biblioxornal 15

4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A 2º Trimestre 2009 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 15 Mil primaveras máis Coa chegada da primavera celebramos unha serie de festas relacionadas co mundo do libro e da literatura. Ao comezo temos os días internacionais da poesía e do teatro, despois o día mundial da literatura infantil e xuvenil, o día das letras clásicas, o día do libro; en maio o día das nosas letras... Boas datas todas elas para falar de libros, cos libros, cos seus lectores e cos seus escritores. O instituto non desaproveitou esta primavera e, entre outras actividades, quixo levar (á volta das vacacións de Pascua) por tódalas aulas un pouco de poesía da man dun entusiasta grupo de alumnos do primeiro ciclo da ESO, proxectou o filme de Manuel Gutiérrez Aragón El Caballero Don Quijote para lembrar o 23 de abril, a primeiros de maio contou coa presenza do escritor e ilustrador Anxo Fariña que descubriu, de xeito ameno, diante de tódolos alumnos da ESO as reviravoltas do proceso creador dunha ilustración e dun texto. Remataremos o mes de maio participando, con outros dous centros da comarca, nun proxecto de videoconferencia sobre textos e autores das letras galegas. Quizais noutras épocas as celebracións en torno ao libro e ás literaturas foran menos numerosas e públicas mais, aínda que fose ao calado, os devanceiros souberon transmitirnos un legado que, por vía oral primeiro, manuscrito ou por medio da imprenta logo, é milenario. Hoxe podemos gozar dun acervo librario e literario que temos a obriga de manter e fornecer para que chegue aos nosos herdeiros no mellor estado posible. As novas tecnoloxías non substitúen ao libro, abren posibilidades inauditas que nos benefician como lectores, como escritores, como persoas informadas e, por tanto, máis libres. Chegan os tempos do compromiso persoal e intransferible co libro, coas letras, coa lectura ... se queremos que mentres haxa no mundo primavera haxa tamén historias que contar, libros (en formato dixital ou impreso) e lectores. Recitando poesía nunha aula Anxo Fariña, de costas, co alumnado de 3º e 4º da ESO

Upload: jose-maria-lores-perez

Post on 10-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Boletín da Biblioteca

TRANSCRIPT

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

2º Trimestre 2009 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 15

Mil primaveras máis Coa chegada da primavera celebramos unha serie de festas relacionadas co mundo do libro e da

literatura. Ao comezo temos os días internacionais da poesía e do teatro, despois o día mundial da

literatura infantil e xuvenil, o día das letras

clásicas, o día do libro; en maio o día das nosas

letras... Boas datas todas elas para falar de

libros, cos libros, cos seus lectores e cos seus

escritores.

O instituto non desaproveitou esta

primavera e, entre outras actividades, quixo

levar (á volta das vacacións de Pascua) por

tódalas aulas un pouco de poesía da man dun

entusiasta grupo de alumnos do primeiro ciclo

da ESO, proxectou o filme de Manuel

Gutiérrez Aragón El Caballero Don Quijote

para lembrar o 23 de abril, a primeiros de maio

contou coa presenza do escritor e ilustrador

Anxo Fariña que descubriu, de xeito ameno,

diante de tódolos alumnos da ESO as

reviravoltas do proceso creador dunha ilustración e dun texto. Remataremos o mes de maio

participando, con outros dous centros da

comarca, nun proxecto de videoconferencia

sobre textos e autores das letras galegas.

Quizais noutras épocas as celebracións

en torno ao libro e ás literaturas foran menos

numerosas e públicas mais, aínda que fose ao

calado, os devanceiros souberon transmitirnos

un legado que, por vía oral primeiro,

manuscrito ou por medio da imprenta logo, é

milenario.

Hoxe podemos gozar dun acervo librario

e literario que temos a obriga de manter e

fornecer para que chegue aos nosos herdeiros

no mellor estado posible. As novas tecnoloxías

non substitúen ao libro, abren posibilidades

inauditas que nos benefician como lectores,

como escritores, como persoas informadas e, por tanto, máis libres.

Chegan os tempos do compromiso persoal e intransferible co libro, coas letras, coa lectura ... se

queremos que mentres haxa no mundo primavera haxa tamén historias que contar, libros (en formato

dixital ou impreso) e lectores.

