autoras libro miau, miau música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo departamento de...

14

Upload: phamthuy

Post on 31-Dec-2018

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria
Page 2: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

O libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria.

© GALINOVA EDITORIAL, SL

Depósito legal: C 1843-2010ISBN: 978-84-9737-128-5

1ª edición 2010

Printed in Spain

AutorasSusa Herrera Ruiz

Gloria Mosquera Roel

ContosCristina Sanmartín Veiga

Asesor lingüísticoXosé Sánchez Puga

Gravación e produciónFrancisco Cerdeira Castiñeiras

Tomi López SerranoGloria M. Roel

Voces nenos/asCEIP de Tarrío (Culleredo)

MúsicosPablo Dalama Piñeiro (frautas)

Diego Maceiras Pedreira (acordeón)Rodrigo López Muñoz (batería)

Francisco Cerdeira Castiñeiras (guitarra eléctrica/voz)Tomi López Serrano (baixo/guitarra)

Gloria Mosquera Roel (voz)

IlustraciónsMarta Rivera Ferner

Mónica Malvar Rodríguez

Deseño e maquetaciónMónica Malvar Rodríguez

Bernardo Romay Mos

ImprimeGaligraf

Dirección e proxecto editorialTelmo Eiriz López

Queda prohibido, agás excepción prevista pola Lei, calquera forma de reprodución, comunicación pública ou transformación desta obra sen contar coa autorización dos titulares da propiedade intelectual.A infracción dos dereitos mencionados pode ser constitutiva de delito contra a Lei de Propiedade Intelectual, artigos 270 e seguintes, do código penal.

Reservados todos os dereitos. GaliNova Editorial SL puxo todos os medios ao seu alcance para recoñecer en citas ou referencias os eventuais dereitos a terceirose cumprir todos os requisitos establecidos pola Lei de Propiedade Intelectual.

GALINOVA EDITORIAL, SLRúa Rafael Bárez Vázquez, 8-bis

15009 A CORUÑA

Teléfono: 981 139 057Fax: 981 175 364e-mail: [email protected]: www.galinovaeditorial.com

Page 3: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

UN

IDA

DE 1

FICHA 1NOME:

Page 4: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

Conto: Valentín vai á escola

Hoxe Valentín esperta con moito sono, é máis cedo que outrasveces, cústalle abrir os ollos cando a súa nai o chama: “Arriba,durmiñón, hai que ir ao cole!” De seguida lembra, hoxe empezano novo cole! El xa foi á gardería os outros anos, pero agora vaiir ao dos maiores, a onde vai tamén a súa irmá.

Pola rúa, da man da súa nai, Valentín nota un remuíño nabarriga, como será o novo cole?, haberá moitos nenos e nenas? Asúa irmá xa lle ten falado de que é moi grande, que ten randeeirase tobogáns... Está desexando chegar!

– Que ben peiteado vas Valentín!– saúdao Fuco, o panadeirodo seu barrio.

– Vou ao cole novo, ao dos maiores!– contesta Valentín.

O colexio está a pouca distancia da súa casa. Cando se vanachegando, Valentín vai vendo como outros nenos e nenascamiñan tamén, coas súas mochilas ao lombo, cara á escola. Eltamén leva a súa mochila nova. É vermella cun debuxo deSpiderman, gustoulle en canto a viu na tenda. Spiderman é o seuheroe. Dentro leva o mandilón, un pano para os mocos, e unhasgalletas das que máis lle gustan, de chocolate.

Cando entran no patio do cole, Valentín sente medrar ascóxegas na barriga.

– Mamá, dóeme a barriga –di o neno.

A mamá mírao con cariño e xa sabe o que lle pasa.– Non te preocupes, iso pásalle a todos os nenos antes de

coñecer a súa nova escola.

No patio, Valentín ve moreas de nenos e nenas, algúns moigrandes, como a súa irmá. Estanse colocando en filas. A súa mamálévao á fila dos máis pequenos. Algúns choran, por que? Toca otimbre e unha muller de pelo case vermello e con rizos saúdaoscun gran sorriso. A Valentín gústalle a súa “profe”, ese pelolémbralle ao dos pallasos, e estes fano rir.

A súa irmá vai cara a unha aula do andar baixo. Entran todos,as mamás despídense. Algúns choran máis, pero el non está triste,sabe que a súa mamá o estará esperando cando saia, coma sempre.Mira ao seu redor e gústalle a aula: as mesas de cores, os debuxosnas paredes, unha alfombra cun montón de xoguetes, un andelcheo de libros; a Valentín encántanlle os libros, sobre todo deanimais. Tamén hai nun recuncho unha morea de instrumentosque Valentín recoñece: pandeiretas, cunchas, maracas, paus. Nestecole tamén se fai música, Valentín está encantado. Na súa familiatodos tocan algún instrumento e el vai a aprender a tocar o violíncoma o seu tío Martín.

