biblioxornal 10

4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A 3º Trimestre 2008 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 10 Letras, Libros, Lecturas Remata a primavera, tempo de letras, libros e lectura. A finais de marzo celebramos os Días Inter- nacionais da Poesía e do Teatro. En abril as efemérides foron o Día Internacional da Literatura In- fantil e Xuvenil (día 2), Día das Letras Clásicas (día 21) e Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor (día 23). Xa en maio o 17 foron as nosas letras, representadas pola egrexia figura do tu- dense Xosé María Álvarez Blázquez, as festexadas. Tamén a mediados de abril comezamos a posta en práctica dun tempo semanal específico de lec- tura nas aulas. Esta actuación completa outras que xa instauradas no centro (poesía do mes, libro do mes, lecturas programadas polos diversos Departamentos Didácticos...) forman parte do Proxecto Lector. Un pequeno grupo concluímos nestas datas as xuntanzas do club de lectura. Desde novembro compartimos e comentamos algunhas lecturas, esperamos incrementar o número de participantes e de lecturas para o curso que ven. Chega o verán. Dispor de máis tempo libre vainos permitir seguir gozando, sen obrigas, de máis libros e lecturas. Podes guiarte por algunhas das suxes- tións que aquí che ofertan algunhas compañeiras lectoras ou elixir ti con ab- soluta liberdade aquilo que, en verdade, te chame. A fin de contas, o impor- tante é seguir en contacto coas letras, os libros e as lecturas... Antón RIVEIRO COELLO, A Esfinxe de Amaranto, Galaxia, Vigo, 2003. É un libro cunha trama moi fermosa, e escrito dunha maneira moi orixinal, que engancha dende as primeiras páxinas. Penso que o mellor deste libro é que o autor sabe reflectir moi ben o punto de vista das mulleres. Gustoume moito que estivese protagonizado sobre todo por personaxes femininas cunha forte personalidade, mulleres que amosan unha grande fortaleza ao verse obrigadas a convivir cunha rede de segredos sobre a historia dunha familia a través de distintas xeracións. As historias de amor, lembranzas e silencios vanse descubrindo ao longo do libro até chegar á abraiante revelación final. (Laura Riesco) Outros libros de Antón Riveiro Coello: A canción de Sávora, A Nosa Terra, 2003. Os ollos de K, Galaxia, 2007 Anxos SUMAI, Así nacen as baleas, Galaxia, Vigo, 2007. A novela trata dunha moza que vive en EEUU e regresa á casa para atoparse coa súa nai que está enferma. O encontro prodúcelles unha sensación rara... A protagonista comeza a lembrar a súa infancia, como o seu pai abandonou á familia e como souberon que tiña unha filla no Xa- pón. Fálanos do seu irmán, Ramón, que era deficiente, moi cariñoso con ela cando era pequena, aínda que algunhas persoas dicían que era agresivo. Un día o irmán morre na piscina dos seus tíos. No transcurso do libro a nai lle va ditando unha carta á súa filla, sen dicirlle a quen vai dirixida, ao final, sábese que é para Akiko, á filla de quen foi o seu home. Gustoume o libro, aínda que me parece triste a vida de Ramón, xa que non todo o mundo o trata ben, nin o compren- de. Tamén me parece triste a vida da nai da protagonista... como se tivese unha vida bastante infeliz. (Icia Irlanda Castillo Carballa)

Upload: jose-maria-lores-perez

Post on 07-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Boletín trimestral da Biblioteca