Recitando poesía nunha aula

Anxo Fariña, de costas, co alumnado de 3º e 4º da ESO

P á x i n a 2 N ú m e r o 1 5 – 2 º t r i m e s t r e 2 0 0 9

A Esmorga cumpre o seu 50 aniversario O 3 de abril de 1959, Eduardo Blanco Amor publicaba en Buenos Aires (a censura imposibilitou que saíse do prelo na nosa terra) unha novela, ilustrada por Luís Seoane, que deixaría unha importante pegada na literatura galega. Esa novela conta as andanzas de Cibrán, o Milhomes e o Bocas polas rúas da cidade de Ourense, nunhas longas xornadas de xolda; nos tamén

podemos facer o mesmo camiño dos protagonistas da obra grazas a que no rueiro ourensán están sinalados os principais lugares nos que se desenvolve a acción. E para preparar a viaxe nada mellor que pasar pola biblioteca e ler A Esmorga.

RAMÓN CABANILLAS A finais de ano celebraremos o 50 aniversario do pasamento de Ramón Cabanillas, un dos grandes poetas galegos. Naceu en Cambados en 1876, estudou no seminario de Santiago pero abandona a súa formación eclesiástica para regresar a Cambados traballando coma funcionario do Concello. Emigrou a Cuba onde contactou entre outros con Xosé Fontela Leal e Basilio Álvarez e comezou a escribir en galego. Tornou á Galiza, traballou en varios concellos do país e coñeceu a loita agrarista. É a voz lírica do movemento das Irmandades da Fala. O pensamento de Cabanillas baséase no de Vicente Risco que entronca o seu nacionalismo coa tradición celtista coma Murguía. A súa obra evolucionou dende o seu intimismo inicial a unha maior crítica e compromiso social. Chamouse “Poeta de Raza” e moitos din que é continuador da obra de Pondal. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu un discurso intitulado "A saudade nos poetas galegos” Na Biblioteca atoparedes da súa autoría: Antoloxía poética, O Mariscal, Na noite estrelecida, Obras completas, Obra dramática, A rosa de cen follas, A saudade

nos poetas galegos, Da terra asoballada e Vento Mareiro. Nacido en 1941 é a partir de 1996 cando se dedica en exclusiva á literatura. Gran prosista, autor de libros e artigos de viaxes, ensaios literarios, crítica, novelas, novelas xuvenís e, sobre todo, contos, xénero este último do que se converteu nun dos seus máis significados valedores. O seu ingreso na RAE pode ser un bo momento para ler algunha das súas obras, na Biblioteca está ao voso dispor: El oro de los sueños.

P á x i n a 3 N ú m e r o 1 5 – 2 º T r i m e s t r e 2 0 0 9

Amadís de Gaula é a obra fundamental do xénero das novelas de cabalarías. e un dos maiores éxitos literarios no Século de Ouro da literatura en castelán. Garci Rodríguez de Montalvo revisou e renovou os tres primeiros libros engadíndolles un cuarto libro para dar á obra o texto que hoxe se coñece. Narra a vida do cabaleiro Amadís, que foi abandonado nunha barca nada máis nacer. O protagonista vivirá infinidade de aventuras fantásticas para liberar do seu secuestro a súa amada Oriana. A obra, que está na biblioteca do instituto, tamén relata as fazañas doutros valentes cabaleiros parentes de Amadís.

O premio nacional da crítica 2008 en literatura galega correspondeu na modalidade de poesía a Chus Pato por

Hordas de escritura e en narrativa a Marcos S. Calveiro pola súa novela Festina lente. Xunto a eles obtiveron o premio en castelán David Trueba pola súa novela Saber perder e en poesía Eduardo García por La vida nueva. Chus Pato (Ourense, 1955) é unha defensora da poesía e do galego. Leva á poesía á

fronteira con outros xéneros, como a narrativa, o teatro ou a reflexión filosófica”. Déronlle

o premio por “a solidez do seu discurso vangardista e a construción dunha poesía que se

articula como unha loita contra a propia linguaxe literaria, trazos que marcan un fito

importante na xa longa traxectoria da autora”.

Marcos S. Calveiro (Vilagarcía de Arousa en 1968) en 2006 publicou a súa primeira

novela xuvenil en galego Sari soñador de mares. No mesmo ano publicou tamén en galego o seu primeiro libro de poemas Cartas do terceiro día. Na primavera do 2007 publica a súa segunda novela xuvenil Rinocerontes e quimeras. Outra das súas obras, O carteiro de Bagdad , obtivo o premio de literatura infantil Ala Delta . Co O canto dos peixes gañou a 24 edición do Premio O Barco de Vapor. En Festina lente (apresúrate amodo) o xurado valorou a súa “orixinalidade, trazo que a fai destacable nun panorama prolífico de seu no xénero histórico, así coma a súa riqueza

lingüística e a capacidade de dar vida á Compostela dos séculos XVI-XVII, transformando en literatura unha ben

peneirada documentación histórica”. Festina lente narra a vida de Ambrosio Cavaleiro, un encadernador pero, ao mesmo tempo, é un retrato da vida

cultural de Compostela nos séculos XVI-XVII. Un dos elementos importantes da

novela é o verbo dos arxinas, código que empregaban os canteiros galegos.

