as estrellas michelin en galicia · pdf fileutilizando as técnicas máis...

26
AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA 2014 11 RESTAURANTES CON ESTRELA

Upload: dangtuong

Post on 05-Feb-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

AS ESTRELLASMICHELINEN GALICIA

2014

11 RESTAURANTES CON ESTRELA

Page 2: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

Un ano máis, e consolidando unha

tendencia á alza, a gastronomía

galega merece o recoñecemento

da Guía Michelin, unha das máis

prestixiosas e esixentes de todo

o mundo.

11 estrelas, 11 restaurantes de

Galicia que amosan con orgullo

unha distinción que celebra o seu

talento culinario e que os anima a

seguir polo camiño da excelencia.

11 restaurantes para desfrutar.

Uns están mirando ao mar e

outros a unha paisaxe verde; uns

inspíranse nas vangardas e outros

afondan nas raíces, pero todos

teñen un sabor único, un sabor

xenuinamente galego.

Page 3: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

Yayo Daportapáx.24

AS GARZASpáx.10

O Retiro da Costiñapáx.18

Culler de Paupáx.14

Pepe Vieira páx.20

casa solla páx.12

Maruja Limónpáx.16

silabariopáx.22

ALBORADApáx.6

árbore da veirapáx.8

A ESTACIÓNpáx.4

Santiago de Compostela

Ourense

A CoruñaCambre

Ferrol

Malpica deBergantiños

Santa Comba

Pontevedra

Tui

Portugal

Vigo

Poio

Cambados

O Grove

Page 4: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

4

A ESTACIÓNChefs: Beatriz Sotelo

Xoán crujeiras

Estrada da Estación, 5115660 Cambre, A Coruña

+ 34 981 676 [email protected] www.nove.biz

Coordenadas GPSLat. 43° 17' 27" N Lon. 8° 20' 54" O

ESTA é a MIña COCIñA

A cociña de A Estación é unhaharmoniosa combinación do talentodos seus dous chefs. Amboscomparten a súa predilección polosprodutos da contorna, aos que cunimpecable dominio técnico confirenunha nova e deliciosa expresión.

DE CERCACun dúo na cociña, en A Estación

son mestres na arte de combinar:técnica e creatividade, paixón edelicadeza, mar e montaña… A cociñade Xoán e Beatriz é unha celebracióndos produtos galegos, pero coa miradacara diante. Á par dos produtos máiscoñecidos e prezados, hai aquí unhabusca constante de materias primassingulares, marabillas agochadas nomar ou nas hortas de Galicia que,tratadas con agarimo e sabedoría, seamosan en todo o seu esplendor.

Page 5: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

A ESTACIÓN

FÓRA DECARTA

Preto do restaurante,seguindo un paseo deplataneiros, atópase unha dasxoias do románico galego: aigrexa de Santa María deCambre. Logo, o ideal é camiñardeica o encoro de Cecebre.

Na zona, As Mariñas, haipraias espléndidas coma as dosmunicipios de Arteixo, Oleiros,Bergondo ou Sada. Tamén sepode facer sendeirismo seguindoo Camiño Inglés ou os camiñosde pescadores do río Mandeo.

Para os máis curiosos, nadacomo descubrir tesouros dopatrimonio oculto, como osxardíns de camelias do Pazo deMariñán ou a arquitecturamedieval de Betanzos. E porsuposto, A Coruña e a Torre deHércules, Patrimonio daHumanidade.

5

BOAMBIENTE

Non hai un sitio coma este. A Estación ocupa a cantina e oalmacén dunha antiga estación detren. Un espazo restaurado conesmero e que se transforma coa luz.De día, o comedor é alegre eluminoso, con grandes xanelas aambos os lados, coma nun vagón. Á noite, o comedor vólvese íntimo eelegante, con puntiños de luz quecrean unha atmosfera evocadoradunha cea no Orient Express.

o MENÚ e ALGO MáiS

Na carta de temporada non faltanendexamais as empanadas; de xoubas,de croques, de zorza ou de sardiñas,sen tapa! Tampouco as navallas deFisterra, as queixadas de vitela galegaou unha delicia secreta: o requeixo daCapela.

