as festas saturnais

6
CURSO 10/11 IE S A SARDIÑEIRA 1 AS FESTAS SATURNAIS O mes de Decembro péchase cunha das festividades máis relevantes do calendario romano: as Saturnalia. As Saturnalia eran festas na honra de Saturno, primitiva divinidade agrícola protectora das colleitas que co tempo rematou por identificarse co deus grego Crono. Deste xeito, a festa rememoraría a mítica Idade de Ouro da humanidade, na que Saturno-Crono gobernaba e na que non había diferencias sociais, reinaba a paz e non era necesario traballar para gañarse o sustento, pois sempre había comida para todos. Nun principio esta festa duraba un só día, o 17 de Decembro, pero pouco a pouco foise prolongando ata quedar fixada- en tempos do emperador Domiciano – en 7 días (do 17 ao 23 de Decembro) As celebracións comezaban cun sacrificio no templo de Saturno, no foro, onde estaba depositado o tesouro público. Alí a estatua do deus era liberada da cinta de lá que durante o resto do ano rodeaba o seu pedestal para impedir que fuxira de Roma. A continuación celebrábase un banquete público ao que podía asistir todo o pobo Ao igual que para nós agora, estas festas eran sinónimo de alegría e felicidade nas que abundaba o viño e a comida. Para que todo o mundo puidese disfrutar delas paralizábanse todas as actividades da cidade: pechábanse os comercios, as escolas, os tribunais, o Senado, non se executaban as sentencias a morte e concedíase a liberdade a moitos prisioneiros, que deixaban as súas cadeas no templo de Saturno como Ana Peña Cabanas

Upload: ana-pena

Post on 07-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

DOCUMENTO SOBRE AS FESTAS SATURNAIS EN ROMA. CON ACTIVIDADES

TRANSCRIPT

Page 1: AS FESTAS SATURNAIS

CURSO 10/11IE S A SARDIÑEIRA

1

AS FESTAS SATURNAIS

O mes de Decembro péchase cunha das festividades máis relevantes do calendario romano: as Saturnalia.

As Saturnalia eran festas na honra de Saturno, primitiva divinidade agrícola protectora das colleitas que co tempo rematou por identificarse co deus grego Crono. Deste xeito, a festa rememoraría a mítica Idade de Ouro da humanidade, na que Saturno-Crono gobernaba e na que non había diferencias sociais, reinaba a paz e non era necesario traballar para gañarse o sustento, pois sempre había comida para todos.

Nun principio esta festa duraba un só día, o 17 de Decembro, pero pouco a pouco foise prolongando ata quedar fixada- en tempos do emperador Domiciano – en 7 días (do 17 ao 23 de Decembro)

As celebracións comezaban cun sacrificio no templo de Saturno, no foro, onde estaba depositado o tesouro público. Alí a estatua do deus era liberada da cinta de lá que durante o resto do ano rodeaba o seu pedestal para impedir que fuxira de Roma. A continuación celebrábase un banquete público ao que podía asistir todo o pobo

Ao igual que para nós agora, estas festas eran sinónimo de alegría e felicidade nas que abundaba o viño e a comida. Para que todo o mundo puidese disfrutar delas paralizábanse todas as actividades da cidade: pechábanse os comercios, as escolas, os tribunais, o Senado, non se executaban as sentencias a morte e concedíase a liberdade a moitos prisioneiros, que deixaban as súas cadeas no templo de Saturno como agradecemento. A xente, ataviada coas súas mellores galas, acudía a todo tipo de espectáculos e celebracións. Eran ademais días de excepcional permisividade, pois actitudes prohibidas durante o resto do ano eran agora lícitas: permitíase xogar e facer apostas en público, facíanse sorteos de lotería e, en lembranza da Idade de Ouro intercambiábanse

Ana Peña Cabanas

Page 2: AS FESTAS SATURNAIS

CURSO 10/11IE S A SARDIÑEIRA

2

os roles sociais e os escravos gozaban de liberdade podendo mesmo chegar a ser servidos polos seus amos e a inxurialos sen medo a recibir castigo.