Na Biblioteca podedes atopar: Heloísa e Nínive de Chus Pato e Sari soñador de mares e Festina lente de Marcos S. Calveiro.

bicentenario do nacemento do inventor do Braille Lous Braille Lous Braille Lous Braille Lous Braille (1809-1852): creou o método de seis puntos

que é utilizado en todo o mundo e en todas as línguas para que os cegos poidan ler e escribir. A investigación e o desenvolvemento deste sistema nos nosos días, sitúa aos cegos na sociedade do coñecemento e da información en igualdade de condicións para acceder á cultura, a educación e a comunicación, non só de forma oral como ata antes do sistema Braille, senón de forma escrita, a través do tacto.

P á x i n a 4 N ú m e r o 1 5 – 2 º t r i m e s t r e 2 0 0 9

CARLOS OROZA CUMPRIU 75 ANOS Trátase dun poeta underground underground underground underground (termo inglés co que se designan os movementos contraculturais que se consideran alternativos, paralelos, contrarios ou alleos a cultura oficial). Gran “bardo” recitador, a súa obra está destinada ao canto, el é o seu mellor xograr. Defensor da oralidade, é coñecido pola interpretación e performance da súa propia obra. Forma parte do movemento beatnik beatnik beatnik beatnik e participa en infinitos recitais poéticos-jazzísticos que se converten en acontecementos de primeiro orden. En 1975, en Pontevedra, estivo a piques de ser linchado polo contido dos poemas que tiña lido. Deste poeta galego que escribe en castelán podemos destacar: EléncarEléncarEléncarEléncar (Madrid, 1974), CabalumCabalumCabalumCabalum (Coruña, 1980), AliciaAliciaAliciaAlicia (Madrid, 1985), Una porción de tierra Una porción de tierra Una porción de tierra Una porción de tierra gris del nortegris del nortegris del nortegris del norte (1996), En el norte hay un mar que es más alto que el cieloEn el norte hay un mar que es más alto que el cieloEn el norte hay un mar que es más alto que el cieloEn el norte hay un mar que es más alto que el cielo (Valladolid,1997), La llama prestadaLa llama prestadaLa llama prestadaLa llama prestada (Lisboa,1998) e Un sentimiento ingrávido Un sentimiento ingrávido Un sentimiento ingrávido Un sentimiento ingrávido

recorre el ambiente recorre el ambiente recorre el ambiente recorre el ambiente (2006).

FOISE UNHA PROLÍFICAFOISE UNHA PROLÍFICAFOISE UNHA PROLÍFICAFOISE UNHA PROLÍFICA

ESCRITORA ESCRITORA ESCRITORA ESCRITORA Deixounos Corín TelladoCorín TelladoCorín TelladoCorín Tellado, unha das máis representativas

autoras da chamada novela sentimental. Cultivou tamén a

novela xuvenil, o conto infantil e os relatos eróticos. Foi a

escritora viva máis lida en castelán grazas as súas novelas de

amor. Preto de cinco mil títulos e uns 400 millóns de libros

vendidos avalan unha traxectoria literaria máis entregada á

cantidade que á calidade. Dos seus títulos podemos destacar Atrevida apuesta, Eres una aventurera ou Fin de semana.

2009:

ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

No ano 1609, Galileo Galilei apuntou ao ceo, por primeira vez, co seu telescopio para descubrir toda unha serie de cousas marabillosas que el xa intuía, iniciándose así unha nova etapa da Humanidade. Foi o comezo de descubrimentos que aínda continúan. Aquel que insinuara a posibilidade da existencia doutros sistemas planetarios ao redor de estrelas semellantes ao noso Sol, era cualificado de visionario, iluso, anticientífico e anatematizado de forma fulminante. Catro séculos despois, na súa lembranza, celebramos o Ano Internacional da Astronomía para entre outros obxectivos: aumentar o coñecemento científico universal, fomentar o crecemento de comunidades astronómicas en países en vías de desenvolvemento, ofrecer unha imaxe moderna da ciencia e os científicos, mellorar a paridade de xénero dentro do mundo científico e facilitar a preservación e protección da herdanza natural e cultural que supón un ceo sen contaminación lumínica.