rafael é un músico, non un revolucionario. Mais o asasinato do seu pai e o seu desexo de vinganza levarano a relacionarse co xeneral Pancho Villa, o vello filósofo Longinos, e a moza india, Reina Huarte. Con eles e coa súa trompeta, percorrerá o estado de Chihuahua nunha aventura que o marcará para sempre e da que coñeceremos o seu final moito anos despois nun estudio de cine de Hollywood. CAROU, Natalia, O alento nas costas, Baía Edicións, A Coruña, 2012, 334 pp.

A xornalista dunha revista esotérica ten un estraño soño. O soño transcorre nunha aldea na época medieval. Mireia, a xornalista, ten a sensación de que o personaxe dos seus soños lle quere comunicar algo. Decide retornar á súa aldea para facer unha reportaxe. Nas ruínas da aldea aparéceselle Xoel, o espírito do protagonista dos seus soños. A partir deste momento, relátanse paralelamente a historia de Xoel e as vivencias da xornalista na aldea; os dous mundos quedan conectados a través dos soños e os misteriosos encontros entre Mireia e Xoel.

DOCAMPO, Xavier P., O país adormentado, Xerais, Vigo, 2012, 144 pp. Os habitantes de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, dormen deseguido. Son inmortais mentres dormen, por iso teñen medo a estar espertos e dormen cada vez máis tempo para ser eternos. Aurora baixará até o fondo da Fraga Mesta e con Val e as súas xentes tentan liberar o país daquela pasividade que fixo do non morrer un non vivir. Trátase da recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo. MALLORQUÍ, César, A fraternidade de Eihwaz, Rodeira, A Coruña, 2012, 320 pp.

Orballo de San Boaventura, unha tranquila vila da costa galega, é o berce da familia de Óscar. Alí sitúanse personaxes actuais e do pasado para vivir unha trama onde non faltan intrigas, terror, misterio, sedución e aventuras diversas.

P á x i n a 2 N ú m e r o 2 8 – V E R Á N 2 0 1 2

Page 3: Biblioxornal 28

P á x i n a 3 N ú m e r o 2 8 – V E R Á N 2 0 1 2

FOTOGRAFÍA.- MURAS, Xan G., Xunguidos á terra, Tribaldes, A Coruña, 2011, 75 pp. As musas da literatura e da fotografía fúndense nesta obra. Poesía unida á fotografía do medio natural de Galiza. As sazóns que marcan "os cuartos" do noso reloxo anual. A luz que dimensiona as formas e vivifica as cores.

HISTORIA.- GÁNDARA, Lola, A escura luz do Tíber, Rodeira, A Coruña, 2000, 208 pp. Marcia recolle as súas vivencias en tres diarios. Traizón, odios, amizade, xenerosidade, o amor da súa vida... en resumo: alegría, inocencia e dor na época do emperador Nerón. RIPALDA, Xosé Lois, As tortillas do xeneral, Ir Indo, Vigo, 2011, 188 pp.

Unha narración desde finais do século XIX ata 1939. Adrián, un dos protagonistas, vive e sofre os grandes acontecementos da España do momento: perda das colonias de ultramar, distintas formas de goberno, cambios na sociedade...

INFORMÁTICA.- CARREIRO, Abraham e SEGURA, Maties, Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, Sotelo Blanco, Santiago, 2011, 120 pp. Xoeliki, un rapazolo de once anos, orfo de pai, introvertido e tímido, está enganchado aos videoxogos on-line e bota horas chateando. Un paquete sorpresa cambiaralle a vida e faralle descubrir situacións e persoas inimaxinables para el: novas aventuras, amigos como Ari, o sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, o profesor de Programación e Desenvolvemento Centulo... a sociedade secreta a Resistencia Pirata encargada de librar ao mundo dun ataque aniquilador da Rede por parte de Mr. Virus.

INMIGRACIÓN, INTOLERANCIA.- NOZIÈRE, Jean-Paul, Cabeza de pelouro, Galaxia, Vigo, 2011, 146 pp. Un libro que trata sobre a intolerancia. Aïcha é unha rapaza alxeriana que, para saír adiante, prepara os exames de bacharelato pola súa conta nunha pequena vila francesa, á vez que se ocupa do seu irmán maior, Mouloud, cheo de obsesións e a piques de tolear. Descobre o difícil pasado da súa nai en Alxeria e o preocupante presente e incerto futuro nunha sociedade marcada polo racismo.

FILMES O artista (The Artist, 2011). Director: Michel Hazanavicius. George Valentin é unha gran estrela do cine mudo mais, coa chegada do cine sonoro, a súa carreira corre perigo de quedar sepultada no esquecemento. Pola súa banda, a nova actriz Peppy Miller, que empezou como extra á beira de Valentin, convértese nunha estrela do cine sonoro. "Aínda que podería dicirse que é un pouco amanerada, [The Artist] ten algo que o público anhela tanto nos festivais como nos multicines: unha historia realmente boa" (Peter Bradshaw: The Guardian).