Como símbolo desta liberdade, os escravos coroaban as súas cabezas cuns gorros de forma cónica chamados pileus

Aquí tedes un fragmento da novela Loureiros de Cinza de N. Rouland na que Evandro, un dos escravos, alude a esta costume ante o disgusto de Nasuto, un dos capataces da granxa na que traballaba:

“ As Saturnais estropeábanlle (A Nasuto) regularmente as festas de final de ano. Compría colocar grandes mesas nos edificios da granxa para que todos os escravos puideran sentarse a elas. A tradición dispoñía que os amos atenderan e serviran aos escravos nos banquetes. Refunfuñando, Nasuto e os monitores cumplían a, para eles, fastidiosa tarefa. Víanse na obriga de soportar as alusións irónicas ou as chanzas dos escravos máis osados. Os amos tiñan que aceptar sen vacilar discursos que, en tempo normal, terían significado para o seu autor unha boa ducia de latigazos. Por outra banda, os escravos coidaban de que a cousa non fora demasiado lonxe: un descaro imprudente durante as Saturnais podía pagarse moi caro cando a festa remataba. Gregario, non obstante, non se resistiu ao pracer de pedirlle a Nasuto, que o servía, que andivese máis dereito para evitar que o seu longo nariz se mergullase no prato… (op.cit. pp. 256-247)

Dentro do núcleo familiar tamén se celebraban copiosos banquetes e era costume intercambiarse pequenos regalos como bonecos feitos con barro (sigilla), velas (cerei), taboíñas de escritura (tabellae), doces…. (cf. Activ. 1).

Como postre era típico comer un doce de mel e froitos secos no que se introducía unha faba (faba seca), quen a atopaba era coroado como Princeps Saturnalicius e as súas ordes debían ser cumplidas polos demais comensais, outro xeito de nomear ao Princeps Saturnalicius era botándoo a sortes cos dados (alea): “unha vez que os dados deciden que sexas o rei tes dereito a que ninguén che impoña ningunha orde ridícula e, sen embargo, ti podes ordenar a quen che pete que diga algo vergoñento sobre sí mesmo, podes ordenar a outro que cargue a hombros á flautista e que a pasee pola casa” (Luciano, Saturnalia IV)

Ana Peña Cabanas

Page 3: AS FESTAS SATURNAIS

CURSO 10/11IE S A SARDIÑEIRA

3

Como dixemos, as Saturnais remataban o 23 de Decembro, pero no ano 274 o emperador Aureliano introduciu o culto, procedente de Siria, do Sol Invictus, que se celebraba o 25 de Decembro cando o sol, superado o solsticio, comeza a recobrar o seu poderío de luz. Tódalas relixións que se practicaban en Roma naquel momento aceptaron este culto e toda a inmensa cantidade de deuses que ata daquela fora acollendo Roma rematou por reducirse a este “Sol Señor do Imperio Romano”. Esta especie de monoteísmo solar achaiou o camiño ao Cristianismo para establecer) a data do nacemento de Xesucristo, que nos Evanxeos non aparece precisada, no 25 de Decembro. Únicamente deste xeito se puido erradicar definitivamente a pegada desta festa pagá tan arraigada entre a poboación do Imperio.

A CELEBRACIÓN DO ANO NOVO

Ianus (Xano) é un deus que se representa con dobre cara. É o deus das entradas por iso se lle consagraba o primeiro mes do ano: Ianuarius. Tamén se representaba cun bastón na man dereita e unha chave na man esquerda, elementos relacionados coas entradas porque son os atributos dos porteiros (ianitores).

Os romanos tiñan por costume en ano novo regalar unhas moedas e algo doce. Le a conversación entre o poeta Ovidio e o deus Xano (Ovidio, Fasti, 1, 185-191):

“Que queren significar os dátiles, os enrugados figos e a mel que se ofrecen nunha nívea xarra?” “Os presaxios son a explicación- díxome- faise coa fin de que aquel sabor vaia detrais dos acontecementos e un ano doce prosiga o camiño emprendido”. “xa vexo por que se ofrecen cousas doces; pero para que ningunha particularidade da túa festa se me escape explícame o significado de que se regalen moedas. El botouse a rir e díxome: Que pouco coñeces o teu século cando cres que o mel resulta máis doce que unha moeda que se recibe!”