Ademais, para os que queren gozarrealmente de A Estación, Xoán eBeatriz ofrecen un “Menú Degustación”que varía cada mes e no que inclúen assúas creacións máis persoais eanovadoras.

E en novembro, aproveitando queA Estación está nunha comarca debosques lendarios, non se pode faltarás xornadas gastronómicas doscogomelos. Para comer de fábula.

Page 6: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

6

Paseo marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 2515002 A Coruña

+ 34 981 929 [email protected]

Coordenadas GPSLat. 43° 22' 33.70" NLon. 8° 23' 38.39" O

ALBORADA

Chef: Javier Rey

ESTA é a MIña COCIñABaixo o slogan “Espírito de Galicia”,Alborada preséntase como unrestaurante que utiliza produtos 100%galegos, sobre todo mariscos e peixes,aos que lles aplica unha impecableelaboración moderna. Unha cociñadunha requintada sinxeleza..

DE CERCAEstamos ante un tándem que

funciona á perfección: Javier na cociñae Santiago na sala. Un equipo novo,entusiasta e namorado da súaprofesión, pero xa cunha andainapercorrida que se nota no agarimo coque tratan o cliente. Primeiro, cunhacociña atractiva e en constanteevolución; logo, cun servizo impecablee atento aos detalles. O resultado é unrestaurante en alza, un restaurante aoque apetece volver.

Page 7: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

ALBORADA

7

xerente: Santiago diéguez

FÓRADECARTA

Na Coruña ninguén éforasteiro… Todo convida apasalo ben. O restaurante estáen pleno paseo marítimo, así queo mellor é deixar o cochecerquiña... e a camiñar! Cara aun lado, o castelo de SantoAntón, a Mariña e as típicasfachadas de galerías, a prazade María Pita, a Cidade Vella,os xardíns de Méndez Núñez…Na outra banda, a Torre deHércules, a Casa dos Peixes, aDomus, o Museo de Belas Artes,as praias do Orzan e Riazor, oMilenio e o miradoiro do Montede San Pedro.

o MENÚ e ALGO MáiS

Na carta hai sempre peixes emariscos do día, acompañados decelmosas verduras de temporada.Lumbrigantes, lagostinos,zamburiñas, pescadas, robalizas,linguados… O mar é a estrela.

Hai tamén dous menús moiatractivos: “Menú Clásico”, cospratos que marcan a traxectoria dorestaurante, e “Menú Degustación”,co máis novo e sorprendente dascreacións do chef. Para completar aexperiencia, Alborada conta cunhaben provista adega con máis de 600referencias.

BOAMBIENTEO restaurante está situado no paseomarítimo que cingue A Coruña, amedio camiño entre a Torre deHércules e o castelo de Santo Antón.É un espazo moderno e elegante, condous comedores abertos ao Atlánticoe un comedor privado. A decoraciónxoga con madeiras nobres, a cortizae mais o ferro, conxugándoos coaxenerosidade e a luminosidade doespazo.

Page 8: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

8

San Andrés, 109 baixo 15003 A Coruña

+ 34 981 078 [email protected]

Coordenadas GPS Lat. 43º 22' 9" NLon. 8º 24' 14" O

ÁRBORE DAVEIRAChef: Luis Veira

ESTA é a MIña COCIñA

Luis propón unha travesía do máis

tentadora. Como punto de partida,

cociña de temporada baseada en

produtos do mar e, a partir de aquí,

utilizando as técnicas máis

innovadoras, un percorrido

gastronómico pensado para gozar en

todos os sentidos.

DE CERCAComer en Árbore é emprender

unha viaxe sorpresa cun guía moicualificado, un chef que ten ben clara asúa misión: “Eu traballo na cociña paraser feliz... e quérolles transmitir esafelicidade aos clientes”.

Xeneroso e esixente, Luis non édos que dan o barco ao vento. O quelle gusta é avanzar, afondar en novastécnicas e novos produtos; sobre todo,se veñen do mar.

O resultado son pratosespléndidos, como o xurelo marinadoen salsa de albaca ou o risotto confitoplancto. En Árbore, a felicidade teno sabor do Atlántico.