TRANSCRIPT

Page 1: Biblioxornal 10

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

3º Trimestre 2008 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 10

Letras, Libros, Lecturas Remata a primavera, tempo de letras, libros e lectura. A finais de marzo celebramos os Días Inter-nacionais da Poesía e do Teatro. En abril as efemérides foron o Día Internacional da Literatura In-fantil e Xuvenil (día 2), Día das Letras Clásicas (día 21) e Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor (día 23). Xa en maio o 17 foron as nosas letras, representadas pola egrexia figura do tu-dense Xosé María Álvarez Blázquez, as festexadas. Tamén a mediados de abril comezamos a posta en práctica dun tempo semanal específico de lec-tura nas aulas. Esta actuación completa outras que xa instauradas no centro (poesía do mes, libro do mes, lecturas programadas polos diversos Departamentos Didácticos...) forman parte do Proxecto Lector. Un pequeno grupo concluímos nestas datas as xuntanzas do club de lectura. Desde novembro compartimos e comentamos algunhas lecturas, esperamos incrementar o número de participantes e de lecturas para o curso que ven. Chega o verán. Dispor de máis tempo libre vainos permitir seguir gozando, sen obrigas, de máis libros e lecturas. Podes guiarte por algunhas das suxes-tións que aquí che ofertan algunhas compañeiras lectoras ou elixir ti con ab-soluta liberdade aquilo que, en verdade, te chame. A fin de contas, o impor-tante é seguir en contacto coas letras, os libros e as lecturas... Antón RIVEIRO COELLO, A Esfinxe de Amaranto, Galaxia, Vigo, 2003. É un libro cunha trama moi fermosa, e escrito dunha maneira moi orixinal, que engancha dende as primeiras páxinas. Penso que o mellor deste libro é que o autor sabe reflectir moi ben o punto de vista das mulleres. Gustoume moito que estivese protagonizado sobre todo por personaxes femininas cunha forte personalidade, mulleres que amosan unha grande fortaleza ao verse obrigadas a convivir cunha rede de segredos sobre a historia dunha familia a través de distintas xeracións. As historias de amor, lembranzas e silencios vanse descubrindo ao longo do libro até chegar á

abraiante revelación final. (Laura Riesco) Outros libros de Antón Riveiro Coello: A canción de Sávora, A Nosa Terra, 2003. Os ollos de K, Galaxia, 2007 Anxos SUMAI, Así nacen as baleas, Galaxia, Vigo, 2007. A novela trata dunha moza que vive en EEUU e regresa á casa para atoparse coa súa nai que está enferma. O encontro prodúcelles unha sensación rara... A protagonista comeza a lembrar a súa infancia, como o seu pai abandonou á familia e como souberon que tiña unha filla no Xa-pón. Fálanos do seu irmán, Ramón, que era deficiente, moi cariñoso con ela cando era pequena,

aínda que algunhas persoas dicían que era agresivo. Un día o irmán morre na piscina dos seus tíos. No transcurso do libro a nai lle va ditando unha carta á súa filla, sen dicirlle a quen vai dirixida, ao final, sábese que é para Akiko, á filla de quen foi o seu home. Gustoume o libro, aínda que me parece triste a vida de Ramón, xa que non todo o mundo o trata ben, nin o compren-de. Tamén me parece triste a vida da nai da protagonista... como se tivese unha vida bastante infeliz. (Icia Irlanda Castillo Carballa)