Obxectivos da ficha:

� Introducir ao alumnado nos instrumentos da aula.

�Escoitar ou ler o conto co apoio visual da lámina.

�Buscar os instrumentos na lámina e pegarlles un adhesivo.

Page 5: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

UN

IDA

DE 1 M O Z A R T

MOZART

FICHA 5NOME:

Page 6: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

Serenata nocturna

Wolfie, como lle chamaban a Mozart de pequeno,era un neno ao que lle gustaban tanto os animais comoa música. Nas tardes de verán encantáballe saír aoxardín da súa casa e coller bechos: escaravellos,formigas, arañas, e outros. Logo metíaos en caixiñas egardábaos na súa habitación, agochados, ata que a súanai os atopaba e berráballe, botando de volta os bechosao xardín.

O que máis lle gustaba era coller grilos. Metía unhapalliña polo furadiño do seu escondedoiro e facíallescóxegas ata que saían. Tamén era moi rápido paraatrapar as ras que nadaban no estanque dos peixes;aínda que ás veces se lle escorregaban entre os dedose o neno caía á auga. Daquela, mamá berraba outravez porque estaba mollado e metíao na casa paracambiarlle a roupa, pero el aproveitaba calqueraocasión para volver ao xardín e seguir cazando bechos.

Pero cando máis lle gustaba o xardín era polasnoites. Despois de cear o seu pai sentábase no salón atocar o piano e Wolfie saía de novo ao xardín. A noitecoas estrelas brillando no ceo, estaba chea de música cocanto dos grilos, cri, cri, cri! e a chamada das ras, croac,croac, croac! Wolfie colocábase debaixo da ventá abertado salón, por onde saía a música do piano e, pechandoos ollos, facía correr os seus dedos polo banco de pedracomo se tocase o piano. Imaxinaba que era o pianistadunha grande orquestra e os grilos e as rasacompañábano cos seus instrumentos. Era feliz esaudaba a un público imaxinario cando rematabacomo se lle aplaudisen. Cando Mozart foi máis grandee comezou a escribir música, lembraba aquelas noitescoa súa orquestra de grilos e ras do xardín e decidiuescribir unha obra musical chamada Pequena serenatanocturna que lle gustou moito á xente, xa que lles facíalembrar tamén aquelas noites de serenatas do verán cosgrilos e as ras cantando.

�Desenvolver o gusto pola música clásica.

�Escoitar Pequena serenata nocturna de W. A. Mozart.

�Escoitar o son do piano na audición Marcha turca de W. A. Mozart.

�Aprender o nome e algúns dos aspectos máis relevantes do compositor da obra.

Obxectivos da ficha:

Page 7: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

UN

IDA

DE 1

FICHA 6NOME:

Page 8: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

Obxectivos da ficha:

�Coñecemento instrumental: o piano.

�Colorear as teclas negras do piano.

�Escoitar Sonata para piano nº 2, allegretto (Marcha turca) de W. A. Mozart.

Page 9: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

UN

IDA

DE 3

FICHA 11NOME:

Page 10: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

Obxectivos da ficha:

�Recoñecer e identificar sons da natureza.

� Sinalar cando recoñezamos os sons.

� Imitar os que escoitamos.

�Aprender unha adiviña:

CON VARIÑAS ME SOSTEÑO E

COA CHOIVA VOU E VEÑO.(O paraugas)

Page 11: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

UN

IDA

DE 4

FICHA 15NOME:

Page 12: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

�Elaborar instrumentos con materiais de uso cotián.

� Levar a ficha á casa e buscar obxectos parecidos para traer á clase e facer un conxunto instrumental.

Obxectivo da ficha:

Page 13: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

UN

IDA

DE 7

FICHA 29NOME:

Page 14: Autoras libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria

Obxectivos da ficha:

�Coñecemento instrumental: a trompeta.

�Escoitar: Trumpet concerto de Haydn. Levantar a man cando recoñezamos o instrumento.

�Colorear o instrumento mentres escoitamos o seu son.

�Aprender o texto rítmico:

A TROMPETA TROMPETEIRA

ENTRE DÚAS TROMPAS ESTÁ,

TROMPA TEN O ELEFANTE

QUE A TROMPETA TOCARÁ.