Page 9: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

o MENÚ e ALGO MáiS

De entrada, unha aclaración: aquínon hai carta. Aquí imponse odinamismo, porque cada día hai dousnovos e atractivos menús paraescoller: “Raíces”, que inclúe uns 10 pratos, e “Árbore”, uns 15.

Mariscos, peixes, carnes,sobremesas... Os pratos —ou osbocados, como lle gusta dicir a Luis—cambian en función do mercado... e dasúa inspiración. Iso si, sempreprodutos de temporada, e moiespecialmente do mar e das rías deGalicia: ostras, lagostinos, zamburiñas,minchas ou callos de bacallau.

Na adega, Árbore segue a mesmafilosofía innovadora: arredor de 30referencias que se anovantrimestralmente, con predominio dosviños galegos. Unha impecableselección pensada para maridar cosespectaculares bocados do chef.

ÁRBORE DA VEIRA

FÓRA DECARTA

Árbore da Veira está a unspasos do mar, así que o ideal édeixarse envolver pola brisamariña e dar un paseo ata aTorre de Hércules, declaradapola Unesco Patrimonio daHumanidade.

E despois, en direcciónsueste, Betanzos, famosa polasúa tortilla de patacas... e porser a capital do gótico galego.Imprescindibles, as igrexas deSanta María de Azougue, cunespléndido retablo flamengo, e ade San Francisco, co engaiolanteSepulcro dos Andrade.

Moi preto, en Bergondo, os xardíns do Pazo de Mariñán,unha da xoias da Ruta daCamelia.

BOAMBIENTE

“Nós queremos que o cliente serelaxe, que dedique o tempo quequeira a desfrutar da comida”. EnÁrbore, o ambiente é cálido edistendido. Poucas mesas e moitoespazo; madeiras claras e moblesinspirados no deseño nórdico; mesassen mantel e unha espectacularvaixela con pezas únicas eartesanais. Este é un mundo feliz.

9

Page 10: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

10

O Porto de Barizo, Barizo15113 Malpica de Bergantiños, A Coruña

+ 34 981 721 765As reservas débense facer por telé[email protected]

Coordenadas GPSLat. 43° 31' 28.99" NLon. 8° 86' 88.67" O

AS GARZASChef: Fernando Agrasar

ESTA é a MIña COCIñA

A cociña de As Garzas ten sabor amar: o sabor do Atlántico en estadopuro. Fernando di que non é unhacociña de vangarda, pero si creativa.Sen imposicións, sen elaboraciónsartificiosas. Só un gran produto e otalento depurado dun gran chef.

DE CERCAA Fernando gústalle falar do seu

restaurante como do “refuxio da fin domundo”. Un lugar afastado do ruído epróximo á felicidade, na Costa daMorte. E cando se ten ao alcance ospeixes e mariscos máis sabedeiros domundo, o listón está moi alto. Por isoel mesmo fai a compra entre ospescadores e produtores locais.

Page 11: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

AS GARZAS

FÓRADECARTA

Estamos na Costa da Morte,conque pasear polos cantís étoda unha experiencia. Tamén oé Malpica e a súa lonxa, ondeaínda se fai a poxa ao estilotradicional. E para compras deauténtica artesanía galega, Buñoe as súas marabillosascerámicas.

Dende Malpica, seguindo acosta cara ao oeste, pódesefacer unha ruta de faros e praiassalvaxes que empeza en PuntaNariga. A ruta atravesa asrecónditas praias de Soesto eTraba e continúa pola praia deArea de Trece ata chegar ao farodo cabo Vilán e ao do caboTouriñán. E dende aquí, tresimpresionantes praias conducenao que os antigos chamaban aFin do Mundo: Nemiña, ORostro e Mar de Fóra.

Xa en Fisterra, vendo aatardecida dende o faro,calquera se sente na gloria.

11

o MENÚ e ALGO MáiS

Os peixes e mariscos galegosimpóñense na carta, convertidos enverdadeiros bocados de pracer. Mesmocoas variacións de temporada, o meroe a robaliza, os preferidos do chef,teñen sempre un lugar preferente.Tamén os arroces, sobre todo o delumbrigante.