Page 2: Biblioxornal 10

Outros libros de Anxos Sumai: Anxos da garda, A Nosa Terra, Vigo, 2003. Melodía de días usados, Galaxia, Vigo, 2005. Mercedes NÚÑEZ, Cárcere de Ventas, A Nosa Terra, 2005. Colección: Mulleres. Tema: Biografía. Memoria Histórica. Paréceme unha boa obra na que Mercedes Núñez relata as súas vivencias no Cárcere de Ventas en Madrid. Fiquei abraiada pola situación na que vivían as mulleres que estaban no cárcere, inxustamente, tan só por teren outra ideoloxía diferente á que se impuña. Abraia a forza que tiñan algunhas mulleres no cárcere para non de-caer. Paréceme apropiado que se nos propoña a lectura deste tipo de obras para que nos decatemos do sucedido en Espa-ña hai relativamente pouco tempo. Obras que nos fan pensar e darlle voltas a este tipo de cousas na cabeza. Aínda que moita xente descoñeza este tipo de temas, penso que esta clase de lecturas debería de facelas todo o mundo, ben por cultura xeral ou na honra das persoas que morreron por defender uns ideais ou simplemente por estar no lugar equivocado no momento equivocado. Por todo o que pasaron merecen ser recordadas. (Lara Rodrí-guez Gómez) É imposíbel non soltar unha bágoa coa descrición das condicións nas que vivían, os malos tratos físicos e psicolóxi-cos que soportaron... Pensar que se xa é triste ler a experiencia dunha soa muller, como sería se todos e cada un dos homes e mulleres que sufriran a represión de Franco puidesen deixar o seu testemuño? Éme imposíbel pensar na inmensa capacidade que a ditadura tivo para facer tanto dano a tanta xente, durante tanto tempo. Especialmente cargado de emocións está o final, no que, un día calquera, Mercedes é posta en liberdade. Quizais sexa ese o momento no que realmente te das conta da diferenza que hai entre estar dentro e fóra do Cárcere de Ven-tas. O libro é como circular, labiríntico, xa que a forma en como entrara na prisión, inexperta, tímida, perdida, repí-tese cando sae á cidade de Madrid. (María Tartaglione Martínez) Segundo a autora, unha das razóns polas que decidiu escribir e contarlle ao mundo todas estas vivencias tenebrosas que fan arrepiar á persoa máis insensíbel, foi a frase dunha reclusa ao darlle a aperta de despedida: “Explícalles aos da rúa o que viches aquí”. Os nenos recen nacidos no cárcere morrían e amoreábanse nun retrete, as ratas acudían a devoralos. Os cans ouvea-ban a morte, os fusilamentos, os tiros de graza. Así espertaban as reclusas no Cárcere de Ventas, con fusilamentos e con medo ás torturas. Vai relatando as miserias de cada día, a falta de auga, o tratamento inhumano, a admiración polas condenadas coa pena de morte, a súa valentía... A morte do neno de Lola Bernal, unha barbarie... A historia das Trece Rosas aínda moi viva no penal cando entra Mercedes Núñez.... Achamos unha humanidade e solidariedade que nos fai esquecer que o que sucede está a pasar nun cárcere. Aquí as reclusas son xente xusta e solidaria, os verdadeiros delincuentes son os que dirixen o penal, as monxas, os cregos,

os funcionarios... (Iris González Fernández) Syra ALONSO, Diarios, A Nosa Terra, 2000. Colección: Mulleres. Tema: Biografía. Memoria Histórica. Cos Diarios Syra Alonso axúdanos a comprender como foi a vida nos anos da Guerra, as diferenzas entre homes e mulleres, como as ideas das persoas poden conducilas á morte, como lle ocorreu a Francisco Miguel, o pintor e compañeiro de Syra. Axúdanos a comprender como foi o Golpe Militar en Galiza en

1936 e como moita xente se exiliou para buscar a liberdade. Syra narra nos seus Diarios a loita para conseguir que os seus fillos non vivisen o que ela e o seu marido tiveran que vivir. A autora expresa a dor, a coraxe e o odio polo que tivo que pasar. (Noelia Solleiro González) O libro gustoume moito. Gustoume a forma na que Syra Alonso amosa a realidade na que vive e, dalgún xeito, nos abre o seu corazón. Impresióname, sobre todo, como conseguía ter esperanzas, en momentos tan difíciles reaccio-nando con optimismo. Gustoume a descrición dos lugares nos que se vai atopando: A Coruña, Tui, Lisboa... O amor que sente polos luga-res e pola xente. Creo que viviu unha época moi difícil e aínda que ao ser republicana o sufrimento a perseguiu, ela mantívose fiel aos seus ideais e loitou por eles. Iso amosa un valor que non todas as persoas teñen. Gustoume ler esta biografía e emocionoume a historia. (Iris Sestelo)

P á x i n a 2 N ú m e r o 1 0 – 3 º t r i m e s t r e 2 0 0 8

Page 3: Biblioxornal 10

P á x i n a 3 N ú m e r o 1 0 – 3 º T r i m e s t r e 2 0 0 8

1º PREMIO DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR “SAN VALENTÍN”

