as aves

11
AS AVES Ciencias da natureza

Upload: cerredo

Post on 13-Jun-2015

318 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: As aves

AS AVES

Ciencias da natureza

Yago Lestido Cardama

Page 2: As aves

1º ESO Grupo- B

1.Que son as aves? As aves son vertebrados voadores que dominan o medio aéreo en moitas rexións da Terra, aínda que algunhas están adaptadas para a vida no chan ou na auga.

2.Características xerais. -O seu corpo é compacto, pero lixeiro, e ten catro extremidades: as anteriores son ás; as posteriores, garras de catro dedos e uñas afiadas. A cabeza únese ó tronco cun colo longo e flexible que lle proporciona gran mobilidade. Nela destacan os dous grandes ollos, con pálpebras móbiles, e a mandíbula, cuberta por un peteiro córneo de formas diversas segundo o tipo de alimentación.

·Teñen un corpo aerodinámico. A súa forma ofrece pouca resistencia ó avance no aire.

·Esqueleto forte e lixeiro formado por ósos finos e ocos que pesan pouco, pero resistentes.

·Os músculos pectorais fan que movan ven e forte as ás.

Page 3: As aves

·O seu corpo consta dun sistema nervioso desenvolvido xunto coa vista que fai o bo control de voo.

-A súa pel está recuberta por plumas de distintos tipos e con funcións diversas. A pel das patas está recuberta de escamas como as dos réptiles.

-Son homotermos, é dicir que o seu organismo é capaz de manter constante a temperatura do seu corpo independentemente da do medio. O seu aparato respiratorio consta duns eficaces pulmóns, cunhas extensións denominadas sacos aéreos, e dun órgano na traquea, a sirinxe, co que emiten sons.

-Na súa reprodución, a súa fecundación é interna. Poñen ovos cunha cáscara dura e impermeable, que os proxenitores incuban ata que saen as crías; despois, aliméntanas e deféndenas.

Page 4: As aves

Partes do corpo dunha ave :

Partes da cabeza dunha ave:

Page 5: As aves

Partes dunha á:

3.Principais tipos de aves. 1. As ratites. Carecen de músculos de voo e as súas ás están atrofiadas. Son, polo xeral corredoras e de gran tamaño.

Ave rátite.

Page 6: As aves

2. As carenadas. Teñen músculos de voo. A maioría son voadoras, aínda que algunhas adaptaron as súas ás para nadar.

-As aves rapaces teñen unha aguda visión, afiadas poutas e a súa potencia fan unhas eficaces predadoras.

Fotografía dun ave rapaz

4. Bioloxía dunha ave.

Page 7: As aves

Nome da ave: Escribenta das canaveiras

Nome científico: Emberiza schoeniclus subsp.

lusitanica

Familia: Emberizidae

1. DESCRICIÓNTen o tamaño dun pardal. En plumaxe nupcial, o macho caracterízase por ter a cabeza, a garganta e o papo de cor negra cun bigote branco que se prolonga polo peito e o ventre.

Page 8: As aves

Partes dorsais e ás de cor parda arroibada, con raias escuras. Rabadilla agrisada. As partes laterais da cola son de cor branca. Patas e bico escuros. Femia e inmaturos semellantes ao macho en inverno, isto é, apardazado na parte da cabeza

2. REPRODUCIÓNAniña en carriceiras e canaveiras ou espadanais. A finais da primavera incuban 4-5 ovos. Os polos voan ao cabo de dúas semanas. Poden poñer dúas postas.

3. ALIMENTACIÓNA súa dieta baséase en sementes de plantas acuáticas e gramíneas, insectos e larvas.

4. HÁBITATVaría as súas preferencias segundo a estación do ano, pois en verán acode ás áreas húmidas de ríos, lagoas, estuarios..., mentres que en inverno prefire campos, cultivos e xunqueiras.

5. DISTRIBUCIÓNEsta subespecie é endémica da Península Ibérica, sen que se coñeza con precisión a súa área de distribución. Ocupa principalmente zonas húmidas costeiras con abundantes canaveiras, onde procura os insectos que

Page 9: As aves

compoñen a súa dieta durante a época de reprodución. Menos dun centenar de parellas reprodutoras en toda a comunidade, distribuídas polas provincias da Coruña e Pontevedra.

6. ESTADO DE CONSERVACIÓNAmeazado principalmente pola destrución das zonas húmidas e pola intensificación agrícola, que reduce a dispoñibilidade dos grans dos que esta especie se alimenta ao longo do inverno.

7. CATEGORÍA DE CONSERVACIÓNEn perigo de extinción.

FIN