Ademais dunha impresionantecarta de temporada, As Garzas ofreceun exquisito menú coidadosamentepensado para “os que no querenpensar”. Son cinco pratos e dúassobremesas, que cambian en funciónda temporada e do mercado, co máisinnovador do restaurante.

BOAMBIENTE

Situado en plena Costa da Morte,fronte as illas Sisargas, o restaurantelocalízase no hotel do mesmo nome,unha edificación con grandes xanelasque parecen asomarse á beira doacantilado. O comedor é un espazomoderno e relaxante, cunhaimpresionante cheminea e tan sóonce mesas derredor. Mirando aomar e coa mesa posta, isto é vida!

Page 12: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

12

Av. Sineiro, 7, San Salvador de Poio36005 Poio, Pontevedra

+ 34 986 872 [email protected] www.restaurantesolla.com

Coordenadas GPSLat. 42° 26' 00.62" NLon. 8° 40' 08.44" O

CASA SOLLA

Chef: Pepe Solla

ESTA é a MIña COCIñA

A cociña de Pepe Solla cambia aoritmo dos produtos de temporada,mais hai algo que permanece: aprocura da excelencia gastronómica.Pepe lógraa despoxándose dosuperfluo, do que só é unha moda, ecentrándose no que de verdade conta:a esencia.

DE CERCAHai máis de 50 anos, e da man dos

pais de Pepe, Casa Solla naceu comoun restaurante tradicional ondeprimaba a calidade. Hoxe é un dosbuques insignia da alta cociña galega.Iso si, segue a ser un restaurantefamiliar, porque Pepe pon todo oempeño do mundo en que un se sintafeliz e relaxado. Coma na casa.

Aquí, a sinxeleza é froito dadepuración. Algo que só pode emanarda experiencia, o talento e orefinamento dun gran chef.

Page 13: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

CASA SOLLA

13

FÓRADECARTA

Pontevedra é visita obrigada.O máis novo: os marabillosospaseos á beira do río Lérez oudo Gafos. E, por suposto, asigrexas, as prazas e os pazos dazona vella, unha das máisgrandes e animadas de Galicia.

Cara ao norte, no Grove, alendaria praia da Lanzada, conaugas de poderes máxicos. Epara os amantes do viño,Cambados, berce daDenominación de Orixe RíasBaixas.

Cara ao sur, a península doMorrazo, con vilas mariñeirascomo Marín, Bueu ou Cangas.Ou as paisaxes da Costa daVela, con carreiros, miradoiros,faros e praias salvaxes.

o MENÚ e ALGO MáiS

En Casa Solla trabállase co mellorda zona, con produtores locais quecomparten con Pepe a paixón poloauténtico. De feito, practicamentetodas as verduras e hortalizasproceden de hortas ecolóxicas, e ospeixes e mariscos xenuinamentegalegos son sempre as estrelas datemporada.

Ademais da carta, hai tres menúspara escoller: “Menú Bistró”, unhaperfecta síntese da carta; “MenúGastronómico”, con algúns pratos máisfóra da carta, e “Gran Menú Solla”,unha experiencia para deixarse levar egozar ao máximo.

E na adega, máis de 300referencias coidadosamenteescolmadas; o mellor de Galicia,España e Portugal, e tamén dosgrandes de Europa...Por algo Pepeempezou como sommelier.

BOAMBIENTE

Casa Solla ocupa unha casatípica galega. En contraste cunexterior tan tradicional, o interior étotalmente contemporáneo. Un únicoespazo aberto, de dimensiónsxenerosas e decoración minimalista,que alberga salón, comedor e unhaimpresionante cociña á vista.

Page 14: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

14

CULLER DE PAUReboredo, 7336980 O Grove, Pontevedra

+ 34 986 732 [email protected]

Coordenadas GPSLat. 42° 28' 31.03" NLon. 8° 53' 44.68" O

Chef: Javier Olleros

ESTA é a MIña COCIñA

Javier atopa a inspiración no quemáis preto ten: a ría de Arousa. Aquíteno todo; por iso a súa refinadacociña parte do mellor do mar e dahorta, impregnando os seus pratos cotoque mestre da autenticidade.