Ana Peña Cabanas

Page 4: AS FESTAS SATURNAIS

CURSO 10/11IE S A SARDIÑEIRA

4

Ao igual ca nós, os romanos tamén gostaban de felicitar o ano novo. Aquí tedes como exemplo unha felicitación conservada nunha taboíña de madeira procedente de Vindolanda, un forte da muralla de Adriano en Gran Bretaña:

HOSTILIUS FLAVIANUS CEREALI

SUO SALUTEM

ANNUM NOVOM FAUSTUM FELICEM

(TIBI PRECOR)

Tradución: Hostilio Flaviano saúda ao seu (amigo) Cereal. (deséxoche) un ano novo próspero e feliz. (A carta non se conservou completa, por iso se lle engade ao final tibi precor, seguindo modelos similares)

Outros xeitos de felicitación serían:

FELICIA/BONA SATURNALIA ET FAUSTUM ANNUM MMXI ou

VALE MMX ET SALVE MMXI (Cf. Activ.2)

Pero, a diferencia do que ocorre hoxe, en Roma o día de ano novo non era festivo. De novo o poeta Ovidio explícanos por que (Fasti 1, 167-170):

O ano que se inicia ligueino aos traballos que deben realizarse, coa fin de que o ano enteiro non sexa preguiceiro por un auspicio de preguiza. Por iso mesmo, cada un estrea o seu oficio realizando algo e, simplemente testemuña cal é o seu traballo habitual.

BIBLIOGRAFÍA

- Lillo redonet, F.: El latín y el griego de tu vida. Ed. Aurea Clásicos- http://caliopeausiasmanises.blogspot.com/

Ana Peña Cabanas

Page 5: AS FESTAS SATURNAIS

CURSO 10/11IE S A SARDIÑEIRA

5

ACTIVIDADES1. Agora xa sabedes que era costume o intercambio de pequenos regalos

durante as Saturnais, pero ademáis era moi frecuente acompañar os regalos duns pequenos versos ou bromas. Adiviñade a qué regalo dos que hai no recadro corresponderán os seguintes versos do poeta Marcial:

LISTA DE REGALOS: látigos, taboíñas de tres follas, tarro de cirolas de Damasco, orinal de barro, escarvadentes, limpaorellas, cubilete de dados en forma de torre.

a) Toma estas cirolas enrugadas polo deterioro da vellez no extranxeiro: adoitan aliviar a carga dun ventre duro (13,29)______________________

b) Non considerarás regalos de pouco valor as miñas taboíñas de tres follas, cando a túa amiga che escriba que virá (14,6)_________________________

c) A man trampulleira que sabe lanzar tabas preparadas convintemente, se as lanza coa miña axuda, non conseguirá nada máis que desexos (13,16)_______________________________

d) Mellor unha púa de lentisco: pero se che falta un pauíño afilado podes limpar os dentes cunha pluma (14,22)_____________________

e) Se che pica a orella cunha comezón desagradable, regáloche unha arma útil para facer fronte a tal prurito (14,23)______________________

f) Mentras se me reclama cun estalo de dedos e o escravo nacido na casa se retrasa, oh cantas veces o colchón se convertiu no meu rival! (13,119)_____________________

g) Xogade, escravos lascivos, pero xogade unicamente; estes serán gardados por min durante cinco días (14, 79)_______________________________

2. Consiste en que vós mesmos elaboredes unha postal felicitando as Saturnais en latín. O tema é libre, podedes empregar fotos de aspectos relacionados co mundo clásico ou coa propia festa das Saturnais, fotos vosas, fondos con mosaicos, pedras…. ou calquera motivo que lembre dalgunha maneira a época da que falamos. Por se vos pode servir, a web que empreguei eu para facer o exemplo de arriba é esta: http://www.cropmom.com/Digital_Scrapbooking.aspx

Ana Peña Cabanas