Criadas e Señoras (The Help, 2011). Director: Tate Taylor. Mississippi, anos 60. Skeeter (Emma Stone) é unha moza sureña que regresa da universidade decidida a converterse en escritora. A súa chegada altera a vida da cidade e ata a dos seus amigos porque se propuxo entrevistar ás mulleres negras que se pasaron a vida ao servizo das grandes familias sufrindo todas as formas de

discriminación racial. Os descendentes (The Descendants, 2011). Director: Alexander Payne. Matt King casado e pai de dúas nenas, vese obrigado a reformularse a vida cando a súa muller sofre un terrible accidente que a deixa en coma. Intenta torpemente refacer a relación coas súas problemáticas fillas -a precoz Scottie, de 10 anos e a rebelde Alexandra, de 17 á vez que se enfronta á difícil decisión de vender as propiedades da familia. Herdeiros da realeza hawaiana e dos misioneiros, os King posúen en Hawai terras virxes dun valor incalculable.

Page 4: Biblioxornal 28

P á x i n a 4 N ú m e r o 2 8 – V E R Á N 2 0 1 2

Drive (2011). Director: Nicolas Winding Refn. Durante o día, Driver traballa nun taller e é condutor especialista de cine, pero, algunhas noites, traballa como chofer para delincuentes. Shannon, o seu xefe, búscalle directores de cine e televisión ou criminais que necesiten ao mellor condutor para as súas fugas, levándose a correspondente comisión. Pero o mundo de Driver cambia o día en que coñece a Irene, unha guapa veciña que ten un fillo pequeno e ao seu marido no cárcere. Enrugas (Arrugas, 2011). Director: Ignacio Ferreras. Emilio e Miguel, dous

anciáns recluídos nun xeriátrico fanse amigos. Emilio, que padece un principio de Alzheimer, coa axuda de Miguel e outros compañeiros para evitar que vaia parar á planta dos desafiuzados. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o aburrido día a día

da residencia, pois para eles acaba de empezar unha nova vida. Longametraxe de animación 2D para adultos, baseado no cómic homónimo de Paco Roca.

Tan forte, tan preto (Extremely Loud and Incredibly Close, 2011). Director: Stephen Daldry. Oskar Schell, un neno precoz de once anos, é inventor, deseñador de xoias, astrofísico e pacifista. Tras a morte do seu pai nos atentados do 11 de setembro, Oskar atopa un misterioso sobre cunha chave e lánzase á procura da fechadura que esa chave pode abrir.

Intocable (Intouchables, 2011). Director: Olivier Nakache, Eric Toledano. Philippe, un aristócrata que quedou tetrapléxico por mor dun accidente de parapente, contrata como coidador a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal recentemente saído do cárcere. Os dous acaban logrando que convivan Vivaldi e Earth Wind and Fire, a elocuencia e a hilaridade, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrontados que, aos poucos, conxenian ata forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada, unha relación única na súa especie.

Larry Crowne, nunca é tarde (Larry Crowne, 2011). Director: Tom Hanks. Larry Crowne é un home de mediana idade que, tras ser despedido do seu traballo, quere dar un novo rumbo á súa vida. A pesar de ter graves débedas, decide volver estudar e matricúlase na Universidade. Alí coñece a Mercés Tainot, unha atractiva profesora, da que aprenderá algo máis que retórica e a unha estudante Talía que cambiará a súa forma de ver a vida.

Midnight in Paris (2011). Director: Woody Allen. Un escritor norteamericano algo bohemio chega coa súa prometida Inez e os pais desta a París. Mentres vaga polas rúas soñando cos felices anos 20, cae baixo unha especie de feitizo que fai que, a medianoite, nalgún lugar do barrio Latino, se vexa transportado a outro universo onde vai coñecer a personaxes que xamais imaxinaría coñecer...

Nun mundo mellor (Hævnen (Civilization, In a Better World), 2010). Directora: Susanne Bier. Anton é un idealista médico danés que traballa nun campo de refuxiados dun país africano en guerra. A súa muller e o seu fillo Elias viven sós en Dinamarca. O neno é maltratado na escola polos seus compañeiros e séntese illado. Pero cando chega ao colexio Christian, un neno orfo de nai que expresa a súa dor por medio da violencia, el e Elias simpatizan e fanse amigos. O problema é que esa amizade convértese nun perigoso xogo de vinganza e rabia que, ademais de perturbar a vida das súas familias, leva a Anton a cuestionarse os seus ideais.

Profesor Lazhar (Monsieur Lazhar, 2011). Director: Philippe Falardeau. Un mestre de primaria de orixe alxerina entra en contacto cun grupo de adolescentes de Montreal obsesionados polo misterio da morte. "O que fai que a película sexa apaixonante é a sabedoría e a elegancia coas cales trata sobre os temas xemelgos da

dor e a sanación, e a tranquila beleza da interpretación de Mohamed Fellag no papel principal" (Joe Morgenstern: The Wall Street Journal).

Super 8 (2011). Director: J. J. Abrams. Joe Lamb, un raparigo que vive nun pobo de Ohio, perdeu á súa nai nun accidente e vive co seu pai, que é policía. Un verán, mentres roda cos seus amigos unha película de zombis en Super 8, observa como unha camioneta se estrela contra un tren de mercancías, provocando o seu descarrilamento e un terrible accidente. A partir dese momento cousas estrañas e inexplicables comezan a suceder no pobo.