DE CERCATras formarse cos grandes de

España e Xapón, Javier puxo toda a súapaixón e o seu saber en Culler de Pau.De feito, el proclama orgulloso o seucompromiso co produto e con Galicia.Apoiándose nunha seleccionada redede produtores locais, que van dendeagricultores cunha minúscula cortiña apescadores dedicados á pesca do día,Javier é un buscador incansable deprodutos senlleiros e sustentables.

O que busca son materias primasúnicas —ás veces exquisitas, ás vecessinxelas—, que trata con agarimo e contalento, trocándoas en pratos deinesquecible sabor. O sabor dunhaGalicia aberta ao mundo.

Page 15: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

CULLER DE PAU

FÓRADECARTA

A ermida e a praia daLanzada, envoltas na maxia enunha espectacular contornanatural; a praia de Con Negro,un tranquilo e pequeno paraísode area branca; a zonaintermareal Umia–O Grove,dunha gran riqueza ornitolóxica.Ou para non perder nada, osmiradoiros do monte Siradella.

E imprescindible: dar unhavolta polo Grove, especialmentepola praza de abastos, o porto ea lonxa. É unha estupendaoportunidade para sentir olatexar dunha vila mariñeira ecomprobar a frescura evariedade dos mariscos e peixesdas rías galegas.

BOAMBIENTE

Situado entre hortas que chegandeica o mar, Culler de Pau ocupaunha moderna edificaciónperfectamente integrada na paisaxe.O comedor, en branco e madeirasclaras, ofrece unha espectacularvista da ría de Arousa, en especial aosolpor. Javier di que o seu propósitofoi achegar a paisaxe á mesa, pero ásveces tense a marabillosa sensaciónde que é a mesa a que está no medioda paisaxe.

15

o MENÚ e ALGO MáiS

A temporada marca o ritmo coasmarabillas que ofrece a contorna da ríade Arousa: ameixa, croque, mexillón,vieira, centola, zamburiña, polbo,linguado, xarda, acedía… Tirabeques,verzas, chícharos… E tamén pezasexquisitas de vitela galega ou porcocelta.

Á carta haille que sumar un “MenúDegustación” e un “MenúGastronómico”. O primeiro recolle ospratos emblemáticos do restaurante; osegundo, a novas creacións de Javier eo seu equipo.

Page 16: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

16

Av. de Galicia, 10336216 Vigo, Pontevedra

+ 34 986 473 [email protected] www.marujalimon.es

Coordenadas GPSLat. 42° 15' 5" NLon. 8° 41' 21" O

MARUJALIMÓN

Chef: Rafael Centeno

ESTA é a MIña COCIñA

A Rafael gústalle dicir que a súacociña é pura fusión galega. Unhasabia combinación de materias primasxenuinamente galegas e a habelenciadun chef en estado puro.

DE CERCADe atípica pódese cualificar a

traxectoria profesional deste chef, xaque é autodidacta e nunca traballoufóra do seu propio restaurante. Secadra por iso a súa cociña se decantapola emoción e a orixinalidade.

Do mesmo xeito que Vigo, unhacidade que aglutina xente de todaGalicia, Maruja Limón ofrecediversidade e innovación sen renunciarás súas raíces galegas.

Page 17: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

MARUJA LIMÓN

17

FÓRADECARTA

Estamos en plena ría de Vigoe aquí abundan as belezasnaturais. Praias espléndidas dearea fina e dourada, perfectaspara pasear, bañarse ou facersurf, como a de Patos, enNigrán, ou as da península doMorrazo, ideais para o relax.

Outra maneira de sentir abeleza da paisaxe é percorrer acosta entre Vigo e Baiona, porterra ou por mar. Na ría de Vigoos amantes dos deportes náuticosteñen a diversión asegurada.

E unha experienciainesquecible: coller o catamaránen Vigo cedo pola mañá e irpasar o día ás illas Cíes, noParque Nacional Illas Atlánticas.Aquí, o mar e a terra fusiónansecon tal harmonía que te sentes no ceo.

o MENÚ e ALGO MáiS

A especialidade do restauranteson os peixes, sobre todo os azuis.Pero non calquera peixe, senón só osmellores e os procedentes da pescasustentable. Tamén verduras ehortalizas de hortas ecolóxicas dazona.