CARTA A NINGURES

Somos como dous mares, distantes, que a cada paso que damos nos Somos como dous mares, distantes, que a cada paso que damos nos Somos como dous mares, distantes, que a cada paso que damos nos Somos como dous mares, distantes, que a cada paso que damos nos separamos o un do outro, tan só uns milímetros, moi pouco, pero da-separamos o un do outro, tan só uns milímetros, moi pouco, pero da-separamos o un do outro, tan só uns milímetros, moi pouco, pero da-separamos o un do outro, tan só uns milímetros, moi pouco, pero da-bondo para que ás veces os soños sexan o único capaz de reconstruír o bondo para que ás veces os soños sexan o único capaz de reconstruír o bondo para que ás veces os soños sexan o único capaz de reconstruír o bondo para que ás veces os soños sexan o único capaz de reconstruír o noso camiño. Somos paralelas que non perseguen nada. Somos como noso camiño. Somos paralelas que non perseguen nada. Somos como noso camiño. Somos paralelas que non perseguen nada. Somos como noso camiño. Somos paralelas que non perseguen nada. Somos como dúas gotas de auga, que viven nun mar turbio, afastado. Un mar que dúas gotas de auga, que viven nun mar turbio, afastado. Un mar que dúas gotas de auga, que viven nun mar turbio, afastado. Un mar que dúas gotas de auga, que viven nun mar turbio, afastado. Un mar que non sentimos nin queremos como noso. Miles de moléculas cobren o non sentimos nin queremos como noso. Miles de moléculas cobren o non sentimos nin queremos como noso. Miles de moléculas cobren o non sentimos nin queremos como noso. Miles de moléculas cobren o meu camiño cara ti. Cara un soño que, como un azar incoherente, es-meu camiño cara ti. Cara un soño que, como un azar incoherente, es-meu camiño cara ti. Cara un soño que, como un azar incoherente, es-meu camiño cara ti. Cara un soño que, como un azar incoherente, es-pero que poida facernos felices así, tan lonxe o un do outro.pero que poida facernos felices así, tan lonxe o un do outro.pero que poida facernos felices así, tan lonxe o un do outro.pero que poida facernos felices así, tan lonxe o un do outro. Chove. A auga empapa os cristais. Algunhas gotas esvaran, senten o Chove. A auga empapa os cristais. Algunhas gotas esvaran, senten o Chove. A auga empapa os cristais. Algunhas gotas esvaran, senten o Chove. A auga empapa os cristais. Algunhas gotas esvaran, senten o pulo que as leva cara un destino incerto. Ata o fondo fondo. O baleiro. pulo que as leva cara un destino incerto. Ata o fondo fondo. O baleiro. pulo que as leva cara un destino incerto. Ata o fondo fondo. O baleiro. pulo que as leva cara un destino incerto. Ata o fondo fondo. O baleiro. Entón pecho os ollos e síntote. Así, tan preto, case ó meu carón, case po-Entón pecho os ollos e síntote. Así, tan preto, case ó meu carón, case po-Entón pecho os ollos e síntote. Así, tan preto, case ó meu carón, case po-Entón pecho os ollos e síntote. Así, tan preto, case ó meu carón, case po-do tocarte, case non é un soño. E sinto, unha furia no meu corazón, do tocarte, case non é un soño. E sinto, unha furia no meu corazón, do tocarte, case non é un soño. E sinto, unha furia no meu corazón, do tocarte, case non é un soño. E sinto, unha furia no meu corazón, unha mirada insondable, como o soño dun gato. Tan firme, decisivo, unha mirada insondable, como o soño dun gato. Tan firme, decisivo, unha mirada insondable, como o soño dun gato. Tan firme, decisivo, unha mirada insondable, como o soño dun gato. Tan firme, decisivo, esperto. Desesperadamente inimaxinable. Es como unha luz na tumba esperto. Desesperadamente inimaxinable. Es como unha luz na tumba esperto. Desesperadamente inimaxinable. Es como unha luz na tumba esperto. Desesperadamente inimaxinable. Es como unha luz na tumba dun morto. Por iso che pido, por favor, non marches aínda, non deixes dun morto. Por iso che pido, por favor, non marches aínda, non deixes dun morto. Por iso che pido, por favor, non marches aínda, non deixes dun morto. Por iso che pido, por favor, non marches aínda, non deixes así, as feridas tan abertas, a soidade nun puño pechado. Agarda, que-así, as feridas tan abertas, a soidade nun puño pechado. Agarda, que-así, as feridas tan abertas, a soidade nun puño pechado. Agarda, que-así, as feridas tan abertas, a soidade nun puño pechado. Agarda, que-da un pouco máis, co meu mundo e o meu soño inalcanzable. Coa mi-da un pouco máis, co meu mundo e o meu soño inalcanzable. Coa mi-da un pouco máis, co meu mundo e o meu soño inalcanzable. Coa mi-da un pouco máis, co meu mundo e o meu soño inalcanzable. Coa mi-ña tolemia e a miña inspiración covarde. Rompe a esperanza que me ña tolemia e a miña inspiración covarde. Rompe a esperanza que me ña tolemia e a miña inspiración covarde. Rompe a esperanza que me ña tolemia e a miña inspiración covarde. Rompe a esperanza que me une a esta terra. Fica así, no lonxe, para que poida verte, como un home une a esta terra. Fica así, no lonxe, para que poida verte, como un home une a esta terra. Fica así, no lonxe, para que poida verte, como un home une a esta terra. Fica así, no lonxe, para que poida verte, como un home mira o ceo, con esa desesperanza, o temor e o desacougo, coa seguridade mira o ceo, con esa desesperanza, o temor e o desacougo, coa seguridade mira o ceo, con esa desesperanza, o temor e o desacougo, coa seguridade mira o ceo, con esa desesperanza, o temor e o desacougo, coa seguridade de que algún día, terá que cruzar ese confín.de que algún día, terá que cruzar ese confín.de que algún día, terá que cruzar ese confín.de que algún día, terá que cruzar ese confín.