Xunto cunha breve carta detemporada, Rafael ofrece dous menúsque teñen como punto de partida a

excelente materia prima da ría deVigo. O “Menú Compartir” fano oscomensais ao seu gusto, elixindo entrecertos pratos da carta; o “MenúDegustación”, o favorito do chef, é aproposta máis persoal e elaborada doconcepto Maruja Limón.

BOAMBIENTE

Situado nun famoso e señorialedificio coñecido como Siete Torres,Maruja Limón caracterízase polaversatilidade de ambientes eespazos, con comedores, terrazas exardíns. Ademais, no verán pódeseoír música en directo namentres setoma un refrescante cóctel naterraza. O restaurante conta taméncon comedores privados e consalóns para grandes eventos. Todonunha marabillosa quinta.

Page 18: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

18

Av. de Santiago, 1215840 Santa Comba, A Coruña

+ 34 981 880 [email protected] www.nove.biz

Coordenadas GPS: Lat. 43° 02' 00" N Lon. 8° 43' 13" O

O RETIRO DACOSTIÑAChef: Manuel Costiña

ESTA é a MIña COCIñA

A familia de Manuel leva máis de75 anos no mundo da gastronomía.Con estas raíces, a súa cociñaalicérzase firmemente na tradicióngalega e voa alto co pulo da súamocidade e un innovador dominiotécnico.

DE CERCAA Manuel gústalle ofrecerlle ao

cliente o mellor. Primeiro, aperitivo naadega, compartindo intimidade coasgrandes referencias; despois, unluminoso comedor onde gozar dunhaboa mesa; e logo, para prolongar opracer, o salón de sobremesa, pensadopara saborear un café ou unha copacon todo o tempo do mundo.

Manuel di que o seu restauranteconvida a evadirse, a gozar en corpo ealma. Este si que é un retiro!

Page 19: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

19

o MENÚ e ALGO MáiS

O Retiro ofrece unha cociña demercado co máis apetitoso datemporada. Iso si, Galicia manda. Asíque non é difícil atopar marabillascomo navallas de Fisterra, mero deAguiño, pescada do Celeiro ou unhasostras do Freixo.

Ademais das delicias da carta,Manuel propón dous menúsdegustación, un deles especialmentemaridado polo sommelier.

E aínda máis: a adega. Porque aunha impresionante carta de viños,únese outra de destilados, cada unhacon máis de 800 referencias; xoiasenolóxicas como whiskies Macallan de40 ou 50 anos.

O RETIRO DA COSTIÑA

FÓRADECARTA

O Retiro da Costiña está amedio camiño entre algúns doslugares máis espectaculares deGalicia. Por exemplo, a Costada Morte; aquí cómpre ir ver ofaro de Fisterra, que ademais é ositio perfecto para iniciar a rutadas praias salvaxes comoCaldebarcos, Lariño e OAncoradoiro. Ou visitar vilasmariñeiras como Corcubión,Muros e Noia.

Santiago de Compostela évisita obrigada. Imprescindible asúa marabillosa e animada zonavella e a catedral. E se chove, aexperiencia será completa,porque como din: “En Santiago,a chuvia é arte”.

BOAMBIENTE

Instalado nunha casa señorial amedio camiño entre Santiago deCompostela e a Costa da Morte, en ORetiro cada espazo estácoidadosamente deseñado paragozar do momento. Para o aperitivo,unha adega iluminada… por un teitode estrelas. Para a comida ou a cea,un largo comedor con paredes depedra. E para a sobremesa, unelegante salón con cheminea.

Page 20: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

20

PEPEVIEIRACAMIÑO DASERPECamiño da Serpe, s/n, Raxó36992 Poio, Pontevedra

+ 34 986 741 [email protected]

Coordenadas GPS: Lat. 42° 24' 32" N Lon: 8° 45' 21" O

Chef: Xosé T. Cannas

ESTA é a MIña COCIñA

A Xosé abóndanlle tres palabraspara describir a súa cociña: galega,creativa e contemporánea. Parte dosprodutos da zona e con eles elaboraacertadas combinacións de formas,texturas e sabores.

DE CERCAPepe Vieira quere ser como un spa

gastronómico; un restaurante ondesentirse agarimado na mesa e fóradela. Toda unha experiencia emocionala través dunha cociña capaz de evocarrecendos e sabores que criamosperdidos.

Ou tamén unha experienciaespectacular, sobre todo se se reservaa mesa da cociña, a que antes utilizabao persoal do restaurante.

En palabras de Xosé: “isto non é unnegocio a curto prazo; isto é unproxecto de vida”.

Page 21: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

21

o MENÚ e ALGO MáiS

Aquí a contorna é a despensa... E Xosé toma dela o melloriño:verduras, hortalizas, carnes e, sobretodo, dada a privilexiada situación dorestaurante, mariscos e peixes querebordan frescura. A isto cómpreengadirlle os mellores viños de Galiciae da escena internacional.

E para cada ocasión, un menú. Ospratos cambian ao longo do ano, perosempre hai tres menús a escoller:“Menú Bistró”, perfecto para unalmorzo de traballo; “MenúDegustación”, a opción ideal para osque veñen por primeira vez, e “MenúGastronómico”, un emocionantepercorrido gastronómico que podechegar aos nove pratos.

PEPE VIEIRA CAMIÑO DA SERPE

FÓRADECARTA

Combarro, unha vilamariñeira como non hai outraigual, con espléndidos canastrosde pedra á beira do mar. Taménmerece unha visita o Mosteiro daNosa Señora das Cabezas deArmenteira, un dos santuariosmáxicos de Galicia e ao que selle atribúe o poder de mitigar asxaquecas.

E, naturalmente, Pontevedra,cidade cunha zona históricaimpecable e chea de vida; unhaigrexa, a Peregrina, con plantaen forma de vieira; unha praza,a da Ferrería, onde conviventerrazas e camelias, e unrenovado museo con xoias demáis de 4.000 anos…

Hai tanto que ver!

BOAMBIENTE

Dende o primeiro momento, PepeVieira é toda unha experiencia. Ásveces, parece que te perdes antes dechegar a el e, de súpeto, velaí está:pura arquitectura, moderna,sustentable e perfectamenteintegrada na paisaxe.

O xardín entra na cociña, nosalón, nos comedores… Aquí anatureza manda.

Page 22: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

22

Colón, 1136700 Tui, Pontevedra

+ 34 986 607 [email protected]

Coordenadas GPSLat. 42° 049' 293" NLon. 8° 647' 667" O

SILABARIOChef: Alberto González

ESTA é a MIña COCIñA

Alberto di que a súa é unha cociñaanovadora dende o respecto átradición. Cociña galega por conceptoe convicción cun exquisito dominio dosprodutos do Baixo Miño e dos temposde cocción.

DE CERCAO restaurante está no corazón do

Baixo Miño, unha zona limítrofe conPortugal e famosa pola riqueza dosseus produtos, así que no Silabario sepractica unha cociña de temporadacon ecos transfronteirizos. Istotradúcese nun excelente bacallau, enabundancia de verduras e froitas doRosal ou nunha estupenda escolma deviños de ambos os lados da fronteira.

E o orgullo de Alberto: o manexodas técnicas e tempos de cocción.Unha obsesión que no Silabario acadaa excelencia.

Page 23: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

SILABARIO

FÓRADECARTA

Situada no fronteira coPortugal, no medio dunhaespléndida paisaxe natural ábeira do río Miño, Tui é unhacidade monumental erixidaarredor dunha catedralamurallada, Santa María.Cómpre salientar o seumarabilloso claustro gótico e asvistas panorámicas dende a Torrede Soutomaior, incluíndo a PonteInternacional que dende 1886une Tui con Valença do Minho epola que pasa o CamiñoPortugués.

E seguindo o Miño cara ásúa desembocadura, tresparadas clave: a fortaleza deGoián, do XVI; os muíños deauga do Folón e do Picón, noRosal; e o castro de Santa Trega,na Guarda, o máis emblemáticode Galicia e con vistasespectaculares en todas asdireccións.