Brais Martínez Basalo, 2º ESO C

GAÑADORES DA PREGUNTA DO MES

Pregunta febreiro-marzo: Flavio Junio Granja, 1º ESO D David López García: 1º ESO E Tulio Rafael Santos Assunçâo, 1º ESO E

Pregunta abril-maio: Héctor Lores Valladares, 1º ESO C Flavio Junio Granja, 1º ESO D Abel Costas Verde, 1º ESO E

David López García: 1º ESO E Tulio Rafael Santos Assunçâo, 1º ESO E

Page 4: Biblioxornal 10

P á x i n a 4 N ú m e r o 1 0 – 3 º t r i m e s t r e 2 0 0 8

PREMIOS do CONCURSO de Marcapáxinas ou marcadores de lectura para o IES “San Paio”

• 1º Premio: Abel Costas Verde, 1º ESO E

Pola súa calidade expresiva e gráfica lograda con un debuxo sinxelo que reflicte moi ben, conceptual e plasticamente, a mensaxe que se quere transmitir, relacionando axeitada-mente a imaxe e o texto.

• Accésit: Héctor Lores Valladares, 1º ESO C

Polo dominio e aplicación das novas tecnoloxías e a mensaxe positiva.

GAÑADORES DO CONCURSO DE LEMAS DE ANIMACIÓN Á LECTURA (DEPARTAMENTO DE FRANCÉS)

Leticia do Paço e Estefanía Pérez .- “Passion pour la lecture” Noemí Pazos e Cristina Sanz .- “Lire c’est laisser voler ton imagination au-delà de la raison sans te déplacer de ta maison” Eduardo Vila e Brais Sousa .- “Ça ne tue pas, ça ne grossit pas. Pourquoi ne pas goûter” Helena Lores .- “Un livre, une vie. Une lecture une expérience”

Felicidades a todas/os as/os participantes e premiadas/os!Felicidades a todas/os as/os participantes e premiadas/os!Felicidades a todas/os as/os participantes e premiadas/os!Felicidades a todas/os as/os participantes e premiadas/os! Bo verán para todas e todos!Bo verán para todas e todos!Bo verán para todas e todos!Bo verán para todas e todos!