23

BoAMBIENTE

Situado no hotel Colón, ocomedor do Silabario é un espazomoderno con poucas mesas e moitaluz natural. Un espazo para o deleiteen todos os sentidos, coa adega e acociña á vista, aínda queperfectamente illadas por paredes decristal.

o MENÚ e ALGO MáiS

No Silabario os produtos detemporada marcan a pauta. Produtosdo río, do mar ou da horta, escollidosexactamente no seu mellor momento.Poden ser os cogomelos, os mirabeis,a caza ou a exquisita e esvaradíalamprea. Mais o que non falta nunca éunha marabillosa selección de peixes emariscos galegos.

Alén da carta, hai catro menúspara elixir. O “Menú Esencial” ofrecealta cociña a un prezo accesible. O“Menú da Estación” varía catro vecesao ano e recolle pratos elaborados comáis apetecible de cada estación. O“Menú Clásicos” é un percorrido polascreacións emblemáticas dorestaurante. E, para os máis atrevidos,o “Menú Silabario”, unha celebraciónpolo grande das novas creacións do chef.

Page 24: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

24

Hospital, 736630 Cambados, Pontevedra

+ 34 986 526 [email protected] www.yayodaporta.com

Coordenadas GPSLat. 42° 30' 43" NLon. 8° 48' 54" O

YAYO DAPORTA

Chef: Yayo Daporta

ESTA é a MIña COCIñA

Velaquí unha cociña co sabor doauténtico. Sabores nítidos, texturasimpecables e, sobre todo, un fondorespecto polas materias primas quelles dan sona á ría de Arousa e ao valdo Salnés.

DE CERCASen artificios, sen delirios de autor,

a cociña de Yayo é unha cociñacontemporánea que busca compraceros que confían nel para saborear omellor de Galicia.

Nado nunha familia con empresasvinculadas ao mar e ao marisco,ninguén como Yayo para tratar osprodutos galegos de sempre e, co seutalento, coa dose exacta demodernidade, convertelos endeliciosas sensacións.

Page 25: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

YAYO DAPORTA

25

FÓRADECARTA

O restaurante está na zonaurbana de Cambados,declarado conxunto histórico-artístico polas súas prazas epazos. Non se deben deixar dever as ruínas medievais da Torrede San Sadurniño, no barriomariñeiro de Santo Tomé; o pazode Bazán (agora ParadorNacional) ou o Pazo deFefiñáns, hoxe unha prestixiosabodega. Cara ao interior, asruínas da igrexa gótica de SantaMariña Dozo. E para unhasvistas marabillosas, o miradoiro e a Capela da Pastora, doséculo XVI.

E como estamos no Salnés,unha das subzonas da D.O. RíasBaixas, nada mellor que visitaralgunha das excelentes adegas evivir a experiencia dunha catacomentada polos propiosprodutores.

o MENÚ e ALGO MáiS

A Yayo gústalle visitar os seusprovedores e seleccionar persoalmenteas materias primas que precisa. Asíque, cando un produto está na carta,un pode estar ben certo de que eseproduto se encontra no seu mellormomento. As súas especialidades sono mar: vieira, ameixa, ostra,sanmartiño, salmonete, rodaballo… E unha adega onde reinan os viños dascinco D.O. galegas, en especial os Rías Baixas.

Ademais da carta de temporada,hai tres menús para escoller: “MenúDegustación”, co máis representativoda carta; “Menú Estrella”, unhacelebración da Estrela Michelinconseguida, e “Menú 5º Aniversario”,un xeneroso percorrido polos pratosemblemáticos na traxectoria dorestaurante.

BoAMBIENTE

Coidando o detalle, Yayo montouo seu restaurante nunha casaseñorial do século XVI restauradapola súa familia en 1990. O comedoré un espazo non moi grande,luminoso, e onde locen obras deartistas galegos. A atmosfera édunha elegancia contemporánea erelaxada. Cómpre salientar unhacompleta adega integrada nocomedor e perfectamente illada porun groso cristal.

Page 26: AS ESTRELLAS MICHELIN EN GALICIA · PDF fileutilizando as técnicas máis innovadoras, un percorrido ... e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén

Turismo de GaliciaEstrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia)

15896 Santiago de Compostela

Tel. 902 200 432 / Fax 981 542 [email protected]

www.turgalicia.es